El secreto del doctor Grinberg”
19
Luns/Setembro
Proxección de ‘‘El secreto del doctor Grinberg“de Ida Cuéllar.
España, 2021, 92 minutos VOSE
Ás 20:00 horas.
Casa das campás, Pontevedra

“Clases de pandeireta”
19
Luns/Setembro
De 20:00 a 21:30 horas
Centro Cultural de Lérez

“Anna Figueiredo”
19
Luns/Setembro
O luns 19 de setembro, comeza, ás 19:00 h, o Obradoiro Literario con Anna Figueiredo: Escribir. Xéneros, técnicas, temáticas…, en Pontevedra.
Celebrarase os días 19 e 26 de setembro; 3, 10, 17 e 24 de outubro; 7 e 14 de novembro, en horario de 19:00 h a 21:00 h, no Salón de Actos do Edificio Administrativo da Deputación Provincial.
O tempo. Non temos tempo para nada. Nen para escribir. Por iso “O sabor das palabras” é un obradoiro no que en oito sesións, cada persoa participante será quen de escribir unha antoloxía de relatos propia de sete pezas, cada unha dun estilo literario distinto.
Porque somos escritoras e escritores grazas ao feito de porfiar e de ollar o mundo desde unha perspectiva diferente, a da narración, a da cultura, a da palabra.
Oito luns, sete relatos e toda a vida para seguir contando.
De 19:00 a 21:00 horas
Salón de Actos do Edificio Administrativo da Deputación Provincial.

“Camiñadas”
19,21,23
Luns, mércores,venres/Setembro
Concello de Pontevedra
O obxectivo é dar a coñecer o MetroSán entre a cidadanía e fomentar hábitos de vida saudables e o exercicio físico para todas as idades. O Concello puxo en marcha hai uns meses unha serie de roteiros urbanos e periurbanas, accesible e interconectadas entre si, que bordean a cidade e que suma máis de 80 quilómetros. Unhas sendas que agora se queren seguir aproveitando para potenciar o fomento da actividade física. Para participar, as persoas interesadas poden informarse e inscribirse a través do teléfono 629 031 905 ou do correo electrónico info@marchanordicagalicia.com. Todos os roteiros comezarán ás 19.30 horas e durarán dúas horas.
Ás 19:30 horas
Pontevedra

“Algoritmos”
20
Martes/Setembro
Presentación de ‘Algoritmos” de Xavier Queipo
Nestes Algoritmos non hai trama, senón unha variada galería de personaxes, lecturas e rememoracións, máis ben pretendidas intimidades intelectuais. Non son un dietarios, nin tan sequera unha compilación, senón unha secuencia de ideas acoutadas entre 2011 e 2018.
Felizmente inclasificábeis, como tantos outros textos de Xavier Queipo, estes algoritmos reflicten dalgún xeito que son os propios algoritmos a ideoloxía dominante neste tempo de dúbidas e incertezas, que temos que apandar con eles, coñecelos e dominalos, mesmo para seguir exercendo o oficio de escribir.
Entrada libre ata completar capacidade.
De 19:30 a 20:30 horas
Libraría Paz. Pontevedra
“Drive my car”
20
Martes/Setembro
Proxección de ‘‘Drive my car“ de Ryûsuke Hamaguchi.
Xapón, 2021, 179 minutos VOSE
A pesar de non ser capaz de recuperarse dun drama persoal, Yusuke Kafuku, actor e director de teatro, acepta montar a obra “Tío Vania” nun festival de Hiroshima. Alí, coñece a Misaki, unha moza reservada que lle asignaron como chofer. A medida que pasan os traxectos, a sinceridade crecente das súas conversacións obrígalles a enfrontarse ao seu pasado.
Ás 20:30 horas.
Teatro principal, Pontevedra

