
“Novos cinemas”
13 a 18
Martes a Domingo/Decembro
Novos Cinemas – Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, presenta os primeiros contidos da programación, que terá lugar entre os próximos 13 e 18 de decembro.
Toda a programación aquí
Varios horarios
Teatro principal de Pontevedra

“Los saldos”
13
Martes/Decembro
O cineasta aragonés Raúl Capdevila inaugurará o festival, o martes 13 de decembro, estreando en Galicia a súa primeira longametraxe, Los saldos (2022), un documental de produción galega estreado mundialmente no prestixioso certame helvético Visions du Réel, no que colisionan os conceptos de granxa e macro-matadoiro.
Ás 20:30 horas
Teatro principal de Pontevedra

“Conferencia de (case) clausura”
13,14
Martes e Mércores/Decembro
Conferencia sobre o resultado dos achados e os estudos realizados durante estes meses
Día 13 “Conferencia de (case) clausura”. O Dr. Xurxo Ayán, falará sobre a clausura na orde das irmás pobres de Santa Clara
Día 14 “Plantas no pasado e no presente do convento de Santa Clara”. A Dra Maria Martín e Dra Carmen Salinero
Ás 19:30 horas
Convento de Santa Clara, Pontevedra

“A relación entre o sexo…”
14
Mércores/Decembro
A Deputación de Pontevedra e o Centro de Investigacións Biomédicas da Universidade de Vigo (Cinbio) promoven a xornada A relación entre o sexo, o xénero e as enfermidades, no marco das actividades da Escola de Igualdade María Vinyals da institución provincial.
Tras a apertura por parte da presidenta da Deputación, Carmela Silva, a xornada ábrese cunha conferencia das catedráticas Paloma Morán e Diana Valverde. O encontro complétase así mesmo cun relatorio sobre cancro de Mónica Maríntez, outro sobre enfermidades pulmonares de Virginia Leiro e un último centrado nas patoloxías neurodexenerativas, a cargo de Carlos Spuch.
A inscrición nestas xornadas pode realizarse neste enlace.
Ás 09:00 horas
Pazo Provincial da Deputación, Pontevedra

“Arnold is a model student”
14
Mércores/Decembro
ARNOLD IS A MODEL STUDENT (Tailandia, Singapur, Francia, Países Bajos, Filipinas | 2022).
Dirixida por Sorayos Prapapan. Estreno en España.
Arnold é un estudante intelixente que gañou moitos premios académicos, Un día, coñece a Bee, que ten un negocio clandestino para axudar aos estudantes para facer trampas nos exames. Bee pídelle a Arnold unirse ao seu círculo de tramposos e ofrécelle unha chea de diñeiro
Ás 16:30 horas
Teatro principal, Pontevedra

“Unrueh”
14
Mércores/Decembro
UNRUEH (Suiza, 2022). Dirixida por Cyril Schäublin. Estreno en Galicia.
As novas tecnoloxías están a transformar unha cidade relojera suíza do século XIX. Josephine, moza traballadora dunha fábrica, produce a roda que vira no corazón do reloxo mecánico: a súa verdadeira alma. Exposta a novas formas de organizar o diñeiro, o tempo e o traballo, involúcrase no movemento local de relojeros anarquistas, onde coñece ao viaxeiro ruso Pyotr Kropotkin.
Ás 19:00 horas
Teatro principal, Pontevedra

“Historias para coñecermos Pontevedra”
14
Mércores/Decembro
O Diario de Pontevedra organiza a presentación dos libros
“Historias para coñecermos Pontevedra”
Tamara Andrés con “Peixiño desnortado” (Zona Monumental)
Rafa Cabeleira con “Caso Pechado” (As Corbaceiras)
Maria Biempica con “Vida de Lonxe (Alameda)
Rodrigo Cota con “Asasinato de Mael de serperntiones” (Mourente)
Fina Casalderrey con coidadora de Outonos (Lérez)
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

