HOTEL BY THE RIVER ” 

11

Luns/Outubro

HOTEL BY THE RIVER de Hong Sang-soo, 2018 96′ Corea do Sur

Un poeta que se hospeda nun hotel da ribeira chama aos seus dous fillos cos que non se reúne desde hai tempo para que vaian verlle. Esta repentina decisión parece estar motivada pola súa estraña impresión de que vai morrer en calquera momento. Mentres a familia tenta poñerse ao día, unha muller que foi enganada pola súa parella se muda ao hotel. Nada máis chegar á súa habitación, telefona a un amigo para que se atope con ela. Sumidos na desesperación, unha repentina nevada entrelaza ambas as historias

As 20:30   VOSE

Teatro principal Pontevedra

MUR MURS” 

12

Martes/Outubro

Mur Murs de Agnès Varda, 1981  85′ Francia’

Mur murs é documental ensaio sobre os murais da cidade de Los Ángeles. Un retrato da vías de expresión da cultura chicana e un achegamento á multiculturalidad da cidade californiana.

As 20:30   VOSE

Teatro principal Pontevedra

“Seules les bêtes” 

13

Mércores/Outubro

Seules les bêtes de Dominik Moll, 2019 117′ Francia’

Unha muller desaparece. Despois dunha tormenta de neve, o seu coche é descuberto nunha estrada en dirección a un pobo remoto. Mentres que a policía non sabe por onde empezar a investigar, cinco persoas parecen estar ligadas á desaparición. E cada unha destas persoas ten a súa propio secreto que ocultar

As 20:30   VOSE

Cineclube Ádega

Pobreza

Diferentes causas, unha loita común” 

13

Mércores/Outubro

Teatro Principal

Para conmemorar o día internacional da erradicación da pobreza, o mércores 13 as sete e media no Teatro Principal catro entidades que loitan contra a fame en Pontevedra e no mundo os convocan a loitar contra a pobreza. Boa Vida, Cáritas Interparroquial de Pontevedra, Circulo do silencio e Manos Unidas. Cantarán Miguel Avatar e Bibiana Rosales e presenta Antón Sobral

As 19:30

Teatro Principal

portada xerusalén

Xerusalén, Xerusalén” 

14

Xoves/Outubro

De vella a bella quere convirdarvos á presentación da reedición da novela Xerusalén, Xerusalén de Bernárdez Vilar, autor que temos a honra de contar entre os nosos colaboradores. Terá lugar o xoves 14 de outubro na sala Versus da Fundación Cuña-Casasbellas na rúa Gerardo Álvarez Limeses as 20:00 horas.

Trátase da edición do autor, historiador correspondente da Real Academia Galega.

O noso blog ten o pracer de participar neste acto a través de dous membros da nosa directiva: José Cerdeira que presentará ao autor e a súa obra e Charo Valcárcel, que dirá unhas palabras en representación de Devellabella.com

Máis información

A lúa vai encuberta

A lúa vai encuberta” 

14

Xoves/Outubro

Teatro principal

A Lúa vai encuberta

A lúa vai encuberta” é a obra gañadora do “II Certame Manuel María de Proxectos Teatráis”. “A lúa vai encuberta” é unha obra contorna á realidade galega e da loita incesante por conformar unha identidade propia, enfrontándonos co noso pasado recente e as súas contradicións, desvelando un discurso que hoxe en día está a ser moitas veces silenciado e que explica, en certo xeito, as razóns de porqué hoxe en día o noso país ten os trazos políticos, sociais e económicos que o caracterizan.

  • Título: A lúa vai encuberta
  • Autor: Manuel María
  • Dirección: Tito Asorey, dramaturgia de Vanesa Sotelo
  • Compañía: Coproducción de Incendiaria A Quinta do Cuadrante, Casa Manuel María, Centro Dramático Galego, MITCFC y Diputación de Lugo, A Coruña y Ourense
  • Elenco: Melania Cruz, Davide González, Vanesa Sotelo, Tito Asorey
As 20:30  

Teatro principal Pontevedra

namórate de ti

“Namórate de tí” 

13/14

Mércores,Xoves/Outubro

Casa Azul

As concellerías de Igualdade e Promoción Económica, xunto co Centro de Información á Muller (CIM), volven impulsar un ano máis o proxecto  Namórate de Ti co obxectivo de fomentar o empoderamento feminino e a autoestima a través da fotografía, así como a plena liberdade de pensamento e expresión. A iniciativa está, do mesmo xeito que o ano pasado, dirixida a mulleres desempregadas, que necesitan volver confiar en si mesmas, en situación de vulnerabilidade, vítimas de violencia de xénero ou en risco de exclusión social. 

