O “meu Castelao” por Anxo González Guerra

O “meu Castelao” por Anxo González Guerra

Cheguei a Pontevedra en 1979 para dar clases de Galego no Sánchez Cantón, non coñecía nada da cidade, antes de ir ao instituto entrei a tomar café nun bar e o camareiro díxome orgulloso “aquí tomaba café Castelao”. E traballei no Sánchez Cantón que conserva no arquivo moitos documentos do Castelao profesor de debuxo. Así que non quería eu que rematase o ano Castelao sen facerlle unha homenaxe a quen tanto me axudou nas tarefas docentes, polo que lle agradezo esta tribuna ás coordinadoras de De vella a bella.

Alá nos anos oitenta estabamos en Santiago un grupo de profesores facendo unha programación para a materia de galego e discutiamos sobre que lecturas poñer de Castelao cando un dos asistentes, máis vello que a maioría de nós e respectado galeguista, nos soltou “tanto Castelao, tanto Castelao, xa estou farto de tanto Castelao”. Todos calamos coma petos pola sorpresa, mais pasados uns segundos axiña seguimos a programar textos de Castelao, tiñámolo moi claro e eu sígoo tendo 40 anos despois.

No pasado verán entramos nun comercio pontevedrés e a dependenta presentouse a Vitoria Ogando como alumna súa no Valle Inclán e remarcoulle unha cousa, que non esquecía a lectura das Cousas de Castelao. Tamén nos contaba non hai moito o xornalista Rodrigo Cota que el foi criado en México e cando o trouxeron para Galiza comprendeu todo o mundo galego porque alí xa lera as Cousas de Castelao.

Na miña práctica docente Castelao sempre estivo moi presente, mais tiña que ser un Castelao acompañado. Se eu lles pedía que lesen os seus libros eles sos, a colleita era escasa. Mais se liamos os textos na aula e eu lles ía explicando todo o que non entendían entón era un éxito, porque realmente o que lles custa é ver o que transcenden as palabras. E cando o entenden xa lles gusta o que di, pois toda a súa obra é humanismo, é sentimento, aspectos que sempre son aproveitables a calquera idade.

En 3º da ESO liamos as Cousas. Escribiu un meu profesor que as Cousas son un novo xénero, un invento de Castelao no que conxuga o texto coa ilustración. Liamos “O pai de Migueliño” e entendiamos o emigrante fracasado na mirada dun neno que busca un pai rico e triunfador e só atopa un vello pobre. Liamos “Chegou das Américas un home rico”, a cousa do negro Panchito, para entender que cada quen sente a súa terra aínda que non sexa a do documento de identidade, o rapaz naceu en Cuba mais como se criou aquí non atura aquelas calores da Habana e volve á aldea: “chegou pobre e endeble pero trouxo moita fartura no corazón”. A fartura no corazón, ninguén explicou mellor ese sentimento de noso. Nestes anos de cruzadas anti-inmigrantes, canto precisamos destas dúas “cousas” de Castelao! Liamos “Se eu fose autor” para entender os choros dos donos dunha vaca morta e das donas dunha cadela morta, que hoxe esta cousa precisa explicación para os novos, que non entenden a diferenza entre os risos do patio de butacas vendo a vaca morta e os do galiñeiro vendo a cadela morta. “Os rapaces da miña aldea corren sempre detrás dos automóbiles”, di noutra “cousa” e iso non o entenden os adolescentes de hoxe, algúns vellos case o lembramos, pero se llelo explicamos xa é outra “cousa”.

Cousas
os dous de sempre
Os vellos non deben de namorarse

En 4º da ESO tocáballe a Os dous de sempre, tamén lido completo na aula e do que o alumnado ía facendo un diario comentando a lectura. Algún ano ata creamos un grupo de Rañolistas e outro de Pedristas para debater se é mellor ser realistas ou idealistas, Sanchos ou Quixotes. Ao final do curso sempre votabamos se debía seguir o libro no ano seguinte e sempre gañaba por maioría absoluta. Collíanlle agarimo á tía Ádega, rían con Pedriño, sufrían con Rañolas e ata sentían a morte do pobre burro, aquel que tan ben profundaba ou filosofaba. Non hai moito que atopei un exalumno que lle puxera á súa tenda o nome da Tía Ádega en homenaxe a aquela velliña do libro.

Ademais das Cousas e Os dous de sempre tamén liamos algúns Retrincos nas miñas aulas.  Emocionabámonos con “O retrato” cando un pai mostra o retrato idealizado do seu fillo morto: “tiven moitos fillos, pero o máis bonito de todos foi o que me morreu. Velaí está o retrato que non minte”. Ou no “Inglés” co neno que xura matar aquel home que se burlara dos barcos españois… pero quedou durmido e o inglés “salvárase de milagre”.

Nestes relatos e novelas a técnica narrativa caracterízase pola síntese e a selección, sinxela en aparencia mais froito dun laborioso traballo de depuración e escolma.

documento Castelao 1
documento Castelao 2depositado un IES Sánchez Cantón
documento Castelao 3depositado no IES Sánchez Cantón
documento Castelao 4depositado no IES Sánchez Cantón
Documentos da vida de Castelao no IES Sánchez Cantón

En 2º de bacharelato liamos tamén completa na aula Os vellos non deben de namorarse, teatro lido, que agora tan pouco se practica. De novo había que explicar ben as actitudes dos personaxes, os prantos, porque pertencen a un mundo que o noso alumnado xa non coñece. Esta peza servíanos para mostrarlles como Castelao conseguiu mesturar perfectamente a tradición e a modernidade. Están na obra a presenza da vida de ultratumba, os casamentos amañados e a decadencia da fidalguía presentados cunha escenografía vangardista na que as cores, a música e o vestiario teñen un papel primordial.