“Castelao plástica e pensamento”
21
Mércores/Setembro
Ás 19:30
Arquivo Provincial (Rúa Pai Amoedo), Pontevedra
“Paterson”
21
Mércores/Setembro
Fundación Cuña-Casasbellas
Proxección de ‘‘Paterson” de Jim Jarmusch
Estados Unidos – Francia – Bélgica, 2016, , 113 minutos
‘Paterson’ móstranos unha semana na vida do seu protagonista, un condutor de autobús con certo talento para a poesía que vive nunha localidade co seu mesmo nome. Isto prestábase a mostrar a alguén atormentado que non logrou alcanzar os seus soños, pero o certo é que Paterson non é alguén ambicioso.
A entrada a todos os actos é libre e gratuita, ata completar aforo
Ás 20:00 horas.
Sala VerSus Rúa Gerardo Álvarez Limeses, nº 12, Pontevedra

“Clubs de lectura”
21
Mércores/Setembro
Inscrición o día 15 ata o 21 de setembro
Biblioteca Pontevedra

“We Must Take Action”
22
Xoves/Setembro
Do 22 de Setembro ao 20 de Novembro 2022
Claustro do Edificio Sarmiento, Museo de Pontevedra

“Arte prehistórica, da rocha ao museo”
22
Xoves/Setembro
Ata o 9 de outubro
Edificio Castelao

“Poesía e microrrelato”
23
Venres/Setembro
Ás 20:30 horas
Bar O Diaño

“Marcha nórdica”
23
Venres/Setembro
Marcha nórdica Galicia
Curso de iniciación á Marcha Nórdica
Pack de aprendizaxe en Pontevedra 9,16,23 de setembro na illa das esculturas
inscricións 629 031 905 info@marchanordicagalicia.com
Grupos reducidos
Facilítanse bastóns
De 16:45 a 18:45 horas
Illa das esculturas

“Didáctica das artes”
23,24
Venres e Sábado/Setembro
No marco das III Interaccións Artísticas en Galicia, que as tres universidades galegas impulsan, en virtude dun convenio de colaboración, xunto coa Real Academia Galega de Belas Artes e os conservatorios superiores de música de Vigo e A Coruña, a Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte acolle conferencias sobre didáctica das artes. Coordinadas polas profesoras Begoña Paz e Iciar Ezquieta, as Xornadas Didácticas das artes en Galicia hoxe: crear para ensinar inclúen na súa programación unha serie de conferencias e talleres sobre diferentes expresións artísticas e as súas posibilidades didácticas.
As xornadas teñen inscrición gratuíta, ata completar as 50 prazas, que se poden formalizar a través desta ligazón.
Venres ás 17:00 e sábado ás 20:00 horas
Facultade de Ciencias da educación e do deporte de Pontevedra

“Historias cavadas”
23,25
Venres, Domingo/Setembro
Tras o éxito da primeira edición, a Deputación de Pontevedra, a través da súa área de Cultura, fai crecer o programa e pon en marcha a segunda tempada de “Historias cavadas”, esta vez en cinco novos castros da provincia neste mes de setembro e da man do teatro e da escenificación coa compañía Troula Animación.
Castro de Castrolandín, Cuntis (comarca de Caldas) Día 9 e 23 de setembro ás 18:00 horas
Castro do monte do Facho, Cangas (comarca do Morrazo) Día 10 e 17 de setembro ás 19:00 horas
Castro da Lanzada, Sanxenxo (comarca do Salnés) Día 11 ás 12:00 horas e ás 17:00 horas.
Castro dos Cubos, Tui (comarca do Baixo Miño) Día 16 de setembro ás 18:00 horas e 17 de setembro ás 12:00 horas
Castro de Troña, Ponteareas (comarca do Condado) Días 25 de setembro ás 12:00 horas e 29 de setembro ás 17:00 horas
- Prazas limitas: 30 por visita
- Inscrición baixo reserva en historiascavadas2022@gmail.com
- Indicaráse o nome do castro e a data da visita, o nome completo das persoas participantes (4 prazas como máximo por reserva) e un teléfono de contacto
- A reserva da praza só será efectiva unha vez confirmada a inscrición pola compañía de teatro
- As visitas serán accesibles e inclusivas, e contaráse con intérprete de lingua de signos baixo demanda.
Pontevedra

