Noches

“Noches” 

21

Luns/Novembro

Presentación do libro “Noches” de Alfredo Marques no auditorio do IES Sánchez Cantón.

Entrada de balde ata completar capacidade.

Ás 12:50 horas
Ies Sánchez Cantón Pontevedra

“Querida Sara” 

21

Luns/Novembro

“Querida Sara de Patricia Franquesa

No marco do ciclo de cinema documental Docs do Mes, o Vicerreitorado do campus de Pontevedra acolle a proxección de Querida Sara , película na que a directora Patricia Franquesa retrata a vida da primeira taxista afgá. Un emotivo retrato de Sara, a primeira taxista de Afganistán, unha muller poderosa que rompe as barreiras patriarcais. Un testemuño dunha realidade que xa non existe. O relato circular da historia vital de Sara vira do medo ao amor e do amor ao medo. Un testemuño dunha realidade que xa non existe.

Ás 20:00 horas.
Casa das Campás Pontevedra
Kalami

Kalami

21

Luns/Novembro

Amada Traba e Sara Torres

No marco do ciclo Músicas para reCREAr, a Vicerreitoría do campus de Pontevedra e a Concellería de Promoción Económica e Universidades promoven un concerto do grupo de percusión Kalani no Teatro Principal. Coa apertura de portas programada para as 20.30 horas, o evento conta con entrada libre ata completar a capacidade do teatro.

Ás 21:00 horas.
Teatro Principal de Pontevedra
Ósos, cacharros, clausura e chocolate

“Ósos, cacharros, clausura e chocolate” 

22

Martes/Novembro

Conferencia proxectada pola Deputación de Pontevedra na igrexa de Santa Clara 

Ósos, cacharros, clausura e chocolate. Primeiros resultados da excavación en Santa Clara“. Rafael M Rodríguez Martínez (director do proxecto) e Israel Picón Platas (codirector da intervención).

 Ás 19:30 horas
 Convento de Santa Clara, Pontevedra

“Diante de tí” 

22

Martes/Novembro

Diante de ti de Hong Sang-soo 85’ corea 2021

Hai uns días, unha veterana actriz regresou ao seu país, Corea do Sur, e irrompeu en casa da súa irmá. Un cineasta, algúns anos máis novo que ela, pediulle que se una ao seu proxecto e, tras unha amable negativa, acordaron reunirse por primeira vez. O centro de Seúl está cheo de estreitas callejuelas que albergan diminutos bares antigos, e aí é onde se atopan. Mentres se emborrachan, chove e truena repentinamente

Ás 20:30 horas.
Teatro Principal Pontevedra
Luis Boullosa

“Diez maneras de amar a Lana del Rey”

23

Mércores/Novembro

Luis Boullosa presenta o seu novo libro “Diez maneras de amar a Lana del Rey. Una investigación pop”. O autor conversará con Manuel P. Lourido

A entrada é libre e gratuíta, ata completar aforo.

Ás 20:00 horas.
Libraría Paz Pontevedra
Faladoiros

“Faladoiros feministas”

23

Mércores/Novembro

Faladoiro Feminista, sobre pornografía e prostitución, na Casa das Campás.
Agardámosvos!!

A entrada é libre e gratuíta, ata completar aforo.

De 19:00 a 20:30 horas.
Casa das campás Pontevedra
paredes

“Cando as paredes falan” 

23

Mércores/Novembro

Conferencia proxectada pola Deputación de Pontevedra na igrexa de Santa Clara.

Cando as paredes falan“. Dr. Victoriano Nodar, sobre lectura de alzados e paramentos interiores e exteriores dos edificios.

 Ás 19:30 horas
 Convento de Santa Clara, Pontevedra
Charla-coloquio

“Susana Sanches Arins” 

24

Xoves/Novembro

O Departamento de Galego da EOI de Pontevedra convídate o xoves 24 de novembro ás 19:00 horas ao coloquio-charla coa escritora Susana Sanches Arins, membro e impulsora da plataforma de crítica feminista A Sega e presidenta da organización non gobernamental Implicadas no Desenvolvemento.

