Estar relaxado por Jose Solla Casqueiro

Estar relaxado por Jose Solla Casqueiro

por Jose Solla

Relaxación

Título: Relaxación

Estar relaxado  axuda a aliviar o estrés. Tamén alivia a ansiedade, a depresión e os problemas de sono. Relaxarse significa calmar a mente, eo corpo e fainos sentir tranquilos e calmos.

Jose Solla Casqueiro

Jose Solla Casqueiro

Fotógrafo

Jose Solla Casqueiro naceu en Pontevedra no ano 1962, encántalle a fotografía artística, conceptual, minimalista, a actividade física e as viaxes, é un aventureiro incansable.

É profesor de Educación física recén xubilado

Colaboradores

O seu blog

Garfos

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Alfredo da rincha por Manolo Gulias Márquez

Alfredo da rincha por Manolo Gulias Márquez

Alfredo da rincha

Manolo Gulías Márquez

 QUINTO CONTO: DÍA DOS SANTOS ARTEMIO

QUINTA FEIRA: ALFREDO DA RINCHA

         Alfredo da Rincha, de sobrenome “Fredi”, que orgullosamente pasea o seu alcume pola terra, da mesma maneira que leva polo universo adiante de nome de pía Alfredo Ferradás Cancelas, fillo de Alfonso Ferradás e de María do Carme Cancelas “a Rincha”, é un home de alma limpa, gran corazón e corpo de puro óso coma se por un groso arame estivera formado.

Así como se ve, con eses fracos ósos que Deus lle deu, recubertos por riba cun roñoso e engurrado cartón pedra a modo de carne –súa nai xa era así fraca coma el-; “Fredi” é un individuo ilustrado coma poucos na comarca; iso é grazas a parte de mundo que leva percorrido e que lle permite, entre outras moitas cousas, non confundir nunca as ovellas ruzas e as meiriñas. Pero coma calquera humano ten alomenos un defecto, iso si: limpa os mocos coa manga da chaqueta. 

“Fredi” deixou o propio terruño e o dos seus devanceiros a primeiros dun ano marcado por mil tempestades e fríos sen fin. Co corazón contento e ó mesmo tempo cheo de pena, púxose en marcha saíndo do seu berce para ir a unhas afastadas terras e a un país incerto e descoñecido.

Partiu para o chamado novo mundo, coma quen di, esfurricado polos pantalóns co medo. Foi metido de polisón –con outros varios compañeiros de quen sabe cantos lugares-, na fétida adega dun vello barco mixto, chamado -¡que paradoxo!- “Envexa do Mar”, que se dedicaba conxuntamente á carga varia de mercadorías e a pasaxe.

Marchou naquel aciago día cunha tarde neboenta e con vento do mar procedente do nordés, dende o porto de Vigo cara a cidade de Nova Iorque, coa intención e a rexa decisión de facerse un home rico; un home con moitos cartos, por conseguinte, un home de ben.

Despois de pasar moitas, moitas, moitas penurias… Infinidade de incontables miserias; vómitos e mareos incluídos entre a inmensidade das desgrazas que lle ocorreron durante o seu desprazamento… Comendo como puido, cando puido e canto puido, mentres transcorre o tempo que durou a longa travesía… Por fin arribou na grande urbe dos rañaceos, orgullo dos Estados Unidos de Norte América, nun xélido día de mediados do mes de febreiro.

Correu o risco certo, coma os seus compañeiros de aventura e de desventura, de morrer teso a causa do frío que sen consideración naquela inmensa cidade facía e ó pouco vestido de abrigo que posto ó lombo o pobre levaba consigo.

Despois de dar moitas máis voltas das que calquera que non teña boa paciencia puidera contar; percorrendo este grande país adiante e atrás de riba para abaixo probando fortuna, sempre remisa a serlle favorable, recaeu cos seus maltratados ósos e coa pel que por aqueles días malamente o recubría, na cidade de Riverton, no impronunciable estado de Wyoming, zona ben montañosa dos Estados Unidos.

