Actividades do 6 ao 12 de Novembro 2023 por Ana Santos
“Misha Dacic”
6
Luns/Novembro
Despois do seu debut en Estados Unidos na Discovery Series do Miami International Piano Festival en 2003, Misha Dacic converteuse rapidamente nun solista moi solicitado que capturou audiencias en todo Estados Unidos, actuando nalgúns dos festivais máis destacados como o Ravinia’s Rising Stars Series en Chicago, Gilmore Keyboard Festival, Xavier Piano Series en Cincinnati, Frederic Chopin Society’s Series en Minneapolis, ou no Steinway Hall de Nova York, entre moitos outros.
Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Deserto verde”
7
Martes/Novembro
DESERTO VERDE de Isaac Cordal
Director: Lois Cid
Duración: 10 minutos y 15 segundos.
Idioma: gallego subtitulado al inglés.
Año: 2023
Sinopse: Documental no que o artista Isaac Cordal aborda, desde a súa obra escultórica de pequeno formato, o concepto de deserto verde e do greenwashing coa colocación de varias pezas na Illa das Esculturas e nas rúas de Pontevedra, nun proxecto coordinado por Cuco e Reclamo Estudo co patrocinio do concello de Pontevedra
Ás 11:00 horas
Facultade de Belas Artes, Pontevedra
“Ricardo Alcaide”
7
Martes/Novembro
Fundación Cuña Casasbellas
A Fundación Cuña-Casasbellas. Fabulario Novo-Hipofanias ten a honra de convidarlle este martes, 7 de novembro, ás 20:00h, na Sala VerSus (c/ Gerardo Álvarez Limeses, nº 12) á inauguración da Exposición fotográfica “Siluetas”, do artista Ricardo Alcalde Corral. A Exposición permanecerá aberta diariamente ao público, de luns a venres, ata o 15 de decembro.
Ata o 15 de Decembro 2023
Sala VerSus rúa Gerardo Álvarez Limeses, nº 12 – Pontevedra
“Caro diario”
7
Martes/Novembro
CARO DIARIO
Nanni Moretti, 1993, 100 min., VOSE. Lingua orixinal: italiano
Nanni Moretti filma tres episodios do seu diario. Na miña Vespa é unha aproximación á vida cotiá de Roma durante o mes de agosto. En Illas visita a Gerardo, un amigo que leva once anos vivindo en Lipari, con quen percorre outras illas como Salina, Stromboli, Panarea e Alicudi. En Médicos, o director filma a súa propia quimioterapia e o seu percorrido por hospitais e especialistas incapaces de diagnosticarlle a causa duns insoportables proídos.
Cannes 1994: Mellor Director
Premios do Cinema Europeo 1994: FIPRESCI
David di Donatello 1994: Mellor Filme, Mellor Música
Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Becoming Cuco”
8
Mércores/Novembro
Becoming CUCO de Julia Casal
Proxección do documental “Becoming CUCO”, sobre a relación arte-intelixencia artificial e posterior debate coa presenza do artista, Cuco, e a directora do documental, Julia Casal.
Esta actividade promóvese dentro da materia de Proxectos de Debuxo e Pintura e está aberta a todo o alumnado.
Coordina: Lucía Romaní
Ás 11:00 horas
Espazo 31 da Facultade de Belas Artes, Pontevedra
“Sica Romero”
8
Mércores/Novembro
Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
“A illa de Tambo”
8
Mércores/Novembro
Ás 19:30 horas
Sala de conferencias da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra
“Ana Blandiana”
8
Mércores/Novembro
Fundación Cuña Casasbellas
Homenaxe lectura á poeta Ana Blandiana.
Ana Blandiana é unha poeta, ensaísta e figura política romanesa. Blandiana é unha das figuras literarias de Rumania, crítica do aparello político e de censura comunista de Nicolae Ceaușescu
Ás 20:15 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Carlos Catena”
9
Xoves/Novembro
‘Tan tonta‘ é o novo libro de Carlos Catena Cózar, unha novela editada por La Caja Books na que nos conta o que lle acontece a unha ”au pair” española que traballa e vive na casa dunha familia irlandesa. Estará acompañado de Cynthia Menéndez
Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
“Marcho que teño que marchar”
9
Xoves/Novembro
Marcho que teño que marchar
A actriz, narradora e presentadora pontevedresa Bea Campos presenta o seu espectáculo como “unha divertida sesión de contos”, pero tamén como “un espazo para a reflexión sobre os roles e a desigualdade de xénero”, a través de “historias protagonizadas por mulleres que eran feministas sen sabelo”.
