O neno da bicicleta” 

2

Martes/Novembro

O neno da bicicleta de Jean-Pierre Dardenne, Luc Dardenne. Bélxica 2011 87′

 Cyril, un neno de once anos, escápase do fogar de acollida, onde o seu pai deixouno despois de prometerlle que volvería buscalo. O que Cyril proponse é atopalo. Despois de chamar en balde á porta do apartamento onde vivían, para eludir a persecución do persoal do hospicio, refúxiase nun gabinete médico e bótase en brazos dunha nova sentada na sala de espera. Así é como, por pura casualidade, coñece a Samantha, unha perruqueira que lle permite quedar con ela as fins de semana.

As 20:30   VOSE

Teatro principal Pontevedra

Amancio Prada

Amancio Prada” 

3

Mércores/Novembro

O 3 de novembro, a Sede Afundación de Pontevedra recibe de novo a Amancio Prada. O gran cantor da poesía galega chega agora homenaxeando a Rosalía nun concerto moi especial para el. Xa Podes adquirir as túas entradas na Ataquilla.com e no 902 504 500.

 Paseniño, paseniño
vou pola tarde calada
de Bastabales camiño.

Camiño do meu contento;
i en tanto o sol non se esconde

nunha pedriña me sento. 

(Rosalía De Castro)

Mestizaxes

Mestizaxes” 

4/7

Xoves a domingo/Novembro

Praza de España

 𝗠𝗘𝗦𝗧𝗜𝗭𝗔𝗫𝗘𝗦 “𝗔𝗦 𝗖𝗢𝗖𝗜Ñ𝗔𝗦 𝗗𝗘 𝗜𝗗𝗔 𝗘 𝗩𝗢𝗟𝗧𝗔” 
𝘊𝘩𝘦𝘨𝘢 𝘦𝘴𝘵𝘦 𝘯𝘰𝘷𝘰 𝘦𝘷𝘦𝘯𝘵𝘰 𝘥𝘦 𝘗𝘰𝘯𝘵𝘦𝘷𝘦𝘥𝘳𝘢 𝘊𝘢𝘱𝘪𝘵𝘢𝘭 𝘎𝘢𝘴𝘵𝘳𝘰 𝘲𝘶𝘦 𝘲𝘶𝘦𝘳𝘦 𝘱𝘰ñ𝘦𝘳 𝘦𝘯 𝘷𝘢𝘭𝘰𝘳 𝘢𝘴 𝘤𝘰𝘤𝘪ñ𝘢𝘴 𝘥𝘦 𝘧𝘰𝘳𝘢 𝘲𝘶𝘦 𝘴𝘦 𝘱𝘳𝘢𝘤𝘵𝘪𝘤𝘢𝘯 𝘯𝘢 𝘤𝘪𝘥𝘢𝘥𝘦 𝘦 𝘲𝘶𝘦 𝘵𝘢𝘮é𝘯 𝘴𝘰𝘯 𝘱𝘢𝘳𝘵𝘦 𝘪𝘮𝘱𝘰𝘳𝘵𝘢𝘯𝘵𝘦 𝘥𝘢 𝘰𝘧𝘦𝘳𝘵𝘢 𝘨𝘢𝘴𝘵𝘳𝘰𝘯ó𝘮𝘪𝘤𝘢 𝘥𝘢 𝘷𝘪𝘭𝘢. É 𝘰 𝘮𝘰𝘮𝘦𝘯𝘵𝘰 𝘥𝘦 𝘥𝘦𝘴𝘤𝘶𝘣𝘳𝘪𝘳 𝘰𝘴 𝘮𝘦𝘭𝘭𝘰𝘳𝘦𝘴 𝘴𝘢𝘣𝘰𝘳𝘦𝘴 𝘥𝘦 𝘧ó𝘳𝘢!

𝗘𝗡𝗖𝗢𝗡𝗧𝗥𝗢𝗦 𝗠𝗘𝗦𝗧𝗜𝗭𝗢𝗦
3 𝘦𝘯𝘤𝘰𝘯𝘵𝘳𝘰𝘴 𝘦𝘯𝘵𝘳𝘦 𝘢 𝘤𝘰𝘤𝘪ñ𝘢 𝘪𝘯𝘵𝘦𝘳𝘯𝘢𝘤𝘪𝘰𝘯𝘢𝘭 𝘦 𝘢 𝘤𝘰𝘤𝘪ñ𝘢 𝘨𝘢𝘭𝘦𝘨𝘢, 𝘶𝘯𝘩𝘢 𝘤𝘰𝘯𝘷𝘦𝘳𝘴𝘢 𝘥𝘦 𝘴𝘢𝘭ó𝘯 𝘦 𝘦𝘯𝘵𝘳𝘦 𝘧𝘰𝘨ó𝘯𝘴

𝘋𝘰 2 𝘢𝘰 4 𝘥𝘦 𝘯𝘰𝘷𝘦𝘮𝘣𝘳𝘰 𝘯𝘢 𝘊𝘢𝘴𝘢 𝘥𝘢𝘴 𝘊𝘢𝘮𝘱á𝘴, 𝘯𝘰 𝘝𝘪𝘤𝘦𝘳𝘳𝘦𝘤𝘵𝘰𝘳𝘢𝘥𝘰, á𝘴 11,30𝘩.

