Besos

Los Besos

18

Luns/Outubro

El autor Manuel Vilas estará en Cronopios el próximo lunes día 18 a las 17:00h para firmar ejemplares de su libro Los besos (Planeta, 2021). Manuel Vilas (Barbastro, 1962) es licenciado en Filología Hispánica por la Universidad de Zaragoza. Es autor de seis poemarios y su obra lírica se ha compilado en Amor (2010) y en Poesía completa (2016).
Su novela Ordesa (2018) fue traducida a más de veinte lenguas y elegida libro del año por el suplemento Babelia y obtuvo el Premio Femina, concedido en Francia a la mejor novela extranjera. Su novela Alegría (2019) fue finalista del Premio Planeta y ha sido traducida a varias lenguas, además de ser finalista en Francia del premio Jean Monnet de literatura europea. 
Domingo Villar

Algúns contos completos

18

Luns/Outubro

Presentación do libro de Domingo Villar  “Algúns contos completos”.
Algúns contos completos/ (Galaxia/Siruela), unha escolma de relatos curtos do creador do personaxe de Leo Caldas. Susana Pedreira xornalista de OndaCero faralle unha entrevista en directo para logo dar paso ao coloquio e sinatura de libros.
Documenter

Documenter” 

18

Luns/Outubro

Documenteur de Agnès Varda, 1981 65′ Francia

Varda reflexiona sobre o proceso de alleamento e marxinación dunha muller divorciada recentemente chegada a Los Ángeles co seu fillo. Documenteur usa distintas convencións de ficción e non ficción na súa exploración das relacións entre as persoas e a cidade.

As 20:30   VOSE

Teatro principal Pontevedra

Brumario poético

Forugh Farrojzad” 

20

Mércores/Outubro

Teatro principal
O 20 de Outubro comezará o XVII BRUMARIO POÉTICO organizado pola Fundación Cuña-Casasbellas, no Teatro Principal de Pontevedra.
Forugh Farrojzad: Nuevo nacimiento eterno amanecer” Homenaxe a poeta e cineasta iraní Forugh Farrojzad (1935-1967). Recital poético musical grupo hipofanías (recitación), grupo Trilitrate (música)
Estades convidadas/os a esta celebración, onde a poesía e a música respirarán xuntas nun mesmo latexado.
Entrada gratuíta ata completar aforo.
tarQus editorial
As 20:15  

Teatro principal Pontevedra

“Chanson Douce” 

21

Xoves/Outubro

“Chanson douce”. de Lucie Borleteau, 2019 100′ Francia’

Paul e Myriam teñen dous nenos pequenos. Para que Myriam poida volver traballar, empregan a Louise, unha canguro con experiencia. Louise entrégase por completo ás súas tarefas, traballando a conciencia e con boa vontade, ata o punto que a súa presenza ocupa un lugar central na familia.

As 20:30   VOSE

Auditorio municipal de Vigo 

Reboiras

“Reboiras” 