Os talleres serán gratuítos na Casa Azul durante catro xornadas. Concretamente, os días 6, 7, 13 e 14 de outubro, en horario de 10:00 a 13:00 horas, e serán impartidos pola animadora sociocultural Tegra Gómez e a fotógrafa e creativa Patricia Maquieira, que desenvolverán sesións de autoconocimiento, con exercicios para aumentar o empoderamento e a autoestima e aprender a autogestionar o control da tensión a través da expresión corporal, verbal e escritura, incluíndo dinámicas de grupo, vídeos motivacionais e sesións fotográficas da posta en escena das mulleres. Ademais, o peche da edición contará con unha exposición fotográfica nos escaparates de diversos establecementos comerciais de Pontevedra (enmarcada dentro dos actos conmemorativos organizados pola Concellería de Igualdade e o CIM con motivo do 25 N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres).

Todas as interesadas en participar nas actividades deberán inscribirse a través de apuntate.pontevedra. gal o do teléfono 986 86 48 25,

A actividade conta cun número limitado de prazas.

Casa Azul

Un pais con tu nombre

Un país con tu nombre

15

Venres/Outubro

Presentación do libro de Alejandro Palomas  “Un país con tu nombre”.
A nova novela de Alejando depois de acadar o premio nadal. O autor será entrevistado por Susana Pedreira.
Unha emocionante e emotiva historia sobre a importancia de perseguir os nosos soños.
Manuel Moldes

Vieiros na memoria

15

Venres/Outubro

Tiñamos moitas ganas de anunciar a apertura desta exposición, unha pequena mostra-homenaxe a Manuel Moldes que coincide co cambio de nome da sala de Sala X a Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes
Comisaria: Sara Donoso
Do 15 de outubro só 15 de decembro de 2021.
Poesía

Recital poético

15

Venres/Outubro

O EventoIN (Internacional, Inclusiva, Investigadora). A UVigo celebra diversidade é unha iniciativa da Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación, o Consello de Estudantes e o Consello Social da UVigo que ten o obxectivo de, a través de relatorios, obradoiros e poesía, sensibilizar e celebrar a diversidade da comunidade LGTBIAQ+.

Este 15 de outubro o Teatro Principal de Pontevedra acolle o recital poético In-Amor-Es no que participan:

Jesús Castro Yáñez. Premio Díaz Jácome 2012 e Premio Nacional de Poesía Pérez Parallé 2015
Andrea Nunes Brións. Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas 2017 
María Rosendo Priego. Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas 2017
Música: Lois Búa

A entrada é libre e de balde ata completar a capacidade da sala

Voices

“Silvia Pérez Cruz” 

16

Sábado/Outubro

Farsa é o novo disco de Sílvia Pérez Cruz. Nos seus traballos discográficos, Sílvia intercala discos de composicións propias con outros de creación desde a interpretación nos que realiza versións doutros artistas. Este é un disco que creou conversando con outras disciplinas artísticas como o teatro, o cinema, a danza, a poesía, a pintura ou o cinema de animación. Gravado durante 2019 e 2020, Farsa (xénero imposible) responde á inquietude da artista en relación á dualidade do que se mostra e o que realmente somos, por como sobrevive a fraxilidade do interior, do íntimo nestes tempos nos que a superficie é tan arrasadora, nos que o que se ve pódese chegar a confundir co que se escoita. FARSA CIRCUS BAND é o directo con banda deste proxecto. O lineup está formado por grandes músicos da mesma xeración que Sílvia cos que se reencontra despois de moitos anos e camiños propios de investigación e amor á música. O concerto a plena cor, para espazos de gran formato, festivais, shows ao aire libre, etc.

Entradas a venta en ATAQUILLA

As 21:00  

Pazo da Cultura, Pontevedra

Cuentos móviles

‘Pop- up. Libros móbiles e despregables” 

10

Martes/Agosto

Exposición ‘Pop- up. Libros móbiles e despregables

O alemán Lothar Meggendorfer foi un dos artífices do que se coñece como a época dourada dos libros despregables. No #edificioCastelao podedes ver unha das súas obras, un exemplar de ‘Le grand cirque international’, que estivo exposto na Biblioteca Nacional de España e do que tan só coñécese outra peza máis no mundo. Unha pequeña xoia de 1887.

