Un air de Bretagne ce soir….por Ghislaine Gourlaouen

Un air de Bretagne ce soir….por Ghislaine Gourlaouen

Quelques mots sur l´auteur

Youenn Gwernig, né Yves Guernic selon l´état civil à Scaër (Finistère) en 1925, décédé à Douarnenez (Finistère) le 29 août 2006, est un écrivain et poète franco-américain d’origine bretonne. Il est également sculpteur, musicien et chanteur. Il fut aussi sonneur*, peintre et producteur de télévision pour France 3 Bretagne.

Il émigre aux États-Unis, pays dont il prend la nationalité, à la fin des années 1950 et ne revient en Bretagne qu’à la fin des années 60. Avec des valeurs humanistes et universelles, il rédige ses écrits indifféremment en breton, français ou anglais

*Le sonneur (soner en breton, sonnou en gallo) est un musicien jouant de la bombarde, du biniou kozh ou autre type de cornemuse, ainsi que parfois aussi de la clarinette bretonne, la Treujenn-gaol          

Ce que je voudrais vous faire connaître ici est une chanson qui me plaît beaucoup;  je l´ai découverte, il  n´y a pas si longtemps que cela, quelques années peut-être. Nous la devons au  barde breton Youenn Gwernig et s´intitule E kreiz an noz, c´est- à- dire “Au milieu de la nuit”. Libre à chacun d´interpréter le  texte le texte poétique comme il l´entend….. L´auteur l´a lui même chantée et puis d´autres interprétations ont vu le jour.  Des chorales et  chanteurs  ont repris ce texte,que je trouve très beau. Je vous propose deux interprétations, celle de l´auteur déjà décédé et celle de nouvelles générations tout aussi belle.  Bonne  écoute!

E kreiz an noz

E kreiz an noz me glev an avel

O vlejal war lein an ti

Avel, avelig c´hwezit  ´ta

All lann´n em gann ha d´an daoulamm

Kanit buan kan ar frankiz deomp-ni

Diouzh ar c´hornog e c´hwezh an avel

o vlejal war lein an ti

Diouzh an douar e c´hwezh an avel

O vlejal war lein an ti

Diouzh ar mor bras e c’hwezh an avel

o vlejal war lein an ti

Ne vern pe du e c´hwezh an avel

Brav eo bevañ ´barzh hon ti.

Au milieu de la nuit

Au coeur de la nuit j´entends le vent

 Qui hurle au-dessus de la maison

Vent, vent,  allez souffle

La lande se bat mais cours

Nous chanter le vent de notre liberté

De l´est souffle le vent

Qui hurle au –dessus de la maison

De l´ouest souffle le vent

Qui hurle au-dessus de la maison

Des terres souffle le vent

Qui hurle au-dessus de la maison

Qu´importe d´où souffle le vent

Il fait bon vivre dans notre maison

La casa donde crecí

No corazón da noite escoito o vento

Zoar por riba da casa

vento, vento veña, sopra zoar

o ermo pelexa pero corre

A cantarmos o vento da nosa liberdade

do leste sopra o vento

que zoa por riba da casa

do oeste sopra o vento

que zoa por riba da casa

Das terras sopla o vento

que zoa por riba da casa

Que importa de onde sopre o vento

Dá gusto vivir na nosa casa

Interprétation de la chanson avec le texte en breton, anglais et français:

Interprétation récente: Perynn Bleunven, Josh Turner, Carson McKee

Ghislaine Gourlaouen Bryselbout

Ghislaine Gourlaouen Bryselbout

Profesora de francés

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Os “MODS”: A segunda batalla de Hastings por Pascasio Radberto

Os “MODS”: A segunda batalla de Hastings por Pascasio Radberto

En Hastings na costa sur de Gran Bretaña desenvolvéronse dúas grandes batallas da historia de Inglaterra. A primeira tivo lugar o 14 de outubro do ano 1066, cando o exército franco normando, dirixido polo duque de Normandía, Guillermo II o Conquistador, despois de desembarcar na costa británica,  esnaquizou un exército saxón que se enfrontou a el, mandado polo rei Harold II. Esta batalla significou o comezo da conquista de Inglaterra por parte dos normandos e así mesmo o comezo dunha nova era para este territorio.

Xusto oitocentos noventa e oito anos despois, en maio de 1964, desenvolveuse a segunda batalla de Hastings. Nela, durante unha longa fin de semana, dúas tribos urbanas xuvenís, os  <<Mods>> e os <<Rockers>>, invadiron as praias do sur de Inglaterra e enfrontáronse por toda a costa entre Brighton e Hastings. Un dos contendentes desta segunda batalla de  Hastings os <<Mods>>, son os protagonistas desta historia. 

O movemento <<Mod>>, acrónimo de <<Modernism>>, foi unha subcultura urbana de gran  complexidade que xurdiu a finais dos anos cincuenta e que estivo de moda en Inglaterra na primeira metade dos anos sesenta. Unha definición desta corrente deuna Peter Meaden (manager de The Who  e unha das figuras deste movemento), <<Mod  é un aforismo para  vida limpa en circunstancias difíciles>>.

Hai varias versións sobre a súa orixe. Uns din que foi promovido por mozos de clase media-baixa, con familias que estaban relacionadas con negocios de xastrería, en concreto co estilo italiano. Outros, como o sociólogo Simon Frith, aseguran que xurdiron a partir da  <<Beatnik Culture>> que tivo gran predicamento entre os estudantes de arte interesados no  existencialismo, os poetas beat e o jazz moderno. Estes mozos estudantes, pululaban polos cafés e locais do Londres máis underground.

Os antecedentes habería que buscalos no movemento <<Teddy Boys>> británico dos  anos 50 do século pasado, unha das primeiras subculturas urbanas británicas. Os <<Teddy  Boys>>, eran mozos entregados ao Rock and Roll  e ao Rhythm and blues e que vestían cunha roupa  inspirada nos dandis do período eduardiano. Este estilo dérase en  Inglaterra na primeira década do século XX, durante o reinado de Eduardo VII (1901-1910).

Os <<Mod>> empezaron a finais dos anos 50, sendo un grupo urbano de culto, moi  minoritario. Eran mozos que se movían semiocultos en pequenos clubs de jazz e blues do Soho de Londres. Co tempo, estes pequenos grupos, chegaron a converterse na Illa británica na tendencia estética e mundial predominante na primeira metade dos anos sesenta.

Os membros desta subcultura eran adolescentes que afrontaban a vida cunha actitude  positiva e onde a estética era algo fundamental na súa forma de ser. Un aspecto moi  importante para eles era o concepto de amizade. O cal facía que enlazaran un individualismo exacerbado cun sentimiento de pertenza ao grupo, á tribo, que lles daba  un punto de fraternidade e confianza que os facía ser máis fortes. <<Mod é a forma curta de  dicir: mozo, guapo e estúpido. Todos estivemos aí>> (Pete Townshend, guitarrista de  The Who).

A inmensa maioría dos “mods” eran rapaces de clase media baixa  e de poucos recursos. Moitos deles deixaban os estudos na adolescencia para pórse a traballar. O normal era que conseguiran empregos pouco cualificados, de escaso nivel social e moi mal pagados. O principal motivo de abandonar os estudos era poder pagar a roupa e comprar unha <<Lambretta>>, a moto que era un dos seus signos de identidade.

Na cultura <<Mod>>, había un par de cuestións que eran fundamentais. A primeira, como xa se dixo, a imaxe e a aparencia física. Querían ser o máis do máis cool. Soían ir a  locais londinenses que frecuentaban estudantes franceses, para observalos  e plaxiarlles o  <<look>>. Aos <<mods>> encantáballes todo o que viña do continente, sobre todo de Francia e Italia. Eran fanáticos de filósofos, escritores, cineastas e incluso deportistas e marcas  de todo tipo. 

Levaban o cabelo curto <<estilo tazón>>, ou con raia ao lado. Vestían chaquetas  feitas a medida, loxicamente os que podían pagalas, que levaban tres ou catro botóns e de lapela estreita. As camisas eran de colo curto rematado tanto en punta como redondeado e gustáballes moito empregar xemelgos. Levaban  habitualmente a gravata con nó moi estreito. No que respecta ao calzado usaban mocasíns de distintas cores e mesmo podían ser de pel de crocodilo. Non desprezaban tampouco a roupa de marca, como podían ser os polos  Fred Perry, os pantalóns Levi`s con pequenas dobreces ou os zapatos Clarks e Hush Puppies. Pero a realidade era que moitos deles utilizaban traxes de corte barato, posto que non soían andar sobrados de cartos.

Tribus urbanas

A imaxe do <<mod>> non se pode comprender sen a moto: a Scooter <<Vespa ou  Lambretta>> de orixe italiana, que podía ser con ou sen sidecar. A moto  permitíalles moverse por toda a urbe londinense e ademais era máis barata ca o automóbil. Personalizadas ata o imposible, levábanas acuguladas de espellos retrovisores ( para cachondearse dunha lei que obrigaba a levar un en cada moto), faros, bucinas, etc.

 Debido ao  clima máis ben  desapacibre de Londres, usaban a parka do exército estadounidense con multitude de adornos e símbolos entre os que non podía faltar a bandeira británica. En moitos caso esta prenda  estaba totalmente desgastada por efecto do duro clima da capital. 

Se ben polo día podían levar, de feito levaban, unha vida anódina cos seus traballos servís e mal pagados, pola noite, coas súas Scooters, a súa roupa a medida e ateigados ata o cocote de anfetaminas e de café expresso, percorrían freneticamente a cidade dun local a outro do barrio londinense do Soho.  Nese momento estes adolescentes eran literalmente os reis da noite. Segundo a revista <<Sunday Times>> a vida do <<mod>> consistía  basicamente <<en saír a clubs os sete días da semana>>.

Lambreta
Chicas Mods

As <<Modettes>>, eran a versión feminina. Eran mozas que, nun principio, levaban roupas de tipo masculino, pero pouco a pouco e segundo avanzaron os anos sesenta, foron cambiando as súas vestimentas influenciadas polo <<Op Art>>. Entón os seus vestidos pasaron a estar decorados con formas xeométricas, propias deste estilo artístico, e a ter moitas cores e, sobre todo moi luminosas. Non faltaban os traxes de saia e chaqueta sen mangas para poder bailar máis libremente. A saia sempre por debaixo dos xeonllos. As verdadeiras <<modettes>> non usaban minisaia. Gustábanlles moito os abrigos de plástico, pero podían ser doutros materiais como coiro ou ante.  O cabelo adoitaban levalo liso con raia ao medio ou corte de pelo ao garçón. A modelo Twiggy, moi popular nos anos sesenta, foi un icono destas mozas.

Os “Mods” querían ter o mellor do mellor. Querían ser os máis “cool”. Ter a mellor roupa, a mellor moto, escoitar a mellor música, etc. Pero non significa que todo isto tivera que ser o máis caro, xa se dixo que non andaban sobrados de cartos, nin tampouco o máis popular. Ao contrario, gustáballes ser moi exclusivos. En moitos casos nos seus discos tapaban con cinta adhesiva o nome do grupo para que ninguén máis os coñecese. E se o disco, e mesmo o vestiario, se facían populares, perdían o interese e abandonábano porque xa non podían rumbar con el no barrio cos amigos. Neste sentido eran sumamente ególatras.

