Viaxe a Sicilia por Charo Valcárcel

Viaxe a Sicilia por Charo Valcárcel

Viaxar a Sicilia era algo que viña seducíndome desde había xa uns cantos anos, supoño que en parte provocado polas engaiolantes imaxes que dela tiña visto no cine, en documentais e en series rodadas alí. Tiven a sorte de compartir este desexo coa miña amiga Luísa, así que enseguida nos puxemos de acordo e comezamos a organizalo todo.

O 18 de marzo de 2026 saímos do aeroporto de Santiago de Compostela cara a Palemo ás 9.15 a.m. Tivemos que facer transbordo en Barcelona, pois non había voo directo desde Galicia. Tras toda a peripecia, que incluíu os bocadillos a prezo de ouro que mercamos na terminal catalá, aterramos na illa ás 13.45.

Non nos defraudou, o que si comprobamos é que se se busca gozar dun tempo solleiro e cálido hai que esperar a maio ou, aínda mellor, a xuño.

Os días foron frescos e as noites máis, mesmo non nos libramos dunha boa treboada. Pero, por fortuna, tamén houbo algúns intres nos que o sol se abriu paso entre os teimosos nubeiros que se empeñaban en agochalo. Á fin e ao cabo démoslle alí a benvida á primavera.

As circunstancias leváronnos a elixir Palermo debido ás datas libres das que dispoñiamos e á combinación de voos que nos ofreceron na axencia. Como só estivemos cinco días, iso tamén condicionou os lugares que visitamos.

Xa na aproximación do avión ao aeroporto puidemos admirar a súa orografía, caracterizada pola presenza de espectaculares montañas calcarias, o que lles dá un aspecto pedregoso, e que logo puidemos comprobar que rodean a cidade, encaixada na chamada Conca d´oro.

Os puntos máis destacados deste relevo montañoso son o Monte Pellegrino, onde se atopa o Santuario de Santa Rosalía, patroa da cidade, visible desde Palermo; o Monte Cuccio ( o máis alto), o Monte Gallo e o Monte Caputo, coa vila de Monreale.

No aeroporto, cun pouco de retraso (tranquillo nessum fretta: non hai présa, foi a súa escusa) recolleunos o condutor que nos levou ata o hotel e que, xa na cidade, nos mostrou a rúa Vittorio Enmanuelle, a máis antiga, que cruza o centro histórico de Palermo dunha a outra punta e que se convertería na máis transitada por nós durante o tempo que durou a nosa estancia.

Descargar viaxe

Monreale
Palermo
cefalú
Charo Valcárcel Mato

Charo Valcárcel Mato

Profesora de Galego

Nacín nunha pequena freguesía da Estrada (Sta. Cristina de Vinseiro) hai 60 anos, pero xa levo trinta e cinco vivindo en Pontevedra, case tantos como os que traballei no IES Valle Inclán (trinta e dous), toda unha vida…

Estudei Filoloxía Hispánica, aínda que me presentei e aprobei as oposicións para profesora de Lingua galega e sempre exercín como tal, do cal me sinto e sentirei sempre moi orgullosa.

Formamos parte dun grupo de teatro de profesores (en activo e xubilados) que naceu no 2005 no seo do Valle Inclán, Argallada, e que está esperando tempos mellores para retomar a súa actividade.

Agardo que as miñas contribucións no blog devellabella sexan merecedoras do voso beneplácito ou, polo menos, non do voso desgusto.

Golpes de luz

70º Norte

máis artigos

Contacto

Ana Santos & De Vella a Bella

Hablemos ♥♥♥
No dudes en ponerte en contacto con nosotros, enviándonos un mensaje mediante el formulario siguiente.

Ana Santos & De Vella a Bella

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Viaxe a Terceira nas Azores por Ana Santos

Viaxe a Terceira nas Azores por Ana Santos

Terceira

Ana Santos Solla

Se São Miguel foi unha illa que se nos foi revelando entre néboa, auga e luz, Terceira chegou como unha continuación natural, coma se a viaxe non cambiase de lugar, senón de ritmo.

Marchamos coa sensación de deixar algo aberto atrás, pero tamén coa certeza de que nas Azores nada remata de todo: as illas non se pechan, enlázanse. O voo curto, case suspendido sobre o Atlántico, foi apenas unha transición, un paso suave entre paisaxes que, sendo distintas, falan a mesma lingua.

Terceira recibiu-nos sen estridencias, cunha beleza máis humana, máis construída, onde as cores das casas e a vida das rúas dialogan cunha natureza que segue presente, pero menos abrupta. Aquí, o tempo pareceu desacelerar aínda máis, coma se a illa nos convidase non só a mirar, senón a quedar.

