Menorca por Sara Valenzuela Viz

Menorca por Sara Valenzuela Viz

Menorca

Sara Valenzuela Viz

Vouvos falar desta escapadinha que fixemos ás Illas Baleares, a Menorca concretamente. Foi só unha semana pero aproveitámolo ao máximo. Non coñecíamos esta illa, si foramos a Baleares, a Maiorca, e a verdade é que Menorca sorprendeunos gratamente.

As praias, pequenas calas na súa maioría, son preciosas, non hai moita xente nelas e a auga nesta época do ano, na primaveira, está xenial, nin quente nin fría. Hai turistas, pero prefiren as piscinas de hoteis ou apartamentos á praia e iso é de agradecer. Non cabe dúbida, as súas calas de augas cristalinas e turquesa e area branca son espectaculares

Menorca, ademais da súa beleza natural, que lle permitiu ser declarada Reserva da Biosfera pola Unesco, conta cun grande patrimonio histórico que se concentra nos bonitos cascos antigos das cidades e pobos de pescadores, así como con interesantes restos prehistóricos que se atopan repartidos pola illa.

Estivemos unha semana e visitamos algunhas calas, nós alugamos nun apartamento na praia Cala Galdana,

saber máis

ciudadela
aasentamentos en Menorca
mahon
Sara Valenzuela Viz

Sara Valenzuela Viz

Profesora de Historia

Nacín na parroquia de Santirso de Manduas, en Bandeira.

Aos nove anos mandáronme estudar a Santiago e alí pasei uns cantos anos da miña vida, xa que logo fixen Filosofía e letras e liciencieme en Xeografía-Historia.

Exercín de profesora percorrendo moitos centros educativos das catro provincias, penso que de aí vén o que me gusta viaxar.

Levo en Pontevedra 27 anos, nesta fermosa cidade coñecín a unha parte dos integrantes do blog devellabella, no IES Valle Inclán e tamén no Frei Martín Sarmiento. Con eles vivín moitas aventuras, dende a nosa dedicación común ao teatro a festas diversas relacionadas co noso traballo, e sempre me sentín en total confianza.

Levo xubilada dous anos e procuro aproveitalo ao máximo, sobre todo facendo viaxes.

Neste proxecto vou poñer o meu graniño de area, e espero que sexa do voso agrado

Exipto

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Dublín, a viaxe do dó por Ana Santos

Dublín, a viaxe do dó por Ana Santos

Dublín

Ana Santos Solla

Cada viaxe é unha aprendizaxe, sempre leo antes de saír, cada vez menos, e sempre leo ao chegar, cada vez máis. Dáme a impresión que esa viaxe que preparei non é a mesma que a que realicei, programo o básico e déixome levar polo momento no que me atopo, encántame perderme e descubrir cousas ocultas ás propostas dás guías tradicionais.

Sempre me gustou viaxar, quizás fora porque meus pais nunca me deixaron facelo e comecei a saír cando estaba estudando en Madrid.

Esta non é a primeira viaxe nin a última que fixen pero quería empezar pola primeira despois das restricións pola pandemia, sempre a recordarei como a viaxe do dó, pola perda da parella, pola viaxe que quedou sen facer xuntos….

Eliximos Dublín nun almorzo na miña casa, era a primeira vez que ía viaxar cos meus irmáns, deixamos que a axencia Arany se ocupara das reservas, do voo e do hotel.

Saímos o mércores, 15 de xuño do 2022, de Santiago con Ryanair no primeiro voo da mañá, unha maleta de man, unha mochila e cinco días completos por diante.

Ao aterrar collemos o bus cara ao centro, 10 euros ida e volta, en 40 minutos chegamos ao corazón da cidade, camiñamos un anaco ata o noso hotel  Belvedere Hotel  e deixamos a equipaxe na consigna.

O noso é camiñar e se digo que nestes 5 días fixemos máis de 30 mil pasos ao día quedo  curta.

Comezamos polo canal e as diferentes pontes, fixemos fotos no monumento aos emigrantes e pasamos pola ponte de Calatrava, un calco das que ten espalladas por Europa, adentrámonos pola zona peonil e sobre as dúas entramos no primeiro pub, Lincolns Inn, para degustar o famoso fish and chips cunha cervexa ben fresquiña, logo tomamos un café nunha cafetería onde  o acompañaban cun bombón, Butlers chocolate/café. Entramos no Trinity collegue onde a cola para ir á biblioteca era enorme e xa non quedaban tíckets, camiñamos polo campus, que tiña moita animación, paseamos pola zona de Candem, Portobelo e Temple bar, pasamos pola Ponte do Medio Penique e como xa eran as 21:00 fomos cear a un restaurante italiano La góndola, moi recomendable, ao saír aínda tomamos outra cervexa camiño do hotel. Moitas horas a pé dende que saímos da casa.

