Abou Leila” 

20

Luns/Setembro

ABOU LEILA de AMIN SIDI-BOUMÉDIÈNE
ALXERIA 2019; 135′ V.O.S.C.

Dous policias amigos dende a infancia viaxan polo deserto na busca de Abou Leila, un perigoso terrorista culpabel de numerosas mortes e prófugo da xustiza. Canto máis se adentran no deserto achergándose ó criminal, máis grande será a confrontación de violencia na que se verán envoltos.

Cota anual soci@: 19 euros Cota filme soci@: 5 euros Bono Lumière 5 filmes: 16 euros (só soci@s) Cota filme colaborador@: 6 euros PARAD@S, con carné: 5 euros

As 20:30   VOSC

CINE CLUB LUMIÈRE DE VIGO Rúa Doutor Cadaval 33, 4.º A – 36202 Vigo

As I Want” 

20

Luns/Setembro

As I Want Samaher Alqadi 

Na colaboración coa Universidade de Vigo, este mes proxectamos o documental “As I WantComo yo quiera de Samaher Alqadi . Con entrada libre ata completar aforo

“Las mil y una” 

21

Martes/Setembro

Mil y una Clarisa Navas. 2020 114’ 

coproducción argentino-germana 

Iris, de 17 anos, foi expulsada da escola e pasa os cálidos días e noites cos seus dous mellores amigas, as súas curmás, en habitacións estreitas, xogando co seu teléfono móbil ou nas rúas baleiras da cidade. Cando Renata, fría e segura de si mesma, entra en escena, Iris queda fascinada, e non pasa moito tempo antes de que comecen a coquetear. Pero na zona, os rumores sobre o pasado de Renata son cada vez máis fortes.

As 20:30   VOSE

Teatro principal Pontevedra

Rosa, el agua y aquella

“Rosa, el agua y aquella historia de amor” 

21

Martes/Setembro

O Ateneo de Pontevedra a librería Metáfora e a editorial Yaugurú convidan a presentación do libro: “Rosa,el agua y aquella historia de amor
Autores: Xosé Lois Lede Abal e Alejandra Torres Torres
Interveñen: Carmen Luna Sellés (Profesora de literatura hispanoamericana), Leonardo guedes Marrero (profesor de historia) e Alejandra Torres Torres (profesora de literatura e Español)
Buena mar

“Buena mar” 

23

Xoves/Setembro

Este Xoves 23 de setembro, o poeta e xornalista Antonio Lucas presenta a súa primeira novela, ‘Boa mar‘ (Alfaguara, 2021) O libro cóntanos a experiencia vivida polo autor cando embarcou nun pesqueiro galego que faena no atlántico Norte, no Gran Sol, un dos caladoiros máis perigosos do mundo.
O autor será entrevistado en directo por Susana Pedreira de OndaCero para logo dar paso ao encontro cos lectores e firma de exemplares. Nacido en Madrid en 1975, Antonio Lucas é un poeta e xornalista español recoñecido con varios premios polo seu labor literario. Estudou Ciencias da información e traballa como xornalista no diario O Mundo como redactor da sección de Cultura. Colabora ademais a cadea SER e RNE. Publicou diversas obras de poesía entre as que destacan Os desenganos, pola que conseguiu o Premio Loewe en 2014 ou Antes do mundo, finalista no Premio Adonáis de poesía en 1995. É autor tamén de libros de non ficción nos que mestura un carácter biográfico con temas de arte. Mar boa é a súa primeira novela: Antonio Lucas elaborou en 2018 unha serie de reportaxes da súa experiencia a bordo dun arrastreiro galego que faena as temibles augas do caladoiro de Gran Sol, un relato ao que lle faltaba a cartografía máis emocional, a viaxe interior que supuxo e que agora transformou en novela

“Se dice poeta” 

24

Venres/Setembro

Se dice poeta  España

97 minutos 2014

21 poetas, nacidas entre 1974 e 1990, dan o seu punto de vista sobre a creación, a difusión, a crítica e a recepción da súa poesía. Prefiren que llas chame poetas. Aínda que sobre todo preferirían que isto non fose un asunto para puntualizar, que non fixese falta.

