Fortalecemento muscular 2ª semana por Ana

Fortalecemento muscular 2ª semana por Ana

segunda semana

Nesta segunda semana combinaremos dous exercicios diarios que os repetiremos un día máis e un día de descanso, que podes elexir ti. Esta rutina está pensado para xente coma nós os +60, pero pode aplicarse a todo o mundo. Imos fortalecer un pouco os nosos músculos esquecidos.

Abdominais 3 series de 8 repeticións e Tríceps 2 series de 8 repeticións

Abductores 2 series de 8 repeticións e Pectoral 2 series de 8 repeticións

Adductores 2 series de 8 repeticións e Dorsais 2 series de 8 repeticións

Ana Santos Solla

Ana Santos Solla

Profesora de Educación Física

Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.

Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.

Fortalecemento Muscular 1ª semana

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Alimentación equilibrada e exercicio físico para a calidade de vida dos +60

Alimentación equilibrada e exercicio físico para a calidade de vida dos +60

Alimentación equilibrada e exercicio físico para a calidade de vida a partir dos sesenta anos

 Recuperamos a nosa cita quincenal co colectivo pontevedrés “De vella a bella” en compañía de Ana Santos. Hoxe visítanos acompañada da nutricionista Jennifer Cores 

onda cero
Ana Santos Solla

Ana Santos Solla

Profesora de Educación Física

Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.

Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Fortalecemento muscular, 1ª semana por Ana Santos

Fortalecemento muscular, 1ª semana por Ana Santos

1ª semana

Durante 3 meses imos acompañarte facendo exercicios de fortalecemento muscular. 6 días a semana con exercicios de grupos musculares diferentes. Comezamos nesta primeira semana cun exercicio diario e un día de descanso, que podes elexir ti. Esta rutina está pensado para xente coma nós os +60, pero pode aplicarse a todo o mundo. Imos fortalecer un pouco os nosos músculos esquecidos.

Abdominais 3 series de 8 repeticións

Tríceps 2 series de 8 repeticións

Abductores 2 series de 8 repeticións

Pectorais 2 series de 8 repeticións

Adductores 2 series de 8 repeticións

Dorsais 2 series de 8 repeticións

Ana Santos Solla

Ana Santos Solla

Profesora de Educación Física

Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.

Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Devellabella únese a Pontenciencia para reforzar a divulgación científica

Devellabella únese a Pontenciencia para reforzar a divulgación científica

Devellabella únese a Pontenciencia para reforzar a divulgación científica

 Recuperamos a nosa cita quincenal co colectivo pontevedrés “De vella a bella” en compañía de Ana Santos. Hoxe visítanos acompañada de Saleta González e José Rodrigo desde “Pontenciencia

Pontenciencia
Ana Santos Solla

Ana Santos Solla

Profesora de Educación Física

Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.

Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

O triunfo da ignominia por Benito Andrade

O triunfo da ignominia por Benito Andrade

Cando, en xullo de 2021, a Audiencia Nacional ditou unha sentenza clara e axustada á lexislación existente que regula, tamén con total nitidez, todo o relativo ás prórrogas de concesións de espazos no dominio público marítimo terrestre, parecía que chegaba a solución definitiva a un xa moi vello problema de ocupación do que é de todos, de contaminación do aire e do mar, de freo ao desenvolvemento urbanístico, de perda de recursos naturais, de impacto na paisaxe, de degradación dos montes, de molestias e perigos.

Como membro da Asociación Pola Defensa da Ría, veño seguindo con meticulosidade dende principios dos noventa moitos, case todos, os informes ambientais relacionados coa actividade de ENCE e teño estudado os que se fixeron en etapas anteriores. Podo  asegurar que a empresa contaminou de forma desmedida durante moitos anos, tanto pola cantidade de emisións como pola toxicidade das mesmas, as augas da ría e o aire da nosa contorna dende a súa posta en funcionamento.

Celulosa

Durante moitos anos sufrimos a presenza desta contaminación visible e cheirenta, e tamén a da invisible e imperceptible pero extremadamente perigosa; quen sabe os prexuízos que causou, a administración nunca quixo saber, por máis que se lle pedira, sempre se negou a estudar a epidemioloxía asociada ás emisións. A mobilización cidadá, mantida durante moitos anos e dende antes de que a factoría comezase a funcionar, exerceu unha presión que obrigou aos gobernantes e á empresa a reducir, en pequena medida, o seu dano ambiental. Aínda hoxe segue a verter máis de 30 millóns de litros diarios de augas contaminadas que conteñen hasta 9 toneladas de sólidos en suspensión, microorganismos que proliferan no proceso industrial e materia orgánica que afoga os fondos da ría. Frecuentemente sufrimos “episodios olorosos” e ameázasenos cun “susto medioambiental maiúsculo” mentres a Administración do Partido Popular, estrañamente, protexe a empresa, tendo chegando a nomear a parella do director da factoría subdirectora xeral da dependencia encargada de vixiar a súa actividade.

Fotografía da UME

Fotografía da UME durante un dos incendios en Pontevedra

Os nosos montes son o que ENCE ten decidido que sexan, un monte empobrecido, sen diversidade, unha paisaxe estraña, moreas de combustible para os incendios. Teño seguido dende hai moitos anos a evolución desta desfeita, con ondadas de expansión polo territorio cando conviña á empresa, probablemente a máis forte a que realizou cando vendeu as plantacións que posuía en Uruguai nos anos noventa, grazas á cooperación de Carlos del Álamo, daquela Conselleiro de Medio Ambiente, hoxe membro do consello de administración da empresa. Chegamos xa ás 600.000 hectáreas que a Administración, no seu plan forestal, segue favorecendo.