Jimmy Cooper, o personaxe do filme <<Quadrophenia>>, fai unha definición perfecta  <<Eu non quero ser coma os demais, por iso son un mod>>.

quadrophenia

Para os <<mods>>, a música era o máis importante. Era parte esencial da propia estética desta subcultura. Eran uns adolescentes que crían estar descubrindo e inaugurando un novo mundo. Mozos e mozas que desexaban vivir a vida a toda a velocidade que lles permitía a Scooter  e as correspondentes anfetaminas, que lles facilitaban aguantar bailando dun club a outro  durante toda a noite os sete días da semana. Estes mozos estaban abertos a unha gran variedade de estilos musicais que tiñan en común ser sempre unha música moi bailable. Esta música, os  <<mods>> fixérona súa. Primeiro, porque era rara e orixinal; segundo  porque era de e para a clase traballadora; e por último, e sobre todo, porque era moi <<cool>>.

Nun primeiro momento, a finais dos anos 50, os primeiros mods, comezaron a escoitar o   Jazz moderno que chegaba de América, frecuentando pequenos locais do West End  londinense. Máis tarde entregáronse ao Soul con auténtica paixón, sobre todo debido ao seu amor  pola música bailable, vida do outro lado do Atlántico. Seguíronlle o Bogaloo, música de  orixe latina que fusiona ritmos afrocubanos con soul estadounidense e que se pode cantar  tanto en inglés como en español. Non desprezaron tampouco o bailable Ska xamaicano, que en  moitos  casos era importado pola poboación inmigrante da illa caribeña que chegaba a Inglaterra. Pero os dous estilos musicais que os <<mods>> abrazaron con verdadeiras ganas  foron o Blues e o Rhythm & Blues, ambos os dous mesturados máis tarde co Soul.

Ata que o gran Moody Waters fixo  unha xira por Inglaterra coa súa guitarra eléctrica o Blues para os ingleses era acústico e rural. Pero a partir dese acontecemento, ano 1962, unha serie  de bluesman ingleses empezaron a electrificar os seus instrumentos e a reunirse e tocar Rhythm &  Blues no <<Ealing Club>>, o primeiro club deste estilo que houbo en Londres. Neste local comezaron a dar os seus primeiros pasos músicos  lendarios como  Eric Clapton, Eric  Burdon, Rod Steward, Pete Tomwsend, Jimi Page e o núcleo duro de The Rolling Stones. Este  estilo musical comezou a ter un auxe tremendo  e só un ano despois podían contarse por centos os grupos de Rhythm & Blues británico. Máis adiante, mesturouse coa <<música  beat>> e estendeuse a outras cidades do norte como Manchester ou Liverpool. Moitos destes  grupos que se ían consolidando eran seguidos con verdadeira fruición polos <<mods>>. Entre eles estaban os <<Small Faces>>, probablemente o máis auténtico grupo  mod de todos eles, <<The Who>>; <<The Kinks>>; <<Spencer Davis Group>>; <<The  Animals>>; <<The Zombies>>; <<Gerry and The Pacemakers>>; e <<The Creation>> entre  outros.

Unha gran parte da música que escoitaban os <<mods>> era a través da radio. Pero había un  problema, a emisora gubernamental tiña o monopolio da emisión e practicamente  non programaba nada para eles. Comezou entón un feito moi curioso e foi que empezaron a xurdir e proliferar as <<radios piratas>>. Eran emisoras sen licenza, pero con intereses comerciais, que transmitían desde vellas embarcacións ou mesmo desde plataformas petrolíferas abandonadas que se situaban en augas internacionais. Esta primeira  metade da década dos sesenta foi a época dourada deste tipo de emisoras que  programaban a música que querían escoitar estes mozos. Foron desaparecendo debido a  distintos factores, entre eles un escuro caso de homicidio sucedido entre os directores de dúas  delas. Tamén influíu que a radio e a televisión gubernamental empezaron a prestarlle  atención a estes mozos ávidos de escoitar estoutra música. Grande éxito de audiencia entre o público xuvenil <<mod>> tivo o programa de televisión <<Ready Steady Go>> cuxa  presentadora, Cathy McGowan, chegou a ter status de icono <<mod>>, entre outras razóns por ter acento de clase obreira.

Xa se escribiu que aos <<mods>> encantáballes a música bailable e polo tanto os bailes. Neses anos popularizáronse uns cantos deles. Algúns eran absolutamente demenciais. O máis famoso de todos foi o <<twist>>. Normalmente  calquera mozo ou moza mod, en calquera  club mod, poñíase a bailar cunha coreografía inventada por el ou ela. Na maioría dos casos pasaban desapercibidos, pero de vez en cando o resto da cuadrilla imitábao e durante unhas semanas corríase a voz e todos querían bailalo. Estes  bailes adoitaban bailarse en solitario, en parella (do mesmo ou de distinto sexo) e/ou en grupo. Todo isto sen contacto físico. Os bailes mods descartaban totalmente o contacto físico. Máis ou menos tiñan dous requisitos fundamentais: un era a rapidez (non esquezamos a afección que esta xente tiña polas anfetaminas) e o outro que se puidera bailar en espazos pequenos e abarrotados como eran os clubs aos que acudían

A hostilidade entre os <<Mods>> e os <<Rockers>>, que culminou en <<a segunda batalla de  Hastings>, comezou en maio de 1963. Nese ano produciuse o primeiro enfrontamento entre ambos os dous grupos, cando dous pequenos “exércitos” atopáronse no medio da pista do local  Lyceum Ballroom de Londres. Só foi unha escaramuza pero, de igual forma, foi un agoiro da futura guerra.

A orixe desta rivalidade sería a diferenza de estilo de vida a todos os niveis entre ambas as dúas tribos. Os dous grupos tiñan unha orixe económica e social similar. Eran de clase media baixa ou  humilde. Pero a forma de vestir, o hedonismo na forma de afrontar a vida dos mods,  facía que os  rockers os considerasen uns “pijos” que o único que desexaban era presumir de roupa  cara de marca e de pretender ser moi orixinais. Pola contra os propios rockers, ademais de ser fanáticos do puxante Rock and Roll norteamericano dos anos cincuenta, sobre todo o rei <<Elvis>>, levaban peiteado topete, usaban pantalón vaqueiro con dobrez abaixo, chaquetas  de coiro e zapatillas brancas rotas. En comparación cos mods, vestían bastante deslucidos.  Os seus vehículos tamén se diferenciaban. Utilizaban <<motos café racer>> que eran de  estrada, rápidas, con gran potencia e personalizadas a partir de modelos de serie.

A violencia entre estas subculturas, que se ben é certo nun principio non existía, foi  xurdindo pouco a pouco a medida que ían  coincidindo nos locais de ocio. A importancia dos medios de comunicación no fomento deste odio,  foi trascendental.

A finais de marzo de 1964 producíronse os primeiros enfrontamentos serios en Clacton,  Essex, saldándose a liorta con 94 detidos e os corresponnentes danos no mobiliario  urbano e nos hoteis da cidade. Semanas máis tarde, no mes de maio, a loita trasladouse a toda a costa entre Hastings e Brighton, onde se produciron os enfrontamentos máis graves, os coñecidos como  <<a segunda batalla de Hastings>>.

Esa zona da costa sur de Inglaterra ten un clima bastante benigno para o que soe ser o normal na illa, polo tanto, fórase convertendo na zona de turismo de fin de semana e festivos  da clase media londinense. Por esa zona empezaron a pasearse ambos bandos para gozar dos locais de ocio que abundaban por alí.

Tras un período de calma tensa, comezaron os tropezos entre ambos “exércitos”  que duraron unha longa fin de semana. Segundo a versión máis clásica, mentres un grupo de  rockers estaba na praia gozando do tenue sol británico, outro bastante grande de  mods enfurecidos atacounos con todo tipo de armamento. Outra versión conta que foron os  rockers os que atacaron a un pequeno grupo de mods, aos que pouco a pouco, ao longo de hora e media, forónselles unindo máis unidades ata contar cunha clara superioridade numérica. Na batalla usarónse desde os  puños americanos ata as patadas, pasando polos paus, pedras, armas brancas, hamacas de praia e, sobre todo, a arma máis letal das batallas nas rúas entre tribos urbanas: as cadeiras das terrazas.

Malia a expansión policial, que xa sospeitaba algo por anteriores fins de semana e que tivo  que protexer aos rockers da praia para que os mods non lles desen unha malleira, a  escaramuza converteuse axiña na batalla a campo aberto na que, segundo algunhas fontes, participaron uns 2000 combatentes. Durante o resto do sábado e todo o domingo sucedéronse as liortas. Moitos remataron sangrando, pero a auténtica realidade é que non  houbo ningún ferido grave por parte de ningún dos dous bandos. Os que si tiveron baixas  foron os policías, xa que dous dos seus membros foron hospitalizados con feridas de carácter leve.

altercados
mods e rock
mods1

Os tabloides (prensa sensacionalista) británicos da época, consideraron os sucesos como desastrosos e presionaron  as autoridades para que tomasen medidas que freasen o vandalismo de ambos os grupos. Falsearon en  gran parte a realidade. Magnificaron os acontecementos. Fomentaron o medo e fixeron  crer á burguesía e clase media británica que gran parte da xuventude do seu país estaba  perdendo os valores tradicionais. Chegouse a acuñar o termo <<moral panic>>.

A prensa  española tamén se fixo eco dos acontecementos. O xornal La Vanguardia escribía, <<Dúas especies de mozos, os «mods» e os «rockers», invadíronas (dúas cidades),  loitaron uns con outros, cos policías e contra a cidade e os seus cidadáns. Ademais de ser  uns vándalos, a cuestión estriba en que «mods» e rockers» non se poden ver, mellor  dito, verse si, pero isto é abondo para que entren nunha lea>>.

O balance de <<a segunda batalla de Hastings>> de maio de 1964, consistiu en que uns cen  membros tanto dos <<mods>> como dos <<rockers>>, foron detidos e encarcerados durante varios meses. Outros tantos foron condenados a pagar fortes multas. Aínda que en  principio acougou a situación, a rivalidade entre as dúa bandas xuvenís non cesou e durante  varios anos continuaron producíndose pelexas e enfrontamentos entre eles.

Os feitos narrados, serían anos despois reflectidos en: <<Quadrophenia>>, ópera rock  publicada en outubro de 1973, composta por Pete Townshend, guitarrista de The Who, un  dos grupos máis emblemáticos do movemento mod. Anos máis tarde, novembro de 1979, estreouse un filme co mesmo título, dirixido por Franc Roddam.

