23 de Abril: Día internacional do libro

23 de Abril: Día internacional do libro

Este 23 de abril, como todos os anos desde 1930, celébrase O Día Internacional do Libro;  pero non sempre se conmemorou o 23 de abril. Imos lembrar brevemente como xurdiu a idea desta celebración e por que esa data.

Realmente nun primeiro momento e durante cinco anos o día elilxido foi o 7 de outubro por crerse que era a data do nacemento de Cervantes (estudos posteriores revelaron que fora o 29 de setembro). A idea de dita celebración partiu do escritor valenciano Vicente Clavel Andrés, que a propuxo á Cámara Oficial do Libro de Barcelona xa en 1923 e posteriormente foi aprobada polo rei Alfonso XIII en 1926, de maneira que o 7 de outubro dese ano foi o primeiro Día do Libro. Posteriormente xorden dúbidas con esta data e decídese cambiala polo 23 de abril ao coincidir nese día de 1616 o falecemento de Cervantes, Shakeaspeare e Inca Garcilaso de la Vega (en realidade Gómez Suárez de Figueroa, escritor e historiador de ascendencia hispano-incaica, renomeado como Inca Garcilaso de la Vega a partir de 1563, e coñecido tamén como “o príncipe dos escritores do novo mundo)T tamén nun 23 de abril naceron ou morreron outros escritores de recoñecemento mundial como Maurice Druon, K.Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo. Por este motivo a Conferencia Xeral da UNESCO escolleu ese día para render homenaxe ao libro e aos seus autores en todo o mundo e quedou fixada así desde 1930.

A seguir achegamos distintos textos elixidos por algúns de nós cos que queremos contribuír á celebración do día do libro.

                  “…E diríalles máis: “Prohibistes o galego nas escolas para producir no espírito dos nosos rapaces un complexo de inferioridade, facéndolles crer que falar galego era falar mal e que falar castelán era falar ben. Expulsastes o galego das igrexas, facendo que os representantes de Cristo explicasen o Evanxeo no idioma oficial, que o pobo non falaba nin comprendía ben. Refugastes o galego ante os Tribunais de xustiza e chegastes a castelanizar barbaramente  as toponimias galegas. E de que vos valeu? Porque despois de máis de catro séculos de política asimilista, exercida con toda riqueza de astucias e violencias, o noso idioma está vivo. Sodes pois, uns imperialistas fracasados…”

Castelao. Sempre en Galiza. Libro Primeiro.

Sempre en Galiza

Eu vou recomendar a novela Xente ao lonxe publicada por Eduardo Blanco Amor en 1972. Trátase dun clásico da narrativa galega contemporánea e é unha das mellores obras dos últimos sesenta años.
A novela conta a historia da familia Vilar, desde o nacemento do fillo máis novo, ata a inminencia da morte do pai. O relato apóiase principalmente en tres personaxes desta familia: o Aser, o pai, e os dous fillos maiores, o Suso e a Evanxelina. O Suso é o narrador principal (que non o único) o que pode levar a pensar que se trata dunha novela autobiográfica, pero non é así. O devir destes tres personaxes vainos presentando o auténtico protagonista da novela: a clase traballadora de A. (Abreviatura de Auria, Ourense). Con 170 personaxes estamos ante unha obra coral.

Blanco Amor

A trama céntrase na primeira década do século XX, caracterizada pola súa conflictividade e ten como fondo un feito real, o mitin de Oseira de 1909 e as revoltas populares que o rodearon. É, polo tanto, unha novela con fondo carácter social. A sociedade de A. está fortemente estamentalizada e non hai lugar para as relacións interclasistas e, de producírense, son sempre conflictivas.
A nivel formal a novela é moi innovadora, tanto polo punto de vista como pola utilización do narrador múltiple e o tratamento do tempo e o espazo. A estrutura caracterízase polo “estreitamento” cara ao final, pasando dunha panorámica inicial a un primeiro plano final no que se reduce o número de personaxes centrándose no mundo obreiro de A.
En fin, é unha lectura que recomendo e que penso que non perdeu actualidade porque hoxe, igual que na A. do principios do S. XX, as clases traballadoras deben seguir loitando para reivindicar os seus dereitos.

Manuel Lastra

retrato de casada

A miña recomendación lectora é unha homenaxe a miña nai, por ser o último libro que leu e gozou a conciencia, e que compartimos as mulleres da familia; un libro feminino e feminista que relata a vida ficcionada de Lucrezia de Médici.
El retrato de casada é un relato intimista, na Italia renacentista, que nos permite acompañar a Lucrezia, participando dos seus espazos, realidades, situacións e emocións na traxectoria de súa vida, descritos de xeito exhaustivo e dinámico, que fascina nunha lectura áxil e amena.

Peque González Novoa

libre

“Libre” de LEA YPI é unha narración en primeira persoa que nos permite unha aproximación á historia recente de Albania. A autora era unha nena cando caeu o réxime comunista de tal xeito que as transformacións persoais e sociais resultan paralelas.
Nese pequeno país veremos confluir as tensións que configuraron a Europa do século XX á vez que o conflito entre as diferentes maneiras de entender a liberdade. Creo que o máis valioso desta obra é o moito que nos fai pensar acerca do que significa ser libre e o ligada que está esta posibilidade ás estruturas socio-políticas.
O relato resulta eficaz e non precisa de artificios estilísticos para comunicar de xeito transparente experiencias que son emocionantes de seu.

Isidro Cortízo del Río

Nen sequera coñecía este libro ata que unha amiga mo recomendou, dicindo que era como ver a súa vida reflectida. Picada pola curiosidade, merquei Lágrimas por una medalla, de Tania Lamarca e Cristina Gallo, e dende a primeira páxina quedei atrapada. Sentín como se o soño de moitas e moitos ximnastas se abrise diante dos meus ollos, sendo eu unha atleta sen idade, aparentemente sen importancia. A sinceridade de Tania transporta ao lector a esa intensidade que só se vive no ximnasio, entre suor, esforzo e ilusións, facendo que cada salto e cada caída se sintan propios.

Lágrimas por unha medalla

O libro levao ao centro da vida dunha deportista de elite: os adestramentos ata a extenuación, a disciplina férrea, o control do peso, as puntuacións que deciden alegrías e decepcións… todo para perseguir un soño que parece ás veces demasiado grande. Xestionar a presión non é doado, especialmente na adolescencia, e Tania retrata con honestidade e forza cada logro e cada caída. Lágrimas por una medalla non é só un diario persoal; é tamén unha crítica ao desequilibrio entre o esforzo dos atletas e o apoio que reciben, unha voz que recolle momentos fermosos e momentos duros, e que deixa pegadas profundas no corazón de quen lee. Como di un comentario de lectoras: “O libro ábrenos os ollos e nos fai ver que a vida dun deportista unha vez deixado o deporte non é nada fácil.”

