
“De Ricardo Portela ao trap”
13
Luns/Decembro
Con motivo da xira de celebración do 25 aniversario da Irmandade das Estrelas, Carlos Núñez será a voz principal da charla-coloquio “De Ricardo Portela ao trap”, que terá lugar na Vicerreitoría do Campus de Pontevedra (Casa das Campás). Entre outras cuestións, neste encontro falarase do libro De gaiteiro a gaiteiro e do documental Por que o trap contén ritmo de muiñeira? Músicas de moda, universais e de noso
Ás 19:30
Casa das Campás
“Dhogs ”
14
Martes/Decembro
Dhogs Andrés Goteira España 85’ 2017
Proxección e coloquio de Dhogs unha peli de producida por @gaitafilmes. Mentres un estraño personaxe cruza as rúas da cidade ao volante dun taxi, no bar dun luxoso hotel está Alex, unha muller que goza dunha última copa, inconsciente do alude de acontecementos que a arroiará nas próximas horas. Unha fugaz aventura cun executivo será o preámbulo cara a unha espiral de violencia sen sentido aparente, obrigándoa a percorrer unha senda de sufrimento fóra do seu control.
As 10:00

“As sílabas do mundo”
14
Martes/Decembro
Ateneo de Pontevedra e Editorial Kalandraka organizan un serán poético-musical arredor do libro As sílabas do mundo, de Luís Rei Núñez, publicado na colección Tambo do selo Faktoría K de Libros. O autor estará acompañado polos músicos Luís Soto e Nicasio Gradaille.
Da obra
Entre o clasicismo e a modernidade, versos que representan a Ítaca da memoria; un espello onde se reflicten os sentimentos e mais a alma.
A ilustración de cuberta é de Álvaro de la Vega.
Transcrición dun dos poemas iniciais do libro As sílabas do mundo:
É a escolla do deleite e a súa pegada doce queda na casa
das árbores: un corazón labrado a navalla torpemente, e
unha data e dous nomes. Semella unha bolboreta coas ás
estendidas, ou talvez un Miño por onde esvaran borroras
historias de ningures…
Invoco aquí o calendario do fulgor.
Do autor
Luís Rei Núñez (A Coruña, 1958) é xornalista de profesión e autor dos poemarios “A rolda invisible” (1988), “Alma mareira” (2003), “Estrela do norte” (2014, Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores) e “As sílabas do mundo” (2021), da biografía de Rafael Dieste “A travesía dun século” (1987) e do volume ensaístico “Poetas Andantes Navegantes” (1995). A súa obra narrativa inclúe os títulos “Expediente Artieda” (2000, Premio Xerais de novela), “A estrela dos polisóns” (2003), “Toda a vida” (2005), “O señor Lugrís e a negra sombra” (2007, Premio da Crítica Española e Premio da Federación de Libreiros de Galicia ao mellor libro do ano), “Monte Louro” (2009, Premio Blanco Amor de novela longa e Premio Fervenzas Literarias á mellor novela do ano), “Cita en Fisterra” (2011), “Días que non foron” (2013) e “O encargo do señor Castelao” (2016).
A entrada é libre con acceso limitado por restricións Covid.
19:00 horas
Espazo Nemonón (Villa Pilar)

“Novos cinemas ”
14/19
Martes a Domingo/Decembro
Festival Internacional de cinema de Pontevedra. Nesta edición queremos celebrar a través da plumaxe de cores vivas e rechamantes desta ave o encontro entre persoas nas salas, preparadas de novo para compartir, para viaxar a través da pantalla ata lugares recónditos, para poñerse na pel de centos de personaxes, para vivir o cinema.
Toda a programación
Mañás e tardes
Teatro Principal

“Crónicas de Pontevedra“
15
Mércores/Decembro
Presentación e firma do libro Crónicas de Pontevedra Volumen IV de Milagros Bará, no salón do Liceo Casino de Pontevedra.
Participa Jorge Soto,Vicerreitor do Campus de Pontevedra
Ás 20:00
Liceo Casino, rúa Manuel Quiroga 21