Ningún outro autor galego tiña tres obras de lectura obrigatoria nos meus cursos. Tanto ao Castelao político como ao Castelao artista plástico lles podemos aplicar ese adxectivo tan bonito, “sobranceiro” (segundo o dicionario Estraviz: Que está por cima, que está superior a outro). Tamén na escrita, para min Castelao é o mellor prosista, por enriba dos outros, cunha obra única, orixinal e que segue chegando ás novas xeracións e aos lectores de calquera idade atrapados pola súa fórmula máxica: algo de humor, moito sentimento e un galego ben fermoso.

Mais Castelao non é só narrador e dramaturgo, os seus ensaios, dos primeiros en galego, destacan na literatura da primeira metade do século XX. O Diario que recolle as súas impresións na viaxe por Francia, Bélxica e Alemaña. Sempre me encantou a súa definición do dadaísmo: Xa sei o que é o dadaísmo. O dadaísmo non é nada; o dadaísmo é faguer nada con nada i é peor que nada porque é parvo e nun pobo onde haxa un pouco de hixiene espritual os dadaístas serán mallados a paus. Que esta anécdota non nos leve a pensar que Castelao estaba en contra da arte do seu tempo, non. Que aí tamén escribiu sobre o teatro experimental que viu en París e as posibilidades de aplicación en Galicia: por exemplo nun cadro pintado con moitas figuras (algo caricaturesco e de moita cor até recurrir a influencias cubistas e futuristas).

As cruces de pedra na Galiza e na Bretaña nos que se describe a historia, significado e tipoloxía dos cruceiros galegos e bretóns. Entón, enfiei os ollos e o pensamento cara un aspecto da arte popular aínda non encetado por ninguén: os cruceiros galegos. Descubrín nos cruceiros un aspecto da nosa arte popular aínda non estimado como cousa importante.

E por enriba de todos o Sempre en Galiza, o evanxeo ao que acudirmos os galeguistas unha e outra vez. Hai tantas ideas neste libro que moitos sabemos de memoria, “Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma”, frase que tería que estar gravada nas nosas cabeciñas. E ninguén o dixo mellor nin o dirá: “Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latín, irmán do castelán e pai do portugués. Idioma apto e axeitado para ser vehículo dunha cultura moderna e co que aínda podemos comunicarnos con máis de sesenta millóns de almas”. No pasado agosto de lumes asolagadores foron moitas as citas de Castelao que a xente ía poñendo nas redes.

as cruces de pedra
sempre en galiza

A única eiva é que non foi poeta, non podemos comparalo con Rosalía, non se opoñen, compleméntase, son os nosos alfa e omega. Eu penso que quen compuxo “Chamábanlle a marquesiña e os seus peíños endexamais se calzaron”, a cantiga no lance de Lela “Aquel amor que che tiña era unha fror e murchouse e agora Pimpineliña o meu amor acabouse”, se o tentase había dar un grande poeta, pero el considerou que ese traballo xa estaba feito por outros e dedicouse á narrativa, o ensaio e o teatro. Cando a Vitoria e a min nos deron o Premio Cidade de Pontevedra no agradecemento incluímos moitas palabras de “O meu Pontevedra” de Castelao, porque ninguén escribiu un texto tan poético sobre a Boa Vila: “Todo pode acabarse en min menos o amor que sinto por Pontevedra”.

Collendo o título da noveliña de Castelao o pontevedrés Germán Labrador montou a exposición “Ollos de vidro”. Alí nos di que Castelao, médico e artista, formaba parte dun ecosistema galeguista no que convivían ciencia, arte e política. Castelao, afirma Labrador, fixo desa tensión entre tradición e modernidade o centro da súa estética. A metáfora do ollo de vidro mestura elementos folclóricos e científicos, como o diálogo cos mortos e a aparición dos raios X.

Castelao pensou a súa escrita por e para Galiza, esa que retrata no seu Alba de gloria: “a Santa Compaña dos inmortaes … Esas ánimas sen nome son as que crearon o idioma, a cultura, as artes, os usos e costumes, o feito diferencial de Galiza”. Se hoxe somos unha nación con cultura de seu é en boa parte grazas a Castelao. Se non tiveramos a Castelao, nada sería igual e isto tíñano moi claro os galegos do seu tempo. Logo chegou a longa noite de pedra do seu esquecemento e por iso hoxe temos que volver reivindicalo. Seguimos precisando moito Castelao, moito Castelao.

(Texto baseado nunha palestra impartida no Ateneo de Marín en setembro de 2025)

Anxo González Guerra

Anxo González Guerra

Profesor de Galego

Son Anxo González Guerra. Crieme entre Trasar de Carballo e a Cervela, lugares da montaña luguesa. No Seminario tiven de profesor ao mestre das etimoloxías Nicandro Ares, no Instituto a Alonso Montero, no Colexio Universitario a Anxo Tarrío e na Facultade de Filoloxía a Carvalho Calero. Terán algo que ver en que sexa un dos integrantes da 1ª promoción de Galego-Portugués?

De xaneiro de 1980 a abril de 2015 fun profesor de Lingua Galega e Literatura no IES Sánchez Cantón onde tiven alumnos e alumnas marabillosos. Desde 2005 Vitoria Ogando e mais eu fomos poñendo materiais na Internet: ogalego.eu. E seguimos de xubilados.

Alá na miña terra da infancia aos xubilados dáselles por traballar unha ribeira ou un morteiro. A min dáseme por cousas de lingua e literatura, alí onde queiran escoitarme. A cabeza non para, non convén estar ocioso.

O vello cárcere de Lugo e a memoria

Felices Peregrinas

A Peneda Cabezuda Luguesa

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Reflexiones de noches calurosas por Manuel Marrón

Reflexiones de noches calurosas por Manuel Marrón

Si algo me está quedando claro en este invento del mundial de clubes es la reafirmación de lo que llevamos padeciendo los aficionados y el fútbol español, sobre todo respecto al arbitraje y su deriva en las últimas temporadas.

Máxime cuando incluso la tecnología ha venido a echar una mano a los trencillas, que, lejos de sentir el beneficio, no han dejado de caer en los mismos vicios que ya arrastraban desde hace años. Y para nada esta reflexión es un ataque al colectivo arbitral.