E nós, sen présa, aceptamos.

Saímos da illa de San Miguel coa sensación de pechar unha porta que aínda quedaba entreaberta. Devolvemos o coche en Enterprise —Guerin, ao fin e ao cabo, é da mesma familia— e deixámonos levar pola inercia das despedidas breves. O avión agardaba ás 13:00, deses pequenos, de hélices, onde o ceo parece máis próximo e o mar máis fondo. Trinta e sete pasaxeiros, un silencio case cómplice e, tras corenta minutos de travesía doce, como quen pasa unha páxina sen facer ruído, chegamos ao aeroporto de Aeroporto das Lajes, onde tamén pousan voos que veñen directos desde Oporto.

Esta vez o coche agardábanos con Hertz. Dous euros por un segundo condutor, catro días a todo risco, e un Opel Corsa disposto a acompañarnos polas estradas da illa. Pequenos detalles que, coma sempre, fan máis leve o camiño.

En apenas dezaoito minutos estabamos xa en Angra do Heroísmo, a capital, ese lugar onde o tempo parece ter decidido quedarse. Instalámonos no My Angra Charming Boutique Hostel, no corazón da cidade. Aparcamos case diante, sen présa, coma se a illa nos recibise con esa cortesía discreta que teñen os sitios que non precisan demostrarse. Catro noites, 285,60 euros, e un pequeno ritual doméstico: deixar as cousas, baixar á cociña, abrir unha cervexa da neveira —2 euros, anotación nun papel— e sentir que, por fin, xa estabamos alí.

No cuarto, como un aceno de benvida, agardaban uns Dona Amélia. De améndoa, suaves, perfectos para ese intre suspendido entre a chegada e o primeiro paseo. Sentáronnos de marabilla, coma todo o que chega no momento xusto.

Seguir lendo e descargar

piscinas de biscoitos
praia da vitoria
Angra
Ana Santos Solla

Ana Santos Solla

Profesora de Educación Física

Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.

Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.

Aix en Provence

Aquitania

Burdeos

Os Impérios de Terceira

Viaxe a San Miguel nas Azores

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Viaxe a São Miguel nas Azores por Ana Santos

Viaxe a São Miguel nas Azores por Ana Santos

São Miguel: cinco días entre néboa, auga e luz

Ana Santos Solla

Fai cousa dun mes decidimos preparar unha viaxe ás Azores. Eu xa coñecía São Miguel, pero apetecíanos volver e engadir Terceira. O que ía ser unha viaxe de dous acabou converténdose nunha viaxe de catro, desas que xa nacen cun aquel de aventura compartida.

Buscamos os voos máis axeitados para febreiro e finalmente decidimos saír do 8 ao 17 con SATA, desde Oporto. O plan quedaba así: de Oporto a São Miguel do 8 ao 13, de São Miguel a Terceira do 13 ao 17, e regreso o día 17. En total, os tres voos saíron por 170,22 euros por persoa.

A saída era ás 12:40, con chegada a Ponta Delgada ás 14:10.

Saímos de Pontevedra ás 9:15 da mañá. Ao chegar ao aeroporto deixamos o coche no parking Prime Park (70 euros por 10 días). Xa na terminal avisáronnos de que podiamos facturar gratuitamente: nos billetes indicaba que só se podía levar unha mochila ou maleta de 8 kg, pero en realidade permitían ambas cousas sen pesar. Nós, por prudencia, cumprimos estritamente e levabamos só a maleta de 8 kg e unha mochila pequena.

O voo foi tranquilo, envolto nun ceo moi nubrado que, por sorte, non chegou a romper en chuvia. Chegamos puntuais, recollemos as maletas e fomos directamente buscar o coche que tiñamos reservado.

Era un Renault Clio da compañía Enterprise: cinco días con seguro a todo risco por 156,22 euros. Co coche xa en marcha, puxemos rumbo ao noso aloxamento, a apenas doce minutos do aeroporto: a Herdade do Ananás. Cinco noites con almorzo e parking por 400 euros a parella. Un lugar especial, case máxico, situado no medio dunha plantación de piñas, onde o aire parece ter outro ritmo.

Deixamos as maletas e saímos cara á capital. En dez minutos estabamos en Ponta Delgada, paseando polo centro e recoñecendo vellos cafés da miña viaxe de 2015, agora transformados en locais de moda.