Quadrophenia

Na segunda metade dos anos sesenta, sobre todo a partir de 1966, a subcultura <<mod>>  comezou a transformarse. Moitos dos músicos mod, que máis tarde serían estrelas do rock, abandonaron o movemento. Este foi o caso de The Kinks; The Who; The Rolling Stones;  Rod Stewart; Marc Bolan; David Bowie; Sting, etc. Pero o ideal mod non desapareceu. Foi transformándose e reinventándose, xurdindo a partir del un número significativo de  movementos. Desde os <<skinhead>>, pasando polo <<northern soul>> británico, ata os  <<acid house>> de finais dos 80. Na actualidade segue existindo en moita xente ese ideal  mod de ter o mellor, o máis exclusivo e orixinal, e telo xa. Pero moitos dos desexos daqueles rapaces dos sesenta que, como cantaban os Who no himno mod por excelencia <<My Generation>>, <<espero morrer antes de chegar a vello>>, foron quedando polo  camiño e agora moitos deles son avoíños de setenta anos.

Dani LLabrés: El estilo y la estética de los Mods originales (Lenoir editorial).

 Dani Llabrés/Jaime Pantoja: La música de los Mods originales (Lenoir editorial).

Ángeles Rubio Gil/Mª Ángeles San Martín Pascual: Subculturas juveniles: Identidad, idolatrías  y nuevas tendencias.

https://es.wikipedia.org/wiki/Movimiento_mod

https://generacionmodblog.wordpress.com/2014/02/21/historia-de-la-cultura-mod/ www.utilidad.com/mods-y-rockers-estilos-de-vida-diferentes_2400

https://archivoshistoria.com/brighton-64-rockers-y-mods/

FOTOS E VÍDEOS

archivoshistoria.com

detribusurbanas.com

Vídeos de Youtube

Pascasio Radberto

Pascasio Radberto

Músico

Polo de agora Pascasio prefire manterse oculto

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Nostalgie, quand tu nous tient …. por Ghislaine

Nostalgie, quand tu nous tient …. por Ghislaine

Françoise Hardy  Auteur-compositrice-interprète (Paris, 1944)

Nostalgie, quand tu nous tient ….

 Un petit clin d´oeil affectif à Françoise Hardy qui malheureusement a fait parler d´elle ces temps derniers. En effet l´icône – je devrais dire une des icônes– de la chanson francophone des années 60 a de plus en plus de mal à vivre cet automne de la vie.

Ayant survécu à un cancer du larynx, elle parle ouvertement des séquelles de ses traitements médicaux et confie qu´elle n´en peut plus de souffrir. “La France est cruelle” dit-elle. L´euthanasie n´y a pas sa place.

Cette chanson –déjà nostalgique- date de 1966. Elle n´avait que 22 ans à l´époque. Elle prend tout son sens aujourd´hui.

 

Bonne écoute!

La maison où j’ai grandi  (1967)

La maison où j’ai grandi est un album studio de la chanteuse pop française Françoise Hardy.

Il est sorti en France en novembre 1966, sur LP, Disques Vogue / Vogue international industries (CLD 702-30).

Publié sans titre, à l’exception du mot Françoise sur la pochette, mais est devenu connu par le titre de la chanson la plus réussie de l’album, “La maison où j’ai grandi”.

Françoise Hardy

La maison où j’ai grandi

Quand je me tourne vers mes souvenirs

Je revois la maison où j´ai grandi

Il me revient des tas de choses

Je vois des roses dans un jardin

Là où vivaient des arbres

Maintenant, la ville est là

Et la maison, les fleurs que j´aimais tant

N´existent plus

 Ils savaient rire tous mes amis

Ils savaient si bien partager mes jeux

Mais tout doit finir pourtant dans la vie

Et j´ai dû partir, les larmes aux yeux

Mes amis me demandaient

“Pourquoi pleurer?”

Découvrir le monde vaut mieux que rester

Tu trouveras toutes les choses qu´ici on ne voit pas

Toute une ville qui s´endort la nuit, dans la lumière

Quand j´ai quitté ce coin de mon enfance

Je savais déjà que j´y laissais mon cœur

Tous mes amis, oui, enviaient ma chance

Mais moi, je pense, encore à leur bonheur

À l´insouciance qui les faisait rire

Et il me semble que je m´entends leur dire:

“Je reviendrai un jour un beau matin

Parmi vos rires,

Oui, je prendrai un jour le premier train

Du souvenir”.

Le temps a passé et me revoilà

Cherchant en vain la maison que j´aimais

Où sont les pierres  et où sont les roses

Toutes ces choses auxquelles je tenais?

D´elles et de mes amis, plus une trace,

D´autres gens, d´autres maisons ont volé leur place

Là où vivaient des arbres,

Maintenant, la ville est là.

Et la maison, où est-elle?

La maison où j´ai grandi

Je ne sais pas, où est ma maison

La maison où j´ai grandi

Où est ma maison?

Qui sait où est ma maison?

Ma maison, où est ma maison

Qui sait où est ma maison?

A casa onde me eu criei

Cando me viro cara as miñas lembranzas

Volto a ver a casa na que me eu criei

Lembro moreas de cousas

Ollo rosas nun xardín

Alí onde vivían árbores

Agora está a vila

E a casa, as flores que tanto eu gostaba

Xa non existen

Todos os meus amigos sabían rir

Sabían moi ben compartir os meus xogos

Pero todo ten de acabar na vida

E tiven que marchar con bágoas nos ollos

Os meus amigos preguntábanme:

Por que chorar?

Descubrir o mundo é mellor que ficar

Atoparás todo o que aquí non se ve

Toda unha cidade que dorme de noite na luz

Cando deixei ese recanto da miña nenez

Xa sabía que deixaba alí o meu corazón

Si, todos os meus amigos envexaban a miña sorte

Pero eu aínda agora penso na súa felicidade

Na despreocupación que os facía rir

E paréceme que me oio dicirlles:

“Voltarei un día, unha fermosa mañá

Entre os vosos risos,

Si, un día collerei o primeiro tren

Da lembranza”

O tempo pasou e aquí estou

Buscando en van a casa que amaba

U-las pedras e u-las rosas?

Todas esas cousas que tanto estimaba

Delas e dos meus amigos non fica nin unha pegada

Outra xente, outras casas roubaron o seu sitio

Alí onde vivían árbores

Agora está a vila

 E a casa, ula?

A casa na que me eu criei

Non sei onde está a miña casa

A casa na que me eu criei

U-la miña casa?

Quen sabe onde está a miña casa

A miña casa, u-la miña casa

Onde está a miña casa

La casa donde crecí

Cuando me giro hacia mis recuerdos

vuelvo a ver la casa en la que crecí

recuerdo montones de cosas

veo rosas en un jardín

 En el lugar en que vivían árboles

ahora está la ciudad

y la casa, las flores que tanto me gustaban

ya no existen

 Todos mis amigos sabían reír

sabían compartir mis juegos de maravilla

pero todo tiene que acabar en la vida

y me vi obligada a partir con lágrimas en los ojos

mis amigos me preguntaban:

¿Por qué llorar?

Descubrir el mundo es mejor que quedarse

encontrarás todo lo que aquí no se ve

toda una ciudad que se duerme de noche en la luz

 Cuando dejé ese rincón de mi infancia

ya sabía que dejaba allí mi corazón

sí, todos mis amigos envidiaban mi suerte

pero yo aún ahora pienso en su felicidad

en la despreocupación que los hacía reír

y me parece que me oigo decirles:

“Regresaré un día, una bella mañana

entre vuestras risas,

sí, un día cogeré el primer tren

del recuerdo”.

  El tiempo ha pasado y aquí estoy

buscando en vano la casa que amaba

¿dónde están las piedras y dónde las rosas

Todas esas cosas que tanto apreciaba?

De ellas y de mis amigos no queda ni una huella

otra gente, otras casas han robado su lugar

allí donde vivían árboles

Ahora está la ciudad.

 ¿Y la casa, dónde está?

La casa en la que crecí

no sé dónde está mi casa

la casa en la que crecí

¿Dónde está mi casa?

¿Quién sabe dónde está mi casa?

Mi casa, ¿dónde está mi casa

Quién sabe ¿dónde está mi casa?

Pour savoir plus:

L´Amitié: ….très jolie chanson….

 Paroles et vidéo avec paroles en sous-titres …. en portugais!!

Le documental “Françoise Hardy – La discrète” (Jaubert & Valentin, Arte France, 2016)

Un film inspiré d’une histoire vraie 2018

 wikipedia 

web oficial

Lieu avec des  photographies de Périer 

 

 

Ghislaine Gourlaouen Bryselbout

Ghislaine Gourlaouen Bryselbout

Profesora de francés

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Cantar en galego II. As músicas emerxentes por Marcos Seixo

Cantar en galego II. As músicas emerxentes por Marcos Seixo

O proceso musical que estou tentando bosquexar non debe ser interpretado como o relato da evolución desde a música tradicional até ao rock, senón da capacidade do noso idioma para ir explorando novos espazos no eido musical, adaptándose ás novas tendencias e estilos que van xurdindo, mais sen descoidar as nosas raíces. Así a música tradicional, a canción de autor, o pop…, continúan coexistindo no ámbito inédito da aparición do rock e das músicas alternativas.

En pleno auxe das novas músicas topámonos cunha música tradicional e folk que goza de moi boa saúde e que malia a escasa atención por parte das administracións públicas, vai acadando non só a adhesión do público galego senón que en moitos casos tamén é aclamada fóra das nosas fronteiras, como prova o éxito de grupos como Treixadura, Carlos Núñez, Radio Cos, Tanxugueiras, A banda das Crechas, Budiño, Os d’Abaixo, Adufeiras de salitre, Leilía, Xacarandaina, Xiradela, Pandeiromus, Xosé Lois Romero & Aliboria

Budiño e Mercedes Peón

Leilía

Xosé Lois Romero & Aliboria

O mesmo sucede coa canción de autor, con referentes tan destacados como Uxía Senlle, Rosa Cedrón, Guadi Galego, Ugía Pedreira, Sonia Lebedynski, Davide Salvado, Belém Tajes, Mercedes Peón, Xavier Díaz, Mónica de Nut, Sabela (concursante de OT), Sés, a eurovisiva Lucía Pérez,  Faia, Xabier Vizcaíno, Pauliña, Antía Muíño, Leticia Rey, MJ Pérez… Podemos gabarnos pois da fortuna de contar con moitos carismáticos grupos e solistas que partindo da música de raíz adquiren a súa propia identidade con repertorios nos que o eclecticismo convértese nun valioso medio para asegurar a continuidade da música galega, integrada no ámbito das músicas do mundo.

Na contorna da mudanza de milenio, a música en galego pasa por un intre de notábel prestixio, como amosa o feito de que mesmo coñecidos cantantes non galegos interpretan cancións no noso idioma. Así o fai a madrileña Ana Belén nun álbum de Milladoiro coa canción “Moraima”, sobre un poema de Celso Emilio; a portuguesa Dulce Pontes en A Irmandade das Estrelas de Carlos Núñez con “Lela”, sobre a letra de Castelao; Luz Casal (que aínda que é galega viviu desde nena en Asturias), tamén en A Irmandade das Estrelas, con “Negra Sombra” ou con “Camariñas”; ou o cantante francés de raíces galegas Manu Chao, que nos seus directos ten incluído temas como “Eu chorei chorei”, “Licor do negro café” (de Lamatumbá), “E déixame subir”…

Lucía Pérez “Se eu non son”

Uxía Senlle “Túa nai é meiga”

Lamatumbá “Licor café”

MÚSICAS EMERXENTES EN GALEGO

PRECEDENTES

Entre os primeiros grupos de rock que dispoñen o seu repertorio total ou parcialmente en galego teriamos que encadrar formacións nas que participou un adolescente Suso Vaamonde, que andaba por Vigo a mediados dos anos 60, como foron Os Copens e Marco Balorento. Mais o primeiro que acadou unha certa popularidade mediática sería Goma 2, nacido en Portonovo a mediados da década dos 70, e ao que cómpre considerar o precursor do bravú.

