¿Qué cuantos años tengo?
Tengo los años necesarios para gritar lo que pienso,
para hacer lo que quiero, para reconocer yerros viejos,
rectificar caminos y atesorar éxitos.”
A modo de introdución desta pequena reflexión no Día internacional das persoas maiores, recortamos este fragmento dun poema atribuído a José Saramago.
En contraposición a esta declaración de dignidade, a través dos medios de comunicación e das diferentes institucións que nos acompañan, proxéctase, con frecuencia, unha imaxe estereotipada e algo paternalista, das persoas maiores. Como se quen estamos englobadas nesa denominación fósemos un bloque monocorde e unísono. Nada máis lonxe da realidade. O que temos en común é unha franxa de idade, cos cambios físicos e psicolóxicos que implica o paso do tempo; pero non somos un grupo homoxéneo, somos persoas diversas, como diversa é a sociedade, con distintas procedencias, ideoloxías, relacións co entorno e cos demais, diversas traxectorias de vida.
Nesas traxectorias de vida, si hai unha serie de elementos comúns que nos acompañaron ás persoas que recén ou hai tempo formamos parte dos “maiores”, que nos gustaría que as institucións que nos acompañan tiveran presentes ao dirixirse a nós.
Nacemos neste país en ditadura e participamos dos cambios que se deron na chamada transición e coa chegada da democracia. Moitos de nós corremos diante dos grises, e as mulleres que agora estamos neste rango de idade, atrevémonos a levar as primeiras minisaias que alporizaban a unha parte da sociedade que quería manter o rancio inmobilismo. Medramos co movemento hippie, os Beatles e os Rolling Stone. Ao carón de nós, forxáronse os primeiros movementos ecoloxistas e feministas, e fomos os xóvenes que participamos da chamada revolución sexual. A literatura latinoamericana de García Márquez, Cortázar e Vargas Llosa foi un éxito porque nós a lemos e a difundimos.
Moitas pensamos que somos persoas privilexiadas por ser partícipes dunha época tan intensa e rica en movementos sociais, na loita polos dereitos civís, e na revolución cultural que significaron tantos escritores, cineastas, músicos, pintores, mulleres e homes que hoxe son un referente clásico do século XX.
Aqueles mozos e mozas de antes somos os maiores de agora. Levamos un camiño andado, rico e diverso. Teñámolo en conta.


Peque González Novoa
Profesora
Son Peque González Nóvoa. Nacín en Pontevedra hai 63 anos, nunha familia das de aquela, “numerosa”. Estudiei Psicoloxía en Santiago e dediquei toda a miña vida laboral á docencia, no ensino público; nos primeiros anos como mestra de infantil e posteriormente como orientadora, ata que hai dous anos decidín pasar a esta etapa chamada xubilación.
No meu percorrido de vida acostumo a definirme como muller, mestra, nai e avoa, sen orde prevalente, por que considero que son os elementos que conforman quen son.
Achégome a este grupo de xente que tivo a boa idea de poñer en marcha este proxecto “De vella a bella” coa intención de aprender e poder aportar un micrograo de area. Neste contexto no que vivimos, e nesta situación de pandemia, creo que todo o que implique a activación das persoas, sexa cal sexa a súa idade, é positivo.
máis artigos
Rafael Sánchez-Agustino “Fis” por Ana Santos
by Ana | Marzo 10, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Juan Romero Ogando por Ana Santos
by Ana | Febreiro 12, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Gal Costa por Manuel Lastra Galiano
by Manuel Lastra | Xaneiro 15, 2023 | Música | 0 Comments
Counting Crows (Contando Corvos) por Javier Domínguez
by Colaborador | Decembro 25, 2022 | Música | 0 Comments
Marina de Sáa González por Ana Santos Solla
by Ana | Decembro 18, 2022 | Historias de vida | 0 Comments
Luis Otero Echart por Ana Santos
by Ana | Decembro 4, 2022 | Historias de vida | 0 Comments
Psicología Clínica por Jesús Gayoso
by Colaborador | Marzo 12, 2023 | Etnografía | 0 Comments
Raíña dos mares por Charo Valcárcel Mato
by Charo | Marzo 12, 2023 | Literarias | 0 Comments