“Os traxes do país” 

17

Luns/Maio

O 17 de maio, Día das Letras Galegas, outra gran Pasarela:
“Os Traxes do País”
Vinde velos!
Queremos recuperar cada un deses momentos, pois a través da vestimenta observamos técnicas e materiais tradicionais valiosísimas dos que se foron perdendo información e que son auténticos, orixinais e propias.
Inscríbete a través do formulario
Reserva a túa praza! Non tardes moito, uns días antes recibirás a túa invitación!

Concerto:”María Domínguez” 

18

Martes/Maio

Con motivo do Día Internacional dos Museos, o edificio Castelao albergará o martes un recital da pianista de formación internacional, María Domínguez Pérez, que interpretará obras de Rautaavara, Bach, Liszt e Scriabin. Haberá dous pases: ás 13:00 e ás 20:00 h.

Reserva a túa invitación en educacion.museo@depo.es

As 13:00 e as 20:00 
Museo del Pontevedra

“Ariel” 

18

Martes/Maio

Ariel Aki Kaurismäki, 1988- 55′

Taisto Kasurinen é encarcerado por un crime que non cometeu. No cárcere só soña con deixar a súa vida e empezar unha nova fóra do seu país. un día consegue escapar pero as cousas non sairán tal e como as planeaba.

As 20:30 VOSE  

Teatro principal Pontevedra

Letras galegas: “Xela Arias” 

19

Mércores/Maio

Celebramos na Vicerreitoría Campus de Pontevedra as nosas letras en homenaxe a Xela Arias cun evento moi especial. Teremos a sorte de contar con María Xesús Nogueira, Xina Vega, Luis Pousa e Camino Noia. A música ven da man de Clara Pino e Pablo Vidal. Xela no centro de todo.

As 19:00 

Casa das Campás

“As nosas derrotas” 

19

Mércores/Maio

O programa Falamos e o Cineclube Pontevedra poñen en marcha durante este mes de maio a proxección de tres películas, cunha tertulia posterior, coa intención de promover espazos para socializar en lingua galega, relacionados con temáticas de cine.

As nosas derrotas de Jean-Gabriel Périot

AS NOSAS DERROTAS ofrece un retrato da nosa vinculación coa política a través dun xogo de reinterpretación a cargo de estudantes de secundaria que reflexionan sobre conceptos como os sindicatos, o capitalismo ou as revoltas sociais mentres interpretan e dirixen extractos de filmes do Maio do 68. Que valor teñen a revolución ou o compromiso no seu día a día? Como perciben o mundo no que medran? E, sobre todo, van querer mudalo, destruílo ou construír un novo?.

As 20:00 VOSE  

Teatro principal Pontevedra

“Play” 

19

Mércores/Maio

En colaboración coa Alianza francesa

Play  – Anthony Marciano  – 2019 – España

En 1993, Max tiña 13 anos cando lle regalaron a súa primeira cámara. Durante 25 anos non deixou de filmar: a cuadrilla de amigos, os amores, os éxitos, os fracasos… Desde os anos 90 ata a década de 2010, o retrato de toda unha xeración que emerxe a través do seu obxectivo.

As 20:00 VOSE  Auditoro Municipal da praza do Rei

Cineclube Lumière

“Lúa Vermella” 

19/21

Mércores/Venres/Maio

Lúa Vermella Lois Patiño, 2020- 84′

O tempo parece detido nun pobo da costa de Galicia. Todo o mundo está como paralizado, pero aínda podemos escoitar as súas voces: falan de pantasmas, bruxas e monstros. Tres mulleres aparecen e empezan a buscar a Rubio, un mariñeiro que desapareceu recentemente no mar.​ 

As 20:30  

Salón García

“O mozo da última fila” 

20

Xoves/Maio

Teatro Principal Pontevedra

Claudio é un estudante de dezasete anos que senta na última fila. Non fala, non participa, non é problemático, non destaca, salvo en Matemáticas. Cada clase fáiselle máis insoportable ata que Xermán, o profesor de Lingua e Literatura, manda escribir unha redacción sobre a fin de semana.

A partir deste intre, Claudio empeza a transformarse en alguén que observa, imaxina e escribe a vida doutros nun relato por entregas para un só lector. Ese relato compartido polo discípulo e o mestre convértese nun xogo cada vez máis perigoso para eles e para quen os rodea. Un xogo que se disputa en dous taboleiros: o da vida e o da literatura.