“Noite de monólogos”
23
Venres/Setembro
“NOITE DE MONOLOGOS” é un evento solidario que organiza a Asociación de Familiares de Alzheimer de Pontevedra (AFAPO), con motivo do día mundial do Alzheimer, co obxectivo de visibilizar a enfermidade, dar a coñecer a problemática das familias afectadas e poder reunir fondos para novos proxectos.
Para facer realidade este evento contamos coa estimable colaboración dos tres artistas galegos de primeiro nivel que nos acompañarán neste evento como son: David Amor, Javier Veiga e Rober Bodegas e que prepararon esta actuación por primeira vez xuntos para apoiar as nosas reivindicacións.
Mercar entradas 15 /18 Euros
Ás 21:00 horas
Fundación ABANCA Pontevedra

“Cata de vendimia”
23
Venres/Setembro
Goza da experiencia de catar diferentes variedades de uvas, mosto e viños D.O. Rías Baixas, acompañados das exquisitas conservas de Galicia.
IMPORTANTE : Actividade para maiores de 18 anos. A organización resérvase o dereito de modificar ou cancelar esta acción.
Mercar entradas 10 Euros
Ás 20:00 horas
Pazo de Mugartegui Pontevedra

“Pont-Up-Store”
23,24
Venres e Sábado/Setembro
Internacionalización e sustentabilidade serán dous dos eixos fundamentais da nova edición de Pont- Up Store, o evento que desde 2014 apoia o emprendemento e o incremento da cultura emprendedora desde Pontevedra e que este ano recupera a presencialidad tras a pandemia.
Nesta edición, traballarán, no intercambio de experiencias entre emprendedores de distintos países europeos e poñerán o foco na sustentabilidade como “un nicho para a creación de novos emprendedores” este ano destacarán na importancia de traballar, sobre todo, a economía circular.
Ás 09:00 horas do venres
Praza de España de Pontevedra

“Wordcamp Pontevedra”
23,24,25
Venres a domingo/Setembro
As nosas vidas cambiaron estes últimos anos, pero é hora de ver cara ao futuro, con esperanza, deixando o medo atrás e recuperar o tempo perdido. Volve nosa querida WordCamp de Pontevedra, unha WordCamp galega con todo o que nos caracteriza: alegría, polbo e estrelas!
Preto dunha trintena de conferencias e talleres sobre diferentes temáticas relacionadas co desenvolvemento web forman parte do programa dun encontro que incorpora como novidade a organización dun hackaton, no que os participantes formaranse en desenvolvemento web á vez que traballan na creación das páxinas de dúas organizacións sen ánimo de lucro.
Para o público xeral, as entradas para asistir a esta WordCamp teñen un prezo de 25 euros, no que se inclúen as comidas e a camiseta conmemorativa, mentres que no caso dos integrantes da comunidade universitaria estas teñen un prezo reducido de 10 euros.
Ás 08:30 horas do venres
Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

“Rodrigo Ramos “
23
Venres/Setembro
Actuación de Rodrigo Ramos. Este músico e compositor de Silleda iniciou a súa carreira en solitario en 2015, logo de máis dunha década formando parte de distintos grupos.
Dous anos mais tarde publicou o seu primeiro álbum, Mirabas almas, no que amosaba a súa versatilidade en directo, e que acompañou cunha xira de máis de cincuenta concertos por toda a península, tanto con banda como en formato acústico.
En 2019 chegou Sol de invierno, un álbum cálido no que destaca o aspecto vocal. Os arranxos de piano sosteñen un traballo caracterizado por melodías pegadizas reforzadas por órganos e guitarras eléctricas, no que explora as zonas de sombra emocionais da existencia humana.
Ás 21:00
Praza diante do edificio Castelao Pontevedra

“Do final e do comezo 2022”
23
Venres/Setembro
Do 8 de setembro ata o 30 de outubro
Pazo da Cultura Pontevedra