Su misión no es fácil: han de tomar decisiones en un lapso de tiempo super pequeño; están siendo observados por toda una multitud, que para nada es mínimamente objetiva; hay muchos intereses, de todo tipo, que harán que la decisión tomada sea analizada con lupa. Y todo el mundo está dispuesto a lanzar una cruzada en contra de su labor.

De acuerdo, no es una misión fácil, pero tampoco debería ser algo imposible de sacar adelante con una mínima garantía de éxito. Y es aquí cuando me atrevo a señalar las fuerzas externas que desean influir, sobre todo a favor propio y que para nada favorecen la labor arbitral.

Fútbol

Después de más de siglo y medio de que en Inglaterra se originara el fútbol moderno, tal como lo conocemos, se sentaran las primeras reglas y se juegue oficialmente, no mucho han cambiado dichas reglas, a diferencia de otros deportes que continuamente buscan dar más interés a su competición. Eso ni es malo ni es bueno, sencillamente habla a favor del buen funcionamiento que supone su aplicación.

Entonces, si eso es así, ¿por qué tiene tanto “peluseo” el fútbol? Seguramente no es más que un fiel reflejo de la actual sociedad que vivimos. Los protagonistas son tratados como ídolos, como estrellas a las que imitar. A diferencia de hace unas décadas, ahora son ricos, sobre todo la élite. Ahora son mucho más cultos, o cultivados; su aspecto es espejo tanto para la sociedad como para las marcas que hacen de ellos escaparates donde reflejarse; en definitiva, son una casta preponderante.

Que los propios futbolistas quieran influir en la decisión arbitral parecería hasta natural. Pero ese es el primer error que tiene el sistema, que lo permite. Fútbol y rugby nacen prácticamente a la vez y solo hay que ver un partido del balón ovalado para observar el respeto que se le tiene al árbitro por parte de todos los actores. Sus decisiones son aceptadas sin rechistar, pero además son explicadas públicamente, en el acto y con toda la tecnología. Pueden ser vistas en directo y se estará de acuerdo o no, pero la decisión es sacrosanta. Y ni un mal gesto ni aspavientos por parte de los implicados.

El público es normal que comente, esté más o menos de acuerdo con las decisiones que se arbitran, pero hasta ahí. Poca influencia tendrá en el proceso. Luego vendrán las tertulias y los comentarios en las diferentes reuniones entre aficionados, que ha sido y será la salsa del fútbol. Otra cosa es que esa masa sea predispuesta en contra, creando un clima difícil de digerir, en algo tan simple – y maravilloso– como es un juego, por parte de periodistas y diferentes estamentos de los clubes: técnicos, directivos, etc. que ni es su misión ni para nada ayudan al resultado final de la entente.

El periodismo, en su afán de notoriedad y prevalencia, se arma de técnicos, especialistas en las diferentes áreas, exárbitros, y destripan minuciosamente cada una de las intervenciones de los colegiados. Y siempre, con una parcialidad notoria. Juzgan en función de sus intereses: comerciales, de audiencia, geográficos… Esto acarrea una desazón al aficionado difícil de digerir. Y, obviamente, acaban influyendo, siempre negativamente, en el devenir de la situación.

Esto se maximiza y cobra vital importancia cuando, además, entran en escena los propios clubes, los directivos, que hacen a su equipo estandarte del agravio. Y en ambos casos, periodistas y directivos, no solo no es admisible, sino que tendría que tener consecuencias sancionadoras inmediatas. Ni es vuestra misión ni se os supone lo suficientemente preparados para dicha tarea.

Y, por último, el estamento arbitral. Superados ya esos años ochenta, donde cohabitaba lo bueno con lo menos bueno. Se dignificaron los salarios, hasta el punto de hacerlos profesionales de primer nivel. Lo cual está perfecto. Se dotaron de más asistentes, de la última tecnología, de ayudas inmediatas, prácticamente sin error, de otro equipo de arbitraje en la sombra y salas de análisis super completas. En el tenis se está eliminando el arbitraje humano, sustituyéndose por el automático, de máquinas que no se equivocan.

arbitraxe

Entonces ¿por qué no se arbitra bien? ¿Por qué ese miedo a tomar decisiones? Vemos cómo el árbitro deja correr la jugada sin sancionar lo obvio; el juez de línea no ayuda para nada (hasta que no ve que el principal toma la decisión). Ambos tarde y mal. Como hay VAR, que sean ellos los que tomen la decisión. Y entonces todo va ya al revés, liándose y creciendo la polémica. Tomad vuestras decisiones, sabemos que estáis más que preparados. Si os equivocáis, no pasa nada, sois seres humanos y el error es parte de nuestra existencia. Igual que se equivoca un jugador, o un técnico, o un directivo haciendo un fichaje. Sed valientes y ejerced vuestro papel. Claro, para ello deberíais contar con el apoyo absoluto de todo el entramado. Que tampoco sucede.

Todos somos un poco nuevos en el sistema de automatización en el que llevamos inmersos varias temporadas. Los errores han seguido siendo los mismos: al aficionado no se le quita la impresión de que se le pita en contra, de que se pita favoreciendo a los más fuertes. De que no se juzga con equidad. Y todos se apoyan en las nuevas tecnologías para darse la razón, haciendo que el error crezca y la sinrazón se apodere del espectáculo.

Como caso concreto quisiera destacar un apartado que me parece realmente ilógico. El uso de manos y brazos en el juego. Se empuja sin la más mínima discreción, se empuja por detrás y no se pita nada. Se oye a los informadores decir que si no ha sido suficiente, que se ha exagerado la caída y tonterías así. Los jugadores teatralizan hasta el ridículo, golpean el suelo, se retuercen de fingido dolor, buscando recompensas que posiblemente no les pertenezcan. Pero saben cómo funciona el sistema.