As 21:00   

Salón García Vilagarcía

Yo soy Norman Bates

“Yo soy Norman Bates” 

24

Venres/Setembro

O escritor Andrés R. Paredes presenta o seu libro ‘Yo soy Norman Bates: Todo sobre la saga Psicosis’ editado por Applehead Team.
En “Yo soy Norman Bates” Andrés R. Paredes analiza unha a unha as películas da saga, aportando detalles e elementos inéditos sobre a franquicia. É un libro imprescindible para quenes queiran comprender como naceu o terror moderno e como evoluciona a través das décadas
As 20:00 

Libraría Paz

Abril

“Abril de Luz Darriba” 

24

Venres/Setembro

Faladoiro coa autora Luz Darriba conducido por Xaime Domíguez Toxo, presidente do Ateneo de Pontevedra e publicada por Belagua Ediciones.
A autora estará acompañada por Edurne Baines e Xaime Toxo.
Da obra
Na vila de Muxía, na máxica Costa da Morte, entrecrúzanse historias de ida e volta atravesadas por décadas de falso ou meditado silencio. Andrea Neumann quere fuxir de canto a feriu nun pasado innomeábel na Arxentina. Luísa está alí, tentando ceibarse da súa caixa de cristal, para lembrarlle que o máis sinxelo é fuxir, porén, o máis doloroso é regresar.
O berro dunha xeración, acalado pola forza bestial dun xenocidio, renace na voz reprimida da seguinte. Non importa canto tempo transcorrese, a verdade máis fonda, coma a auga, atopa sempre o seu curso. E o amor agarda por ela para recollela e aniñala.
Nesta novela, Luz Darriba tece, entre Galicia e o Río da Prata, os fíos dunha manta que nos abeire e nos salve da barbarie. Que salve a Andrea e a Luísa das arremetidas dun escuro mar de dúbidas e mentiras. Dun pasado que esixe reparación e esperanza.
Da autora
Luz Darriba naceu en 1954, en Montevideo. Trasladouse en 1970 coa súa familia a Bos Aires, e vive dende 1990 en Galicia. Filla da diáspora galego-asturiana no Río da Prata, estudou Belas Artes e Filosofía e Letras na Universidade de Bos Aires. Como artista, realizou centos de exposicións, macrointervencións en espazos públicos (como a da Muralla de Lugo, con 659.000 libros) e recibiu numerosas distincións internacionais.
Formou parte do staff permanente de Foeminas, a primeira revista virtual feminista do país (2005-2008). En 2010 retomou a súa vella vocación literaria, e publicou Toda a xente errante, a súa primeira novela (2012), Xoguetes para nenos cegos (2015) e O que o vento non se levou, relatos para espertar a memoria (2016). Recibiu nesta etapa varios recoñecementos, entre eles o Premio Ánxel Fole (2012). Os seus relatos forman parte de moitas antoloxías en España e Latinoamérica (como Bovarismos, antoloxía de relatos escritos por mulleres).
Escribe unha columna semanal en Nósdiario e colabora con distintas publicacións internacionais.
As 20:00 

Espacio Nemonón Villa Pilar

Viaxe aos pasadizos do Paiva

“Viaxe a Portugal” 

25-26

Sábado, domingo/Setembro

ÚLTIMAS PRAZAS para o próximo fin de semana 
633 075 935
Marcha contra a leucemia

Marcha solidaria” 

26

Domingo/Setembro

DESCRIPCIÓN

A“Marcha Solidaria 700 Camisetas contra la Leucemia” é unha iniciativa solidaria que inicióuse no ano 2010 e que simboliza a primeira etapa que David Gil realizóu no ano 2009 (entre Vigo e Pontevedra) e que formaba parte de 10 etapas recorrendo Galicia coa intención de entregar 700 camisetas, que irían destinadas as persoas que a partires dese momento formasen parte do rexistro de donantes de médula ósea na nosa Comunidade. De aí xurdiu o movemento en Facebook “700 camisetas contra la Leucemia” que a día de hoxe seguen casi 18.480 persoas en todo o Mundo.

