Do 28 de Novembro ao 4 de Decembro 2022

Do 28 de Novembro ao 4 de Decembro 2022

'A revolución nos oficios tradicionais a través da innovación'

“Lis Latas” 

28

Luns/Novembro

Ciclo ‘A revolución nos oficios tradicionais a través da innovación Coa participación do construtor de gaitas Lis Latas

A sede da Vicerreitoría do campus acolle o ciclo A revolución nos oficios tradicionais mediante a innovación, unha serie de coloquios, completados coa realización de pezas en directo, que busca pór en valor diferentes oficios tradicionais e as súas transformacións. Promovido pola Vicerreitoría coa colaboración do Consello Social da Universidade, o ciclo conta nesta xornada coa participación do artesán e construtor de gaitas Lis Latas

​Ás 17:00 horas
Casa das campás Pontevedra
Polos vieiros

“Polos vieiros do fabulador” 

28

Luns/Novembro

Presentación do libro Polos vieiros do fabulador. Cunqueiro e Pontevedra (Ed. Galaxia) No acto participarán a presidenta da Deputación de Pontevedra Carmela Silva, a deputada de Cultura Victoria Alonso e Francisco Castro, director xeral de Galaxia.
 Polos vieiros do fabulador é unha selección de traballos que o autor de Merlín e familia foi sementando por variadas publicacións, e onde, unhas veces de xeito tanxencial, outras específico, fai referencia a Pontevedra cidade, á provincia e as súas vilas, tradicións, gastronomía e paisaxes. Unha escolma que permite un achegamento á identidade dun territorio rebordado de literatura, mitos e lendas. Unha viaxe por Pontevedra, guiados pola pluma de Álvaro Cunqueiro.

Ás 19:00 horas
Librería Cronopios, Pontevedra

“Orfeo” 

28

Luns/Novembro

“Orfeo” de Jean Cocteau

 Orfeo de Jean cocteau 1950 112 min.  Francia

Orfeo é un poeta obsesionado coa Morte (a Princesa) da cal se namora. Un día os esbirros da Morte matan a Eurídice, a esposa de Orfeo, e este decide seguila ata o Inframundo para rescatala.

Ás 20:30 horas.
Teatro principal Pontevedra
Pan de jamón

“Pan de Xamón” 

29

Martes/Novembro

TALLER DE PANADERÍA NAVIDENA “PAN DE JAMÓN”

Non te perdas a oportunidade de coñecer os segredos para elaborar un pan de xamón da man do recoñecido panadeiro venezolano Ali Kanbar, que che dará un material didáctico dixital, e mesmo che asesorará vía WhatsApp.

*+ INFO EN:*Teléfono de ASOVEDRA: +34604016113

De 17:00 a 21:00 horas.
Sala Valdecorvos da Casa Azul.. Pontevedra
Horizonte europeo

“El horizonte europeo” 

29

Martes/Novembro

O Ateneo de Pontevedra organiza un diálogo co doutor en Ciencias Económicas e expresidente da Xunta de Galicia Emilio Pérez Touriño arredor da temática recollida no seu ensaio El horizonte europeo. O autor conversará co xornalista Fernando Salgado sobre o contido da obra.
O acto terá lugar o vindeiro martes, 29 de novembro, ás 20 horas, no Espazo Nemonon.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 20:00 horas.
Espazo Nemonón. Pontevedra

“Outside noise” 

29

Martes/Novembro

Outside noise de Ted Fent 61’ Alemania 2021

Tras residir un tempo en Nova York, Daniela e Mia reencóntranse en Berlín e Viena. Nas cidades europeas pasean por parques, van a festas, cociñan e falan sobre o futuro e os desafíos aos que se enfrontan elas e outros amigos.

Ás 20:30 horas.
Teatro Principal Pontevedra
adiado
Os milagres de Santiago

“Milagres de Santiago” 

30

Mércores/Novembro

O Ateneo de Pontevedra  organiza, en colaboración coa Asociación de Amigos e Amigas do Camiño Portugués a Santiago, a conferencia Os Milagres de Santiago ou a promoción do Xacobeo no medievo, impartida polo licenciado en Filoloxía Hispánica e profesor Manuel Antón Mosteiro García. O acto terá lugar o vindeiro mércores, 30 de novembro, ás 19:30 horas, na librería Metáfora.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 19:30 horas.
Librería Metáfora. Pontevedra
desmontando a propaganda franquista

“Desmontando a propaganda franquista” 

30

Mércores/Novembro

Presentación de “Desmontando a propaganda franquista” un libro con vinte artigos de distintas autorías nos que se fai un repaso pola Pontevedra dos anos 50 a través da contextualización das fotografías tomadas pola propia Jefatura Provincial do Movemento e que agora analizan persoas expertas para contar quen era quen nos órganos locais e provincias da ditadura, e como funcionaba esta no período menos estudado da súa historia.

 Todas as persoas que acudades recibiredes de balde un exemplar do libro.

Se tes interese en asistir,  pregamos que te anotes enviando un correo a memoriahistorica@depo.es   cos teus datos (nome completo e teléfono) indicando o acto ao que vas asistir.

Ás 19:30 horas.

Salón de Plenos do Pazo Provincial de Pontevedra

Jorge Cuña

“Recital poético musical” 

30

Mércores/Novembro

Homenaxe a Jorge Cuña

Hipofanías (reedición). Recital poético-musical. Laura García (guitarra y voz)

Andrés Martínez (teclado) y Violeta Mosquera (batería)

Recital poético-musical

A entrada a todos os actos é libre e gratuíta, ata completar aforo.

Ás 20:15 horas.
Teatro principal de Pontevedra
contos

“Cris de Caldas” 

30

Mércores/Novembro

“Contos de inverno” Coa participación da narradora Cris de Caldas.

A Vicerreitoría do campus e a Concellería de Promoción Económica e Universidades promoven Contos de inverno, un ciclo de contacontos dirixido a un público adulto que busca pór en valor a literatura de transmisión oral. Con entrada libre ata completar a capacidade da sala, o ciclo acolle nesta xornada o espectáculo Dona Emilia e a señora Carme: dúas mulleres de conto, da narradora Cris de Caldas.

​Ás 20:30 horas
Casa das campás Pontevedra
poesía

“Teñamos a poesía en Paz”

30

Mércores/Novembro

O ciclo Teñamos a poesía en Paz acolle o encontro de Branca Trigo, Neves Soutelo e Samuel Merino. Compartirán con nós a súa poesía, o seu xeito de crear, as cousas que lles inspiran.
Presenta e coordina Silvia Penas Estévez.
A entrada é libre e gratuíta, ata completar aforo.

Ás 20:00 horas.
Libraría Paz Pontevedra

“Qiu Ju”

1

Xoves/Decembro

QIU JU UNA MUJER CHINA, de Zhang Yimou (1992, China)

Nun pequeno e remoto pobo do norte de China vive Qiu Ju xunto ao seu marido, quen espera con impaciencia o nacemento do seu primeiro fillo. Pero un día a súa felicidade vese alterada debido a un enfrontamento co xefe da comunidade na que están integrados

A entrada a todos os actos é libre e gratuíta, ata completar aforo.

Ás 20:00 horas.
Sala Versus de Pontevedra
Creación e pensamento

“Creación e pensamento”

1,2

Xoves, Venres/Decembro

Conferencias e danzas para pór o foco na importancia da saúde mental nas II Xornadas de Creación e Pensamento promovidas pola Vicerreitoría do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo e a Concellería de Promoción Económica que terán lugar o 1 e 2 de decembro.

A entrada a todos os actos é libre e gratuíta, ata completar aforo.

Ás 17:30 horas.
Casa das campás, Pontevedra
Nada que perder

“Nada que perder” 

1

Xoves/Decembro

Susana Fortes presenta Nada que perder (Planeta). A xornalista Susana Pedreira entrevista á autora pontevedresa que falará da súa nova novela, unha impactante trama chea de tensión e misterio ambientada no Baixo Miño que percorre a paisaxe atlántica, as relacións entre pais e fillos, os anos oitenta e os segredos familiares.

Ás 19:00 horas
Librería Cronopios, Pontevedra
contos

“Lavandeiras” 

1

Xoves/Decembro

 “Contos de inverno” Co espectáculo Lavandeiras, do dúo Rilo & Penadique, que integran a narradora e educadora Vero Rilo e a cantareira e gaiteira Sonsoles Penadique.

A Vicerreitoría do campus e a Concellería de Promoción Económica e Universidades promoven Contos de inverno, un ciclo de contacontos dirixido a un público adulto que busca pór en valor a literatura de transmisión oral. Con entrada libre ata completar a capacidade da sala, o ciclo acolle nesta xornada o espectáculo Lavandeiras ,do dúo Rilo & Penadique, que integran a narradora e educadora Vero Rilo e a cantareira e gaiteira Sonsoles Penadique.

​Ás 20:30 horas
Casa das campás Pontevedra
Tino Riveiro

“Tino Riveiro”

1

Xoves/Decembro

Tino Riveiro, exposición

Antón Sobral e Pilar Delmás comprácense en invitarlles á presentación da exposición “Dúas décadas de traxectoria creativa e pictórica” do artista vigués Tino Riveiro.

Inauguración o xoves 1 de decembro de 19:30 a 21:00 horas nas galerias Oliva local nº 5

Do 1 ao 31 de decembro 2022
Granero Delmás Pontevedra
O mundo dos probióticos

“O mundo dos probióticos” 

1

Mércores/Decembro

Presentación do libroo revolucionario mundo dos probióticosde Olalla Otero no edificio azul benito corbal.

A microbiota é o conxunto de microorganismos que viven dentro do teu corpo e realizan funcións decisivas para a túa saúde. Probablemente coñeces a súa existencia, igual que a dos probióticos e os prebióticos, pero sabes realmente algo sobre eles?

Entrada de balde ata completar capacidade.

Ás 19:30 horas
Edificio azul Benito Corbal Pontevedra
zumba

“Zumba solidario” 

1

Xoves/Decembro

Maratón de zumba solidario!
O vindeiro xoves 1 de decembro, no Pavillón Universitario do Campus de Pontevedra achégate para participar do maratón de zumba solidario!
A entrada é gratuíta e só haberá que entregar 1 kg de alimento non perecedoiro como colaboración. A non perder!!
 De 19:00 a 21:00 horas
Pavillón Universitario
Ay Carmela

“Ay Carmela!”

1

Xoves/Decembro

¡AY CARMELA! ​1 h 40 min

“Unha obra na que a soidade, o medo e a inxustiza van da man da añoranza, a complicidade, o amor e a memoria” Carmela volve unha e outra vez. Volve o seu recordo contra o esquecemento. Evocámola para que o seu espírito non se perda no cómodo mundo da indiferenza. Volve alertarnos, a gritarnos coa súa presenza que o ovo da serpe, que sempre estivo aí, está a romperse. “Pobre país que necesita heroes”. E nós collemos aire coa maior alegría e profundidade posibles para volver suspirar: !Ai, Carmela!.

DRAMATURGIA Y DIRECCIÓN: José Carlos Plaza
REPARTO: María Adánez, Pepón Nieto
Producciones Faraute Compañía Miguel Narros y Pentación

mercar entradas 

Ás 20:30 horas
Auditorio Sede Afundación Pontevedra
As alumnas

“Ás Alumnas”

1

Xoves/Decembro

Teatro Principal

Ás alumnas! ​ESPECTÁCULO TEATRAL: 

As Alumnas DE CULTURACTIVA PRODUCIÓNS Esta obra teatral, dirixida por Fina Calleja e interpretada por Mónica Caamaño e Anabell Gago trata sobre a figura da pedagoga galega María Barbeito e sobre como o franquismo significou un enorme retroceso na educación do Estado, especialmente para as mulleres. A educación, peza fundamental no desenvolvemento e na liberdade das persoa é o eixo fundamental da obra. As dúas personaxes femininas representan dous casos concretos de mulleres no marco histórico anterior e posterior á Guerra Civil, que nos levan a tocar as transformacións sociais do momento.

mercar entradas 

Ás 21:00 horas
Teatro Principal de Pontevedra
Marivi Villaverde

“Mariví Villaverde” 

2

Venres/Decembro

Homenaxe á falecida escritora Mariví Villaverde, no centenario do seu nacemento, que se cumpre hoxe. Proxectaremos unha pequena peza audiovisual que nos achega á súa biografía e nomeadamente á súa postura sobre a memoria, e tamén faremos entrega, totalmente de balde,  dun exemplar do seu libro autobiográfico “Tres tempos e a esperanza” que levaba anos esgotado e que vén de reeditar o SPDB.

Se tes interese en asistir,  pregamos que te anotes enviando un correo a memoriahistorica@depo.es   cos teus datos (nome completo e teléfono) indicando o acto ao que vas asistir.

Ás 18:00 horas.

Salón de Plenos do Pazo Provincial de Pontevedra

“As Mulleres” 

2

Venres/Decembro

As Mulleres 1939 132′ Georges Cukor

A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de As Mulleres 1939 132’ Georges Cukor nunha nova sesión do ciclo de cinema …Ten un tesouro.

Un grupo de mulleres da clase alta pasa a maior parte do día entre salóns de beleza e tendas de roupa, sempre murmurando, con murmuracións e rumores. De súpeto, unha delas descobre que o seu marido vese ás agachadas cunha dependenta. Esta situación provoca un escándalo entre as súas amigas, producíndose diversas situacións de celos, envexas e rumores.

Ás 19:00 horas.
Vicerreitoria  Casa das Campás Pontevedra
Luis Pastor

“Luis Pastor”

2

Venres/Decembro

Teatro Principal

Luís Pastor EN CONCERTO CO ESPECTÁCULO “GRÁNDOLA DE MI QUERER” Luís Pastor é un dos cantautores máis salientables do estado. Destaca polas súas cancións de temática protesta, coas que xa enchía espazos cando aínda non era recoñecido e tocaba en igrexas do seu barrio, centros xuvenís ou reunións de amigos durante a época da dictadura. Grándola de mi querer é un espectáculo de de resonancias revolucionarias e libertarias en recordo á mítica canción “Grândola, Vila Morena” coa que se iniciou a revolución dos cravos. O espectáculo está cheo de sensibilidade e poesía.  

mercar entradas 

Ás 21:00 horas
Teatro Principal de Pontevedra

“Un viaje hacia nosotros”

3

Sábado/Decembro

Teatro Principal Pontevedra

PROXECCIÓN DOCUMENTAL: “Un viaje hacia nosotros” de Pepe Viyuela

Un viaje hacia nosotros” PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL DE PEPE VIYUELA Esta peza audiovisual narra unha viaxe que comeza coa memoria familiar do actor Pepe Viyuela, cando emprende unha investigación tras o rastro do seu avó Gervasio, integrante do exército republicano durante a Guerra Civil Española. Esta viaxe condúceo ao seu pasado e acaba por situalo dun modo renovado ante o presente. O documental mostra a realidade dos refuxiadoas españoisde 1939, que non difire moito da de millóns de persoas refuxiadas en todo o mundo. Por exemplo a do pobo saharuí nos campos de Arxelia, onde a filla de Viyuela actúa de voluntaria.

Ás 17:00 horas.
Teatro principal de Pontevedra
Entre leiras

“Entre leiras e labores”

3

Sábado/Decembro

Presentación do libro “Entre leiras e labores” Antoloxía verbo-visual de autoras galegas.

