“Espazos cóncavos e convexos”

18

Luns| Xaneiro

O Espazo Matrioska acolle entre o 18 e o 21 de xaneiro a exposición Espazos Cóncavos e Convexos, promovida polas estudantes da Universidad Nacional de las Artes de Bos Aires Carla Gasparrini e Lorena Sosa no marco dun traballo académico que levan a cabo como alumnas de intercambio na Facultade de Belas Artes.

A exposición reúne as obras de once artistas novos, españois e latinoamericanos, que reflexionan nas súas obras sobre o cóncavo e convexo, sobre a comprensión dos distintos espazos habitables como algo que pode ser tanto real como ficticio.

A mostra poderá visitarse o luns 18 en horario de 17.00 a 19.30 horas, o martes e mércores de 10.00 a 13.30 e de 16.30 a 19.30 horas e o xoves de 10.00 a 13.30 horas. Debido á situación sanitaria, as visitas terán un aforo limitado de 15 persoas, sendo posible reservar quenda a través do correo electrónico espazoscc@gmail.com.

As17:00  h

Espacio Matrioska

“A grande ilusión”

19

Martes| Xaneiro

Cineclube presenta A grande ilusión (1937) de Jean Renoir.

Primeira Guerra Mundial (1914-1918). Unha obra sobre a camaradería e as relacións humanas que retrata o día a día duns prisioneiros franceses nun campo de concentración alemán durante a Gran Guerra. Nada máis chegar ao campo, dous oficiais da aviación francesa decátanse de que os seus compañeiros de barracón están a escavar un túnel para escapar de alí

Duración 114′

Ás 19:30 H VOSE

Teatro principal Pontevedra

L’argent”

21

Xoves| Xaneiro

A sala de conferencias da Vicerreitoría acolle a proxección de “L´Argent (1983), de Robert Bresson, no marco do ciclo de cinema francés A poética do crime. Cinéma polar. 

Adaptación dun relato breve de Leon Tolstoi: “O billete falso“. Yvon é un mozo que é inxustamente acusado de traficar con diñeiro falso. A partir dese erro xudicial, a adversidade dominará a súa vida. Durante a súa estancia en prisión, o ambiente no que se move vai degradando e corrompendo ata convertelo nunha persoa sen escrúpulos nin principios morais.

Dada a situación sanitaria, a sala ten un aforo de 15 persoas, que cubrirase por orde de chegada.

Un beau Voyou

21

Xoves| Xaneiro

O comisario Beffrois espera a súa xubilación cun entusiasmo mitigado cando un roubo de cadros chama a súa atención. Beffrois lánzase entón á procura dun ladrón atípico.

AFORO LIMITADO SEGÚN LAS MEDIDAS VIGENTES. 

Ás 19:00 H VOSE

Auditorio Municipal Vigo

Iniciación ao teatro

21

Xoves| Xaneiro

Taller de iniciación ao teatro a cargo de Manuel Solla para público adulto. 

Traballaránse técnicas  exercicios de desinhibición, espazo, sensibilización, expresión corporal, creatividade, relaxación, voz, improvisación, clown, desenvolvemento persoal, coaching, etc.

Jueves 21 de xaneiro de 18.00 a 20.00 h e Venres 22 de xaneiro de 18.00 a 20.00 h.

Inscripcións a partir do 13 de xaneiro no  teléfono 886 159 249 en horario de 9.00 a 14.00 h

De 18:00 a 20:00 h

Biblioteca de Pontevedra

“Frenesí”

22

Venres| Xaneiro

Frenesí 1972. Ciclo Alfredo o grande Alfred hitchcock  O seu tradicional ciclo de outono estará dedicado este ano ao director Alfred Hitchcock, coincidindo co 40 aniversario do seu pasamento teatro principal .  Londres. Nas augas do Támesis aparece o cadáver dunha muller espida e estrangulada cunha gravata a raias. A muller presenta, ademais, síntomas de violación e outros sinais que fan sospeitar que o asasino é un maníaco sexual.

“Papicha”

22

Venres| Xaneiro

Alxeria, anos 90. Nedjma, de 18 anos, estudante aloxada na cidade universitaria de Alxer, soña con converterse en estilista e négase a que os tráxicos sucesos da guerra civil alxerina impídanlle levar unha vida normal e saír pola noite coa súa amiga Wassila. Á noitiña, escórrese entre as redes do alambrado da cidade cos seus mellores amigas para acudir á discoteca onde vende as súas creacións ás ‘ papichas’, as mozas alxerinas. A situación política e social do país non deixa de empeorar. Nedjma négase a aceptar as prohibicións dos radicais e decide loitar pola súa liberdade e independencia organizando un desfile de moda.

Reserva previa gratuita

Ás 20:30  

Auditorio de Cangas

“Taller de autoedición”

23/24

sábado-domingo| Xaneiro

Queres aprender a debuxar con luz e estampar con tinta?

Neste obradoiro aprenderás os coñecementos básicos necesarios para crear pezas de cianotipia e gravado, unha mestura de técnicas que se complementan ata obter como resultado un libro de artista único e orixinal, crearás con diferentes técnicas de encadernación.

