VENRES 27 DE NOVEMBRO
19:00. Ons de Alfonso Zarauza. Con Chicharrón ao vivo antes da proxección
SÁBADO 28 DE NOVEMBRO
12:00. Dorothé na Vila. Dirección: Alejandro Gándara e Olaia Tubío
16:00. Arima. 2019. Directora: Jaione Camborda. Esnatu Zinema
19:00. A illa das mentiras. 2020. Directora: Paula Cons. Agallas Films
DOMINGO 29 DE NOVEMBRO
11:00. Pontevedra, cuna de Colón… coa súa cor! Xunta de Galicia. Duración: 40 minutos
13:00. Karelu. Compañía Os Náufragos Teatro. Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021. Xunta de Galicia.
16:00. Longa noite. 2019. Dirección: Eloy Enciso. Filmika Galaika.
18:30. A media voz. 2019. Directoras: Heidi Hassan e Patricia Pérez Fernández..
A illa das mentiras. (Paula Cons): A madrugada do 2 de xaneiro de 1921 o vapor Santa Isabel, que se dirixía a Bos Aires con 260 personas a bordo, afúndese diante da accidentada e dura costa da illa de Sálvora en Galicia. Pola ausencia de homes na illa, tres mozas, María (Nerea Barros), Xosefa (Victoria Teijeiro) e Cipriana (Ana Oca), deciden ir ao rescate salvando a 48 persoas. Un acto heroico que pagarán moi caro. Tras estes feitos, un xornalista arxentino, León (Darío Grandinetti), acode a Sálvora para cubrir a noticia do naufraxio. Pero pouco e pouco comproba que esa noite sucederon demasiadas e terribles casualidades na illa.
Ons, o último filme de Alfonso Zarauza, chega a Culturgal antes de estrearse nas salas comerciais e tras o paso por dous grandes certames: o Festival de Cine Europeo de Sevilla e Cineuropa en Santiago de Compostela.
O pase de Ons na Culturgal será moi especial polo miniconcerto previo da banda Chicharrón, responsable do tema principal da película e pola presenza do director, produtor e reparto que compartirán os primeiros pasos do filme co público.
Arima, de Jaione amborda.
A vida de catro mulleres e unha nena vese alterada pola chegada repentina de dous forasteiros. Un deles foxe do outro e agóchase pola vila como un ser fuxidío, fantasmal e de existencia incerta. O outro, un home ferido e armado, vai perturbar de diferentes maneiras o día a día das mulleres na fronteira entre o real e o maxinado, entre o pesadelo e o soño, entre o medo e o desexo, nunha historia impregnada de misterio.
Longa noite , de Eloy Enciso
Anxo regresa á súa vila natal na zona rural de Galicia. Alí atópase co rancor tanto de gañadores como de vencidos que o ven como un perigo de profundar en lembranzas que crían esquecidas. (FILMAFFINITY)
Dorothé na Vila, de Alejandro Gándara e Olaia Tubío
Dorothé na Vila é unha película documental que percorre corenta anos despois o mundo gravado pola musicóloga suíza Dorothé Schubarth, autora do Cancioneiro Popular Galego, a maior compilación de músicas de tradición oral do país.
A media voz, de Heidi Hassan e Patricia Pérez Fernández (Matriuska produccións). Dúas mulleres de 40 anos, Patricia e Heidi, amigas da infancia que medraron en Cuba e que foron á academia de cine de A Habana, moito tempo despois, afrontando os retos da emigración, tentan reconstruírse lonxe de Cuba. A través da correspondencia audiovisual entre ambas, artéllase o diálogo deste documental auto-etnográfico que amosa dúas historias nas que identidade, maternidade e creación se entrecruzan e se impulsan mutuamente.