Goma 2 “O galiñeiro”

Coetáneo de Goma 2 foi N.H.U., formado en 1973 en Santiago de Compostela, que empregaba o galego nas súas letras. Eran músicos dunha grande calidade. Só gravaron un disco, en 1978, con cancións tan fermosas como “Na terra do verde chan”; un disco que foi e segue a ser obxecto de eloxiosas críticas.

A orixinalidade de introducir a gaita no ámbito do rock estará presente máis adiante noutras bandas como os ferroláns Los Limones (1983), que cantaban en castelán aínda que tiñan unha versión en galego do seu emblemático “Ferrol”: “Sei que aquí nacín/e aquí quero quedar/aquí está meu lar,/onde se acaba o mar”.

Tamén como exemplo dunha tímida contribución á difusión da lingua galega, podemos mencionar a figuras do rock como Los Suaves que nos seus concertos no noso país, ademais de facer unha versión instrumental do himno galego, ás veces cantada polo público, interpretaban en galego o seu tema “O afiador”.

Algo máis importante é a achega de Siniestro Total. Aínda que o seu tema máis coñecido quizais sexa “Miña terra galega”, versión en castelán de “Sweet home Alabama” (1974) da banda estadounidense Lynyrd Skynyrd. Realmente só ten en galego esas tres palabras, mais rematou por converterse nun verdadeiro himno do noso país en clave de rock. Non foron moitas as pezas que compuxeron na nosa lingua, agás algunha para o Xabarín Club: “A onde vas rapaz?”, “Hoxe son un punk”, “Xabaguai” (xunto con Manquiña). Á marxe disto, fixeron tamén unha versión de “O Tren” de Andrés do Barro, a canción cun aquel de country “Quen me dera na casiña” e o tema “Corta o pelo landrú”, con aires punk (estilo caracterizado pola simplificación fronte ao rock progresivo).

Ademais de Siniestro Total houbo outros grupos tamén encadrados na denominada “movida viguesa”, que aínda que non adoitaban cantar en galego, compuxeron e executaron algúns temas para o Xabarín Club na lingua do país. Entre eles temos a Aerolíneas Federales, con cancións como: “Non todo é o que parece”, “Que calor!”, “Non teño diñeiro”, “Quero xamón” (con Miguel Costas); ou Killer Barbies: “Xabarín contra o Doutor No” e “Spiderman”. Cómpre salientar o labor cultural e de promoción do idioma que levou a cabo este fabuloso programa infantil coa colaboración de moitos grupos e solistas galegos e algúns doutros países lusófonos, iniciativa que cumpriría recuperarmos.

Os Resentidos “Galicia sitio distinto”

Entre as bandas da movida viguesa dos anos 80 non podemos esquecer ao grupo de pop e rock Os Resentidos nin ao seu vocalista, letrista e fundador Antón Reixa. Ademais de ser unha formación monolingüe en galego, caracterízase pola súa significación cultural e literaria, mesmo con resonancias de obras do propio Reixa. Xosé F. Colmeiro salienta do grupo a súa mestura do rural e o urbano, da tradición e a actualidade. A súa canción más coñecida, mesmo a nivel do Estado e de Portugal, foi “Galicia Caníbal” (fai un sol de carallo) (1986). Porén o disco máis valorado pola crítica foi Jei. Despois de rachar a banda (1994), Antón Reixa formaría Nación Reixa xunto co músico vasco Kaki Arkarazo de Negu Gorriak.

En 1981 nace na Coruña Radio Océano, formado polos xornalistas X. M. Pereiro e Santiago Romero, entre outros. Ao igual que Os Resentidos, cunha importante vocación cultural, aínda que diferente desde o punto de vista musical. Participaban en moitos concertos da época cos grupos da “movida galega”. Hai quen os sitúa, penso que acertadamente, no rock progresivo. Gravaron varias maquetas e o LP Nin falta que fai. O poeta Lois Pereiro, irmán do cantante, é autor da letra dun dos seus temas máis coñecidos: “Narcisismo”.

Radio Océano

Astarot “Sementeira” 

Mención á parte merece o grupo cangués Astarot, formado en 1983. Ao comezo interpretan rock en castelán, con moito éxito. O seu terceiro disco, Apuesta y gana, contén por primeira vez dous temas en galego: unha adaptación ao rock de “Airiños airiños aires”, baseado na versión que Pucho Boedo fixera sobre o poema social de Rosalía de Castro, e a canción “Sigo en pé no mundo libre”. A partir de aí os seus discos son en galego. Destacar O sentir dunha terra, que en clave de rock inclúe cantigas populares, poemas de Rosalía, Castelao, Cunqueiro…, e cancións de grupos como Saraivas, Fuxan os ventos e Los Tamara.

En Cangas tamén nacen en 1986 Os Raiados. Foi o primeiro grupo en facer punk rock usando integramente o galego. Nos seus temas topamos unha sinalada influencia do “rock radical vasco”. Ademais de actuacións en festivais e locais de Galiza, tamén actuaron fóra do país, especialmente en Euskadi. Eran frecuentes as súas actuacións nos concertos organizados a finais dos 80 en festivais relacionados co arredismo político, especialmente coa organización antirrepresiva Ju.G.A., que traballaba pola liberación dos presos independentistas galegos.

Cómpre facer alusión ao grupo de rock Santiagués Os Quinindiolas, nacido en 1988, que foi evolucionando cara ao punk melódico, o hip hop e o funk (que fusiona soul, jazz, ritmos latinos…). Eran habituais do programa Sitio Distinto de Anton Reixa. Editaron un único disco.

Entre os integrantes estaban o cantante e escritor Xelís de Toro, e Fran Pérez “Narf”, compositor, cantante e guitarrista cunha grande atracción polas músicas africanas (nomeadamente polo funk), e que a partir do 1992, coa disolución do grupo, comeza unha carreira en solitario, publicando tres álbums e colaborando con outros músicos como Jabier Muguruza, Manecas Costa, Uxía ou X. M. Budiño, entre outros. As súas teimas máis insistentes foron achegar ao rock influencias diversas, especialmente dos ritmos e harmonías de África, e integrar as nosas músicas no seu ámbito natural, a lusofonía.

 Narf co músico de Guiné Bissau Manecas Costa

Dirty Barriguitas

Nos albores dos anos 90 tamén ten lugar en Santiago a chegada do punk hardcore (que foxe dos patróns comerciais establecidos), con grupos como Fame Neghra ou Dirty Barriguitas, cunha clara teima de denuncia social e política. Da disolución desas dúas bandas nacerá anos despois Samesugas.

O MOVEMENTO BRAVÚ

Nos anos 90 rebole no noso país un fervedoiro de grupos musicais cunha radical arela de expresar dende un enfoque reivindicativo o amor á nosa lingua e cultura, así como a súa sintonía coas loitas populares e co movemento ecoloxista e antiglobalización. Coa axuda de referentes previos tan diversos como Fuxan os Ventos, Os Resentidos, Mano Negra ou Negu Gorriak, reclaman un rock en galego sen complexos.

Foi aquel memorábel primeiro de novembro de 1994, na primeira edición do Castañazo Rock, cando un feixe de grupos asinan o Manifesto de Viana (Chantada), que se considera o nacemento do rock bravú. A palabra “bravú” procede do nome co que se designa nalgunhas partes do noso país á carne de caza e á carne de gando sen capar. Reproduzo de seguido o manifesto:

“Dos pinchos e das flores do toxo máis agreste,

do monte máis salvaxe.

Da calor e dos aromas da augardente e da queimada,

que teiman do orballo e das xeadas nos ósos.

Dos aquelarres en covas, en noites perdidas,

con bruxas e trasnos danzando por riba do lume.

Das pedras nos valados, nas cabezas e nas gadañas,

cravuñando o asubío dalgún cantar popular.

Das guitarras compradas coa primeira paga do paro

ou da economía somerxida.

Do tabaco de batea adulterado con aromas tropicais.

Do amor, do odio, da frustración

ou dunha borracheira de vatios nun alambique clandestino.

De todos eses sitios e de moitos máis,

naceu, cun aturuxo na boca, este rock tan noso… SEN CAPAR”

En palabras de Manolo Rivas: “Os do rock bravú forman parte dunha confederación irmandiña, sen programas nin ideas concibidas, nin uniformes. Unidos pola terra, a lingua e a música, peiteados polo vento, os guerreiros rozan as corredoiras cegas”.

Liderados por artistas como Xurxo Souto ou Antón Reixa, agrupáronse no chamado rock bravú ou agro-rock, reivindicando o mundo rural e os bairros urbanos, sendo quen de inspirarse en tendencias que van desde o Heavy até a música de verbena, que consideran parte da nosa cultura popular, e cunha presencia constante do humor retranqueiro. Convén deixar constancia da significación de dúas figuras tan prezadas e reclamadas pola súa singular interactuación e conexión coa xente: Pinto de Herbón e Marisol Man Furada. Con estes dous populares poetas, rapeiros e regueifeiros temos pasado moi bos e divertidos momentos en distintos festivais por todo o país.

Entre as bandas de rock bravú temos formacións espalladas por todo o país: Os Diplomáticos de Monte-Alto (A Coruña), Heredeiros da Crus (Ribeira), Yellow Pixoliñas (Monforte), Skornabois (Vilanova de Lourenzá), Xenreira (A Estrada), Skárnio (Vigo), Os Papaqueixos (A Coruña), Rastreros (Chantada), Túzaros (Compostela), O Caimán do río Tea (Ponteareas), Kaos (O Morrazo), Ruín Bois (Bueu), Os Impresentables (Vimianzo), Korosi Dansas (Vilargarcía), Blood Filloas (Ferrol), Os Bochechiñas… Sen dúbida os que tiveron unha maior repercusión mediática foron os dous primeiros.

Skárnio “Irmaos”

Os Diplomáticos de Monte Alto 

É un grupo que nace no bairro coruñés de Monte Alto. O seu elemento máis singular é o uso do acordeón como instrumento destacado, con influencias do rock e punk pero tamén do folk e mesmo da música de verbena popular galega. Foi formado 1989 polos músicos Xurxo Souto e Rómulo Sanjurjo. Destacar entre as súas pezas máis populares “San Furancho” e “Non chas quero” (Arroutada Pangalaica) e, como non, a “Oda ao futbolín” do Xabarín Club, ou “Ghaiteiro”.

