Malencolía

“Malencolía” 

15

Luns/Novembro

Malencolía de Alfonso Zarauta 2021

Conta con Xulio Abonjo e Melania Cruz como protagonistas, aos que acompañan Iolanda Muíño, Xosé A. Touriñán, Ledicia Sola e Tito Asorey, entre outros.

É a historia dunha parella galega que, tras 10 anos vivindo en Berlín, deciden dar un novo rumbo á súa vida regresando a Galicia. Con ese obxectivo, comprarán unha casa nunha aldea que consideran abandonada, pero na que vive unha señora coa que manterán unha estraña relación.

16:00 horas

Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación no campus da Xunqueira 

“Cuñados” 

16

Martes/Novembro

“Cuñados” de Toño López 2021 Guionista Araceli Gonda

Eduardo (Miguel de Lira) e o seu cuñado Sabonis (Xosé A. Touriñán) acaban de meter a pata nun dos seus negocios e necesitan diñeiro. Moito diñeiro. Será Sabonis quen atope a solución ao problema secuestrando a Modesto (Federico Pérez Rey), cuñado de Alicia Zamora, a empresaria que os enganou e deixou tirados. Só hai un pequeno problema: Alicia non pensa pagar nin un euro polo seu cuñado. Con todo, é o propio Modesto quen urde un novo plan co que Eduardo e Sabonis poderán salvar a adega familiar. Estes tres cuñados téñeno todo para fracasar pero, como diría Sabonis, malo será.

16:00 horas

Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación no campus da Xunqueira 

“Petit maman” 

16

Martes/Novembro

Petit maman de Céline Sciamma  . Francia2021 92′

Nelly ten 8 anos e acaba de perder á súa avoa. Mentres axuda aos seus pais para baleirar a casa na que a súa nai creceu, explora intrigada o bosque que a rodea, onde a súa mamá adoitaba xogar de pequena. Alí Nelly coñece a outra nena da súa idade, e a inmediata conexión entre ambas dá paso a unha preciosa amizade. Xuntas constrúen unha cabana no bosque e, entre xogos e confidencias, desvelarán un fascinante secreto

As 20:30   VO

Teatro principal Pontevedra

“Orfeu negro” 

17

Mércores/Novembro

Orfeu negro de Marcel Camus

Francia, 1959,  103’ 

“Tristeza não tem fim, felicidade sim”. ¿Non é esa a tensión fundamental do amor humano? A ausencia da persoa amada, sempre desgarradoramente longa, fronte aos fugaces momentos de realización amorosa. Orfeo negro (Marcel Camus, 1959) é unha película de música e amor, nesa orde, porque cando o segundo falta a primeira recóllenos e entrega unha razón para seguir adiante. A música é entón vehículo para soportar a tristeza; paradoxicamente, sen tristeza non hai música, como canta unha famosa samba de Vinicius de Moraes. A gran mestría desta película descansa na enxeñosa e colorista trasposición do famoso mito grego de Orfeo e Eurídice ao Brasil contemporáneo, e a súa situación en pleno entroido de Río de Janeiro.

            A moza Eurídice chega a Río convidada pola súa curmá, Serafina. Nada máis chegar coñece a Orfeo, un condutor de tranvía, cantante e guitarrista, que está a piques de casar coa súa prometida, Mira. A casualidade quere que Serafina e Orfeo sexan veciños na barriada Babilonia, un promontorio rochoso sobre o mar aberto á baía de Río, e tamén que a chegada de Eurídice coincida coa véspera do entroido, coas distintas agrupacións, como a de Babilonia, ultimando preparativos, vestidos, ensaios e cancións para a competición entre os distintos grupos. O espectador, con todo, non tarda en saber que a viaxe de Eurídice non se debe tanto ao desexo de zambullirse na famosa festa como á necesidade de fuxir dun home misterioso que quere matala, aínda que en ningún momento coñécese a súa identidade nin os motivos que poidan impulsarlle a cometer o crime. Como obriga o mito, Orfeo e Eurídice namóranse apaixonadamente, aínda que a Morte triunfa sobre o Amor e Orfeo, descendido aos infernos para rescatar á súa amada, terminará pagando a ousadía coa súa vida.