Este libro recorda que detrás de cada medalla hai suor, soños e emocións invisibles, e que cada páxina é un testemuño dunha vida dedicada a perseguir aquilo que realmente importa.

Ana Santos Solla

Le ciel tombe, de Lorenza Mazzetti, traduit de l´italien par Lise Chapuis Éditions La Baconnière. 166 p.

Titre original : Il cielo cade,1993.

 Un cadeau de Noël de l´un de mes neveux. Cadeau qui m´a beaucoup plu. Il venait aussi accompagné de caramels et de pâtes de fruit d´un très bon chocolatier-caramélier de Lorient ! (Maison Le Roux !)Voilà pour les circonstances.

Quant au livre, dire que je l´ai beaucoup aimé est banal mais il en est ainsi. Je m´y suis plongée et m´y suis trouvée captivée tout de suite. Ce livre accroche dès le début. Il n´est pas de ceux que vous allez vous forcer à lire. C´est vous qui n´allez pas le lâcher. Beaucoup l´ont qualifié d´amusant. C´est vrai qu´il est comique, parce qu´écrit depuis la perspective d´une petite fille et ses pensées sont drôles.

Une phrase qui marque a été dite par le poète Henri Michaux lorsqu´il l´a lu : « C´est un petit livre féroce ». En effet, on trouve dans ce livre toute la férocité d´une accusation non-expliquée… c´est au lecteur de conclure ce qui s´est passé nous dit Lorenza Mazzetti.

Penny raconte à travers ses yeux d´enfant, sa vie au début des années 1940 en Italie. Elle vit dans une grande villa de son oncle en Toscane avec sa sœur jumelle Baby à la suite de la mort de leurs parents.

Ghislaine Gourlaouen

Le ciel tombe

Nesta nosa contribución á celebración do Día do Libro, a miña escolla é Hotel Silencio, da escritora islandesa Audur Ava Ólafsdóttir, publicado en 2016 en Islandia e en 2018 en español.

É este un libro que expón a filosofía de vida do seu protagonista cun gran sentido do humor, malia tratar asuntos como a destrución que carrexan as guerras ou o suicidio, convertendo a novela nunha novela salferida de fragmentos tremendamente divertidos, proporcionados polas reflexións sobre distintas cuestións, trascendentais ou menos, que lle afectan, pero que non restan un ápice de relevancia ao que sen dúbida son os temas principais da novela: a aprendizaxe e a esperanza.

O lector acompaña a Jonás na súa evolución de home sen futuro e sen esperanza, a outro que volve atoparlle sentido á vida e, como consecuencia, recupera o desexo de vivir. Todo a través dun longo camiño (literal e figurado) de aprendizaxe necesaria, no que descobre cales son as auténticas traxedias e o moito que pode contribuír el a minoralas, grazas a unhas habilidades que no seu mundo infeliz, pero cómodo, non valoraba en absoluto.

Gocei coa lectura desta novela, chea de orixinais e interesantes reflexións, unha das características da obra de Ólafsdóttir , de humor e de esperanza.

Charo Valcárcel Mato

Hotel silencio

Un xove profesor decide tomarse un respiro do ensino e convertese en protagonista e narrador da súa propia vida. No pobo dos seus avós, Gorda-e-Feia, no profundo Alentejo, Joaquim Baiôa, un vello manitas, decidiu recuperar e rehabilitar as casas que os propietarios abandonaron, antes de que a morte veña a reclamalo. Os dous, profesor a Baioa loitan contra a desertización dun mundo condenado a desaparecer. É unha novela poética e irónica, con personaxes memorables, que reúne mundos antagónicos: urbano e rural e un encontro entre dúas xeracións. Recomendable lectura tanto en castelán como en portugués.

Xosé Antonio Pérez Graña

Baioa castelan
Baioa portugués

Os camiños da vida (1928) de Ramón Otero Pedrayo

Hai poucos días, o 10 de abril, cumpriuse o cincuentenario do falecemento de don Ramón Otero Pedrayo, o patriarca das letras galegas.  Por iso, co gallo desta efeméride, o Consello da Cultura Galega e outras institucións están a organizar durante esta ano unha serie de actos para homenaxealo e dar a coñecer a súa enciclopédica figura.

Os camiños da vida é unha obra de carácter histórico e realista na que se describe a profunda transformación da sociedade tradicional rural galega durante un período de aproximadamente trinta anos. A novela revélanos unha fidalguía que dimite das súas funcións de liderado e provoca o colapso dun hábitat que se viña mantendo secularmente en equilibrio. Ese baleiro vai ser ocupado por unha burguesía foránea retratada como un grupo social materialista e avarento, non integrado, descoñecedor da realidade, as tradicións e a lingua e cultura galegas e, alén diso, cunha mentalidade colonialista e soberbia de desprezo por todo o que representa a nosa Terra.

os camiños da vida

   No seu afán didáctico e profesoral, o autor aproveita para ilustrar o lector ou lectora verbo dunha serie de acontecementos históricos, algúns tráxicos, que supuxeron o espertar galeguista e que callaron no nacemento do nacionalismo a comezos do século XX.

   Malia ser unha obra densa e complexa, con referencias históricas e culturais abundantes, toda persoa interesada na realidade galega debería lela, e seguramente gozaría da súa exuberante prosa e dunha fervenza de sabedoría.

Pilar Freitas Juvino

” Las gratitudes”, É un libro de Delphine de Vigan , que acabo de ler, recomendado pola miña filla. A autora sabe como manter o impulso da historia sen recorrer a unha escritura melodramática . Só hai tres personaxes: a propia Sra. Seld, Marie, unha veciña da anciá que está conectada emocionalmente con ela porque pasou moitos días da súa infancia na súa casa, e un logopeda do centro, Jérôme, que a axuda a recuperar as palabras que está perdendo gradualmente.

las gratitudes

   É un libro moi conmovedor sobre o desexo dunha anciá de expresar gratitude antes de morrer a unha familia que lle salvou a vida na súa infancia. Michka, a forma única de falar da muller, debido á súa enfermidade, conmove e trae máis dun sorriso . E hai moito humor na historia que che fai sorrir. A través das voces de Marie e Jérôme, establécese un diálogo xeracional, abordando temas como a gratitude, a nobreza e a comunicación. Unha fermosa novela sobre a gratitude, sobre o importante que é poder agradecer a quen nos axudou na vida, e como tantas veces nos esquecemos de facelo…

Sara Valenzuela Viz

Vuelvo a oír aquel ruido.

Aquel ruido…

Lo estoy oyendo.

Pero no sé si lo estoy sintiendo o si simplemente lo

estoy pensando.

No sé si estoy dentro o fuera.

No sé ni cuándo fue, ni quién fui.

¿Acaso importa?

¿Importó alguna vez…

… quién fui?