Interveñen Afra Torrado, Ana Pillado, Enma Pedreira, Eva do Roxo e Lorena Conde (autoras incluidas na antoloxía) e Inma Doval Porto (Editora)
A entrada é libre e gratuíta, ata completar aforo.

Ás 12:00 horas.
Libraría Metáfora de Pontevedra
Lagarta

“Lagarta, lagarta!”

3

Sábado/Decembro

Elvira Ribeiro e Sofia Venzel presentan o seu novo álbum ilustrado, unha historia moi orixinal que se pode ler do dereito e do revés cunha estrutura narrativa atractiva e sorprendente para as crianzas. ‘Lagarta, lagarta!‘ está editado por Galaxia
A entrada é libre e gratuíta, ata completar aforo.

Ás 12:30 horas.
Libraría Paz Pontevedra
Presentación libro

“(Des)Amor”

3

Sábado/Decembro

Presentación do libro (DES)AMOR. A tribo dos Corazóns Rotos, de Sabela Senn. (DES)AMOR. A Tribo dos Corazóns Rotos”. Este subtítulo fai referencia a unha comunidade creada en redes co fin de dar un desasosego a aquelas persoas que sufran desamor en calquera das súas vertentes. O libro alcanza xa a súa terceira edición en tan só un mes de posta á venda ao público. A presentación correrá a cargo de Olalla Arbones Porto , graduada en xornalismo.
A entrada é libre e gratuíta, ata completar aforo.

Ás 18:00 horas.
Salón Nobre do Liceo Casino Pontevedra
Encerrona

“Encerrona”

3

Sábado/Decembro

Teatro Principal

REPRESENTACIÓN TEATRAL: “Encerrona” de Pepe Viyuela Ás 21.00 h no Teatro Principal

Encerrona DE PEPE VIYUELA Na súa clásica Encerrona, Pepe Viyuela preséntanos unha reflexión sobre o cotián desde a perspectiva do pallaso. O protagonista vive a experiencia de quedar atrapado nas táboas: cando entra en escena, non sabe onde se está metendo. O personaxe enganado entra alí porque lle indicaron ese camiño, e atópase co público. El non vén actuar pero vese obrigado a iso. O terror ás miradas dese público lévao a querer escapar, a buscar unha saída. Pero alguén invisible impídelle escapar e obrígao a permanecer no escenario, enfrontándose a eses ollos que non se arredan del. 

mercar entradas 

Ás 21:00 horas
Teatro Principal de Pontevedra
Taller de rosca

“Taller de roscas”

4

Domingo/Decembro

TALLER DE ROSCAS

O vindeiro domingo día 4 poderedes aprender 3 fantásticas receitas de roscas que ademais vos levaredes para casa.

Un taller da man de @xavidocente un experto no mundo das masas

Horario partido: 11:00-13:00; 17:00-19:00 Prezo: 47€

Lembra traer 2 bandexas de forno ou 3 tuppers amplos!

Este taller está enfocado para adultos, pero niñxs maiorciños ( a partir de 11 anos) poderían tamén vir, acompañadxs dun adulto. O prezo por Parella é de 60€ Se queredes apuntarvos agradecemos que nos avisedes canto antes!! Podedes escribirnos ao 604088854

De 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas
Camiño de Ferro, Nº4, 36003 Pontevedra
Gala solidaria

“Gala solidaria”

4

Domingo/Decembro

Teatro Principal

Gala polo Sáhara DE PALLAS@S EN REBELDÍA 

Nesta xornada de peche a prol da loita do pobo saharauí, as persoas asistentes poderán gozar de música, teatro e circo da man de artistas como a cantante Uxía; o grupo Dakidarría, que ofrecerá un concerto en formato íntimo; o cantante, compositor de rap e defensor dos dereitos humanos Yslem Hijo del Desierto e a actriz Isabel Risco. A gala estará presentada pola tamén actriz Andrea Bayer da compañía Baobab Teatro.

mercar entradas 

Ás 19:00 horas
Teatro Principal de Pontevedra
Pontetapas

“Pontetapas” 

24

Xoves/Novembro

Volve o Ponte de Tapas a Pontevedra.

Do xoves 24 de novembro ao domingo 4 de decembro

  Varios locais da cidade de Pontevedra
Silverio Rivas

“Silverio Rivas” 

24

Xoves/Novembro

Inauguración da exposición ‘Silverio Rivas. Eloxio do silencio‘, na que traza un percorrido pola obra do escultor ponteareán, que, a piques de cumprir 80 anos, se mantén en activo como un dos grandes referentes da escultura galega contemporánea.

A exposición presenta arredor de 60 pezas de Silverio Rivas que cubren a súa produción artística desde os inicios na abstracción nos anos 70 do pasado século ata os seus traballos actuais, entre as estruturas xeométricas e a creación a partir de obxectos cotiáns atopados ao azar.

Inauguración día 24 ás 19:00 horas

Do 24 de Novembro ao 5 de Febreiro 2023
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Adentros

“Adentros” 

18

Venres/Novembro

Palacete das Mendoza

Adentros. Exposición no Palacete das Mendoza ata o 11 de decembro. Obras pictóricas do pontevedrés Manolo Araúxo. «O motivo das súas obras son retratos daqueles polos que sinte un vínculo afectivo (ou, doutro xeito: persoas das que coñece e apreza as ialmas, aspirando a facelas visíbeis), asi coma bodegóns que involucran obxectos cotiás cos que comparte casa».

Do 18 de Novembro ao 11 de Decembro 
Palacete das Mendoza de Pontevedra
exposición

“Barcos de pedra avións de madeira” 

13

Domingo/Novembro

Carmen Hermo

Barcos de pedra e avións de madeira” e a proposta da exposición de Carmen Hermo que poderemos visitar a partires deste domingo a hora do vermú no espazo Nemonón en Villa Pilar. Inauguración ás 13:00 horas

 Do 13 de Novembro ao 9 de Decembro
​Espacio Nemonón Pontevedra
fuego de logo

“Fuego de lodo” 

12

Sábado/Novembro

Exposición colectiva “Fuego de lodo” na RAC fundación comisariada por Nono Bandera expoñen Marcos Covelo, Chelo Matesanz e Mar Ramón Soriano
Do 12 novembro ao 2 de decembro

 Do 12 de Novembro ao 2 de Decembro
​Fundación RAC Pontevedra
Mario Iglesias

“Exposición Pictórica:Mario Iglesias” 

11

Venres/Novembro

Exposición pictórica de Mario Iglesias González. Esta exposición consta de obras realizadas desde 2015 ata a  actualidade.

A principios de 2022, froito dun forte desexo de cambiar por completo de rexistro, prodúcese un cambio radical de temática e estilo, ata o punto de parecer obra doutro pintor. Por iso a mostra parecerá compartida, pero non o é, é a mesma obra, que, evolucionando cos anos cara a unha sorte de surrealismo fortemente narrativo, (como ilustracións de historias nunca contadas), de súpeto dá un salto cara atrás e tenta recupera a liberdade de trazo e a procura de expresividade dos primeiros tempos, só coa mirada de agora, corenta anos despois.

Mario Iglesias estudiou Belas Artes na Facultade de BBAA de Pontevedra, onde especializóuse en escultura e compaxina a súa dedicación as artes plásticas coa cinematografía e a docencia.

Do 11 ao 30 de novembro
Liceo Casino de Pontevedra 
Sombras atlánticas

“Sombras atlánticas” 

4

Venres/Novembro

“Sombras atlánticas. Retratos da arte galega” é unha exosición de Anxo Cabada.

Un diálogo coas persoas creadoras da beleza do país: ese é o desafío que presenta ‘Sombras atlánticas. Retratos da arte galega’, unha exposición na que o fotógrafo Anxo Cabada Alvarez se centra nalgúns dos rostros da pintura e a escultura que marcaron o devir da arte en Galicia nos últimos 50 anos. A mostra inaugurarase o próximo venres 4 de novembro ás 19.00 h, e poderá visitarse ata o 15 de xaneiro no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.

Entrada libre e de balde ata completar aforo

Ata o 15 de xaneiro 2023
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Pop art

“This is Pop!”

22

Xoves/Setembro

Afundación expón no Café Moderno de Pontevedra This is pop. Dás latas de Andy Warhol ás túas, unha recompilación de 63 producións de preto dunha trintena de artistas que abordan a arte pop desde as súas orixes nos anos cincuenta ata os nosos días. Deste xeito, nomes como os de Andy Warhol, Roy Lichtenstein, Robert Rauschenberg, ou Eduardo Paolozzi únense aos de Richard Hamilton, Peter Blake, Yayoi Kusama, Eduardo Arroyo, Rafael Canogar ou Damien Hirst, entre outros.

Ademais ten o seu punto solidario, ao convidarte a participar de #CulturaporAlimentos: traes produtos non perecedoiros e axudas os bancos de alimentos locais! As túas latas tamén contan!

Ata o 14 de Xaneiro 2023
Café Moderno. Pontevedra

Xa podes anotarte

Adictos

“Adictos”

9

Venres/Decembro

Teatro ADICTOS 

“Adictos somos todos………”

Adictos xorde da necesidade de abordar unha problemática que nos afecta a todos: ata que punto estamos sometidos pola tecnoloxía? somos realmente libres? que tipo de sociedade construímos? que panorama exponnos o futuro máis próximo? realmente merecémonos o cualificativo de “seres humanos”?

mercar entradas 

Ás 20:30 horas
Auditorio Sede Afundación Pontevedra
fotografía

“Master Class fotografía”

10

Sábado/Decembro

Taller de fotografía – Fotografías espectaculares desde o teu móvil

Profesor: Xavier Reyes

Reservas 619 432 721

De 10:00 a 13:00 horas
Granero Delmás Pontevedra
Recortes

“Recortes”

10

Sábado/Decembro

Recortes, caneos e outras formas de driblarAiné produccións

Recortes, caneos e outras formas de driblar recrea un de tantos partidos de fútbol do século a través do comportamento de xogadores, adestradores, xornalistas, directivos, árbitros, seareiros e demais personaxes principais, secundarios ou figurantes que conforman o espectáculo futbolístico.
Interpretado por Xosé A. Touriñán, Manuel Cortés, Isabel Garrido, Christian Escuredo, Xoán Fórneas e Sergio Zearreta, Recortes é unha viaxe emocionante ao interior das paixóns futbolísticas a través do humor e a música.

mercar entradas 

Ás 21:00 horas
Auditorio Sede Afundación Pontevedra
Novos cinemas

“Novos cinemas”

13 a 18

Martes a Domingo/Decembro

Novos Cinemas – Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, presenta os primeiros contidos da programación, que terá lugar entre os próximos 13 e 18 de decembro.

 O cineasta aragonés Raúl Capdevila inaugurará o festival, o martes 13 de decembro, estreando en Galicia a súa primeira longametraxe, Los saldos (2022), un documental de produción galega estreado mundialmente no prestixioso certame helvético Visions du Réel, no que colisionan os conceptos de granxa e macro-matadoiro. 

O arxentino Santiago Fillol collerá a testemuña e pechará o certame, o domingo 18 de decembro, con Matadero (2022), unha obra intensa sobre a loita de clases durante a rodaxe dun documental na Pampa no 1974.

Varios horarios
Teatro principal de Pontevedra
portada

“Taller de artesanía”

16

Viernes/Decembro

Taller de artesanía – Cor debuxo e caligrafía sobre coiro.

Profesor: Nelson Gómez Callejas

Reservas 619 432 721

De 10:30 a 14:00 horas
Granero Delmás Pontevedra

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Do 21 ao 27 de Novembro 2022 por Ana Santos

Do 21 ao 27 de Novembro 2022 por Ana Santos

Noches

“Noches” 

21

Luns/Novembro

Presentación do libro “Noches” de Alfredo Marques no auditorio do IES Sánchez Cantón.

Entrada de balde ata completar capacidade.

Ás 12:50 horas
Ies Sánchez Cantón Pontevedra

“Querida Sara” 

21

Luns/Novembro

“Querida Sara de Patricia Franquesa

No marco do ciclo de cinema documental Docs do Mes, o Vicerreitorado do campus de Pontevedra acolle a proxección de Querida Sara , película na que a directora Patricia Franquesa retrata a vida da primeira taxista afgá. Un emotivo retrato de Sara, a primeira taxista de Afganistán, unha muller poderosa que rompe as barreiras patriarcais. Un testemuño dunha realidade que xa non existe. O relato circular da historia vital de Sara vira do medo ao amor e do amor ao medo. Un testemuño dunha realidade que xa non existe.

Ás 20:00 horas.
Casa das Campás Pontevedra
Kalami

Kalami

21

Luns/Novembro

Amada Traba e Sara Torres

No marco do ciclo Músicas para reCREAr, a Vicerreitoría do campus de Pontevedra e a Concellería de Promoción Económica e Universidades promoven un concerto do grupo de percusión Kalani no Teatro Principal. Coa apertura de portas programada para as 20.30 horas, o evento conta con entrada libre ata completar a capacidade do teatro.

Ás 21:00 horas.
Teatro Principal de Pontevedra
Ósos, cacharros, clausura e chocolate

“Ósos, cacharros, clausura e chocolate” 

22

Martes/Novembro

Conferencia proxectada pola Deputación de Pontevedra na igrexa de Santa Clara 

Ósos, cacharros, clausura e chocolate. Primeiros resultados da excavación en Santa Clara“. Rafael M Rodríguez Martínez (director do proxecto) e Israel Picón Platas (codirector da intervención).

 Ás 19:30 horas
 Convento de Santa Clara, Pontevedra

“Diante de tí” 

22

Martes/Novembro

Diante de ti de Hong Sang-soo 85’ corea 2021

Hai uns días, unha veterana actriz regresou ao seu país, Corea do Sur, e irrompeu en casa da súa irmá. Un cineasta, algúns anos máis novo que ela, pediulle que se una ao seu proxecto e, tras unha amable negativa, acordaron reunirse por primeira vez. O centro de Seúl está cheo de estreitas callejuelas que albergan diminutos bares antigos, e aí é onde se atopan. Mentres se emborrachan, chove e truena repentinamente

Ás 20:30 horas.
Teatro Principal Pontevedra
Luis Boullosa

“Diez maneras de amar a Lana del Rey”

23

Mércores/Novembro

Luis Boullosa presenta o seu novo libro “Diez maneras de amar a Lana del Rey. Una investigación pop”. O autor conversará con Manuel P. Lourido

A entrada é libre e gratuíta, ata completar aforo.

Ás 20:00 horas.
Libraría Paz Pontevedra
Faladoiros

“Faladoiros feministas”

23

Mércores/Novembro

Faladoiro Feminista, sobre pornografía e prostitución, na Casa das Campás.
Agardámosvos!!

A entrada é libre e gratuíta, ata completar aforo.

De 19:00 a 20:30 horas.
Casa das campás Pontevedra
paredes

“Cando as paredes falan” 

23

Mércores/Novembro

Conferencia proxectada pola Deputación de Pontevedra na igrexa de Santa Clara.

Cando as paredes falan“. Dr. Victoriano Nodar, sobre lectura de alzados e paramentos interiores e exteriores dos edificios.