Anímate, contamos contigo!

Ás 19:00 horas. 
Salón de acos da EOI Pontevedra
irmandiña

“Irmandiña” 

24

Xoves/Novembro

Este xoves 24, ás 19h. teremos a El Guardian de las Flores- Rober H. L. Cagiao presentando a súa nova novela A irmandiña.
Agardamos impacientes!
Ás 19:00 horas.
Librería Nobel Pontevedra

“Antigona”

24

Xoves/Novembro

Fundación Cuña-Casasbellas

ANTIGONE”, de Sophie Deraspe (2019, Canada) 109’

A pesar do drama que rodea a inmigración da súa familia, Antigone adaptouse ben á vida norteamericana. Coa súa irmá Ismene, os seus irmáns Eteocles e Polynices, e a súa avoa Menoeceus, a adolescente vive unha vida modesta pero relativamente tranquila nun barrio obreiro de Montreal. A traxedia golpea de novo á familia cando o irmán maior de Antigone, Eteocles, é asasinado inxustamente a policía durante o arresto do seu irmán Polynices, un traficante de pouca sonada

A entrada a todos os actos é libre e gratuíta, ata completar aforo.

Ás 20:00 horas.
Sala Versus de Pontevedra
Mesa redonda

“Emprendemento e motivación” 

24

Xoves/Novembro

O vindeiro xoves 24 de novembro terá lugar a mesa “Comezar, chegar e continuar” sobre emprendemento e superación reunirá a Teresa Portela, Sofía ToroDefreds no Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo.

Aínda que principalmente orientado ao alumnado da UVigo, trátase dun coloquio aberto a toda a cidadanía, para o que será preciso realizar unha inscrición previa enviando un correo electrónico á dirección contacto@clinicason.com, no que figuren nome e apelidos, número de teléfono e DNI. As e os integrantes da comunidade universitaria deberán tamén achegar un “documento xustificativo” da súa relación coa institución, tendo preferencia na inscrición no caso de que se complete a capacidade da sala. 

Ás 20:00 horas.
Casa das campás, Pontevedra
Silverio Rivas

“Silverio Rivas” 

24

Xoves/Novembro

Inauguración da exposición ‘Silverio Rivas. Eloxio do silencio‘, na que traza un percorrido pola obra do escultor ponteareán, que, a piques de cumprir 80 anos, se mantén en activo como un dos grandes referentes da escultura galega contemporánea.

A exposición presenta arredor de 60 pezas de Silverio Rivas que cubren a súa produción artística desde os inicios na abstracción nos anos 70 do pasado século ata os seus traballos actuais, entre as estruturas xeométricas e a creación a partir de obxectos cotiáns atopados ao azar.

Inauguración día 24 ás 19:00 horas

Do 24 de Novembro ao 5 de Febreiro 2023
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Pontetapas

“Pontetapas” 

24

Xoves/Novembro

Volve o Ponte de Tapas a Pontevedra.

Do xoves 24 de novembro ao domingo 4 de decembro

  Varios locais da cidade de Pontevedra
conservación

“XI Encontro de conservación e restauración” 

24,25

Xoves,venres/Novembro

Nas salas de reserva dos museos é onde comeza a conservación, e están en proceso de redefinición: novos deseños, centros que dan servizos a varias institucións, almacéns visitables… De todo isto falarase no Museo o 24 e 25 de novembro no XI Encontro de Conservación e Restauración, con representantes do Museo Reina Sofía, MARQ. Museo Arqueológico de Alicante, Gordailua, Museo de Málaga, Rijksdienst voor het Cultureel Erfgoed (Países Baixos), Centre de conservation et d’étude de Lorraine (Francia), MUHBA Museu d’història de Barcelona, Albayalde conservatio, EUN Group e Centre de Restauració de Béns Mobles de Catalunya CRBMC. Un encontro organizado polo Museo de Pontevedra e a Escola Superior de Conservación e Restauración de BBCC de Galicia.