O obradoiro inclúe todos os materiais que necesitas, pero sempre es benvido a traer debuxos e esas follas secas das túas plantas favoritas.

Non precisas coñecementos previos nin saber debuxar para tomar este obradoiro, dámosche as ferramentas e a túa achegarás a maxia

Ademais, como sabemos que estampar pode chegar a ser adictivo deixamos á túa disposición un kit onde atoparás todo o que necesitas para practicar a * CIANOTIPIA, GRAVADO E ENCADERNACIÓN *

Sábado 23 y domingo 24 de xaneiro – 10:30h a 14:30h – Rua Estrada n°6, Pontevedra

60€

As prazas son limitadas, non dubides en escribirnos e preguntarnos para máis información!

Reserva a tua plaza escribindo a contacto@espaciomatrioska.com

De 10:30 a 14:30  h

Espacio Matrioska

“Voilà la femme”

11

Luns| Xaneiro

Exposición no Ateneo Santa Cecilia “Voilà la femme” comisariada por Celeste Garrido.

Artistas convidadas: Beatriz Pérez Fernández,  Uxía A. Pérez Lorenzo,  Lucía Otero Carballo,  Cristina Chiarroni, Ana Sánchez Garea e Tamara Vázquez Perol.

Ata 31 de xaneiro

De 18:00 a 20:30 h

Ateneo Santa Cecilia

“Elas escribiron a historia”

17

Xoves| Decembro

A exposición “Elas escribiron a historia. As primeiras xornalistas” recoñece o papel das precursoras galegas da comunicación na loita pola igualdade entre mulleres e homes.

A mostra repasa a traxectoria de Sofía Casanova, Concha Castroviejo, Emilia Pardo Bazán, Filomena Dato Muruais, María Luz Morales, Mercedes Vieito Bouza, Pura Vázquez Iglesias, Concepción Arenal, Clara Corral Aller, Virginia Felicia Auber, María Vinyals e Avelina Valladares Núñez.

 

Mirar de nuevo. La mujer contra el tiempo

2

Sábado| Xaneiro

Co título “Mirar de nuevo. La mujer contra el tiempo” inaugurase en Agalería esta nova exposición que pretende ser unha chamada de atención e un punto de inflexión sobre a forma na que ata agora mostramos e pensamos a historia do arte.

No noso presente, as artistas mulleres cobraron unha maior influencia e reescriben a historia para construír novas liñas de tempo e relacións entre obras, movementos e décadas. Esta exposición, que inclúe obras de artistas mulleres pertencentes a Colecciones ABANCA e Afundación xunto a obras convidadas de destacadas coleccións privadas, e pretende contribuír a darlle a volta e trastornar a narrativa hexemónica, axudando a diminuír esa desigualdade que levou á arte realizada por mulleres a unha inxusta ausencia.

Álava, Chechu – Almeida, Helena – Alonso, Mónica – Blanchard, María – Cabellut, Lita – Cáccamo, Berta – Calvo, Carmen – Colmeiro, Elena – Dans, María Antonia – De La Calzada, Paz Díaz, María Xosé – Dolron, Desiree – Fernández, Almudena – Fernández, Ana – Funke, Helen Lamas, Menchu – Mallo, Maruja – Medal, Tatiana – Minguillón, Julia – Moure, Antía –  Neshat, Shirin – Nogueira, Sandra – O´keefe, Georgia – Pereira, Pamen – Rae, Fiona – Rey, Bea – Sevilla, Soledad – Sighicelli, Elena – Solano, Susana – Valesaka, Soares.

Ata o 28 de Marzo

Galería ABANCA

“Os teus ollos din o que a túa boca cala”

17

Xoves| Decembro

O MARCO, en Vigo, acolle ata o 14 de febreiro a exposición Os teus ollos din o que a túa boca cala, de Celeste Garrido, na que poden verse pezas das súas series Nupcial e Infancias Rotas.

A miña nai era modista. Cando eu era pequena observaba aqueles vestidos baleiros que estaban agardando a que viñesen buscalos. Eu imaxinábame dentro deles. Víaos alí pendurados, no alto, como vestidos imperiais, como nas esculturas gregas. E pensaba en habitalos. Eu traballo co corpo pero sen o corpo porque a idea é que cadaquén poida habitar mentalmente as pezas, meterse dentro deses vestidos. O vestido é ademais a indumentaria por antonomasia da muller.