“Calendario de Adviento”
14
Mércores/Decembro
Este mércores 14 de decembro ás 19:30 h. na sede de Manuel Quiroga do Liceo Casino Pontevedra terá lugar a Presentación do Libro “Calendario de Advento” de Mar Dorrio Lourido
Entrada libre Aforo limitado
Ás 19:30 horas
Salón Nobre do Liceo Casino Pontevedra

“Nomotopowell”
14
Mércores/Decembro
NOMOTOPOWELL (Estados Unidos, 2022). Dirixida por Brent Chesanek. Estreno en España
Nomotopowell é un diario de viaxe que explora a paisaxe e a mítica dun pobo pouco coñecido do estado de Florida, onde se entrecruzan as pantasmas de dúas figuras fundamentais na historia estadounidense.
Ás 21:30 horas
Teatro principal, Pontevedra

“Cette maison”
15
Xoves/Decembro
CETTE MAISON (Canadá, 2022). Dirixida por Miryam Charles. Estreno en España.
Bridgeport, 2008. Atopan a unha adolescente aforcada na súa habitación. Aínda que todo apunta a un suicidio, o informe da autopsia revela algo máis. Dez anos despois, o director e primo da adolescente examina as causas pretéritas e as futuras consecuencias deste crime sen resolver. Como unha biografía imaxinada, a película explora a relación entre a seguridade do espazo vital e a violencia que pode poñelo en perigo.
Ás 16:30 horas
Teatro principal, Pontevedra

“O bichero”
15
Xoves/Decembro
O bichero asinado por Luis Davila
Xoves 15 na Libraría Paz ás 18:00 horas
Ás 18:00 horas
Libraría Paz, Pontevedra

“A memoria do son”
15
Xoves/Decembro
Do 15 de decembro ao 27 de xaneiro de 2023
Facultade de Belas Artes, Pontevedra

“Happer’s comet”
15
Xoves/Decembro
HAPPER’S COMET (Estados Unidos, 2022). Dirixida por Tyler Taormina. Estreno en Galicia
Un mosaico nocturno que revela unha localidade de arrabalde sumida no illamento. É medianoite, pero as cousas están lonxe de estar tranquilas. Mentres a cámara observa os movementos nocturnos de varios residentes, somos testemuñas de como algúns deles escapan silenciosamente cara á escuridade… montados en patíns.
Ás 19:00 horas
Teatro principal, Pontevedra

“Salvar el derrumbe”
15
Xoves/Decembro
O Ateneo de Pontevedra organiza a presentación e recital poético-musical arredor do libro de poemas Salvar el derrumbe, de Carmen Castejón Cabeceira, publicado por Editorial Nuevos Ekkos.
A actividade poética terá lugar o vindeiro xoves, 15 de decembro, ás 19:30 horas, no salón de actos do Edificio Castelao do Museo de Pontevedra. O autora estará acompañada por Xaime Toxo.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

J.C.Vilar “PTV”
15
Xoves/Decembro
Consellería de Cultura
Na sala de exposicións da Consellería de Cultura na rúa Benito Corbal inaugúrase a exposición de J.C. Vilar PTV
Ata o 5 de xaneiro 2023
De 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas
Sala de Exposicións da Consellería de Cultura Rúa Benito Corbal Pontevedra

“A cidade é a pegada”
15
Xoves/Decembro
A exposición, que reflexiona sobre o acontecemento de pertencer a Pontevedra empregando a infancia como fío condutor, conta con Alfredo Olmedo como comisario, os subcomisarios Eduardo Outeiro, Norberto Olmedo e Fernando Suárez, Milagros Bará, Alberto Reiriz e Vicente Pillado do estudio de arquitectura NAN, o arquiveiro municipal Rodrigo Silva e Patricia Dopico, responsable do diseño editorial.
Estará dividida nos espazos Personaxes, do que hoxe avanzamos unhas pinceladas, Infancia, Arquitectura e Río e será, “a produción máis importante a nivel expositivo que levou a cabo o Concello.
Charo López, Clara Aldán na serie de RTVE ‘Los gozos y las sombras’, visitará Pontevedra para a inauguración da exposición ‘A cidade é a pegada’ o 15 de decembro.
Inauguración 20:30 horas