 Ás 19:30 horas
 Convento de Santa Clara, Pontevedra
Charla-coloquio

“Susana Sanches Arins” 

24

Xoves/Novembro

O Departamento de Galego da EOI de Pontevedra convídate o xoves 24 de novembro ás 19:00 horas ao coloquio-charla coa escritora Susana Sanches Arins, membro e impulsora da plataforma de crítica feminista A Sega e presidenta da organización non gobernamental Implicadas no Desenvolvemento.

Anímate, contamos contigo!

Ás 19:00 horas. 
Salón de acos da EOI Pontevedra
irmandiña

“Irmandiña” 

24

Xoves/Novembro

Este xoves 24, ás 19h. teremos a El Guardian de las Flores- Rober H. L. Cagiao presentando a súa nova novela A irmandiña.
Agardamos impacientes!
Ás 19:00 horas.
Librería Nobel Pontevedra

“Antigona”

24

Xoves/Novembro

Fundación Cuña-Casasbellas

ANTIGONE”, de Sophie Deraspe (2019, Canada) 109’

A pesar do drama que rodea a inmigración da súa familia, Antigone adaptouse ben á vida norteamericana. Coa súa irmá Ismene, os seus irmáns Eteocles e Polynices, e a súa avoa Menoeceus, a adolescente vive unha vida modesta pero relativamente tranquila nun barrio obreiro de Montreal. A traxedia golpea de novo á familia cando o irmán maior de Antigone, Eteocles, é asasinado inxustamente a policía durante o arresto do seu irmán Polynices, un traficante de pouca sonada

A entrada a todos os actos é libre e gratuíta, ata completar aforo.

Ás 20:00 horas.
Sala Versus de Pontevedra
Mesa redonda

“Emprendemento e motivación” 

24

Xoves/Novembro

O vindeiro xoves 24 de novembro terá lugar a mesa “Comezar, chegar e continuar” sobre emprendemento e superación reunirá a Teresa Portela, Sofía ToroDefreds no Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo.

Aínda que principalmente orientado ao alumnado da UVigo, trátase dun coloquio aberto a toda a cidadanía, para o que será preciso realizar unha inscrición previa enviando un correo electrónico á dirección contacto@clinicason.com, no que figuren nome e apelidos, número de teléfono e DNI. As e os integrantes da comunidade universitaria deberán tamén achegar un “documento xustificativo” da súa relación coa institución, tendo preferencia na inscrición no caso de que se complete a capacidade da sala. 

Ás 20:00 horas.
Casa das campás, Pontevedra
Silverio Rivas

“Silverio Rivas” 

24

Xoves/Novembro

Inauguración da exposición ‘Silverio Rivas. Eloxio do silencio‘, na que traza un percorrido pola obra do escultor ponteareán, que, a piques de cumprir 80 anos, se mantén en activo como un dos grandes referentes da escultura galega contemporánea.

A exposición presenta arredor de 60 pezas de Silverio Rivas que cubren a súa produción artística desde os inicios na abstracción nos anos 70 do pasado século ata os seus traballos actuais, entre as estruturas xeométricas e a creación a partir de obxectos cotiáns atopados ao azar.

Inauguración día 24 ás 19:00 horas

Do 24 de Novembro ao 5 de Febreiro 2023
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Pontetapas

“Pontetapas” 

24

Xoves/Novembro

Volve o Ponte de Tapas a Pontevedra.

Do xoves 24 de novembro ao domingo 4 de decembro

  Varios locais da cidade de Pontevedra
conservación

“XI Encontro de conservación e restauración” 

24,25

Xoves,venres/Novembro

Nas salas de reserva dos museos é onde comeza a conservación, e están en proceso de redefinición: novos deseños, centros que dan servizos a varias institucións, almacéns visitables… De todo isto falarase no Museo o 24 e 25 de novembro no XI Encontro de Conservación e Restauración, con representantes do Museo Reina Sofía, MARQ. Museo Arqueológico de Alicante, Gordailua, Museo de Málaga, Rijksdienst voor het Cultureel Erfgoed (Países Baixos), Centre de conservation et d’étude de Lorraine (Francia), MUHBA Museu d’història de Barcelona, Albayalde conservatio, EUN Group e Centre de Restauració de Béns Mobles de Catalunya CRBMC. Un encontro organizado polo Museo de Pontevedra e a Escola Superior de Conservación e Restauración de BBCC de Galicia.

Inscricións gratuítas abertas en https://encontrorestauracion.depo.gal.

​Edificio Castelao do Museo Pontevedra
Escola de enerxia

“Escola de enerxía” 

25

Venres/Novembro

*Aberto ao público inscripción previa*
Telf. 698 124 762.
*Charla informativa*
*MERCADO ENERXÉTICO LECTURA DE Facturas*
*BONO SOCIAL (descontos na tarifa da luz)*
Ás 11:00 horas.
Fundación Cuña-Casasbellas Pontevedra

“Beautiful Girls” 

25

Venres/Novembro

Beautiful Girls 1996 113’ Ted Demme

A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de Beautiful Girls 1996 113’ Ted Demme nunha nova sesión do ciclo de cinema …Ten un tesouro.

 Para asistir a unha reunión de antigos alumnos do instituto Willie Conway, un mozo de 29 anos, regresa ao seu fogar na pequena cidade de Knights Ridge. Alí terá tempo para reflexionar sobre o seu futuro, sobre a mocidade que se acaba. O dilema que ten #ante si non é fácil: ser pianista ou representante de vendas. Ao mesmo tempo, Willie reconsidera a súa relación coa súa noiva Tracy

Ás 19:00 horas.
Vicerreitoria  Casa das Campás Pontevedra
Todo chega desde o mar

“Todo chega desde o mar” 

25

Venres/Novembro

O Ateneo de Pontevedra organiza un relatorio arredor da novela Todo chega desde o mar, de Santiago Ferragud, publicado por Medulia Editorial.

O acto terá lugar o vindeiro venres 25 de novembro, ás 20 horas, no Espazo Nemonon. O autor estará acompañado por Manuel Bragado.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Ás 20:00 horas.
Espazo Nemonón. Pontevedra
Manuel Cuña por Albatros

“Recital poético musical” 

25

Venres/Novembro

Fundación Cuña-Casasbellas

Homenaxe ao poeta Manuel Cuña Novás

… La sed estaba en la tierra, y para la sed el agua.

Hicieron del agua sed, y de la sed gota falsa…

Recital poético-musical

A entrada a todos os actos é libre e gratuíta, ata completar aforo.

Ás 20:15 horas.
Sala Versus de Pontevedra
Continuo

“Continuo” 

25

Venres/Novembro

“Continuo”. Alberto Pena. Comisaria: Elena Bangueses.

En Continuo, Alberto Pena presenta unha instalación pictórica que cobre practicamente a totalidade da parede do espazo expositivo. Os seus lenzos, así presentados, convídannos a mergullarnos nos fractais da súa visión artística. Se nos permitimos somerxernos na escala sublime das obras, poderemos ver aflorar temas que van máis alá das dualidades contraditorias do natural e do artificial, do espazo positivo e negativo, do orgánico e do xeométrico, así como entre a abstracción e a representación. Aínda que calquera destas tensións pode constituír o núcleo dunha investigación artística, a última liña de traballo de Alberto Pena agroma cando atopamos as claves que conectan as pezas

​Ás 11:00 horas
Pazo da cultura Pontevedra
Enfiando

“Enfiando Lecturas” 

25

Venres/Novembro

Conversa. Enfiando lecturas coa Libraría Paz.

 Conversa. Enfiando lecturas coa Libraría Paz. Enfiando lecturas é unha actividade de conversa con autoras de narrativa, poesía, ensaio e banda deseñada en colaboración con catro editoriais independentes: Néspera, Chan da Pólvora, Euseino? e Demo. Con Sica Romero, autora de Avelaíñas eléctricas, Mercedes Martínez Modroño, de A falta dun Edén, a terra,  Inma Otero Varela, autora de O obxecto muller e o xiro ontolóxico, e Ángela Curro, de Baixo o pantano. Conduce a conversa a xornalista Chus Gómez Dorrego.

​Ás 17:30 horas
Pazo da cultura Pontevedra
Culturdanza

“Culturgal Danza” 

25

Venres/Novembro

Noite de danza no culturgal. Credo de Nova Galicia Danza + A raiz de con Daniel Rodríguez.

Faino o venres 25 de novembro ás 21h cun espectáculo dobre que pon ao límite a linguaxe corporal 
Nova Galega de Danza, compañía de referencia na danza galega do século vinte e un, trae á Feira “Credo”, peza na que bota man da poesía de Celso Emilio Ferreiro para acompañar o camiño vital do ser humano.
Ademais, o porriñés Daniel Rodríguez presenta na Culturgal “A raiz”, proxecto premiado en SóLODOS En Danza Ourense 2022.
Xa podes mercar as entradas en cultur.gal Teñen un prezo final de 8 euros, que inclúen visita á Feira. Duración espectáculo: 45 minutos

A 15ª Culturgal celébrase en Pontevedra do 24 ao 27 de novembro.

​Ás 21:00 horas
Pazo da cultura Pontevedra
Reconexión

“Reconexión” 

26

Sábado/Novembro

Curso taller Movemento creativo. Xogar para activar o potencial, liberarte e provocar un estado de benestar interno.

www.baiafernandez.es 

Inscribirse Prezo 40 euros

Máis información info@baiafernandez.es

teléfono 674 447 564

De 10:00 a 14:00 horas
Lérez Pontevedra
Maquetación
Facilitación

“Facilitación gráfica” 

26

Sábado/Novembro

Curso taller Facilitación Gráfica. Inscripción gratuita e información: visuallyprojects@gmail.com

Máis información de Sibila Sibila.art

De 10:00 a 13:30 horas
Espacio Arroelo Pontevedra
norarte

“42º Noroarte” 

26

Sábado/Novembro

Este sábado a partir das 18:00, organizamos unha cata de cervexa artesanal, para dar a coñecer o noso novo espazo expositivo gratuito e a obra do grupo galeoska, que son unha asociación de artistas que están expoñendo neste momento

A cata ten un prezo de 9 €, e pódese confirmar asistencia ata o xoves 24
Encantaríanos que poideras vir e dar apoio á masa artística de Pontevedra
Ás 18:00 horas
Eduardo Pondal nº 5 Pontevedra
obradoiro de coiro

“Caligrafía artística” 

26

Sábado/Novembro

Curso taller de caligrafía artística impartido por Nelson Gómez Callejas.

Non se require experiencia previa

Materiais incluidos

Máis información granerodelmas@gmail.com

teléfono 619432721

De 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00
Granero Delmás Pontevedra
Jazz

“Luzada” 

26

Sábado/Novembro

A Concellaría de Festas en colaboración co Seminario Permanente de Jazz propoñen catro concertos nos meses de novembro e decembro que se celebrarán os sábados a partir das 12.30 horas na praza da Peregrina.

Sábado 26 de Novembro Iago Fernández “Luzada”” 

Iago Fernández: batería José Pedro Coelho: saxo tenor Miguel Meirinhos: piano Demian Cabaud: contrabaixo 

Iago Fernández é un baterista que toca e compón como se estivese a escribir poesía. Non sorprende que o galego sexa chamado “drum poet” (poeta da batería), especialmente porque escribe poemas e pinta mundos visuais coloridos, para além da sua premiada batería. Nesta manifestación artística, Fernández explora o seu eu interior e lida coa esencia da súa psique. Un acto de equilibrio entre o sol e o océano, claro e escuro, igualmente audible nas composicións do residente en Suiza. O seu espectro vai do jazz a Radiohead e da música clásica á música popular galega e brasileira, gravada en catro álbums con colaboradores como Mark Turner, Yumi Ito e Xan Campos. A nova obra, “Luzada”, será publicada o 25/11/2022 e, segundo a R.A.G., ten dous belos significados: “luz desprendida por un corpo, propia ou reflectida” e “a primeira luz do día, cando sae o sol”. 

A partir das 12:30 horas
Praza da Peregrina, Pontevedra

“Eles tranportan a morte”

26

Sábado/Novembro

Eles transportan a morte”, de Helena Girón e Samuel M. Delgado  (2021, España) 76′

1492 Entre a tripulación de Cristóbal Colón viaxan tres homes que xa deberían morrer. Conseguiron evitar as súas condenas participando na incerta viaxe, pero ao chegar ás Illas Canarias, foxen cargados cunha das velas da embarcación. Mentres, no Vello Mundo, unha muller trata de salvar á súa irmá moribunda, coa esperanza de que unha curandeira poida axudala. Ambas as viaxes tratan de burlar á morte. Ambas as viaxes están a mercé do tempo e da Historia. Mercar entradas 

De 19:30 a 21:30 horas.
Culturgal. Pazo da Cultura de Pontevedra
culturgal

“Culturgal Son” 

26

Sábado/Novembro

A noite do sábado 26 de novembro, Culturgal vai de festival. Catro propostas rebordantes de enerxía e talento, ao vivo no escenario do Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra para celebrar os 15 anos da Culturgal. Antía Muíño, Néboa, Berto e Grande Amore toman a Feira como un furacán pechando un ano que, sen dúbida, é o seu ano. Electrónica, pop e tradición; a diversidade da música galega de hoxe nunha sesión única e singular. As entradas para #CulturgalSon15 sairán á venda o vindeiro 27 de outubro en cultur.gal a un prezo de 8 euros que inclúe, ademais do concerto, o acceso á Feira. A 15ª Culturgal celébrase en Pontevedra do 24 ao 27 de novembro.

​Ás 20:00 horas
Pazo da cultura Pontevedra
María do Ceo

“María do Ceo” 

26

Sábado/Novembro

O Ateneo santa Cecilia Marin organiza para o sábado 26 de novembro un concerto coa actuación da fadista Maria do Ceo  no Templo Vello de Marín.

 Ás 20:30 horas
Templo Vello de Marín
Andaina pola igualdade

“Andaina pola igualdade” 

27

Domingo/Novembro

Concello de Caldas de Reis

O CONCELLO CALDAS DE REIS organiza a 4ª ANDAINA POLA IGUALDADE E CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO Domingo, 27 de novembro Saida as 10,00 h – Avda. Roman Lopez Ruta circular de 13km, dificultade media/ baixa Tope: 250 prazas ( 2€ Seg. accidentes en cuenta de naturgaliza club ES82 2080 3116 0330 4000 8694) Inscripcions ata as 14h do día 25 de Novembro (nome apellidos-dni-fecha nacemeto e teléfono) Email: inscripcionesnaturgaliz@gmail.com 625482636 Presencialmente na tienda de sendeirismo colaboradora Naturcamiña enfrente da igresia da Peregrina en Pontevedra 

Ás 10:00 horas
Naturcamiña Pontevedra
exposición

“Barcos de pedra avións de madeira” 

13

Domingo/Novembro

Carmen Hermo

Barcos de pedra e avións de madeira” e a proposta da exposición de Carmen Hermo que poderemos visitar a partires deste domingo a hora do vermú no espazo Nemonón en Villa Pilar. Inauguración ás 13:00 horas

 Do 13 de Novembro ao 9 de Decembro
​Espacio Nemonón Pontevedra
fuego de logo

“Fuego de lodo” 

12

Sábado/Novembro

Exposición colectiva “Fuego de lodo” na RAC fundación comisariada por Nono Bandera expoñen Marcos Covelo, Chelo Matesanz e Mar Ramón Soriano
Do 12 novembro ao 2 de decembro

 Do 12 de Novembro ao 2 de Decembro
​Fundación RAC Pontevedra
Mario Iglesias

“Exposición Pictórica:Mario Iglesias” 

11

Venres/Novembro

Exposición pictórica de Mario Iglesias González. Esta exposición consta de obras realizadas desde 2015 ata a  actualidade.

