Eran tres por Charo Valcárcel Mato

Eran tres por Charo Valcárcel Mato

Obra de teatro do absurdo onde tres personaxes se atopan nunha parada do bus a altas horas da madrugada. Obra orixinal de Charo Valcárcel

ERAN TRES

(Un home (HOME 1) está no centro do escenario, como agardando, viste de forma impersoal. Podería ser calquera. Chega outro  e sitúase ao seu carón)

HOME 2: Oes, ti quen es?

HOME 1: Eu?

HOME 2: Si, ti.

HOME 1: Pois…, non sei quen son.

HOME 2: Non sabes?

HOME 1: Non, non sei. Que pasa? Teño que saber?

HOME 2: Home, eu diría que si. Todo o mundo sabe quen é.

HOME 1: Todo o mundo?

HOME 2: Si.

HOME 1: E ti como o sabes? Coñeces a todo o mundo?

HOME 2: Home, non. A todos non. É unha maneira de falar.

HOME 1: Xa.

HOME 2: Pero volvamos ao tema. Interésame.

HOME 1: Que che interesa?

HOME 2: Saber quen es.

HOME 1: Pois a min dáme igual.

HOME 2: Como che vai dar igual?  E se es un asasino?

HOME 1: Pois se fose así seguramente xa estarías morto, non cres?

HOME 2: Non sei. Igual es un asasino selectivo.

HOME 1: Selectivo?

HOME 2: Si, que seleccionas as túas vítimas. Xa me entendes.

HOME 1: Non, non te entendo.

HOME 2: Quero dicir que matas a xente que che fixo algo, por exemplo.

HOME 1: Ah!

HOME 2: Ou que lle tes tirria, ou envexa, ou …

HOME 1: Ou mato por pracer…

HOME 2: Ben, tamén…, se estás tolo.

HOME 1: Se son un psicópata.

HOME 2: Iso. (pausa) Mellor voume.

HOME 1: E logo?

HOME 2: É que acabo de lembrar que teño que facer algo.

HOME 1: Non me digas?

HOME 2: Si. Son un home ocupado.

HOME 1: Agora que o estaba pasando ben.

HOME 2: Pasando ben?

HOME 1: Si.

HOME 2: Falando de psicópatas?

HOME 1: Oe, non che entraría algo de cague, non?

(Silencio)

HOME 1: Iso é. Cres que te vou matar (ri)

HOME 2: Ti non sabes quen es. Como me vou fiar dun home que non sabe quen é? Hai tantas posibilidades.

HOME 1: Infinitas.

HOME 2: Iso. Infinitas.

HOME 1: Podo ser un home bo, un bo samaritano.

HOME 2: Podes. Pero non tes pinta.

HOME 1: E logo de que teño pinta?

HOME 2: Non sei.

(Ía marchar cando chega unha muller, sente curiosidade e queda. Ela mira os dous homes e achégase a eles)

MULLER : Ola!

HOME 2: Dismo a min?

MULLER : Claro que non. A vostede non o coñezo de nada.

HOME 2: E a el si, logo?

MULLER : A el si.

HOME 2: Ah! Entón sabes quen  é…

MULLER 1: Non, non sei.

HOME 2: Como que non! En que quedamos?

MULLER 1: Sei que é o home que non sabe quen é.

HOME 2: E ti quen es?

MULLER : Eu son unha muller.

HOME 2: Iso é evidente.

MULLER : Non crea.

HOME 2: Definitivamente queredes volverme tolo.

HOME 1: Quizais non teñamos que facelo.

HOME 2: Que queres dicir?

MULLER : Que ao mellor ti xa estás tolo. Que fas aquí falando con dous descoñecidos ás catro da mañá?

HOME 2: Pois… Eu viña coller o bus nocturno e…

HOME 1: É demasiado tarde…

HOME 2: Demasiado tarde para que?

HOME 1: Para que vai ser?

HOME 2: (Mírao interrogante)

MULLER : Claro, para que vai ser?

(O home 2 segue con cara de non saber)

HOME 1: Pois para volver andando, para iso.

HOME 2: Ah! xa, claro, para volver andando. Pero como vai unha noite estupenda case aproveito e vou andando.

HOME 1: Como vas marchar, así sen máis?

HOME 2: E logo por que non vou poder?

HOME 1: Home, chegaches aquí inquirindo, querendo saber, coma se foses un inspector de policía… e agora marchas sen obter ningunha información?

