“Chung-King Express” 

10

Luns/Maio

Chung-King Express Wong-Kar-Wai 1994 – 102′

Dúas historias de amor independentes que se desenvolven no popular barrio turístico de Tsimhatsui, en Hong Kong. A primeira describe o fugaz encontro entre un novo policía en plena crise amorosa e unha misteriosa muller fatal traficante de drogas. A segunda céntrase no singular romance entre un solitario e sinxelo axente de policia e a nova camareira do pobre bar onde aquel adoita comer.

As 20:30 VOSE  

Teatro principal Pontevedra

“A derradeira primavera” 

10

Luns/Maio

A derradeira primavera  – 77′ – 2020 – España

A familia Gabarre- Mendoza celebra os aniversarios do seu neto cando unha inspección policial interrompe o festexo. Na Cañada Real, un barrio de chabolas nos arredores de Madrid, xorden tensións entre as autoridades e os veciños, xa que os terreos foron vendidos e as familias son obrigadas a abandonar as casas que eles mesmos construíron. Mentres, a nai, Agostiña, pasa de ser unha muller moi alegre a vivir atormentada polo medo; o pai, David, un chatarrero moi traballador, tenta atopar unha solución, pero a burocracia do sistema fállalles. Namentres, os membros máis novos da familia -David fillo, a nora e nai adolescente María e o mozo Alejandro- loitan á súa maneira coas súas vidas na corda frouxa.

As 20:00 VOSE  Auditoro Municipal da praza do Rei

Cineclube Lumière

“Como roubar a un país” 

10

Luns/Maio

Como roubar a un país  – 95′ – 2019 – Sudáfrica

Coa colaboración da Universidade de Vigo proxectaremos o documental Como roubar a un país de Rehad Desai y Mark J. Kaplan

Un grupo de xornalistas de investigación destapa un caso de corrupción no que está implicado Jacob Zuma, quen foi presidente da República de Sudáfrica ata o 2018.

Será gratuito para a comunidade universitaria e persoas asociadas ao cineclube, 2 euros para o resto do público.

As 18:00 VOSE  Auditoro Municipal da praza do Rei

Cineclube Lumière

“Sombras no paraíso” 

11

Martes/Maio

Sombras no paraíso Aki Kaurismäki, 1986- 70′

Nikander conduce un camión do lixo en Helsinki. Ten un emprego do que se sente orgulloso e que lle asegura certa consideración. Durante toda a súa vida non leu máis ca tebeos e ninguén lle dixo que debería intentar prosperar. Con inocencia, atravesa este mundo hostil. Mais a súa situación muda cando coñece a Ilona, que traballa como caixeira nun supermercado

As 20:30 VOSE  

Teatro principal Pontevedra

devellabella_suelo

«Exposición: Pedro Bueno»

12

Mércores| Maio

Centro cultural Marcos Valcárcel

Rua progreso 30 Ourense

O centro cultural Marcos Valcárcel reúne unha retrospectiva do pintor galego Pedro Bueno
O centro cultural Marcos Valcárcel acolle desde hoxe, 5 de maio,e ata o próximo 15 de agosto unha exposición do artista coruñés Pedro Bueno, que regresa a Ourense trinta anos despois da súa primeira exposición para mostrar unha retrospectiva dos últimos vinte anos de traballo e na que se inclúe unha ampla selección de cadros, cerámicas e obxectos persoais.
O artista recoñeceu “o complexo que foi escoller entre centos de pinturas, esculturas e outros traballos en diversas técnicas artísticas para resumir estes vinte anos”. Pedro Bueno amosou a súa satisfacción por expoñer de novo en Ourense no que cualificou como “unha xoia arquitectónica e un dos mellores centros de cultura de Galicia”, destacando entre as obras expostas unha colección sobre os sete pecados capitais, realizada entre os anos 2000 e 2002 pero que aínda se presentaron ao público por primeira vez 18 anos despois.
Ata o 15 Agosto 2021

CCMarcosValcárcel

“Dorothé na vila” 

13

Xoves/Maio

Dorothé na Vila Olaia Tubío e Alejandro Gándara, 1986- 70′

Entre finais dos 70 e principios dos 80 a etnomusicóloga suíza Dorothé Schubarth percorreu o país na procura de cantos e músicas arcaicas, que rexistrou e organizou dando lugar ao Cancioneiro Popular Galego. Corenta anos despois, Olaia Tubío e Alejandro Gándara inician unha viaxe tralos pasos de Dorothé para ir ao encontro das voces que ela recollera. O resultado desta viaxe chámase Dorothé na Vila, e proxectarémolo no marco do programa FALAMOS, impulsado por Pontevédrate e a Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.
A entrada é de balde, mais require inscrición previa, antes do domingo 9, no mail falamos@pontevedra.gal.
As 20:00  

Teatro principal Pontevedra

“Xesús Fraga” 

13

Xoves/Maio

Virtudes (e misterios) de Xesús Fraga

O escritor Xesús Fraga visítanos para falar de ‘Virtudes (e misterios)’, obra editada por Galaxia coa que gañou a XXXVIII edición do Premio Blanco Amor. Estará acompañado na conversa pola escritora Ana Cabaleiro.