Desde a súa estrea en 2006, “O mozo da última fila” leva 26 producións por todo o mundo e foi adaptada ao cinema por François Ozon, con guión do propio Mayorga e co título “Dans la maison”, Concha de Ouro no Festival de San Sebastián en 2012. A obra foi escollida en 2018 dentro do plan de fomento á lectura en varios institutos de secundaria.

Mercar entradas

As 20:00 

Teatro principal Pontevedra

Galicia de Nós a nós” 

20

Xoves/Maio

Exposición ‘Galicia, de Nós a nós’,  percorrido ao longo das tres salas nas que se distribúe trasladaravos desde os seus antecedentes ata a súa memoria hoxe en día, coñecendo aos protagonistas, a historia e os contidos dunha revista e un grupo humano que marcaron decisivamente a historia de Galicia.
Edificio Castelao, do 20 de maio ao 11 de xullo
Museo del Pontevedra
devellabella_suelo

«Exposición: Pedro Bueno»

12

Mércores| Maio

Centro cultural Marcos Valcárcel

Rua progreso 30 Ourense

O centro cultural Marcos Valcárcel reúne unha retrospectiva do pintor galego Pedro Bueno
O centro cultural Marcos Valcárcel acolle desde hoxe, 5 de maio,e ata o próximo 15 de agosto unha exposición do artista coruñés Pedro Bueno, que regresa a Ourense trinta anos despois da súa primeira exposición para mostrar unha retrospectiva dos últimos vinte anos de traballo e na que se inclúe unha ampla selección de cadros, cerámicas e obxectos persoais.
O artista recoñeceu “o complexo que foi escoller entre centos de pinturas, esculturas e outros traballos en diversas técnicas artísticas para resumir estes vinte anos”. Pedro Bueno amosou a súa satisfacción por expoñer de novo en Ourense no que cualificou como “unha xoia arquitectónica e un dos mellores centros de cultura de Galicia”, destacando entre as obras expostas unha colección sobre os sete pecados capitais, realizada entre os anos 2000 e 2002 pero que aínda se presentaron ao público por primeira vez 18 anos despois.
Ata o 15 Agosto 2021

CCMarcosValcárcel

devellabella_suelo

«Afonso X e Galiza»

7

Venres| Maio

Centro cultural Marcos Valcárcel

Rua progreso 30 Ourense

Cando coinciden o Ano Santo e o 800 aniversario do nacemento do “Rei Sabio”, abre as súas portas unha mostra centrada na figura do encargado de recompilar as Cantigas de Santa María, revolucionarias pola súa mestura do popular e o divino.

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle a exposición “Afonso X e Galicia”. Nela faise un percorrido por unha das figuras máis relevantes da cultura europea a través de documentos e testemuñas arqueolóxicas, literarias e musicais que amosan a súa pegada na cultura galega no medievo.

E, sendo esta unha mostra moi vencellada á arte sonora, nas salas do centro cultural soa xa a música tradicional das frautas traveseiras e das violas. Nas súas vitrinas, expóñense diversos instrumentos medievais, coma a rota, de forma triangular, e neste caso reconstruída tomando como referencia o pórtico do Paraíso da catedral ourensá. Así mesmo, está presente o organistro, instrumento tamén medieval que se toca coa axuda dunha manivela, e que evolucionaría cara á zanfona coa contribución de cegos e mendigos. A mostra reivindica ao oído como sentido más necesario, ao ser vehículo para o entendemento do home.

Ata o 15 Agosto 2021

CCMarcosValcárcel

“A vida lenta

11

Xoves| Marzo

Sede Afundación de Vigo Calle Policarpo Sanz, 13, Vigo

Do 11 de marzo ata o 29 de maio

Sede Afundación de Vigo

«Papiromates. Matemáticas + Creatividade = Papiroflexia »

3

Mércores| Marzo

Esta exposición reúne pezas de papel realizadas mediante a técnica do origami para pór de manifesto a relación entre as matemáticas e a papiroflexia. Na realización destas pezas, de valor case escultórico, non se usaron pegamento nin tesoiras, tan só o pregado do papel.