Heredeiros da Crus 

Fundado en 1992 por Antón Axeitos (Tonhito de Poi) en Ribeira (A Coruña). En 1993 presentan o seu primeiro traballo en directo, A cuadrilla de Pepa a loba, que se fai moi popular, como Quero josar, aínda que a peza máis popular será o tema “Que jallo é” (Xabarín Club).

Yellow Pixoliñas 

Formado en Monforte de Lemos en 1987. Nas súas cancións empregan o galego, mais tamén o castelán e o inglés. Característico dos súas composicións é o uso de letras combativas, unha aguda retranca e a presenza do mundo rural. Publicaron varios álbums e participaron no Xabarín club con temas como “Xabarín xa te vin” e “Telexornal”.

Os Skornabois

Grupo de Vilanova de Lourenzá, creado en 1988 co apoio de Xurxo Souto e os Diplomáticos de Monte Alto. Nesta primeira xeira o grupo chegou a gravar dúas maquetas. Paseniñamente van evolucionando do punk rock ao hip hop. Tematicamente van facendo a cada paso temas máis combativos, moi influenciados por Reixa. Pezas como “A brosa do verdugo” ou “12-08-75”, dedicado a Moncho Reboiras, asasinado nesa data en Ferrol pola policía. A peza máis coñecida quizais sexa “O verme homicida”.

 Skornabois. Portada do álbum

Xenreira

Xurdido a mediados do 1994 na Estrada, definían a súa música como “rock irmandiño”, pois non se identificaban plenamente co bravú, xa que eles non facían un tipo de música concreto senón que gozaban tocando o que lles petaba: Reagge, rock, música tradicional, pop, rumba… Eran músicos con influencias do “rock radical vasco” e da tradición galega dos anos 70 representada por Fuxan os Ventos. A banda estaba composta, entre outros, por Davide e Silverio Otero. Contaban cunha sección de vento-metal impresionante. Publicaron o disco titulado Érguete!! (1997), no que manifestan o seu compromiso co independentismo, a temática da guerra civil española (no tema “Mil Nove 36”), as mobilizacións, a represión e o internacionalismo solidario (“Mesmo berce, mesma loita”). Colaboraron en varios discos colectivos do movemento bravú.

Skárnio

Formado no bairro do Calvario (Vigo). Defínense como un colectivo político-musical, que usa a música ska (fusión de música afroamericana con ritmos caribeños) como plataforma reivindicativa, comprometidos co independentismo galego, o idioma e a loitas obreiras. Cómpre destacar a súa teimosa denuncia da represión policial e a aclamación das vítimas que padeceron o encarceramento, a tortura e a morte por loitar por unha Galiza Ceibe. Consideran a acción directa como o único camiño, de feito o seu terceiro disco titúlase O nosso caminho.

Papaqueixos

Misturan distintas tendencias, especialmente rock, punk, folk, con ecos da música celta, que lle achega especialmente o gaiteiro Xan Xove. Nacen na Coruña en 1993. Son especialmente coñecidos polo seu álbum A Lóxica Aplastante do Comité de Propaganda. O seu hit é “Teknotrafikante (farloppo ma non troppo)”, máis lembrada polo seu retranqueiro retrouso: “Sito Miñanco / preso político”.

Papaqueixos “Teqnopresidente”

Rastreros

Nacidos en Chantada en 1989. Practican un rock de raíz galega, rural e labrega. Publican o disco A piñón fixo, a golpe de pixo. No Xabarin Club colaboran con “O sacristan de Basan”. Seguen a ser un referente da música punk rock galega ou o que eles denominaron agro-punk. Gravaron o tema “Nitramón 15 15 15” acompañando a Pinto de Herbón no disco colectivo de Unión Bravú.

Túzaros

Banda formada a comezos do 1992 no bairro de San Lázaro (Compostela). Son encadrados pola crítica no punk metal (o Heavy metal é un rock caracterizada polo son forte de guitarras distorsionadas, os sons densos do baixobatería e a voz aguda e gutural). Eran músicos asiduos da sala Nasa. En 1997 editan o CD Túzaros. Destacar tamén a súa presenza en varios álbums colectivos, entre eles en Unión Bravú. En 2003 inclúen “Negro no azul” no compilatorio Nunca Máis, encadrado no axitado ambiente ecoloxista provocado pola maré negra do Prestige.

O Caimán do río Tea

Fundada en Ponteareas en 1991. Faise especialmente coñecida pola súa participación no Xabarín Club coa canción “Estou na lavadora” e despois con “Ven a bailar”. Publican o disco Feito na casa e tamén participan no colectivo Unión Bravú coa canción “Manolo Pescadilla”.

Kaos

Banda de punk rock creada en 1989 no Morrazo. Publicaron discos como Akí non se rinde ninguén, Kaos, Banda armada, Ceibe, violento e furtivo. Tiveron que mudar de nome, por existir unha banda chamada igual, e pasaron a chamarse Soak.

Ruín Bois

Foi unha banda de oi! (que busca a irmandade do punk e a clase obreira), formada en Bueu en 1995. Destacar o seu álbum Sempre en Galiza (1997). O tema “Por ti mesmo” forma parte do disco Unión Bravú. En 1997 actuaron no festival Live & Loud de Bélxica, compartindo escenario con algunhas das mellores bandas Oi!

Os impresentables

Grupo de rock e blues nacido en Vimianzo, encadrado no colectivo Rock na Costa da Morte, que englobaba máis de vinte grupos da bisbarra. Aínda que foron denominados “os obreiros do rock”, teñen moitas pezas con letras dedicadas ao rural: “Sacha meu pai, sacha miña nai, sacha miña avoa que eu non sei como se fai”.

Korosi Dansas

Foi un dos grupos máis combativos, moi implicados nos problemas da súa contorna (Vilargarcía de Arousa) tanto no plano político e social como cultural. Fan unha fusión de ska rock. Procuran “unha letra que teña algo que dicir, algo que comunicar ao público, utilizando en ocasións un certo ton satírico”, tal como indican no seu manifesto fundacional en 1988. Designan a súa música co termo “rock de batea”. Participan no Xabarín Club cos temas “Xuntos e revoltos” e “Os Galisáns”.

Ruxe Ruxe

Grupo formado en Aríns (Compostela) en 1996. Practican unha mistura de rock e folk, con importantes influencias punk. Fixeron en ocasións de banda de acompañamento de Pinto de Herbón.

Blood Filloas 

Foi un grupo de indie rock de Ferrol. A maior parte do seu repertorio estaba en inglés, porén o seu “Superheroe” é un dos temas máis populares do Xabarín Club.

Ruxe – Ruxe

Os bochechiñas

Malia estar formado por moi bos músicos, foi un grupo cunha actitude individual e unha traxectoria conxunta un pouco caótica, que só duraron un par de anos (1994-1996). Unicamente chegaron a gravar dous temas en discos colectivos, un en Unión Bravú e outro en A cantar con Xabarín, respectivamente “Crooner” e “Xogar ao trompo, xogar ás bólas”.

A ACTUALIDADE

Após a chegada de Alberto Núñez Feijóo á presidencia da Xunta, coa vitoria electoral do PP e o despexo do bipartito do goberno autonómico (xuño de 2009), prodúcese un proceso de depuración política na Radio Galega (que pasa a estar dirixida por Rosa Martínez) e a TVG (coa flamante directora Rosa Vilas), que afectou, entre outros, a Xurxo Souto, destituído á fronte da subdirección de programas da Radio Galega. Ademais tivo que deixar de presentar o programa musical Aberto por Reformas, un espazo destinado á difusión das bandas que cantaban en galego, sendo substituído por Xusto López Carril, que rachou totalmente co obxectivo do programa ao dedicalo á difusión de temas de artistas internacionais.

O outro despexo, o das músicas alternativas en lingua galega do ámbito radiofónico, provocou un grande rexeitamento social, e foi lamentado por moitas persoas do ámbito da música que o consideraron unha noticia tráxica, un mazazo, unha ilegalidade, unha cacería, unha conversión da Galega nunha radio de partido… O apuntamento máis optimista e certeiro darao O Leo que manifesta que “O traballo de Xurxo Souto non caíu en terreo ermo; o que sementou esta aí e isto non vai dar marcha atrás”. O certo é que coa expulsión o mundo da música galega perdía un dos seus principais medios para conseguir a fértil articulación das bandas de música emerxente.

Así como a etiqueta de rock bravú conseguira concertar todo un amplo movemento musical e social dun xeito organizado, co seu disco Unión Bravú (1996) e a revista Bravú (1997), co cambio de milenio non acaban de callar plenamente as diversas plataformas que se van creando como a Asociación de Músicos en Lingua Galega (Amelga), Komunikando (portal que elabora unha axenda de concertos na rede), a Rede de Música Galega ao Vivo e a Asociación Galega de Músicos Alternativos (AGMA).

Só quedaba entón un programa para a música en galego -dedicado ao folk– Lume na palleira, até que no propio 2009 as músicas emerxentes en galego recuperan a expresión radiofónica na Radio Galega da man do programa Planeta Furancho, presentado por Vituco Neira, continuador da liña de Aberto por Reformas. En 2015 a suspensión do programa provocou protestas e mobilizacións do sector musical galego, mesmo chegando a convocarse concentracións de músicos e ouvintes diante das portas das instalación da RTVG en San Marcos e na Praza do Toural con instrumentos.

Mais a recuperación foi algo máis que unha cuestión de infraestrutura. E así a irmandade e solidariedade das nosas bandas, que partillan escenario e mesmo cancións e instrumentos, será o elemento principal que consegue manter a conexión nun panorama das músicas emerxentes verdadeiramente insólito, pois viñeron tempos moi fecundos tanto polo número de bandas, pola súa calidade e polos distintos estilos musicais, así como polo número de festivais e discos publicados.

Nestas últimas décadas continúa habendo un gran ambiente no plano musical galego, nun horizonte no que conviven en harmonía os grupos novos que van xurdindo con outros xa acreditados na escena galega, como é o caso de Zënzar, de Meirama (1987), a día de hoxe a banda máis veterana do rock en galego e designada como “os padriños do rock galego”. Teñen unha chea de traballos editados tanto en estudio como en directo. Algo semellante é o caso do veterano cantautor punk de Matamá Leo i Arremecághona!!!, en activo desde 1997, que non dubida en engadir un forte toque de reivindicación e de denuncia social cunha forte dose de humor retranqueiro. Temos tamén en activo ao grupo de punk rock Skacha, nacido no bairro vigués das Travesas en 1991; Keltoi!, grupo de street punk/Oi! formado en Vigo en 1995, comprometido coas clases traballadoras e co antifascismo, coa festa e o compromiso por bandeira; ou Os Cuchufellos Banda de speed-folk -como eles mesmos manifestan- nacida en Trives en 1996, cunha grande importancia dos instrumentos de vento que a achegan ás charangas e ao estilo de formacións como os Festicultores, dos que falaremos máis adiante, ou Lamatumbá. Esta última, fundada en 1998 para facer música de verbena, mesturando cumbia, reggae, ska, folk, ou pasodobre. Tamén convén facer referencia a Zumbido, grupo de punk rock formado en 1997; así como ao grupo de pop-rock Ith, formado a finais dos noventa en Xanceda (Mesía), e á banda de rock con son garage (rock con influencia das voces negras do soul e o jazz), Samesugas, formada en Santiago en 1999, que cantan en inglés e galego, participan en varios discos colectivos en 2006 e editan o seu primeiro longa duración: Alá vai!