𝗙𝗘𝗦𝗧𝗜𝗩𝗔𝗟 𝗚𝗔𝗦𝗧𝗥𝗢𝗡Ó𝗠𝗜𝗖𝗢 𝗠𝗘𝗦𝗧𝗜𝗭𝗔𝗫𝗘𝗦, 𝗔𝗦 𝗖𝗢𝗖𝗜Ñ𝗔𝗦 𝗗𝗘 𝗙Ó𝗥𝗔
𝘋𝘰 4 𝘢𝘰 7 𝘥𝘦 𝘯𝘰𝘷𝘦𝘮𝘣𝘳𝘰 𝘯𝘢 𝘱𝘳𝘢𝘻𝘢 𝘥𝘦 𝘌𝘴𝘱𝘢ñ𝘢 á𝘣𝘳𝘦𝘴𝘦 𝘶𝘯𝘩𝘢 𝘤𝘢𝘳𝘱𝘢 𝘤𝘰𝘯 𝘱𝘰𝘴𝘵𝘰𝘴 𝘥𝘦 𝘤𝘰𝘮𝘪𝘥𝘢 𝘪𝘯𝘵𝘦𝘳𝘯𝘢𝘤𝘪𝘰𝘯𝘢𝘭 𝘭𝘦𝘷𝘢𝘥𝘰𝘴 𝘱𝘰𝘳 𝘦𝘴𝘵𝘢𝘣𝘭𝘦𝘤𝘦𝘮𝘦𝘯𝘵𝘰𝘴 𝘥𝘢 𝘤𝘪𝘥𝘢𝘥𝘦.

Saborea Chile, Brasil, Japón, Venezuela, Tailandia, México, Portugal, USA e Perú; e tamén cociña vegana internacional

Praza de España – Pontevedra

Barbosa

“A evolução histórica dos límites da Galiza” 

4

Xoves/Novembro

O escritor José Manuel Barbosa presenta o segundo volume de ‘A evolução histórica dos límites da Galiza‘ acompañado do profesor Joam Paredes.
O libro A Evolução Histórica dos Limites da Galiza, editado por Através, pretende ser un traballo de divulgación que nos explica, baseandose en datos de fontes historiográficas, o percorrido da Gallaecia/Galiza, a través do tempo. Fala do proceso evolutivo cargado de eventos fundamentais para a história da Península, da Europa e até da humanidade. 
As 20:00  

Libraría Paz

origami

“Origami” 

4

Xoves/Novembro

Edificio Castelao

A exposición ‘Origami. De papel a obra de arte’, que estará aberta desde o xoves ata o 23 de xaneiro no #edificioCastelao, propón un percorrido por todas as modalidades da papiroflexia partindo dos seus inicios tanto no mundo como en España, onde Miguel de Unamuno foi un dos seus máximos impulsores, e destacando o labor do grupo zaragozano fundado en 1944. Non vola perdades!
 Inauguración, xoves, 4 de novembro, ás 19:30 h. Entrada libre ata completar a capacidade

Do 4 de Novembro ao 23 de Xaneiro

Baixo as alas de abril

“Baixo as alas de Abril” 

5

Venres/Novembro

O escritor Xoaquín Fernández Leiceaga presenta o seu libro ‘Baixo as alas de Abril.

 Tras o atentado contra un cuartel da Garda Civil, o comisario Miguel Santos, coñecido por afastarse dos métodos empregados pola anterior policía franquista, ocúpase da investigación. A detención do grupo independentista autor do feito é obxectivo prioritario do goberno español. Ás implicacións políticas para a democracia axiña se han engadir as consecuencias na vida dos militantes do grupo armado e dos seus achegados. Mariló rexenta o bar familiar e ten o seu irmán agonizando no hospital, onde unha visita do comisario Santos, que acaba de ser pai, vai desdebuxar os límites do convencionalmente esperable.

Persecucións, interrogatorios, vidas demoucadas: a trama penetra no ambiente sindical e estudantil compostelán para deixar á vista a cicatriz perenne da liberdade. Unha novela de intriga policial coa que Fernández Leiceaga indaga nas raíces da sociedade actual. Amor, violencia, nación. As ilusións perdidas acaban por dar forma á realidade.

As 19:30  

Libraría Metáfora

Algo que levar á boca

“Algo que levar á boca” 

5

Venres/Novembro

Espectáculo de ROMPENTE
Grupo creado por Antón REIXA, Alberto AVENDAÑO e Manuel ROMÓN, que regresa cun novo espectáculo interdisciplinar en que a poesía se dará a man co audiovisual, a #música e a posta en escena.