A principios de 2022, froito dun forte desexo de cambiar por completo de rexistro, prodúcese un cambio radical de temática e estilo, ata o punto de parecer obra doutro pintor. Por iso a mostra parecerá compartida, pero non o é, é a mesma obra, que, evolucionando cos anos cara a unha sorte de surrealismo fortemente narrativo, (como ilustracións de historias nunca contadas), de súpeto dá un salto cara atrás e tenta recupera a liberdade de trazo e a procura de expresividade dos primeiros tempos, só coa mirada de agora, corenta anos despois.

Mario Iglesias estudiou Belas Artes na Facultade de BBAA de Pontevedra, onde especializóuse en escultura e compaxina a súa dedicación as artes plásticas coa cinematografía e a docencia.

Do 11 ao 30 de novembro
Liceo Casino de Pontevedra 
Sombras atlánticas

“Sombras atlánticas” 

4

Venres/Novembro

“Sombras atlánticas. Retratos da arte galega” é unha exosición de Anxo Cabada.

Un diálogo coas persoas creadoras da beleza do país: ese é o desafío que presenta ‘Sombras atlánticas. Retratos da arte galega’, unha exposición na que o fotógrafo Anxo Cabada Alvarez se centra nalgúns dos rostros da pintura e a escultura que marcaron o devir da arte en Galicia nos últimos 50 anos. A mostra inaugurarase o próximo venres 4 de novembro ás 19.00 h, e poderá visitarse ata o 15 de xaneiro no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.

Entrada libre e de balde ata completar aforo

Ata o 15 de xaneiro 2023
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
camiño

“O museo en camiño” 

27

Xoves/Outubro

A partir deste xoves o proxecto do #museoencamiño converterase nunha mostra didáctica onde se verá plasmada a importancia patrimonial e artística do Camiño de Santiago.
Esta mostra contén contidos referentes a Ruta Xacobea ademais da visión dos participantes nos obradoiros familiares.
Desta maneira móstranse as posibilidades dun modo de traballo no que a expresión plástica é o medio de transmisión do coñecemento.
A inauguración terá lugar o 27 de outubro no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra e poderá visitarse ata o 27 de novembro.
 Do 27 de outubro ao 27 de novembro
Edificio Castelao do museo de Pontevedra
Pop art

“This is Pop!”

22

Xoves/Setembro

Afundación expón no Café Moderno de Pontevedra This is pop. Dás latas de Andy Warhol ás túas, unha recompilación de 63 producións de preto dunha trintena de artistas que abordan a arte pop desde as súas orixes nos anos cincuenta ata os nosos días. Deste xeito, nomes como os de Andy Warhol, Roy Lichtenstein, Robert Rauschenberg, ou Eduardo Paolozzi únense aos de Richard Hamilton, Peter Blake, Yayoi Kusama, Eduardo Arroyo, Rafael Canogar ou Damien Hirst, entre outros.

Ademais ten o seu punto solidario, ao convidarte a participar de #CulturaporAlimentos: traes produtos non perecedoiros e axudas os bancos de alimentos locais! As túas latas tamén contan!

Ata o 14 de Xaneiro 2023
Café Moderno. Pontevedra

Xa podes anotarte

Tino Riveiro

“Tino Riveiro”

1

Xoves/Decembro

Granero Delmás, Pontevedra

Tino Riveiro, exposición

Antón Sobral e Pilar Delmás comprácense en invitarlles á presentación da exposición “Dúas décadas de traxectoria creativa e pictórica” do artista vigués Tino Riveiro.

Inauguración o xoves 1 de decembro de 19:30 a 21:00 horas nas galerias Oliva local nº 5

Do 1 ao 31 de decembro 2022
Granero Delmás Pontevedra
Ay Carmela

“Ay Carmela!”

1

Xoves/Decembro

¡AY CARMELA! ​1 h 40 min

“Unha obra na que a soidade, o medo e a inxustiza van da man da añoranza, a complicidade, o amor e a memoria” Carmela volve unha e outra vez. Volve o seu recordo contra o esquecemento. Evocámola para que o seu espírito non se perda no cómodo mundo da indiferenza. Volve alertarnos, a gritarnos coa súa presenza que o ovo da serpe, que sempre estivo aí, está a romperse. “Pobre país que necesita heroes”. E nós collemos aire coa maior alegría e profundidade posibles para volver suspirar: !Ai, Carmela!.

DRAMATURGIA Y DIRECCIÓN: José Carlos Plaza
REPARTO: María Adánez, Pepón Nieto
Producciones Faraute Compañía Miguel Narros y Pentación

mercar entradas 

Ás 20:30 horas
Auditorio Sede Afundación Pontevedra
As alumnas

“Ás Alumnas”

1

Xoves/Decembro

Teatro Principal

Ás alumnas! ​ESPECTÁCULO TEATRAL: 

As Alumnas DE CULTURACTIVA PRODUCIÓNS Esta obra teatral, dirixida por Fina Calleja e interpretada por Mónica Caamaño e Anabell Gago trata sobre a figura da pedagoga galega María Barbeito e sobre como o franquismo significou un enorme retroceso na educación do Estado, especialmente para as mulleres. A educación, peza fundamental no desenvolvemento e na liberdade das persoa é o eixo fundamental da obra. As dúas personaxes femininas representan dous casos concretos de mulleres no marco histórico anterior e posterior á Guerra Civil, que nos levan a tocar as transformacións sociais do momento.

mercar entradas 

Ás 21:00 horas
Teatro Principal de Pontevedra
Luis Pastor

“Luis Pastor”

2

Venres/Decembro

Teatro Principal

Luís Pastor EN CONCERTO CO ESPECTÁCULO “GRÁNDOLA DE MI QUERER” Luís Pastor é un dos cantautores máis salientables do estado. Destaca polas súas cancións de temática protesta, coas que xa enchía espazos cando aínda non era recoñecido e tocaba en igrexas do seu barrio, centros xuvenís ou reunións de amigos durante a época da dictadura. Grándola de mi querer é un espectáculo de de resonancias revolucionarias e libertarias en recordo á mítica canción “Grândola, Vila Morena” coa que se iniciou a revolución dos cravos. O espectáculo está cheo de sensibilidade e poesía.  

mercar entradas 

Ás 21:00 horas
Teatro Principal de Pontevedra
Encerrona

“Encerrona”

3

Sábado/Decembro

Teatro Principal

REPRESENTACIÓN TEATRAL: “Encerrona” de Pepe Viyuela Ás 21.00 h no Teatro Principal

Encerrona DE PEPE VIYUELA Na súa clásica Encerrona, Pepe Viyuela preséntanos unha reflexión sobre o cotián desde a perspectiva do pallaso. O protagonista vive a experiencia de quedar atrapado nas táboas: cando entra en escena, non sabe onde se está metendo. O personaxe enganado entra alí porque lle indicaron ese camiño, e atópase co público. El non vén actuar pero vese obrigado a iso. O terror ás miradas dese público lévao a querer escapar, a buscar unha saída. Pero alguén invisible impídelle escapar e obrígao a permanecer no escenario, enfrontándose a eses ollos que non se arredan del. 

mercar entradas 

Ás 21:00 horas
Teatro Principal de Pontevedra
Gala solidaria

“Gala solidaria”

4

Domingo/Decembro

Teatro Principal

Gala polo Sáhara DE PALLAS@S EN REBELDÍA 

Nesta xornada de peche a prol da loita do pobo saharauí, as persoas asistentes poderán gozar de música, teatro e circo da man de artistas como a cantante Uxía; o grupo Dakidarría, que ofrecerá un concerto en formato íntimo; o cantante, compositor de rap e defensor dos dereitos humanos Yslem Hijo del Desierto e a actriz Isabel Risco. A gala estará presentada pola tamén actriz Andrea Bayer da compañía Baobab Teatro.

mercar entradas 

Ás 19:00 horas
Teatro Principal de Pontevedra

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Do 14 ao 20 de Novembro do 2022

Do 14 ao 20 de Novembro do 2022

Tódalas mulleres

Tódalas mulleres que coñezo

14

Luns/Novembro

Amada Traba e Sara Torres

Documental ‘Tódalas mulleres que coñezo

A Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte acolle, no seu salón de graos, a proxección do documental Tódalas mulleres que coñezo, co que a cineasta Xiana do Teixeiro promove unha reflexión sobre os diferentes tipos de violencia aos que se ven sometidas as mulleres no espazo público. Organizada polas profesoras Amada Traba e Sara Torres e financiada pola facultade e da Unidade de Igualdade da UVigo, esta actividade, aberta ao público, complétase cun coloquio coa directora deste documental.

Ás 16:00 horas.
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra
Etiqueta negra

“Etiqueta negra” 

14

Luns/Novembro

ETIQUETA NEGRA. Gourmet galego e innovación inspiradora é unha iniciativa da Concellaría de Promoción da Cidade de Pontevedra.

Estamos quentando os fogóns para amosar a gran variedade de alimentos e bebidas de alta gama que se están a facer en Galicia, e os procesos de innovación de produtos, sabores e envases.

A feira abre tamén as súas portas a un público cada vez máis especializado e esixente, que se informa para coñecer o que está a consumir, que lle gusta probar sabores e experimentar texturas novas.

Recinto Feiral  Pontevedra
'A revolución nos oficios tradicionais a través da innovación'

Elena Ferro:Zoqueira

14

Luns/Novembro

Vicerreitoría do campus de Pontevedra

Ciclo ‘A revolución nos oficios tradicionais a través da innovación’

Coa participación da Zoqueira Elena Ferro

A sede da Vicerreitoría do campus acolle o ciclo A revolución nos oficios tradicionais mediante a innovación, unha serie de coloquios, completados coa realización de pezas en directo, que busca pór en valor diferentes oficios tradicionais e as súas transformacións. Promovido pola Vicerreitoría coa colaboración do Consello Social da Universidade, o ciclo conta nesta xornada coa participación da zoqueira Elena Ferro.

Ás 17:00 horas.
Casa das Campás de Pontevedra

“Luces da cidade” 

14

Luns/Novembro

Luces da cidade (1931), de Charles Chaplin 82’ EUA

Un pobre vagabundo (Charles Chaplin) pasa mil e un avatares para conseguir diñeiro e axudar a unha florista cega (Virginia Cherrill) da que se namorou.

Ás 20:30 horas.
Teatro Principal Pontevedra
Marismas

Descubrindo o Enil da Xunqueira de Alba”

15

Martes/Novembro

Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural do Concello de Pontevedra

O Liceo Casino acolle este martes a estrea do documental ‘Descubrindo o Enil da Xunqueira de Alba

A proxección inaugural desta peza audiovisual, a primeira de carácter documental que se realiza sobre este Espazo Natural de Interese Local, irá precedida dunha mesa redonda na que participarán o concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Iván Puentes; a guionista da obra, Cynthia Menéndez; o naturalista José Rodrigo Dapena, autor da Guía de Bolboretas existentes neste contorno, e a bióloga Saleta González Pimentel, autora da Guía de Flora

‘Descubrindo o Enil da Xunqueira de Alba’, unha peza audiovisual realizada por Fernando Portela, producida por Miguel Riaño (de Imaco) e impulsada pola Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural do Concello de Pontevedra co obxectivo de dar a coñecer e poñer en valor a riqueza ambiental e a biodiversidade (fauna e flora) da Xunqueira e da Illa do Covo. 

A entrada a todos os actos é libre e gratuíta, ata completar aforo.

Ás 19:00 horas.
Liceo Casino Pontevedra
trialogos

“IV Triálogos de arquitectura”

15

Martes/Novembro

Este martes 15 de novembro comezan as xornadas de IV Triálogos de Arquitectura na Delegación en Pontevedra do COAG. Unha oportunidade de coñecer de primeira man o traballo que están a desenvolver os e as profesionais da arquitectura da nosa Delegación.

Nestes IV Triálogos serán 9 os estudios de compañeiros e compañeiras que participarán en tres sesións amosando obras que incorporen o concepto da “Casa Sá”. En cada sesión cada estudio adicará un máximo de 20 minutos a explicar un máximo de dúas obras favorecendo así un tempo final para a celebración dun pequeno debate entre os tres e co público asistente.

A primeira destas sesións desenvolverase este martes día 15 de novembro de 19:30h a 21:30h na sala de conferencias do segundo andar da Casa das Campás, e participarán os estudios de Celsa Pesqueira Arquitecta, Uña+Amandi arquitectos e Mauro Lomba Arquitecto.

A entrada será de balde e aberta a todo o público.

De 19:30 a 21:30 horas.
Casa das Campás Pontevedra
Visións de Darwin

“Visións de Darwin”

15

Martes/Novembro

Daniel Soutullo presenta ‘Visións de Darwin’

Daniel Soutullo presenta o seu novo libro acompañado do escritor e divulgador científico Xurxo Mariño e de Sara Vila, responsabel de comunicación de Xerais.
«Visións de Darwin» é unha recompilación de ensaios que debuxan a personalidade de Darwin desde os puntos de vista biográfico, científico e social. Os ensaios teñen un carácter divulgativo e tamén permiten un achegamento crítico á súa vida e obra

A entrada a todos os actos é libre e gratuíta, ata completar aforo.

Ás 19:30 horas.
Libraría Paz Pontevedra

“Espíritu sagrado” 

15

Martes/Novembro

Espíritu sagrado” (2021), de Chema García Ibarra 97’ España

Xulio está morto. É unha noticia terrible para OVNI Levante, a asociación de afeccionados á ufología que el dirixiu. A morte golpéalle con especial forza a un dos seus membros, Xosé Manuel. Xulio e el tiñan un proxecto común de vital importancia. Agora deberá continuar só como único coñecedor do segredo cósmico que pode alterar o porvir humano. Mentres tanto, en España búscase a unha nena que desapareceu hai semanas.

Ás 20:30 horas.
Teatro Principal Pontevedra
cristal

“Cristal” 

16,19

Mércores,Sabado/Novembro

Os días 19 e 20 de novembro de 1932, Federico García Lorca visitou Pontevedra por segunda vez, acollido polo grupo de impulsores da revista Cristal, fundada uns meses antes na cidade. 90 anos despois, unha mesa redonda con Xesús Alonso Montero, Ramón Rozas e Susana Pedreira, un roteiro pola cidade e unha serie de visitas escolares con Polo correo do vento dan forma a unha nova edición da Semana Lorquiana, organiza polo Museo.

Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Cruzados polo camiño

“Cruzados polo camiño”

16

Mércores/Novembro

Ateneo Pontevedra

O Ateneo de Pontevedra organiza en colaboración coa Asociación de Amigos e Amigas do Camiño Portugués a Santiago, un relatorio arredor do libro: “Cruzados polo camiño” Premio de Novela Camiño de Santiago 2021, de José G. Barral (escritor, mestre, orientador educativo) publicado por Editorial Galaxia.

Interveñen: Estro Montaña (escritor, profesor, crítico literario), Marcos Calveiro (director de Edicións de Galaxia) e José G. Barral

A entrada é libre ata completar capacidade.