Ata o 14 de Febreiro

Museo Marco de Vigo

“Nadais. Colección Filgueira Valverde”

3

Xoves| Decembro

A exposición ‘Nadais. Colección Filgueira Valverde’, que abriremos ao público o xoves, reúne unha escolma das máis de nove mil felicitacións de Nadal que personalidades de todos os ámbitos da cultura como Maruja Mallo, Isaac Díaz Pardo, Lugrís, Seoane, Dalí, Celso Emilio Ferreiro ou Álvaro Cunqueiro, entre moitas outras, remitiron ao longo da súa vida ao que foi director deste Museo. Ata 24 de Xaneiro

“O soño cubano da emigración galega”

4

Venres| Decembro

A Casa dos Poetas de Celanova acolle a mostra “O soño cubano da emigración galega”, unha proposta do Consello da Cultura Galega (CCG), coa colaboración da Secretaría Xeral da Emigración, que ilustra a fortaleza, a continuidade e a visibilidade da presenza galega na Habana. A presidenta do CCG, Rosario Álvarez, destacou no acto o “intenso vínculo entre Cuba e Celanova e que ten un dos seus máximos expoñentes na figura de Curros Enríquez”. Unha relación na que incidiu tamén o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, quen lembrou que “na actualidade viven neste país americano máis de 13.000 descendentes de ourensáns”. O alcalde de Celanova, Antonio Puga, dixo na súa intervención que “sen a emigración galega en Cuba é moi posible que hoxe non só non existise a Fundación Curros Enríquez, senón que probablemente nin existiría a propia casa que hoxe acolle esta mostra”. A exposición estará aberta ata o 24 de xaneiro.

Castelao grafista (facsímile)

1

jueves | octubre

“Castelao grafista (facsímile)” se puede visitar de lunes a viernes de 17.30 a 20.30 horas y sábados de 11 a 14 horas y de 17.30 a 20.30 horas.

Además, están previstas visitas guiadas gratuitas para el público general los días

1 de octubre, 5 de noviembre, 3 de diciembre y 7 de enero a las 18 y a las 19.30 horas para todas aquellas personas que se inscriban previamente.

Hasta 23 de Enero

En Café Moderno.

Café Moderno

17:30 Café Moderno

De Mestres e Mestrados

29

Jueves| octubre

Xa podes visitar no claustro do edificio Sarmiento a exposición ‘De mestras e mestrados’ comisariada por José M. Buxán  que mostra as obras de oito docentes/artistas da Facultade de Belas Artes de Pontevedra e de outras tantas alumnas/os escollidos polas docentes.
Ata o 24 de xaneiro 2021 museo de Pontevedra

@museodepontevedra

Museo de Pontevedra

“Galicia, a terra dos mil panos”

24

Martes  | Novembro

No Museo Etnolóxico de Ribadavia nova exposición:
Galicia, a terra dos mil panos. Roupa de levar á vila”
Unha pequena escolma da colección de panos de Sete Espadelas.
Do 24 de novembro ao 01 de febreiro, de martes a sábado de 10.00 a 20.00h.
A pesar das limitacións e restriccións pola pandemia, a vida segue e temos que seguir apostando pola cultura e amosar o noso patrimonio inmaterial.
Grazas ao Museo de Ribadavia por confiar en nós para a montaxe desta exposición.

De martes a sábado de 10:00 a 20:00

Museo etnográfico de Ribadavia

“Machados. Cinco vidas, unha historia”

26

Xoves| Novembro

O Museo de Pontevedra acolle desde o xoves 26 de novembro ao 2 de febreiro a mostra itinerante ‘Machados. Cinco vidas, unha historia”. A metalurxia do Bronce Final na colección arqueolóxica da Universidade de Santiago de Compostela promovida polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) a través do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit). A exposición ofrece unha aproximación á metalurxia da Idade do Bronce Final (c. 1300-850 a. C.) na fachada atlántica europea. Conta con 22 pezas metálicas, na súa maioría machadas de bronce, en cuxos traballos de investigación e restauración participaron un equipo de expertos dirixido por Xosé-Lois Armada, investigador Ramón e Cajal do Incipit e comisario da exposición.
Os obxectos pertencen a antigas coleccións arqueolóxicas de Santiago da Iglesia, Federico Maciñeira e José Viqueira Barrio, que foron doadas á Universidade de Santiago de Compostela (USC) entre os anos 1927 e 1948 e que na actualidade forman parte da colección arqueolóxica da USC. Cabe destacar tamén a presenza dunha punta de lanza de gran tamaño, achada na parroquia de Deixebre (Oroso) e que conta con paralelos, pezas de similares características, elaborados en Irlanda.

No Museo de Pontevedra estará aberta ao público desde o 26 de novembro e ata o 2 de febreiro no Edificio Sarmiento, os días 24, 25, 31 de decembro, 1 e 6 de xaneiro, permanecerá pechada

De martes a sábado de 10:00 a 21:00

domingos e festivos de 11:00 a 14:00

Edificio Sarmiento

Cromática

22

Jueves| octubre

Desde el jueves 22 de octubre hasta el de 13 de febrero 2021 Cromática III Mostra internacional de ilustración contemporánea na sede Afundacion en Santiago de Compostela.

En general, las piezas de CROMÁTICA tienen como base de su creación la ilustración, y presentan técnicas muy diferentes (videojuego, guache, collage, cerámica, animación) donde el color es fragmentado en múltiples significados, atendiendo a conceptos culturales, estéticos o emocionales. El concepto del color, que alude en la muestra a diferentes latitudes, culturas y razas, es un medio para reflexionar sobre la colectividad, pero con identidad propia, mediante escenas oníricas, abstractas, retratos, etc.

Visita virtual

Afundación

Santiago de Compostela

más articulos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