Desde mis últimas lecturas del reglamento (que, por cierto, ¿quién lo leído?) si mal no recuerdo el único contacto permitido era la carga, que para que fuese legal tendría que ser con el balón en disputa (por ambos jugadores), hombro con hombro y con los pies en el suelo. Hoy se empuja de todas las formas imaginables y no pasa nada, no se sanciona. En este mundial de clubes vemos que se pitan los contactos, que se pitan los empujones y que se pita todo aquello que suena a excesivo. Como debe ser. El fútbol es un deporte de hombres, se decía. Vemos que no, ahora con mucha más razón cuando nuestro equipo femenino está dejando el nivel bien alto. El fútbol es un deporte de reglas. De reglas que hay que cumplir o, en su defecto, sancionar.

Y hay que reeducar a todos los participantes, y en concreto a los jugadores, en el respeto al árbitro y sus decisiones. Y, volviendo a las comparaciones con el rugby, propongo desde ya la creación de una o más tarjetas, del color que se quieran, para introducir sanciones intermedias. En rugby hay tarjetas que conllevan expulsión por 10 minutos la primera vez y los jugadores se lo piensan, pero muy seriamente antes de incurrir en lo mismo. Porque todos los profesionales saben cuándo lo han hecho bien y cuándo lo han hecho mal. Claro que lo saben. Estas cosas tienen que quedar claras desde un principio. Que se trabajen, que se enseñen y que se cumplan. No me vale: es que ha sido la primera, es que en el área esto es penalti (y no se pita lo que, si hubiese sido fuera, sí se pitaría), es que estamos en el minuto uno y cosas así. Y la prensa en vez de tomar partido, casi siempre interesado, que ayude con sus comentarios, pues será para el bien del espectáculo, para el bien de todos.

Nadie puede hablar con el árbitro, excepto los señalados, básicamente el capitán. Qué bochorno ver esos coros rodeando al señor juez queriéndoselo comer. Si desde primera hora queda esto claro y se sanciona, no os preocupéis que el mensaje llegará nítido a sus receptores. Y ya se cuidarán de no volver a repetirlo.

Manolo Marrón

Manolo Marrón

Profesor de Educación Física

Manolo nació en Estepa, Sevilla donde sigue viviendo.

Licenciado INEF con maestría en fútbol. En fútbol: jugador federado, árbitro federado y entrenador federado en categorías regionales. Periodista deportivo en una cadena de radio.

Le gusta la naturaleza, la música rock de los años 60 y 70 y el ajedrez.

Es fan incondicional de Bob Dylan.

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

NON NO NOSO NOME por Peque González e Sara Valenzuela

NON NO NOSO NOME por Peque González e Sara Valenzuela

NON NO NOSO NOME

A Franxa de Gaza é un territorio de 41 quilómetros de longo e 10 quilómetros de ancho (aproximadamente 365 km2 en total) que alberga a máis de 2,3 millóns de palestinos, o que a converte nunha das zonas máis densamente poboadas do mundo.
No ano 1947, unha resolución das Nacións Unidas dividiu o territorio de Palestina en dous segmentos: o 55 % para o Estado xudeu, coa cidade de Xerusalén baixo un goberno internacional, e o resto para os palestinos, incluída a Franxa de Gaza.

ánxel caido de Isidro Cortizo

Ilustración de Isidro Cortizo del Río

Despois de varias guerras e ocupación por parte do estado israelí de territorios palestinos, os Acordos de Oslo de 1993 concederon unha autonomía limitada a Gaza. Non foi ata 2005 que Israel retirou completamente as súas tropas da Franxa, pero o Estado xudeu segue a exercer o control sobre a entrada e saída de persoas e recursos.
Debido a estas restricións, o Observatorio Internacional de Dereitos Humanos, describiu a Franxa de Gaza como “unha prisión ao aire libre”.

No último ano, as operacións militares israelís en Gaza están destinadas a causar danos irreparables á poboación palestina. Entre eles inclúense os bombardeos implacables que matan e feren a decenas de miles de persoas e causan unha destrución sen precedentes, o desprazamento forzoso do 90 % da poboación e a denegación e obstrución da axuda humanitaria, os servizos esenciais e os bens que salvan vidas. Isto provoca o colapso das redes de auga e saneamento, da produción de alimentos e dos sistemas sanitarios.

Como profesionais da educación, non podemos conformarnos con celebrar un Día da Paz ao ano soltando globos ou pintando pombas, mentres os nenos de Gaza medran baixo bombas, drons e avións de guerra. A educación familiar e escolar, tanto formal como informal, debe contribuír a desaprender a guerra e demostrar o seu rexeitamento inequívoco a todas as guerras. A actuación do estado de Israel non é lexítima defensa, é xenocidio, invasión e exterminio dun pobo, o pobo palestino, negando o pasado e cegándoo ao seu futuro.

No ano 1940 defínese por primeira vez a palabra XENOCIDIO, en referencia aos actos cometidos coa intención de destruír, de xeito total ou parcial, a un grupo nacional, étnico, racial ou relixioso. Segundo o artigo 2 da Convención de Nacións Unidas sobre xenocidio, este defínese como calquera dos seguintes actos:
1. matar membros do grupo.
2. causar graves danos físicos ou mentais aos membros do grupo.
3. someter intencionadamente ao grupo a condicións de vida destinadas a causar
a súa destrución física, total ou parcialmente.
4. impoñer medidas destinadas a impedir o nacemento de nenos dentro do grupo.
5. traladar pola forza a nenos do grupo a outro grupo.
En virtude da Convención, os autores do xenocidio deberán ser castigados, xa sexan gobernantes constitucionais, funcionarios públicos ou particulares.