“O Monstro e a Nena“
16
Xoves/Decembro
Sergio Costas Chaos e Jorge J. Costas, autores de ‘O monstro e a nena‘, presentan o seu libro acompañados de Kiko da Silva.
Do libro atopamos esta información na páxina web da editorial Galaxia:
Había unha vez un monstro
ao que lle doía un corno
e foi á cidade
na procura dun médico.
Ás 19:00

“Letras e sonidos”
16
Xoves/Decembro
A librería Metáfora propónnos música e sonidos urxentes
As 19:30 horas
Librería Metáfora Rúa Charino 9


“‘Taller de Swarovski“
16
Xoves/Decembro
Cuaderna maestra programa un taller de Swarovski na rúa da cruz vermella 15
O prezo é de 55 euros cos materiais incluidos
De 17:00 a 20:00 horas
Rúa da Cruz Vermella 15 Pontevedra

“María do Ceo“
17
Venres/Decembro
A parroquia de San José de Campolongo, organiza un concerto para axudar a recadar fondos para afrontar as obras de cambio de tellado da parroquia!! Vai ser un concerto moi bonito e íntimo onde MARIA DO CEO , cantará fados e aproveitando a data que é, cantará tamén algunha Panxoliña. O DONATIVO POR ASISTIR Ao CONCERTO SERÁ DE 15€, e poderedes retirar as entradas na secretaria da parroquia. Oxalá podamos encher a parroquia gozando deste conciertazo!!
Ás 20:00
Igrexa de San José de Campolongo

“O soño é vida“
17
Venres/Decembro
Salón de Actos do Pazo da Cultura
Obra de teatro, con Thimbo Samb: EL SUEÑO ES VIDA
AO CHEGAR AQUÍ, APRENDÍN A CALAR, PERDÍN O MEU NOME E A MIÑA VOZ. TIVEN QUE VOLVER A NACER. PERO ESTA VEZ TARDEI NOVE ANOS EN TER OS PAPEIS, TER UN NOME, UNHA VOZ. NON FOI UN PARTO NATURAL
Con permiso de Calderón de la Barca, Teatro sin Papeles propón un xiro copernicano. Os soños son vida porque impulsan os pés no camiño e as mans nas tarefas que se antollan necesarias. Co pano de fondo da inmigración, o actor, protagonista dese drama na vida real, sobrevoa sobre a súa experiencia para suxerirnos un cambio de perspectiva. A historia que conta é tamén a historia de todos nós. A proposta do texto obríganos a ler este monólogo en relación aos grandes dramas da nosa literatura máis universal. O resultado é un traballo espido, honesto e emotivo que o espectador pode completar ao finalizar a representación.
Thimbo Samb, é senegalés. Viviu a experiencia de todos os “sen papeis” que chegan ao noso país. Abriuse camiño no cinema e nas series, traballando en multitude de proxectos artísticos. Incorpórase a Teatro sen papeis como actor de Boza e despois de dous anos afronta en solitario a posta en escena do soño é vida. Moisés Mato López, director de Teatro sin papeles e da Sala Metáforas, asume a escritura do texto e a dirección.
“Eu nacín nun lugar de África de cuxo nome non quero acordarme. Era un mozo fidalgo, alegre, dos de lanza en estaleiro, adarga antiga, rocín fraco e galgo corredor, xovial e forte. Un máis no pobo. Tiña un amigo, ancho de bandullo e ancho de corazón tamén. Eu era moi soñador e namoreime da moza máis doce de todas as que coñecía. Dulcinea chamábaa, en segredo, para os meus adentros.”
DEBATE:
Despois da obra contaremos cun animado debate sobre racismo ca participación de Thimbo e doutras persoas racializadas. E, como non, tamén do público asistente.
Podedes reservar os vosos billetes nesta ligazón
De 17:00 a 19:30 horas
Salón de Actos do Pazo da Cultura

“Sesión de firmas”
17
Venres/Decembro
Sesión de sinaturas David Braña e Javier Yuste estarán na libraría Baroja as 18:00 asinando os seus novos cómics
As 18:00 horas
Librería Baroja Rúa dos Palamios 9 Pontevedra

