
“Tódalas mulleres que coñezo“
14
Luns/Novembro
Amada Traba e Sara Torres
Documental ‘Tódalas mulleres que coñezo‘
A Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte acolle, no seu salón de graos, a proxección do documental Tódalas mulleres que coñezo, co que a cineasta Xiana do Teixeiro promove unha reflexión sobre os diferentes tipos de violencia aos que se ven sometidas as mulleres no espazo público. Organizada polas profesoras Amada Traba e Sara Torres e financiada pola facultade e da Unidade de Igualdade da UVigo, esta actividade, aberta ao público, complétase cun coloquio coa directora deste documental.
Ás 16:00 horas.
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra

“Etiqueta negra”
14
Luns/Novembro
ETIQUETA NEGRA. Gourmet galego e innovación inspiradora é unha iniciativa da Concellaría de Promoción da Cidade de Pontevedra.
Estamos quentando os fogóns para amosar a gran variedade de alimentos e bebidas de alta gama que se están a facer en Galicia, e os procesos de innovación de produtos, sabores e envases.
A feira abre tamén as súas portas a un público cada vez máis especializado e esixente, que se informa para coñecer o que está a consumir, que lle gusta probar sabores e experimentar texturas novas.
Recinto Feiral Pontevedra

“Elena Ferro:Zoqueira“
14
Luns/Novembro
Vicerreitoría do campus de Pontevedra
Ciclo ‘A revolución nos oficios tradicionais a través da innovación’
Coa participación da Zoqueira Elena Ferro
A sede da Vicerreitoría do campus acolle o ciclo A revolución nos oficios tradicionais mediante a innovación, unha serie de coloquios, completados coa realización de pezas en directo, que busca pór en valor diferentes oficios tradicionais e as súas transformacións. Promovido pola Vicerreitoría coa colaboración do Consello Social da Universidade, o ciclo conta nesta xornada coa participación da zoqueira Elena Ferro.
Ás 17:00 horas.
Casa das Campás de Pontevedra
“Luces da cidade”
14
Luns/Novembro
“Luces da cidade (1931), de Charles Chaplin 82’ EUA
Un pobre vagabundo (Charles Chaplin) pasa mil e un avatares para conseguir diñeiro e axudar a unha florista cega (Virginia Cherrill) da que se namorou.
Ás 20:30 horas.
Teatro Principal Pontevedra

“Descubrindo o Enil da Xunqueira de Alba”
15
Martes/Novembro
Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural do Concello de Pontevedra
O Liceo Casino acolle este martes a estrea do documental ‘Descubrindo o Enil da Xunqueira de Alba’
A proxección inaugural desta peza audiovisual, a primeira de carácter documental que se realiza sobre este Espazo Natural de Interese Local, irá precedida dunha mesa redonda na que participarán o concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Iván Puentes; a guionista da obra, Cynthia Menéndez; o naturalista José Rodrigo Dapena, autor da Guía de Bolboretas existentes neste contorno, e a bióloga Saleta González Pimentel, autora da Guía de Flora
‘Descubrindo o Enil da Xunqueira de Alba’, unha peza audiovisual realizada por Fernando Portela, producida por Miguel Riaño (de Imaco) e impulsada pola Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural do Concello de Pontevedra co obxectivo de dar a coñecer e poñer en valor a riqueza ambiental e a biodiversidade (fauna e flora) da Xunqueira e da Illa do Covo.
A entrada a todos os actos é libre e gratuíta, ata completar aforo.
Ás 19:00 horas.
Liceo Casino Pontevedra

“IV Triálogos de arquitectura”
15
Martes/Novembro
Este martes 15 de novembro comezan as xornadas de IV Triálogos de Arquitectura na Delegación en Pontevedra do COAG. Unha oportunidade de coñecer de primeira man o traballo que están a desenvolver os e as profesionais da arquitectura da nosa Delegación.
Nestes IV Triálogos serán 9 os estudios de compañeiros e compañeiras que participarán en tres sesións amosando obras que incorporen o concepto da “Casa Sá”. En cada sesión cada estudio adicará un máximo de 20 minutos a explicar un máximo de dúas obras favorecendo así un tempo final para a celebración dun pequeno debate entre os tres e co público asistente.
A primeira destas sesións desenvolverase este martes día 15 de novembro de 19:30h a 21:30h na sala de conferencias do segundo andar da Casa das Campás, e participarán os estudios de Celsa Pesqueira Arquitecta, Uña+Amandi arquitectos e Mauro Lomba Arquitecto.
A entrada será de balde e aberta a todo o público.
De 19:30 a 21:30 horas.
Casa das Campás Pontevedra