Ás 20:00 horas.
Espacio Nemonón Pontevedra
Onde máis doe

“Onde máis doe” 

16

Mércores/Novembro

Teatro principal

Proxección de Onde máis doe (2022) 62′ de Manane Rodríguez. O documental trata sobre a violencia vicaria.

Despois de ameazar durante anos ao súa exparella, Marcos M. asasina a golpes de pala ao seu fillo de 11 anos. Un ano despois un xurado popular condénao por asasinato, matar facendo uso pleno das súas facultades, e determina que o crime contra o neno non buscaba outra cousa que castigar á nai. No feito no que nos baseamos concorren a violencia, o acoso, o asasinato dun neno para danar á nai e a ameaza de morte que aínda pende sobre a muller. Posteriormente haberá un coloquio. A entrada é de balde.

 Ás 20:00 horas
Teatro principal. Pontevedra
'A revolución nos oficios tradicionais a través da innovación'

Contos de inverno: Caxoto

16

Mércores/Novembro

Vicerreitoría do campus de Pontevedra

Ciclo ‘Contos de inverno

De aló de onde eu veño, do narrador oral Caxoto.

A Vicerreitoría do campus e a Concellería de Promoción Económica e Universidades promoven Contos de inverno, un ciclo de contacontos dirixido a un público adulto que busca pór en valor a literatura de transmisión oral. Con entrada libre ata completar a capacidade da sala, o ciclo arranca este mércores co espectáculo De aló de onde eu veño, do narrador oral Caxoto.

Ás 20:30 horas.
Casa das Campás de Pontevedra
Joglars

Que salga Aristófanes ! 

16

Mércores/Novembro

Auditorio Sede Afundación Pontevedra 

 Que salga Aristófanes ! – JOGLARS

Cunha dramaturxia contemporánea, combinando a música, a danza, a literatura e o visual poñemos o foco na infantilización do mundo adulto que conleva vivir nunha ilusión, nun Mundo Disney, onde a arte debe ser correcto, fácil e que non faga dano. Arte vaselina. Sobre a idea de que a arte debe ser alleo á moral construímos un espectáculo onde os Aristófanes, os Chaplins ou os Molières encarnan a risa do disidente ante unha sociedade basada na relixión dos sentimentos. Desde o humor e a sátira mostramos a perversidade buenista que sinala, delata e lincha aos discrepantes nas novas fogueiras de Twitter, Facebook e demais redes. Non estamos nun xogo de bos e malos, nin en determinar a moral para seguir, tratamos de iluminar a falsidade de maneira tan evidente que o propio espectador descubra outra realidade insospeitada. Un catedrático de clásicas destituído da universidade é internado nun Centro de Reeducación Psicocultural debido ás secuelas mentais producidas polo cesamento. O seu coñecemento e admiración polo mundo clásico, faille asumir por momentos o personaxe de Aristófanes. Así, entre a realidade e a ficción, imaxina ao dramaturgo grego como modelo de liberdade fronte a unha sociedade cada vez máis repleta de tabús intocables.

Mercar entradas

Ás 20:30 horas
Auditorio Sede Afundación Pontevedra 
Emovere

“Emovere”

17

Xoves/Novembro

Presentación do poemario ‘Emovere‘  de César Fernández e Andrea Suárez.

Presenta Pablo Nogueira de Toxosoutos Editorial. Recitado da autora Andrea Suárez, acompañamento musical e actuación de Xoán López.

A entrada é libre e gratuíta, ata completar aforo.

Ás 19:00 horas.
Libraría Paz Pontevedra
Suavemente Anastasia

“Suavemente Anastasia pasaba”

17

Xoves/Novembro

Fundación Cuña-Casasbellas

Suavemente Anastasia pasaba, de Alexandru Tatos (1980, Rumania) 95’. 1944, nunha cidade a beiras do Danubio. A cidade está ocupada polos alemáns e chea de colaboradores. Varios mozos comezan a unirse a grupos partisanos que se ocultan nas montañas. Para amedrentalos os nazis matan a un guerrilleiro serbio e déixano no medio do pobo prohibíndolle aos cidadáns enterralo. Anastasia negarase a obedecer a orde…

A entrada a todos os actos é libre e gratuíta, ata completar aforo.

Ás 20:00 horas.
Sala Versus de Pontevedra
'A revolución nos oficios tradicionais a través da innovación'

Contos de inverno: Brais das Hortas

17

Xoves/Novembro

Vicerreitoría do campus de Pontevedra

Ciclo ‘Contos de inverno

Contos de defuntos (e outros asuntos), do músico, narrador oral e clown Brais da Hortas.

A Vicerreitoría do campus e a Concellería de Promoción Económica e Universidades promoven Contos de inverno, un ciclo de contacontos dirixido a un público adulto que busca pór en valor a literatura de transmisión oral. Con entrada libre ata completar a capacidade da sala, o ciclo acolle nesta xornada o espectáculo Contos de defuntos (e outros asuntos), do músico, narrador oral e clown Brais da Hortas.

Ás 20:30 horas.
Casa das Campás de Pontevedra
Obradoiro
Apálpate

“Apálpate” 

18

Venres/Novembro

A Asociación Adicam realizará dúas actividades gratuítas durante este venres 18 de novembro en Pontevedra abertas a toda a poboación interesada.

Durante a mañá, entre as 11.00 e as 13.00 horas, celebrarase un obradoiro de Risoterapia co doutor Jorge Cameselleno edificio azul da Xunta de Galicia, situado na rúa Benito Corbal. Para participar será necesario inscribirse previamente no teléfono 629.945.925.

Durante a tarde, a partir das 18.00 horas, o Centro Social do Gorgullón acollerá unhacharla sobre a autoexploración mamaria. A entrada será libre ata completar a capacidade do recinto.

Estas propostas non só destínanse a pacientes de cancro de mama e xinecolóxico senón a todas as persoas interesadas.

De 11:00 a 13:00 horas. Obradoiro en Benito Corbal
Ás 18:00 horas Autoexploración mamaria no Gorgullón
Xuventude

“Premios á xuventude” 

18

Venres/Novembro

O Pazo provincial acolle este venres ás 18 h os VI Premios provinciais da xuventude e a III edición de ReAcción Polo Clima para recoñecer o talento e creatividade da mocidade da provincia

Conduce a xornalista e actriz Adela Bértolo

Actúa a mentorizada de Descúbreas Eva Pico

Tamén podedes seguila En Directo nas canlesda Deputación

A entrada é libre ata completar capacidade.

Ás 18:00 horas.
Deputación de Pontevedra
Voces ceibes

“A nova canción galega: do folk á tendencia” 

18

Venres/Novembro

O Ateneo de Pontevedra organiza o acto titulado A nova canción galega: do folk á tendencia, consistente nunha conferencia e nun recital musical sobre Voces Ceibes.

A conferencia, a cargo de Vicente Araguas, analizará o movemento Voces Ceibes: como e onde xorde, quen foron os compoñentes e os fitos que marcaron a evolución dos membros como colectivo e como cantantes á marxe xa dunha concepción de agrupamento.

O relatorio acompañarase dun recital musical de Miro Casabella, onde se interpretarán distintos temas dos integrantes de Voces Ceibes e outros da súa autoría.

A acto terá lugar o vindeiro venres 18 de novembro, ás 20 horas, no Teatro Principal de Pontevedra.

O concerto está promovido polo Concello de Pontevedra, a través do Servizo de Patrimonio Histórico.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Ás 20:00 horas.
Teatro Principal. Pontevedra
Brumario
César Vallejo

“Recital poético musical” 

18

Venres/Novembro

Fundación Cuña-Casasbellas

Homenaxe ao poeta César Vallejo, Piedra negra sobre una piedra blanca”. Recital poético musical 

A entrada a todos os actos é libre e gratuíta, ata completar aforo.

Ás 20:00 horas.
Sala Versus de Pontevedra

“Mean Streets” 

18

Venres/Novembro

Mean Streets(1973), de Martin Scorsese

A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de Mean Streets (1973), Estados Unidos, Martin Scorsese, 110’, nunha nova sesión do ciclo de cinema …Ten un tesouro.

Nova York, 1972. Charlie (Harvey Keitel) é un mozo italoamericano de 27 anos que trata de ascender na mafia de Nova York, pero o devandito ascenso vese obstaculizado polo seu sentimento de responsabilidade cara ao seu imprudente amigo, Johnny Boy (Robert De Niro)

Ás 19:00 horas.
Vicerreitoria  Casa das Campás Pontevedra
Odisea

“Odisea” 

18

Venres/Novembro

Odisea é un concerto de Samudra trío.

O próximo venres estaremos presentando ODISEA no Museo de Pontevedra da mellor forma posible, coa colaboración da marabillosa Alba Troiteiro facendo pintura en directo.

Será un concerto moi especial así que non o podedes perder! Entrada libre e de balde ata completar aforo

Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Debut

“Debut” 

18

Venres/Novembro

O recinto feiral do Pazo da Cultura acolle o desfile de Debut 2022, no que doce novos titulados e tituladas no Máster en Deseño e Dirección Creativa en Moda presentan as coleccións que constitúen os seus proxectos de fin de estudos. O desfile completarase coa presentación de 18 de traballos realizados por estudantes do primeiro curso do mestrado.

Un tribunal integrado pola directora executiva da Asociación de Creadores de Moda de España (ACME), Pepa Bueno; o director do Centro Superior de Diseño de Moda da Universidad Politécnica de Madrid, Guillermo García-Badell; e a directora do Museo de Arte de Zapopan de Guadalajara (México), Viviana Kuri, encagarase de ditaminar que colección é a merecedora do premio ao mellor deseño e creatividade, outorgado por Setga; e do galardón á colección con maior valor artesanal, impulsado coa colaboración da Xunta, a través de Artesanía de Galicia e o Xacobeo.

Ás 20:00 horas.
Pazo da Cultura Pontevedra
Transitar

“Hackea o discurso” 

19

Sábado/Novembro

Sábado 19 de novembro ás 10:30 h: taller de contrapublicidade feminista «Hackea o discurso» con 7H Cooperativa Cultural

As charlas-coloquios son de acceso libre ata completar aforo e desenvolveranse no Edificio Administrativo Palacio Provincial da Deputación de Pontevedra, sito na mesma Avda. Montero Ríos. O taller realizarase no triángulo negro e ten un límite de 10 prazas que se asignarán previa inscrición en transitaroimpensable@gmail.com ​​​
 Ás 10:30 horas
 Edificio Administrativo Palacio Provincial da Deputación de Pontevedra
alegria

“Alegría” 

19

Sábado/Novembro

Ecoloxistas en Acción presenta o documental “Alegría” para conmemorar o vixésimo aniversario do desastre ecolóxico provocado polo afundimento do petroleiro Prestige.

O documental, producido pola organización ecoloxista e dirixido por Luís Otero, sinala as causas que desencadearon a maior marea negra da costa galega e lembra que, ante a inacción do goberno, foi a marea branca de solidariedade a que se enfrontou ao “chapapote”.
Entrada libre ata límite aforo
 Ás 19:00 horas
Teatro principal. Pontevedra
expo e cata

“Cervexa  artesán” 

19

Sábado/Novembro

Sábado 19 de novembro ás 18:00 h: exposición do grupo Galeoska e cata de cervexa artesán Siesta.

Prezo 15 euros 

Rúa Eduardo Pondal, 5 Pontevedra
 Ás 18:00 horas
 Espazo 42º Noroarte de Pontevedra
andaina e recollida setas

“Xornada micolóxica” 

20

Domingo/Novembro

Santa María de Xeve

Xornadas micolóxicas en Santa María de Xeve

10:00 horas: Andaina para identificación e recollida con Pepe Álvarez .

14:00: Exposición de cogumelos no museo do centro cultural.

14:30 Xantar no centro cultural, callos (pan, empanada,viño, postre, café e licores)

Soci@s: 12 E, Non soci@s: 15 E, Rapaces menores de 12 anos 5 Euros

Anotarse:

Conchi 649 177 409, Lidia 617 065 351, Pìli 615 605 031

Ás 10:00 horas
Santa María de Xeve Pontevedra
Marcha nórdica

“Marcha Nórdica: Tambo” 

20

Domingo/Novembro

Ruta de marcha nórdica con guía pola illa de Tambo

Saída de Vigo ás 9:15

Saída do barco cara Tambo desde Combarro ás 10:15

Saída de Tambo ás 13:15

Prezo 25 Euros por persoa

Información. www.ngentrenavigo.com info@ngentrenavigo.com teléfono 658 275 413

Ás 09:15 horas desde Guixar Vigo
Marcha nórdica de Vigo
exposición

“Barcos de pedra avións de madeira” 

13

Domingo/Novembro

Carmen Hermo

Barcos de pedra e avións de madeira” e a proposta da exposición de Carmen Hermo que poderemos visitar a partires deste domingo a hora do vermú no espazo Nemonón en Villa Pilar. Inauguración ás 13:00 horas

 Do 13 de Novembro ao 9 de Decembro
​Espacio Nemonón Pontevedra
fuego de logo

“Fuego de lodo” 

12

Sábado/Novembro

Exposición colectiva “Fuego de lodo” na RAC fundación comisariada por Nono Bandera expoñen Marcos Covelo, Chelo Matesanz e Mar Ramón Soriano
Do 12 novembro ao 2 de decembro

 Do 12 de Novembro ao 2 de Decembro
​Fundación RAC Pontevedra
Mario Iglesias

“Exposición Pictórica:Mario Iglesias” 

11

Venres/Novembro

Exposición pictórica de Mario Iglesias González. Esta exposición consta de obras realizadas desde 2015 ata a  actualidade.

A principios de 2022, froito dun forte desexo de cambiar por completo de rexistro, prodúcese un cambio radical de temática e estilo, ata o punto de parecer obra doutro pintor. Por iso a mostra parecerá compartida, pero non o é, é a mesma obra, que, evolucionando cos anos cara a unha sorte de surrealismo fortemente narrativo, (como ilustracións de historias nunca contadas), de súpeto dá un salto cara atrás e tenta recupera a liberdade de trazo e a procura de expresividade dos primeiros tempos, só coa mirada de agora, corenta anos despois.

Mario Iglesias estudiou Belas Artes na Facultade de BBAA de Pontevedra, onde especializóuse en escultura e compaxina a súa dedicación as artes plásticas coa cinematografía e a docencia.

Do 11 ao 30 de novembro
Liceo Casino de Pontevedra 
Sombras atlánticas

“Sombras atlánticas” 

4

Venres/Novembro

“Sombras atlánticas. Retratos da arte galega” é unha exosición de Anxo Cabada.

Un diálogo coas persoas creadoras da beleza do país: ese é o desafío que presenta ‘Sombras atlánticas. Retratos da arte galega’, unha exposición na que o fotógrafo Anxo Cabada Alvarez se centra nalgúns dos rostros da pintura e a escultura que marcaron o devir da arte en Galicia nos últimos 50 anos. A mostra inaugurarase o próximo venres 4 de novembro ás 19.00 h, e poderá visitarse ata o 15 de xaneiro no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.