Alfredo da Rincha -el xa tivo esa premonición en canto veu o nome da gran vila-, fixo na cidade de Riverton toda a fortuna que nos Estados Unidos de Norte América lle foi dado conseguir.

No Coto, pequena aldeíña –pequena como a maioría das aldeas desta bisbarra-, da parroquia de Caroi, máis exactamente Santiago de Caroi, do concello de Cotobade, na provincia de Pontevedra de España, moi preto da mesma capital da provincia, ó seu retorno da aventura americana, asentou os seus reais o insigne emigrante “Fredi” para vivir o que lle puidera quedar de existencia neste mundo de desgrazas e maldades…

A vida na aldea é tranquila, sosegada, e iso é o que lle fai falta a un home co corpo breado como está o de Alfredo da Rincha.

Hai un dito moi vello que nos lembra de que vaian por onde vaian, as cabras sempre tirarán ó monte… e non é por dicir con mala fe que Alfredo da Rincha sexa unha cabra, que non o é, pero á volta da viaxe a América o home ó seu monte voltou…

Un antigo, experimentado e baqueteado emigrante como calquera podería considerar a un individuo á maneira de Alfredo da Rincha, e dende o momento en que el mesmo se precia de tal cousa; ten que ter sempre preparados un impreciso número de contos ou algunhas entretidas historias de alén do mar para en caso de necesidade saír á palestra e contarlle ós variados auditorios de paisanos –incondicionais ademais-, que sempre se atopan nas aldeas pequenas, como é o caso do Coto, e que teñen pouco con que entreterse nas longas e escuras noites do inverno galego.

Estando nos seus principios, caseque de recén chegado ás terras americanas, cando aínda coidaba ovellas naquel país de promisión, ocorreulle o que puidera ser a súa desgraza ou a súa maior fortuna. Depende de como se queira mirar…

Un día no medio e medio dunha forte treboada que encadrándoa moi suavemente lle poderiamos asignar o cualificativo de impresionante, unha tormenta que moi posiblemente asustaría ou deixaría sen fala a máis dun home ben temperado -cousa que el non era-, ó pobre do Alfredo da Rincha caeulle un mal raio encima do mirrado corpo que tiña por seu caparazón e sen compaixón ningunha case o atravesou dende riba abaixo.

Entroulle toda a forza da descarga eléctrica, desprendida do negro ceo, polo picudo ombreiro esquerdo e saíulle, coma se dun foguete das festas se tratara, pola ingua dereita.

Durante un certo tempo, aínda ben del, estivo morto; pero morto de verdade, morto de todo, segundo conta… O de ter moitos mocos seica lle vén de aí… do accidente…

Disque, nese tempo no que o seu corpo estivo sen vida activa, o seu espírito libre dese corpo material camiñou cara o ceo; pero tivo tan mala sorte –el así o di-, que cando ía á altura do que nós lle chamamos o limbo, e ó parecer por causa dunha especie de rara néboa que alí había ou dunha posible bruma mesta que a el se lle formou no cerebro, perdeuse nun complicado mundo etéreo e coma se dun gran labirinto se tratara empezou a dar voltas para un lado e para outro de tal modo e maneira que non logrou atopar a San Pedro que era quen tiña que estar gardando a ansiada porta da morada de Deus pola que el buscaba para entrar definitivamente.

Así foi como daquela, ó non atopar a porta do ceo, tendo que obrigado voltar para a terra, foi condenado a continuar vivo por outro tempo que quen sabe canto vaia a durar.

A maior fortuna que Alfredo da Rincha conseguiu nos Estados Unidos de Norte América foi, con moito traballo e suor polo medio, poder xuntar os cartos xustos e necesarios –nin un centavo a mais- para poder regresar para a terra que o vira nacer.