“Visións de Darwin”
15
Martes/Novembro
Daniel Soutullo presenta ‘Visións de Darwin’
Daniel Soutullo presenta o seu novo libro acompañado do escritor e divulgador científico Xurxo Mariño e de Sara Vila, responsabel de comunicación de Xerais.
«Visións de Darwin» é unha recompilación de ensaios que debuxan a personalidade de Darwin desde os puntos de vista biográfico, científico e social. Os ensaios teñen un carácter divulgativo e tamén permiten un achegamento crítico á súa vida e obra
A entrada a todos os actos é libre e gratuíta, ata completar aforo.
Ás 19:30 horas.
Libraría Paz Pontevedra
“Espíritu sagrado”
15
Martes/Novembro
“Espíritu sagrado” (2021), de Chema García Ibarra 97’ España
Xulio está morto. É unha noticia terrible para OVNI Levante, a asociación de afeccionados á ufología que el dirixiu. A morte golpéalle con especial forza a un dos seus membros, Xosé Manuel. Xulio e el tiñan un proxecto común de vital importancia. Agora deberá continuar só como único coñecedor do segredo cósmico que pode alterar o porvir humano. Mentres tanto, en España búscase a unha nena que desapareceu hai semanas.
Ás 20:30 horas.
Teatro Principal Pontevedra

“Cristal”
16,19
Mércores,Sabado/Novembro
Os días 19 e 20 de novembro de 1932, Federico García Lorca visitou Pontevedra por segunda vez, acollido polo grupo de impulsores da revista Cristal, fundada uns meses antes na cidade. 90 anos despois, unha mesa redonda con Xesús Alonso Montero, Ramón Rozas e Susana Pedreira, un roteiro pola cidade e unha serie de visitas escolares con Polo correo do vento dan forma a unha nova edición da Semana Lorquiana, organiza polo Museo.
Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

“Cruzados polo camiño”
16
Mércores/Novembro
Ateneo Pontevedra
O Ateneo de Pontevedra organiza en colaboración coa Asociación de Amigos e Amigas do Camiño Portugués a Santiago, un relatorio arredor do libro: “Cruzados polo camiño” Premio de Novela Camiño de Santiago 2021, de José G. Barral (escritor, mestre, orientador educativo) publicado por Editorial Galaxia.
Interveñen: Estro Montaña (escritor, profesor, crítico literario), Marcos Calveiro (director de Edicións de Galaxia) e José G. Barral
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 20:00 horas.
Espacio Nemonón Pontevedra

“Onde máis doe”
16
Mércores/Novembro
Teatro principal
Proxección de Onde máis doe (2022) 62′ de Manane Rodríguez. O documental trata sobre a violencia vicaria.
Despois de ameazar durante anos ao súa exparella, Marcos M. asasina a golpes de pala ao seu fillo de 11 anos. Un ano despois un xurado popular condénao por asasinato, matar facendo uso pleno das súas facultades, e determina que o crime contra o neno non buscaba outra cousa que castigar á nai. No feito no que nos baseamos concorren a violencia, o acoso, o asasinato dun neno para danar á nai e a ameaza de morte que aínda pende sobre a muller. Posteriormente haberá un coloquio. A entrada é de balde.
Ás 20:00 horas
Teatro principal. Pontevedra

“Contos de inverno: Caxoto“
16
Mércores/Novembro
Vicerreitoría do campus de Pontevedra
Ciclo ‘Contos de inverno‘
De aló de onde eu veño, do narrador oral Caxoto.
A Vicerreitoría do campus e a Concellería de Promoción Económica e Universidades promoven Contos de inverno, un ciclo de contacontos dirixido a un público adulto que busca pór en valor a literatura de transmisión oral. Con entrada libre ata completar a capacidade da sala, o ciclo arranca este mércores co espectáculo De aló de onde eu veño, do narrador oral Caxoto.
Ás 20:30 horas.
Casa das Campás de Pontevedra