Pincha no PDF  para ler a viaxe completa

Jamenson
Bray
Belfast
Ana Santos Solla

Ana Santos Solla

Profesora de Educación Física

Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.

Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Grecia por Manolo Gulías Márquez

Grecia por Manolo Gulías Márquez

Grecia

Manolo Gulías Márquez

No verán, aínda que non tiñamos boas referencias de Grecia, decidimos ir a ver de cerca o que dende lonxe non parecía demasiado atractivo. A pesar de que o humorista Miguel Gila dicía que estaba toda rota  fomos igualmente.

Como sempre, collemos o avión, e despois da escala de rigor, unhas veces toca Madrid e outras Barcelona, chegamos ao aeroporto de Eleftherios Venizelos de Atenas.

Alí apareceu para recibirnos unha persoa da axencia de viaxes que nos levou nun taxi por unha ampla avenida na que tivemos que soportar un monumental atasco.

Fomos ata o centro da cidade e xa logo ao Athens Thiare Hotel, na praza Omonoias daquela en obras, facendo o que hoxe é unha gran praza cunha fermosa fonte no medio.

Pincha no PDF da dereita para ler a viaxe completa

Atenas
Partenón
Grecia
Manolo Gulias Márquez

Manolo Gulias Márquez

Docente

Xosé Manuel Gulías Márquez naceu en Pontevedra en 1952, pero foi bautizado en Forcarei de onde eran seus pais. En 1983 aprobou as oposicións por ciencias logo fixo a especialidade de galego e daba as clases nesa lingua. O seu último destino levouno ao instituto onde estudou, é dicir ao Valle Inclán, non podía estar máis feliz xa que despois de case 20 anos non tivo que volver coller o coche. Neste instituto estivo 18 anos ata que con 65 xubilouse, porque xa tiña o tempo de servizo e xa tocaba. Colabora con nós relatando as súas viaxes.

De Jaca a Pontevedra

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Exipto por Sara Valenzuela Viz

Exipto por Sara Valenzuela Viz

Exipto

Sara Valenzuela

O 16 de xaneiro partimos para Madrid en tren dende Pontevedra para coller o avión cara a Exipto, pero pasamos a noite en Madrid, para facelo con calma e co tempo xa que tiñamos que estar 3 horas antes da saída. O avión saíu o día 17 ás 12:45 e chegamos a Luxor ás 18:45. 

Vouvos falar un pouco da miña experiencia nesta fermosa viaxe a un dos destinos turísticos máis visitados do mundo.

Comezamos cun cruceiro polo Nilo, a nosa primeira vez nun cruceiro, e foi moi agradable. O cruceiro foi do 17 ao 21, e despois fomos a un hotel no Cairo ata o 24 que volvemos de novo a Madrid, durmindo esa noite outra vez en Madrid para coller o tren a Pontevedra o 25. 

 Ao chegar ao barco, déronnos os respectivos camarotes e fomos cear. No grupo que nos tocou había xente nova, xente maior, pero había harmonía entre nós, eramos 23, todos en parella, menos un vasco que ía só. Ao día seguinte visitamos a Necrópole de Tebas, que está situada na parte occidental do Nilo, a actual Luxor, e fomos ao Val dos Reis, onde se atopa a tumba de Tutkhamon, non a vimos… non ía incluído na visita, pero si visitamos Deir El Bahari, coñecido como o templo da raíña Hashepsut.

Fixemos tamén unha pequena parada nos Colosos de Memmon, son dúas xigantescas estatuas de pedra que representan ao faraón Amenhotep III situadas na marxe oeste do Nilo, fronte á cidade exipcia de Luxor.

saber máis

Exipto1
cocodrilos
Pirámides de Exipto
Sara Valenzuela Viz

Sara Valenzuela Viz

Profesora de Historia

Nacín na parroquia de Santirso de Manduas, en Bandeira.

Aos nove anos mandáronme estudar a Santiago e alí pasei uns cantos anos da miña vida, xa que logo fixen Filosofía e letras e liciencieme en Xeografía-Historia.

Exercín de profesora percorrendo moitos centros educativos das catro provincias, penso que de aí vén o que me gusta viaxar.

Levo en Pontevedra 27 anos, nesta fermosa cidade coñecín a unha parte dos integrantes do blog devellabella, no IES Valle Inclán e tamén no Frei Martín Sarmiento. Con eles vivín moitas aventuras, dende a nosa dedicación común ao teatro a festas diversas relacionadas co noso traballo, e sempre me sentín en total confianza.

Levo xubilada dous anos e procuro aproveitalo ao máximo, sobre todo facendo viaxes.