A Corte Penal Internacional emitiu, en novembro de 2024, orde de arresto contra o primeiro ministro israelí e o seu ministro de Defensa, por cargos que inclúen crimes de guerra e contra a humanidade. E a 26 de maio de 2025, nun fallo histórico, declarou oficialmente ao primeiro ministro israelí, Benjamín Netanyahu, culpable de crimes de guerra e crimes de lesa humanidade.
Ante estos feitos, de sobra coñecidos, a sociedade occidental, europea, participante no seu momento desta Convención e Declaracións, leva asistindo a execución dun xenocidio contra o pobo palestino desde hai moito tempo atrás e de xeito intensivo e cruento no último ano.
Non queremos entrar a aportar máis detalles históricos sobre a orixe e o desenvolvemento da situación actual do pobo palestino, nin máis datos dos confirmados diariamente pola propia organización de Nacións Unidas, ou estériles debates sobre semitismo e antisemitismo. Nos últimos dezaoito meses, Israel deu morte a máis de 54.000 palestinos, dos que máis de 16.000 son nenas e nenas, ademais de máis 34.000 menores feridos e máis de 1.000.000 obrigados a desprazarse forzosamente. (Datos de UNICEF).l

Non hai ningún rescoldo de dúbida que xustifique o que está a acontecer día a día diante de todas e todos nós. É un XENOCIDIO, e cada día que pasa, cada hora, cada minuto que pasa sen rexeitalo, fainos cómplices. Cada grao que aportemos para que a presión social faga actuar ao poder político con medidas que illen ao goberno xenocida israelí, actuar con palabras pero tamén con feitos, inmediatos e contundentes, cada un deses graos, fai masa para que sexamos unha sociedade mellor.
Non no noso nome.

Peque González Novoa

Peque González Novoa

Profesora

Son Peque González Nóvoa. Nacín en Pontevedra hai 63 anos, nunha familia das de aquela, “numerosa”. Estudiei Psicoloxía en Santiago e dediquei toda a miña vida laboral á docencia, no ensino público; nos primeiros anos como mestra de infantil e posteriormente como orientadora, ata que hai dous anos decidín pasar a esta etapa chamada xubilación. 

No meu percorrido de vida acostumo a definirme como muller, mestra, nai e avoa, sen orde prevalente, por que considero que son os elementos que conforman quen son.

Achégome a este grupo de xente que tivo a boa idea de poñer en marcha este proxecto “De vella a bella” coa intención de aprender e poder aportar un micrograo de area. Neste contexto no que vivimos, e nesta situación de pandemia, creo que todo o que implique a activación das persoas, sexa cal sexa a súa idade, é positivo. 

Sara Valenzuela Viz

Sara Valenzuela Viz

Profesora de Xeografía

Eu son Sara Valenzuela.

Nacín na parroquia de Santirso de Manduas, en Bandeira.

Aos nove anos mandáronme estudar a Santiago e alí pasei uns cantos anos da miña vida, xa que logo fixen Filosofía e letras e liciencieme en Xeografía-Historia.

Exercín de profesora percorrendo moitos centros educativos das catro provincias, penso que de aí vén o que me gusta viaxar.

Levo en Pontevedra 27 anos, nesta fermosa cidade coñecín a unha parte dos integrantes do blog devellabella, no IES Valle Inclán e tamén no Frei Martín Sarmiento. Con eles vivín moitas aventuras, dende a nosa dedicación común ao teatro a festas diversas relacionadas co noso traballo, e sempre me sentín en total confianza.

Levo xubilada dous anos e procuro aproveitalo ao máximo, sobre todo facendo viaxes.

Neste proxecto vou poñer o meu graniño de area, e espero que sexa do voso agrado

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Amigo meu de Castelao por Charo Valcárcel Mato

Amigo meu de Castelao por Charo Valcárcel Mato

por Charo Valcárcel Mato

Amigo meu: Eu era cismador e pensatibre a quen a morte gadaña axexaba cos dentes arregañados. No intre de pecha-los ollos para me durmire, un dediño de óso, ou máis ben de marfil, petaba levián na miña testa e o medo facía esplosión en min. Tódalas noites.

Eu morríame do corazón e os médicos non me decían a verdade porque cicais o meu mal non tiña cura. Visitei un e outro e outro máis, e todos me dixeron o mesmo: “Non ten nada”. Pero eu sentía o meu corazón debaterse na súa gaiola, coma un paxaro entolecido, e somentes cando eu ficaba quediño, sen bulir nin chisco, durmía o paxaro do meu peito. 

No intre en que os médicos me dicían “non ten nada” eu sempre avistei nos seus ollos a pintiña escentilante da mentira e da bulra, e un día esgotouse a miña pacencia e cuspinlle na cara ó especialista.. Dende entón eu vivo no manicomio.

Fai pouco tempo entrou nesta casa un médico eminente, que anque está tolo conserva enteira a súa sabencia, e consulteime con el. O meu compañeiro ensaminoume ben e de remate díxome sin chisco de mintira nos ollos: “Ti non tes nada no corazón; ti estás tolo e nada máis”.

Agora eu xa sei que teño san o meu corazón porque os médicos tolos non minten nin se bulran don enfermos. Pero… teño unha dúbida que me arrepía.

O meu compañeiro dixo que eu estou tolo e agora cómpre que ti, que andas solto, consultes o meu caso cun avogado e que che diga se un médico tolo ten dereito a saber de tolerías.

Moitas apertas do teu amigo

P.D. Contéstame axiña porque quero saber se estou tolo ou non.

Charo Valcárcel Mato

Charo Valcárcel Mato

Profesora de Filoloxía Galega

Eu son Charo Valcárcel. Nacín nunha pequena freguesía da Estrada (Sta. Cristina de Vinseiro) hai 60 anos, pero xa levo trinta e cinco vivindo en Pontevedra, case tantos como os que traballei no IES Valle Inclán (trinta e dous), toda unha vida…

Estudei Filoloxía Hispánica, aínda que me presentei e aprobei as oposicións para profesora de Lingua galega e sempre exercín como tal, do cal me sinto e sentirei sempre moi orgullosa.

No Valle Inclán coñecín a Ana, Manuel, Isidro, Benito e Sara que, considero, máis que compañeiros, amigos, bos amigos. Xuntos compartimos moitas experiencias.

Agora esta na que nos implicou Ana que, polo menos para min, é un salvavidas, un incentivo que chega para encher o oco que deixa o ensino nas nosas vidas.