Tokio

Así comeza a edición española de Tokio, estación de Ueno da escritora sur coreana nada en Xapón Yu Miri, que traslada a Kazu, o protagonista da obra, as sensacións e sentimentos da súa complexa infancia, a infancia dunha nena coreana nun Xapón ocluído, pechado á máis feble brisa. Tampouco se esquece no libro dunha visión descarnada e cruel de Xapón, de Tokio.

Este é o mundo no que Kazu, nado en Fukusima, a cidade onde se producíu o desastre nuclear en 2011 que está presente no libro, non consigue atopar unha posición e, séndolle todo alleo, inicia un camiño sen mapa nin equipaxe cara a nada, cara á desaparición que o libere da estancia dun mundo que non é o seu e no que non atopa sentido algún. No libro lese unha historia de tristura e mala sorte, de expulsión e de autoexpulsión,  de tránsito na busca da nada. Pero, a que leva ao protagonista á renuncia á súa propia vida, é tamén unha poética narración desa viaxe cara á nada que o protagonista emprende elixindo a contorna parque da estación de Ueno, onde habitan os abandonados, os senteito, os que carecen dun lugar no mundo que é como se sinte Kazu. Pero a narración non é crúa ou depresiva, é escura, si, pero poética, colorista, cunha descrición precisa das paisaxes e dos seus detalles. Unha contradición entre a inclinación e o desapego. Para que vivo? ou, para que vou morrer? parece estar a preguntarse Kazu mentres percorre o Parque do Obsequio Imperial Ueno.

Benito Andrade

“(…)

Erguémonos no monte do Seixo e vemos pasar mandas de nubes brancas   Van tolas como monxas coas saias levantadas muxindo de gozo humidades e luxuria frétanse coas cimas e os penedos logo míranse atrevidas nas augas do Navia

Ou Navia Navia! Onde irán todas esas nubes silandeiras?

Somos ríos e a vida só é pasar por baixo da ponte Ponte de ponte   Tempo que se vai e non volve   sen cifras nin días nin calendarios   Tempo inantes do tempo   O río que nos leva ata o mar que é o morrer   Morremos   O mar é un violín azul   Nace curta unha melodía doce   A luz cae vermella sobre a costa verdescente

(…)

Chegan as mulleres Agripina a das maos rachadas de lavar sabas nos fríos do regueiro de Corveira Alcira que cebou dous mil cochos e gastou infinidade de fíos na máquina de coser   O tempo é ouro e Sigma é un tesouro   Chega a Carmiña de Ribón que fixo máis de un millón de camas no hotel Albeit de Sión Suíza   Chega Mercedes dos ollos fondos Isabel Juárez con cabelos de Botticelli Lula Laura Carmiña de Lucita Mariví Mela Isolina Rosamari Solucha Magdalena Rosario a máis fermosa Chelo a do Brigada Carmiña de Sabane Clotilde de Trigal a das verdes mazás   Chegan e chegan   Non deixan de chegar

(…)”

 O gran Poema de Tino de Féliz

Este texto é un fragmento de O gran Poema, primeira publicación en galego de Constantino Bértolo (Tino de Féliz), levada a cabo no ano 2020 despois de “asomarse uns minutos ao outro lado da morte e ao seu regreso tiña o corpo ateigado de saudades e nostalxias”. Animoume á súa reprodución neste Día Internacional do Libro 2022 a grande sintonía vital e existencial que partillamos, a frustración provocada pola imposibilidade de regresar -a non ser que viaxemos no tempo- a aquel paraíso no que tivemos a fortuna de vivirmos unha infancia que tanto arelamos: Navia de Suarna, as súas xentes e lugares, a ponte vella, o castelo, aquelas paisaxes montesías que me provocan aínda hoxe arrepíos de emoción que me soben polo ventre como cando percorres unha montaña rusa a grande velocidade…

Marcos Seixo Pastor

O gran poema

máis artigos

Contacto

Ana Santos & De Vella a Bella

Hablemos ♥♥♥ No dudes en ponerte en contacto con nosotros, enviándonos un mensaje mediante el formulario siguiente.

Ana Santos & De Vella a Bella

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Actos humanos de Han Kang por Charo Valcárcel

Actos humanos de Han Kang por Charo Valcárcel

Novela da Premio Nobel de Literatura 2024 Han Kang, escritora surcoreana que nos introduce nos actos de barbarie cometidos polo exército do seu país na primavera de 1980, disparando indiscriminadamente contra manifestacións, principalmente estudiantís, de protesta contra a ditadura. Actos que ocasionaron miles de mortos.

O relato parte xa da terrible situación provocada polos centenares de corpos que se ían apiñando no polideportivo de Gwangju, a cidade na que aconteceron os feitos que se narran, a onde chega Donhgo, un dos protagonistas, buscando ao seu amigo Jeongdae.

A narración vai dando paso a distintas voces que contan a súa estarrecedora experiencia en primeira persoa. Algunhas antes de ser asasinadas, outras superviventes tras pasar polo cárcere e sufrir terribles torturas, tamén familiares aos que estas accións violentas e crueis lles arrebataron un fillo, en moitos casos só un neno, familiares que relatan a súa busqueda desesperada e que habitan no máis absoluto dos desconsolos; e mesmo a voz dun dos asasinados apiñado baixo ducias de corpos sen vida coma el, que non entende o que ve nin o que é, que se atopa perdido na terrible soidade dunha alma orfa, dun corpo arrasado pola brutalidade. É este quizais o episodio máis perturbador e descarnado, tamén o máis conmovedor.

Actos humanos premio Nobel

O relato dos feitos sitúanos asemade en secuencias temporais diferentes, a través dun discurso narrativo non lineal que se converte nunha pedra angular da trama, ao irnos descubrindo, a modo de contagotas, as relacións entre os personaxes e as circunstancias que os rodean.

Todo xira en torno á descrición dese acto atroz e ás vítimas do mesmo, polo que, coñecendo a magnitude da barbarie, quizais cabería imaxinar que nos atopariamos ante unha narración sanguenta e arrepiante. Non obstante Han Kang é quen de trasladarnos toda esta atrocidade, toda esta dor, a través dun discurso que nos estremece, si, pero tamén nos conmove, nos atrapa e nos fusiona coas vítimas, non en van a súa prosa é cualificada como “intensa prosa poética”1. Un discurso que nos amosa a ambivalencia dos actos humanos, capaces das accións máis viles e crueis, mais tamén das máis desinteresadas e heroicas.

Por iso o título, ao meu entender, remite tanto a unhas coma a outras, e mesmo pode ser interpretado coma unha irónica referencia a eses actos levados a cabo por seres humanos que, de forma totalmente salvaxe e completamente deshumanizada, torturaron e asasinaron a miles de compatriotas sen ningún tipo de pudor nin remordemento.