Actividade de aforo limitado.
Reservar praza en librariapaz@gmail.com
A acta do premio sinala que ‘Virtudes (e misterios)’ é unha historia asentada na realidade da segunda metade do século XX, ben vertebrada e contada a través dun variado mosaico de lembranzas, sensacións, testemuñas, fotografías e o diario dunha nai. 
As 20:00 

Libraría Paz

“A Carteira” 

13

Xoves/Maio

Todas as librarías

“A Carteira” de Santi Lopo, Xerais

Desesperada ante unha situación laboral precaria, a protagonista de «A carteira» acepta un contrato temporal para repartir o correo na periferia dunha cidade que non coñece, nun barrio afastado que ela mesma denomina «Algures». A través dos seus ollos, Santiago Lopo mergúllanos na Galicia urbana e fainos partícipes de todas as dificultades ás que esta traballadora se enfronta no seu día a día. Cun abano de personaxes sorprendentes, o humor, a intriga e a denuncia social mestúranse nunha trama orixinal narrada de forma directa que nos apreixará dende a primeira páxina.

Saída a venta hoxe

Entrevista co autor

Todas as librarías

“Oliver Laxe” 

14

Venres/Maio

FALADOIROS VIRTUAIS ‘A VIDA LENTA’ – ÓLIVER LÁXE, CONDUCIDO POR ASER ÁLVAREZ

Medra entre Francia, España e Marrocos. As súas dúas primeiras longametraxes son premiadas no Festival de Cannes: Todos vós sodes capitáns recibe, entre outros, o Premio da Crítica Internacional na Quinzaine des Réalisateurs en 2010, e Mimosas acada o Gran Premio da Semaine de la Critique en 2016. En 2019 fai historia ao converterse, canda Víctor Erice, no primeiro cineasta español seleccionado en Cannes coas súas tres primeiras obras, e no único en ser premiado en todas as súas participacións. O que arde recibe o Premio do Xurado da sección oficial Un Certain Regard de Cannes, o Premio á Mellor Creación Sonora da sección e compite nos festivais internacionais máis importantes da tempada, como San Sebastián, Toronto, Tokio, Londres, Melbourne, Mar del Plata ou Nova York, gañando numerosos premios. O que arde é tamén candidata aos Premios Goya en catro categorías: Mellor Filme, Mellor Director, Mellor Actriz Revelación e Mellor Fotografía, acadando estes dous últimos. Actualmente, Óliver está a traballar nun centro de desenvolvemento rural na aldea lucense onde filmou O que arde, de onde é orixinaria a súa familia. O compromiso que manifesta co rural está a ser un auténtico empurre para moitos proxectos dos Ancares, aos que Óliver deu visibilidade e apoio.

Anótate aquí

As 18:00
Afundacion

“‘Antón Lopo” 

15

Sábado/Maio

Vermú entre libros

O vermú entre libros acolle a visita do poeta Antón Lopo que conversará do seu último libro ‘Lampíricos‘ coa escritora Anxos Sumai.
Actividade de aforo limitado.
Reservar praza en librariapaz@gmail.com
O libro que centrará a conversa está editado pola Fundación Uxío Novoneyra sete anos despois da estrea de Lampíricos, a performance de poesía, luz espazo e corpo creada por Antón Lopo.
Lemos na páxina web da Fundación que *estamos ante un libro que escoita nas interferencias lingüísticas, premonitorio en moitos aspectos da sociedade actual e lúcido á hora de resituar o poeta no mesmo instante en que desaparece o poema
As 12:30 

Libraria Paz

“‘Arantza Portabales” 

15

Sábado/Maio

Sinatura de exemplares

Arantza Portabales estará na libraría Cronopios Pontevedra asinando exemplares da sua nova novela A vida secreta de Úrsula Bas

Tras o éxito de Lúa vermella

Regresan Abad e Barroso, esa parella de policías composteláns que nesta nova entrega dese “noir” adictivo e trepidante que Arantza Portabales sabe facer tan ben han de investigar o secuestro dunha famosa escritora.