Un deles, o Louvre Michaelense, antiga tenda de sombreiros e despois cafetería, é hoxe restaurante e coctelería. Mantén as vellas vidreiras e escaparates no interior, cun ambiente que lembra unha tenda de antigüidades. O servizo é coidado e todos os produtos levan o selo “made in Azores”. Entre as súas tentacións destaca o “Segredo”, un pastel de chocolate que podería ser a Mona Lisa deste pequeno Louvre atlántico. Reservamos para cear cedo.

Seguir lendo e descargar

concelho Ponta delgada
plantación de te
pico da Barrosa
Ana Santos Solla

Ana Santos Solla

Profesora de Educación Física

Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.

Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.

Aix en Provence

Aquitania

Burdeos

Os Impérios de Terceira

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Viaxe a Polonia 2ª parte por Xosé Manuel Gulías

Viaxe a Polonia 2ª parte por Xosé Manuel Gulías

Viaxe por Polonia 2ª parte

Manolo Gulías Márquez

  O quinto día da nosa estancia en Polonia, vintenove de agosto, despois do almorzo, saímos en dirección a Torun unha das dúas capitais do Voivodato de Cuyavia e Pomerania.
Cando levabamos percorridos preto de douscentos quilómetros e sentados no autobús algo máis de dúas horas estabamos na cidade polaca de Torun.

DeÁs dez e cuarto da mañá estábamos diante do chamativo e moderno Centro Cultural e de Congresos Jordanki, inaugurado en decembro do ano 2015 obra do arquitecto español Fernando Menis.

Dende alí, coma en tódolos lugares que pisamos, encamiñámonos a Praza da Cidade Vella, antiga Praza do Mercado onde entre outras edificacións está a Casa do Vello Concello e multitude de restaurantes e tendas. O antigo concello de Torun, unha obra maestra do gótico, erixido coa súa forma actual no século XIV. É un dos edificios de ladrillo deste tipo máis grandes do continente e é o edificio máis importante do casco antigo da cidade. Na actualidade alberga a sede principal do Museo do Distrito de Torun. Dende o alto da torre hai unha vista magnífica do casco histórico da cidade e do río Vístula.

Pincha no PDF da dereita para ler a viaxe completa

Torun
Copérnico
polonia por Gulias
Manolo Gulias Márquez

Manolo Gulias Márquez

Docente

Xosé Manuel Gulías Márquez naceu en Pontevedra en 1952, pero foi bautizado en Forcarei de onde eran seus pais. En 1983 aprobou as oposicións por ciencias logo fixo a especialidade de galego e daba as clases nesa lingua. O seu último destino levouno ao instituto onde estudou, é dicir ao Valle Inclán, non podía estar máis feliz xa que despois de case 20 anos non tivo que volver coller o coche. Neste instituto estivo 18 anos ata que con 65 xubilouse, porque xa tiña o tempo de servizo e xa tocaba. Colabora con nós relatando as súas viaxes e os seus relatos.

Tenerife 1ª parte

Tenerife 2ª parte

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Viaxe a Polonia 1ª parte por Xosé Manuel Gulías Márquez

Viaxe a Polonia 1ª parte por Xosé Manuel Gulías Márquez

Viaxe por Polonia 1ª parte

Manolo Gulías Márquez

                   A finais do mes de xullo vimos no escaparate dunha axencia de viaxes o anuncio que podería ser o que nós buscabamos para saír a pasar uns días fóra de España. Unha viaxe a Polonia.
Foi entrar e quedar convencidos de que o noso destino a finais do mes de agosto sería ir a ese país. O día 25 collemos o avión da compañía española AlbaStar no aeroporto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela que nos levaría ata o aeroporto Juan Pablo II localizado a uns once quilómetros de Cracovia. Alí era onde nos esperaba a guía, e o autobús, que nos acompañaría tódolos días durante a nosa estancia en Polonia. O avión saíu cun retraso dunha media hora, era para saír ás 17’05, por iso cando chegamos a Cracovia eran pasadas as nove e media da noite e por culpa dese retraso no hotel Golden Tulip Kazimierz, na rúa Krakowska 28, tíñannos preparada unha cea fría.