Novela necesaria que nos obriga a informarnos sobre uns feitos históricos que para moitos de nós pasaron case desapercibidos e nos sinala, se é que non o vísemos diariamente moi ao noso pesar, as barbaridades que uns seres humanos cometen contra outros, simplemente por pensar distinto, por ser de distinta raza ou relixión, polo territorio, polo poder…, xenocidas que houbo, hai e haberá, pobos enteiros que sofren as consecuencias de sátrapas e tiranos aos que ninguén lles cospe. Porén a novela tamén nos mostra a valentía e coraxe dunha colectividade sometida que loita ata a morte por recuperar a liberdade.

En definitiva unha lectura moi recomendable que, con toda seguridade, deixará unha fonda pegada.

UNHAS VERBAS SOBRE A AUTORA

Hang Kang foi a primeira muller asiática en obter o Premio Nobel de Literatura.

Naceu en Gwangju, a cidade surcoreana na que ocorreron os terribles feitos que se narran nesta novela.

Na súa obra predomina a narrativa, aínda que comezou a súa carreira literaria publicando poesía. Existe un volume que recolle toda a súa produción poética, Deixei a cea na gabeta, que segue sen estar traducido a outras linguas, só se atopa na orixinal.

Han Kang

A súa narrativa foi cualificada pola Academia sueca como “intensa prosa poética que afronta traumas históricos e expón a fraxilidade da vida humana”.

De momento neste xénero ten publicados catro libros de contos e oito novelas. Delas están traducidas ao español: La vegetariana, La clase de griego, Actos humanos e Imposible decir adiós. En galego, de momento, só contamos cunha tradución de A vexetariana, publicada no ano 2022.

a vexetariana
la clase de griego
imposible decir adiós

Ademais do Premio Nobel recibiu o Premio Man Booker internacional, varios en Corea do Sur, coma o Premio Yi Sang, un dos máis prestixiosos; ou en Francia O Premio Médicis de Literatura estranxeira, etc.

 Na actualidade Han Kang segue vivindo en Corea do Sur (Seúl) dedicándose xa unicamente á escrita.

Charo Valcárcel Mato

Charo Valcárcel Mato

Profesora de Galego

Nacín nunha pequena freguesía da Estrada (Sta. Cristina de Vinseiro) hai 60 anos, pero xa levo trinta e cinco vivindo en Pontevedra, case tantos como os que traballei no IES Valle Inclán (trinta e dous), toda unha vida…

Estudei Filoloxía Hispánica, aínda que me presentei e aprobei as oposicións para profesora de Lingua galega e sempre exercín como tal, do cal me sinto e sentirei sempre moi orgullosa.

Formamos parte dun grupo de teatro de profesores (en activo e xubilados) que naceu no 2005 no seo do Valle Inclán, Argallada, e que está esperando tempos mellores para retomar a súa actividade.

Agardo que as miñas contribucións no blog devellabella sexan merecedoras do voso beneplácito ou, polo menos, non do voso desgusto.

A escola das Nogueiras

La verdad sobre la luz

máis artigos

Contacto

Ana Santos & De Vella a Bella

Hablemos ♥♥♥ No dudes en ponerte en contacto con nosotros, enviándonos un mensaje mediante el formulario siguiente.

Ana Santos & De Vella a Bella

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

La verdad sobre la luz por Charo Valcárcel Mato

La verdad sobre la luz por Charo Valcárcel Mato

Descubrín este libro animada pola lectura dunha reseña que fixo del unha boa amiga.  As súas palabras despertaron a miña curiosidade, ademais nunca lera nada de literatura islandesa, así que pareceume unha boa ocasión para poñerlle remedio.

Despois, xa engaiolada pola obra, o meu interese pola autora levoume a procurar información sobre ela e, buscándoa, atopei unha entrevista que Diana Oliver lle fixera para elDiario.es. Nela descubrín que a idea desta novela deulla a elección que fixeron os islandeses no 2013 da palabra máis bonita do seu idioma, que non foi outra que ljósmódir, literalmente “nai da luz”, unha das denominacións usadas para comadroa,  muller que axuda a outra a dar a luz. Todo o  que ten que ver co termo, significado e orixe, explícao Ólafsdóttir nunha breve introdución da novela titulada: LA PALABRA MÁS BONITA.

Desde o momento en que comecei a súa lectura decateime de que La verdad sobre la luz era unha novela distinta. Concebida con mestría por Ólafsdóttir ao decidir que a  responsabilidade do relato recaia na voz protagonista de Dýja, a cal nos vai descubrindo o seu mundo a través do seu día a día como comadroa, pequenas e grandes cousas derivadas do exercicio da súa profesión, facéndonos partícipes das  meditacións que xorden desas experiencias e así mesmo das que proveñen dos textos escritos pola súa tía avoa Fifa. Todo isto fai que nos atopemos ante un libro cargado de reflexións sobre  o ser humano, comezando xa polos seus primeiros minutos de vida, cando ve a luz por primeira vez.

   Diana Oliver cualifica ás dúas protagonistas como “filósofas do nacemento”, quizais a mellor maneira de condensar  en poucas palabras o contido máis relevante da novela, ese significado da luz que pon fin á escuridade e viceversa, o real e o metafórico: “Para poder morir, primero hay que nacer”(páx.17, afirmación coa que comeza a novela). “En medio del universo hay un agujero negro. Y en medio de ese agujero hay luz”(páx. 109).

Aínda que Dýja tamén nos introduce na paisaxe e no clima islandés, onde a luz ou a súa ausencia son sumamente importantes. Curiosamente os sucesos relatados acontecen no mes de Nadal. A propia autora sinala na entrevista mencionada que elixiu esa época do ano porque en Islandia é o momento de máis escuridade e cre que iso pode axudar a entender mellor a importancia e o significado da luz.

 A protagonista pertence a unha familia na que varias xeracións de mulleres se dedicaron a esta fermosa e delicada profesión  de axudar a traer nenos ao mundo. Entre todas elas destaca a súa tía avoa Fifa, que se converte nun personaxe fundamental  ao ser a autora dunha serie de textos: cartas, artigos e manuscritos que se erixen na esencia do relato.  

A narración, como diciamos, vainos descubrindo as múltiples experiencias do día a día de Dýja como comadroa, “nai da luz”, nese lugar onde o tempo atmosférico, tema recorrente nas conversas telefónicas coa súa irmá meteoróloga, e a duración do día e a noite, da luz e a escuridade, constitúense en importantes condicionantes da vida alí e forman parte decisiva da súa realidade.  Mais, sen dúbida, o achado dos textos da súa tía pasa a ocupar un lugar privilexiado na novela.  Cando Dýja se establece no apartamento que herda de Fifa atopa  unha morea de cartas que se intercambiaron, durante corenta anos, ela e a súa amiga Gwynvere, comadroa de Gales, nas que falan sobre o seu oficio, a morte ou a importancia da luz; ademais encontra recortes dos artigos que publicara como columnista e nos que trataba temas relacionados co reino animal e o perigo que corría, así como dos efectos nocivos que o ser humano exerce sobre el e sobre o planeta.  Pero o que máis a sorprende é o contido da caixa na que encontra tres manuscritos titulados: VIDA ANIMAL, LA VERDAD SOBRE LA LUZ e AZAR. Neles a tía Fifa reflexiona, por exemplo, sobre as diferenzas entre as persoas e os animais.  Son escritos que semellan non estar conectados porque divagan sobre moitas cuestións, pero no fondo Dýja decátase de que a súa tía trata quizais de comprender o ser humano e o seu papel no universo,  de “se ocupa realmente un lugar ou se a súa presencia é superflua”.