“‘Caión, Malpica e Arteixo” 

15

Sábado/Maio

Caión, Malpica e Arteixo “Miradoiros e pobos mariñeiros”

Reserva a túa praza no 633 075 935

“‘As médulas, Astorga, León e Ponferrada” 

16/17

Domingo/Luns/Maio

Escapada letras galegas

Estupenda ruta para coñecer os pobos máis importantes da provincia de León e a comarca Maragata
Reserva a túa praza no 633 075 935
Saídas de Pontevedra, Vigo e Mos

Galegría Viaxes

devellabella_suelo

«Afonso X e Galiza»

7

Venres| Maio

Centro cultural Marcos Valcárcel

Rua progreso 30 Ourense

Cando coinciden o Ano Santo e o 800 aniversario do nacemento do “Rei Sabio”, abre as súas portas unha mostra centrada na figura do encargado de recompilar as Cantigas de Santa María, revolucionarias pola súa mestura do popular e o divino.

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle a exposición “Afonso X e Galicia”. Nela faise un percorrido por unha das figuras máis relevantes da cultura europea a través de documentos e testemuñas arqueolóxicas, literarias e musicais que amosan a súa pegada na cultura galega no medievo.

E, sendo esta unha mostra moi vencellada á arte sonora, nas salas do centro cultural soa xa a música tradicional das frautas traveseiras e das violas. Nas súas vitrinas, expóñense diversos instrumentos medievais, coma a rota, de forma triangular, e neste caso reconstruída tomando como referencia o pórtico do Paraíso da catedral ourensá. Así mesmo, está presente o organistro, instrumento tamén medieval que se toca coa axuda dunha manivela, e que evolucionaría cara á zanfona coa contribución de cegos e mendigos. A mostra reivindica ao oído como sentido más necesario, ao ser vehículo para o entendemento do home.

Ata o 15 Agosto 2021

CCMarcosValcárcel

devellabella_suelo

«Emilia Pardo Bazán»

9

Martes| Marzo

Museo de Pontevedra

sala do Edificio Castelao

Este ano dedicaremos o Día da Muller á escritora Emilia Pardo Bazán, a propósito da celebración do cen aniversario da súa morte, e por tratarse dun exemplo dunha muller defensora da igualdade que se soubo abrir camiño nun mundo dominado por homes, sendo hoxe unha figura imprescindible da cultura da España da Restauración.

Invitámosvos a coñecer algúns aspectos curiosos da súa biografía a través dunha selección de fondos artísticos, documentais, gráficos e bibliográficos do Museo, que se exporán na semana dedicada á esta celebración a partir do 9 de marzo. Esta pequena mostra situarase na sala do Edificio Castelao onde se atopa a obra do pintor coruñés Joaquín Vaamonde Cornide de quen foi mecenas.

Ademais, o departamento de Educación ofrece visitas comentadas para as que é necesaria inscrición e que estarán suxeitas ás medidas sanitarias vixentes (aforo máximo de 4 persoas máis o guía) que podería variar en función das posibles modificacións da normativa.

Visitas comentadas

  • Realizaránse todos o mércores ás 18 h ata o 12 de maio, día en que se cumpre o cen aniversario da súa morte

Inscrición

  • A través do correo electrónico: museo@depo.gal (a atención aos correos é de luns a venres de 8:30 a 14:30).
Ata o 12 Maio

Museo de Pontevedra

“Campo de sementes”

15

Xoves| Abril

A Facultade de Belas Artes de Pontevedra continúa celebrando o seu 30 aniversario coa colectiva “Campo de sementes” na Fundacion Rac Roson Arte Contemporaneo, onde participa o profesorado máis novo da facultade con docentes de longa carreira.
Artistas: Xoan Anleo, Mª Covadonga Barreiro, Natividad Bermejo, Marcos Covelo, Basilisa Fiestras, Elena Lapeña, Juan Carlos Meana, Marina Núñez, Juan Carlos Román, Javier Tudela.
Comisarios: Xosé M. Buxán Bran e Sara Donoso.
Lugar e datas: Fundación Rac. (C/ Padre Sarmiento, 41 Pontevedra) Do 15 de abril ao 14 de maio de 2021. De mércores a venres de 16.30 a 20.30 horas
Toda a info na web!!

De mércores a venres de 16:30 a 20:30

Fundación RAC

“A vida lenta

11

Xoves| Marzo

Sede Afundación de Vigo Calle Policarpo Sanz, 13, Vigo

Do 11 de marzo ata o 29 de maio

Sede Afundación de Vigo

«Papiromates. Matemáticas + Creatividade = Papiroflexia »

3

Mércores| Marzo

Esta exposición reúne pezas de papel realizadas mediante a técnica do origami para pór de manifesto a relación entre as matemáticas e a papiroflexia. Na realización destas pezas, de valor case escultórico, non se usaron pegamento nin tesoiras, tan só o pregado do papel.

