A Real Academia Galega, a proposta das Comadres das Letras, un grupo de mulleres unidas en torno a un obradoiro de literatura, escolleu “COMADRE” como palabra do ano 2022.
A definición do dicionario da RAG queda curta a respecto do que a propia Academia refire na elección desta voz como Palabra do ano 2022. Unha voz que, na fala popular, refírese á muller coa que se ten especial confianza.

O dicionario de Estraviz si recollle esta acepción ao definila, entre outras, como”vizinha e amiga de muita confiança, con quem tem outra mulher mais trato.”
Esta acepción cobra especial relevancia desde o movemento feminista, hoxe tan vapuleado polos enormes avances que imos acadando. Ao longo de séculos, as mulleres, relegadas ao poder do patriarcado, fomos quen de tecer redes de solidariedade, sororidade e apoio coas comadres da nosa familia e da nosa contorna.
Os termos comadre e sororidade van parellos, entendidos ámbolos dous como un apoio entre mulleres nunha sociedade patriarcal.
Marcele Lagarde define a sororidade como un pacto de xénero entre mulleres que se recoñecen como interlocutoras, sen xerarquías. Sustentado no principio da reciprocidade que potencia a diversidade e que impulsa compartir recursos, tarefas, accións.

As comadres
Pérdese na memoria o tempo que fai que, en Galicia, celébranse os “Xoves de Comadres” no tempo de Entroido, como testemuñas do pasado e do presente. As mulleres, nestes Xoves, son donas de si mesmas e dos espazos comúns que ocupan, nunha transgresión do estado patriarcal que imperaba e segue aínda vixente na sociedade.
Teñamos presente o feminismo e a sororidade en todos os ámbitos da vida, e gocemos dos “Xoves de Comadres” nos moitos lugares do país que manteñen viva a tradición do entroido galego.

Peque González Novoa
Profesora
Son Peque González Nóvoa. Nacín en Pontevedra hai 63 anos, nunha familia das de aquela, “numerosa”. Estudiei Psicoloxía en Santiago e dediquei toda a miña vida laboral á docencia, no ensino público; nos primeiros anos como mestra de infantil e posteriormente como orientadora, ata que hai dous anos decidín pasar a esta etapa chamada xubilación.
No meu percorrido de vida acostumo a definirme como muller, mestra, nai e avoa, sen orde prevalente, por que considero que son os elementos que conforman quen son.
Achégome a este grupo de xente que tivo a boa idea de poñer en marcha este proxecto “De vella a bella” coa intención de aprender e poder aportar un micrograo de area. Neste contexto no que vivimos, e nesta situación de pandemia, creo que todo o que implique a activación das persoas, sexa cal sexa a súa idade, é positivo.
máis artigos
Rafael Sánchez-Agustino “Fis” por Ana Santos
by Ana | Marzo 10, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Juan Romero Ogando por Ana Santos
by Ana | Febreiro 12, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Gal Costa por Manuel Lastra Galiano
by Manuel Lastra | Xaneiro 15, 2023 | Música | 0 Comments
Counting Crows (Contando Corvos) por Javier Domínguez
by Colaborador | Decembro 25, 2022 | Música | 0 Comments
Marina de Sáa González por Ana Santos Solla
by Ana | Decembro 18, 2022 | Historias de vida | 0 Comments
Luis Otero Echart por Ana Santos
by Ana | Decembro 4, 2022 | Historias de vida | 0 Comments
Psicología Clínica por Jesús Gayoso
by Colaborador | Marzo 12, 2023 | Etnografía | 0 Comments
Raíña dos mares por Charo Valcárcel Mato
by Charo | Marzo 12, 2023 | Literarias | 0 Comments