Entrada libre e de balde ata completar aforo

Ata o 15 de xaneiro 2023
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
camiño

“O museo en camiño” 

27

Xoves/Outubro

A partir deste xoves o proxecto do #museoencamiño converterase nunha mostra didáctica onde se verá plasmada a importancia patrimonial e artística do Camiño de Santiago.
Esta mostra contén contidos referentes a Ruta Xacobea ademais da visión dos participantes nos obradoiros familiares.
Desta maneira móstranse as posibilidades dun modo de traballo no que a expresión plástica é o medio de transmisión do coñecemento.
A inauguración terá lugar o 27 de outubro no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra e poderá visitarse ata o 27 de novembro.
 Do 27 de outubro ao 27 de novembro
Edificio Castelao do museo de Pontevedra
Bienal Cerveira

“We Must Take Action” 

22

Xoves/Setembro

A XXII Bienal Internacional de Arte de Cerveira inaugura este xoves a súa exposición en Monção e Pontevedra.
Ás 19h o Museo de Pontevedra acolle unha selección de 15 artistas convidados realizada pola directora artística da XXII Bienal Internacional de Arte de Cerveira, Helena Mendes Pereira
Os artistas Antón Sobral, Cristian Baes e Sobral Centeno son os convidados en Monção e Ana Maria Pintora, Ana Monteiro, Ana Vidigal, Elsa César, Henrique do Vale, Jayme Reis, Juan Domingues, Mafalda Santos, Maria Cunha, Mariana Mizarela, Pedro Figueiredo, Serafim Sousa, Sobral Centeno, Zélia Mendonça, Zulmiro de Carvalho os convidados en Pontevedra.
 Entrada libre ata completa o aforo.
Ata o 20 de Novembro 2022
Claustro do Edificio Sarmiento, Museo de Pontevedra
Pop art

“This is Pop!”

22

Xoves/Setembro

Afundación expón no Café Moderno de Pontevedra This is pop. Dás latas de Andy Warhol ás túas, unha recompilación de 63 producións de preto dunha trintena de artistas que abordan a arte pop desde as súas orixes nos anos cincuenta ata os nosos días. Deste xeito, nomes como os de Andy Warhol, Roy Lichtenstein, Robert Rauschenberg, ou Eduardo Paolozzi únense aos de Richard Hamilton, Peter Blake, Yayoi Kusama, Eduardo Arroyo, Rafael Canogar ou Damien Hirst, entre outros.

Ademais ten o seu punto solidario, ao convidarte a participar de #CulturaporAlimentos: traes produtos non perecedoiros e axudas os bancos de alimentos locais! As túas latas tamén contan!

Ata o 14 de Xaneiro 2023
Café Moderno. Pontevedra

Xa podes anotarte

conservación

“XI Encontro de conservación e restauración” 

24,25

Xoves,venres/Novembro

Nas salas de reserva dos museos é onde comeza a conservación, e están en proceso de redefinición: novos deseños, centros que dan servizos a varias institucións, almacéns visitables… De todo isto falarase no Museo o 24 e 25 de novembro no XI Encontro de Conservación e Restauración, con representantes do Museo Reina Sofía, MARQ. Museo Arqueológico de Alicante, Gordailua, Museo de Málaga, Rijksdienst voor het Cultureel Erfgoed (Países Baixos), Centre de conservation et d’étude de Lorraine (Francia), MUHBA Museu d’història de Barcelona, Albayalde conservatio, EUN Group e Centre de Restauració de Béns Mobles de Catalunya CRBMC. Un encontro organizado polo Museo de Pontevedra e a Escola Superior de Conservación e Restauración de BBCC de Galicia.

Inscricións gratuítas abertas en https://encontrorestauracion.depo.gal.

​Edificio Castelao do Museo Pontevedra
culturgal danza

“Culturgal Danza” 

25

Venres/Novembro

Noite de danza no culturgal. Credo de Nova Galicia Danza + A raiz de con Daniel Rodríguez.

Faino o venres 25 de novembro ás 21h cun espectáculo dobre que pon ao límite a linguaxe corporal 
Nova Galega de Danza, compañía de referencia na danza galega do século vinte e un, trae á Feira “Credo”, peza na que bota man da poesía de Celso Emilio Ferreiro para acompañar o camiño vital do ser humano.
Ademais, o porriñés Daniel Rodríguez presenta na Culturgal “A raiz”, proxecto premiado en SóLODOS En Danza Ourense 2022.
Xa podes mercar as entradas en cultur.gal Teñen un prezo final de 8 euros, que inclúen visita á Feira. Duración espectáculo: 45 minutos

A 15ª Culturgal celébrase en Pontevedra do 24 ao 27 de novembro.

​Ás 21:00 horas
Pazo da cultura Pontevedra
culturgal

“Culturgal Son” 

26

Sábado/Novembro

A noite do sábado 26 de novembro, Culturgal vai de festival. Catro propostas rebordantes de enerxía e talento, ao vivo no escenario do Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra para celebrar os 15 anos da Culturgal. Antía Muíño, Néboa, Berto e Grande Amore toman a Feira como un furacán pechando un ano que, sen dúbida, é o seu ano. Electrónica, pop e tradición; a diversidade da música galega de hoxe nunha sesión única e singular. As entradas para #CulturgalSon15 sairán á venda o vindeiro 27 de outubro en cultur.gal a un prezo de 8 euros que inclúe, ademais do concerto, o acceso á Feira. A 15ª Culturgal celébrase en Pontevedra do 24 ao 27 de novembro.

​Ás 20:00 horas
Pazo da cultura Pontevedra
obradoiro de coiro

“Caligrafía artística” 

26

Sábado/Novembro

Curso taller de caligrafía artística impartido por Nelson Gómez Callejas.

Non se require experiencia previa

Materiais incluidos

Máis información granerodelmas@gmail.com

teléfono 619432721

De 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00
Granero Delmás Pontevedra
Reconexión

“Reconexión” 

26

Sábado/Novembro

Curso taller Movemento creativo. Xogar para activar o potencial, liberarte e provocar un estado de benestar interno.

www.baiafernandez.es 

Inscribirse Prezo 40 euros

Máis información info@baiafernandez.es

teléfono 674 447 564

De 10:00 a 14:00 horas
Lérez Pontevedra

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Revista de Setembro-Outubro 2022 por José Antonio Pérez

Revista de Setembro-Outubro 2022 por José Antonio Pérez

Revista dos meses de setembro-outubro 2022 coa colaboración de :

Xosé Álvarez
Antón Castro
Marina Filgueira
Domingos A. García
Rafael Loureiro
Luis Palomo Molano
Risoleta C. Pinto
Antonio Silva
Aloisio Suarez
Ana Paula Brito
Ramón Caride
Graça Foles
Anxo González Guerra
Vicente Méndez
José Solla
José Luis Vázquez
Resumo do mes, artigos, entrevistas, fotografías, poemas, ilustracións, música…

Xosé Antonio Pérez Graña

Xosé Antonio Pérez Graña

Profesor de inglés

Naceronme en Cotobade no 1952. Estudei Maxisterio (por inglés) e Psicoloxia. Traballei durante 37 anos no ensino, rematando a miña vida laboral no IES Valle Inclán, onde formei parte do grupo de teatro Argallada. Encargueime tamén da revista anual do Instituto. Nesta nova etapa, adicareime a recompilar artigos e actividades da nosa Web para facer unha revista-resume cada mes.

Revista do mes de xuño 2022

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Do 7 ao 13 de novembro 2022 por Ana Santos

Do 7 ao 13 de novembro 2022 por Ana Santos

'A revolución nos oficios tradicionais a través da innovación'

A revolución nos oficios tradicionais a través da innovación

7

Luns/Novembro

Vicerreitoría do campus de Pontevedra

Ciclo ‘A revolución nos oficios tradicionais a través da innovación’

Coa participación da cesteira Idoia Cuesta

A sede da Vicerreitoría do campus acolle o ciclo A revolución nos oficios tradicionais mediante a innovación, unha serie de coloquios, completados coa realización de pezas en directo, que busca pór en valor diferentes oficios tradicionais e as súas transformacións. Promovido pola Vicerreitoría coa colaboración do Consello Social da Universidade, o ciclo conta nesta xornada coa participación da cesteira e investigadora téxtil Idoia Cuesta

Ás 17:00 horas.
Casa das Campás de Pontevedra
Tempus trío

“Tempus trío” 

7

Luns/Novembro

Fundado en 2018 pola violinista Maria Tió, o violonchelista Ferran Bardolet e o pianista Ricard Rovirosa, o Tempus Trio, a pesar da súa breve traxectoria, foi xa recoñecido por crítica e público como un dos máis prometedores da súa xeración, cultivando importantes éxitos en diferentes concursos e certames internacionais, entre os que destacan o Primeiro Premio do Concurso Internacional de Música “Grand Prize Virtuoso” 2019 en Bruxelas, a Medalla de Platino (Primeiro Premio) da “WPTA Singapore International Music Competition 2019” e a Medalla de Prata do “2nd Vienna International Competition 2020”, na especialidade de música de cámara. Esta tempada foron seleccionados para ser grupo residente da Asociación de Intérpretes de España (AIE). O trío fará unha xira de concertos por todo o estado español co programa “Clásicos en Roteiro”. 

Ás 20:30horas.
Teatro principal de Pontevedra

“Un pequeno mundo” 

8

Martes/Novembro

“un pequeno mundo (2021), de Laura Wandel 72’ Bélgica

Nora entra en primaria e pouco despois descobre o acoso que sofre o seu irmán maior, Abel. Nora se debate entre a necesidade de integrarse e o seu irmán, que lle pide que garde silencio.

Ás 20:30 horas.
Teatro Principal Pontevedra
Domingos

“Ciencia e tecnoloxía” 

8

Martes/Novembro

Conferencia a cargo de Domingos AntomCiencia e tecnoloxía, habitar a terra

Entrada de libre ata completar capacidade

Ás 19:30 horas.
Casa das campás. Pontevedra
Brumario

“Recital poético musical” 

9

Mércores/Novembro

Fundación Cuña-Casasbellas

Recital poético musical Antígona, más que nunca viva. Rapsodia poético-musical, en torno al mito de Antígona: Música: Leonard Román (acordeón), Harry Price (violín) y José Santomé Juncal, Johan (contrabajo).

A entrada a todos os actos é libre e gratuíta, ata completar aforo.

Ás 20:15 horas.
Teatro principal de Pontevedra
Faladoiro

“Faladoiros feministas” 

9

Mércores/Novembro

Baixo o título ‘Educación sexual para previr as violencias machistas’ charlaremos con Chis Oliveira Malvar e Amada Traba Díaz, docentes e expertas en educación emocional e afectivo-sexual na mocidade e coautoras de Am@me. Pensar o amor no século XXI e Llerena Perozo Porteiro, comunicadora especialista en igualdade e autora dun manual sobre sexualidade que vai ser editado polo Concello de Pontevedra, sobre o papel da educación sexual na prevención primaria das violencias machistas e moi especialmente da violencia sexual na mocidade. Modera a xornalista Silvia Vieito.

O acto dará inicio coa presentación do 2º Estudo sobre educación e hábitos sexuais na adolescencia realizado no IES A Xunqueira I durante o curso 2021/2022 a cargo dun dos autores, o sexólogo Manuel Varela Salgado.

Presencial ata completar aforo (recoméndase reserva) e emitirase en directo a través do YouTube do Concello de Pontevedra.

De 19.00 a 20.30horas.
Casa das Campás. Pontevedra
mulleres en acción

“Mulleres en acción”

10

Xoves/Novembro

“Mulleres en acción, violencia zero”

Para asistir ao evento é preciso inscribirse en protocolo@depo.gal 

Xoves 10 de Novembro ás 11 da mañá

Ás 11:00 horas.
Santa Clara Pontevedra
cidades

“Cidades futuras Lisboa”

10

Xoves/Novembro

Este xoves 10 de novembro, oportunidade de coñecer de primeira man a obra do recoñecido arquitecto portugués Gonçalo Byrne. Unha conferencia que organiza a Delegación en Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia baixo o título As Cidades Futuras.
Será este xoves día 10 de novembro de 2022 ás 19:30h, na sala de conferencias do 2º andar da Casa das Campás en Pontevedra.
Comisariada por Santos Mera Arquitectos.
Ás 19:30 horas.
Casa das Campás Pontevedra
vermú

“Estranxeiras”

10

Xoves/Novembro

O vindeiro xoves 10 de novembro ás 19.30h. imos de vermú á Libraría Paz para falar de “Estranxeiras”, obra gañadora do II Premio Literario Pinto e Maragota pola Diversidade Sexual e de Xénero, coa súa autora Carmen P.G. Granxeiro. Un libro editado por XERAIS que destaca por unha representación LGBTIQA feita con sensibilidade e no que se pon en valor o rural como un espazo de liberdade e reivindicación. Vémonos!

A entrada a todos os actos é libre e gratuíta, ata completar aforo.

Ás 19:30 horas.
Libraría Paz Pontevedra

“Antigoni”

10

Xoves/Novembro

Fundación Cuña-Casasbellas

Antigoni”, de Yorgos Javellas (1961, Grecia)

Antígona, filla de Edipo, conta á súa irmá Ismene que Creonte, actual rei de Tebas, impón a prohibición de facer ritos fúnebres ao corpo de Polinices, como castigo exemplar por traizón á súa patria. Antígona pide a Ismene que lle axude a honrar o cadáver do seu irmán, a pesar da prohibición de Creonte. Esta négase por temor ás consecuencias de quebrantar a lei. Antígona reprocha á súa irmá a súa actitude e decide seguir co seu plan

A entrada a todos os actos é libre e gratuíta, ata completar aforo.

Ás 20:00 horas.
Sala Versus de Pontevedra
La excepción ibérica

“La excepción ibérica”

10

Xoves/Novembro

Ateneo Pontevedra

O Ateneo de Pontevedra organiza un relatorio arredor do libro La excepción ibérica. La Península en la Guerra Fría. El telón pirenaico (1943-1949), de María José Tíscar, publicado por Ediciones Akal.
O acto terá lugar o vindeiro xoves 10 de novembro, ás 20 horas, no Espazo Nemonon. A autora estará acompañada por Alberto Pena Rodríguez

A entrada a todos os actos é libre e gratuíta, ata completar aforo.