Xoves 9 de novembro | 20.30 horas | Casa das Campás
Ás 20:30 horas
Casa das campás, Pontevedra
“O Deus do Pop”
9
Xoves/Novembro
Teatro principal
Ponteatro “O Deus do Pop” de Diego Anido
Tras 25 anos de creación contemporánea Diego Anido presenta unha autobiografía de carácter fantástico a medio camiño entre a súa vida na Galicia dos 80 e a dunha estrela do pop americana. Desde a tenrura e o humor absurdo reflexiona sobre como cada persoa creamos un relato para conformar a nosa identidade coas nosas vivencias pasadas e desexos futuros.
Ás 21:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Encontros de arqueoloxía”
9
Xoves/Novembro
Museo de Pontevedra
De 16:30 a 20:00 horas
Museo de Pontevedra
“Lady in the water”
10
Venres/Novembro
A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de Lady in the Water(2006), de M. Night Shyamalan, nunha nova sesión do ciclo de cinema Limítrofes. Integrado por doce proxeccións entre os meses de setembro e xaneiro, o ciclo afonda en como a historia do cinema abordou a aparición de elementos dificilmente explicables en realidades aparentemente cotiás.
Entrada de balde
Ás 19:00 horas
Casa das campás, Pontevedra
“8 señales”
10
Venres/Novembro
Presentación do libro 8 señales de Noelia Míguez Vázquez e Patricia Calveiro.
—112 Galicia, ¿en qué le puedo ayudar?
—Hola, me llamo Noelia Míguez Vázquez. Mi novio acaba de acuchillarme. Me estoy muriendo, me sangra mucho el cuello…
Ás 20:00 horas
“O sanatorio” rúa Andrés Muruais, Pontevedra
“Cando saín de Cuba”
11
Sábado/Novembro
Espectáculo de Sete espadelas que recrea a chegada dos galegos a Cuba e a volta da emigración.
Entrada de balde
Ás 20:30 horas
Teatro Principal, Pontevedra
“Etiqueta negra”
11,12,13
Sábado, Domingo, Luns/Novembro
Coa intención de poñer en valor e consolidar a imaxe do sector da alimentación gourmet, o Concello de Pontevedra organiza unha feira profesional que abre tamén as súas portas a un público cada vez máis especializado e esixente, que se informa para coñecer o que está a consumir, que lle gusta probar sabores e experimentar texturas novas.
Sábado e Domingo de 11.00 a 21.00 Luns de 11.00 a 20.00 h
Recinto Feiral, Pontevedra
“Ponteandada do magosto”
12
Domingo/Novembro
Saída ás 10:00 horas
Pavillón dos deportes de Pontevedra
“X Milla solidaria Anedia”
12
Domingo/Novembro
Todo preparado para a X Milla Anedia!
A partir das 10:30 horas
Pistas do CGTD de Pontevedra
“Reclamo estudio”
12
Domingo/Novembro
Convidámosvos o vindeiro domingo 12 de novembro á inauguración oficial do estudo! Queremos celebrar a apertura con nova programación e proxectos que ven a luz, como o documental de @isaaccordal “Deserto Verde” ou a exposición do noso artista local favorito @___tebo___
11:30 h Abrimos portas!
12:00 h Proxección do documental Deserto Verde.
12:30 h Inauguramos exposición con TEBO
Vémonos pronto en Reclamo Estudo!
A partir das 11:30 horas
Rúa Marqués Riestra 19, Pontevedra
“Cultura contra a barbarie”
12
Domingo/Novembro
CULTURA A CONTRA BARBARIE, Gala Solidaria con Palestina
Ás 20:00 horas
Pazo da cultura, Pontevedra
“Miss Peregrin@s”
3
Venres/Novembro
Granero Delmás
Exposición de Pablo Vázquez García “Miss Peregrin@s 2023″. Está comisariada por Antón Sobral e Pilar Delmás, no Granero Delmás nas galerias Oliva.