Ao longo da novela reprodúcense moitas das reflexións incluídas nos manuscritos, artigos e cartas da tía Fifa, de maneira que o lector vai descubrindo o complexo mundo interior deste personaxe tan peculiar que o vai atrapando na súa rede de curiosas e interesantes meditacións, que veñen sendo a súa filosofía de vida:

 “El animal más vulnerable de la tierra nunca llega a recuperarse de haber nacido”.(páx.114)

 La historia del hombre es la historia de un millón de fragmentos de luz”.(páx.127)

 “La humanidad se extinguirá pero la luz seguirá existiendo”.(páx.142)

Dýja conclúe que a súa tía se aferraba á idea de que todo estaba conectado, xa que esa frase todo está conectado” utilízaa en máis de trescentas ocasións en moi distintos contextos. E ante as constantes preguntas de súa irmá sobre o pensamento da súa tía, sobre se tiña fe ou non no ser humano, móstrase moi dubidosa porque atopa afirmacións mesmo contraditorias, quizais nin ela mesma o sabía. Aínda que si recoñecía que “o ser humano nace para amar” (páx.158)

 A novela está chea de referencias literarias, algunhas delas servindo de título aos distintos apartados, a modo de capítulos, nos que está estruturada:

 “¿ES UN IMPERIO ESA LUZ QUE SE APAGA

O UNA LUCIÉRNAGA?” (páx.127)

(haiku de Jorge Luis Borges)

 “AL MORIR, UN POETA LE DICE A UN PEQUEÑO

RIACHUELO, SU MEJOR AMIGO:

TE ACORDARÁS DE MÍ, ¿VERDAD?” (páx.159)

(verso de Abdelmajid Benjelloun)

 e remata cun fermoso poema sobre a chegada da luz dun novo día.

 En palabras da autora “se queres falar da importancia da luz nun mundo escuro tes que empezar falando da escuridade”.

 É un deses libros que deixan pegada, un libro que anima a ser relido con calma deténdose nas múltiples reflexións que contén, para seguir descubríndoas, pero tamén para gozar do relato da vida cotiá de Dýja, intensa e  complexa, porén transmitida cunha enome sinxeleza que nos atrapa ensumíndonos no seu mundo de luz e escuridade, de escuridade e de luz.

Auður Ava Ólafsdóttir é unha escritora islandesa que traballou como profesora na Universidade de Islandia  e como directora do seu Museo de Arte.

 Como novelista leva publicando obras desde 1998 obtendo xa o Premio Tómas Guðmundsson  coa súa segunda novela: La mujer es una isla. O seu primeiro éxito a nivel internacional foi Rosa cándida. Axiña obtivo o recoñecemento unánime da crítica, que destaca o seu estilo meticuloso e perfeccionista e o seu sentido da condición humana.

La verdad sobre la luz por Charo Valcárcel Mato

Conta con diversos premios no seu haber como o dos Libreiros de Islandia, Premio dos libreiros de Quebec á mellor novela estranxeira ou o Premio Médicis étranger(premio literario francés).

 Esta novela La verdad sobre la luz é de momento a última e foi publicada neste ano 2024.

Outras obras son: Tierra levantada (1998), La mujer es una isla (2004) Rosa candida (2007), La excepción (2012), Hotel silencio (2016) e La escritora (2018).

La verdad sobre la luz por Charo Valcárcel
La mujer es una isla
Charo Valcárcel Mato

Charo Valcárcel Mato

Profesora de Galego

Nacín nunha pequena freguesía da Estrada (Sta. Cristina de Vinseiro) hai 60 anos, pero xa levo trinta e cinco vivindo en Pontevedra, case tantos como os que traballei no IES Valle Inclán (trinta e dous), toda unha vida…

Estudei Filoloxía Hispánica, aínda que me presentei e aprobei as oposicións para profesora de Lingua galega e sempre exercín como tal, do cal me sinto e sentirei sempre moi orgullosa.

Formamos parte dun grupo de teatro de profesores (en activo e xubilados) que naceu no 2005 no seo do Valle Inclán, Argallada, e que está esperando tempos mellores para retomar a súa actividade.

Agardo que as miñas contribucións no blog devellabella sexan merecedoras do voso beneplácito ou, polo menos, non do voso desgusto.

A escola das Nogueiras

máis artigos

Contacto

Ana Santos & De Vella a Bella

Hablemos ♥♥♥
No dudes en ponerte en contacto con nosotros, enviándonos un mensaje mediante el formulario siguiente.

Ana Santos & De Vella a Bella

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

70º NORTE de Xaime Toxo por Charo Valcárcel

70º NORTE de Xaime Toxo por Charo Valcárcel

Hoxe imos falar dunha novela que nos traslada a un mundo distópico, a un planeta apocalíptico que agoniza tras décadas de evolución dunha pandemia que converteu o ser humano no peor inimigo de si mesmo ao ter que enfrontarse á crúa realidade da supervivencia.

O tema non nos é descoñecido, efectivamente é algo tratado con  frecuencia tanto na literatura coma no cine, con maior ou menor acerto pero sempre provocando un efecto tremendamente desacougante, probablemente porque o lector ou espectador é introducido  na peor situación posible, aquela na que hai que loitar por sobrevivir e enfrontarse aos propios límites,  é obrigado a mirarse nun espello que lle devolve unha imaxe arrepiante da que quixera poder renegar e que malia todo sabe que esa imaxe está dentro, disposta a aflorar se é necesario para seguir existindo.

70º norte

Aínda que sen dúbida esta sería unha das razóns que podería xustificar a atracción por este tema tan reiterado, claramente non é a única, a desaparición da civilización tal e como a coñecemos tamén é outra constante, e non é de estrañar, contamos con  desencadeantes de sobra que poderían levarnos a ese temido final: armas nucleares, enfermidades descoñecidas, cambio climático, etc.

A situación, pois, na que se desenvolve a historia contada en 70° Norte, énos familiar, pero o autor introduce elementos que a fan especial, xogando mesmo cun simbolismo que nos invita a reflexionar sobre a importancia da linguaxe como vehículo de comunicación, a importancia das palabras como elemento indispensable das linguas e estas como sinal de identidade que ao desaparecer levan consigo a desaparición do individuo. É moi significativo que un dos síntomas do padecemento da enfermidade, a partir do cal comeza o declive total da persoa afectada, sexa a perda da linguaxe, o esquecemento paulatino das palabras.

