Crecemento
Xa hai moito tempo
que che presinto
mesturado
no meu sangue,
coma un mal antídoto
para un bo sufrimento,
agora tomas forma
xusto ao meu carón,
e con iso abonda
para propoñer unha conversa,
imos falar de sentimento,
non me contas as razóns
aínda que haxa un cento,
tamén imos escoitarnos
ata entender que conversar
é case unha cura,
somos, ambos los dous,
un feixe de xenes celtas
nadando no eido do entendemento,
adoitamos multiplicar
o mesmo espazo
polo mesmo tempo,
máis nunca obtivemos
a mesma velocidade,
hoxe tentaremos atopala
sen perder o tento,
camiñando paseniño
pola liña divisoria
entre desexar a soidade
e evitar que sexa ela
qué nos dexese,
ímos debullar esa dúbida,
qué unhas veces doe,
e outras namóranos,
coma se por unha vez,
o inferno e o firmamento
foxen a mesma doenza,
no fluír das verbas,
seremos quen de soñar
que a nosa conversa é
o derradeiro medicamento,
abonda con que poñas
os teus ollos nos meus
só por un intre,
a dose xusta,
ahí remataremos a conversa,
ficaremos calados
so ollándonos,
deixando que os desexos durman,
como fai o rexentemento,
e só ficará unha rebeldía
vixiándonos sen amolar,
sen tentar mudar nin nublar
o noso razoamento,
a esa rebeldía
ímoslle chamar crecemento.
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