Ás 20:00 horas.
Espacio Nemonón Pontevedra
smoke

“Smoke in the water” 

10

Xoves/Novembro

Teatro principal

Ponteatro “Smoke on the Water” de Ibuprofeno teatro​

Ritchie (Blackmore) vive ancorado no Rock and roll dos anos 70, ten unha tenda de colección de discos e vinilos. Janis (Joplin) non cantou en anos, está a estudar filosofía na universidade. A súa unión sobrevive tras case 25 anos de crise matrimonial permanente, formando un círculo vicioso enfermizo, un sistema de relacións e dependencias imposible de desfacer. Este absurdo ‘status quo’, en continua combustión, vese ameazado pola aparición de *Álex, un gigoló de ideoloxía vandálica e transgresora que se namora perdidamente de Janis, á vez que establece unha profunda amizade con Ritchie. A intervención de Joan Baez, unha empregada do banco que xestiona a hipoteca de Ritchie, cliente de *Álex, trae un final patéticamente feliz ao enredo amoroso-económico entre este grupo de seres humanos fracasados, torpes, perdedores, frustrados, desgastados e maltratados por vida, que provocan tenrura e compaixón. Dirixida e escrita por Santi Cortegoso, a repartición inclúe a Josito Porto e Belén Constenla, entre outros.

mercar entradas 

 Ás 21:00 horas
Teatro principal. Pontevedra

“Ghost World” 

11

Venres/Novembro

Ghost World(2001), de Terry Zwigoff

A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de Ghost world (2001), de Terry Zwigoff, nunha nova sesión do ciclo de cinema …Ten un tesouro.
Enid e Rebecca, dous rebeldes adolescentes amigas desde hai anos, non saben como pasar o intre agora que xa acabaron os estudos de secundaria. A pesar dos seus tímidos esforzos por atopar traballo, a miúdo acaban deambulando polas rúas, escrutando o comportamento da xente que lles rodea. Atraídas polos personaxes excéntricos, adoitan mirar os anuncios persoais do xornal local. Enid chama ao autor do anuncio máis lamentable, un home solitario de corenta anos, coleccionista de discos, e convídalle a unha cita a cegas. Ambas acudirán ao restaurante convido para espiarlle e saber como é a súa vida

Ás 19:00 horas.
Vicerreitoria  Casa das Campás Pontevedra
Cantos de taberna

“Cantos de taberna” 

11

Venres/Novembro

Teatro principal

Cantos de taberna no principal 11 nov Entrega da cunca maravallada ao grupo Fuxan os ventos, grupo convidado Tiruleque, presentada por Luis Caruncho

 Ás 21:00 horas
Teatro principal. Pontevedra
Gustavo

“Gustavo Almeida” 

11

Venres/Novembro

PONTEVEDRA
E si unimos a música, o viño e a arquitectura?
Pues así será o venres, 11 de novembro ás 20:30h. no ESPACIO NEMONON de arquitectura.
(Marqués de Riestra, 11)
Concerto acústico + degustación dos viños de “THE WINE OF THE CHAMPIONS”, da bodega italiana de FABIO CORDELLA (@fabio_cordella )
 Ás 20:30 horas
Villa Pilar, Espacio Nemonón  Pontevedra
impunidade

“Na loita contra a impunidade” 

11,12

Venres,Sábado/Novembro

Desde o departamento de Memoria Histórica contactamos con vós para convidarvos a unha nova edición, a cuarta, das xornadas contra a impunidade, que imos celebrar os días 11 e 12 de novembro no Salón de Plenos da Deputación de Pontevedra.

Nesta ocasión imos debater sobre “as ideas furtadas” porque entendemos que a ditadura non só represaliou persoas, tamén demonizou determinadas opcións políticas e ideolóxicas.

Agardamos contar con vós.

Para anotarvos, só tendes que escribir a este correo enviando os vosos datos.

memoriahistorica@depo.es

 De 13:45 do venres ás 17:00 horas do sábado
Salón de plenos da Deputación de  Pontevedra
Inventio

“Inventio” 

11,12,13

Venres a Domingo/Novembro

Sede Afundación Pontevedra

Inventio, unha viaxe ao sensible
Inventio é un espectáculo familiar de gran formato no que conviven a comedia e o drama, a danza, o ilusionismo e as artes circenses. Inventio é unha viaxe sensorial, un camiño de regreso á sensibilidade a partir da tradición e a modernidade. Cunha atmosfera máxica e unha posta en escena futurista, Inventio recupera a paisaxe, os costumes, a música, a arte ou a arquitectura de Galicia nun espectáculo delicado e cegador, cun ritmo vertixinoso, nunha gran produción con ecos do cinema futurista de Stanley Kubrick, Ridley Scott ou Denis Villeneuve que non é senón “unha viaxe cara a todo iso que nos fai humanos: a nosa capacidade de sentir”.

Unha troupeformada por un ilusionista, seis bailaríns e sete artistas de circo comproban que xa non existe o Camiño de Santiago, xa ninguén o lembra. Non quedan peregrinos nin un camiño que percorrer xuntos. Tampouco a auga ou a choiva, o son das gaitas, o verde dos campos ou a pegada do mar na area. Nin un só rastro, nin un só recordo. Que foi todo aquilo? Onde quedaron a viaxe, a procura e o descubrimento? Onde foi a parar a sensibilidade? 
inventio.gal 

Mercar entradas 

Día 11 ás 20:00 horas, Día 12 ás 17:00 e ás 20:30 horas, Día 13 ás 12:00 e ás 17:00 horas
Auditorio Sede Afundación  Pontevedra
Transitar

“Repensar a cidade” 

12

Sábado/Novembro

Sábado 12 de novembro ás 11:30 h: charla-coloquio «Repensar a cidade. Miradas feministas», con Raquel Pelta e Mari Carmen Estevan.

As charlas-coloquios son de acceso libre ata completar aforo e desenvolveranse no Edificio Administrativo Palacio Provincial da Deputación de Pontevedra, sito na mesma Avda. Montero Ríos. O taller realizarase no triángulo negro e ten un límite de 10 prazas que se asignarán previa inscrición en transitaroimpensable@gmail.com ​​​
 Ás 11:30 horas 
 Edificio Administrativo Palacio Provincial da Deputación de Pontevedra
Etiqueta negra

“Etiqueta negra” 

12,13,14

Sábado a luns/Novembro

ETIQUETA NEGRA. Gourmet galego e innovación inspiradora é unha iniciativa da Concellaría de Promoción da Cidade de Pontevedra.

Estamos quentando os fogóns para amosar a gran variedade de alimentos e bebidas de alta gama que se están a facer en Galicia, e os procesos de innovación de produtos, sabores e envases.

A feira abre tamén as súas portas a un público cada vez máis especializado e esixente, que se informa para coñecer o que está a consumir, que lle gusta probar sabores e experimentar texturas novas.

Recinto Feiral  Pontevedra
Guimaraes

“Ateneo viaxeiro” 

12

Sábado/Novembro

ATENEO VIAXEIRO: VISITA CULTURAL A GUIMARÃES (PORTUGAL)
DESCRICIÓN
O Ateneo de Pontevedra organiza unha visita cultural ao municipio portugués de Guimarães, co seguinte cronograma (en horario galego):
• Visita guiada á Citania de Briteiros e ao Museu da Cultura Castreja (de 11 a 13 horas)
• Xantar na cidade de Guimarães, no restaurante Histórico Papaboa, ás 14 horas. 2 Menús a elixir
• Visita guiada ao Centro Internacional das Artes José de Guimarães (CIAJG), (de 17 a 18:30 horas)
• Estadía non programada en Guimarães para que cada quen a utilice como desexe (de 18:30 a 20 horas)
– Prezo: 60 euros (incluídos desprazamento, xantar, seguro de responsabilidade civil e visita guiada pola Citania de Briteiros , Museu da Cultura Castreja e Centro Internacional das Artes José de Guimarães).
– Prazas limitadas (inscrición mínima de 50 persoas para realizar a actividade).
INSCRICIÓN:
– As persoas que desexen inscribirse, poden facelo no correo electrónico ateneodepontevedra@yahoo.com ata o venres 4 de novembro, indicando nome e apelidos, DNI, data de nacemento, menú de preferencia e teléfono de contacto.
De 9:00 a 22:00 horas
​Saída  (Praza de Galicia, Pontevedra; fronte ao Hiperxel). Pontevedra
Milla anedia

“IX Milla solidaria Anedia” 

13

Domingo/Novembro

Xa está aberta a inscripción na IX Milla Solidaria de Anedia – Móvete pola diabetes!

Unha oportunidade de facer visible unha das doenzas máis invisibles que existen, a diabetes. De seguro que todos os que nos ledes tedes algunha persoa do voso entorno que convive coa diabetes. Así que ese domingo imos facela visible, contamos con todos vós!

Unha proba para todas as idades, con categorías menores Bob Esponja e Patrulla Canina para os máis peques da casa. Pero tamén retomamos a andaina final inclusiva apta para todas as personas que nos queirades acompañar nesa mañán de domingo.

Xa podes facer a túa inscripción 

 Ás 10:30 horas
​Avda. de Montero Ríos en Pontevedra
20 aniversario do prestige

“20 anos de dignidade” 

13

Domingo/Novembro

Con motivo do 20 aniversario do afundimento do Prestige fronte ás costas galegas causando un dos maiores desastres ambientais para o litoral atlántico,presentarase o documental ’20 anos de dignidade’, que promove a plataforma Nunca Máis.

Será proxectada e estreada no Pazo da Cultura, ás 12 horas, o vindeiro 13 de novembro. A entrada será aberta ao público.

 Ás 12:00 horas
​Pazo da cultura de Pontevedra
exposición

“Barcos de pedra avións de madeira” 

13

Domingo/Novembro

Carmen Hermo

Barcos de pedra e avións de madeira” e a proposta da exposición de Carmen Hermo que poderemos visitar a partires deste domingo a hora do vermú no espazo Nemonón en Villa Pilar. Inauguración ás 13:00 horas

 Do 13 de Novembro ao 9 de Decembro
​Espacio Nemonón Pontevedra
Sombras atlánticas

“Sombras atlánticas” 

4

Venres/Novembro

Sombras atlánticas é a nova exposición de Anxo Cabada.

Un diálogo coas persoas creadoras da beleza do país: ese é o desafío que presenta ‘Sombras atlánticas. Retratos da arte galega’, unha exposición na que o fotógrafo Anxo Cabada Alvarez se centra nalgúns dos rostros da pintura e a escultura que marcaron o devir da arte en Galicia nos últimos 50 anos. A mostra poderá visitarse ata o 15 de xaneiro no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Ata o 15 de xaneiro
Museo de Pontevedra
camiño

“O museo en camiño” 

27

Xoves/Outubro

A partir deste xoves o proxecto do #museoencamiño converterase nunha mostra didáctica onde se verá plasmada a importancia patrimonial e artística do Camiño de Santiago.
Esta mostra contén contidos referentes a Ruta Xacobea ademais da visión dos participantes nos obradoiros familiares.
Desta maneira móstranse as posibilidades dun modo de traballo no que a expresión plástica é o medio de transmisión do coñecemento.
A inauguración terá lugar o 27 de outubro no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra e poderá visitarse ata o 27 de novembro.
 Do 27 de outubro ao 27 de novembro
Edificio Castelao do museo de Pontevedra
Bienal Cerveira

“We Must Take Action” 

22

Xoves/Setembro

A XXII Bienal Internacional de Arte de Cerveira inaugura este xoves a súa exposición en Monção e Pontevedra.
Ás 19h o Museo de Pontevedra acolle unha selección de 15 artistas convidados realizada pola directora artística da XXII Bienal Internacional de Arte de Cerveira, Helena Mendes Pereira
Os artistas Antón Sobral, Cristian Baes e Sobral Centeno son os convidados en Monção e Ana Maria Pintora, Ana Monteiro, Ana Vidigal, Elsa César, Henrique do Vale, Jayme Reis, Juan Domingues, Mafalda Santos, Maria Cunha, Mariana Mizarela, Pedro Figueiredo, Serafim Sousa, Sobral Centeno, Zélia Mendonça, Zulmiro de Carvalho os convidados en Pontevedra.
 Entrada libre ata completa o aforo.
Ata o 20 de Novembro 2022
Claustro do Edificio Sarmiento, Museo de Pontevedra
Pop art

“This is Pop!”

22

Xoves/Setembro

Afundación expón no Café Moderno de Pontevedra This is pop. Dás latas de Andy Warhol ás túas, unha recompilación de 63 producións de preto dunha trintena de artistas que abordan a arte pop desde as súas orixes nos anos cincuenta ata os nosos días. Deste xeito, nomes como os de Andy Warhol, Roy Lichtenstein, Robert Rauschenberg, ou Eduardo Paolozzi únense aos de Richard Hamilton, Peter Blake, Yayoi Kusama, Eduardo Arroyo, Rafael Canogar ou Damien Hirst, entre outros.

Ademais ten o seu punto solidario, ao convidarte a participar de #CulturaporAlimentos: traes produtos non perecedoiros e axudas os bancos de alimentos locais! As túas latas tamén contan!

Ata o 14 de Xaneiro 2023
Café Moderno. Pontevedra

Xa podes anotarte

Joglars

Que salga Aristófanes ! 

16

Mércores/Novembro

Auditorio Sede Afundación Pontevedra 

 Que salga Aristófanes ! – JOGLARS

Cunha dramaturxia contemporánea, combinando a música, a danza, a literatura e o visual poñemos o foco na infantilización do mundo adulto que conleva vivir nunha ilusión, nun Mundo Disney, onde a arte debe ser correcto, fácil e que non faga dano. Arte vaselina. Sobre a idea de que a arte debe ser alleo á moral construímos un espectáculo onde os Aristófanes, os Chaplins ou os Molières encarnan a risa do disidente ante unha sociedade basada na relixión dos sentimentos. Desde o humor e a sátira mostramos a perversidade buenista que sinala, delata e lincha aos discrepantes nas novas fogueiras de Twitter, Facebook e demais redes. Non estamos nun xogo de bos e malos, nin en determinar a moral para seguir, tratamos de iluminar a falsidade de maneira tan evidente que o propio espectador descubra outra realidade insospeitada. Un catedrático de clásicas destituído da universidade é internado nun Centro de Reeducación Psicocultural debido ás secuelas mentais producidas polo cesamento. O seu coñecemento e admiración polo mundo clásico, faille asumir por momentos o personaxe de Aristófanes. Así, entre a realidade e a ficción, imaxina ao dramaturgo grego como modelo de liberdade fronte a unha sociedade cada vez máis repleta de tabús intocables.

Mercar entradas

Ás 20:30 horas
Auditorio Sede Afundación Pontevedra 
andaina e recollida setas

“Xornada micolóxica” 

20

Domingo/Novembro

Santa María de Xeve

Xornadas micolóxicas en Santa María de Xeve

10:00 horas: Andaina para identificación e recollida con Pepe Álvarez .

14:00: Exposición de cogumelos no museo do centro cultural.

14:30 Xantar no centro cultural, callos (pan, empanada,viño, postre, café e licores)

Soci@s: 12 E, Non soci@s: 15 E, Rapaces menores de 12 anos 5 Euros

Anotarse:

Conchi 649 177 409, Lidia 617 065 351, Pìli 615 605 031

Ás 10:00 horas
Santa María de Xeve Pontevedra
conservación

“XI Encontro de conservación e restauración” 

24,25

Xoves,venres/Novembro

Nas salas de reserva dos museos é onde comeza a conservación, e están en proceso de redefinición: novos deseños, centros que dan servizos a varias institucións, almacéns visitables… De todo isto falarase no Museo o 24 e 25 de novembro no XI Encontro de Conservación e Restauración, con representantes do Museo Reina Sofía, MARQ. Museo Arqueológico de Alicante, Gordailua, Museo de Málaga, Rijksdienst voor het Cultureel Erfgoed (Países Baixos), Centre de conservation et d’étude de Lorraine (Francia), MUHBA Museu d’història de Barcelona, Albayalde conservatio, EUN Group e Centre de Restauració de Béns Mobles de Catalunya CRBMC. Un encontro organizado polo Museo de Pontevedra e a Escola Superior de Conservación e Restauración de BBCC de Galicia.

Inscricións gratuítas abertas en https://encontrorestauracion.depo.gal.

​Edificio Castelao do Museo Pontevedra
culturgal danza

“Cultugal Danza” 

25

Venres/Novembro

Noite de danza no culturgal. Credo de Nova Galicia Danza + A raiz de con Daniel Rodríguez.