HOME 2: Claro que obtiven información. Sei que es un home que non sabe quen é.

MULLER : Iso é como non saber nada.

HOME 1: Efectivamente.

HOME 2: (á muller) E ti sabes algo máis del? Sabes como se chama? onde vive? de que traballa? Se ten familia? …

MULLER :  (Interrompéndoo) Para, para, para. Cantas preguntas!

HOME 2: Pero sabes ou non?

MULLER : Non.

HOME 2: E que fas aquí?

MULLER : Agardar o bus nocturno.

HOME 2: Pero dixeches que o coñecías…

MULLER : Si, de vista.

HOME 2: De vista?

MULLER : Claro, de velo aquí na parada sempre que veño.

HOME 2: (Ao HOME 1) Ah!, vostede colle habitualmente este bus?

HOME 1: Non, nunca.

MULLER : Nunca.

HOME 2: Nunca?

MULLER : É que está xordo? Nunca! Sempre queda aquí.

HOME 2: Aquí? Toda a noite?

HOME 1: Si, toda a noite. Pola noite estou aquí.

HOME 2: E que fai?

HOME 1: Nada, agardar.

MULLER : Ah! Esta é unha información nova. E que agarda?

HOME 2: Iso, que agarda?

HOME1: Pois agardo que se faga de día.

HOME 2: Este home está tolo. E non ten nada mellor que facer?

HOME 1: Agardar que se faga de día é algo moi bo, non cre? Ver nacer un novo día, un novo rexurdir.

HOME 2: Non, non está mal, pero facelo todos os días desde unha parada de bus? Non estaría mellor na súa casa?

MULLER : Iso, e pode velo desde a venta, ao quente.

HOME 1: Eu non teño casa.

MULLER : Eu creo que cada vez está máis claro. Si, si, clarísimo. É mellor chamar a obxectos perdidos (colle o móbil)

HOME 2: Pero que di, muller, non ve que non é unha carteira? É un home!

MULLER : Xa, si, ben, quizais, pero… e se está disfrazado?

HOME 2: De que? De carteira? (con ironía)

MULLER : Non, de home.

HOME 2: Ai señor, haberá un manicomio aquí preto?

HOME 1: Eu case vou cambiar de parada.. (intentando facer mutis)

MULLER: Eh!, eh! oia!, como que vai cambiar de parada? Ese é un xiro inaceptable na trama!

HOME 2: Iso!  (de súpeto, desconcertado) como? que trama?

HOME 1: Ai, eu non tramo nada, só quero ficar tranquilo e tres son multitude.

MULLER:  Niso ten toda a razón. Estabamos tan ben ata que chegou este señor! (sinalando ao home 2)

HOME 2: Quen eu? Pero se eu cheguei antes ca vostede!

MULLER: Antes ca min?

HOME 2: Si, si, antes ca vostede. Eu antes, vostede despois.

MULLER: Oia, a min non me tome o pelo, eh?

HOME 1: Iso, non lle tome o pelo. Ademais vostede non quería marchar?

HOME 2: Si, pero iso era antes.

HOME 1: Antes? Antes de que?

HOME 2: Antes de que me botaran.

MULLER: Aquí non botamos a ninguén: invitamos a marchar. Por deus! unha educación!

Eran tres

Manuel, Charo e Benito

HOME 2: Con toda a educación dígolle que a que sobra é vostede.

MULLER: Como di?

HOME 2:  Pois que hoxe cheguei eu antes, así que haberá que ir indo, que xa son horas. que alea jacta est!

MULLER: Ala! e agora vénme con “latinajos” que non veñen a conto, pero vostede quen cre que é, o Papa?

HOME 2: Pois non, se fose o Papa iría vestido de Papa, non?

MULLER: Ou non, tamén poderá ir de paisano, coma os curas.

HOME 1: Uf, co ben que estaba eu agardando polo día sen saber quen son. Marcho antes de que me lembre!

(fai mutis)

Charo Valcárcel Mato

Charo Valcárcel Mato

Profesoa de galego

Eu son Charo Valcárcel. Nacín nunha pequena freguesía da Estrada (Sta. Cristina de Vinseiro) hai 60 anos, pero xa levo trinta e cinco vivindo en Pontevedra, case tantos como os que traballei no IES Valle Inclán (trinta e dous), toda unha vida…

Estudei Filoloxía Hispánica, aínda que me presentei e aprobei as oposicións para profesora de Lingua galega e sempre exercín como tal, do cal me sinto e sentirei sempre moi orgullosa.

