Concerto

Concerto de Manuel Gómez Ruiz  

20

Luns/Decembro

Este luns, 20 decembro a Sociedad Filarmónica de Pontevedra cerrará no Pazo da Cultura o primeir trimestre da súa tempada 2021-2022 cun concerto do tenor Manuel Gómez Ruiz acompañado ao piano por Antonio Galera. con obras para voz e piano de Beethoven, Schubert e Schumann. 

Ás 20:30 horas

Salón de Actos do Pazo da Cultura

“7Limbos” 

20

Luns/Decembro

7Limbos Berio Molina e Alexandre Cancelo Galiza 71’ 2019

*En colaboración coa Filmoteca de Galicia

Entre a videoarte, a performance e a experiencia sonora, sete grupos de enmascarados percorren diferentes paisaxes. Levan fósiles debuxados, a presenza dunha identidade descoñecida. Cos seus movementos golpean o chan das cidades, permanecen quedos a agardaren o ruído da ruína e capturan o vento coas súas vestimentas. 7 LIMBOS é unha viaxe sonora polas veladuras do espectral.

As 20:30   

Teatro principal

“Mothers” 

20

Luns/Decembro

Mothers Myriam Bakir Marrocos 62’ 2020

No marco do ciclo de cinema documental Docs del Mes, proxectamos “Mothers”, un filme no que a cineasta Myriam Bakir pon o foco en como en Marrocos “unha muller pode ir a prisión se queda embarazada sen estar casada”, ao estar tipificadas como delito as relacións sexuais fóra do matrimonio

As 20:00   

Casa das campás

Taller de baile

‘Taller de Baile 

21

Martes/Decembro

Organizado por la Concellería de Deportes, Actividade Física e Saúde en colaboración coa Asociación Máis que Baile no marco do programa A Vida é Movernos.

Casa da cultura de Marcón as 21:30 impartido pola asociación Máis que baile

Todos aqueles que desexen inscribirse poden facelo no correo electrónico ritapeso@hotmail.com o no teléfono 615 323 296.

Ás 21:30 horas 

Casa da Cultura de Marcón

“Mutantes” 

21

Martes/Decembro

MUTANTES  Álvaro Larriba Pontevedra 107’ 2017

Durante o seu quinto ano de actividade, a asociación cultural autoxestionada Liceo Mutante enfróntase a problemas que, nalgún intre, levan a que as súas socias reformulen a continuidade do proxecto. Pingueiras que dificultan a normal actividade, perda de efectivos e cambios na súa estrutura… Neste contexto, o obxectivo do filme recae en ensinar as tripas da máquina, o seu motor: as socias. As persoas que fan posible co seu traballo desinteresado que, dende a nada, un local nun esquecido barrio de Pontevedra se convirta nunha referencia a nivel galego e do estado español. MUTANTES é o resultado da gravación case diarística de boa parte do que aconteceu no Liceo Mutante durante 2016, se cadra, o ano máis difícil que viviu esta asociación. Ou iso pensaba daquela

As 20:30   

Teatro principal

Moros na costa

Moros en la costa” 

21

Martes/Decembro

Espacio Nemonón

Presentación do libroMoros en la costa“, de Juan Juega e Pilar Rosales

Espazo Nemonon (Riestra, 11), Pontevedra

Ás 20:00

Espazo Nemonon (Riestra, 11), Pontevedra

Carreira nocturna

“Nocturna de Nadal ” 

25

Sábado/Decembro

Aberta as inscripcións para a Nocturna de Nadal Ferse. Non quedes sen praza porque voan. En cronotec.es

20:00 horas
Daniel de la Sota
Fotografia

“Fotografía de moda” 

26

Domingo/Decembro

Se sempre quixeches coñecer o universo da Fotografía de Moda, este é o momento
Escríbeme a @lorenavarela__ ou chámame ao +34 663 473 058 para solicitar información e envíoche todos os detalles do Talent Lab de Fotografía de Moda onde poderás vivir o fluxo completo dun editorial de Moda. Faremos unha viaxe ao redor dos referentes clásicos, revistas contemporáneas, aprenderemos a dirixir aos modelos, a crear un Moodboard con dirección de arte desde o inicio ata a produción final das imaxes. Realizaremos o editorial in situ, co team completo: modelos, deseñadores, make up artist. Posteriormente revisaremos as fotografías e dareivos feedback das mesmas

O Sanatorio rúa Andrés Muruais 9

Zumba

“Zumba”

26

Domingo/Decembro

A Zumba galega ten desde fai seis ano un cita imprescindible en Pontevedra no Nadal grazas á Festa HQR! cuxa masterclass converteuse nunha das referencias con instrutores de toda Galicia liderados por Carla Novoa. A master deste ano levará a cabo o domingo 26 de decembro a partir das 19 horas no pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva. Unha cita que por protocolos estará reservada para 150 persoas. “Somos conscientes que non podemos facer master multitudinarias”, pero terá o mesmo espírito, recoñece o seu principal promotora. A máster HQR! chegou a reunir a 700 participantes e do mesmo xeito que en anos anteriores terá un carácter solidario coa finalidade de recadar alimentos para accións sociais.Inscripciones co teu instructor o enviando correo a fiestahqr@diariodepontevedra.es

19:00 horas

Pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva

O instituto

Instituto de Pontevedra 1845-1963

18

Sábado/Decembro

Instituto de Pontevedra 1845-1963” é o título da exposición fotográfica que recolle 118 anos de historia académica na cidade a través de orlas, imaxes e outras fotografías das promocións de alumnos e os claustros de profesores neses anos. A exposición, patrocinada pola Deputación a través do Museo de Pontevedra, abriuse na galería de arte Musart, situada no número 28 da rúa Herreros e pódese visitar ata o próximo 17 de xaneiro de luns a xoves entre as 12.00 e as 14.00 horas pola mañá e de 18.00 a 20.00 horas pola tarde. Os venres, o horario é de 11.00 a 13.00.