22

Venres/Outubro

Espazo Nemonon edificio Villa Pilar
Ciclo “Memoria Democrática”
Relatorio arredor do libro: 
“Reboiras. O camiño da rebeldía”
Autores: Xurxo Martínez González (doutor en Filoloxía Galega) e Xosé Manuel Pereiro (xornalista)
Interveñen: Manuel Reboiras (directivo do Ateneo, irmán de Ramón Reboiras), César Lorenzo Gil (director de Aira Edicións), Xurxo Martínez González e Xosé Manuel Pereiro
Ateneo de Pontevedra organiza, dentro do ciclo “Memoria Democrática”, un relatorio arredor do libro Reboiras. O camiño da rebeldía, de Xurxo Martínez González e Xosé Manuel Pereiro, publicado por Aira Editorial. 
A entrada é libre con acceso limitado por restricións Covid.
Da obra
Xosé Ramón Reboiras Noia é moito máis ca Moncho Reboiras, unha imaxe nun cartaz ou nun valado. Unha persoa por riba dun mito. Un dos grandes dirixentes políticos do nacionalismo a quen o franquismo lle arrebatou a mocidade, o entusiasmo e a rebeldía en agosto do 1975.
Neste libro, historico e xornalístico, Xosé Manuel Pereiro e Xurxo Martínez González, danlles voz aos compañeiros e compañeiras daqueles anos de fulgor e atrevemento, levándonos a un tempo moi distinto do actual onde todo estaba por construír.
Dos autores
Xurxo Martínez González. Coia, Vigo, 1984. Doutor cum laude en Filoloxía Galega especializado no Rexurdimento. Autor de Marxes. Guía ilustrada do Vigo rebelde (2021), con ilustracións de David Rodríguez. Publicou as biografías de Fuco Gómez, Luís Soto e os Villar Ponte (esta canda Emilio X. Ínsua). Colaborador habitual en prensa. Recibiu premios de poesía, relato curto e ensaio. Presidiu o colectivo A Nave das Ideas, impulsora do Día das Artes Galegas. Actualmente é técnico de normalización lingüística en Redondela.
Xosé Manuel Pereiro. Monforte, 1956. Xornalista. Director da revista Luzes. Redactor de informativos da TVE (1988-2008). Correspondente en Galicia do diario El País. Fundou as revistas Bravú, Loia e La Naval. Autor dos libros Si, home si (2001), Prestige. Tal como foi, tal como fomos (2012) e Diario dun repunante (2017). É cantante do grupo musical Radio Océano.
As 20:00

Espazo Nemonon edificio Villa Pilar

Ana Corzo

La espera” 

23

Sábado/Outubro

Teatro principal
O 20 de Outubro comezará o XVII BRUMARIO POÉTICO organizado pola Fundación Cuña-Casasbellas, no Teatro Principal de Pontevedra e o día 23 presentarase dentro da programación do Brumario: “2020 A espera”. Estades convidadas/os a esta celebración, onde a poesía e a música respirarán xuntas nun mesmo latexado.
Entrada gratuíta ata completar aforo.
tarQus editorial
As 20:15  

Teatro principal Pontevedra

Gloria Loizaga

“Gloria Loizaga” 

23

Sábado/Outubro

Granero Delmas

Biografías pintadas xorde como homenaxe ás persoas, ó corrente, ensalzando a beleza do cotiá. Os retratos máis fieis ó físico dan paso a outros onde se adiviñan as emocións alén dos xenes. Pinturas que apostan pola representación do misterio nunha orde de realidades distintas ás tanxibles. Esta mostra recolle os últimos traballos da artista.

Gloria Loizaga é licenciada en Belas Artes pola UCM completando a súa formación en Fine Arts na Parsons School of Design de Paris.

A exposición poderase visitar dende o 23 de outubre ata o 17 de novembro

Granero Delmas Galerias Oliva 2

Ana Cabaleiro

Deixádenos Remar” 

23

Sábado/Outubro

A escritora Ana Cabaleiro presenta neste encontro literario o seu novo libro ‘Deixádenos remar‘. Estará acompañada da poeta Míriam Ferradáns e celebrarase no Edificio Castelao – Museo de Pontevedra
En ‘Deixádenos remar’ (finalista do Premio Xerais de Novela 2020) as protagonistas son mulleres anónimas do cotián, todas humildes e arrabaldeiras, ben sexan esforzadas traballadoras, opositoras, desempregadas, xubiladas, divorciadas, artistas ou viaxeiras.
De 12:30 a 13:30

Museo de Pontevedra

Roteiro Pavero

Roteiro Pavero” 

24

Domingo/Outubro

Velaquí a nosa programación de roteiros paveros de outubro 
24/10: Santa María e a súa contorna.
31/10: Pontevedra e os seus misterios.
Máis info e reservas en ➡ paseapontevedra@gmail.com 
Manuel Moldes

Vieiros na memoria

15

Venres/Outubro

Tiñamos moitas ganas de anunciar a apertura desta exposición, unha pequena mostra-homenaxe a Manuel Moldes que coincide co cambio de nome da sala de Sala X a Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes
Comisaria: Sara Donoso
Do 15 de outubro só 15 de decembro de 2021.
Reconexión

Taller de “Reconexión” 

30/31

Sábado,Domingo/Outubro

Baia Fernández
Reconexión

En Curantes (A Estrada), nun lugar rodeado de natureza e cunha enerxía que incita á calma e á reconexión, exploraremos, a través do movemento, o xogo e as artes o camiño cara a nosa esencia. Un convite a activar o propio potencial e expresarnos dende o que realmente somos.

demás contaremos con Nacho quen nos ofrecerá a súa comida macrobiótica para acompañar este proceso dun xeito orgánico que favoreza e faga máis especial a experiencia.