Que salga Aristófanes !
16
Mércores/Novembro
Auditorio Sede Afundación Pontevedra
Que salga Aristófanes ! – JOGLARS
Cunha dramaturxia contemporánea, combinando a música, a danza, a literatura e o visual poñemos o foco na infantilización do mundo adulto que conleva vivir nunha ilusión, nun Mundo Disney, onde a arte debe ser correcto, fácil e que non faga dano. Arte vaselina. Sobre a idea de que a arte debe ser alleo á moral construímos un espectáculo onde os Aristófanes, os Chaplins ou os Molières encarnan a risa do disidente ante unha sociedade basada na relixión dos sentimentos. Desde o humor e a sátira mostramos a perversidade buenista que sinala, delata e lincha aos discrepantes nas novas fogueiras de Twitter, Facebook e demais redes. Non estamos nun xogo de bos e malos, nin en determinar a moral para seguir, tratamos de iluminar a falsidade de maneira tan evidente que o propio espectador descubra outra realidade insospeitada. Un catedrático de clásicas destituído da universidade é internado nun Centro de Reeducación Psicocultural debido ás secuelas mentais producidas polo cesamento. O seu coñecemento e admiración polo mundo clásico, faille asumir por momentos o personaxe de Aristófanes. Así, entre a realidade e a ficción, imaxina ao dramaturgo grego como modelo de liberdade fronte a unha sociedade cada vez máis repleta de tabús intocables.
Ás 20:30 horas
Auditorio Sede Afundación Pontevedra

“Emovere”
17
Xoves/Novembro
Presentación do poemario ‘Emovere‘ de César Fernández e Andrea Suárez.
Presenta Pablo Nogueira de Toxosoutos Editorial. Recitado da autora Andrea Suárez, acompañamento musical e actuación de Xoán López.
A entrada é libre e gratuíta, ata completar aforo.
Ás 19:00 horas.
Libraría Paz Pontevedra

“Suavemente Anastasia pasaba”
17
Xoves/Novembro
Fundación Cuña-Casasbellas
Suavemente Anastasia pasaba, de Alexandru Tatos (1980, Rumania) 95’. 1944, nunha cidade a beiras do Danubio. A cidade está ocupada polos alemáns e chea de colaboradores. Varios mozos comezan a unirse a grupos partisanos que se ocultan nas montañas. Para amedrentalos os nazis matan a un guerrilleiro serbio e déixano no medio do pobo prohibíndolle aos cidadáns enterralo. Anastasia negarase a obedecer a orde…
A entrada a todos os actos é libre e gratuíta, ata completar aforo.
Ás 20:00 horas.
Sala Versus de Pontevedra

“Contos de inverno: Brais das Hortas“
17
Xoves/Novembro
Vicerreitoría do campus de Pontevedra
Ciclo ‘Contos de inverno‘
Contos de defuntos (e outros asuntos), do músico, narrador oral e clown Brais da Hortas.
A Vicerreitoría do campus e a Concellería de Promoción Económica e Universidades promoven Contos de inverno, un ciclo de contacontos dirixido a un público adulto que busca pór en valor a literatura de transmisión oral. Con entrada libre ata completar a capacidade da sala, o ciclo acolle nesta xornada o espectáculo Contos de defuntos (e outros asuntos), do músico, narrador oral e clown Brais da Hortas.
Ás 20:30 horas.
Casa das Campás de Pontevedra


“Apálpate”
18
Venres/Novembro
A Asociación Adicam realizará dúas actividades gratuítas durante este venres 18 de novembro en Pontevedra abertas a toda a poboación interesada.
Durante a mañá, entre as 11.00 e as 13.00 horas, celebrarase un obradoiro de Risoterapia co doutor Jorge Cameselleno edificio azul da Xunta de Galicia, situado na rúa Benito Corbal. Para participar será necesario inscribirse previamente no teléfono 629.945.925.
Durante a tarde, a partir das 18.00 horas, o Centro Social do Gorgullón acollerá unhacharla sobre a autoexploración mamaria. A entrada será libre ata completar a capacidade do recinto.
Estas propostas non só destínanse a pacientes de cancro de mama e xinecolóxico senón a todas as persoas interesadas.
De 11:00 a 13:00 horas. Obradoiro en Benito Corbal
Ás 18:00 horas Autoexploración mamaria no Gorgullón