“Unha viaxe pola indumentaria tradicional de Galicia”
24
sábado/Setembro
Entre 1924 e 1926, Ruth Matilda Anderson percorreu Galicia coa súa cámara por encargo de The Hispanic Society Museum & Library. A exposición “Unha viaxe pola indumentaria tradicional de Galicia”, na que a Asociación Etnográfica Sete Espadelas parte de máis de 150 fotografías de Anderson para mostrar prendas antigas ou reproducidas a partir de padróns e tecidos antigos, xunto a apeiros, utensilios e ferramentas.
E lembra que ata o 15 de outubro hai visitas guiadas á exposición todos os sábados ás 10:30 h e ás 12 h, a cargo dos seus comisarios José Luis Rodríguez e David Quiñones.
Para participar debes inscribirte en reservas.museo@depo.gal.
Ata o 16 de Outubro 2022
Edificio Castelao Pontevedra

“Rutas de arquitectura”
24
Sábado /Setembro
A Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Real Academia Galega de Belas Artes, propón unha nova edición dos roteiros de arquitectura e ofrece percorridos nos que perderse entre pazos e mosteiros, arquitectura civil e relixiosa, para coñecer de preto os exemplos máis singulares da provincia.
-
Sábado 17 de septiembre de 2022:
- Ruta 1. Vila de Cruces-Silleda
-
Sábado 24 de septiembre de 2022:
- Ruta 2. O Carril-Vilagarcía de Arousa
-
Sábado 1 de outubro de 2022:
- Ruta 3. Vigo
-
Sábado 8 de outubro de 2022:
- Ruta 4. Caldas de Reis – Portas
- 35 plazas por roteiro
- Inscripción previa en roteiros.cultura@depo.gal
- Indicarase o nome do roteiro, os nomes das persoas participantes (máximo 4 persoas por reserva) e un número de teléfono de contacto
- As rutas 1 e 4 inclúen desprazamentos en autobús a cargo da Deputación de Pontevedra.
De 10:00 a 13:30 horas
Pontevedra

“Caderno de cores e cancións “
24
sábado/Setembro
Actuación de Magín Blanco, un dos máis coñecidos creadores de propostas escénicas para público familiar no panorama actual galego.
En EmprazArtepresentará o espectáculo Caderno de cores e cancións. Trátase dun percorrido pola creación musical e literaria das cancións, que parte do legado dos trobadores vencellado ás cores e as súas sinerxías, tanto emocionais como naturais.
Acompañado no escenario de Pablo Vidal, Magín Blanco xogará con elementos sinxelos como as melodías, as harmonías e a musicalidade poética das rimas para construír e descubrir un universo persoal ou colectivo.
Ás 12:30
Praza diante do edificio Castelao Pontevedra

“I Xornadas Interactivas das persoas maiores”
24,1
Sábado/Setembro, Outubro
Concellería de Benestar Social
Do 24 de setembro ao 1 de Outubro
Pontevedra

“Festival mundial de ilusionismo”
24
Sábado/Setembro
Gran Gala Internacional “Galicia Ilusiona”: Unha selección dos mellores números do ilusionismo mundial, unha oportunidade única de ver sobre o mesmo escenario aos máis premiados magos e magas do planeta. Todo iso, conducido pola gran Esther Estévez, a comunicadora galega de moda, que se estrea por primeira vez no mundo da maxia. Na gala, participarán:
Hyun Joon Kim (Corea)
Jimmy Delp (Estados Unidos)
Sebastien Dethise (Bélxica)
Huang Zheng (China)
Dani Polo (Galicia)
Mercar entradas 12 Euros
Ás 20:30 horas
Fundación ABANCA Pontevedra