Pero tamén formamos parte dun grupo de teatro de profesores (en activo e xubilados) que naceu no 2005 no seo do Valle Inclán, Argallada, e que está esperando tempos mellores para retomar a súa actividade.

Agardo que as miñas contribucións no blog devellabella sexan merecedoras do voso beneplácito ou, polo menos, non do voso desgusto.

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Personalidades pasivo-agresivas & desapegadas por Luis P. Molano

Personalidades pasivo-agresivas & desapegadas por Luis P. Molano

Si nos remitimos a manuales como el DSM-V o el “Tratado de psiquiatría” de Henri-Ey, P. Bernard y Ch. Brisset, veremos que la denominación “Personalidad pasivo-agresiva” no aparece o lo hace de manera muy indirecta: y es que en Psicopatología se han establecido no pocas clasificaciones a lo largo de su historia. Sin embargo, tal denominación sí está presente en el DSM-IV y el CIE-10, además de en otras categorizaciones.

Cuando se pregunta al ciudadano común si sabe algo respecto a qué caracteriza básicamente a una personalidad pasivo-agresiva, casi nadie lo sabe concretar suficientemente, si bien cualquier persona se ha topado  -y, con frecuencia, sufrido-  con personas que presentan el comportamiento propio de tal perfil de personalidad. 

¿Cuál es el rasgo caracterial que define esencialmente a las personalidades pasivo-agresivas? La respuesta, está intuitivamente implícita en la misma denominación: 1) ante un hecho que se percibe  -realista o irrealistamente-  como ofensivo (o aun sin este “requisito”), se adopta una actitud de “pasividad”, disfrazada de amabilidad y/o aparente indiferencia. 2) en una ocasión que se valora como adecuada para ello, se reacciona mediante alguna modalidad de agresión. En román paladino, que entiende todo el mundo : la personalidad pasiva-agresiva, “te la tiene guardada” y, mientras llega el momento, actúa “como si nada le hubiera afectado”, aunque no sea así ; o agrede de manera aparentemente “inintencionada”, de una manera “camuflada”.

Bastante gente, cuando se habla con ella del tema, se forma la idea inicial de que una personalidad pasivo-agresiva es siempre una persona a quien en su trato se le nota un carácter  -de una u otra forma-  agresivo. Sin embargo, en este tipo de perfiles no es así, sino todo lo contrario. Precisamente, la clave de la potencia de su agresión está en el desconcierto que produce la misma cuando tiene lugar por fin, dado que el agredido  -generalmente-  no asocia la misma al hecho causante, anterior en el tiempo (o inexistente)  y, para más inri, el agresor tampoco lo explica. Es más: muchas veces, tales agresiones se llevan a cabo “con total amabilidad”: pero una amabilidad falsa, planificada, consciente de que está dirigida precisamente al objetivo de lograr todo lo contrario : el daño vengativo y/o gratuito. Un daño que puede adoptar innumerables formas, como  -por ejemplo-  la más absoluta indiferencia. Muchas veces, quienes infringen tales daños son personas “educadas”, adaptadas socialmente, pero   -como se dice vulgarmente-  más falsas que Judas”.

Esto es lo que dice el psiquiatra Daniel K. Hall-Flavin, M.D. al respecto:

   La conducta pasivo-agresiva es un patrón que consiste en expresar sentimientos negativos de forma indirecta en lugar de abordarlos abiertamente. Hay una desconexión entre lo que la persona que presenta la conducta pasivo-agresiva dice y lo que hace.

Por ejemplo, alguien que tiene una conducta pasivo-agresiva podría parecer aceptar, quizás incluso con entusiasmo, el pedido de otra persona. Sin embargo, en lugar de hacer lo que se le pidió, podría expresar ira o resentimiento al no cumplir con el pedido o con un plazo.

Signos específicos de la conducta pasivo-agresiva:

  • Resentimiento y oposición frente a las exigencias de otros, sobre todo a las exigencias de personas en posiciones de autoridad.
  • Resistencia a la cooperación, procrastinación y errores intencionales en respuesta a las exigencias de otros.
  • Actitud cínica, sombría u hostil.
  • Quejas frecuentes sobre sentirse subestimado o engañado.
personalidades 2

Si bien la conducta pasivo-agresiva puede ser una característica de distintas afecciones de salud mental, no se considera una enfermedad mental en sí misma. Sin embargo, la conducta pasivo-agresiva puede interferir con las relaciones y causar dificultades en el trabajo.

     Ahora bien, hay que tener cuidado, porque a veces los comportamientos, aunque sean muy parecidos o tengan ciertas similitudes, no responden a los mismos tipos de personalidad : hay personas que, refiriéndonos a la indiferencia que citaba antes, su conducta no responde a un interés propiamente agresivo, sino  -por ejemplo-  evasivo o incluso a una mezcla de ambos. Un ejemplo : el típico familiar que  -con excusa más bien falsa que verdadera-  pone tierra de por medio ante la conflictiva familiar y   -eso sí-   mantiene respecto a los miembros de la misma una política de “comunicación asimétrica” (nunca  -o muy infrecuentemente-   “aparece” : únicamente, responde a las iniciativas unilaterales por parte de los demás (manteniendo, según el caso, determinadas alianzas por afinidad afectiva o de otro tipo) ; y  -eso sí-  con amabilidad, mucho jiji-jaja y sin un mínimo de genuino interés, procurando ignorar o desviar “simpáticamente” determinados temas, tras lo cual “si te he visto no me acuerdo y hasta la próxima”). Tal vez puedas preguntarte qué motivo puede llevar a alguien a actuar con tal “comunicación asimétrica”, dado que no tiene un interés en mantener una relación familiar “normal”. La respuesta es que  -entre otras cosas-  podría muy bien ser  (aunque es verdad que, en muchas ocasiones se trata solo de un “alejamiento saludable” frente a determinadas toxicidades y, por tanto, conveniente) una conducta instrumental para obtener posibles beneficios. ¿Qué beneficios ? Al respecto, podríamos referirnos a varios, pero para no ser prolijos quedémonos con dos : 1) el objetivo de no participar en la dinámica familiar conflictiva y/o afectada por problemas : una desconexión que aporta una vida mucho más tranquila 2) el mantenimiento artificial del vínculo para no quedar íntimamente, en el propio fuero interno y ante los demás   -evitando así un posible sentimiento de culpabilidad y posibles “acusaciones”-  como un “desertor” y un desagradecido. Tales sujetos, generalmente, no solo se conforman con adoptar la citada actitud de “desconexión”, sino que  -además-  juzgan a aquellos de quienes se han desconectado de una manera errónea e injusta. ¿Por qué? Porque a causa de su voluntaria desconexión  -además de su posible déficit analítico-  sus elementos de juicio no son acertados, sino todo lo contrario. Así, sus conclusiones están viciadas por una ausencia de adecuados elementos de análisis. Por otro lado  -por si ello fuera poco-  con mucha frecuencia creen que su “verdad” es “la verdad” y, en consecuencia, culpabilizan a los demás erróneamente, atribuyéndoles incumplimientos de responsabilidades y/o culpas que en realidad pueden no tener : y es que, amigos, como bien sabéis, es muy fácil “vivir y ver los toros desde la barrera” ; inmensamente más fácil que desde las manoletinas.