No monte do Coto, “Fredi”, coa soa compañía do can chamado “chiste”, coida na actualidade das ovellas tal e como fixo durante doce anos en Riverton, que foi onde adquiriu a sabedoría suficiente para non confundir as ruzas coas meiriñas.

Tratando en temas referentes a materia ovina Alfredo da Rincha é un doutor…

Alfredo da Rincha leva a pastar polos restantes montes da comarca –o do Coto non dura todo o ano-, ós tres centos de ovellas propiedade dun home con cartos e un bo patrimonio rústico que vive na veciña vila de Ponte Caldelas. A el págalle catro cartos polos coidados que lle dedica ós animais, pero está contento co seu cometido.

Levas ata os mellores pastos e trainas con moito garbo e con sabedoría. E como bo pastor que é, tenlle posto nome a todas e cada unha delas e a todas polo seu nome coñece: branquiña, clariña, bela, raíña… a algunhas incluso as bautizou en inglés: black, almond, friend… se ben a súa preferida é a doncela…

Tódolos pastores –ben, todos ó mellor non-, coas súas ovellas teñen veleidades e algúns incluso amores… disque.

Alfredo da Rincha coñece polo seu nome, sen equívoco ningún, a tódalas ovellas do rabaño que coida.

Cando na taberna do Coto conta un conto sobre a fama que adquiriu en Riverton despois de que lle caíra o raio enriba, moitos dos oíntes presentes no local quedan pasmados, algúns deles quedan coa boca aberta e a mandíbula desencaixada de tal maneira que corren verdadeiro risco de non dala pechado sen a axuda das mans propias e a veces hai que recorrer a mans alleas.

Despois de restablecida de todo a saúde –quedoulle só o dos mocos-, curado das súas doenzas cos remedios que lle aplicaron nun modesto hospital da capital americana, Alfredo da Rincha –conta o coitado-, xa non voltou a ir cos rabaños de ovellas para os montes próximos a pesar do moito que el gozaba facendo aquel traballo.

O patrón a quen servía na cidade de Riverton, un home entrado en carnes, en moitas carnes, e de gran estatura e envergadura, chamado Theodor Montgomeri, descubriu no seu empregado español unha calidade que lles podía traer ós dous fama e fortuna, unha cantidade de dólares non facilmente cuantificable.

Ovella meiriña
ovella ruza

OVELLAS MEIRIÑA E RUZA QUE ALFREDO DISTINGUE SEN PROBLEMA.

O patrón, que “Fredi” tiña, era coma unha aguia para ventar os bos negocios. Gozaba dunha gran sensibilidade para detectar todo aquelo que lle puidera reportar cartos e que non lle supuxera traballo engadido ó que xa el tiña.

A cor verde e a efixie dos dólares eran para el a representación da bandeira nacional americana.

Ó parecer, debido á ferida que o raio infrinxira naquel desgraciado corpo, Alfredo da Rincha adquirira a moi estraña dote de predicir o tempo atmosférico que ía facer nunha ampla comarca ó seu arredor, cunha semana a lo menos de antelación.

Era coma se a natureza despois do adverso suceso lle dotara o corpo da capacidade de adiviñar o tempo polas dores que notaba nunha ou noutra parte da súa anatomía.

Sabía de choivas, néboas, ventos… e todo o referente ó estado da atmosfera con tanta exactitude coma se estivera vendo no momento presente o que ía a ocorrer de alí a uns días e incluso ás veces coa distancia de máis dunha semana…

Co permiso do seu empregado, e agora amigo e socio “Fredi”, Theodor Montgomeri convenceu, non sen traballo, a Abraham Lincoln, fachendoso dono do periódico local “O Heraldo de Riverton”, para que lle pagara uns bos puñados de dólares polas acertadas prediccións meteorolóxicas que facía “Fredi” co suficiente tempo de antelación como para deixar asombrado a todo lector do periódico diario.

As sensacións que notaba cada vez que o tempo tiña variación eran tan notorias no seu corpo que non levaba traballo ningún en facer os diagnósticos sobre os cambios do clima.

