CIDADE.
Os pasos que dou resoan nunha rúa
que non leva a ningún lado,
nunha cidade que , á fin,
é o centro do labirinto.
Debía saber por Cavafis e Borges
que a cidade e mais eu somos
a mesma cousa, un azar ao pé
de ningures, lonxe, moi lonxe,
dos xogos infantís, do canto dos
paxaros, da rosa que unha man
arrincou da poliña dun arbusto
silvestre, onde enredabamos hai
demasiado tempo a saltar os perigos
dunha fochanca que reflectía o rostro
dun neno que empezaba a non ser eu.

Xaime Domínguez Toxo
Escritor
Bueu, 11 de Novembro de 1955.
Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación.
Presidente do Ateneo de Pontevedra dende o ano 2007.
Ten publicado na editorial Xerais o libro de relatos AS PALABRAS QUE MOVE O MAR, polo servizo de publicacións da Deputación de Pontevedra conxuntamente co artista Antón Sobral ten publicado o CADERNO DE MAR, na editorial Ancoradouro o libro de relatos PROTEXER O INVISIBLE, na editorial Laiovento o poemario A CASA SEN NÓS. Conta no seu haber con distintos relatos e poemas publicados en libros colectivos, revistas e xornais.
Premios:
- Premio Primeiro Certame Literario “O xadrez faise palabra” da ONCE, Madrid, ano 2000, co relato Escuro é o rostro da memoria.
- Accésit do Premio Modesto R. Figueiredo no 2002.
- Primeiro premio do Certame de relatos do Concello de Paradela no 2002.
- Primeiro premio do Certame Manuel Murguía de narracións breves no 2004.
- Accésit do Premio Modesto R. Figueiredo no 2011, por Eco da afasia.
- Accésit no Certame Manuel Murguía de narracións breves do ano 2011 polo relato Unha viaxe de inverno.
Pedagogo e mestre especialista en Cegueira e Baixa Visión. Forma parte do Equipo de Intervención Pedagóxica en Cegueira, Baixa Visión e Orientación Escolar da O.N.C.E. na provincia de Pontevedra.
máis artigos
Actividades do 29 de maio ao 4 de xuño 2023
by Ana | Maio 28, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 22 ao 28 de Maio 2023 por Ana
by Ana | Maio 21, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 15 ao 21 de Maio 2023 por Ana
by Ana | Maio 14, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 1 ao 7 de Maio 2023 por Ana
by Ana | Abril 28, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 24 ao 30 de abril 2023 por Ana
by Ana | Abril 23, 2023 | Actividades | 0 Comments
Juan Mejuto Pérez por Ana Santos Solla
by Ana | Abril 30, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Nieves Fernández Barrio por Ana Santos Solla
by Ana | Abril 16, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Rafael Sánchez-Agustino “Fis” por Ana Santos
by Ana | Marzo 10, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Juan Romero Ogando por Ana Santos
by Ana | Febreiro 12, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Marina de Sáa González por Ana Santos Solla
by Ana | Decembro 18, 2022 | Historias de vida | 0 Comments
Variacións Pérsicas (serie II): IIb. Sempre pasa por Ramón Caride
by Colaborador | Maio 28, 2023 | Literarias | 0 Comments
Horarios del mundo y España por Jesús Gayoso
by Colaborador | Maio 28, 2023 | Articulos | 0 Comments
Academia de pintura Tía Xuana por Ghislaine
by Ghislaine | Maio 28, 2023 | Artísticas | 0 Comments
Viaxe por España, 2ª parte por Manolo Gulias
by Colaborador | Maio 28, 2023 | Escapadas | 0 Comments