No Valle Inclán coñecín a Ana, Manuel, Isidro, Benito e Sara que, considero, máis que compañeiros, amigos, bos amigos. Xuntos compartimos moitas experiencias.

Agora esta na que nos implicou Ana que, polo menos para min, é un salvavidas, un incentivo que chega para encher o oco que deixa o ensino nas nosas vidas.

Pero tamén formamos parte dun grupo de teatro de profesores (en activo e xubilados) que naceu no 2005 no seo do Valle Inclán, Argallada, e que está esperando tempos mellores para retomar a súa actividade.

Agardo que as miñas contribucións no blog devellabella sexan merecedoras do voso beneplácito ou, polo menos, non do voso desgusto.

Sen ver as horas

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Queridos reis magos de Argallada teatro – devellabella

Queridos reis magos de Argallada teatro – devellabella

Por suposto que imos reservarlle un espazo destacado ao teatro, non teriamos perdón de non facelo, non só porque é unha parte moi destacada da nosa cultura, senón tamén pola nosa relación con ese mundo ao ser moitos de nós membros do grupo de teatro amador Argallada.

Falaremos de teatro, propostas, obras en escena, obras xa convertidas en clásicos, etc. e, como non, falaremos do noso, das obras que fixemos nós ao longo de quince anos.

Ídesnos permitir, aínda que poida parecer inmodesto ou fachendoso, comezar polo que mellor coñecemos, por Argallada. 

O Grupo Argallada  é un grupo de teatro amador formado por profesores e exprofesores do IES Valle Inclán de Pontevedra. Ben é certo que cada vez somos máis os ex, así, todos os membros deste blog, a excepción do noso querido compañeiro Pepe, pertencemos ao grupo, ademais case todos estamos nel desde o seu nacemento, que se remonta ao curso 2005-06.

Foi no seo do Equipo de Normalización Lingüística onde xurdiu a idea. A participación de docentes de distintas materias nunha actividade cultural que trataba de potenciar o uso do galego e o intento de facilitar unha aproximación do noso alumnado ao feito teatral como algo cercano e recoñecible, didáctico e divertido, constituíron  os argumentos que  nos  animaron a  tomar a decisión.

En fin, se somos sinceros, tamén había pola nosa parte unha vocación faranduleira nada desdeñábel.

Desde entón representamos cada final de curso unha obra de teatro, con predominio absoluto da comedia, de autoría propia e allea e dirixida ao noso alumnado, pero tamén ao todos os que quixeron achegarse ao Teatro Principal, aínda que chegamos mesmo a actuar en Santiago, Caldas, Cuntis, O Carballiño, Vilagarcía, A Estrada, Ribadumia… e en varias freguesías pontevedras, como Campañó, Mourente, Marcón, etc. Falo en pasado porque neste maio-xuño do 2020, debido á brusca incursión da pandemia nas nosas vidas, non o puidemos levar a cabo e por primeira vez interrompeuse sine die a posta en escena da nova montaxe que xa estabamos preparando.

Foron dez obras distintas as que representamos ao longo destes quince anos, algo que non poderiamos ter feito sen a axuda inestimáble de Manuel Solla, profesor de teatro do grupo de alumnado do instituto e á vez actor e director de teatro, que nos aconsellou, nos ensinou e foi o responsable da montaxe da luz e do son da maioría das obras.

Con subtítulos

Queridos Reis Magos foi unha tradución e adaptación ao galego, realizada polo Grupo Argallada, da peza Criaturas do grupo catalán T de teatre.

Esta escena que seleccionamos foi unha das máis aplaudidas, pero a obra estaba estruturada en oito máis: NeonatosVida de naiCarta dubidosaPor que? 1Carta da bicicleta,  Por que? 2,  Quero ser maiorOver the Rainbow

Recomendación: se non tivestes ocasión de vela no seu día merece a pena visualizala toda, seguro que non vos arrepentiredes da decisión.

Representouse no ano 2016 no Teatro Principal de Pontevedra con grande afluencia de público, como soía ser habitual nas nosas montaxes, ao contar co noso alumnado incondicional e moitos dos compañeiros, familiares, amigos, etc.