Desde outro punto de vista a historia é contada utilizando dous ritmos diferentes no discurso  que teñen que ver co uso da descrición, a narración e o diálogo e a súa distribución na novela.

Tendo isto en conta poderiamos falar dunha primeira parte na que predomina a DESCRICIÓN, nela o protagonista fúndese coa natureza, coa paisaxe, describindo ata o máis mínimo detalle do que vai descubrindo na súa viaxe de exploración na procura doutra vida posible.

A partir do capítulo VII-VIII imos coñecendo retallos da súa vida na colonia da que procede e os motivos que o levaron a emprender a búsqueda dun lugar mellor e máis seguro. Hai, pois, máis NARRACIÓN, aínda que os longos fragmentos de MONÓLOGO INTERIOR fannos ver e sentir polos seus ollos, sufrir con el a fame, o medo, a terrible soedade e a progresiva perda de esperanza. Soedade que axuda a mitigar a confección dun diario destinado á súa familia:

            “Día 8: Levo unhas cantas xornadas de camiño e noto o peso do aire, empezo a sentir a escaseza de osíxeno, non sei se conseguirei afacerme a isto. Teriades que estar comigo…” (páx. 127)

Pero o auténtico cambio  atopámolo a partir do capítulo X caracterizado xa por un discurso PREDOMINANTEMENTE NARRATIVO, inmerso no DIÁLOGO entre os dous personaxes principais:

  • O home que explora
  • E a muller, única supervivente dunha aldea nun val entre montañas.

É a través do diálogo entre os dous que descubrimos o que aínda descoñeciamos sobre a situación pola que atravesa o planeta e as características da pandemia que provocou a destrución dunha sociedade “civilizada”.

Nesta última parte da novela, para min a máis interesante, prodúcese a convivencia entre os dous protagonistas que curiosamente pasan a denominarse constantemente como:

A MULLER e O HOME.

ELA e EL.

No caso da muller hai unha única excepción, unha carta da súa irmá Dolores na que a chama polo seu nome: Clara. Porén nas demais ocasións, que son moitas, sempre vai ser “a muller” ou “ela”

            “O home dera pasos cara á entrada da casa, disposto a enfrontarse co que fose”  (páx. 150)

            “A muller, anicada, prendía un lume con herba seca e garabullos no fogar da cheminea” (páx.154)

            “Ela atizaba as ascuas dun dos fornelos” (páx. 156)

            “El, tamén riu, a primeira vez desde que entrara na casa (páx.178)

Non obstante si que aparecen algúns personaxes sempre designados polos seus nomes propios, por exemplo Xandra, muller do home que explora, e Dolores, irmá da muller supervivente.

Que intención pode haber detrás destes personaxes innominados que á vez son os máis relevantes na historia?

Talvez que as súas personalidades e as súas accións son suficientes para seren identificados?

Talvez que as súas identidades se dilúen nesa distopía que os devora a un e a outra?

Son moito e non son nada. Representantes de dous espazos opostos, o abafante e o anhelado, o opresivo e o liberador, mais ambos os dous vítimas da mesma realidade atroz.

70° Norte é unha historia descarnada onde non hai apenas cabida para a compaixón ou a solidariedade, onde o medo, a desconfianza e a imperiosa necesidade de sobrevivir xustifican calquera acción, mesmo as que baixo prismas máis benévolos poderían ser consideradas tremendamente crueis.

Cabe destacar, non obstante, o papel relevante dunha natureza salvaxe e fermosa que se abre paso no medio da destrución.

Quizais sexa a resposta á única supervivencia posible do planeta, mais quizais tamén nela non haxa cabida para a humanidade.

                                                                                   Por Charo Valcárcel

                                                                                               (xaneiro 2024)

INFORMACIÓN SOBRE O AUTOR

Xaime Domínguez Toxo. Bueu,  11 de Novembro de 1955.

Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación. Presidente do Ateneo de Pontevedra dende o ano 2007.

 Escritor.  Ten publicado na editorial Xerais o libro de relatos AS PALABRAS QUE MOVE O MAR, polo servizo de publicacións da Deputación de Pontevedra conxuntamente co artista Antón Sobral ten publicado o CADERNO DE MAR, na editorial Ancoradouro o libro de relatos PROTEXER O INVISIBLE, na editorial Laiovento o poemario A CASA SEN NÓS

Historia de vida

Xaime Toxo
Charo Valcárcel Mato

Charo Valcárcel Mato

Profesora de Galego

Nacín nunha pequena freguesía da Estrada (Sta. Cristina de Vinseiro) hai 60 anos, pero xa levo trinta e cinco vivindo en Pontevedra, case tantos como os que traballei no IES Valle Inclán (trinta e dous), toda unha vida…

Estudei Filoloxía Hispánica, aínda que me presentei e aprobei as oposicións para profesora de Lingua galega e sempre exercín como tal, do cal me sinto e sentirei sempre moi orgullosa.

Formamos parte dun grupo de teatro de profesores (en activo e xubilados) que naceu no 2005 no seo do Valle Inclán, Argallada, e que está esperando tempos mellores para retomar a súa actividade.

Agardo que as miñas contribucións no blog devellabella sexan merecedoras do voso beneplácito ou, polo menos, non do voso desgusto.

Golpes de luz de Ledicia Costas

máis artigos

Contacto

Ana Santos & De Vella a Bella

Hablemos ♥♥♥ No dudes en ponerte en contacto con nosotros, enviándonos un mensaje mediante el formulario siguiente.

Ana Santos & De Vella a Bella

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Golpes de luz de Ledicia Costas por Charo Valcárcel

Golpes de luz de Ledicia Costas por Charo Valcárcel

Esta novela de Ledicia Costas publicada no 2021, e que xa conta con varias reedicións, está construída con tres personaxes protagonistas que representan a tres xeracións dunha mesma familia: avoa, filla, neto; o que é o mesmo: Luz, Xulia e Sebas.

A primeira impresión que me produciu a súa lectura é a de recoñecer no discurso narrativo, principalmente nos capítulos nos que o narrador e o punto de vista son o de Sebas, a dilatada experiencia da autora no manexo da narrativa dirixida aos lectores máis novos, movéndose coma un peixe na auga cando utiliza a perspectiva infantil.

Pero atopamos moitos outros motivos que a converten nunha novela interesante e atraente. Un dos méritos indiscutibles é a utilización de tres narradores diferentes, non só polos anos que os separan senón tamén polos seus caracteres marcados por fortes personalidades ben contrastadas. Estes narradores vanse sucedendo no discurso narrativo tomándose o relevo nos distintos capítulos tanto da primeira parte da novela: ANIMALIÑA, como da segunda: O ARXENTINO.