        Como es fácil de intuir, las personalidades pasivo-agresivas o las que vamos a llamar “desapegadas” las podemos encontrar en diversos ámbitos, aunque  -generalmente-  donde afectan más a los afectos es en el ámbito familiar, lógicamente. En otros, como el de la amistad, grupos de participación social, etc. Por ello, queridos amigos, ¿no os parece que antes de depositar nuestra confianza en alguien conviene ser prudente, hasta conocer suficientemente a tal persona? No : no se trata de adoptar una actitud paranoide. No hay que confundir la prudencia con la excesiva desconfianza. No es lo mismo tomar un pasajero café con alguien que encontramos por la vida a nuestro paso que con alguien cuyas características relacionales entre ambos tienen importantes implicaciones.

 

      Fdo. : Luis Palomo Molano    07/05/2025    

Luis Palomo Molano

Luis Palomo Molano

Breve semblanza.
Luis Palomo Molano. Nací en Plasencia (Cáceres), estudié Psicología en la Universidad Autónoma de Madrid y me especialicé en Psicología Clínica en la E. de Psicología y Psicotecnia de la Universidad Complutense de Madrid.
Muy interesado en la temática psicosocial -dada la estrecha relación entre lo individual y lo social- y las desigualdades, realicé un Máster de Gerencia de Servicios Sociales en la Universidad de Extremadura de dos cursos académicos, además de otra variada formación en el mismo ámbito.
Mi actividad laboral ha sido diversa : deficiencia mental en INSERSO (hoy, competencias ya transferidas a las comunidades autónomas) ; marginación social, en CÁRITAS, ALDEAS INFANTILES SOS (en la Aldea del barrio tinerfeño de El Tablero), etc. ; dirección de programas formativos y laborales de Atención Sociosanitaria a personas dependientes en el ámbito privado e institucional, Inadaptación de Menores, etc. ; Psicología Clínica, etc. Mi principal ámbito laboral, ha sido el de los Servicios Sociales, particularmente en programas de Familia e Infancia y en Dependencia.
Durante un tiempo, colaboré con los diarios regionales “Hoy” y “Extremadura”, como articulista sobre temas básicamente profesionales, referidos -en general- a la Comunidad Autónoma Extremeña. Luis. 11/10/2022

Navajito

Lo apofático

La envidia y otros venenos

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Os cantos de taberna en Pontevedra por Ana Santos

Os cantos de taberna en Pontevedra por Ana Santos

Os cantos de taberna en Pontevedra

Ana Santos Solla
  1. Introdución

O obxectivo deste traballo é dar a coñecer os cantos de taberna e os grupos existentes no concello de Pontevedra e na súa contorna. Dado que se trata dun tema descoñecido para nós, utilizamos fontes bibliográficas (bastante escasas) e, sobre todo, realizamos entrevistas a diferentes persoas integrantes de grupos de cantos de taberna das cidades de Pontevedra e Marín.

As preguntas que nos formulamos foron:
— Cantos grupos hai en Pontevedra?
— Cando se formou cada grupo?
— Cal é o seu repertorio?
— Cantos días ensaian á semana e en que lugar?
— Cantos compoñentes ten o grupo?
— Quen é a súa persoa directora?
— Cal é a súa motivación para formar parte do grupo?

  1. Agradecementos

Este traballo non tería sentido sen a axuda inestimable das persoas integrantes das diferentes agrupacións de cantos de taberna. Queremos expresar o noso máis profundo agradecemento a todas as persoas que colaboraron na realización deste traballo. A súa participación, entusiasmo e compromiso foron imprescindibles para levar a cabo este estudo. Moitas grazas a todas e todos.

Agradecer tamén a Leandro Lamas por deixarme utilizar a súa ilustración como cabeceira deste traballo.

  1. Descrición

3.1 Os cantos de taberna

Os cantos de taberna son unha manifestación artística e cultural do folclore galego, tradicionalmente asociada ás tascas e tabernas do rural. Xa Castelao, na súa obra Cousas (1926), fala destas cantigas espontáneas:

UNHA RÚA NUN PORTO LONXANO do norte. As tabernas están acuguladas de mariñeiros e botan polas súas portas o bafo quente dos borrachos…
…E cando o mariñeiro que fala inglés xa non rexe co seu corpo, comenza a cantar:
Lanchiña que vas en vela,
levas panos e refaixos
para a miña Manoela.

…Os dous mariñeiros eran galegos.
…Tamén o taberneiro era galego.

Tamén temos rexistros nas gravacións feitas en 1952 por Alan Lomax, etnomusicólogo estadounidense que percorreu Galicia rexistrando cancións tradicionais.

