Cada ano o 12 de xuño celébrase unha das tradicións máis emblemáticas de Lisboa, os “Casamentos de Santo António,” onde múltiples parellas casan á vez patrocinadas polo Concello de Lisboa.
Esta tradición comezou en 1958, daquela a maioría das parellas non tiñan cartos para casaren e ao Concello ocorréuselle axudar dando facilidades e buscando patrocinadores coa roupa, aneis,etc.
Foise mantendo no tempo ata a Revoluçâo dos Cravos , quedou suspensa a tradición de 1974 ao 2019 que se retomou.
Actualmente faise dentro das festas patronais de Lisboa en honor de Santo António, patrón da cidade e considerado como o “santo casamenteiro”
A cerimonia é dobre:
– Vodas civís no Concello de Lisboa.
– Vodas relixiosas na Sé de Lisboa ( Catedral ).
Cerimonia relixiosa dos Casamentos de Santo António na Sé de Lisboa. © Lisboa Cultura – Casamentos de Santo António
Vodas relixiosas
Diante da Sé a zona está acordoada , chegan os noivos que son recibidos ao pé da escaleira por un mordomo traxado de festa. Os invitados chegan todos en autocar e moita xente, incluídos turistas gozando do espectáculo.
Os noivos en procesión polas rúas de Lisboa, acompañados por veciños e visitantes. © Lisboa Cultura – Casamentos de Santo António
Ao finalizar a cerimonia, os noivos diríxense camiñando en procesión ata unha praciña próxima que ten unha imaxe de Santo António e alí fan unha ofrenda floral. Despois van todos en fila camiñando cara ao centro da cidade, detrás unha banda de música e, para pechar a comitiva, a xente que quere participar desta cerimonia tan alegre.
Pola noite hai un gran desfile pola Avenida da Liberdade no que participan os noivos.
¡ Unha experiencia inesquecible !

Teresa López Rodríguez
Soy Teresa, nací en Mogor,Marin en 1950. A los 7 años mi familia se trasladó a A Coruña , estudié bachiller en el instituto Eusebio da Guarda y Enfermería en Salus Infirmorum, la única escuela en aquella época.
máis artigos
Microidadismos I por Pilar Freitas Juvino
by Pilar Freitas | Maio 31, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 25 ao 31 de Maio por Ana Santos
by Ana | Maio 24, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 18 ao 24 de maio 2026 por Ana Santos
by Ana | Maio 17, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 11 ao 17 de maio por Ana Santos
by Ana | Maio 10, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 4 ao 10 de Maio por Ana Santos
by Ana | Maio 3, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 27 de Abril ao 3 de Maio por Ana Santos
by Ana | Abril 26, 2026 | Actividades | 0 Comments
Lola Fontán Fernández-a Xenxa- por Ana Santos
by Ana | Decembro 16, 2025 | Historias de vida | 0 Comments
Piruca Baena Solla por Ana Santos Solla
by Ana | Setembro 21, 2025 | Historias de vida | 2 Comments
Ana Carretón Guada por Ana Santos Solla
by Ana | Febreiro 2, 2025 | Historias de vida | 0 Comments
José María Fernández Vázquez por Ana Santos
by Ana | Decembro 1, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Olga Martínez López por Ana Santos Solla
by Ana | Outubro 27, 2024 | Historias de vida | 2 Comments
Luisa Pan Martínez por Ana Santos Solla
by Ana | Setembro 22, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Rock e Arte Conceptual de Nova York por Javier Domínguez
by Colaborador | Xuño 14, 2026 | Articulos | 0 Comments
Carautas por Charo Valcárcel e Iria Morgade
by Colaborador | Xuño 14, 2026 | Literarias | 0 Comments
Un bo lugar para a poesía por Alfonso Cuadros e Elisabeth Oliveira
by Colaborador | Xuño 7, 2026 | Literarias | 0 Comments
Día a día de Vicente Méndez González
by Colaborador | Xuño 7, 2026 | Fotográficas | 0 Comments