“Danubio”
15
Xoves/Decembro
DANUBIO (Argentina, 2021). Dirixida por Agustina Pérez Rial. Estreno en España.
Ano 1968. Guerra Fría. Os servizos de intelixencia vixían “a infiltración do comunismo na cultura”. Mar do Prata convértese en teatro de operacións dunha militarización en crecemento. Unha muller rusa acompaña ás delegacións chegadas de Europa do Leste nun festival conflitivo.
Ás 21:30 horas
Teatro principal, Pontevedra

“Love dog”
16
Venres/Decembro
LOVE DOG (Polonia, México, Estados Unidos | 2022). Dirixida por Bianca Lucas. Estreno en España
Tras terminar un traballo nunha plataforma petrolífera de Texas, John regresa á súa cidade natal en Mississippi, onde se enfrontará non só ao seu propio trauma reprimido, senón tamén ao dunha sociedade que chora os moribundos mitos de América.
Ás 16:30 horas
Teatro principal, Pontevedra

“Taller de artesanía”
16
Viernes/Decembro
Taller de artesanía – Cor debuxo e caligrafía sobre coiro.
Profesor: Nelson Gómez Callejas
Reservas 619 432 721
De 10:30 a 14:00 horas
Granero Delmás Pontevedra

“Gazafellos”
16
Viernes/Decembro
O debuxante Alfonso Barreiro presenta o seu libro Gazafellos (Aira editorial) acompañado do editor César Lorenzo
Ás 19:00 horas
Libraría Paz, Pontevedra

“Human Flowers of flesh”
16
Venres/Decembro
HUMAN FLOWERS OF FLESH (Alemania, Francia | 2022). Dirixida por Helena Wittmann. Estreno en Galicia
Ida vive nun barco coa súa tripulación de cinco homes. Cando atraca en Marsella, a súa atención vese atrapada polo mundo secreto e masculino da Lexión Estranxeira Francesa e decide seguir as súas pegadas a través do Mediterráneo. Mentres Ida e a súa tripulación navegan desde Córsega cara ao histórico cuartel xeral da Lexión en Alxeria, os límites se difuminan e a vida no mar produce un especial e mutuo entendemento.
Ás 19:00 horas
Teatro principal, Pontevedra

“Poesía e microrrelato”
16
Venres/Decembro
Ás 20:30 horas
O Diaño Pontevedra

“A vida são dois dias”
16
Venres/Decembro
A VIDA SÃO DOIS DIAS (Brasil, 2022). Dirixida por Leonardo Mouramateus. Estreno en España
Río de Janeiro. A tranquila rutina de Rómulo cambia da noite para a mañá cando un accidente inicia unha onda de eventos absurdos. Lonxe de alí, Orlando, o seu irmán xemelgo, marchante de obras raras, tenta comprar un libro a un estudante brasileiro con problemas económicos. As vidas dos irmáns chocarán coa chegada dun misterioso manuscrito.
Ás 21:30 horas
Teatro principal, Pontevedra

“Panettone”
17
Sábado/Decembro

“Aquí e ahora fest”
17
Sábado/Decembro
Mercadillo de arte e artesania no sanatorio
sábado 17 ás 11:30 ata ás 13:30 e de 16:00 a 21:00 horas, ás 19:00 concerto de Sacoga x Markn reservas por wasap 667 005 584
De 11:30 ata ás 13:30 e de 16:00 a 21:00 horas
O sanatorio Pontevedra

“Paula Carballeira”
17
Sábado/Decembro
O Vermú entre libros de decembro recibe a visita da escritora Paula Carballeira que conversará coa xornalista Lara Rozados das súas últimas obras literarias
Ás 12:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra

“Taller terapéutico”
18
Domingo/Decembro
Taller terapéutico As portas da túa esencia. Nesta sesión terapéutica poderás gozar do poder da natureza concentrado nos aceites esenciais de pureza garantida xunto coa elevada vibración enerxética do Tameana e a potencia dos aceites Sacros Exipcios.
Imparten: Anaís Verenguer e Pilar López
Programa completo do taller
Reserva o teu sitio Taller limitado a 12 participantes
De 11:00 ás 13:00 horas
Pontevedra

“Cesar de Centi”
18
Domingo/Decembro
Concerto de Cesar de Centi no DR Livingstone, supongo en Pontevedra
Ás 20:00 horas
Dr Livingstone, supongo Pontevedra

“Matadero”
18
Domingo/Decembro
O arxentino Santiago Fillol collerá a testemuña e pechará o certame, o domingo 18 de decembro, con Matadero (2022), unha obra intensa sobre a loita de clases durante a rodaxe dun documental na Pampa no 1974.
Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra

“Amigos de Pontevedra”
5
Luns/Decembro
Do 5 ao 17 de decembro, o Salón Nobre do Liceo Casino Pontevedra acollerá a Exposición Fotográfica ‘50 años de Amigos de Pontevedra en imágenes‘
Inauguración o 5 de decembro ás 20:00 h. Entrada libre
Do 5 ao 17 de decembro 2022
Salón Nobre do Liceo Casino Pontevedra

“Tino Riveiro”
1
Xoves/Decembro
Tino Riveiro, exposición
Antón Sobral e Pilar Delmás comprácense en invitarlles á presentación da exposición “Dúas décadas de traxectoria creativa e pictórica” do artista vigués Tino Riveiro.
Inauguración o xoves 1 de decembro de 19:30 a 21:00 horas nas galerias Oliva local nº 5
Do 1 ao 31 de decembro 2022
Granero Delmás Pontevedra

“Silverio Rivas”
24
Xoves/Novembro
Inauguración da exposición ‘Silverio Rivas. Eloxio do silencio‘, na que traza un percorrido pola obra do escultor ponteareán, que, a piques de cumprir 80 anos, se mantén en activo como un dos grandes referentes da escultura galega contemporánea.
A exposición presenta arredor de 60 pezas de Silverio Rivas que cubren a súa produción artística desde os inicios na abstracción nos anos 70 do pasado século ata os seus traballos actuais, entre as estruturas xeométricas e a creación a partir de obxectos cotiáns atopados ao azar.
Inauguración día 24 ás 19:00 horas
Do 24 de Novembro ao 5 de Febreiro 2023
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

“Sombras atlánticas”
4
Venres/Novembro
“Sombras atlánticas. Retratos da arte galega” é unha exosición de Anxo Cabada.
Un diálogo coas persoas creadoras da beleza do país: ese é o desafío que presenta ‘Sombras atlánticas. Retratos da arte galega’, unha exposición na que o fotógrafo Anxo Cabada Alvarez se centra nalgúns dos rostros da pintura e a escultura que marcaron o devir da arte en Galicia nos últimos 50 anos. A mostra inaugurarase o próximo venres 4 de novembro ás 19.00 h, e poderá visitarse ata o 15 de xaneiro no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
Entrada libre e de balde ata completar aforo
Ata o 15 de xaneiro 2023
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

“This is Pop!”
22
Xoves/Setembro
Afundación expón no Café Moderno de Pontevedra This is pop. Dás latas de Andy Warhol ás túas, unha recompilación de 63 producións de preto dunha trintena de artistas que abordan a arte pop desde as súas orixes nos anos cincuenta ata os nosos días. Deste xeito, nomes como os de Andy Warhol, Roy Lichtenstein, Robert Rauschenberg, ou Eduardo Paolozzi únense aos de Richard Hamilton, Peter Blake, Yayoi Kusama, Eduardo Arroyo, Rafael Canogar ou Damien Hirst, entre outros.
Ademais ten o seu punto solidario, ao convidarte a participar de #CulturaporAlimentos: traes produtos non perecedoiros e axudas os bancos de alimentos locais! As túas latas tamén contan!
Ata o 14 de Xaneiro 2023
Café Moderno. Pontevedra
Xa podes anotarte
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