 Zënzar

 Lamatumbá

No 2000 nace Kastomä, grupo de rock de Ordes, e no mesmo ano fúndase en Santiago o dúo Fanny + Alexander, que fan pop electrónico cun aquel de folk. Empregan letras de poetas galegos como Manuel Antonio, Lois Pereiro, Elvira Riveiro…De momento levan editado tres discos, considerados o mellor do pop vangardista galego do século XXI. Por este tempo xorde o grupo Pescando en Copacabana, en Quins (Ourense), coa intención de exaltar o samba, o fútbol, os ritmos tropicais e a ledicia. Algúns temas como “Deixa para lá”, incluído no disco Samba fútebol alegria, foron considerados como “samba contaxioso”. Tamén neste ano nace a banda santiaguesa The Homens, cun estilo musical encadrado no Power pop (caracterizado por utilizar melodías e harmonías do pop dos 60), con aires garage e post punk, e cuns directos impresionantes. Durante 2007 colaboran con Carlos Valcárcel en Projecto Mourente (música electrónica), que tamén colaboraron con Fanny + Alexander. Trátase duns verdadeiros precursores da música electrónica en galego a carón dos disk jockeys Soniko-dB. É preciso lembrar o xa lendario grupo ourensán Xerión, en activo desde 2001 cunha teimosa e orixinal proposta Black Metal con tendencia natural cara ao folk. O coetáneo grupo de pop compostelán Ataque Escampe (2001), aínda que nos comezos gosta da etiqueta “rock de serie B”, pola precariedade de medios na que comezaron. En 2007 edita o seu primeiro traballo e participa no disco-tributo a Andrés do Barro Manifesto Dobarrista. Fíxose especialmente coñecido polo seu retranqueiro e provocador disco Galicia es una mierda (2008).

 The Homens

 Ataque Escampe

En 2002 prodúcese a aparición do grupo coruñés de reggae folk Dandy Fever; e en Ribeira A Compañía do Ruído, combinando temas tradicionais con ritmos samba, ska, reggaerock, apostando pola temática social; en Ourense xorde Guezos (rock, pop, folk), con composicións abertas a calquera estilo (o nome do grupo foi escollido ao chou dun dicionario de Galego/Barallete- a xiria dos afiadores- e significa “Rapaces ou mozos”). No mesmo ano fórmase en Teo Desequilibrio Mental, banda punk, metal e rap. Tamén A Matraca Perversa nace neste ano entre Compostela e A Estrada, cun estilo aberto e experimental, próximo ao ska e aos ritmos latinos; e a banda punk Retobato (de Narón), que publica dous discos Cousas que cheiran e Greatest Hits.

Guezos

No 2003 aparecen Os Trasnos de Moscoso, composto por tres mozos de Moscoso (Pazos de Borbén), cuestionando o espazo urbano do rap, e renunciando a algúns tópicos do hip hop internacional; e en Ordes os xa míticos do hip hop Dios Ke te Crew, cuxo LP titulado Xénese foi o primeiro disco de rap enteiramente en galego. Contaron coa colaboración do actor Miguel de Lira. Tamén aparece por este tempo o que é considerado o mellor metal galego, Machina, grupo de hardcore e metal orixinario de Cerceda. Xa levan editados varios EPs e LPs: AcougaPost-Bravú e Desenchufados. Axiña nace en Nigrán e Val Miñor Dakidarría, caracterizado polo seu estilo punk e reggae e por unha teimosa denuncia política e social.

 Dakidarría “A mocidade activa”

 Dios ke te Crew en directo

Tamén cómpre destacar a Galegoz, que fai música electrónica desde o 2005, gostando de desenvolver actividades teatrais e de videocreación. Nados no mesmo ano, os estradenses Esquíos fan punk rock con influencias garage, e con letras con contido social, aínda que a crítica política está máis presente nos seus veciños de Nao; ambos contan cun bo numero de álbums. A Estrada foi unha vila que achegou moito ás novas músicas en galego. Ademais das bandas mencionadas é obrigado mencionar ao fabuloso grupo hard rock (ou rock duro) Os John Deeres. A mensaxe política e social tamén está moi presente en Som do Galpom, un grupo compostelán funkreggaerap. Por este tempo aparecen os Vacalouras de Teis, facendo un punk rock que nos evoca os tempos do agro-rock; e a Royalties, cun estilo moi singular dentro do punk rock e con letras arredadas da situación política. Cómpre lembrar aos coruñeses Banda Potemkin, co seu exitoso disco Ghastas pista, unha mistura de ritmos balcánicos, caribeños, funk e ska, cun toque de tango e de rock bravú. Abordan con retranca a realidade social, sempre cunha actitude de festa rachada case equiparable á de Os Festicultores, grupo que afirma ser “unha banda musical cun obxectivo común: cultivar a festa máis salvaxe e vigorosa a base de música, humor, baile e desinhibición cerebral”. Desde logo os nomes dos seus espectáculos son verdadeiramente ilustrativos: Rumaníacos, As Kabras chouteiras, EGFA (Exército Guerrilleiro das Festas Armadas), Os Sadomusiquistas, Festicidio Colectivo…

Un ano despois aparece a banda de rock de Ponteareas Capitán Furilo e en Boiro o grupo de indie-rock Agoraphobia, composto por catro mozas que en 2017 gañaron o Premio Martín Codax da Música como mellor banda de rock. En 2007, nos Ánxeles (Brión) fórmase A Banda da Balbina, que gosta dos ritmos latinos e cuxo hitEstomballada”, ten unha importante presenza na radio e na TVG, e formará parte do repertorio dalgunhas orquestras de verbena. No propio 2007 xorde a banda agro-punk Sacha na Horta, que se fixo popular ao gañar o certame musical A polo ghit, organizado pola Radio Galega (no programa Aberto por Reformas) e o xornal dixital Vieiros, coa súa canción “Biocultivos”, elixida como canción galega do verán. En 2008 deron o seu primeiro concerto no Centro Social da Gentalha do Pichel de Compostela. O Sonoro Maxín, nado en Ourense no mesmo ano, e centrado nos ritmos latinos e de festa, acuñando o seu lema: “Galicia tropical”. Lanzaron a maqueta de catro temas Non hai problema, e en 2008 autoeditaron o seu primeiro EP, titulado Pop? Cómpre lembrar tamén a Skandalo GZ, unha banda ponteareá de ska-punk cunha grande presenza de instrumentos de vento e con letras moi combativas.

En 2008 nace en Teo Medomedá, que cualifican ironicamente a súa música como “rock gilipollas” con influencias do bravú  e agro-rock, e tamén Familia Caamagno, banda de rock creada en Sigüeiro (Oroso), que en 2011 edita os seus dous primeiros traballos, o primeiro deles de título homónimo e despois un sinxelo Cantan polo Nadal! Tiveron algunhas aparicións na TVG e moi boas críticas desde distintos medios.

En 2010 fórmase en Boiro The Lacazáns con moitas influencias do blues clásico, do country e o rock, e tamén Terbutalina (2010), cun estilo garage punk e letras de carácter costumista que ás veces agochan claras mensaxes como no caso do seu álbum Espabila Gallego.

Lacazáns

En 2011 nace O collón de Lola, unha banda de versións de temas do Xabarin Club. Cancións que marcaron toda unha xeración cun rock moi cañeiro e cargado da saudade do tempo pasado. Tamén aparece a banda de ska punk Liska!, formada entre finais de 2010 e 2011 en Vigo, que editan o traballo República 2.0. Tamén en 2011, desde Pontevedra, chega ao cenario musical galego Banda Baile Asalto, que dous anos despois publica o seu primeiro traballo discográfico cunha proposta festeira e leda, na que mestura con naturalidade a tradición con potentes toques de jazz. Entre 2011-2015 permanece activo o grupo compostelán de música electrónica Das Kapital, co seu  cantante O Leo reclamando a loita de clases e o socialismo marxista. Tamén compre aludir a Caxade, proxecto musical de indie-folk nacido en Ames en 2012; a Chicharrón, banda de indie rock formada en 2013 en Carballo, que até a data leva publicados tres álbums de estudio. Desde Pontevedra (ou mellor, Punkivedra) chega Fondo Norte especialmente coñecidos pola súa versíon do mítico UAH !!! de Suso Vaamonde coa súa famosa e polémica estrofa “Cando me falan de España/ sempre teño unha disputa/ que se España é miña nai/ eu son un fillo de puta”. Foi formado en 2014 durante a Feira Franca por un grupo de amigos do instituto Sánchez Cantón. Algo máis recentes son os black metal Lóstregos, que aparecen a finais de 2014 na Coruña; e Oh! Ayatollah, grupo de pop santiagués fundado a finais de 2015, que en 2018 presenta o seu primeiro disco, Volve a canción protesta. Non podemos esquecernos de formacións do calibre de Los jinetes del trópico, coa súa cumbia, reggaeton antimachista e punk tropical, activos desde 2015; a orixinal formación muradán de punk-rock Lisdexia, orixinais e enxeñosos até no nome; a The Rapants, banda de surf, garage e indie formada en Muros 2018,”inconcebible sen o bo rollo, a festa e a birra”, con temas en galego e castelán; Sniff & Crash,  grupo de rock formado en Baiona “con letras inspiradoras sobre chouripáns, patacas (gústalles moito a comida), fanecas, esquíos ou capachos”…

Os pioneiros do trap (música electrónica con influencias do hip hop) en lingua galega foron os santiagueses Boyanka Kostova (2016) con temas con moita retranca, unha gran presencia da música urbana. En 1919  O Chicho do Funk, un dos compoñentes, funda en solitario Ortiga, máis achegado á electrónica e cun espírito verbeneiro e latino (salsa, merengue, cumbia e bachata), con Auto-Tune (ferramenta que se emprega para corrixir desafinacións e que pode darlle á voz efectos electrónicos), moi típico das cancións trap, e con caixa de ritmos electrónica.

Boyanka-Kostova

Santiagueses tamén son Verto (2019), que co seu tema trap “Oie gayego” sorprendéronnos a todos na súa participación no Luar da TVG: “Oie gayego,/ me encanta tu tierra es todo tan verde/Oie gayego, me encantan el pulpo y los percebes/Oie gayego, sois todos muy majos un poco cerrados pero hogareños(…)”. Un tema que con retranca critica os cansiños estereotipos que os galegos temos que aturar con frecuencia, e que nos lembra inevitabelmente o “Galicia es una mierda” de Ataque Escampe

Verto “Oie gayego”

Por este tempo nace tamén a banda Berlai, que opta pola combinación da música pop-rock con efectos electrónicos e unha base folk, coa creatividade de incluír o collage de cancións, debuxos, poemas e textos narrativos na presentación dos seus traballos. Destaca no hip hop actual Loucost, que fai música urbana desde 2018. Procede da Cañiza e un dos seus fins principais é demostrar que o galego é unha lingua válida para calquera estilo musical.