Golpes de luz

Este xogo narrativo é un dos grandes méritos de Golpes de luz, pois o cambio dun personaxe a outro, dunha avoa de oitenta anos a un neno de dez ou a unha nai de corenta e pico mantense con sorprendente coherencia ao longo de toda a novela, máxime cando son personaxes complexas, como é o caso de Luz, a avoa, unha anciá con demencia e momentos de extraordinaria lucidez que arrastra os duros golpes dun pasado que sempre ocultou á súa filla, Xulia. Luz convértese sen buscalo na heroína de Sebas e os seus amigos que a identifican con Thor, o deus do trono e a forza na mitoloxía nórdica, descrito abríndose paso co seu inseparable martelo, xa que esta figura mitolóxica foi convertida por Marvel nun superheroe dos seus cómics, pasando posteriormente ao cine, de aí que os rapaces estivesen tan familiarizados con el e mesmo coas súas orixes coma fillo de Odín, etc. A identificación de Luz con Thor nace da actitude dela, inseparable do seu martelo, co que incluso dorme, e que utiliza como arma de defensa e ataque cando considera que é necesario. É tamén a personaxe que nos regala os momentos máis divertidos da novela, cando reproduce os seus pensamentos, ou nos seus diálogos coa filla, co neto ou coa nai morta. Pero así mesmo os de maior tensión dramática, debido ao seu estado mental.

Sebas é un rapaz que debe adaptarse á vida nunha pequena vila galega ao chegar de Madrid con Xulia para vivir coa súa avoa tras o divorcio de seus pais. É un neno tremendamente imaxinativo e tenro e a súa perspectiva achega un sopro de aire fresco a unha historia difícil de traumas non superados, a súa inocencia e fantasía así como a súa sorprendente madurez para enfrontar moitas situacións son o contrapunto ideal aos problemas creados pola complicada convivencia entre nai e filla.

Xulia, a filla de Luz, representa a cordura, o sentido común, a paciencia, pero tamén é unha muller obstinada que non se rende ante o seu afán por coñecer un pasado que sempre se lle ocultou e iso, sumado ao seu bo facer como periodista, vaina levar finalmente a descubrir esa verdade dura que forma parte da súa vida. Ademais, a través dela e das súas investigacións, entramos en contacto co mundo do narcotráfico, ese mundo escuro cheo de traxedias persoais e colectivas de presenza constante nos medios de comunicación durante tantos anos e ao que a vila na que se criou Xulia e na que viven agora tampouco foi allea.

A segunda parte da novela leva o título de O Arxentino, que é como Luz, a Animaliña, se refire ao que foi o seu home. Este é o personaxe ausente, o personaxe pantasma que non estando forma parte fundamental da historia, unha historia na que el é a clave de moitos comportamentos e da gran frustación de Xulia. Teremos que esperar ás últimas páxinas para coñecer o que se oculta realmente tras o misterio que o rodea.

Trátase, pois, dunha novela de personaxes, chea de dinamismo, misterio e dor, pero tamén humor e tenrura; sabia combinación de ingredientes que converten a súa lectura nun acto pracenteiro e estimulante.

INFORMACIÓN SOBRE A AUTORA

LEDICIA COSTAS: Nada en Vigo en 1979 é unha das escritoras máis coñecidas e premiadas da literatura galega actual, sobre todo no eido infantil e xuvenil, aínda que tamén publicou para adultos: Infamia (2019) ou esta mesma que recomendamos hoxe: Golpes de luz (2021) e novelas catalogadas como “novelas de fronteira” precisamente por estar na fronteira entre xéneros.

Ledicia Costas

O seu percorrido literario iníciase no ano 2000, cando contaba só 21 anos, coa novela Unha estrela no vento, moi popular entre as lecturas recomendadas na ESO durante anos.

Gañou o Premio Lazarillo en tres ocasións con: Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta (2016), A balada dos unicornios (2018) e A lebre mecánica (2022), é a única escritora en recibir este galardón en tres ocasións. Co primeiro dos tres gañou tamén o Premio Gala do Libro Galego, que lle sería concedido así mesmo por A señorita Bubble no 2018, con A balada… obtivo o Premio Kelvin 505.

O Premio Merlín recibiuno en dúas ocasión, a primeira por Escarlatina, a cociñeira defunta (2014) e a segunda por O neno de lume (2022). Por Escarlatina… concedéuselle tamén o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.

Ademais no 2012 gañou o Premio Neira Vilas por O corazón de Xúpiter e no 2015 o Premio Losada Diéguez polo seu libro de relatos: Un animal chamado néboa.

Entre as denominadas novelas fronteira atoparíanse O corazón de Xúpiter ou Recinto Gris.

En 2021 foi recoñecida co Premio da Cultura Galega de Creación Literaria.

No ano 2022 gaña tamén o Premio de Poesía A Fundación co seu poemario Ultraluz.

Case a totalidade da súa obra está traducida ao castelán e mesmo a outros idiomas coma o portugués, o italiano ou o coreano.

Agardamos que nos siga agasallando moito tempo máis coas súas historias, esas das que ela mesma di que “as mellores son as que se escriben coa cabeza, pero sobre todo con corazón”.

 Bibliografía: https://lediciacostas.com/es/sobre-mi/

Charo Valcárcel Mato

Charo Valcárcel Mato

Profesora de Galego

Nacín nunha pequena freguesía da Estrada (Sta. Cristina de Vinseiro) hai 60 anos, pero xa levo trinta e cinco vivindo en Pontevedra, case tantos como os que traballei no IES Valle Inclán (trinta e dous), toda unha vida…

Estudei Filoloxía Hispánica, aínda que me presentei e aprobei as oposicións para profesora de Lingua galega e sempre exercín como tal, do cal me sinto e sentirei sempre moi orgullosa.

Formamos parte dun grupo de teatro de profesores (en activo e xubilados) que naceu no 2005 no seo do Valle Inclán, Argallada, e que está esperando tempos mellores para retomar a súa actividade.

Agardo que as miñas contribucións no blog devellabella sexan merecedoras do voso beneplácito ou, polo menos, non do voso desgusto.

A muller xabaril de Fina Casalderrey

máis artigos

Contacto

Ana Santos & De Vella a Bella

Hablemos ♥♥♥ No dudes en ponerte en contacto con nosotros, enviándonos un mensaje mediante el formulario siguiente.

Ana Santos & De Vella a Bella

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

A muller Xabaril por Charo Valcárcel

A muller Xabaril por Charo Valcárcel

Hoxe quérovos falar de A Muller Xabaril, de Fina Casalderrey, que acaba de publicar Xerais en marzo deste ano 2023.

Veño de rematar a lectura desta primeira novela da autora especificamente destinada a lectores adultos e debo dicir que é unha historia dura e tenra a un tempo, que conmove profundamente deixando unha pegada que non desaparece tras pechar a última páxina do libro.