Inscricións gratuítas abertas en https://encontrorestauracion.depo.gal.

​Edificio Castelao do Museo Pontevedra
Escola de enerxia

“Escola de enerxía” 

25

Venres/Novembro

*Aberto ao público inscripción previa*
Telf. 698 124 762.
*Charla informativa*
*MERCADO ENERXÉTICO LECTURA DE Facturas*
*BONO SOCIAL (descontos na tarifa da luz)*
Ás 11:00 horas.
Fundación Cuña-Casasbellas Pontevedra

“Beautiful Girls” 

25

Venres/Novembro

Beautiful Girls 1996 113’ Ted Demme

A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de Beautiful Girls 1996 113’ Ted Demme nunha nova sesión do ciclo de cinema …Ten un tesouro.

 Para asistir a unha reunión de antigos alumnos do instituto Willie Conway, un mozo de 29 anos, regresa ao seu fogar na pequena cidade de Knights Ridge. Alí terá tempo para reflexionar sobre o seu futuro, sobre a mocidade que se acaba. O dilema que ten #ante si non é fácil: ser pianista ou representante de vendas. Ao mesmo tempo, Willie reconsidera a súa relación coa súa noiva Tracy

Ás 19:00 horas.
Vicerreitoria  Casa das Campás Pontevedra
Todo chega desde o mar

“Todo chega desde o mar” 

25

Venres/Novembro

O Ateneo de Pontevedra organiza un relatorio arredor da novela Todo chega desde o mar, de Santiago Ferragud, publicado por Medulia Editorial.

O acto terá lugar o vindeiro venres 25 de novembro, ás 20 horas, no Espazo Nemonon. O autor estará acompañado por Manuel Bragado.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Ás 20:00 horas.
Espazo Nemonón. Pontevedra
Manuel Cuña por Albatros

“Recital poético musical” 

25

Venres/Novembro

Fundación Cuña-Casasbellas

Homenaxe ao poeta Manuel Cuña Novás

… La sed estaba en la tierra, y para la sed el agua.

Hicieron del agua sed, y de la sed gota falsa…

Recital poético-musical

A entrada a todos os actos é libre e gratuíta, ata completar aforo.

Ás 20:15 horas.
Sala Versus de Pontevedra
Continuo

“Continuo” 

25

Venres/Novembro

“Continuo”. Alberto Pena. Comisaria: Elena Bangueses.

En Continuo, Alberto Pena presenta unha instalación pictórica que cobre practicamente a totalidade da parede do espazo expositivo. Os seus lenzos, así presentados, convídannos a mergullarnos nos fractais da súa visión artística. Se nos permitimos somerxernos na escala sublime das obras, poderemos ver aflorar temas que van máis alá das dualidades contraditorias do natural e do artificial, do espazo positivo e negativo, do orgánico e do xeométrico, así como entre a abstracción e a representación. Aínda que calquera destas tensións pode constituír o núcleo dunha investigación artística, a última liña de traballo de Alberto Pena agroma cando atopamos as claves que conectan as pezas

​Ás 11:00 horas
Pazo da cultura Pontevedra
Enfiando

“Enfiando Lecturas” 

25

Venres/Novembro

Conversa. Enfiando lecturas coa Libraría Paz.

 Conversa. Enfiando lecturas coa Libraría Paz. Enfiando lecturas é unha actividade de conversa con autoras de narrativa, poesía, ensaio e banda deseñada en colaboración con catro editoriais independentes: Néspera, Chan da Pólvora, Euseino? e Demo. Con Sica Romero, autora de Avelaíñas eléctricas, Mercedes Martínez Modroño, de A falta dun Edén, a terra,  Inma Otero Varela, autora de O obxecto muller e o xiro ontolóxico, e Ángela Curro, de Baixo o pantano. Conduce a conversa a xornalista Chus Gómez Dorrego.