Daquela, chegou a ser tal a sona de Alfredo da Rincha en Riverton e os seus arredores como predictor do tempo, que saíu facendo os seus prognósticos en emisoras de radio e incluso en algunhas de televisión da localidade e aínda da rexión.

Alfredo da Rincha de sobrenome “Fredi”, antes de ir para as américas ó parecer non era así, pero agora na aldea ten sona de ser algo mentireiro…

A realidade, se vén se mira, é que xa ten uñas de mentireiro, e as uñas din moito da personalidade do ser humano…

Alá en Riverton a patrona de “Fredi” era boa muller, a el queríao pola vida, verdade é que tamén o empregado de Theodor Montgomeri era ben mandado, e tratándose de quereres tamén lle correspondía á súa patrona.

A dona de Theodor Montgomeri, a señora Nanci Montgomeri, de solteira Nanci Mansfield, razón pola que seguía sendo coñecida co sobrenome de “Man” entre os veciños do barrio –ó mellor porque a súa humanidade era como a do seu marido-, muller moi instruída en letras e en receitas de cociña, seica lle descubriu un día a “Fredi” o fácil que era entender o misterio da Santísima Trindade.

Alfredo da Rincha tiña as súas dubidas sobre este tema relixioso, ó que o pastor da igrexa a onde ían á misa os domingos, facía referencia con moita frecuencia.

Estando aburrido no monte, coidando das ovellas de mister Montgomeri, cavilara moitas veces sobre o misterio da Santísima Trindade.

O caso é que non tiña moito máis en que cavilar, pero non acababa de entender ben todo aquelo das tres persoas distintas e un só Deus verdadeiro. Ofuscábase e non era quen de pensar con claridade. A Alfredo da Rincha cando algo non lle quere entrar na cabeza non lle entra…

-Mira “Frediño” –chamáballe a señora “Man” cariñosamente-, vouche aclarar algo que sei que te trae desacougado dende hai certo tempo –lle dixo a señora “Man” naquela memorable ocasión-, aproveitando que hoxe o meu marido Theodor vai de caza, é moi doado que entendas ese misterio que che preocupa a pouco que poñas atención no que che vou dicir a continuación, escoita…, ti escoita e non te distraias do que che eu digo: pensa que hoxe a cazar coellos no monte vai o meu marido, pero vai o pai dos meus dous fillos, e vai tamén o teu patrón; ¿entendes? Isto é: tres persoas distintas e un só Theodor Montgomeri verdadeiro. ¿Enténdesme ou non…?

Entendeu…

Logo aclaroulle máis misterios cada vez que Theodor Montgomeri saía de caza…

Alfredo da Rincha despois daquela exposición tan clara, con uns feitos concretos e sen dúbidas que considerar, non tivo máis problemas para comprender tanto ese coma outros misterios que se lle presentaron posteriormente na vida.

Grazas ás explicacións da señora Nanci Montgomeri, dende o día en que o seu patrón foi de caza, soubo que cando algún enigma se presenta… o mellor è serenarse, pararse tranquilo a reflexionar sobre o tema do misterio e a solución non a tardar en saír. Antes ou despois os enigmas desaparecen deixando paso á claridade…

O pastor de ovellas Alfredo da Rincha co alcume de “Fredi”, que non confunde nunca  as ovellas ruzas coas meiriñas, home de alma limpa e gran corazón, é un mocoso porcallán e un mentireiro impenitente… na súa aldea sábeno ben… 

Manolo Gulias Márquez

Manolo Gulias Márquez

Docente

Xosé Manuel Gulías Márquez naceu en Pontevedra en 1952, pero foi bautizado en Forcarei de onde eran seus pais. En 1983 aprobou as oposicións por ciencias logo fixo a especialidade de galego e daba as clases nesa lingua. O seu último destino levouno ao instituto onde estudou, é dicir ao Valle Inclán, non podía estar máis feliz xa que despois de case 20 anos non tivo que volver coller o coche. Neste instituto estivo 18 anos ata que con 65 xubilouse, porque xa tiña o tempo de servizo e xa tocaba. Colabora con nós relatando as súas viaxes.