COMISARIO | JORGE PARDO

 Descubre que é o padrón de cicatrices e a súa importancia á hora de deseñar novos modelos, como o origami modular constrúe corpos xeométricos, ensamblando figuras de papel idénticas, ou como nas teselacións un mesmo motivo se repite numerosas veces, cubrindo un plano a través de centos de pregos. A exposición tamén repasa as achegas de algúns nomes propios relevantes no campo da papiroflexia coma o da pregadora galega Covadonga Blanco, papiroflecta, gran matemática, docente e divulgadora.

En colaboración con Escuela Museo Origami de Zaragoza (EMOZ).

Exposición con todas as medidas de seguridade pertinentes para que poidas volver gozar da arte e da cultura como o fixeches sempre.

HORARIO: LUNS a VENRES 17.30 a 20.30 e SÁBADOS 11.00 a 14.00 e 17.30 a 20.30 h

  • ENTRADA: Gratuíta
Ata o 29 de Maio

Afundación

“4 Proxectos”

12

Luns| Abril

Mónica Alonso (A Fonsagrada, Lugo, 1970) centra a súa primeira mostra individual no MARCO nunha única peza, baixo o título A maxia do colibrí. 6 casos desesperados. Unha obra que naceu en 2015, durante a estadía da artista en México, e que precisou de todo este tempo para madurar, escribirse e reescribirse. Nese ano Alonso presentou en México a obra O colibrí vermello, que está no xerme deste proxecto, vencellado coas historias e rituais máxicos asociados ao colibrí nas culturas precolombinas, e moi en liña co interese da artista sobre as relacións entre ciencia e superstición.

Sobre o seu proxecto específico para o MARCO, sinala Rosendo Cid: “A partir do título albíscase a intención chave deste proxecto expositivo, desviándome do meramente descritivo para afondar no feito mesmo de todo acto creativo como mero ocorrer, como acontecemento, sendo consciente de todo aquilo que aconteza antes de que a peza estea completada pero que igualmente está implícito cando se finaliza.”

Salvador Cidrás (Moaña, 1965) e Juan Cidrás (Vigo, 1968) forman, dende 2015, un colectivo artístico que investiga o medio cerámico e téxtil dende unha perspectiva escultórica e pictórica, respectivamente. “O noso traballo céntrase na forma e o concepto de ‘aberrante’, aquilo que se aparta do que se considera normal, natural ou correcto, en oposición ao que se aferra –a convención– ou o que é formal. As pezas maniféstanse capaces de establecer relacións entre elas e mudar, xa sexa a través da forma, a cor ou a súa instalación no espazo.”

Mar Vicente (Lugo, 1979) propón un proxecto específico para os espazos do MARCO, en sintonía cun traballo que se caracteriza pola economía de elementos cromáticos e compositivos, e pola experimentación coa forma vencellada á transformación do soporte pictórico. O punto de partida é o cadrado, que a artista desenvolve cara a terceira dimensión. O cubo, como o seu volume máis directo, adopta actitudes non convencionais que, xunto á iluminación cambiante e o punto dende onde se observa, afectan á percepción dos volumes e dos espazos.

Do 12 de abril ao 12 de setembro. 

“Etérea”

16

Venres| Abril

Na exposición « Etérea«, Din Matamoro toma como punto de partida unha soada premisa de Kandinsky: “O branco é o gran silencio cheo de cousas posibles”. Esta mostra reúne unha selección da súa obra dos últimos anos, centrada no estudo da cor, acompañada doutras pezas de épocas anteriores que, como todo o traballo deste artista, implica todo un ensaio sobre a percepción, os seus mecanismos e emocións. A intención é que a súa obra véxase íntima, completa, que o espectador poida sentir a aparición e a aproximación lenta da cor na súa mirada, a enerxía interior que hai detrás da pel de cada pintura, gardando entre elas un espazo xeneroso. Pinturas que se moven, que non se conxelan no tempo despois de ser pintadas, que conservan un latexado, unha enerxía que se despraza #ante a mirada, sutilmente, como a luz cenital ao longo do día, ou a luz e as cores que se moven nas pantallas de cinema. Se nos paramos a contemplar, a cor cambiará de intensidade e descubriremos o seu carácter íntimo, certo misterio, a súa forza interior e, a un tempo, o tráxico cósmico no que o ser humano non é máis que un eco, unha resonancia.

Do 16 de abril ao 12 de setembro. 

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