“Río verbena Fest”
24
Sábado/Setembro
Concertos do Xacobeo
Aos pés do Río Lérez, no Parque de Tafisa, poderemos gozar dunha nova cita musical que encherá a cidade pontevedresa de boa música do panorama actual o próximo 24 de setembro. Entre a súa programación musical confirmada ata o momento, atopamos aos artistas Hijos de la Ruina, Villano Antillano, Sila Lua, Thom Archi e Groove Amigos. Río Verbena chega con forza para axudar a posicionar a Pontevedra e Galicia no mapa de grandes producións musicais a nivel nacional cunha coidada programación, ademais de servir como altofalante en canto a temas como a sustentabilidade ou valores como a igualdade e a tolerancia. Río Verbena emerxe en plena efervescencia da cidade de Pontevedra como candidata a Capital Gastro e como colofón a toda a programación de verán, reunindo na cidade o mellor da música urbana, nun enclave natural inigualable.
Mercar entradas 29 Euros
De 17:30 a 03:00 horas
Parque de Tafisa, Pontevedra

“Campionato de España de Marcha nórdica”
24
Sábado/Setembro
PARTICIPANTES NO CAMPIONATO DE ESPAÑA IBERDROLA DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS DE MARCHA NÓRDICA PONTEVEDRA 22. É unha competición só para seleccións autonómicas formadas por deportistas federados/as FEDME, de 16 ou máis anos, e que acrediten nacionalidade española. Haberá só 1 selección autonómica masculinas e/o feminina por cada Federación Autonómica, e estarán formados por un mínimo de 4 e un máximo de 8 compoñentes cada unha. PARTICIPANTES NO I OPEN CAIXA RURAL GALEGA DE MARCHA NÓRDICA PONTEVEDRA 22. O I Open Caixa Rural Galega de Marcha Nórdica Pontevedra 22 será unha proba arbitrada e cronometrada, con saída en masa, no que poderán participar todas as persoas que quixesen (non teñen que estar federadas), e será no propio circuíto do Campionato de España. Aplicarase o regulamento oficial de Marcha Nórdica da FEDME coa variación de que unha vez alcanzado o número máximo de tarxetas non haberá eliminación do marchador/a por acumulación de tarxetas pero si unha penalización de 15 minutos, a sumar ao tempo de entrada en meta. O tempo de competición é de 60 minutos e o peche de control final de entrada será aos 90 minutos (quen entre en liña de meta despois dos 60 minutos non poderá continuar, e o que entre despois dos 90 minutos perderá a última volta cronometrada). Gañarán as persoas que fagan o maior número de voltas no menor tempo posible (incluídas as penalizacións).
De 11:10 a 23:55 horas
Illa de Esculturas, Pontevedra

“Ruta dos Fachos”
24
Sábado /Setembro
Concello de Pontevedra
O CONCELO DE PONTEVEDRA organiza a RUTA DOS FACHOS (nocturna) Sabado, 24 de Setembro
Saida as 20,00 h – Praza España
Ruta circular de 11 km, dificultade baixa LEMBRADE LEVAR FRONTAL-LANTERNA-FACHO, ETC..(teremos algunha sorpresiña)
pago de 2€ Seg. accidentes tanto por Bizum como na conta de naturgaliza club ES82 2080 3116 0330 4000 8694)
Inscripcions:(nome, apellidos-dni-fecha nacemento e teléfono) tamén no correo ponteandadas@gmail.com Tl 625482636 Presencialmente na tenda de senderismo colaboradora Naturcamiña en fronte da igresia da Peregrina en Pontevedra..
Ás 20:00 horas
Praza de España. Pontevedra
Xa podes anotarte