​Ás 17:30 horas
Pazo da cultura Pontevedra
Culturdanza

“Culturgal Danza” 

25

Venres/Novembro

Noite de danza no culturgal. Credo de Nova Galicia Danza + A raiz de con Daniel Rodríguez.

Faino o venres 25 de novembro ás 21h cun espectáculo dobre que pon ao límite a linguaxe corporal 
Nova Galega de Danza, compañía de referencia na danza galega do século vinte e un, trae á Feira “Credo”, peza na que bota man da poesía de Celso Emilio Ferreiro para acompañar o camiño vital do ser humano.
Ademais, o porriñés Daniel Rodríguez presenta na Culturgal “A raiz”, proxecto premiado en SóLODOS En Danza Ourense 2022.
Xa podes mercar as entradas en cultur.gal Teñen un prezo final de 8 euros, que inclúen visita á Feira. Duración espectáculo: 45 minutos

A 15ª Culturgal celébrase en Pontevedra do 24 ao 27 de novembro.

​Ás 21:00 horas
Pazo da cultura Pontevedra
Reconexión

“Reconexión” 

26

Sábado/Novembro

Curso taller Movemento creativo. Xogar para activar o potencial, liberarte e provocar un estado de benestar interno.

www.baiafernandez.es 

Inscribirse Prezo 40 euros

Máis información info@baiafernandez.es

teléfono 674 447 564

De 10:00 a 14:00 horas
Lérez Pontevedra
Maquetación
Facilitación

“Facilitación gráfica” 

26

Sábado/Novembro

Curso taller Facilitación Gráfica. Inscripción gratuita e información: visuallyprojects@gmail.com

Máis información de Sibila Sibila.art

De 10:00 a 13:30 horas
Espacio Arroelo Pontevedra
norarte

“42º Noroarte” 

26

Sábado/Novembro

Este sábado a partir das 18:00, organizamos unha cata de cervexa artesanal, para dar a coñecer o noso novo espazo expositivo gratuito e a obra do grupo galeoska, que son unha asociación de artistas que están expoñendo neste momento

A cata ten un prezo de 9 €, e pódese confirmar asistencia ata o xoves 24
Encantaríanos que poideras vir e dar apoio á masa artística de Pontevedra
Ás 18:00 horas
Eduardo Pondal nº 5 Pontevedra
obradoiro de coiro

“Caligrafía artística” 

26

Sábado/Novembro

Curso taller de caligrafía artística impartido por Nelson Gómez Callejas.

Non se require experiencia previa

Materiais incluidos

Máis información granerodelmas@gmail.com

teléfono 619432721

De 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00
Granero Delmás Pontevedra
Jazz

“Luzada” 

26

Sábado/Novembro

A Concellaría de Festas en colaboración co Seminario Permanente de Jazz propoñen catro concertos nos meses de novembro e decembro que se celebrarán os sábados a partir das 12.30 horas na praza da Peregrina.

Sábado 26 de Novembro Iago Fernández “Luzada”” 

Iago Fernández: batería José Pedro Coelho: saxo tenor Miguel Meirinhos: piano Demian Cabaud: contrabaixo 

Iago Fernández é un baterista que toca e compón como se estivese a escribir poesía. Non sorprende que o galego sexa chamado “drum poet” (poeta da batería), especialmente porque escribe poemas e pinta mundos visuais coloridos, para além da sua premiada batería. Nesta manifestación artística, Fernández explora o seu eu interior e lida coa esencia da súa psique. Un acto de equilibrio entre o sol e o océano, claro e escuro, igualmente audible nas composicións do residente en Suiza. O seu espectro vai do jazz a Radiohead e da música clásica á música popular galega e brasileira, gravada en catro álbums con colaboradores como Mark Turner, Yumi Ito e Xan Campos. A nova obra, “Luzada”, será publicada o 25/11/2022 e, segundo a R.A.G., ten dous belos significados: “luz desprendida por un corpo, propia ou reflectida” e “a primeira luz do día, cando sae o sol”. 