Neste proxecto vou poñer o meu graniño de area, e espero que sexa do voso agrado

Países do sur e centro de Europa 1ª parte

2ª parte de Xénova a Podgorica

3ª parte Albania, Macedonia do norte e Serbia

4ª parte Hungría, Eslovaqui, Chequia…

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Hungría, Eslovaquia, Chequia, Alemaña… Última parte 2021 por Sara Valenzuela

Hungría, Eslovaquia, Chequia, Alemaña… Última parte 2021 por Sara Valenzuela

Hungría, Eslovaquia, Chequia, Alemaña... Última parte 2021

Sara Valenzuela

A viaxe do 2021. Novembro

Hungría, Eslovaquia, Chequia, Alemaña, Francia, España. Última parte 2021

Imos camiño de Hungría, Budapest, é o 4 de novembro,  pero marchamos un pouco antes de Belgrado, coa idea de parar no camiño e fixémolo en Novi Sad.

Vouvos contar.

Novi Sad foi proclamada a primeira cidade de Serbia que ostenta o título de Capital Europea da Cultura, a pesar de non formar parte da Unión Europea.

Aglutina comunidades de húngaros, eslovacos, croatas, xitanos e montenegrinos, aínda que a porcentaxe que representa a maioría serbia creceu nos últimos 30 anos, pasando de 64% a 78% hoxe.

Ocupamos a mañá percorrendo a cidade, tomando o café do mediodía, e a verdade é que mereceu a pena facer esta parada. É unha cidade moi coidada con fermosos edificios no centro e tamén se pode visitar unha importante sinagoga. Trátase dunha visita moi interesante e é unha pena que non poidamos pasar un par de días para coñecela mellor pero xa tiñamos un apartamento contratado en Budapest.

Seguimos camiño de Budapest. A entrada da fronteira, foi un pouco caótica hai que ter en conta que se trata dunha fronteira externa da Unión Europea, tardamos unhas dúas horas ou máis en pasala xa que había unha cola inmensa e só un par de postos funcionando, levámolo con filosofía, paraban todos os coches e pediron abrir o maleteiro, vamos, un bo control. Había moitos coches que viñan de Turquía con destino a Alemaña e comprobábase que non levasen produtos de contrabando, como o tabaco que é moito máis barato en Servia. Preguntaron canto tabaco levavamos e obligáronnos a ensinárllello. Non podo dicir o número de camións, nunca vimos tantos. Déixovos un vídeo, e xa diredes..Multiplica iso por centos, polo menos

saber máis

Praga
Hungría
Nuremberg
Sara Valenzuela Viz

Sara Valenzuela Viz

Profesora de Historia

Nacín na parroquia de Santirso de Manduas, en Bandeira.

Aos nove anos mandáronme estudar a Santiago e alí pasei uns cantos anos da miña vida, xa que logo fixen Filosofía e letras e liciencieme en Xeografía-Historia.

Exercín de profesora percorrendo moitos centros educativos das catro provincias, penso que de aí vén o que me gusta viaxar.

Levo en Pontevedra 27 anos, nesta fermosa cidade coñecín a unha parte dos integrantes do blog devellabella, no IES Valle Inclán e tamén no Frei Martín Sarmiento. Con eles vivín moitas aventuras, dende a nosa dedicación común ao teatro a festas diversas relacionadas co noso traballo, e sempre me sentín en total confianza.

Levo xubilada dous anos e procuro aproveitalo ao máximo, sobre todo facendo viaxes.

Neste proxecto vou poñer o meu graniño de area, e espero que sexa do voso agrado

Países do sur e centro de Europa 1ª parte

2ª parte de Xénova a Podgorica

3ª parte Albania, Macedonia do norte e Serbia

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

De Jaca a Pontevedra por Manolo Gulías

De Jaca a Pontevedra por Manolo Gulías

De Jaca a Pontevedra

RUTA FEITA NO MES DE XULLO DO ANO 2019

Tiñamos pensado ir para Huesca pero como hai poucos quilómetros e se chega pronto, levantámonos cedo, a iso das sete da mañá, e puxemos rumbo á cidade francesa de Lourdes, calculamos que nos podía levar dúas horas e media pero foron case tres as que tardamos ata ter o coche aparcado na rúa Sainte Marie diante do hotel Irlande. Fomos pola estrada E-7 e pasamos polo lado dunhas covas que xa visitaramos cando a miña muller botara unha semana en Jaca cando eu facía o servicio militar, as covas de Las Güixas, daquela tiveramos que levar un candil de carburo na man para poder ver algo, logo pasamos polo lado de Canfranc que ten unha estación de ferrocarril incrible pero como tamén xa a viramos non nos desviamos do noso camiño, tamén pasamos de lado Candanchú coas súa famosa pista de esquí, onde tamén xa estiveramos, porque antes de chegar metémonos no gran túnel de Somport que une España e Francia, inaugurado en xaneiro do ano 2003 ten unha lonxitude de 8608 metros, do lado francés a estrada é peor que do lado español e ao principio con moitas curvas, logo rodeamos a cidade de Pau e seguimos ata Lourdes.

Pincha no PDF da dereita para ler a viaxe completa

Gruta Iris
Huesca
Navarra