Karelu. (Compañía Os Náufragos Teatro. Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021). Karelu é unha lectura dramatiza que integra tamén o formato documental. Karelu sitúanos no conflito sobre un feito: fillo de Martín ten un karelu no seu brazo dereito. Unha marca que deixa a roupa na pel. Unha agresión. Martín recibe a visita do seu irmán. Precisa aclarar con el o que pasou. A partir de aí comeza unha viaxe ao pasado onde xorden aspectos da súa vida familiar, de cando eran nenos e de como foi a educación recibida polos seus pais. KARELU fala da educación na contorna familiar, da violencia e da crise de valores na sociedade actual. Integra unha entrevista con AMINO, unha asociación que loita polos nenos/as e adolescentes vítimas de abuso sexual, maltrato físico, maltrato psicolóxico, neglixencia e acoso escolar da comunidade autónoma de Galicia. Con Santiago Cuquejo, actor, e Gustavo del Río, director.
Pontevedra, cuna de Colón… coa súa cor! (Agadic). Duración, 40 minutos. Documental de 1927 que desenvolve a tese da orixe pontevedresa de Cristóbal Colón, defendida por varios historiadores citados na película. A peza tivo dúas versións estreadas en 1927 e 1930 respectivamente, e cada unha delas serviu ao pontevedrés Enrique Barreiro, unha das figuras máis importantes do cine galego dos anos vinte e trinta xunto co seu irmán Ramón, como campo de probas nos seus experiementos para dotar de cor a imaxe cinematográfica. Concretamente, a versión de 1927 está realizada empregando un sistema de cor experimental de creación propia: o Cromacolor. O filme que se proxectará no marco de Culturgal é a versión polícroma restaurada por Filmoteca Española, na que se recuperan as cores orixinais deste traballo pioneiro, resultado sorprendente dun minucioso, longo e experto labor que culminou este mesmo ano.
Presentan: Jaime Pena, programador do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) e Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

Manuel Lastra Galiano
Profesor de Galego
Son Manuel Lastra Galiano. Nacín hai case sesenta e un anos en Salcedo, ao lado de Pontevedra.
Sempre me gustou a literatura polo que decidín estudar Filoloxía e facerme profesor. O curso pasado puxen fin á miña etapa de docente despois de exercer durante trinta e sete anos, trinta deles no IES Valle Inclán desta cidade.
Penso que a xubilación non debe implicar o cese da vida activa. Ao contrario, agora podo dedicarme á realización de moitas actividades lúdicas e culturais que tiña aprazadas pola falta de tempo.
A publicación deste blog responde a esta ansia de manterme activo. Xunto cos meus compañeiros, espero que as propostas que vos fagamos sexan do voso agrado.
máis artigos
Actividades do 25 de setembro ao 1 de outubro 2023
by Ana | Setembro 23, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 18 ao 24 de setembro 2023
by Ana | Setembro 17, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 11 ao 17 de setembro 2023
by Ana | Setembro 10, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 4 ao 10 de setembro 2023 #devellabella#
by Ana | Setembro 2, 2023 | Actividades | 0 Comments
Revista do mes de Xuño 2023 por José A. Pérez Graña
by Xose Antonio Pérez Graña | Xullo 13, 2023 | Actividades | 0 Comments
Revista do mes de maio 2023 por José A. Pérez
by Xose Antonio Pérez Graña | Xuño 4, 2023 | Actividades | 0 Comments
Xulio Simón Rúa por Ana Santos Solla -devellabella-
by Ana | Setembro 17, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Guillermo Campos Piñón por Ana Santos -devellabella-
by Ana | Xuño 29, 2023 | Historias de vida | 1 Comment
Marisol Mato Taboada por Ana Santos
by Ana | Xuño 11, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Juan Mejuto Pérez por Ana Santos Solla
by Ana | Abril 30, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Nieves Fernández Barrio por Ana Santos Solla
by Ana | Abril 16, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Intolerancia por Jesús Gayoso Álvarez
by Colaborador | Setembro 24, 2023 | Articulos | 0 Comments
Ateneo de Pontevedra por Xaime Toxo
by Colaborador | Setembro 17, 2023 | Literarias | 0 Comments
Xulio Simón Rúa por Ana Santos Solla -devellabella-
by Ana | Setembro 17, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
A educación por Jose María Solla Casqueiro
by Colaborador | Setembro 16, 2023 | Fotográficas | 0 Comments