Noutra liña, mais coetáneos destes grupos, temos a Zeltia e Irevire (1918), que se autodefine como “banda con corazón de Folk Tribal aberta á mestura de estilos”. A formación está composta por Zeltia (compositora): voz e guitarra acústica; Migui Carballido: bodhran e voz e Cibrán Seixo: violín. A súa música ten un importante compoñente pop; estilo que tamén cultivan con moita orixinalidade as cinco mozas que integran A banda da Loba, con influencias do folk e tamén do rock e blues. Levan editado dous discos A Fábrica da luz e Hasme oír, este último dedicado a Xela Arias, protagonista das Letras Galegas 2021. Convén facer unha recensión do disco Cantos de Poeta (2016), primeiro traballo discográfico do trío Gelria, no que poñen música a poemas de autores galegos. O grupo está integrado por unha cantante catalá (Helena Tarrás) e dous galegos da diáspora. Recibe o nome do buque no que estivo embarcado Manuel Antonio. Cómpre non esquecermos dado o grande éxito e popularidade que está a ter neste 2021 ao burelense Grande Amore que combina con naturalidade o pop, o rock and roll, o techno e outras tendencias musicais.

 Zeltia Irevire na Casa das Crechas 

 A Banda da Loba “Bailando as rúas”

Conviven música, artes escénicas, talento e humor nos espectáculos de moitas das nosas formacións, pero dun xeito especial nalgúns en concreto como na Orquestra Os Modernos que desde hai unha década nos ofrece pezas bailábeis “á última moda” (a dos anos 1920): fox-trots, chotis, habaneiras, tangos e pezas tradicionais galegas. Todo isto, exposto cunha indumentaria de época que coida até o último detalle, e unhas representacións, por parte do animador/a e o resto dos compoñentes, do máis divertidas. Son músicos xa veteranos e mesmo contan coa súa “cantante e diva”, Íria Pinheiro. Cómpre reseñar ao grupo De Vacas, que fai versións ou adaptacións de cancións pop de éxito e cancións do verán pasadas ao galego cun ton paródico e algareiro. Ofrecen unha posta en escena moi cómica, e as ben afinadas voces de Paula, Inés e Faia, acompañadas polo veterano guitarrista Guillermo Fernández, fan que, ademais de diversión, poidamos gozar dunha música agradábel e ben interpretada. Tamén os Poetarras, nacidos en 2013, fan versións con letras alteradas de cancións coñecidas, e tamén fan sketchs e cancións cómicas creadas por eles; sempre cunha marcada temática social moi provocadora e rebelde, polo que algúns sindicatos policiais chegaron a denunciar a súa presenza no Festival de Cans, e Novas Xeracións do PP acusáronos de apoloxía do terrorismo, sinalándoos como “proetarras”.

 Orquestra Os Modernos “Manisero”

 De vacas

 Poetarras “Feijoo”

No que atinxe á música electrónica, que ten presencia en maior ou menor medida nalgúns dos grupos que tratei ao longo deste traballo (Fanny + Alexander, The Homes, Projecto Mourente, Soniko-dB, Galegoz, Das Kapital, Boyanka Kostova, Verto, Ortiga…), que executan a súa música empregando enxeños electrónicos (sintetizadores, samplers, computadoras, auto-tune, caixas de ritmo, beatboxes, etc.), cumpriría destacar agora afoutas propostas de sincretismo coa música tradicional, como no caso de Baiuca, encadrado na música denominada folktrónica, creado por iniciativa do músico e DJ Alejandro Guillán e caracterizado pola importancia do ritmo conseguido con instrumentos de percusión tradicionais populares e de melodías vocalizadas polas enérxicas voces das cantadeiras de Lilaina. Tanto instrumentos como voces, alterados a miúdo electronicamente. Máis recentemente creouse Fransy, Davide e Cibrán (2018), unha nova proposta a pesar de estar formada por músicos xa ben coñecidos no folk galego. É unha iniciativa que, a través do emprego das novas tecnoloxías, está a difundir unha mistura da música electrónica e o canto tradicional; no que os dous primeiros membros son os encargados da transmisión da raíz musical galega, tanto no que atinxe ás voces como á percusión, e Cibrán ocúpase do violín, ao que achega interesantes efectos electrónicos e técnicas experimentais no seu manexo, e do Bass Pedal. Os alicerces dese tipo de músicas xa veñen de décadas atrás, especialmente da man de Mercedes Peón, que xa leva anos apostando pola fusión da música tradicional e a electroacústica, proposta que xa se formulaba no disco Ajrú (2003) e que se apuntala en Siha (2007), Sós (2011) e Déixaas (2018).

Baiuca “Morriña”

 Mercedes Peón

Fransy Davide Cibrán “Xota de Negreira de Vilamaior”

CODA

Desde logo se algunha conclusión temos que sacar no que atinxe á música actual en galego é que somos unha verdadeira potencia, tanto do punto de vista cualitativo como cuantitativo. Debemos destacar tamén o talento natural destes músicos, algúns deles sen unha grande formación académica, pero sobrados de enxeño, vocación e arelas de rebeldía, así como a teimosa busca da renovación, da fusión e a experimentación. Moitos proceden da música tradicional ou de bandas de música populares, de aí a potencia dalgunhas seccións de metais de grupos formados en pequenas vilas e o peso que outorgan ás nosas raíces e de entre elas, dun xeito especial, á nosa lingua. Se en todos os ámbitos se lle prestara ao idioma este interese, sen dúbida que lle agardarían “mil primaveras máis”. A todo isto teriamos que acrescentar o valor engadido, no entanto esencial, do compromiso dos nosos músicos co emprego da canción como ferramenta reivindicativa para acadar a liberación nacional e social.

Ler tamén Cantar en galego I Da tradición oral á modernidade

Marcos Seixo Pastor

Marcos Seixo Pastor

Profesor de galego

Chámome Marcos Seixo. Aínda que a miña chegada ao mundo tivo lugar en 1959 na rúa de San Marcos en Lugo, na casa da miña avoa, fun concibido e criado en Navia de Suarna, onde pasei unha feliz infancia e a onde regreso cando menos dúas ou tres veces ao ano. Por mor da profesión do meu pai, estivemos vivindo en distintos concellos. Asentámonos finalmente en Cuntis (Pontevedra), onde vivo a día de hoxe na aldea de Castrolandín.

Fixen estudos de Filoloxía en Compostela e os últimos 16 anos fun profesor do IES Valle Inclán de Pontevedra, até a miña “xubilación forzosa por incapacidade” no ano 2016. Neste instituto coñecín aos compañeiros do grupo de teatro Argallada, algúns deles impulsores do blog devellabella, no que ando a colaborar con algún traballo.

A miña vida na actualidade segue a ser bastante activa, pois podo dedicar o tempo ás miñas moitas afeccións, entre elas escribir. Alén diso tamén son afeccionado á música tradicional, ás motos, sobre todo ás clásicas, a coidar as viñas, e tamén a nadar, podendo ser, no río de Navia

Blog

Cantar en galego I

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

1º Mai, “le Muguet” por Ghislaine Gourlaouen

1º Mai, “le Muguet” por Ghislaine Gourlaouen

Que dit-on chez Wikipedia?!

Traditions

D’un point de vue mythologique, mai est, le mois des fêtes en l’honneur de la végétation, des fleurs, des sources et de l’eau. Dans certaines traditions, c’est le mois du retour des morts et des ancêtres mythiques.

Dans la tradition des Romains, le mois de mai était celui de Maia, déesse de la fécondité.

Dans le monde celtique, la date du 1er mai est celle de la fête de Beltaine, la grande fête celtique du dieu Bel, correspondant au dieu gaulois Belenos. C’est une fête du feu.

Chez les catholiques, mai est le mois de Marie. Le mois de mai commence avec la fête de saint Joseph l’artisan le 1er mai. Mai se termine par la célébration de la Visitation de la Vierge Marie à sa cousine Élisabeth.  Les apparitions de Fatima ont eu lieu au mois de mai. Mai est également traditionnellement le mois des communions (première communion et communion solennelle).

Tableau de Raoul Dufy, le mai à Nice

Le mois de mai est aussi celui des arbres de mai, festivité fréquente en Europe occidentale et les pays nordiques, connue sous le nom de Meyboom, Maypole, Maibaum, Maggiolata, etc. Le cœur de ces rites est la plantation d’un arbre (ou d’un mat qui le représente), qui actualise l’acte primordial de la régénération.

Mai est aussi le mois de la déesse des forces de la nuit, Lilith, célébrée pendant les floralies.”

devellabella_muguet

Le Muguet

L’églantine

Le 1er mai n´est pas seulement la fête du travail, c´est aussi le jour  où l´on s´offre des brins de muguet. Comme le muguet fleurit au printemps, il est donc tout d´abord une manière de célébrer le retour des beaux jours. Il paraît que les Celtes lui attribuaient déjà une vertu de porte-bonheur, mais il faut attendre la Renaissance pour que l´on commence à offrir du muguet.

Le 1er mai 1561, le roi Charles IX reçoit en cadeau un brin de muguet porte-bonheur; le cadeau lui fait plait tellement qu´il décide d´en offrir un brin tous les ans  à chacune des dames de sa cour.

La tradition va perdurer jusqu´à la Belle Époque, surtout en Ile-de- France* où les magasins offrent un brin de muguet à toutes ses clientes. Entre 1886 et 1889, de nombreuses manifestations syndicalistes secouent la France. En 1889, les syndicats proposent que le 1er mai soit une journée chômée consacrée à la manifestation. Les participants en général manifestent avec un triangle rouge à la boutonnière qui symbolise la division de la journée en trois partie égale: le travail, le loisir et le sommeil (les 3 huit). Le triangle rouge est ensuite remplacée par l´églantine rouge qui devient le symbole des revendications des travailleurs.  À partir de 1907,le muguet remplace progressivement l´églantine. C´est en 1941 que le gouvernement de Vichy** décide d´institutionnaliser officiellement la fête du travail le 1er mai, mais comme le rouge est traditionnellement associé à la gauche, il décide de mêler définitivement le muguet à la fête du travail.

* Paris et la région parisienne

**Gouvernement collaborationniste établi dans la ville de Vichy pendant la 2è guerre mondiale.

Cette fête du 1er mai comme journée des travailleurs, nous la devons aux ouvriers américains. Le 1er mai 1886, lors d´une manifestation à Chicago, la police tire sur les ouvriers en grève. Le 3 mai la manifestation se solde par 3 morts parmi les grévistes. Le lendemain, une immense marche de protestation a lieu, et le soir, au moment où la manifestation se disperse, une bombe explose devant les forces de l´ordre et fait une quinzaine de morts dans les rangs de la police.  3 syndicalistes anarchistes sont jugés par la suite et condamnés à perpétuité, 5 autres seront pendus le 11 novembre 1886 malgré des preuves incertaines. Aujourd´hui, sur une stèle du cimetière Waldheim de Chicago, on peut encore lire les dernières paroles de l´un des condamnés, Augustin Spies “The day will come when our silence will be more powerful than the voices you are throttling today” ( le jour viendra où notre silence sera plus puissant que les voix que vous étranglez aujourd´hui). 

devellabella_muguet

Augustin Spies

Haymarket martyr´s monument

Vidéo, dans les rues de Paris : Vente de muguet par les associations humanitaires, les partis politiques etc..