“Premios á xuventude”
18
Venres/Novembro
O Pazo provincial acolle este venres ás 18 h os VI Premios provinciais da xuventude e a III edición de ReAcción Polo Clima para recoñecer o talento e creatividade da mocidade da provincia
Conduce a xornalista e actriz Adela Bértolo
Actúa a mentorizada de Descúbreas Eva Pico
Tamén podedes seguila En Directo nas canlesda Deputación
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 18:00 horas.
Deputación de Pontevedra

“A nova canción galega: do folk á tendencia”
18
Venres/Novembro
O Ateneo de Pontevedra organiza o acto titulado A nova canción galega: do folk á tendencia, consistente nunha conferencia e nun recital musical sobre Voces Ceibes.
A conferencia, a cargo de Vicente Araguas, analizará o movemento Voces Ceibes: como e onde xorde, quen foron os compoñentes e os fitos que marcaron a evolución dos membros como colectivo e como cantantes á marxe xa dunha concepción de agrupamento.
O relatorio acompañarase dun recital musical de Miro Casabella, onde se interpretarán distintos temas dos integrantes de Voces Ceibes e outros da súa autoría.
A acto terá lugar o vindeiro venres 18 de novembro, ás 20 horas, no Teatro Principal de Pontevedra.
O concerto está promovido polo Concello de Pontevedra, a través do Servizo de Patrimonio Histórico.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 20:00 horas.
Teatro Principal. Pontevedra


“Recital poético musical”
18
Venres/Novembro
Fundación Cuña-Casasbellas
Homenaxe ao poeta César Vallejo, “Piedra negra sobre una piedra blanca”. Recital poético musical
A entrada a todos os actos é libre e gratuíta, ata completar aforo.
Ás 20:00 horas.
Sala Versus de Pontevedra
“Mean Streets”
18
Venres/Novembro
“Mean Streets(1973), de Martin Scorsese
A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de Mean Streets (1973), Estados Unidos, Martin Scorsese, 110’, nunha nova sesión do ciclo de cinema …Ten un tesouro.
Nova York, 1972. Charlie (Harvey Keitel) é un mozo italoamericano de 27 anos que trata de ascender na mafia de Nova York, pero o devandito ascenso vese obstaculizado polo seu sentimento de responsabilidade cara ao seu imprudente amigo, Johnny Boy (Robert De Niro)
Ás 19:00 horas.
Vicerreitoria Casa das Campás Pontevedra

“Odisea”
18
Venres/Novembro
Odisea é un concerto de Samudra trío.
O próximo venres estaremos presentando ODISEA no Museo de Pontevedra da mellor forma posible, coa colaboración da marabillosa Alba Troiteiro facendo pintura en directo.
Será un concerto moi especial así que non o podedes perder! Entrada libre e de balde ata completar aforo
Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

“Debut”
18
Venres/Novembro
O recinto feiral do Pazo da Cultura acolle o desfile de Debut 2022, no que doce novos titulados e tituladas no Máster en Deseño e Dirección Creativa en Moda presentan as coleccións que constitúen os seus proxectos de fin de estudos. O desfile completarase coa presentación de 18 de traballos realizados por estudantes do primeiro curso do mestrado.
Un tribunal integrado pola directora executiva da Asociación de Creadores de Moda de España (ACME), Pepa Bueno; o director do Centro Superior de Diseño de Moda da Universidad Politécnica de Madrid, Guillermo García-Badell; e a directora do Museo de Arte de Zapopan de Guadalajara (México), Viviana Kuri, encagarase de ditaminar que colección é a merecedora do premio ao mellor deseño e creatividade, outorgado por Setga; e do galardón á colección con maior valor artesanal, impulsado coa colaboración da Xunta, a través de Artesanía de Galicia e o Xacobeo.
Ás 20:00 horas.
Pazo da Cultura Pontevedra

“Hackea o discurso”
19
Sábado/Novembro
Sábado 19 de novembro ás 10:30 h: taller de contrapublicidade feminista «Hackea o discurso» con 7H Cooperativa Cultural.
Ás 10:30 horas
Edificio Administrativo Palacio Provincial da Deputación de Pontevedra