De luns a xoves de 12.00 a 14.00 horas  e de 18.00 a 20.00 horas. Venres, de 11.00 a 13.00.

Galería de arte Musart Rúa Herreros nº 28

Tino Canicoba

O fin da memoria

18

Sábado/Decembro

Exposicion Tino Canicoba O Fin da memoria “
O artista logra representar na súas obras o sinificado que a vida cotiá esconde.
A exposición estará ata o 30 de Xaneiro.
Quedaredes gratamente sorprendidos pola historia e os personaxes que xiran o redor da exposicion.
Do 18 de decembro ao 30 de xaneiro

Centro comercial Arousa

orografia

Orografía

18

Sábado/Decembro

Orografías” preséntase como unha proposta de relación artística co fin de crear un diálogo en común, propoñendo unha convivencia e relación plástica que desemboca na idea de territorio. Este concepto é concibido desde tres fronteiras e perspectivas diferentes que representa unha descrición física e emocional do lugar habitado, lembrado ou estrañado.
María Gar, Basilisa Fiestras, Alexandra R.Rey
Do 18 de decembro ao 21 de xaneiro

Sala Apostrophe Vigo

casino

Exposición de pintura e fotografía

13

Luns/Decembro

Liceo Casino de Pontevedra

Do 13 de decembro ao 10 de xaneiro a Asociación Artístico Cultural de Pontevedra expoñerá as súas mostras de pintura e fotografía na Sala de Exposicións do noso local social.
Do 13 de decembro ao 10 de xaneiro

Liceo Casino de Pontevedra

historias vestidas

“Historias vestidas” 

9

Xoves/Decembro

Exposición sobre moda con proxectos de novos deseñadores formados en Pontevedra. A mostra acolle traballos desenvolvimos como parte da súa formación, con marcado carácter experimental e narrativo. Creacións que contan historias a través das prendas: a selección de tecidos, as siluetas e os estampados conforman un relato a través dos significados que gardan. 

Na mostra pódense ver os proxectos recentemente premiados na última edición de Debut: Noemí Montenegro, premio SETGA ao deseño e a creatividade; Sabela Juncal, premio Digipress Epson á mellor aplicación en moda de técnicas de sublimación; Bibi Martín, premio Artesanía de Galicia – Xunta de Galicia á colección con valor artesanal.

Cinco dos 16 deseñadores participantes na mostra están cursando na actualidade o Mestrado Universitario en Diseño e Dirección Creativa en Moda. Os outros remataron recentemente os estudos e son os traballos fin de master e os traballos final de estudos do título propio de Esdemga os que presentan no Pazo da Cultura

A inauguración terá lugar o xoves 9 ás 20h e permanecerá visitable ata o 30 de xaneiro de martes a venres de 18 a 21h, sábados de 12 a º4h. e de 18 a 21h. e domingos de 12 a 14h. Os luns, pechada.

20:00 horas

Pazo da Cultura

Durán

“Lembrando a Jose A. Durán” 

1

Mércores/Decembro

Celebramos o Día da Edición e o facemos lembrando a José Antonio Durán, un pontevedrés de corazón, historiador, investigador interdisciplinar e editor a través da súa editora Taller de Ediciones, e como el mesmo se definiría… un “contador silvestre nada asilvestrado de historias históricas”.

Mostra bibliográfica “Lembrando a José Antonio Durán”. Especial Día da Edición. Biblioteca Pública de Pontevedra. Espazo de actividades, planta baixa. 1-20 de decembro de 2021.

Biblioteca pública Pontevedra
Castelao

‘Castelao en Europa. A viaxe de 1921 

2

Xoves/Decembro

Inauguración de ‘Castelao en Europa. A viaxe de 1921’, unha mostra na que poderedes ver o ‘Diario’ orixinal no que o artista recolleu as impresións da súa estancia en Francia, Bélxica e Alemaña, onde puido estudar a tradición artística e as linguaxes das vangardas europeas contemporáneas. Reproducións de máis dun centenar dos debuxos contidos neste excepcional manuscrito, así como documentación, correspondencia e demais material relacionado con esta viaxe de gran impacto na súa evolución artística, conforman esta exposición comisariada pola responsable de Coleccións deste museo, Ángeles Tilve.
Entrada libre ata completar a capacidade
Ata o 23 de xaneiro
Ás 19:30 

 Edificio Castelao

Papiroflexia

“Origami” 

4

Xoves/Novembro

Edificio Castelao

A exposición ‘Origami. De papel a obra de arte’, que estará aberta desde o xoves ata o 23 de xaneiro no #edificioCastelao, propón un percorrido por todas as modalidades da papiroflexia partindo dos seus inicios tanto no mundo como en España, onde Miguel de Unamuno foi un dos seus máximos impulsores, e destacando o labor do grupo zaragozano fundado en 1944. Non vola perdades!
 Entrada libre ata completar a capacidade

Visitas guiadas todos os xoves ás 18:00 h. Sen inscrición previa 

Do 4 de Novembro ao 23 de Xaneiro

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