Faino o venres 25 de novembro ás 21h cun espectáculo dobre que pon ao límite a linguaxe corporal 
Nova Galega de Danza, compañía de referencia na danza galega do século vinte e un, trae á Feira “Credo”, peza na que bota man da poesía de Celso Emilio Ferreiro para acompañar o camiño vital do ser humano.
Ademais, o porriñés Daniel Rodríguez presenta na Culturgal “A raiz”, proxecto premiado en SóLODOS En Danza Ourense 2022.
Xa podes mercar as entradas en cultur.gal Teñen un prezo final de 8 euros, que inclúen visita á Feira. Duración espectáculo: 45 minutos

A 15ª Culturgal celébrase en Pontevedra do 24 ao 27 de novembro.

​Ás 21:00 horas
Pazo da cultura Pontevedra
culturgal

“Cultugal Son” 

26

Sábado/Novembro

A noite do sábado 26 de novembro, Culturgal vai de festival. Catro propostas rebordantes de enerxía e talento, ao vivo no escenario do Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra para celebrar os 15 anos da Culturgal. Antía Muíño, Néboa, Berto e Grande Amore toman a Feira como un furacán pechando un ano que, sen dúbida, é o seu ano. Electrónica, pop e tradición; a diversidade da música galega de hoxe nunha sesión única e singular. As entradas para #CulturgalSon15 sairán á venda o vindeiro 27 de outubro en cultur.gal a un prezo de 8 euros que inclúe, ademais do concerto, o acceso á Feira. A 15ª Culturgal celébrase en Pontevedra do 24 ao 27 de novembro.

​Ás 20:00 horas
Pazo da cultura Pontevedra
obradoiro de coiro

“Caligrafía artística” 

26

Sábado/Novembro

Curso taller de caligrafía artística impartido por Nelson Gómez Callejas.

Non se require experiencia previa

Materiais incluidos

Máis información granerodelmas@gmail.com

teléfono 619432721

De 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00
Granero Delmás Pontevedra
Reconexión

“Reconexión” 

26

Sábado/Novembro

Curso taller Movemento creativo. Xogar para activar o potencial, liberarte e provocar un estado de benestar interno.

www.baiafernandez.es 

Inscribirse Prezo 40 euros

Máis información info@baiafernandez.es

teléfono 674 447 564

De 10:00 a 14:00 horas
Lérez Pontevedra

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Do 31 de outubro ao 6 de Novembro 2022

Do 31 de outubro ao 6 de Novembro 2022

celme

“Festival Folclórico” 

31

Luns/Outubro

 Festival folclórico

O luns 31 de outubro no teatro principal Festival folclórico da Agrupación folclórica Celme de Pontevedra e o grupo de Danzas de San Pedro de Gaíllos de Segovia

 Ás 20:15horas
Teatro principal. Pontevedra
outubrofest

“Outubrofest” 

31-1

Luns,Martes/Outubro-Novembro

Entre o venres 28 de outubro e o martes 1 de novembro, volverá á praza de España de Pontevedra o Outubrofest 2022. Despois do parón motivado pola pandemia da covid-19, esta nova edición regresa ao seu último escenario -nas primeiras edicións, fora na praza do Teucro- e ofrecerá o habitual menú a base de salchichas, codillo e cervexa. Este ano, ademais, traerá como novidade a opción de salchichas veganas e sen glute.

A programación comezará o 28 de outubro ás 12.00 horas do mediodía. Cada día, o horario será o mesmo, ininterrompido de 12:00 a 00:00 horas. 

De 12:00 a 00:00 Horas
Praza de España de Pontevedra
un ollo de vidro

“Un ollo de vidro” 

2

Mércores/Novembro

 O Museo de Pontevedra vai celebrar o Día de Defuntos de maneira especial, coa presenza de Quico Cadaval e Celso Fernández Sanmartín lendo de maneira libre ‘Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete’, obra de Castelao.

Será o vindeiro mércores 2 de novembro no Edificio Castelo, con entrada de balde ata completar aforo.

‘Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete’ é un texto publicado na colección Céltiga de novelas breves en 1922, hai por tanto xusto cen anos, na que un esqueleto exerce de narrador de historias breves xunto aos seus compañeiros de cemiterio.

Entrada de balde ata completar capacidade

 Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do museo de Pontevedra
obradoiro

“O poder transformador da pintura mural” 

2

Mércores/Novembro

Queremos convidarvos a asistir á master class ‘O poder transformador da pintura mural’, que será impartida polo artista nicaraguano Manuel Alaníz este mércores 2 de novembro ás 19 horas na Facultade de Belas Artes (Pontevedra). O conferenciante, que será presentado polo ilustrador Kiko da Silva, compartirá o seu traballo na Fundación de Apoyo al Arte Creador Infantil (Funarte), así como a súa experiencia como educador artístico en distintos países. As persoas asistentes levarán un ecoagasallo do proxecto #PeopleAndPlanet e tamén ofreceremos tradución simultánea ao inglés.

 Ás 19:00 horas
Facultade de Belas Artes de Pontevedra
verano en A Toxa

“Verano en A Toxa” 

2

Mércores/Novembro

Presentación do libro “Verano en A Toxa” do patito editorial, de Mercedes Corbillón e a ilustradora Maru Godás.

Susana Pedreira entrevista a Mercedes Corbillón con motivo da publicación do libro Verano en A Toxa (Patito Editorial). A libreira e cofundadora de Cronopios Libros pon texto a este álbum ilustrado por Maru Godás dentro da colección Illadas, unha visión moi particular do patrimonio insular galego a través da ollada de dúas artistas.

O acto estará aberto ao público ata completar aforo e poderase participar con preguntas e comentarios despois da entrevista.

Ás 19:30 horas.
Librería Cronopios, Pontevedra
Brumario

“Brumario poético” 

2

Mércores/Novembro

Fundación Cuña-Casasbellas

Homenaxe a “Jorge J. Candán e Pilar Barros: 25 anos de cinema, fotografía, ciencia, defensa do medio ambiente mariño e a natureza”. Recital videográfico de Producións J.J. Candan, en torno ao mundo acuático e a danza das criaturas do océano.

A entrada a todos os actos é libre e gratuíta, ata completar aforo.

Ás 20:15 horas.
Teatro principal de Pontevedra
namórate de ti

“Namórate de tí” 

2,3

Mércores,Xoves/Novembro

Igualdade Pontevedra

Obradoiro de autoestima e empoderamento a través da fotografía

Aberto o prazo de inscrición para este interesante obradoiro gratuíto con Tegra Gomez Pino e Patricia Maquieira Franco

 De 10:00 a 13:00 horas
Pontevedra
o tradutor de sombras

“O tradutor de sombras” 

3

Xoves/Novembro

A escritora Moncha Fuentes presenta o seu novo libro ‘O tradutor de sombras‘ acompañada do xornalista cultural Ramón Rozas e de Sara Vila (responsabel de comunicación de Xerais).
‘O tradutor de sombras’ editada por Xerais é unha novela hipnótica que comeza en Ourense e remata en Vigo pouco antes do inicio da pandemia

Entrada de balde ata completar capacidade

Ás 19:30 horas.
Libraría Paz, Pontevedra
As cigarreiras

“Cigarreiras” 

3

Xoves/Novembro

Teatro principal

Ponteatro “Cigarreiras” de Contraproduccións​

Baseado na Tribuna de Emilia Pardo Bazán. Unha proposta dramatúrgica que, con sete actrices en escena, combina o ton dun drama individual e colectivo como A Tribuna, con outros máis frescos e lixeiros, mesmo cómicos por momentos, tan característicos da narrativa de Emilia Pardo Bazán. Bebendo aínda significativamente da citada novela, o texto constitúe un produto literario-dramático derivado pero independente. Un texto que aborda algúns personaxes (o de Pardo Bazán e o das cigarreiras), algunhas situacións e algunhas referencias históricas de marcado interese cultural. Figuras, situacións e referencias que dan lugar a temas que hoxe están totalmente vivos: a memoria colectiva, a perspectiva de xénero, a dialéctica dos modelos sociais e políticos… Temas que, xunto aos argumentos vivos e brillantes que achega a escritora e a súa novela, poden espertar o interese da sociedade actual, representada no teatro polo público. Reparto: Tamara Canosa, Susana Dans, Merce Castro, Isabel Naveira, Covadonga Berdiñas, Ana Santos e Ledicia Sola

mercar entradas 

 Ás 21:00 horas
Teatro principal. Pontevedra

Lawn dogs” 

4

Venres/Novembro

Lawn Dogs(1997), de John Duigan

A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de Lawn Dogs (1997), de John Duigan, nunha nova sesión do ciclo de cinema …Ten un tesouro. Promovido pola Vicerreitoría do campus e a Concellería de Promoción Económica e Universidades, o ciclo busca afondar en como se reflectiron as relacións da amizade ao longo da historia do cinema.

Ás 19:00 horas.
Vicerreitoria  Casa das Campás Pontevedra
A serpe branca

“La serpiente blanca” 

4

Venres/Novembro

Fundación Cuña-Casasbellas

O grupo teatral “Degaro”, baixo a dirección de Ana Corzo, poñerá en escena o retablo poético “La Serpiente Blanca” de Miguel Ángel Cuña, en torno ao drama da inmigración.

A entrada a todos os actos é libre e gratuíta, ata completar aforo.

Ás 20:15 horas.
Teatro principal de Pontevedra
Sombras atlánticas

“Sombras atlánticas” 

4

Venres/Novembro

Sombras atlánticas é a nova exposición de Anxo Cabada.

Un diálogo coas persoas creadoras da beleza do país: ese é o desafío que presenta ‘Sombras atlánticas. Retratos da arte galega’, unha exposición na que o fotógrafo Anxo Cabada Alvarez se centra nalgúns dos rostros da pintura e a escultura que marcaron o devir da arte en Galicia nos últimos 50 anos. A mostra inaugurarase o próximo venres 4 de novembro ás 19.00 h, e poderá visitarse ata o 15 de xaneiro no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Ata o 15 de xaneiro
Museo de Pontevedra
María Casares

“María Casares fronte ao espello” 

4

Venres/Novembro

O Ateneo de Pontevedra organiza a conferencia María Casares fronte ao espello, impartida pola doutora en Artes Escénicas e actriz Sabela Hermida, autora do libro María Casares fronte ao espello), Inma López Silva (doutora en Filoloxía, escritora, crítica teatral, docente na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia) e Vitoria Ogando (profesora xubilada de Lingua e Literatura Galega, escritora),
Sinopse

A entrada é libre ata completar capacidade.

Ás 20:00 horas
Espacio Nemonón de Pontevedra
En tierra extraña

“En tierra extraña” 

4

Venres/Novembro

Sede Afundación Pontevedra

En tierra extraña de Juan Carlos Rubio

Juan Carlos Rubio penétranos nunha viaxe musical cunha mirada a tres artistas imprescindibles da nosa historia”. Concha Piquer desexa desde hai tempo coñecer a Federico García Lorca, o poeta máis solicitado do momento para pedir que lle escriba unha canción. A través da invitación do seu amigo, Rafael de León, Federico acéptaa pola gran admiración que sente pola voz da mellor cantante de España. A verdadeira razón dese encontro, é avisar a Federico de que a situación do país é irreversible e que o seu nome figura en varias listas negras. A “xente como el” debería fuxir ao estranxeiro canto antes, pola súa propia seguridade. Con todo, Federico pensa todo o contrario, asegurando que os ánimos se acougarán.

Mercar entradas 

 Ás 20:30 horas
Auditorio Sede Afundación  Pontevedra
Las vitalidades

“Las vitalidades” 

5

Sábado/Novembro

O ciclo Vermú entre libros recibe a visita da poeta e novelista Ángela Segovia que conversará coa escritora Rexina Vega do seu novo libro ‘Las vitalidades‘, a súa primeira novela editada por La Uña rota

Entrada de balde ata completar capacidade

Ás 12:30 horas.
Libraría Paz, Pontevedra
Manel

“Manel” 

5

Sábado/Novembro

Pazo da Cultura Pontevedra

Manel, a revolución do pop catalá, volve a Galicia para celebrar o seu fin de xira. Tras alcanzar o número 1 da Lista Oficial de Ventas (física e streaming) con “Per la bona gent” (Ceràmiques Guzmán, 2019) e convertirse no único artista en logralo en catro ocasións consecutivas con discos cantados en catalán, MANEL iniciaron unha xira que quedaría fatalmente interrumpida pola pandemia. Lonxe de acomodarse, a banda regresou aos escenarios a mediados de 2020 co mellor show da súa carreira e aproveito para rematar tres cancións inéditas  

Mercar entradas 

 Ás 20:30 horas
Pazo da Cultura  Pontevedra
andaina

“Ponteandadas” 

6

Domingo/Novembro

O CONCELO DE PONTEVEDRA organiza a última ruta PONTEANDADAS deste ano 2022  RUTA SOLIDARIA PARA O BANCO DE ALIMENTOS 

 Saida as 10,00 h – Ponte do Burgo 

Ruta circular de 13km,

Dificultade media/baixa (a ruta discurrirá por parte do camino espiritual e Campaño)
 pago de 2€ Seg. accidentes tanto por Bizum como na conta de naturgaliza club ES82 2080 3116 0330 4000 8694)  Inscripcions:(nome apellidos-dni-fecha nacemeto e teléfono) 

Inscripcions en: ponteandadas@gmail.com   625482636  Presencialmente na tenda de senderismo colaboradora Naturcamiña fronte da igresia da Peregrina en Pontevedra
ROGASE LEVAR UN PRUDUCTO NON PERECEIRO PARA ENTREGA A O BANCO DE ALIMENTOS

 Ás 10:00 horas
Ponte do Burgo, Pontevedra
primun

“Primum movens” 

21

Luns/Outubro

A Fundación RAC (Rosón Arte Contemporáneo) acolle a exposición Primum Movens, do artista Marco Moreira. Comisariada pola investigadora do grupo dx5 Anne Heyvaert, esta exposición é froito dunha colaboración entre a Fundación RAC e a Facultade de Belas Artes dirixida a presentar os resultados artísticos dos proxectos desenvolvidos no doutoramento en Creación e Investigación en Arte Contemporánea. 

A mostra reúne unha selección de obras realizadas durante a elaboración da tese de doutoramento de Moreira, titulada Máquinas de dibujar: el interactivo y la interactividad, dirixida por Heyvaert, e pode visitarse ata o 4 de novembro, de mércores a venres, en horario de 19.00 a 21.00 horas.

Entrada libre

Ata o 4 de Novembro
Fundación RAC, Pontevedra
Interacción e forma

“Interacción e forma” 

21

Luns/Outubro

Palacete das Mendoza

“Interaccion e Forma” é o título dunha mostra dos artistas Fran Lareo e Ambel, que se encontra na sala de exposicións do Palacete dás Mendoza.

Fran Lareo, é escultor deseñador do pequeno formato. Desenvolve o seu traballo artístico en Brión (A Coruña) desde o ano 1999. A súa obra foi exposta en varios países europeos, en mostras individuais e colectivas.

Rafael Jiménez Ambel naceu en Huéscar, provincia de Granada, en 1958. Aos 10 anos foi vivir a Valencia. Na actualidade reside en Vigo, onde exerce como profesor, pintor e escultor.

Entrada libre

Ata o 6 de Novembro
Palacete das Mendoza Pontevedra