“Alegría”
19
Sábado/Novembro
Ecoloxistas en Acción presenta o documental “Alegría” para conmemorar o vixésimo aniversario do desastre ecolóxico provocado polo afundimento do petroleiro Prestige.
Ás 19:00 horas
Teatro principal. Pontevedra

“Cervexa artesán”
19
Sábado/Novembro
Sábado 19 de novembro ás 18:00 h: exposición do grupo Galeoska e cata de cervexa artesán Siesta.
Prezo 15 euros
Ás 18:00 horas
Espazo 42º Noroarte de Pontevedra

“Xornada micolóxica”
20
Domingo/Novembro
Santa María de Xeve
Xornadas micolóxicas en Santa María de Xeve
10:00 horas: Andaina para identificación e recollida con Pepe Álvarez .
14:00: Exposición de cogumelos no museo do centro cultural.
14:30 Xantar no centro cultural, callos (pan, empanada,viño, postre, café e licores)
Soci@s: 12 E, Non soci@s: 15 E, Rapaces menores de 12 anos 5 Euros
Anotarse:
Conchi 649 177 409, Lidia 617 065 351, Pìli 615 605 031
Ás 10:00 horas
Santa María de Xeve Pontevedra

“Marcha Nórdica: Tambo”
20
Domingo/Novembro
Ruta de marcha nórdica con guía pola illa de Tambo
Saída de Vigo ás 9:15
Saída do barco cara Tambo desde Combarro ás 10:15
Saída de Tambo ás 13:15
Prezo 25 Euros por persoa
Información. www.ngentrenavigo.com info@ngentrenavigo.com teléfono 658 275 413
Ás 09:15 horas desde Guixar Vigo
Marcha nórdica de Vigo

“Barcos de pedra avións de madeira”
13
Domingo/Novembro
Carmen Hermo
“Barcos de pedra e avións de madeira” e a proposta da exposición de Carmen Hermo que poderemos visitar a partires deste domingo a hora do vermú no espazo Nemonón en Villa Pilar. Inauguración ás 13:00 horas
Do 13 de Novembro ao 9 de Decembro
Espacio Nemonón Pontevedra

“Fuego de lodo”
12
Sábado/Novembro
Exposición colectiva “Fuego de lodo” na RAC fundación comisariada por Nono Bandera expoñen Marcos Covelo, Chelo Matesanz e Mar Ramón Soriano
Do 12 novembro ao 2 de decembro
Do 12 de Novembro ao 2 de Decembro
Fundación RAC Pontevedra

“Exposición Pictórica:Mario Iglesias”
11
Venres/Novembro
Exposición pictórica de Mario Iglesias González. Esta exposición consta de obras realizadas desde 2015 ata a actualidade.
A principios de 2022, froito dun forte desexo de cambiar por completo de rexistro, prodúcese un cambio radical de temática e estilo, ata o punto de parecer obra doutro pintor. Por iso a mostra parecerá compartida, pero non o é, é a mesma obra, que, evolucionando cos anos cara a unha sorte de surrealismo fortemente narrativo, (como ilustracións de historias nunca contadas), de súpeto dá un salto cara atrás e tenta recupera a liberdade de trazo e a procura de expresividade dos primeiros tempos, só coa mirada de agora, corenta anos despois.
Mario Iglesias estudiou Belas Artes na Facultade de BBAA de Pontevedra, onde especializóuse en escultura e compaxina a súa dedicación as artes plásticas coa cinematografía e a docencia.
Do 11 ao 30 de novembro
Liceo Casino de Pontevedra

“Sombras atlánticas”
4
Venres/Novembro
“Sombras atlánticas. Retratos da arte galega” é unha exosición de Anxo Cabada.
Un diálogo coas persoas creadoras da beleza do país: ese é o desafío que presenta ‘Sombras atlánticas. Retratos da arte galega’, unha exposición na que o fotógrafo Anxo Cabada Alvarez se centra nalgúns dos rostros da pintura e a escultura que marcaron o devir da arte en Galicia nos últimos 50 anos. A mostra inaugurarase o próximo venres 4 de novembro ás 19.00 h, e poderá visitarse ata o 15 de xaneiro no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
Entrada libre e de balde ata completar aforo
Ata o 15 de xaneiro 2023
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

