Focha común por Abel Borrajo -devellabella-

Focha común por Abel Borrajo -devellabella-

por Abel Borrajo – 03. 11. 2021

A focha común, en galego Galiñola negra, é un dos máis frecuentes e estendidos membros da familia dos rálidos, xa que aparece en abundancia en numerosos humidais europeos — incluídos os españois—, a condición de que conten con augas algo profundas, tranquilas e abundante vexetación palustre e mergullada. Ave de tendencias omnívoras —aínda que, en xeral, maioritariamente vegetariana—, a focha común é unha ave moi prolífica que xera anualmente postas numerosas e repetidas, quizá como un mecanismo para contrarrestar a intensa predación que sofre.

Fotografía tomada en novembro de 2021 nas Lagunas de Rouxique entre Sanxenxo e O Grove

Blog de Abel Borrajo

Focha común1
Abel Rodríguez Borrajo

Abel Rodríguez Borrajo

Fotógrafo

Abel, pouco amigo de publicar as súas fotos, vainos deixando pequenas mostras da súa obra, gústalle moito a natureza e a maioria das súas fotos son de paxaros e animais.

Merlo Rieiro

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Pegadas e máis pegadas por José Solla Casqueiro

Pegadas e máis pegadas por José Solla Casqueiro

por Jose Solla

Dende que o home apareceu na faciana da terra, deixou mostras da súa presenza, pinturas rupestres, monumentos megalíticos, ferramentas e aparellos diversos…

Neil Armstrong tamén deixou a súa pegada na lua hai uns cantos lustros.

O home segue empecinado en seguir deixando pegadas e máis  pegadas que deixan o planeta nunha situación de gran debilidade.

Pegadas
Jose Solla Casqueiro

Jose Solla Casqueiro

Fotógrafo

Jose Solla Casqueiro naceu en Pontevedra no ano 1962, encántalle a fotografía artística, conceptual, minimalista, a actividade física e as viaxes, é un aventureiro incansable.

É profesor de Educación física recén xubilado

Colaboradores

O seu blog

Rojo pasión

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Os perillotes por Amancio Castro

Os perillotes por Amancio Castro

por Amancio Castro 

perillotes

Os Perillotes

Os perillotes.- Son os froitos dunha pereira brava (Pyrus cordata Desv.) coñecida en Galicia como estripeiro, un arbusto con pinchos que se utiliza como patrón onde se enxertan pereiras e maceiras con moito éxito pois este arbusto adáptase moi ben a calquera tipo de terreo.
Para poder comer os perillotes hai que recollelos na árbore xa maduros e deixalos nunha fonte a esperar que sufran unha especie de fermentación, pois do contrario teñen un sabor amargo e acre que tira para atrás. Unha vez que fermentan, antes de podrecer, adquiren un sabor parecido á compota moi agradable.
En Pontevedra tíñaos mercado nunha pequena froitaría que xa hai moitos anos que pechou na praza da Peregrina. A Señora preguntaba se sabía comelos se non non mos vendía pois sempre llos traían de volta. Tiven que explicarlle o método e díxome que era o segundo cliente. O anterior era D. Antonio Odriozola. Dese xeito xa eramos dous “autorizados”.
Na actualidade teño unha amiga que sabe da miña teima e tráeme un montón cada ano.
Datos técnicos da foto: f/14 ; 1 seg ISO: 100 ; Trípode; Canon EOS 5D; 100 mm Macro ; Luz lateral ; Disparador cable : Data de realización 26/08/2014.

Amancio Castro García

Amancio Castro García

Fotógrafo

Nacín na zona vella de Pontevedra, nunha familia onde se potenciaban os valores referentes ao respecto polo mundo natural e ás artes por diante dos temas materiais.
Tremendamente curioso dende neno pola natureza estudei para mestre especializándome en ciencias naturais.
Dende 1980 fun percorrendo toda Galicia e zonas limítrofes coa Sociedade Galega de Xeografía fotografando a natureza para ter material de apoio para o estudo dos ecosistemas e formacións xeo-morfolóxicas, materiais que utilizaba para as miñas clases e que figuran en libros de texto e guías didácticas que fun publicando con varios autores.
A partir de 1990 funme especializando na fotografía científica, macro de plantas e fungos de menos de 2mm que saen publicadas nos artigos científicos do micólogo Jaime Blanco Dios co que sigo a colaborar na actualidade.

Camiño a Brañagallones

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Rojo pasión por Jose Solla Casqueiro

Rojo pasión por Jose Solla Casqueiro

por Jose Solla

rojo pasión
 *Rojo Pasión*
El rojo es el color del fuego,
del amor,
de la pasión,
de la sangre,
del calor,
de la fuerza,
de la emoción,
pero también del peligro,
de la violencia…..
El rojo se usa en China en la ropa nupcial porque trae buena suerte.
Jose Solla Casqueiro

Jose Solla Casqueiro

Fotógrafo

Jose Solla Casqueiro naceu en Pontevedra no ano 1962, encántalle a fotografía artística, conceptual, minimalista, a actividade física e as viaxes, é un aventureiro incansable.

É profesor de Educación física recén xubilado

Colaboradores

O seu blog

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Garceta común por Abel Borrajo -devellabella-

Garceta común por Abel Borrajo -devellabella-

por Abel Borrajo – 06. 12. 2021

Garceta común

É unha garza de mediano tamaño, de plumaxe sempre branca, con longas patas negras —fóra dos dedos, que son amarelos— e pico longo, de cor negra e en forma de daga. O individuo reprodutor exhibe un par de plumas alongadas na caluga, un grupo de plumas filamentosas e desflecadas no peito e o dorso e, principalmente na época de cortexo, unha pequena área de pel espida situada diante do ollo, que adquire unha intensa tonalidade amarelada. Os exemplares non reprodutores carecen dos ornamentos anteriormente mencionados, e o fragmento de pel espida xunto ao ollo é, no seu caso, de cor gris azulado ou verdoso. O mozo, pola súa banda, é similar ao non reprodutor, pero co pico algo parduzco. En voo é completamente branca e adopta a característica silueta das ardeidas, co pescozo recolleito en forma de “ S” e as patas estiradas sobresaíndo por detrás da curta cola.

Fotografía tomada en Decembro de 2021 nas Salinas do Ulló en Vilaboa, Pontevedra

Blog de Abel Borrajo

Abel Rodríguez Borrajo

Abel Rodríguez Borrajo

Fotógrafo

Abel, pouco amigo de publicar as súas fotos, vainos deixando pequenas mostras da súa obra, gústalle moito a natureza e a maioria das súas fotos son de paxaros e animais.

Merlo Rieiro

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Camiño de Brañagallones por Amancio Castro

Camiño de Brañagallones por Amancio Castro

por Amancio Castro 

Brañagallones

Camiño de Brañagallones

Esta Braña queda no Parque Natural de Redes (Asturias).

Unha “Braña” en Asturias é un pasto de altura e recibe o nome de Gallones porque así se denominan en Asturias aos machos da Pita do monte (Urogaio). Nas proximidades desta braña existían varios cantadeiros destes machos nos bosques de faias que a rodean.

A foto está feita o 28 de novembro de 2008 e as follas das faias queren empezar a despedirse antes de que empece o inverno ofrecendo ese espectáculo de color.

Datos técnicos da foto:

Cámara: Canon dixital PowerShot A630

f:2,8   ; v 1/60 ; ISO: 161

O Tromentelo

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