O seu obxetivo principal é concienciar a  población da gran importancia que ten la donación altruista de médula ósea, de sangue e de sangue do cordón umbilical para persoas con enfermedades hematolóxicas. Invitamos a todas as persoas a formar parte deste pequeno gran reto que inclúe unha mezcla de solidaridade, espíritu de superación e ilusión permanente polo deporte e a aventura. A “XII Marcha Solidaria 700 Camisetas contra la Leucemia” non ten carácter competitivo.

ESTE ANO 2021 debémonos axustar as medidas COVID e nese sentido, as inscripcions están abiertas SÓ a persoas que no momento de realizarse a 12MLeu21:

1.- Acrediten que teñen a PAUTA DE 2 DOSIS DE VACINA o que,

2.- Sin ter esa pauta, poidan ENTREGAR un certificado de PCR NEGATIVO CUN MÁXIMO DE 2 DÍAS DE ANTELACIÓN A  MARCHA o que, 

3.- Haxan pasado a COVID-19 e teñan a PAUTA de 1 DOSIS posta.

*PARA FORMALIZAR A INSCRIPCIÓN É IMPRESCINDIBLE LER E ACEPTAR AS BASES DO REGULAMENTO

As 08:00   

C.C. A Laxe C/ Cánovas del Castillo 1, 36202, Vigo

Roteiros paveros

“Roteiros Paveros” 

26

Domingo/Setembro

Voltan os roteiros Paveros! Unha nova edición que arrinca o domingo 26 de setembro ás 12h. Neste paseo de 90 min de duración percorremos parte do casco vello que rodea a basílica de Santa María e ao remate desfrutaremos dun pincho cunha cervexa Mahou ou viño no Pavero Bar

Ademáis sortearemos unha lata de produtos #Mahou e unha cena para dúas persoas nun restaurante da cidade !

Queres máis información ou anotarte neste paseo único? Escribe a paseapontevedra@gmail.com 

As 12:00 

Basílica de Santa María

Galicia na miña pintura

“Galicia na miña pintura” 

17

Venres/Setembro

Palacete das Mendoza

Exposición de Rosa Crespo Galicia na miña pintura
De martes a domingos de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 os sábados de 15:00 a 19:00 e os domingos só por a mañá
Do 17 de setembro ao 3 de outubro
De 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 

Palacete das Mendoza

Borrón 4

“Borrón 4” 

17

Venres/Setembro

O Concello de Cambados organiza unha exposición no Pazo de Torrado, en homenaxe a Luís Fernández Silvoso. O dono de Borrón 4 foi un dos galeristas de arte contemporánea máis activos de Galicia. O seu labor profesional viuse tristemente truncada coa súa prematura morte, en outubro de 2011
Do 17 de setembro ao 7 de novembro
pont up store

 “Pont-Up Store” 

24/25

Venres e sábado/Setembro

Praza de España
O Pont-Up Store é unha iniciativa aberta a toda a cidadanía cuxo obxectivo é o apoio ao emprendemento e o incremento da cultura emprendedora na sociedade.

No marco do Campus Crea da Universidade de Vigo este encontro é unha decidida aposta pola creatividade e o emprendemento para o desenvolvemento persoal e da sociedade en xeral.

AiFalaches.gal   Marca de deseño que busca por en valor o galego e as súas expresións

Fio de Martié  Deseño, fabricación e venta de complementos de moda, fundamentalmente de cabaleiro
Panda Bohème Marca de papelería exclusiva y de diseño para adultos
Benestar Market Espazo online natural onde comprar produtos sostibles e zero waste.

Essenzo Cacao  Chocolate Bean to Bar feito á man en Galicia 

OFFCONNECTION  Deseño de prendas de roupa e accesorios 

WEET ENERGY & TELECOM, S.L.  Novo operador de telecomunicacións galego. Tamén comercializamos enerxía tanto para mercado residencial como para empresas 

BAIA FERNÁNDEZ DE LA TORRE  Proxecto que consta dun conto ilustrado e un espectáculo de títeres

NAMELAKA  Xeados insólitos e postres artesanais con sabores disruptivos

Helte Design  Organización de vodas e eventos con servizos de co- municación para pequenas empresas

Mii and Loli  Marca de xoias de plata e plata bañada en ouro cun estilo actual, simple e desenfadado

BINK&PLUE  Moda infantil unisex de todas as cores, agás o azul e o rosa 

A Factoría do Lume S. CoopGalega  Elaboración artesán de salsas e produtos picantes. 