“Obradoiros de extensión universitaria”
26
Luns/Setembro
Dirixidos a ampliar a formación da comunidade universitaria en diferentes áreas, pero abertos tamén ao conxunto da cidadanía, a programación de obradoiros de extensión universitaria da Vicerreitoría do campus abrirá o vindeiro luns 26 o prazo de inscrición en sete propostas que ofertan no seu conxunto máis dun centenar de prazas. Entre as novidades da programación articulada para este primeiro cuadrimestre figuran cursos de identificación de cogomelos, animación con técnicas risográficas, composición fotográfica e técnicas pictóricas en cerámica. Completan esta oferta formativa novas edicións dos obradoiros de iniciación á lingua de signos, escalada en rocódromo e robótica educativa con Escornabot.
O período de inscrición nestes sete talleres, de entre 25 e 33 horas, abrirase o vindeiro luns 26 de setembro na plataforma CampusActivo. Todos eles contan cun prezo de matrícula de 40 euros para o público xeral, 26 para as os integrantes da comunidade universitaria e 32 para outros colectivos vencellados á UVigo.
Aberto o prazo o 26 de setembro
Pontevedra

“Curso de competencias dixitais”
26
Luns/Setembro
Debido a que non existe a día de hoxe unha formación regrada nesta temática que provea ao alumnado de coñecementos básicos en competencias dixitais, proponse unha formación que ocupe este espazo e provéalles destes coñecementos tan necesarios. Esta formación contén os seguintes temas:
Manexo de computador con SO Windows 10
Seguridade e privacidade básicas.
Navegación a través de internet
Uso da nube
Manexo de ofimática básica na nube
Profesor David López Pazos
Duración: 30 horas
Prezo: 60 Euros
De 18:30 a 20:00 horas
Sala de informática UNED Pontevedra

“Borda unha Totebag”
30
Venres/Setembro
Neste taller aprenderemos os conceptos básicos do bordado, que tea usar, como tensar un bastidor, que materiais, etc. A partir dunha guía creada por Maritza Berttolini, aprenderás as puntadas básicas que che servirán para crear calquera proxecto que queiras (ademas é que a levarás a casa para lembrar como se fai) Terminaremos o taller bordando unha ilustración que che proporcionaremos ou que podes traer a túa se prefires
Recapitulando: deste taller levaraste unha guía de puntadas con instrucións e unha totebag bordada!
Para calquera dúbida: IG @maritza_berttolini
INSCRICIÓNS maritza.berttolini96@gmail.com
–Data e hora: 30 setembro de 17:00 a 20:00
–Prezo 30 Euros incluidos os materiais
Espacio Arroelo
Rúa Michelena 11 3º andar Pontevedra

“Taller de creación teatral”
30
Venres/Setembro
Taller de creación teatral no que os participantes pasarán polas diferentes fases de cración dun personaxe:
documentación, escritura, creación, interpretación e representación.
-Data e hora: 16 e 30 setembro de 17:00 a 20:30
–Inscrición previa a partir de 6 de setembro
-Entrada gratuíta
Biblioteca pública de Pontevedra

“Mulleres no foco”
30
Venres/Setembro
Deputación de Pontevedra
Os Premios Mulleres no Foco, promovidos pola Deputación de Pontevedra en colaboración coa Asociación de Mujeres Cineastas e de Medios Audiovisuais (CIMA), teñen como obxectivo poñer en valor o traballo das profesionais galegas no audiovisual co fin de cambiar as cifras de infrarrepresentación actuais das mulleres do sector. Dado que a muller sofre maior invisibilidade e menor presenza no audiovisual, especialmente na dirección, segundo móstrase cada ano no informe CIMA, con esta convocatoria propóñense tres premios que recoñezan o papel da muller, que recompensen e visibilicen o meritorio labor das galardoadas no seu ámbito de traballo. Para iso, na denominación do premio recollerase o campo de especialización da premiada. Presentado por Mónica Sueiro e Arantxa Treus,
Actuación musical Sés Animación de Sarao Producción&Animación
Inscríbete: mulleresnofoco@depo.gal
Ás 20:00 horas
Teatro Afundación de Pontevedra

“Taller de expresión e comunicación oral”
30,21
Venres/Setembro, Outubro
Taller práctico de expresión oral e comunicación interpersoal para conectar cos nosos recursos e gozar contando historias reais ou inventadas dirixido a persoas que queiran iniciarse na narración oral ou sentir máis seguridade e confianza para expresarse en público e nas relacións con outras persoas.
Profesora: Lidia Luna
Duración: 6 Horas
Prezo: 45 Euros un día/60 Euros dous días
12 prazas
De 17:00 a 20:00 horas
Espacio Arroelo, Michelena nº 11, 3º andar Pontevedra