En période de confinement: adaptation aux circonstances: service à domicile de la part des fleuristes, cadeau pour les ehpad (établissement d´hébergement pour les personnes âgées dépendantes)

Comment parler du 1er mai sans mentionner la chanson interprétée par Francis Lemarque* en 1959. Celui-ci a su adapter librement une chanson populaire russe, Les nuits de Moscou, écrite par Vassili Soloviov-Sedoï  et Mickhaïl Matoussovski en 1955  dont les premières notes ont longtemps été le générique d´ouverture de radio Moscou.

Francis Lemarque (1917-2002), né Nathan Korb, a écrit beaucoup de chansons pour Yves Montand. Avec Charles Trenet, Henri Salvador, Charles Aznavour, il a eu l´une des plus longues et plus riche carrière de la chanson francophone et nombre de ses titres appartiennent à la mémoire collective et la culture française. Il a également connu la censure pour sa chanson pacifiste Quand un soldat, sortie en 1953.

Le temps du muguet

 Il est revenu le temps du muguet
Comme un vieil ami retrouvé
Il est revenu flâner le long des quais
Jusqu’au banc où je t’attendais
Et j’ai vu refleurir
L’éclat de ton sourire
Aujourd’hui plus beau que jamais

Le temps du muguet ne dure jamais
Plus longtemps que le mois de mai
Quand tous ses bouquets déjà seront fanés
Pour nous deux, rien n’aura changé
Aussi belle qu’avant
Notre chanson d’amour
Chantera comme au premier jour

Il s’en est allé, le temps du muguet
Comme un vieil ami fatigué
Pour toute une année, pour se faire oublier

En partant, il nous a laissé
Un peu de son printemps
Un peu de ses vingt ans
Pour s’aimer, pour s’aimer longtemps

 

Voici, à la suite trois interprétation de cette même chanson: celle de Francis Lemarque en français, celle des choeurs de l’Armée Rouge et finalement une interprétation du pianiste Van Cliburn lors d´une réception officielle,en 1987.

En décembre 1987, Mickail Gorbachov et son épouse Raïsa sont reçus par le couple présidentiel de l´époque – Ronald et Nancy Reagan- Lors d ´une soirée concert, le pianiste, Van Cliburn interprète “Les nuits de Moscou” au piano; Gorbachov est enthousiaste et il le montre bien!… à un moment donné , ce sont tous les assistants qui reprennent en choeur la chanson.

Chanson interprétée par Francis Lemarque

Les choeurs de l´Armée Rouge

En décembre 1987, Mickail Gorbachov et son épouse Raïsa sont reçus par le couple présidentiel de l´époque – Ronald et Nancy Reagan- Lors d ´une soirée concert, le pianiste, Van Cliburn interprète “Les nuits de Moscou” au piano; Gorbachov est enthousiaste et il le montre bien!… à un moment donné , ce sont tous les assistants qui reprennent en choeur la chanson.

8 déc. 1987, State dinner arrival of Mickail Gorbachov and Raisa:  interprétation de la chanson russe à la minute 15´38

Ghislaine Gourlaouen Bryselbout

Ghislaine Gourlaouen Bryselbout

Profesora de francés

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Une chanson qui a traversé l’atlantique por Ghislaine Gourlaouen

Une chanson qui a traversé l’atlantique por Ghislaine Gourlaouen

Si je vous dis La Foule, cela ne vous dira rien peut-être, mais Que nadie sepa mi sufrir, cela  vous parlera déjà beaucoup plus !  Et  A multidão en portugais-brésilien, l´avez-vous déjà entendu?

Édith Piaf

De son vrai nom Édith Giovanna Gassion (1915- 1963) connue aussi comme la “môme Piaf”- un piaf étant un moineau en langue populaire-. Piaf est née dans un milieu très défavorisée, et sera souvent délaissée par ses parents.                           

Pendant quelques années elle suivra son père dans des cirques itinérants.  À 15 ans, elle fuit le foyer familial et commence à chanter dans la rue, puis dans des bals musettes. Qui ne connaît  les grands classiques chantés par Piaf?  La vie en rose, Non, je ne regrette rien, Mon légionnaire, Hymne à l´amour, Milord, l´Accordéoniste.  Ses interprétations et sa voix ont marqué le public pour longtemps. De nombreux chanteurs lui doivent aussi beaucoup: Yves Montand, Charles Aznavour, Les Compagnons de la chanson, Georges Moustaki, Charles Dumont ….C´est elle en effet qui les a fait connaître. La renommée d’Edith Piaf sera internationale mais sa fin de carrière deviendra difficile à cause de ses problèmes de santé liée à la maladie et l´alcool entre autres. Elle meurt jeune, à 47 ans.

La foule, une chanson venue de la Pampa

En 1956, Piaf part en tournée en Amérique du Sud. Elle en rapporte l’un de ses plus grands succès : La Foule.

Alors qu’elle chante en Argentine, elle est séduite par Que nadie sepa mi sufrir, ritournelle populaire faisant partie d’une tendance musicale appelée la valse péruvienne. Écrit en 1936 par Angel Cabral, les paroles sont d´ Enrique Dizeo. La chanson est adaptée en français par Michel Rivgauche et interprétée pour la première fois en 1958 lors du troisième Olympia* de la Môme*.

 L´adaptation française a connu un grand succès, ce qui explique que la version originale a été remise à la mode sous le titre espagnol Amor de mis amores. La chanson a été reprise par de nombreux artistes, en français comme en espagnol mais aussi dans d’autres langues.

 La chanson narre l’histoire d’une jeune femme, perdue dans une fête populaire, la foule est dense, tellement importante que les personnes qui la compose n’ont que peu d’emprise sur leur mouvement. Par un mouvement de foule, la jeune femme se retrouve dans les bras d’un inconnu. Tous deux impuissants, ils se laissent emporter par la magie de cet instant, dansant au gré du mouvement de la foule. Il y a quelque chose qui se passe, peut-être le début d’un amour naissant, détruit quelques instants plus tard par un autre mouvement de foule qui séparent ceux qui venaient de se rencontrer. Malgré tous ses efforts, la foule l’emporte loin de cet inconnu que la foule lui a offert et aussitôt repris. Un inconnu qu’elle ne reverra jamais.

*L´Olympia est une salle de spectacle de Paris qui a toujours été une véritable rampe de lancement pour les artistes. C´est le plus ancien music-hall encore en activité.

*La môme: autre façon d´appeler Édith Piaf; une môme étant une enfant; allusion à la petite taille d´Édith Piaf, qui ne mesurait qu´1,47m, taille menue qui contrastait d´autant plus avec la puissance de sa voix!

Paroles en français: 

La Foule

Je revois la ville en fête et en délire

Suffoquant sous le soleil et sous la joie

Et j’entends dans la musique les cris, les rires

Qui éclatent et rebondissent autour de moi

Et perdue parmi ces gens qui me bousculent

Étourdie, désemparée, je reste là

Quand soudain, je me retourne, il se recule

Et la foule vient me jeter entre ses bras

Emportés par la foule qui nous traîne, nous entraîne

Écrasés l’un contre l’autre, nous ne formons qu’un seul corps

Et le flot sans effort nous pousse, enchaînés et l’un et l’autre
Et nous laisse tous deux épanouis, enivrés et heureux

Entraînés par la foule qui s’élance et qui danse une folle farandole

Nos deux mains restent soudées

Et parfois soulevés, nos deux corps enlacés s’envolent

Et retombent tous deux épanouis, enivrés et heureux

Et la joie éclaboussée par son sourire

Me transperce et rejaillit au fond de moi

Mais soudain je pousse un cri parmi les rires

Quand la foule vient l’arracher d’entre mes bras

Emportés par la foule qui nous traîne, nous entraîne

Nous éloigne l’un de l’autre, je lutte et je me débats

Mais le son de ma voix s’étouffe dans les rires des autres

Et je crie de douleur, de fureur et de rage et je pleure

Entraînée par la foule qui s’élance et qui danse une folle farandole

Je suis emportée au loin

Et je crispe mes poings, maudissant la foule qui me vole

L’homme qu’elle m’avait donné et que je n’ai jamais retrouvé

Paroles en portugais-brésilien:  

A Multidão

Eu seguia a multidão e a folia

Sufocado, sob o sol, a gargalhar

Ouço gente pulando à toa em alegria

Que me envolve e me joga de cá pra lá

E jogado entre pessoas que se invadem

Atordoado, desamparado, eu fico ali

De repente, você vira, e me fazem

Cair em seus braços e você em mim…

 Jogados na muvuca que nos leva, nos enleva

Espremidos um com outro

A formar um corpo só

E seguimos engatados um noutro

Achados perdidos embriagados inocentes

Levados na muvuca que se lança e que dança

 Com a banda a tocar

Nossas mãos viram uma só

São dois corpos que tropeçam pra voar

Caídos elevados embriagados inocentes

A jorrar de seu sorriso, a alegria

 Me atravessa e me revolve o coração

De repente me rasgam a fantasia

Quando, dos meus braços, te arranca a multidão

Jogados na muvuca que nos leva, nos enleva

 Afastados um do outro

Eu luto e me debato

Entre as luzes,

Te perco, te desencontro

Xingo o Momo, o palhaço, o arlequim e a Columbina

Puxados na muvuca que se lança e que dança

Com a banda a tocar

Fico ao longe a escutar

Eu me dou conta, ó multidão, da sua graça

A farsa de uma paixão que jamais vou reencontrar

 Adaptation originale de Nicola Són et

Igor Ribeiro de “Que nadie sepa mi sufrir”

Voici donc différentes interprétations en français, espagnol, portugais-brésilien

1.Piaf, 1957

                           digitally remastered                                                                      Piaf sur scène

  1. Autre interprétation, beaucoup moins célèbre celle-là mais très gracieuse et sympathique: celle de deux enfants- Isaac et Nora-, avec leur père Nicolas d´origine sud-coréenne. Ils vivent en Bretagne à Quimper; c´est la maman Catherine qui filme! Ils sont assez connus sur les réseaux….! en français et en espagnol
    1. Interprétation en espagnol: En Espagne, l´interprétation la plus célèbre est certainement celle de María Dolores Pradera, dans son album Sus Primeras Canciones, sorti en 1965. Que nadie sepa mi sufrir

4. A multidão, makinf off:

La chanson : A multidão, in Piaf do Brasil, en portugais-brésilien, Par Nicola Són: Celui-ci  a adapté plusieurs succès d´Édith Piaf au portugais du Brésil et aux rythmes tropicaux et la pressse l´en a bien félicité!

Nicola Són sa page Facebook

Ghislaine Gourlaouen Bryselbout

Ghislaine Gourlaouen Bryselbout

Profesora de francés

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