LA PARABÓLICA  Cestería, deseño, proxectos colaborativos e accións formativas

Praza de España Pontevedra
Avoa fest

“Avoa Fest” 

17/26

Venres/Setembro

Praza da Peregrina

Entre os días 17 e 26 de setembro haberá diferentes actividades como o Bosque da Memoria, o Desafío Filloa e o Roteiro de Sobremesas. O obxectivo é recuperar o patrimonio culinario da cidade
Avoa Fest 2021 é un evento dedicado ás mulleres que gardaron a memoria culinaria da nosa terra: as avoas.
Entre os días 17 e 26 de setembro, Pontevedra será o escenario desta homenaxe que pretende recuperar o patrimonio gastronómico da cidade a través das receitas familiares.
O venres 17 inaugurarase o festival na Praza da Peregrina, ás 12:00 horas, coa presentación do Bosque da Memoria. A cidadanía poderá acudir á instalación, que estará dispoñible ata o día 26, e colgar das árbores as súas homenaxes persoais: fotos, debuxos ou cartas dedicadas ás súas avoas. Nesa carpa tamén haberá unha caixa de correos de receitas tradicionais. O obxectivo é crear un receitario común de Pontevedra, rescatando os ensinos que sobreviviron de xeración en xeración. El Bosque non será a única actividade do Avoa Fest;
o sábado 18 celebrarase o Desafío Filloa, un concurso onde netos e avoas competirán por preparar as mellores filloas. Desde o Concello pontevedrés animan a enviar a través de redes sociais un vídeo coa candidatura. O xurado estará composto polos cociñeiros e cociñeiras de Banda Cociñas de Pontevedra. O equipo gañador recibirá a Culler de madeira gravada. Outro dos pratos fortes do festival será o Roteiro de Sobremesas dá Avoa. Os hostaleiros da cidade serán partícipes incluíndo nas súas cartas unha sobremesa que herdasen das súas avoas. A Concellería de Promoción Económica difundirá un folleto para dar a coñecer a proposta de establecementos. O Avoa Fest pechará a súa edición
o día 26 de setembro cun taller de sobremesas tradicionais coa participación das mulleres maiores da residencia Saraiva.
As 12:00 

Varios enclaves da cidade

Do final e do comenzo

“Do final e do comezo” 

10

Venres/Setembro

Pazo da Cultura Pontevedra

O Pazo dá Cultura de Pontevedra acolle desde este venres unha nova edición de Do final e do comezo, a exposición na que a Facultade de Belas Artes reúne cada ano unha selección de obras realizadas polos novos titulados como parte dos seus traballos de fin de grao. Coas profesoras Covadonga Barreiro e Sonia Tourón, a mostra reúne as obras de 38 alumnos e alumnas.

Os artistas que participan son Nahir Álvarez, María Barca, Mateo Barcia, Doira Barrio, Rosalía Belo, Carolina Bouza, Sara Camaño, Noa Castro, Lara Cores, Susana Díaz, Pepe Eiras, Bea Fernandes, Carla Fernández, Helena Fernández, Nuria Ferreiro, Laura Ferro, Uxía Francisco, Ana Gómez, Daniel Jácome, Ricardo Lede, Manuel Lema, Lucía Lobelle, Nicolás López, Alba Matilla, Sabela Mato, Anubis Muñoz, Cora Novoa, Ana Núñez, Beatriz Paniagua, Laura Pérez, Wêdyla Rodrigues, Andrea Rodríguez, Samuel Rodríguez, Sofía San Claudio, Aarón Santos, Ruth Vidal, Luís Villanueva e Antón Yáñez.

