Croacia

Manolo Gulías Márquez

Outro verán máis para saír da rutina. Despois de visitar unha axencia de viaxes en Pontevedra e consultar uns catálogos de itinerarios e países onde puideramos ir, decidímonos por Croacia. Pareceunos un destino tan bo coma calquera outro.

Nunha soleada tarde do mes de agosto, saímos do aeroporto de Lavacolla en Santiago de Compostela e, coma sempre, despois da escala obrigatoria no aeroporto de El Prat en Barcelona, outras veces toca Madrid, nun novo avión embarcamos para o aeroporto de Cilipi en Dubrovnik.

As esperas nos aeroportos fan que as dúas horas e pouco de voo de Barcelona ata Dubrovnik poidan ser máis do dobre, se a isto lle sumamos o voo de  Lavacolla ó Prat…

Pincha no PDF da dereita para ler a viaxe completa

Croacia1
Croacia 3
Croacia 2
Manolo Gulias Márquez

Manolo Gulias Márquez

Docente

Xosé Manuel Gulías Márquez naceu en Pontevedra en 1952, pero foi bautizado en Forcarei de onde eran seus pais. En 1983 aprobou as oposicións por ciencias logo fixo a especialidade de galego e daba as clases nesa lingua. O seu último destino levouno ao instituto onde estudou, é dicir ao Valle Inclán, non podía estar máis feliz xa que despois de case 20 anos non tivo que volver coller o coche. Neste instituto estivo 18 anos ata que con 65 xubilouse, porque xa tiña o tempo de servizo e xa tocaba. Colabora con nós relatando as súas viaxes.

De Jaca a Pontevedra

Ávila

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