O que se relata está inspirado na muller real que foi coñecida popularmente coma “O Jabalí” ou “A Jabalina” e que os pontevedreses e pontevedresas da xeración dos 50 e 60 lembran moi ben, principalmente os de Xeve, de onde era natural.

Pero mesmo os que, coma min, non sabiamos nada deste curioso e intrigante personaxe, acabamos sendo atrapados pola historia que Fina Casalderrey constrúe a partir dela, acabamos descubrindo a Muller Xabaril devagar, conducidos principalmente polo personaxe de Ramiro desde cuxa perspectiva a observamos por primeira vez:
“O Xabaril, o Xabaril! Aí vén o Xabaril!
O cheiro repugnante que desprendía a moitos metros de distancia abondaba como anuncio da súa inminente proximidade”
Casalderrey, Fina, 2023 páx.24 Xerais

a muller xabaril

e tamén a través dos seus ollos, primeiro de neno logo xa de adulto, imos coñecendo mellor ese personaxe repugnante e noxento que vai volvéndose cada vez menos repugnante e menos noxento:
“Eu perdinlle o medo moi pronto porque nos contaba cousas doutros lugares dunha maneira moi especial e á rapazada sempre nos tratou moi ben”
Casalderrey, Fina, 2023, páx. 114 Xerais

Porén será, sobre todo, nas cartas escritas por Adelina en distintos momentos da súa vida onde se nos mostra a súa auténtica natureza e por que acabou convertida nun farrapo miserento e solitario.
Moi amada e sentida nai:
Como lle vai? Soño cada día con que estea ben, alá onde queira que vostede se atope. Hoxe, en especial, bótoa moito en falta. Gustaríame ter unha íntima conversa con vostede para lle preguntar como se sente. Xúrolle que non é para lle reprochar nada, é tan só por coñecer un pouco máis a alma dunha nai, saber que foi o que lle impediu realmente continuar preto de min…”
Op. Cit. Páx 205

A carón de Ramiro hai outros personaxes como Cándida, Concha, Miguel, Amancio, etc. que contribúen a achegármonos ao Xabaril. En realidade trátase de todo un pobo o que nos transmite os amores e odios que xera esta muller.
É unha novela maxistralmente construída que mantén o interese do lector ata a última liña, unha novela que é quen de trasladarnos á vida cotiá no rural da primeira metade do século XX e mergullarnos nas pequenas e grandes historias que garda ese mundo e a súa xente, mais tamén unha novela que non pasa por alto os acontecementos históricos que se viviron neses anos e, da man dos seus protagonistas, volvemos ao tempo da ditadura de Primo de Rivera, da II República, e, sobre todo da represión trala sublevación militar do 36. Unha novela que se detén na análise das personaxes femininas poñendo de relevo a complicada vida que lles tocou vivir a tantas mulleres nesa época, principalmente por ser mulleres, mais tamén lles reserva un espazo importante aos homes, e como mostra temos a Ramiro, de gran relevancia na historia, un personaxe que desborda humanidade e sensibilidade, ou o do seu avó Amancio; iso si, ao seu carón e como antagónicos destacariamos por riba de todos o pai de Adelina e algúns outros nos que se detén menos a narración pero que teñen un posto destacado e gañado a pulso a carón do proxenitor da protagonista.

 Tamén é unha novela na que se lle saca moito rendemento ao xogo temporal: o tempo da historia trasládase ao discurso narrativo a través do vaivén presentepasado. Un presente cheo de incógnitas que se deben resolver recorrendo ás lembranzas dun pasado máis ou menos remoto. Será principalmente con Ramiro con quen nos embarquemos nesas viaxes temporais para tratar de recordar e entender.
Unha novela cunha estrutura narrativa na que se combina a técnica epistolar – clave no desenlace- coa narración en 3ª persoa, relato no que domina claramente a perspectiva de Ramiro, é el o que, ao par do lector, le a multitude de cartas que nos van desentrañando o misterio que se agocha tras a muller Xabaril.

E por último é tamén unha novela na que a presenza da música en torno aos personaxes principais é constante, situándose ao seu carón como unha protagonista máis, a música de John Lennon que escoita Ramiro no seu vinilo e acompaña as súas cavilacións, pero tamén a copla que adora Concha e que se mantén intacta na súa memoria, a música das verbenas, pasodobres, boleros… que foron a banda sonora dunha época que conforma o pasado e, en ocasións tamén o presente, dos personaxes de A muller Xabaril.

Por que recomendo a lectura desta novela?

Primeiro porque é unha novela de ritmo áxil e intenso que nos transporta a espazos familiares ou facilmente recoñecibles, poboados por personaxes de grande autenticidade que nos atrapan no seu mundo e aos que xa non poderemos abandonar ata o final. Ademais a historia que se nos relata vai gañando interese e emoción a medida que se vai avanzando na lectura, e non decepciona.

Porque indaga nun tema que non por ser moi tratado resulta menos interesante: a complexidade do ser humano, nesta ocasión principalmente a través da fascinante personaxe da muller Xabaril e mostra como se agocha baixo grotescas capas superficiais quizais para fuxir de si mesma, do que en realidade hai debaixo de todas elas, amosando só un disfraz repulsivo que provoca noxo e rexeitamento por parte da maioría dos que un día foron os seus semellantes.
Porque nos abre os ollos ante realidades dolorosas e pescuda nas profundidades dun ser que sufriu unha metamorfose inversa á da bolboreta, pero que acaba entrando en nós cunha fervenza de emocións que atravesan as páxinas do libro anegándonos por completo, mérito indiscutible dunha pluma que para os que somos lectores asiduos da súa obra, xa coñecemos ben, mais non por iso resultamos menos conmovidos.
Boa lectura!

Charo Valcárcel
(abril 2023)

Charo Valcárcel Mato

Charo Valcárcel Mato

Profesora de Galego

Nacín nunha pequena freguesía da Estrada (Sta. Cristina de Vinseiro) hai 60 anos, pero xa levo trinta e cinco vivindo en Pontevedra, case tantos como os que traballei no IES Valle Inclán (trinta e dous), toda unha vida…

Estudei Filoloxía Hispánica, aínda que me presentei e aprobei as oposicións para profesora de Lingua galega e sempre exercín como tal, do cal me sinto e sentirei sempre moi orgullosa.

Formamos parte dun grupo de teatro de profesores (en activo e xubilados) que naceu no 2005 no seo do Valle Inclán, Argallada, e que está esperando tempos mellores para retomar a súa actividade.

Agardo que as miñas contribucións no blog devellabella sexan merecedoras do voso beneplácito ou, polo menos, non do voso desgusto.

Kafka en la orilla

máis artigos

Contacto

Ana Santos & De Vella a Bella

Hablemos ♥♥♥
No dudes en ponerte en contacto con nosotros, enviándonos un mensaje mediante el formulario siguiente.

Ana Santos & De Vella a Bella

♥♥♥ síguenos ♥♥♥