De martes a sábado estará aberta de 18 a 21 horas. Ademais, os sábados e os domingos tamén de 12 a 14 horas

Ata 26 de setembro

Pazo da Cultura

virgen

“Visita guiada” 

26

Domingo/Setembro

Edificios Castelao e Sarmiento

Museo de Pontevedra A Virxe Branca é unha das pezas nas que nos detemos durante as visitas guiadas gratuítas que vos propoñemos todos os domingos e que inclúen tamén explicacións sobre o Tesouro de Caldas, a xeración doente, a louza de Sargadelos, os renovadores e Castelao. Se queres participar neste percorrido inscríbete en educación.museo@depo.es

De Renoir a Sorolla

Mulleres. De Renoir a Sorolla” 

9

Luns/Agosto

A exposición ‘Mulleres. De Renoir a Sorolla’ podes visitala pola túa conta ou participar nas visitas guiadas que realizamos os xoves ás 18.00 h e os sábados ás 12:00 h. Iso si, terás que reservar praza porque son limitadas. Escribe a educacion.museo@depo.es

Ata 17 outubro

Museo de Pontevedra

Cuentos móviles

‘Pop- up. Libros móbiles e despregables” 

10

Martes/Agosto

Exposición ‘Pop- up. Libros móbiles e despregables

O alemán Lothar Meggendorfer foi un dos artífices do que se coñece como a época dourada dos libros despregables. No #edificioCastelao podedes ver unha das súas obras, un exemplar de ‘Le grand cirque international’, que estivo exposto na Biblioteca Nacional de España e do que tan só coñécese outra peza máis no mundo. Unha pequeña xoia de 1887.

Ata 12 outubro

Museo de Pontevedra

Matamoro

“A mirada acesa”

4

Venres| Xuño

Inaguración da exposición « A mirada acesa«,  de Din Matamoro 

Para a súa primeira exposición no MARCO, Din Matamoro (Vigo, 1958) toma como punto de partida unha célebre premisa de Kandinsky: “O branco é o gran silencio cheo de cousas posibles”. Esta mostra reúne unha selección da súa obra dos últimos anos, centrada no estudo da cor, acompañada doutras pezas de épocas anteriores que, como todo o traballo deste artista, implica todo un ensaio sobre a percepción, os seus mecanismos e emocións. A intención é que a súa obra se vexa íntima, completa, que o espectador poida sentir a aparición e a aproximación lenta da cor na súa mirada, a enerxía interior que hai detrás da pel de cada pintura, gardando entre elas un espazo xeneroso.

Pinturas que se moven, que non se conxelan no tempo despois de seren pintadas, que conservan un latexo, unha enerxía que se despraza ante a ollada, sutilmente, como a luz cenital ao longo do día, ou a luz e as cores que se moven nas pantallas de cine. Se nos paramos a contemplar, a cor cambiará de intensidade e descubriremos o seu carácter intimo, certo misterio, a súa forza interior e, a un tempo, o tráxico cósmico no que o humano non é máis ca un eco, unha resonancia.

Do 4 de xuño ao 7 de novembro. 

Curso cerámica

Taller de “pintura y cerámica” 

13

Luns/Setembro

Sala de exposicións do GRANERO DELMAS
Talleres de pintura e cerámica e moito máis

No granero Delmás, cursos de papel maché, escaparatismo, restauración de porcelana, restauración de mobles etc

Apuntarse no teléfono 619432721
Sala de exposicións do GRANERO DELMAS

Galerias Oliva 2 espacio 15

clubs de lectura

 “Clubs de lectura” 

20

Luns/Setembro

En outubro comeza de novo a actividade dos clubs de lectura da Biblioteca Pública de Pontevedra.

 Club “Voz de muller” luns alternos desde o 4 de outubro de 19.00 a 20.00 h.

 Club de francés martes alternos desde o 5 de outubro de 19.00 a 20.00 h.

Club de castelán todos os mércores desde o 6 de outubro de 17.00 a 18.00 h.

Club de galego xoves alternos desde o 7 de outubro de 19.00 a 20.00 h. Prazo de inscrición inicial: do 21 ao 27 de setembro (só permitirase a elección dun club por persoa)

20 de setembro: xornada presencial en horario de 9.00 a 14.00 h e 16.00 a 20.45 h na administración da biblioteca (2º piso).

Do 21 ao 27 de setembro : inscrición a través deste formulario web. Segundo prazo: aberto todo o ano a partir do 28 de setembro Neste prazo poderán facerse solicitudes a calquera club, independentemente de que xa se dispoña de praza noutro. As solicitudes serán a través de formulario web. As prazas cubriranse por estrita orde de petición. As solicitudes que queden sen praza formarán unha lista de reservas con vixencia durante esta etapa 2021/2022

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