Historia de vida

O escoitador

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Asomarse al alma de Vicente Méndez

Asomarse al alma de Vicente Méndez

por Vicente Méndez

El Alma jamás podrá olvidar

Ya que el remordimiento se alimenta

Vive y se reproduce en seres como tú

Llenos de tinieblas, y será implacable

En tú largo camino.

 

      ¿En qué lugar te vas a esconder?

Para ahogar ese enemigo

Que hurga en las entrañas,

Que paciente y constante altera el Alma.

 

      ¡Dínoslo si lo sabes!

Pues llenos de angustia

Vemos como ignoras la Paz

Y caminas moribunda.

 

     La esperanza se apagó

Ya no encontramos albergue

Donde poder reunirnos

Para colmar el corazón de Amor.

               Vicente Méndez.

Vicente Méndez González

Vicente Méndez González

Poeta

Vicente Méndez González:  vive en Vigo, Pontevedra

Figura en la Guía Cultural de Artistas de Galicia. (Xunta de Galicia 2004)

Exposiciones: Colectiva Xuventude, Xunta de Galicia Universidade Popular de Vigo

OBRA:- Talla en Madera, Escultura, Pintura y Poesía. POESÍA:-Libro publicado.  Necesito un Nombre.

Colactánea Literatura e Artes—Raía Luso Española

COLABORACIONES:-Colectivas en varias editoriales,  en libros de Poesía.—Amarga Hiel, Mar de Nubes, Melodía de colores, Días de Sol, Vientos del Pasado, Tragedias Poéticas II, y Erotismo Poético III. Poetas Nocturnos III.

NOVELAS:– La Coleccionista de Clavos.

Publicadas. Qué Vida más extraña= Una Mala Historia. Los Gritos de los que se Creían Vivos y llevan años Muertos.

MICRO RELATOS.  Pluma, Tinta y Papel. NOVELA   El  Regreso a Valdecasas.       

Cómo te reirás de nosotros

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Rande por Juan Mejuto Pérez

Rande por Juan Mejuto Pérez

Rande

Título: Rande

Vengo de un pozo: la vida,/ voy hacia otro: la muerte…/ Lo que va del uno al otro/ es un puente.

Me cruzo el puente cantando/ para no ver que allí enfrente/ el pozo negro me espera/ para siempre.

Todos como yo, cantando/ me acompañan sobre el puente,/ se aturden unos con otros/ van alegres.

El sol parece reírse/ de toda esa pobre gente/ que va cantando hacia el pozo/ a perderse

Pero una flor que acostada/ está en la orilla del puente/ ríe del sol y le explica:/ todo vuelve.

El puente Alfonsina Storni

Juan Mejuto Pérez

Juan Mejuto Pérez

Fotógrafo

Juan Manuel Mejuto Pérez naceu en Santiago de Compostela, nas Casas Reais nº 42, o 8 de maio de 1946, fillo de Manuel Mejuto Larrauri de Santiago e María del Carmen Pérez Martín natural de Melilla.

Xubilado, dedícase a facer fotografías e desfrutar dos netos

Historia de vida

Fiera batalla

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Revista do mes de febreiro 2024 por José A. Pérez Graña

Revista do mes de febreiro 2024 por José A. Pérez Graña

Revista do mes de Febreiro 2024 coa colaboración de:

Domingos Antom, Juanjo Guirado,

Xulio Simón, Xosé álvarez,

Risoleta C. Pinto Pedro, António Silva, Antonio Lois, Manuel Gulias,

Chelo Gayoso, Juan Mejuto,

Jose Solla, Elena Abad,

Jose Luis Vázquez, Pilar Braga

Xosé Antonio Pérez Graña

Xosé Antonio Pérez Graña

Profesor de inglés

Naceronme en Cotobade no 1952. Estudei Maxisterio (por inglés) e Psicoloxia. Traballei durante 37 anos no ensino, rematando a miña vida laboral no IES Valle Inclán, onde formei parte do grupo de teatro Argallada. Encargueime tamén da revista anual do Instituto. Nesta nova etapa, adicareime a recompilar artigos e actividades da nosa Web para facer unha revista-resume cada mes.