“Tranzending enredado”
1
Sábado/ Outubro
Volven as clases presenciais!!
Tranzending enredado é o primeiro taller nesta nova etapa onde vas aprender todo sobre o tranzending.
Tranzending é unha técnica fascinante na cal crearemos niveis e dimensións usando washitape, acuarelas, rotulador e lapis. Na clase, que dura 3 horas, imos elaborar 2 ilustracións do tamaño 12x12cm, cun mesmo fío condutor, as capas. Voute guiar para que haxa unha harmonía e sentido nas composicións entre as cores e os tangles. Ademais das dúas ilustracións, levaraste os coñecementos básicos para repetir esta labor tantas veces como queiras usando outras cores e tangles.
CANDO: 1 de outubro ás 11h. 3 horas
ONDE: Coworking Arroelo, Pontevedra
INCLÚE: O material e unha merenda. 40 Euros
Profesora Elisabet Hillerud
Prazas 10
De 11:00 a 14:00 horas
Espacio Arroelo, Michelena nº 11, 3º andar Pontevedra

“Marcha contra o cancro”
2
Domingo/Outubro
Volve a Marcha contra o Cancro! podes inscribirche ata o 29 de setembro, ás 23.59 horas, na IV Marcha “Pontevedra en marcha contra o Cancro“
Distancia: 6,75km.
Decide se queres realizar o percorrido andando ou correndo
Adultos:9€ /4 a 12 anos:5€/ 0-3:gratis
Tan só tes que inscribirche en:
A nosa sede (C/Eduardo Pondal, 64A, baixo, 36003, Pontevedra)
Na ligazón: https://www.rockthesport.com/…/pontevedra-en-marcha…
Nas mesas que situaremos nas rúas de Pontevedra
Coa túa participación estarás a colaborar na luchacontraelcáncer, axudándonos a manter os nosos servizos gratuítos para pacientes oncolóxicos e familiares e a fomentar a investigación en cancro. Forma parte do movemento #EnMarcha!
Ás 10:30 horas
Gran Vía de Montero Ríos, Pontevedra

“Curso de filosofía”
5
Mércores/Outubro
Curso de filosofía aberto a cargo do Dr. en Filosofía e CC.EE. Domingos Antom Garcia Fernandes.
Actividade realizada ao amparo do Programa de voluntariado cultural nas bibliotecas públicas.
-Curso académico 2022-2023: Algunhas figuras de destaque na história da filosofía
-Data e hora: mércores de 19 a 20:45 h. no Salón de Actos
-Entrada gratuíta, sen inscrición previa
Mais información na web do curso
Biblioteca pública de Pontevedra

“Premios Martín Códax”
5
Mércores/Outubro
Os Premios Martín Códax da Música nacen co obxectivo de recoñecer a diversidade e a calidade das producións musicais galegas. A convocatoria está promovida por Músicas ao Vivo, e vai dirixida a todos os proxectos musicais galegos que estean vixentes e en activo neste ano 2022. A inscrición aos Premios é libre e gratuíta. Máis información: www.premiosmartincodaxdamusica.gal
De 21:00 a 23:59 horas
Pazo da cultura. Pontevedra

“As que limpan”
6
Xoves/Outubro
Teatro principal Pontevedra
“As que limpan”de A Panadaría Un cartel colgado na manilla da porta. “Por favor, arranxa a habitación”. Ao volver da praia, as camas están feitas, as toallas limpas e o baño impecable e inmaculado. Elas son as que limpan, as invisibles que cargan ás súas costas un sistema turístico precario e insostible. As que limpan é unha sátira utópica inspirada na loita organizada das camareiras de hotel para obter dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a cobiza voraz dos donos das cadeas hostaleiras. Hai quen nunca limpou un retrete e hai quen limpa cincocentos ao mes. Con Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman Comprar entradas Ponteatro “As que Limpan” da Panadaría Pontevedra .
Mercar entrada: 8 Euros
De 21:00 a 22:15 horas
Teatro principal. Pontevedra