Máis información no teléfono 619 432 721
Ata o 3 de Decembro 2023
Granero Delmás Pontevedra
“Reliquias”
3
Venres/Novembro
Facultade de Belas Artes
O espazo O Abrigo, antiga cafetaría da Facultade de Belas Artes, acolle entre o 3 e o 16 de novembro a exposición Reliquias, que reúne as obras dos alumnos de doutoramento Julio Catalán e Álex Fuertes. Comisariada polo tamén alumno do Doutoramento en Creación e Investigación en Arte Contemporánea José Eiras, a mostra xira en torno ao uso de obxectos de refugallo como materia artística.
Ata o 16 de Novembro 2023
Espazo O Abrigo Facultade de Belas Artes Pontevedra
“Sempre máis”
6
Venres/Outubro
Exposición no Pazo da Cultura “Sempre Máis” Arte, ecoloxía e protesta na Galiza do Prestige
Unha mostra da asociación Unha gran Burla negra.
Do 06 de outubro ao 13 de Novembro
Pazo da Cultura Pontevedra
“Os Sobrantes”
27
Mércores/Setembro
A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a inauguración da exposición Os Sobrantes, da artista multidisciplinar e doutora en Belas Artes pola Universidade de Vigo Rosalía Batet. Comisariada pola escritora e crítica de arte María Marco, Os Sobrantes é un proxecto conformado por tres instalacións pictóricas de grandes dimensións, que Batet articula a través de materiais sobrantes de proxectos anteriores e nas que afonda na vulnerabilidade e diferencias entre os corpos.
Inauguración ás 20:00 horas
Ata o 15 de novembro 2023
Sala Manuel Moldes Belas Artes, Pontevedra
“Picasso protagonista”
27
Mércores/Setembro
Convidámoste o mércores 27 de setembro, ás 19.00 h, no Café Moderno Afundación de Pontevedra á visita guiada inaugural a cargo do comisario Asier Mensuro.
Neste 2023 cúmprense 50 anos do falecemento de Picasso, e con este proxecto propio analizamos a pegada do grande artista a través de 40 importantes autorías de banda deseñada españolas e galegas que despregan a súa creatividade en máis de 170 pezas, en diferentes soportes e técnicas, e moitas delas concibidas ad hoc para o proxecto.
Ao abeiro de CULTURA POR ALIMENTOS, o programa solidario con FESBAL, animámoste a colaborares cunha doazón para o Banco de Alimentos local.
Do 27 de setembro ao 4 de xaneiro 2024.
Café Moderno, Pontevedra
“Maleza”
22
Venres/Setembro
Ata o 14 de novembro 2023
Fundación RAC, Pontevedra
Xa podes anotarte
“A nai”
16
Xoves/Novembro
Teatro principal
Ponteatro “A Nai” de Amoroido Teatro
Anos 40. Tres irmás. Unha ruta de escape. Unha historia que merece ser contada.
A Nai é un espectáculo teatral multidisciplinar, que emprega ferramentas do teatro documento e da autoficción, sen perder nunca o sentido do humor. O espectáculo explora, a través das figuras das irmás Lola, Julia e Amparo Touza, e as súas fazañas como salvadoras dunha cantidade estimada de 500 persoas durante o Holocausto, a posibilidade de sermos mellores persoas en tempos de degradación moral.
Ás 21:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Un oscar para Óscar”
22
Mércores/Novembro
UN OSCAR PARA ÓSCAR de Mario Hernández
DIRECCIÓN: Mario Hernández
ELENCO: Jon Plazaola, Agustín Jiménez, Rebeca Sala, Mara Guil
PRODUCIÓN: Txalo Producciones e La Mandanga
Estamos na cidade de Los Ángeles o día que se celebra a cerimonia dos Oscar; concretamente, nun modesto motel nos arredores. Alí están Óscar Manzano, nomeado aos premios pola curtametraxe que dirixe, canda o ministro de Cultura Guillermo Barrientos e a ministra de Facenda Irene Navarro. Entre continuas liortas dos dous políticos, e a poucas horas de empezar a cerimonia, aparece Pauline, unha «escort girl» contratada ás agachadas para que finxa ser a noiva de Óscar durante a gala…
Ás 20:30 horas
Auditorio da Sede Afundación, Pontevedra
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