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Nos camiños do tempo por Ramón Caride

Nos camiños do tempo por Ramón Caride

O Vákner é unha figura mitolóxica que designa o ser que o peregrino armenio Mártiros, bispo de Arzendjan, atopou no seu camiño a Fisterra en 1492, e que se converteu hoxe nun símbolo da peregrinación xacobea fisterrá. Trátase dun animal descoñecido e cunha denominación atípica. O bispo peregrinou a Roma, e logo continuou viaxe por Europa, chegando a Santiago de Compostela, e desde aquí a Fisterra, pasando en total 84 días en Galicia. De todo o seu periplo, que durou máis de seis anos, deixou memoria nun escrito en armenio, que se publicou en Francia, e en 1898 en España. O bispo conta como nos montes de Buxantes, en Dumbría, despois de recibir a bendición de Santiago, “púxenme en camiño e cheguei á extremidade do mundo, á praia da Santa Virxe, a un edificio que foi construído pola propia man do apóstolo san Paulo e que os francos chaman Santa María de Fisterra. Padecín moitos traballos e fatigas nesta viaxe, na cal topei con gran cantidade de bestas moi perigosas. Encontramos o Vákner, animal grande e dañino, do que libramos por milagre”.

                                                   (Da páxina web Galicia Encantada)

A moza sentía o corazón a piques de lle saír fóra do peito.  Tentou sosegar, e non foi quen. Que é o que estaba a facer coa súa vida, indo por onde andaba? Aínda o sabía hai pouco. Agora xa non estaba moi certa. A soidade e a indefensión estaban dando conta dos seus azos. Ollou para tras. Albiscou, aínda por un instante, a fita de asfalto que se perdía nas revoltas, a estrada da que partía a verea estreita con piso de terra que ninguén máis ca ela transitaba daquela.

    Os piñeiros zoaban, cun son alleo e ferinte, abanados polo vento dun solpor que xa se presentía chegando entre os outeiros. O mesmo vento que lle proía nos ouvidos e lle remexía os cabelos. Non lle gustaba aquel sitio, tan distinto da cidade. O carreiro viraba pola aba do monte, ancheaba ás veces, sen moita traza de rematar axiña. Facíaselle longo. Ela non traía moita equipaxe consigo. Así e todo, e mesmo que a pendente non fose tanta, agora o camiño semellaba moi costa arriba. O cansazo dos días precedentes, as noites sen poder pegar ollo, agoniada pola súa situación e as escasas expectativas, estaban a pasar arestora a súa magoante factura.

    Na véspera, na enésima vela feita de insomnio e desacougos, logo de lle dar tantas voltas, asumira que non tiña moito que perder ao vir a este lugar. Un sitio ubicado na fin do mundo no que nunca antes estivera, nin imaxinara estar algún día. Así son as cousas, dicía a súa avoa, o que está para unha non o leva o demo… Cando lle falaran de vir, ao comezo, negárase nin a consideralo sequera. Mais por veces as cousas van saíndo todas ao revés, de xeito que as portas todas se van fechando, e non se abren outras novas. Nunca. O mundo é así de fodido, pois é. Considerou, ao cabo, que outras fixeran antes aquel camiño e voltaran satisfeitas e con mellor vida da que tiñan antes; ela tampouco tiña moito onde escoller, nas súas circunstancias. E mesmo con todo iso ás costas, agora case dubidaba. Estaría facendo o que debía?