“Ciclo de Jazz:Abe Rábade & SPJ–Talents”
12
Mércores/Outubro
Tras dous anos de parón por mor da pandemia, o ciclo Jazz no Principal volve á cidade de Pontevedra. Nesta edición de 2022, o SPJ quere celebrar con todas as súas forzas o seu 20 Aniversario, mantendo firmemente a súa filosofía de programación; unha aposta decidida pola aterraxe didáctica que as figuras do jazz deixan nas novas promesas deste estilo en Galicia. Para este aniversario, o Seminario Permanente de Jazz destacará aos seus dous profesores, Abe Rábade e Paco Charlín, dúas figuras do jazz de talla mundial, cun gran impacto na historia contemporánea do jazz, tanto en Galicia como a nivel internacional.
Mercar entradas: 3 Euros
Ás 21:00 horas
Teatro principal. Pontevedra

“O Péndulo”
13
Xoves/Outubro
Teatro principal Pontevedra
“O Péndulo” de Inversa teatro
Unha obra de teatro que nos mostra como se desenvolveu o golpe militar de 1936 e o inicio da matanza unilateral en Galicia. Este achegamento á nosa historia colectiva faise desde o persoal. Marta Pérez, co-dramaturga e actriz, comparte a experiencia do seu bisavó, Tirso Gómez Freijido, natural de Ribadavia e veciño da Cañiza. Deputado polo Partido Socialista de Galicia, republicano e presidente da Casa do Pobo da localidade. Tirso foi detido e fusilado en 1936 no Castro de Vigo, xunto aos seus compañeiros Xusto Moure, Jesús Pérez e Antonio Mouteira. Outro veciño do lugar, Benjamín Malvar, foi atopado asasinado nunha gabia. Xunto a eles foi detida tamén María Gómez, alcaldesa da Cañiza, pertencente a Esquerda Republicana, única muller que ocupou ese cargo en Galicia durante a Segunda República. Esta última logrou salvarse de ser tiroteada no último momento, alegando un falso embarazo. Foi condenada a cadea perpetua e acabou vivindo en Lugo coa anarquista Urania Mella.
Marta Pérez, Nerea Brey e Rosa Puga Davila
Mercar entradas: 8 Euros
De 21:00 a 22:15 horas
Teatro principal. Pontevedra

“Madeleine Peyroux”
15
Sábado/Outubro
Madeleine Peyroux, a artista americana non necesita presentacións, falamos dunha das mellores voces do jazz contemporáneo das últimas dúas décadas. Unha cantante e compositora atemporal cun talento indiscutible, que chega ao Pazo da Cultura de Pontevedra cunha xira moi especial, na que repasará ao completo o seu disco máis aclamado, o impresionante “Careless Love”
Mercar entradas: 12 Euros
Ás 21:00 horas
Pazo da cultura. Pontevedra

“Elvira Ribeiro”
18,25
Martes/Outubro
O obradoiro, que levará por título Onde nace o poema, busca que todas as persoas participantes indaguen na orixe da creación poética. O obxectivo principal é estudar a orixe da escrita e a súa manifestación a través da palabra.
Usando distintas técnicas, exploracións coa linguaxe e xogos, o alumnado construirán os seus propios textos.
A docente baseará as súas clases en textos de poetas galegas e internacionais, poñendo en valor os procesos mentais, os azares que moven ás escritoras e escritores a escribir poesía.
De 18:00 ás 20:00 horas
Edificio Administrativo da Deputación Provincial. Pontevedra

“Curso de Guadamecí”
21,28
Venres/Outubro
De 18:00 ás 20:00 horas
Granero Delmas Galerías oliva 2bis local 15. Pontevedra
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