As 20:00 VO

Sala Versus Pontevedra

'As mulheres da casa da Bouça da roupa estendida

“As mulheres da casa da Bouça da roupa estendida” 

17

Mércores/Novembro

Adela Figueroa Panisse presenta o seu novo libro ‘As mulheres da casa da Bouça da roupa estendida‘ acompañada da escritora Montse Fajardo.
‘As mulheres da Casa da Bouça da roupa estendida’ libro editado por Laiovento do que Claudio Rodríguez Fer di que é unha obra chea de crueldade e de horror, pero tamén contén a beleza da terra, neste caso a do Incio, e da vida, sobre todo a través do amor e da esperanza nun futuro mellor, sen deixar de ser consciente da necesidade dun certo idealismo xeneroso para poder avanzar.

Actuación musical: Os Tarabelos 

As 20:30  

Libraría Paz

Nevermore

“Nevermore 

18

Xoves/Novembro

« N.E.V.E.R.M.O.R.E podería ser un S.O.S. emitido á desesperada no código internacional de sinais»

DIRECCIÓN E DRAMATURXIA: Xron

ELENCO: Manuel Cortés, Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Borja Fernández, Mónica García, Arantza Villar

Coprodución de Chévere e o Centro Dramático Nacional co apoio de AGADIC (Xunta de Galicia) e coa colaboración do Auditorio de Galicia e o Concello de Santiago de Compostela. NEVERMORE pódese referir tanto a corvos que falan como a pobos que berran, pero a intención é a mesma: facer memoria. A idea é seguir usando procedementos documentais para crear ficcións a partir da nosa memoria colectiva. Neste caso, dispoñémonos a comprobar se a historia do Prestige foi algo máis que unha catástrofe ecolóxica, porque se cadra é unha metáfora da hostia e haina que entender como un aviso

1 h 55 min | Galego

Venta de entradas

Gustavo Almeida

“Gustavo Almeida 

18

Xoves/Novembro

Gustavo Almeida volve cantar coa sua nai e seu irmán. Encontro De Gerações
Entrada: 12€ con dereito a un “xarabe refrescante”.
*AFORO REDUCIDO – Reservas chamando o por whatsapp ao número: 611 632 895
Ás 21:00 

O SANATORIO” Rúa Andrés Muruáis, 7 – 9

Unha nova Olanda

“Unha nova olanda” 

18

Xoves/Novembro

O Ateneo de Pontevedra organiza un relatorio arredor do ensaio Unha nova Olanda. De Ferrol ao Porto: as cidades galegas e o norte de Porgugal no escenario global, de Antón Baamonde, publicado por Editorial Galaxia.
O autor estará acompañador por Daniel Pino e Manuel Artime Omil.
A entrada é libre con acceso limitado por restricións Covid.
Da obra
Galicia ten que pensarse como unha única cidade con varios nós. Un diamante con vértices nas súas sete grandes cidades.
A trama urbana do país, ese heptágono fenomenal, está inmersa en procesos planetarios, onde as súas grandes empresas teñen a mirada posta en horizontes globais que son fiestras de oportunidade.
Galicia terá un horizonte se sabe combinar co Norte de Portugal un eixe atlántico que sexa un imán de atracción de investimentos, poboación, recursos e talento. A Galicia vénlle ben unha España en rede que tome en consideración a Portugal, onde o seu futuro será urbano, ou non, o que non é unha idea novidosa, pois xa Antolín Faraldo reclamaba no século XIX unha gran cidade como modo de promover o progreso e rachar o dominio das vellas elites.
Cada cidade galega ten o seu propio carácter. As identidades urbanas —A Coruña, Vigo, Santiago…— son un país ignoto por explorar.
Do autor
Antón Baamonde (Vilalba, 1959) é profesor de filosofía e ensaísta. Publicou o seu primeiro libro, A favor da esperanza, en 1987, ao que seguiron O marxismo e as linguaxes, Sobre o tempo e outros desatinos, A rosa sen porqué e o libro de entrevistas, La reinvención de España; ademais de participar no libro colectivo Catro ensaios sobre a esquerda nacionalista. Animou a revista e o foro “Luces de Galicia” e colaborou na sección de opinión de La Voz de Galicia. Está considerado como unha das voces máis orixinais e independentes da Galicia contemporánea.
As 19:30  

Libraría Metáfora

Crónicas de Pontevedra IV

“Crónicas de Pontevedra IV” 

18

Xoves/Novembro

Espacio Nemonón
O xoves no espacio Nemonón presentación do libro de Milagros BaráCrónicas de Pontevedra IV” a autora estará acompañada por Miguel Angel Rodríguez e José Ramón Carril
As 20:00  

Villa Pilar

taller de horquilla

“Taller de encaje de horquilla” 