As 21:00  

Salón García Vilagarcía

Anacos da vida

“Anacos de vida” 

6

Sábado/Novembro

Presentación-vermú do libro “Anacos de vida” do ilustrador Victor Rivas.

Acompañarán ao autor:

Ernesto Filgueira (Presidente do Mercantil) e Tati Mancebo (directora comercial da editorial Galaxia)

Entrada libre 

As 12:30  

Sala de exposición do Mercantil 

Pinto e Maragota

“Transpirando” 

6

Sábado/Novembro

Sesión vermú diversa O Rabelo combina o vello repertorio Que prenda a Faísca e outros temas con pinceladas do traballo que está por vir Suor.

“Ritmos ‘hiphopeiros’ alternados coa tradición e rumbas experimentais, nun diálogo co público no que haberá improvisación, foliada e algo de ‘perreo’, conforman a irresistible oferta lúdica deste vermú”

Entrada libre ata completar aforo

As 20:30  

Espazo gastronómico do Mercado

Gloria Loizaga

“Gloria Loizaga” 

23

Sábado/Outubro

Granero Delmas

Biografías pintadas xorde como homenaxe ás persoas, ó corrente, ensalzando a beleza do cotiá. Os retratos máis fieis ó físico dan paso a outros onde se adiviñan as emocións alén dos xenes. Pinturas que apostan pola representación do misterio nunha orde de realidades distintas ás tanxibles. Esta mostra recolle os últimos traballos da artista.

Gloria Loizaga é licenciada en Belas Artes pola UCM completando a súa formación en Fine Arts na Parsons School of Design de Paris.

A exposición poderase visitar dende o 23 de outubre ata o 17 de novembro

Granero Delmas Galerias Oliva 2

Manuel Moldes

Vieiros na memoria

15

Venres/Outubro

Tiñamos moitas ganas de anunciar a apertura desta exposición, unha pequena mostra-homenaxe a Manuel Moldes que coincide co cambio de nome da sala de Sala X a Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes
Comisaria: Sara Donoso
Do 15 de outubro só 15 de decembro de 2021.
Dispositivos

“Dispositivos” 

8

Venres/Outubro

Espacio Nemonón

Tebo (Diego Estevo Ortiz) Barcelona 1982
Expón a súa Muestra individual en Espacio Nemonon, Pontevedra.

Uno de los padres de la arquitectura racionalista, Le Corbusier, titulaba un capítulo de Hacia una arquitectura como “Los ojos que no ven”, aludiendo a la aptitud natural del ser humano para no ver lo que tiene delante como lo que es. Nos habla de una especie de ceguera cultural o, como decía Saramago: “No nos hemos vuelto ciegos, en mi opinión lo somos; ciegos que, aunque ven, no ven”.

El artista es quien observa y, para describir lo que ve de la manera en que lo ve, debe inventar un nuevo léxico. Esta investigación plástica es la que ha ocupado a Tebo los últimos cinco años, resultando en esta muestra donde busca asentar, resumir, exponer y llevar a la siguiente fase dicho proceso de búsqueda.

Ata o 3 de Novembro

Espacio Nemonón Villa Pilar

Borrón 4

“Borrón 4” 

17

Venres/Setembro

O Concello de Cambados organiza unha exposición no Pazo de Torrado, en homenaxe a Luís Fernández Silvoso. O dono de Borrón 4 foi un dos galeristas de arte contemporánea máis activos de Galicia. O seu labor profesional viuse tristemente truncada coa súa prematura morte, en outubro de 2011
Do 17 de setembro ao 7 de novembro
A arte no cómic

“A arte no cómic” 

8

Venres/Outubro

A Sala de Exposicións do Pazo da Cultura acollerá a mostra de Fundación Telefónica: grandes obras da pintura universal vistas por máis de 70 historietistas e ilustradores contemporáneos, varios deles galegos como Brais Rodríguez, Cynthia Alfonso, ou Miguelanxo Prado. Entrada libre no horario de apertura da sala de martes a venres de 18 a 21h, sábados de 12 a 14 e de 18 a 21 e domingos de 12 a 14h.

Ata 10 de Novembro

Pazo da cultura Pontevedra

Gaiteiro

“Gaiteiraos” 

30

Xoves/Setembro

Claustro do edificio Sarmiento

Un total de 35 debuxos de recoñecidas gaiteiras e gaiteiros de Galicia compoñen a exposición Gaiteiraos, coa que o seu autor, César Lombera, pretende reivindicalos como un exemplo sobranceiro do noso patrimonio inmaterial. A mostra poderá visitarse no claustro do edificio Sarmiento desde o 30 de setembro ata o 28 de novembro.

Ata 28 Novembro

Museo de Pontevedra

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