A partir das 12:30 horas
Praza da Peregrina, Pontevedra

“Eles tranportan a morte”

26

Sábado/Novembro

Eles transportan a morte”, de Helena Girón e Samuel M. Delgado  (2021, España) 76′

1492 Entre a tripulación de Cristóbal Colón viaxan tres homes que xa deberían morrer. Conseguiron evitar as súas condenas participando na incerta viaxe, pero ao chegar ás Illas Canarias, foxen cargados cunha das velas da embarcación. Mentres, no Vello Mundo, unha muller trata de salvar á súa irmá moribunda, coa esperanza de que unha curandeira poida axudala. Ambas as viaxes tratan de burlar á morte. Ambas as viaxes están a mercé do tempo e da Historia. Mercar entradas 

De 19:30 a 21:30 horas.
Culturgal. Pazo da Cultura de Pontevedra
culturgal

“Culturgal Son” 

26

Sábado/Novembro

A noite do sábado 26 de novembro, Culturgal vai de festival. Catro propostas rebordantes de enerxía e talento, ao vivo no escenario do Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra para celebrar os 15 anos da Culturgal. Antía Muíño, Néboa, Berto e Grande Amore toman a Feira como un furacán pechando un ano que, sen dúbida, é o seu ano. Electrónica, pop e tradición; a diversidade da música galega de hoxe nunha sesión única e singular. As entradas para #CulturgalSon15 sairán á venda o vindeiro 27 de outubro en cultur.gal a un prezo de 8 euros que inclúe, ademais do concerto, o acceso á Feira. A 15ª Culturgal celébrase en Pontevedra do 24 ao 27 de novembro.

​Ás 20:00 horas
Pazo da cultura Pontevedra
María do Ceo

“María do Ceo” 

26

Sábado/Novembro

O Ateneo santa Cecilia Marin organiza para o sábado 26 de novembro un concerto coa actuación da fadista Maria do Ceo  no Templo Vello de Marín.

 Ás 20:30 horas
Templo Vello de Marín
Andaina pola igualdade

“Andaina pola igualdade” 

27

Domingo/Novembro

Concello de Caldas de Reis

O CONCELLO CALDAS DE REIS organiza a 4ª ANDAINA POLA IGUALDADE E CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO Domingo, 27 de novembro Saida as 10,00 h – Avda. Roman Lopez Ruta circular de 13km, dificultade media/ baixa Tope: 250 prazas ( 2€ Seg. accidentes en cuenta de naturgaliza club ES82 2080 3116 0330 4000 8694) Inscripcions ata as 14h do día 25 de Novembro (nome apellidos-dni-fecha nacemeto e teléfono) Email: inscripcionesnaturgaliz@gmail.com 625482636 Presencialmente na tienda de sendeirismo colaboradora Naturcamiña enfrente da igresia da Peregrina en Pontevedra 

Ás 10:00 horas
Naturcamiña Pontevedra
exposición

“Barcos de pedra avións de madeira” 

13

Domingo/Novembro

Carmen Hermo

Barcos de pedra e avións de madeira” e a proposta da exposición de Carmen Hermo que poderemos visitar a partires deste domingo a hora do vermú no espazo Nemonón en Villa Pilar. Inauguración ás 13:00 horas

 Do 13 de Novembro ao 9 de Decembro
​Espacio Nemonón Pontevedra
fuego de logo

“Fuego de lodo” 

12

Sábado/Novembro

Exposición colectiva “Fuego de lodo” na RAC fundación comisariada por Nono Bandera expoñen Marcos Covelo, Chelo Matesanz e Mar Ramón Soriano
Do 12 novembro ao 2 de decembro

 Do 12 de Novembro ao 2 de Decembro
​Fundación RAC Pontevedra
Mario Iglesias

“Exposición Pictórica:Mario Iglesias” 

11

Venres/Novembro

Exposición pictórica de Mario Iglesias González. Esta exposición consta de obras realizadas desde 2015 ata a  actualidade.