18

Xoves/Novembro

Cuaderna Maestra

Taller de Encaje de Horquilla

Organiza: cuaderna maestra, rúa cruz Vermella 15 

Precio 35 Euros

Duración 3 horas

Dás 17.00 ás 20:00  

Rúa Cruz Vermella 15 Pontevedra

Contos de inverno

“Contos de Inverno” 

18/19

Xoves,Venres/Novembro

O inverno é o tempo máis propicio para os contos, polo que a Vicerreitoría do Campus de Pontevedra en colaboración coa Concellería de promoción económica e universidade pon en marcha estes “Contos de inverno”. Os días 18, 19, 25 e 26 de novembro, as voces de Celso Sanmartín, Paula Carballeira, María da Pontragha e Quico Cadaval tirarán dos fíos da narración oral para tecer historias do máis sorprendente. As diferentes sesións diríxense sobre todo a un público adulto e a entrada é de balde ata completar aforo.

20:00 horas

Casa das Campás

Crónicas cancheras

“Crónicas cancheras” 

19

Venres/Novembro

Edificio Castelao

Xabier Fortes presenta o seu novo libro “Crónicas Cancheras” nun man a man fraterno coa participación doutro grande como Manuel Jabois

Compendio de artigos xornalísticos nos que o fútbol e o deporte convértense nunha escusa para charlar da vida. Unha visión do deporte ao que lle segue profesando a mesma devoción que na infancia e adolescencia que se volve un tanto agnóstica e crítica cando aborda algúns dos cambios que en opinión do autor están desnaturalizando o seu mesma esencia e converténdoo en algo alleo aos valores e sentimentos que o fixeron grande e universal. 

Pontevedra, Tal como éramos

“Tal como éramos” 

19

Venres/Novembro

Edificio Castelao

Susana Fortes presentan o seu novo libro Pontevedra “Tal como éramos” nun man a man fraterno coa participación doutro grande como Manuel Jabois. O libro de Susana descubriravos facetas entrañables desta cidade cativadora. 

Unha homenaxe a unha cidade e que recolle pequenos retrincos da vida cotiá. Pequenos retrincos de memoria que tratan de rescatar unha imaxe esquecida con tenrura, elegancia e humor. Trata de devolver ao lector ese mundo perdido e as voces das persoas que lles acompañaron polas rúas.

Julia Barreiro

“Cronopias” 

19

Venres/Novembro

Palacete das Mendoza

Cronopias é o título da exposición que este venres inaugura Julia Barreiro no palacete das Mendoza, o acto terá lugar as 18:30.

A exposición poderase visitar de luns a venres de 10 a 14 h e de 15 a 20 h

Sábados de 10 a 14 horas e de 17 a 19 horas

Domingos e festivos de 10 a 14 horas

19:30

Palacete das Mendoza

Pinto e maragota

“Casa” 

20

Sábado/Novembro

Este sábado temos un novo Vermú de Pinto e Maragota en O Mercado, coas nosas amigas María Lado e Lucía Aldao, un AldaoLado diverso e musical, con xogo incluído. Para non perder!

20:30

Espazo gastronómico do Mercado

Gaiteiro

“Gaiteiraos” 

30

Xoves/Setembro

Claustro do edificio Sarmiento

Un total de 35 debuxos de recoñecidas gaiteiras e gaiteiros de Galicia compoñen a exposición Gaiteiraos, coa que o seu autor, César Lombera, pretende reivindicalos como un exemplo sobranceiro do noso patrimonio inmaterial. A mostra poderá visitarse no claustro do edificio Sarmiento desde o 30 de setembro ata o 28 de novembro.

Ata 28 Novembro

Museo de Pontevedra

Manuel Moldes

Vieiros na memoria

15

Venres/Outubro

Tiñamos moitas ganas de anunciar a apertura desta exposición, unha pequena mostra-homenaxe a Manuel Moldes que coincide co cambio de nome da sala de Sala X a Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes
Comisaria: Sara Donoso
Do 15 de outubro só 15 de decembro de 2021.
origami

“Origami” 

4

Xoves/Novembro

Edificio Castelao

A exposición ‘Origami. De papel a obra de arte’, que estará aberta desde o xoves ata o 23 de xaneiro no #edificioCastelao, propón un percorrido por todas as modalidades da papiroflexia partindo dos seus inicios tanto no mundo como en España, onde Miguel de Unamuno foi un dos seus máximos impulsores, e destacando o labor do grupo zaragozano fundado en 1944. Non vola perdades!
 Entrada libre ata completar a capacidade

Visitas guiadas todos os xoves ás 18:00 h. Sen inscrición previa 

Do 4 de Novembro ao 23 de Xaneiro

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