Charo Valcárcel Mato

Charo Valcárcel Mato

Profesora de galego

Eu son Charo Valcárcel. Nacín nunha pequena freguesía da Estrada (Sta. Cristina de Vinseiro) hai 60 anos, pero xa levo trinta e cinco vivindo en Pontevedra, case tantos como os que traballei no IES Valle Inclán (trinta e dous), toda unha vida…

Estudei Filoloxía Hispánica, aínda que me presentei e aprobei as oposicións para profesora de Lingua galega e sempre exercín como tal, do cal me sinto e sentirei sempre moi orgullosa.

No Valle Inclán coñecín a Ana, Manuel, Isidro, Benito e Sara que, considero, máis que compañeiros, amigos, bos amigos. Xuntos compartimos moitas experiencias.

Agora esta na que nos implicou Ana que, polo menos para min, é un salvavidas, un incentivo que chega para encher o oco que deixa o ensino nas nosas vidas.

Pero tamén formamos parte dun grupo de teatro de profesores (en activo e xubilados) que naceu no 2005 no seo do Valle Inclán, Argallada, e que está esperando tempos mellores para retomar a súa actividade.

Agardo que as miñas contribucións no blog devellabella sexan merecedoras do voso beneplácito ou, polo menos, non do voso desgusto.

Os dous xastres

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Argallada grupo de teatro – devellabella

Argallada grupo de teatro – devellabella

Por suposto que imos reservarlle un espazo destacado ao teatro, non teriamos perdón de non facelo, non só porque é unha parte moi destacada da nosa cultura, senón tamén pola nosa relación con ese mundo ao ser moitos de nós membros do grupo de teatro amador Argallada.

Falaremos de teatro, propostas, obras en escena, obras xa convertidas en clásicos, etc. e, como non, falaremos do noso, das obras que fixemos nós ao longo de quince anos.

Ídesnos permitir, aínda que poida parecer inmodesto ou fachendoso, comezar polo que mellor coñecemos, por Argallada. 

O Grupo Argallada  é un grupo de teatro amador formado por profesores e exprofesores do IES Valle Inclán de Pontevedra. Ben é certo que cada vez somos máis os ex, así, todos os membros deste blog, a excepción do noso querido compañeiro Pepe, pertencemos ao grupo, ademais case todos estamos nel desde o seu nacemento, que se remonta ao curso 2005-06.

Foi no seo do Equipo de Normalización Lingüística onde xurdiu a idea. A participación de docentes de distintas materias nunha actividade cultural que trataba de potenciar o uso do galego e o intento de facilitar unha aproximación do noso alumnado ao feito teatral como algo cercano e recoñecible, didáctico e divertido, constituíron  os argumentos que  nos  animaron a  tomar a decisión.

En fin, se somos sinceros, tamén había pola nosa parte unha vocación faranduleira nada desdeñábel.

Desde entón representamos cada final de curso unha obra de teatro, con predominio absoluto da comedia, de autoría propia e allea e dirixida ao noso alumnado, pero tamén ao todos os que quixeron achegarse ao Teatro Principal, aínda que chegamos mesmo a actuar en Santiago, Caldas, Cuntis, O Carballiño, Vilagarcía, A Estrada, Ribadumia… e en varias freguesías pontevedras, como Campañó, Mourente, Marcón, etc. Falo en pasado porque neste maio-xuño do 2020, debido á brusca incursión da pandemia nas nosas vidas, non o puidemos levar a cabo e por primeira vez interrompeuse sine die a posta en escena da nova montaxe que xa estabamos preparando.

Foron dez obras distintas as que representamos ao longo destes quince anos, algo que non poderiamos ter feito sen a axuda inestimáble de Manuel Solla, profesor de teatro do grupo de alumnado do instituto e á vez actor e director de teatro, que nos aconsellou, nos ensinou e foi o responsable da montaxe da luz e do son da maioría das obras.

Hoxe queremos presentarvos unha pequena mostra do que facemos, que procede dunha das nosas últimas representacións: Finlandia, peza de Fran Godón, (á que só lle engadimos unha escena da nosa autoría) profesor de Lingua Galega, dramaturgo, actor e director de teatro, que por aquel entón traballaba con nós no instituto.

A obra está formada por doce escenas independentes, que presentan en clave de humor disparatado distintas situacións pouco comúns e nada convencionais que teñen como principal finalidade arrincar a gargallada do público e implicalo neste mundo absurdo ante o que non ha de quedar indiferente.

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