A principios de 2022, froito dun forte desexo de cambiar por completo de rexistro, prodúcese un cambio radical de temática e estilo, ata o punto de parecer obra doutro pintor. Por iso a mostra parecerá compartida, pero non o é, é a mesma obra, que, evolucionando cos anos cara a unha sorte de surrealismo fortemente narrativo, (como ilustracións de historias nunca contadas), de súpeto dá un salto cara atrás e tenta recupera a liberdade de trazo e a procura de expresividade dos primeiros tempos, só coa mirada de agora, corenta anos despois.

Mario Iglesias estudiou Belas Artes na Facultade de BBAA de Pontevedra, onde especializóuse en escultura e compaxina a súa dedicación as artes plásticas coa cinematografía e a docencia.

Do 11 ao 30 de novembro
Liceo Casino de Pontevedra 
Sombras atlánticas

“Sombras atlánticas” 

4

Venres/Novembro

“Sombras atlánticas. Retratos da arte galega” é unha exosición de Anxo Cabada.

Un diálogo coas persoas creadoras da beleza do país: ese é o desafío que presenta ‘Sombras atlánticas. Retratos da arte galega’, unha exposición na que o fotógrafo Anxo Cabada Alvarez se centra nalgúns dos rostros da pintura e a escultura que marcaron o devir da arte en Galicia nos últimos 50 anos. A mostra inaugurarase o próximo venres 4 de novembro ás 19.00 h, e poderá visitarse ata o 15 de xaneiro no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.

Entrada libre e de balde ata completar aforo

Ata o 15 de xaneiro 2023
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
camiño

“O museo en camiño” 

27

Xoves/Outubro

A partir deste xoves o proxecto do #museoencamiño converterase nunha mostra didáctica onde se verá plasmada a importancia patrimonial e artística do Camiño de Santiago.
Esta mostra contén contidos referentes a Ruta Xacobea ademais da visión dos participantes nos obradoiros familiares.
Desta maneira móstranse as posibilidades dun modo de traballo no que a expresión plástica é o medio de transmisión do coñecemento.
A inauguración terá lugar o 27 de outubro no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra e poderá visitarse ata o 27 de novembro.
 Do 27 de outubro ao 27 de novembro
Edificio Castelao do museo de Pontevedra
Pop art

“This is Pop!”

22

Xoves/Setembro

Afundación expón no Café Moderno de Pontevedra This is pop. Dás latas de Andy Warhol ás túas, unha recompilación de 63 producións de preto dunha trintena de artistas que abordan a arte pop desde as súas orixes nos anos cincuenta ata os nosos días. Deste xeito, nomes como os de Andy Warhol, Roy Lichtenstein, Robert Rauschenberg, ou Eduardo Paolozzi únense aos de Richard Hamilton, Peter Blake, Yayoi Kusama, Eduardo Arroyo, Rafael Canogar ou Damien Hirst, entre outros.

Ademais ten o seu punto solidario, ao convidarte a participar de #CulturaporAlimentos: traes produtos non perecedoiros e axudas os bancos de alimentos locais! As túas latas tamén contan!

Ata o 14 de Xaneiro 2023
Café Moderno. Pontevedra

Xa podes anotarte

Tino Riveiro

“Tino Riveiro”

1

Xoves/Decembro

Granero Delmás, Pontevedra

Tino Riveiro, exposición

Antón Sobral e Pilar Delmás comprácense en invitarlles á presentación da exposición “Dúas décadas de traxectoria creativa e pictórica” do artista vigués Tino Riveiro.

Inauguración o xoves 1 de decembro de 19:30 a 21:00 horas nas galerias Oliva local nº 5

Do 1 ao 31 de decembro 2022
Granero Delmás Pontevedra
Ay Carmela

“Ay Carmela!”