“Profetas de Novos Tempos”
17
Venres/Decembro
Presentacion do libro Profetas de Nuevos tiempos de María Prendes
- Promover debate en torno a educación.
- Avanzar en propostas encamiñadas a conseguir un novo modelo educativo.
- Dotar de ferramentas para mellorar a comunicación a nivel familiar e social.
- Abordar o acoso escolar.
- Entreter.
Finalizaremos coa actuación musical dos irmáns Fernández Rodríguez, Javi e Laura.
Podes elexir a asistencia presencial o asistencia online en direto o en diferido.
As 19:00 horas
Centro Asociado a UNED en Pontevedra

“Pil-pil y lacón con grelos“
18
Sábado/Decembro
Na presentación de ‘Pil-pil y lacón con grelos’ participan as escritoras Fina Casalderrey, Milagros Bará, Silvia Rodríguez e Tamara Andrés.
‘Pil-pil y lacón con grelos’ é o Nº 2 da colección ‘Letras en su punto’ que comezou a editorial Literarte na que combina a literatura e a restauración típicas do País Vasco e doutra comunidade, nesta ocación coa galega.
Ás 20:00

“Roteiros ornitolóxicos”
18
Sábado/Decembro
Roteiros ornitolóxicos
Dúas rutas buscan iniciar o estudantado e a cidadanía na observación de aves
Con inscrición gratuíta, levarán a percorrer os días 10 e 18 as zonas húmidas do Grove
Observar aves como cullereiros, garzas reais, mazaricos ou biluricos, nun percorrido polos diferentes puntos de observación ornitolóxica das zonas húmidas do Grove. Esta é a proposta, aberta tanto a comunidade universitaria como ao conxunto da cidadanía, que a Vicerreitoría do campus e a Concellería de Promoción Económica e Universidades impulsan para o venres 10 e o sábado 18 de decembro. Con inscrición gratuíta, en cada unha destas xornadas realizarase un percorrido polo complexo intermareal Umia-O Grove dirixida a iniciar na observación de aves a todas as persoas interesadas.
“Temos a fortuna de vivir nun sitio cunha gran riqueza ornitolóxica e queremos achegar o medio ambiente e os seus valores á cidadanía e, en particular, ao estudantado”, salienta o director do Campus Crea e Green Campus, Carlos Souto. Impulsadas ao abeiro dun convenio de colaboración entre Universidade e Concello e enmarcadas nas actividades de educación ambiental do programa Green Campus, estas rutas ornitolóxicas levaranse a cabo entre as 9.30 e as 13.30 horas, con saída da marquesiña situada fronte á Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. A actividade está aberta en cada unha das xornadas a un máximo de 50 persoas e as prazas cubriranse por orde de inscrición. Esta pode realizarse a través do correo electrónico oma.po@uvigo.es, debendo indicar na mensaxe a data escollida.
Un dos mellores espazos para a observación de aves
Estas rutas ornitolóxicas achegarán aos e ás participantes a posibilidade de percorrer, “cun guía experto que nos irá orientando e ensinando o nome das diferentes especies”, o que é “probablemente o mellor espazo de Galicia para observar aves de zonas húmidas”, como sinala Souto. En cada unha das xornadas, a ruta comprende o paso por diferentes puntos de observación do complexo, xunto coa visita ao Centro de Interpretación da Natureza do municipio, e o obxectivo é que poder observar “paxaros típicos de zonas húmidas”, como cullereiros, garzas, patos ou diferentes especies de aves limícolas, como os mazaricos ou os biluricos. Para iso, desde a organización porán a disposición dos asistentes telescopios e prismáticos, aínda que, como sinala Souto, “é recomendable que quen teña prismáticos os leve tamén, así como roupa cómoda e de abrigo e algo de comida e bebida”.
De 9:30 a 13:30 h
Facultade de CCSS

“Os Mojigatos”
18
Sábado/Decembro
Los mojigatos de Anthony Neilson
VERSIÓN Y DIRECCIÓN | Magüi Mira
ELENCO | Gabino Diego, Carmen Barrantes
PRODUCCIÓN | Jesús Cimarro
1 h 20 min | Castelán
Onde están as liñas vermellas da nova sedución? Como substituír os vellos códigos caducos sen converterse nuns « mojigatos»? Como facer o amor con plenitude nunha relación equilibrada e libre? Saberemos afrontar esa necesaria renegociación de xénero? Unha muller e un home, con 9 anos de boa relación e 14 meses de seca sexual, tentan atopar unha saída ao seu problema coa colaboración do público. Moito humor, e ás veces tamén dor, para unha parella «en busca do sexo perdido». Un gran actor, Gabino Diego, e unha gran actriz, Carmen Barrantes, con todas as súas artes para emocionar e para facer pensar. Un xogo escénico divertido e polémico para espectadores de calquera sexo.
As 20:30 horas
Auditorio Sede Afundación Pontevedra

