Seleccionar página

Cuaderna Maestra

Mª José Lois

M.ª José Lois naceu hai 62 anos en Santiago. Lembra dende sempre o seu amor á costura, pero non porque o vira na casa. Ela ía coa veciña do 4º aprender calceta e coa do 3º, ganchillo. Tiña 12 anos daquela e xa fixo xerseis para todos os seus irmáns. Aos 21, xa casada, en Boborás (Carballiño) coñeceu por medio dunha amiga de Madrid que tecía, os teares.

Solicitou unha bolsa de artesanía que ofertaba a Xunta de Galicia e concedéronlla, e estivo aprendendo durante un ano. O seu primeiro tear fíxollo o seu marido e o seu primeiro labor foi un mostrario de puntos que aínda conserva e que é o primeiro que lle manda facer aos seus alumnos xa que aí se aprende moito.

teares
libro

Adicouse a percorrer os lugares da xeografía galega onde había teares e, o máis importante, a coñecer as mulleres que sabían tecer. O que con elas aprendeu quixo plasmalo primeiro nun libro en galego e agora noutro en castelán que son unha memoria etnográfica da arte de tecer. Pola mañá daba clases, desprazábase coa súa furgoneta, e pola tarde visitaba as aldeas onde sabía que había xente que tecía.

stand
tear

Na súa tenda obradoiro podemos ver que hai xente de todas as idades. A xente de +60 decántase máis polo ganchillo e a calceta e fan grupos e socializan. Os máis novos veñen a aprender no tear e a “horquilla”, veñen moitos estudantes de deseño e, malia ter 22 teares, ten lista de espera porque hai que saber que cada tear é para unha única persoa e non se pode compartir, por iso o prezo das clases é mais elevado que facer outros labores.

Chámanme a atención uns teares pequenos, fíxoos o seu marido porque xa non había sitio para os outros, o prezo é sobre 600 euros.

No seu obradoiro de Pontecaldelas ten 5 teares máis

No 2002 a súa peza Chal Oro obtivo o primeiro premio na modalidade contemporánea da IV edición dos Premios de Artesanía Antonio Fraguas da Diputación da Coruña. Tamén é coautora do libro Tejeduría tradicional en Galicia. El telar y la técnica da Editorial Canela

Que mellor que ver estes vídeos para saber un pouquiño máis deste local situado na rúa da Cruz vermella 15 e coñecer a Mª José Lois, sempre disposta a falar dunha materia que ela domina, os teares.

Convidámosvos a visitar a súa páxina Web 

Ana Santos Solla

Ana Santos Solla

Profesora de Educación Física

Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.

Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.

Prana Wellness center

máis artigos

Actividades do 14 ao 20 de xuño 2021

Do 7 ao 13 de Xuño

Actividades do 31 de maio ao 6 de xuño

Do 24 ao 30 de Maio 2021

Do 17 ao 23 de maio 2021

Do 10 ao 16 de maio 2021

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Español