“O museo en camiño”
27
Xoves/Outubro
Do 27 de outubro ao 27 de novembro
Edificio Castelao do museo de Pontevedra

“We Must Take Action”
22
Xoves/Setembro
Ata o 20 de Novembro 2022
Claustro do Edificio Sarmiento, Museo de Pontevedra

“This is Pop!”
22
Xoves/Setembro
Afundación expón no Café Moderno de Pontevedra This is pop. Dás latas de Andy Warhol ás túas, unha recompilación de 63 producións de preto dunha trintena de artistas que abordan a arte pop desde as súas orixes nos anos cincuenta ata os nosos días. Deste xeito, nomes como os de Andy Warhol, Roy Lichtenstein, Robert Rauschenberg, ou Eduardo Paolozzi únense aos de Richard Hamilton, Peter Blake, Yayoi Kusama, Eduardo Arroyo, Rafael Canogar ou Damien Hirst, entre outros.
Ademais ten o seu punto solidario, ao convidarte a participar de #CulturaporAlimentos: traes produtos non perecedoiros e axudas os bancos de alimentos locais! As túas latas tamén contan!
Ata o 14 de Xaneiro 2023
Café Moderno. Pontevedra
Xa podes anotarte

“XI Encontro de conservación e restauración”
24,25
Xoves,venres/Novembro
Nas salas de reserva dos museos é onde comeza a conservación, e están en proceso de redefinición: novos deseños, centros que dan servizos a varias institucións, almacéns visitables… De todo isto falarase no Museo o 24 e 25 de novembro no XI Encontro de Conservación e Restauración, con representantes do Museo Reina Sofía, MARQ. Museo Arqueológico de Alicante, Gordailua, Museo de Málaga, Rijksdienst voor het Cultureel Erfgoed (Países Baixos), Centre de conservation et d’étude de Lorraine (Francia), MUHBA Museu d’història de Barcelona, Albayalde conservatio, EUN Group e Centre de Restauració de Béns Mobles de Catalunya CRBMC. Un encontro organizado polo Museo de Pontevedra e a Escola Superior de Conservación e Restauración de BBCC de Galicia.
Inscricións gratuítas abertas en https://encontrorestauracion.depo.gal.
Edificio Castelao do Museo Pontevedra

“Culturgal Danza”
25
Venres/Novembro
Noite de danza no culturgal. Credo de Nova Galicia Danza + A raiz de con Daniel Rodríguez.
A 15ª Culturgal celébrase en Pontevedra do 24 ao 27 de novembro.
Ás 21:00 horas
Pazo da cultura Pontevedra

“Culturgal Son”
26
Sábado/Novembro
A noite do sábado 26 de novembro, Culturgal vai de festival. Catro propostas rebordantes de enerxía e talento, ao vivo no escenario do Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra para celebrar os 15 anos da Culturgal. Antía Muíño, Néboa, Berto e Grande Amore toman a Feira como un furacán pechando un ano que, sen dúbida, é o seu ano. Electrónica, pop e tradición; a diversidade da música galega de hoxe nunha sesión única e singular. As entradas para #CulturgalSon15 sairán á venda o vindeiro 27 de outubro en cultur.gal a un prezo de 8 euros que inclúe, ademais do concerto, o acceso á Feira. A 15ª Culturgal celébrase en Pontevedra do 24 ao 27 de novembro.
Ás 20:00 horas
Pazo da cultura Pontevedra

“Caligrafía artística”
26
Sábado/Novembro
Curso taller de caligrafía artística impartido por Nelson Gómez Callejas.
Non se require experiencia previa
Materiais incluidos
Máis información granerodelmas@gmail.com
teléfono 619432721
De 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00
Granero Delmás Pontevedra

“Reconexión”
26
Sábado/Novembro
Curso taller Movemento creativo. Xogar para activar o potencial, liberarte e provocar un estado de benestar interno.
Inscribirse Prezo 40 euros
Máis información info@baiafernandez.es
teléfono 674 447 564
De 10:00 a 14:00 horas
Lérez Pontevedra
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