Por que negalo?, preocupoume a admisión a trámite do recurso de casación presentado pola empresa e os seus apoios diante do Tribunal Supremo que, teoricamente, non debería atender a intereses persoais xa que as súas sentenzas deben fortalecer a seguridade xurídica. Pero, efectivamente, o tribunal ditou unha sentenza que satisfai intereses persoais e os estraños intereses políticos do PP,  é de supoñer que imposta polos “maxistrados conservadores” que fan valer eses intereses con desprezo á lexislación existente, a Lei de Costas, a Lei de Patrimonio do Estado e o Regulamento de Costas.

fábrica celulosa

Pode que a sentenza do supremo sexa celebrada como un éxito pola empresa e polos seus accionistas, por todos os que reciben cartos por dividendos ou por “programas sociais” e polos políticos do Partido Popular. Estou convencido de que, en realidade, é un gran triunfo da ignominia e que terá un gran custo para toda a sociedade.

Benito Andrade

Benito Andrade

Profesor de Bioloxía

Son Benito Andrade, nacín en Salcedo, moi cerca de Pontevedra, no 59.

Cando terminei o bacharelato tiña decidido estudar Filoloxía Hispánica pero no último momento matriculeime en Bioloxía, coa ilusión de poder estudar o medio mariño.

Pero non, non era ese o meu camiño, acabei dando clases de Bioloxía en varios centros de Galicia, o último o IES Valle Inclán de Pontevedra.

Pero non perdín de vista o mar, como afección, como desfrute e como compromiso, na Asociación Pola Defensa da Ría, defendendo dentro das miñas posibilidades a saúde dos ecosistemas da Ría de Pontevedra.

Tamén quixen acercarme aos mares do pasado, estudando uns bichiños ben fermosos dos mares do Xurásico de bacía portuguesa desta época, anos recollendo e estudando braquiópodos mesozoicos fixeron que lles teña un grande cariño a estes amiguiños de pedra, unha compañía que quero seguir buscando.

O tempo é unha fera destrutiva que pasa case sempre moi rápido, pasan os meses, os cursos, os anos e chegou o momento de deixar de traballar no instituto.

Somos maiores dende logo pero agora libres para poder dedicarnos ás cousas que consideramos importantes, como este blogue de maiores e para maiores feito entre amigos xubiletas.

Os incendios que vivimos

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Comadre por Peque González Nóvoa

Comadre por Peque González Nóvoa

A Real Academia Galega, a proposta das Comadres das Letras, un grupo de mulleres unidas en torno a un obradoiro de literatura, escolleu “COMADRE” como palabra do ano 2022.

A definición  do dicionario da RAG queda curta a respecto do que a propia Academia refire na elección desta voz como Palabra do ano 2022. Unha voz que, na fala popular, refírese á muller coa que se ten especial confianza.

Comadre

O dicionario de Estraviz si recollle esta acepción ao definila, entre outras, como”vizinha e amiga de muita confiança, con quem tem outra mulher mais trato.”

Esta acepción cobra especial relevancia desde o movemento feminista, hoxe tan vapuleado polos enormes avances que imos acadando. Ao longo de séculos, as mulleres, relegadas ao poder do patriarcado, fomos quen de tecer redes de solidariedade, sororidade e apoio coas comadres da nosa familia e da nosa contorna.

Os termos comadre e sororidade van parellos, entendidos ámbolos dous como un apoio entre mulleres nunha sociedade patriarcal.

 Marcele Lagarde define a sororidade como un pacto de xénero entre mulleres que se recoñecen como interlocutoras, sen xerarquías. Sustentado no principio da reciprocidade que potencia a diversidade e que impulsa compartir recursos, tarefas, accións.

Comadres
As comadres

Pérdese na memoria o tempo que fai que, en Galicia, celébranse os “Xoves de Comadres” no tempo de Entroido, como testemuñas do pasado e do presente. As mulleres, nestes Xoves, son donas de si mesmas e dos espazos comúns que ocupan, nunha transgresión do estado patriarcal que imperaba e segue aínda vixente na sociedade.

Teñamos presente o feminismo e a sororidade en todos os ámbitos da vida, e gocemos dos “Xoves de Comadres” nos moitos lugares do país que manteñen viva a tradición do entroido galego.

Peque González Novoa

Peque González Novoa

Profesora

Son Peque González Nóvoa. Nacín en Pontevedra hai 63 anos, nunha familia das de aquela, “numerosa”. Estudiei Psicoloxía en Santiago e dediquei toda a miña vida laboral á docencia, no ensino público; nos primeiros anos como mestra de infantil e posteriormente como orientadora, ata que hai dous anos decidín pasar a esta etapa chamada xubilación. 

No meu percorrido de vida acostumo a definirme como muller, mestra, nai e avoa, sen orde prevalente, por que considero que son os elementos que conforman quen son.

Achégome a este grupo de xente que tivo a boa idea de poñer en marcha este proxecto “De vella a bella” coa intención de aprender e poder aportar un micrograo de area. Neste contexto no que vivimos, e nesta situación de pandemia, creo que todo o que implique a activación das persoas, sexa cal sexa a súa idade, é positivo. 

Michelena 11: A casa dos calzóns

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