Meditara moito se lle conviña vir ou se non. A pesar de que tivese considerado tantas veces todas e cada unha das súas limitadas alternativas e non vise outra solución ningunha, arestora non as tiña todas consigo.  Así e todo, avisáranlle que tivese moito coidadiño con cada paso, porque se cadra este camiño, a semellanza da pista que atravesaba o mato, non ía a destino certo nin daría en cousa boa. Mellor sería nin pensalo. Quen dese poder baleirar o lixo da cabeza.  Porén contábanse cousas noxentas, historias que daban arrepío, do que lles acontecera a algunhas persoas con aquelas bestas bravas, grandes e agresivas. Tentou desbotar semellantes presaxios de infortunio. Mais a soidade e o desamparo son cargas duras de carrexar.  

     Nin sequera podía contalo segundo a quen. Nin atreverse a falalo coas persoas que máis quería. Iso xamais. E case que con ninguén. O mesmo condutor do taxi que ela collera en Dumbría, cando chegara esa tarde nun autocar desde Santiago de Compostela, -case dúas horas de paisaxes estrañas, nas que só os eidos medrados de millo lle poderían lembrar algo familiar- tampouco lle quixera dar a mínima información do que ela levaba escrito nun papel. E nin tan sequera levala até o sitio preciso no vehículo. Xa non puxera boa cara ao ver o enderezo. Respostaba a todo con monosílabos. E cando viu que a noite se lle ía botar enriba, parou o carro ao pé da pista forestal. “Non ten perda, siga por aquí. O camiño vai dereito”.

Non fixo caso das súas protestas. “A partir de aquí, vaia soa. Está cerca. Eu non quero volver máis por aí”. Ela quixo preguntar o porqué, e o home non lle deu nin tempo. Fíxoa baixar do coche e deu volta axiña, coma se quitase un peso inconmensurábel de riba. Liscou por onde a trouxera. Mirouno alonxarse, e logo pensou que debía chegar canto antes. Non era cousa de agardar por ninguén e tampouco tiña camiño de volta. Se cadra ao home agardáballe un prato quente na mesa e unha familia agarimosa. Se cadra non. Que importaba.

    En todo caso ela non tiña outro remedio que ir ao encontro do seu sino, e cando chegase, tentar liscar das súas gadoupas, se a fortuna ou deus lle eran propicios. A fame era a fame. A súa filla pequena e a súa propia nai que deixara atrás dependían dela para o sustento. Mais agora non sabía se a recompensa da súa estraña peregrinación compensaría o risco azaroso dos seus pasos. Tanto tiña, xa era tarde demais para semellantes lerias.

     Afogando as bágoas, forzouse a acelerar o ritmo dos seus pés riba do sábrego.  Ao cabo, cando xa desesperaba, a un tempo decepcionada e arrepentida, viu  por fin o letreiro de neón coas siluetas provocativas e as letras rechamantes. VÁKNER-Night Club-Sexy Girls

Ramón Caride Ogando

Ramón Caride Ogando

Profesor de Bioloxía, escritor

Ramón Caride Ogando naceu en Cea, Galicia, en 1957. Estudou Bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela e  traballou como profesor de secundaria. É un prolífico escritor que cultivou diversos xéneros como a poesía, a narrativa para nenos e adultos e o ensaio. Escribe en galego, e a súa primeira obra narrativa publicouse en 1990, “Os ollos da noite. Algunhas das súas obras traducíronse ao castelán como Perigo vertical, O futuro roubado, Ameaza na Antártida ou O frío azul. Pola súa produción de literatura infantil e xuvenil, o autor galego foi recoñecido co Premio Merlín. Tamén se fixo con premios como “Risco ou Café Dublín”, polas súas novelas. É un dos fundadores da revista A Santa Compaña de Cambados(segunda época) e colaborou como columnista en El Mundo, Faro de Vigo ou O Correo Galego.

“No 2017 xubilouse do ensino formal, da escrita por agora aínda non”

Entrevista

Variacións Pérsicas (serie II): IIc. Vaiche boa 

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