Lugar: Curantes (A Estrada)

Horario: Inicio o sábado as 10 da mañá fin domingo despois de xantar

Prezos:

150 Euros inclúe actividade, 2 xantares, cea e merendas

170 Euros inclúe actividade, 2 xantares, cea, merendas e pernocta.

Data límite da reserva 15 de outubro

Información e reservas: info@baiafernandez.es ou no teléfono 674 447 564

Curantes A Estrada

info@baiafernandez.es

Peri Helio

“Migraciones” 

8

Venres/Outubro

Fundación Cuña-Casasbellas

A exposición ‘Migraciones. Un recorrido, a vista de pájaro, a través de distintas realidades’ de Peri Helio podes visitala pola túa conta de luns a sábado

Ata 30 de outubro

Ata 30 outubro

Fundación Cuña-Casasbellas

Dispositivos

“Dispositivos” 

8

Venres/Outubro

Espacio Nemonón

Tebo (Diego Estevo Ortiz) Barcelona 1982
Expón a súa Muestra individual en Espacio Nemonon, Pontevedra.

Uno de los padres de la arquitectura racionalista, Le Corbusier, titulaba un capítulo de Hacia una arquitectura como “Los ojos que no ven”, aludiendo a la aptitud natural del ser humano para no ver lo que tiene delante como lo que es. Nos habla de una especie de ceguera cultural o, como decía Saramago: “No nos hemos vuelto ciegos, en mi opinión lo somos; ciegos que, aunque ven, no ven”.

El artista es quien observa y, para describir lo que ve de la manera en que lo ve, debe inventar un nuevo léxico. Esta investigación plástica es la que ha ocupado a Tebo los últimos cinco años, resultando en esta muestra donde busca asentar, resumir, exponer y llevar a la siguiente fase dicho proceso de búsqueda.

Ata o 3 de Novembro

Espacio Nemonón Villa Pilar

Borrón 4

“Borrón 4” 

17

Venres/Setembro

O Concello de Cambados organiza unha exposición no Pazo de Torrado, en homenaxe a Luís Fernández Silvoso. O dono de Borrón 4 foi un dos galeristas de arte contemporánea máis activos de Galicia. O seu labor profesional viuse tristemente truncada coa súa prematura morte, en outubro de 2011
Do 17 de setembro ao 7 de novembro
A arte no cómic

“A arte no cómic” 

8

Venres/Outubro

A Sala de Exposicións do Pazo da Cultura acollerá a mostra de Fundación Telefónica: grandes obras da pintura universal vistas por máis de 70 historietistas e ilustradores contemporáneos, varios deles galegos como Brais Rodríguez, Cynthia Alfonso, ou Miguelanxo Prado. Entrada libre no horario de apertura da sala de martes a venres de 18 a 21h, sábados de 12 a 14 e de 18 a 21 e domingos de 12 a 14h.

Ata 10 de Novembro

Pazo da cultura Pontevedra

Gaiteiro

“Gaiteiraos” 

30

Xoves/Setembro

Claustro do edificio Sarmiento

Un total de 35 debuxos de recoñecidas gaiteiras e gaiteiros de Galicia compoñen a exposición Gaiteiraos, coa que o seu autor, César Lombera, pretende reivindicalos como un exemplo sobranceiro do noso patrimonio inmaterial. A mostra poderá visitarse no claustro do edificio Sarmiento desde o 30 de setembro ata o 28 de novembro.

Ata 28 Novembro

Museo de Pontevedra

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