Darío Xohán Cabana escribía no Romanceiro da Terra Chá (1984):

Tabernas da Terra Chá,
onde se fala e se fala,
bebendo grolos de viño
ou de augardente da lapa…

No ano 2016, Luis Torres Vázquez, autor do Repertorio Tabernario, define o canto tabernario como “todo aquel canto furtivo e espontáneo non sometido a máis regras que á sensibilidade, ao gusto, á entoación e ao ritmo, sen maior acompañamento que unha guitarra ou unha gaita”.

3.2 Grupos en Pontevedra

3.2.1 Maravallada

Grupo creado en 2010, dirixido por Roi Xesteira Serrano, cun repertorio de máis de 100 cancións. A súa filosofía baséase na voz como elemento principal, con acompañamento de gaita, acordeón, cunchas e pandeiretas.

Integrantes:
Miguel Casalderrey, Manolo Espiño, Xoán Vieitez, Luís Torres, Mirta Díaz, Mar Fernández Mujico, Beatriz Fernández, Otilia Carballa, Mariluz Rodríguez, Xaquín Moreda.

Ensaios: Mércores, de 20:00 a 22:00 h no Centro Social do Burgo (Pontevedra).

maravallada

3.2.2 Os Saljariteiros

Grupo de Marín creado en 2011, dirixido por Benito Salgado Delgado. Conta con 11 compoñentes, todos con experiencia en música tradicional. Repertorio de máis de 50 cancións.

Integrantes:
Jose Carlos (acordeón), Concha, Ramón, Vanessa (pandeireta), Marisol, Salvador (gaita), Carolina, Lara (pandeireta), Fernando, Ramón (pai), Benito Salgado (bombo).

Ensaios: Venres, 21:00 h no Multiusos do Mercado de Marín.

Os Saljariteiros_ Marín

3.2.3 Cantanascroas

Grupo creado en 2015, dirixido por Andrés Lorenzo (ex integrante de A Roda). Conta con 17 compoñentes e un repertorio de máis de 40 cancións.

Integrantes destacados:
Luis Pereiro (pandeiro), Miguel Lastra, Kike (bombo), Anxo (acordeón), entre outros.

Ensaios: Xoves, de 20:30 a 22:00 h no Centro Cultural Casa Verde de Salcedo (Pontevedra).

cantanascroas

3.2.4 Ghalos de Curral

Grupo creado en 2016, dirixido por Óscar Lope Vázquez. Composto por sete músicos cun repertorio diverso que inclúe cancións doutras culturas.

Integrantes:
Nuria Feijóo (violín), Jose Luis (laúde, violín, frauta), Xoan Vieitez, Manolo Espiño, Miguel Casalderrey, Toño, Jose Carlos.

Ensaios: Martes, de 21:00 a 23:00 h na Taberna Nasa (Pontevedra).

ghaloscorral

3.2.5 Chispas do Lérez

Grupo fundado en 2018, actualmente dirixido por Pepe Iglesias Buxán.

Integrantes:
Xoan, Adolfo, Lino, Venancio, Carmen Moledo, Marta Sánchez, Maruxa Ferreiro, Ramón, Pepe Luna, Sabino Chan, entre outros.

Ensaios: Xoves, de 21:00 a 23:00 h no Centro Social de Lérez (Pontevedra).
Repertorio: 30 cancións, preparando 9 máis.

os chispas do lérez

3.2.6 Sons da Pedreira

Grupo formado en decembro de 2023 no Centro Social A Pedreira. Dirixido por Irene Portela. Contan cun repertorio de máis de 30 cancións.

Integrantes:
Álvaro Franco, Gloria García, Xulio Simón, Pepa, Graciela Páramo, Teresa, Isabel Fernández, Luis Redondo, Leticia, Iván, Pilar, Eva, Feli, entre outros.

Ensaios: Xoves, 20:30 h no Centro Social A Pedreira (rúa Serra, Pontevedra).

sons da pedreira
  1. Reflexións persoais

Os cantos de taberna forman parte da nosa infancia e da tradición oral galega. A pesar da escasa documentación, a través das entrevistas e do traballo de campo descubrimos unha realidade viva e activa grazas ás agrupacións actuais.

Consultamos os fondos do Arquivo da Deputación de Pontevedra e da Biblioteca da USC sen atopar estudos específicos sobre esta tradición. Este traballo foi un reto, pero tamén unha oportunidade para coñecer a fondo un elemento fundamental da nosa cultura.

Os cantos de taberna teñen futuro asegurado no noso concello.

Agradecemento
Este traballo realizouse no marco da materia Música nas Culturas, da Universidade de Vigo. Quero agradecer moi especialmente ao profesor Luis Costa polas súas palabras de ánimo e apoio, e por compartir con tanta xenerosidade os seus saberes:

“Agradezo a vosa atención e dedicación á materia de Música nas Culturas. Espero que vos fose grata e proveitosa. Para min foi un pracer compartir con vós os meus discretos saberes e a vosa moita experiencia. Grazas moi sinceramente. A calificación do traballo é de 10. Anímovos a divulgalo de algún modo: internet, presentacións en centros de ensino aos rapaces e rapazas, etc.”

Unha vez máis, grazas, profesor, por inspirar a divulgar e valorar a música popular e as súas expresións culturais.

    1. Referencias bibliográficas e recursos en liña
    • Castelao, A. (1926). Cousas. A Coruña: Lar.
    • Cabana, D. X. (1984). Romanceiro da Terra Chá. Vigo: Castrelos.
    • Lomax, A. (1952). Gravacións en Galicia: YouTube
    • Torres Vázquez, L. (2016). Repertorio Tabernario. Vigo: A.C. Maravallada.
    • García, T. (2023). Artigo en El Español: Ligazón

    Páxinas web dos grupos:

    Ana Santos Solla

    Ana Santos Solla

    Profesora de Educación Física

    Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.

    Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.

    Arxentina

    Viaxe a Normandía, Vernon, Giverny, Rouen

    Campiña inglesa: Bath e Bristol

    máis artigos

    ♥♥♥ síguenos ♥♥♥