“A irmandade das estrelas”
18
Sábado/Decembro
Carlos Núñez convídanos á celebración do 25 Aniversario de “A Irmandade das Estrelas”, o seu primeiro disco, así como a unha homenaxe aos seus mestres e mentores, The Chieftains.
Sony Music ven de publicar novo disco no que Carlos rodease de músicos emerxentes de todos os estilos para reivindicar a filosofía e o legado de A Irmandade das Estrelas. Artistas consolidados como Rozalén, Andrés Suárez, Iván Ferreiro, Glen Hansard, etc… pero tamén músicos que están comezando, acompañan a Carlos nesta nova aventura chea de novas e sorprendentes músicas baseadas nas nosas raíces máis profundas.
Colaborou con artistas variadísimos: desde Serrat a o seu “paisano” Julio Iglesias, de Ry Cooder ou Jordi Savall a Carlinhos Brow, pasando por Luz Casal, Carmen Linares, Montserrat Caballé…ou no cine Amenánar, Saura ou o seu amigo o compositor Ryuichi Sakamoto.
As 20:30 horas
Pazo da Cultura

“Historias vestidas”
9
Xoves/Decembro
Exposición sobre moda con proxectos de novos deseñadores formados en Pontevedra. A mostra acolle traballos desenvolvimos como parte da súa formación, con marcado carácter experimental e narrativo. Creacións que contan historias a través das prendas: a selección de tecidos, as siluetas e os estampados conforman un relato a través dos significados que gardan.
Na mostra pódense ver os proxectos recentemente premiados na última edición de Debut: Noemí Montenegro, premio SETGA ao deseño e a creatividade; Sabela Juncal, premio Digipress Epson á mellor aplicación en moda de técnicas de sublimación; Bibi Martín, premio Artesanía de Galicia – Xunta de Galicia á colección con valor artesanal.
Cinco dos 16 deseñadores participantes na mostra están cursando na actualidade o Mestrado Universitario en Diseño e Dirección Creativa en Moda. Os outros remataron recentemente os estudos e son os traballos fin de master e os traballos final de estudos do título propio de Esdemga os que presentan no Pazo da Cultura
A inauguración terá lugar o xoves 9 ás 20h e permanecerá visitable ata o 30 de xaneiro de martes a venres de 18 a 21h, sábados de 12 a º4h. e de 18 a 21h. e domingos de 12 a 14h. Os luns, pechada.
20:00 horas
Pazo da Cultura

“Lembrando a Jose A. Durán”
1
Mércores/Decembro
Celebramos o Día da Edición e o facemos lembrando a José Antonio Durán, un pontevedrés de corazón, historiador, investigador interdisciplinar e editor a través da súa editora Taller de Ediciones, e como el mesmo se definiría… un “contador silvestre nada asilvestrado de historias históricas”.
Mostra bibliográfica “Lembrando a José Antonio Durán”. Especial Día da Edición. Biblioteca Pública de Pontevedra. Espazo de actividades, planta baixa. 1-20 de decembro de 2021.
Biblioteca pública Pontevedra

“‘Castelao en Europa. A viaxe de 1921“
2
Xoves/Decembro
Ás 19:30
Edificio Castelao

“Vieiros na memoria“
15
Venres/Outubro

“Origami”
4
Xoves/Novembro
Edificio Castelao
A exposición ‘Origami. De papel a obra de arte’, que estará aberta desde o xoves ata o 23 de xaneiro no #edificioCastelao, propón un percorrido por todas as modalidades da papiroflexia partindo dos seus inicios tanto no mundo como en España, onde Miguel de Unamuno foi un dos seus máximos impulsores, e destacando o labor do grupo zaragozano fundado en 1944. Non vola perdades!
Entrada libre ata completar a capacidade
Visitas guiadas todos os xoves ás 18:00 h. Sen inscrición previa
Do 4 de Novembro ao 23 de Xaneiro
18:00
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