Marmelada de pomelo  por Isidro Cortizo del Río

Marmelada de pomelo  por Isidro Cortizo del Río

A árbore do pomelo ou toronja é unha planta do xénero Citrus, da familia das rutáceas, cultivado pola súa froita, o pomelo ou toronja. É un híbrido, probablemente producido de maneira espontánea entre a pampelmusa e a laranxa doce nas plantacións do mar Caribe ao redor do século XVII. No breve período desde o seu descubrimento gañou con todo gran favor e consómese fresca, cocida ou en zumes e outras preparacións, e é un cultivo importante en Estados Unidos, México, Arxentina, Uruguai, Paraguai e Israel.

O nome « pomelo» provén do idioma tamil (falado no sur da India) pampa limāa súa ou ‘limón pomposo’ ou ‘limón do Pampa’ (un río do sur da India), transformado no neerlandés pompelmoes (do neerlandés pompel: ‘grande’, e o portugués limões: ‘limóns’), ao italiano pompelmo, ao español pomelo, ao francés pamplemousse, ao inglés pommelo.

É unha froita de inverno e a época para consumilos é desde decembro a abril

Ingredientes

  • Por cada Kg de pomelos

  • ½ kg de azucre

  • 10gr de xelatina vexetal Agar Agar

  • Lávanse os pomelos e límpanse ben

  • Pélanse sen deixar cortiza branca, pártese

  • Nunha pota se espolvorea con azucre por riba e deixase repousar entre 6 e 8 horas

  • Cócese ata que estea brandiña a froita, unha media hora aproximadamente

  • Pásase pola batedora

  • Bótase a xelatina removendo un pouco

  • Deixase arrefriar e envásase

Pomelo 3
Pomelo 2
Pomelo1
Pomelo 4
Isidro Cortizo del Río

Isidro Cortizo del Río

Profesor de debuxo

Son Isidro, nacín en Bueu hai 60 anos,  licencieime na facultade de Belas Artes San Carlos en Valencia, traballei no IES Valle Inclán  impartindo clase de debuxo técnico  e colaborando co grupo de teatro Argallada facendo os decorados.

Este ano xubileime e dedícome a facer as cousas que máis me gustan, como viaxar, cociñar e xogar ao xadrez.

Ons

Compota de Albedros

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Bizcocho por Jorge Santos Solla

Bizcocho por Jorge Santos Solla

Porciones

12

Listo en:

1 hora y cuarto

Ideal para:

Desayuno

Bizcocho casero, muy fácil de hacer, a base de huevos, azúcar y harina, según receta de Ana Corbal que ya no está entre nosotros.

Interpretación: Jorge Santos

Ingredientes

Para 10 huevos que pesan 600 gr

  • 600 gr de azúcar
  •  300 gr de harina
  • 10 gr de levadura química, levadurina
  • Azúcar glas

Siempre el mismo peso de los huevos para el azúcar y la mitad de harina

Se hace:

Se baten 9 yemas más un huevo entero con la mitad del azúcar (300 gr) hasta blanquear

Se baten 9 claras a punto de nieve, cuando estén se le añade, en forma de lluvia, la otra mitad de azúcar (300gr) para hacer un merengue.

A las yemas batidas se le añade los 300gr de harina tamizada, con la levadura,  luego el merengue revolviendo de abajo arriba en movimientos circulares.

En un molde enharinado se vierte la mezcla cuidando que esté bien repartida y me mete en el horno, en la bandeja un poco abajo del medio.

Precalentar el horno a 190º durante 1o ‘

Meter 25 minutos abajo y turbo a 190º sin abrir nunca el horno

Bajar a 180º y continuar la cocción otros 25’

Apagar y dejar horno entreabierto 5’

Sacar dejar en el recipiente 5’

Desmoldar y decorar

Espolvorear de azúcar glas y voilà

ingredientes bizcocho
batiendo bizcocho
Jorge Santos Solla

Jorge Santos Solla

Médico

Jorge naceu en Pontevedra en 1959, médico de profesión e vocación exerceu durante uns anos como médico xeral ata que aprobou as oposicións de laboratorio e diagnóstico clínico exercendo durante máis de 30 anos o seu labor docente xubilándose  no IES Frei Martin Sarmiento de Pontevedra. Gran afeccionado á cociña, agora desde a súa xubilación pasa os días experimentando receitas dos grandes cociñeiros ás que lle achega o seu toque persoal

Bica estilo Trives

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Boi recheo por Ana Santos Solla

Boi recheo por Ana Santos Solla

Porcións

6

Listo en:

Unha hora

Ideal para:

Entrante

Elaboración: Ana Santos

Ingredientes

  • 30 gr manteiga
  • Aceite de oliva
  • 2 dentes de allo
  • Unha cebola
  • Un allo porro
  • Un boi cocido e picado
  • Tomate frito (bote pequeño 100 gr)
  • Un chorro de coñac
  • Perexil
  • 1 ovo cocido
  • Pan rallado

Pódese preparar o recheo de véspera e montalo no último momento, é un prato moi farturento xa que é comer sen espiñas nin nada. Tamén según o gusto dos comensais ou do presuposto de cada un, podémos engadir trociños de pescado e tamén langostinos.

ingredientes do boi recheo
Boi recheo
Ana Santos Solla

Ana Santos Solla

Profesora de E.F.

Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.

Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.

Paella de mariscos

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Compota de Albedros por Isidro Cortizo -devellabella-

Compota de Albedros por Isidro Cortizo -devellabella-

Madroño en castelán, gurbitz en vasco, arbocer en catalán, arbousier en francés, strawberry tree en inglés, e albedro ou érbedo en galego, son algúns dos nomes que recibe esta pequena e modesta árbore que habita en amplas áreas da Europa atlántica e mediterránea. Normalmente non supera os cinco metros de altura pero en condicións axeitadas pode acadar os quince metros.

Pertence á mesma familia que as carrouchas e as queirugas, e posúe unha follaxe mesta e brillante dunha intensa cor verde.

Hoxe non é unha árbore moi común en Galicia porque as repoboacións masivas relegaron a vexetación autóctona aos espazos máis inaccesibles e recónditos, pero aínda se pode atopar con relativa frecuencia nos vales estreitos de ladeiras esgrevias; tamén na serra do Barbanza.

O froito do albedro é comestible, pero antes de inxerilo cómpre prestar atención ao nome latino da planta: Arbutus unedo, que nos prevén do que pode pasar se nos excedemos con el. A primeira palabra quere dicir árbore pequena e a segunda deriva do latín unum-edo que significa «comer un». En efecto, o consumo de varias pezas deste doce froito pode producir un intenso efecto laxante. Por outra parte, cando madura e comeza a fermentar na propia árbore pode chegar a emborrachar. Por todo isto non é estraño que os froitos reciban o nome de fartabellacos. De todos os xeitos, en moitas rexións son moi apreciados para facer confeituras e licores. Medio quilo deles, nun litro de boa caña con azucre ao gusto, cravo e canela transfórmanse despois de tres ou catro meses de maceración nun delicioso bebedizo espirituoso.

Ingredientes

  • Dous Kg de Albedros
  • Azucre ao gusto
  • Auga para cocer
  • Zume de dous limóns
lavando albedros
escoller albedros
azucre
limón aos albedros
Isidro Cortizo del Río

Isidro Cortizo del Río

Profesor de debuxo

Son Isidro, nacín en Bueu hai 60 anos,  licencieime na facultade de Belas Artes San Carlos en Valencia, traballei no IES Valle Inclán  impartindo clase de debuxo técnico  e colaborando co grupo de teatro Argallada facendo os decorados.

Este ano xubileime e dedícome a facer as cousas que máis me gustan, como viaxar, cociñar e xogar ao xadrez.

Ons

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Ameixas á mariñeira por Ana Santos Solla

Ameixas á mariñeira por Ana Santos Solla

Porcións

6

Listo en:

30 minutos

Ideal para:

Primeiro prato 

Elaboración: Ana Santos

Ingredientes

  • Dous Kg de ameixas
  • viño branco e loureiro
  • Aceite
  • Dúas cebolas grandes
  • 1 dente de allo
  • 1 tomate
  • un papeliño de azafrán
  • unha folla de loureiro
  • caldo de cocer as ameixas
  • Pimentón e fariña
Pochar
ameixas á mariñeira
Ana Santos Solla

Ana Santos Solla

Profesora de E.F.

Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.

Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.

Paella de mariscos

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Paella de mariscos versión conxelados por Ana Santos

Paella de mariscos versión conxelados por Ana Santos

Porcións

3

Listo en:

20 minutos

Ideal para:

Prato único

Elaboración: Ana Santos

Ingredientes

  • Dous dentes de allo
  • un tomate
  • duas colas de rape
  • un calamar
  • 15 mexilóns
  • 15 gambas
  • un papeliño de azafrán
  • unha folla de loureiro
  • caldo de peixe
  • Deixar reposar 3 minutos fóra do lume
ingredientes paella

Plum cake

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