Ata 12 outubro

Museo de Pontevedra

De Renoir a Sorolla

Mulleres. De Renoir a Sorolla” 

9

Luns/Agosto

A exposición ‘Mulleres. De Renoir a Sorolla’ podes visitala pola túa conta ou participar nas visitas guiadas que realizamos os xoves ás 18.00 h e os sábados ás 12:00 h. Iso si, terás que reservar praza porque son limitadas. Escribe a educacion.museo@depo.es

Ata 17 outubro

Museo de Pontevedra

Reconexión

Taller de “Reconexión” 

30/31

Sábado,Domingo/Outubro

Baia Fernández
Reconexión

En Curantes (A Estrada), nun lugar rodeado de natureza e cunha enerxía que incita á calma e á reconexión, exploraremos, a través do movemento, o xogo e as artes o camiño cara a nosa esencia. Un convite a activar o propio potencial e expresarnos dende o que realmente somos.

demás contaremos con Nacho quen nos ofrecerá a súa comida macrobiótica para acompañar este proceso dun xeito orgánico que favoreza e faga máis especial a experiencia.

Lugar: Curantes (A Estrada)

Horario: Inicio o sábado as 10 da mañá fin domingo despois de xantar

Prezos:

150 Euros inclúe actividade, 2 xantares, cea e merendas

170 Euros inclúe actividade, 2 xantares, cea, merendas e pernocta.

Data límite da reserva 15 de outubro

Información e reservas: info@baiafernandez.es ou no teléfono 674 447 564

Curantes A Estrada

info@baiafernandez.es

Peri Helio

“Migraciones” 

8

Venres/Outubro

Fundación Cuña-Casasbellas

A exposición ‘Migraciones. Un recorrido, a vista de pájaro, a través de distintas realidades’ de Peri Helio podes visitala pola túa conta de luns a sábado

Ata 30 de outubro

Ata 30 outubro

Fundación Cuña-Casasbellas

Dispositivos

“Dispositivos” 

8

Venres/Outubro

Espacio Nemonón

Tebo (Diego Estevo Ortiz) Barcelona 1982
Expón a súa Muestra individual en Espacio Nemonon, Pontevedra.

Uno de los padres de la arquitectura racionalista, Le Corbusier, titulaba un capítulo de Hacia una arquitectura como “Los ojos que no ven”, aludiendo a la aptitud natural del ser humano para no ver lo que tiene delante como lo que es. Nos habla de una especie de ceguera cultural o, como decía Saramago: “No nos hemos vuelto ciegos, en mi opinión lo somos; ciegos que, aunque ven, no ven”.

El artista es quien observa y, para describir lo que ve de la manera en que lo ve, debe inventar un nuevo léxico. Esta investigación plástica es la que ha ocupado a Tebo los últimos cinco años, resultando en esta muestra donde busca asentar, resumir, exponer y llevar a la siguiente fase dicho proceso de búsqueda.

Ata o 3 de Novembro

Espacio Nemonón Villa Pilar

Borrón 4

“Borrón 4” 

17

Venres/Setembro

O Concello de Cambados organiza unha exposición no Pazo de Torrado, en homenaxe a Luís Fernández Silvoso. O dono de Borrón 4 foi un dos galeristas de arte contemporánea máis activos de Galicia. O seu labor profesional viuse tristemente truncada coa súa prematura morte, en outubro de 2011
Do 17 de setembro ao 7 de novembro
A arte no cómic

“A arte no cómic” 

8

Venres/Outubro

A Sala de Exposicións do Pazo da Cultura acollerá a mostra de Fundación Telefónica: grandes obras da pintura universal vistas por máis de 70 historietistas e ilustradores contemporáneos, varios deles galegos como Brais Rodríguez, Cynthia Alfonso, ou Miguelanxo Prado. Entrada libre no horario de apertura da sala de martes a venres de 18 a 21h, sábados de 12 a 14 e de 18 a 21 e domingos de 12 a 14h.

Ata 10 de Novembro

Pazo da cultura Pontevedra

Gaiteiro

“Gaiteiraos” 

30

Xoves/Setembro

Claustro do edificio Sarmiento

Un total de 35 debuxos de recoñecidas gaiteiras e gaiteiros de Galicia compoñen a exposición Gaiteiraos, coa que o seu autor, César Lombera, pretende reivindicalos como un exemplo sobranceiro do noso patrimonio inmaterial. A mostra poderá visitarse no claustro do edificio Sarmiento desde o 30 de setembro ata o 28 de novembro.

Ata 28 Novembro

Museo de Pontevedra

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