Despois de alimentarnos asomamos o nariz polos arredores do hotel e marchamos para a cama. A cidade de Cracovia é unha das máis grandes, antiga e importantes do país e capital do voivodato da Pequena Polonia. Está nas marxes do río Vístula e conta con preto dun millón de habitantes.
Durante gran parte da historia de Polonia foi a capital do país. Na actualidade é un centro moi importante de turismo nacional e internacional. A cidade vella ten unha arquitectura moi rica que a nós nos chamou moito a atención, maiormente feita en ladrillo, con fermosos exemplos de arquitectura románica, gótica, renacentista e barroca.
A pesar de que chegamos o día 25 realmente a visita a Polonia comezou na mañá do día 26 cunha excursión ás famosas minas de sal de Wieliczka.
Pincha no PDF da dereita para ler a viaxe completa

Cracovia
Cracovia1
Breslavia
Manolo Gulias Márquez

Manolo Gulias Márquez

Docente

Xosé Manuel Gulías Márquez naceu en Pontevedra en 1952, pero foi bautizado en Forcarei de onde eran seus pais. En 1983 aprobou as oposicións por ciencias logo fixo a especialidade de galego e daba as clases nesa lingua. O seu último destino levouno ao instituto onde estudou, é dicir ao Valle Inclán, non podía estar máis feliz xa que despois de case 20 anos non tivo que volver coller o coche. Neste instituto estivo 18 anos ata que con 65 xubilouse, porque xa tiña o tempo de servizo e xa tocaba. Colabora con nós relatando as súas viaxes e os seus relatos.

Tenerife 1ª parte

Tenerife 2ª parte

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Burdeos, a cidade que brillou dúas veces por Ana Santos

Burdeos, a cidade que brillou dúas veces por Ana Santos

Burdeos, a cidade que brillou dúas veces

Ana Santos Solla

A viaxe a Burdeos era unha espiña cravada. Cando fixemos a ruta en furgoneta, decidimos deixala para outro momento: intuíamos que a cidade merecía máis dun día. Setembro converteuse na escusa perfecta.

Os voos, ao final, atopámolos con EasyJet desde Porto: 120 euros cada un, saída un xoves ás cinco da tarde e regreso o domingo á mesma hora. Escollimos un hotel preto da estación, xa que o bus do aeroporto deixa xusto alí. O billete, ida e volta, custou dez euros. Din que pronto haberá un tranvía directo, pero por agora hai que facer transbordo.

Deixar o coche no aeroporto sempre é un exercicio de paciencia. Despois de varias probas, decidímonos por Vuelapark: catro días por dezaoito euros. O sistema é sinxelo: deixas o coche a cinco minutos da terminal e lévante, o mesmo á volta.

Chegamos a Burdeos ás seis e cuarto. Ás seis e media xa estabamos no bus 30’ Direct rumbo á estación. Media hora despois, tras un pequeno paseo, atopamos o noso aloxamento: unha casa particular rexentada por Isabelle, con cinco cuartos preparados con agarimo. O xardín, con tumbonas á sombra, convidaba a parar; dentro, unha pequena cociña con café, infusións, auga fresca e mesmo unha caixa de galletas a vontade.

A nosa habitación chamábase Elianor: unha cheminea no recuncho, un balcón á rúa, un baño luminoso con ventá ao patio. Todo tiña un encanto antigo, coidado, cálido. O lugar merece ser compartido: B & B Haute Montaigne, 363 euros por tres noites con almorzo incluído.

Cando nos instalamos, Isabelle ensinounos a sala común, tamén con cheminea, e a galería acristalada que dá ao xardín, onde se serve o almorzo. Deunos un mapa e unha primeira orientación para a tarde.

Saímos xa preto das oito. A nosa primeira parada foi a Porta da Moeda, elegante e serena, deseñada por André Portier en 1758, declarada monumento histórico en 1965. Seguimos ata a Porta de Borgoña, entrada principal da cidade, construída uns anos antes pola man do mesmo arquitecto. A máis fermosa, porén, foi a Porta Cailhau, do século XV, xunto ao río: impoñente, medieval, coma saída dun conto…..

Camiñamos ata a Praza da Bolsa, onde o espello de auga reflectía o luscofusco e a lúa chea. A escena tiña unha calma hipnótica. O paseo levounos despois polas igrexas de Sainte-Croix e San Miguel, co seu campanario elevado sobre o bulicio das rúas.

Volvimos á beira do Garona. As luces da cidade prendían unha a unha, e nós camiñabamos coa serenidade de quen sabe que está no lugar axeitado e coa persoa precisa. Para ser feliz non se necesitan tantas cousas: quizais só isto, quizais só alguén ao lado. Rematamos o día cansos, pero cheos.

……….

   Ler máis

burdeos0
porta cailhou
Darwin
Ana Santos Solla

Ana Santos Solla

Profesora de Educación Física

Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.

Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.

A illa do Hierro

De Bolonia a Rávena

Aix en Provence

Aquitania

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