COMISARIO | JORGE PARDO

 Descubre que é o padrón de cicatrices e a súa importancia á hora de deseñar novos modelos, como o origami modular constrúe corpos xeométricos, ensamblando figuras de papel idénticas, ou como nas teselacións un mesmo motivo se repite numerosas veces, cubrindo un plano a través de centos de pregos. A exposición tamén repasa as achegas de algúns nomes propios relevantes no campo da papiroflexia coma o da pregadora galega Covadonga Blanco, papiroflecta, gran matemática, docente e divulgadora.

En colaboración con Escuela Museo Origami de Zaragoza (EMOZ).

Exposición con todas as medidas de seguridade pertinentes para que poidas volver gozar da arte e da cultura como o fixeches sempre.

HORARIO: LUNS a VENRES 17.30 a 20.30 e SÁBADOS 11.00 a 14.00 e 17.30 a 20.30 h

  • ENTRADA: Gratuíta
Ata o 29 de Maio

Afundación

“4 Proxectos”

12

Luns| Abril

Mónica Alonso (A Fonsagrada, Lugo, 1970) centra a súa primeira mostra individual no MARCO nunha única peza, baixo o título A maxia do colibrí. 6 casos desesperados. Unha obra que naceu en 2015, durante a estadía da artista en México, e que precisou de todo este tempo para madurar, escribirse e reescribirse. Nese ano Alonso presentou en México a obra O colibrí vermello, que está no xerme deste proxecto, vencellado coas historias e rituais máxicos asociados ao colibrí nas culturas precolombinas, e moi en liña co interese da artista sobre as relacións entre ciencia e superstición.

Sobre o seu proxecto específico para o MARCO, sinala Rosendo Cid: “A partir do título albíscase a intención chave deste proxecto expositivo, desviándome do meramente descritivo para afondar no feito mesmo de todo acto creativo como mero ocorrer, como acontecemento, sendo consciente de todo aquilo que aconteza antes de que a peza estea completada pero que igualmente está implícito cando se finaliza.”

Salvador Cidrás (Moaña, 1965) e Juan Cidrás (Vigo, 1968) forman, dende 2015, un colectivo artístico que investiga o medio cerámico e téxtil dende unha perspectiva escultórica e pictórica, respectivamente. “O noso traballo céntrase na forma e o concepto de ‘aberrante’, aquilo que se aparta do que se considera normal, natural ou correcto, en oposición ao que se aferra –a convención– ou o que é formal. As pezas maniféstanse capaces de establecer relacións entre elas e mudar, xa sexa a través da forma, a cor ou a súa instalación no espazo.”

Mar Vicente (Lugo, 1979) propón un proxecto específico para os espazos do MARCO, en sintonía cun traballo que se caracteriza pola economía de elementos cromáticos e compositivos, e pola experimentación coa forma vencellada á transformación do soporte pictórico. O punto de partida é o cadrado, que a artista desenvolve cara a terceira dimensión. O cubo, como o seu volume máis directo, adopta actitudes non convencionais que, xunto á iluminación cambiante e o punto dende onde se observa, afectan á percepción dos volumes e dos espazos.

Do 12 de abril ao 12 de setembro. 

“Etérea”

16

Venres| Abril

Na exposición « Etérea«, Din Matamoro toma como punto de partida unha soada premisa de Kandinsky: “O branco é o gran silencio cheo de cousas posibles”. Esta mostra reúne unha selección da súa obra dos últimos anos, centrada no estudo da cor, acompañada doutras pezas de épocas anteriores que, como todo o traballo deste artista, implica todo un ensaio sobre a percepción, os seus mecanismos e emocións. A intención é que a súa obra véxase íntima, completa, que o espectador poida sentir a aparición e a aproximación lenta da cor na súa mirada, a enerxía interior que hai detrás da pel de cada pintura, gardando entre elas un espazo xeneroso. Pinturas que se moven, que non se conxelan no tempo despois de ser pintadas, que conservan un latexado, unha enerxía que se despraza #ante a mirada, sutilmente, como a luz cenital ao longo do día, ou a luz e as cores que se moven nas pantallas de cinema. Se nos paramos a contemplar, a cor cambiará de intensidade e descubriremos o seu carácter íntimo, certo misterio, a súa forza interior e, a un tempo, o tráxico cósmico no que o ser humano non é máis que un eco, unha resonancia.

Do 16 de abril ao 12 de setembro. 

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