1

Xoves/Decembro

¡AY CARMELA! ​1 h 40 min

“Unha obra na que a soidade, o medo e a inxustiza van da man da añoranza, a complicidade, o amor e a memoria” Carmela volve unha e outra vez. Volve o seu recordo contra o esquecemento. Evocámola para que o seu espírito non se perda no cómodo mundo da indiferenza. Volve alertarnos, a gritarnos coa súa presenza que o ovo da serpe, que sempre estivo aí, está a romperse. “Pobre país que necesita heroes”. E nós collemos aire coa maior alegría e profundidade posibles para volver suspirar: !Ai, Carmela!.

DRAMATURGIA Y DIRECCIÓN: José Carlos Plaza
REPARTO: María Adánez, Pepón Nieto
Producciones Faraute Compañía Miguel Narros y Pentación

mercar entradas 

Ás 20:30 horas
Auditorio Sede Afundación Pontevedra
As alumnas

“Ás Alumnas”

1

Xoves/Decembro

Teatro Principal

Ás alumnas! ​ESPECTÁCULO TEATRAL: 

As Alumnas DE CULTURACTIVA PRODUCIÓNS Esta obra teatral, dirixida por Fina Calleja e interpretada por Mónica Caamaño e Anabell Gago trata sobre a figura da pedagoga galega María Barbeito e sobre como o franquismo significou un enorme retroceso na educación do Estado, especialmente para as mulleres. A educación, peza fundamental no desenvolvemento e na liberdade das persoa é o eixo fundamental da obra. As dúas personaxes femininas representan dous casos concretos de mulleres no marco histórico anterior e posterior á Guerra Civil, que nos levan a tocar as transformacións sociais do momento.

mercar entradas 

Ás 21:00 horas
Teatro Principal de Pontevedra
Luis Pastor

“Luis Pastor”

2

Venres/Decembro

Teatro Principal

Luís Pastor EN CONCERTO CO ESPECTÁCULO “GRÁNDOLA DE MI QUERER” Luís Pastor é un dos cantautores máis salientables do estado. Destaca polas súas cancións de temática protesta, coas que xa enchía espazos cando aínda non era recoñecido e tocaba en igrexas do seu barrio, centros xuvenís ou reunións de amigos durante a época da dictadura. Grándola de mi querer é un espectáculo de de resonancias revolucionarias e libertarias en recordo á mítica canción “Grândola, Vila Morena” coa que se iniciou a revolución dos cravos. O espectáculo está cheo de sensibilidade e poesía.  

mercar entradas 

Ás 21:00 horas
Teatro Principal de Pontevedra
Encerrona

“Encerrona”

3

Sábado/Decembro

Teatro Principal

REPRESENTACIÓN TEATRAL: “Encerrona” de Pepe Viyuela Ás 21.00 h no Teatro Principal

Encerrona DE PEPE VIYUELA Na súa clásica Encerrona, Pepe Viyuela preséntanos unha reflexión sobre o cotián desde a perspectiva do pallaso. O protagonista vive a experiencia de quedar atrapado nas táboas: cando entra en escena, non sabe onde se está metendo. O personaxe enganado entra alí porque lle indicaron ese camiño, e atópase co público. El non vén actuar pero vese obrigado a iso. O terror ás miradas dese público lévao a querer escapar, a buscar unha saída. Pero alguén invisible impídelle escapar e obrígao a permanecer no escenario, enfrontándose a eses ollos que non se arredan del. 

mercar entradas 

Ás 21:00 horas
Teatro Principal de Pontevedra
Gala solidaria

“Gala solidaria”

4

Domingo/Decembro

Teatro Principal

Gala polo Sáhara DE PALLAS@S EN REBELDÍA 

Nesta xornada de peche a prol da loita do pobo saharauí, as persoas asistentes poderán gozar de música, teatro e circo da man de artistas como a cantante Uxía; o grupo Dakidarría, que ofrecerá un concerto en formato íntimo; o cantante, compositor de rap e defensor dos dereitos humanos Yslem Hijo del Desierto e a actriz Isabel Risco. A gala estará presentada pola tamén actriz Andrea Bayer da compañía Baobab Teatro.

mercar entradas 

Ás 19:00 horas
Teatro Principal de Pontevedra

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