Augal

“AuGAL” 

22

Luns/Novembro

Facultade de Ciencias Sociais

A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación no campus de A Xunqueira acollerá entre os meses de novembro e decembro o ciclo AuGAL, MasterClass do Audiovisual Galego, có que se pretende “achegar ao alumnado e á cidadanía os procesos de traballo do audiovisual”, en palabras do vicerrector Jorge Soto.

Cortometraxe, formato vivo

Selección: SHORTS FROM GALICIA 2021
(Catálogo de promoción editado pola Xunta)

A LOBA | Iria Silvosa
AUGAS ABISAIS | Xacio Baño
HOMELESS HOME | Alberto Vázquez
OS CORPOS | Eloy Domínguez
LA PENUMBRA | Dani Viqueira

Coloquio coa autora e autores

De 16.00 ás 20.00 h

Facultade de Ciencias Sociais

Patria

“Patria” 

22

Luns/Novembro

Aramburu nos distingue con su corta visita a Cronopios Pontevedra para poder firmar ejemplares de sus libros a todos los lectores que se acerquen. Sabemos lo mucho que os gustó su novela Patria (Tusquets, 2016), uno de los fenómenos literarios de los últimos años que ha recibido innumerables reconocimientos del público y de la crítica, traducida a 34 lenguas y convertida en prestigiosa serie por Aitor Gabilondo para HBO. Cinco años después, Los vencejos, ácida y enternecedora, es su nueva obra maestra, una novela que lo confirma como uno de los mejores escritores europeos.

Senlleiras

“Senlleiras” 

22

Luns/Novembro

Faladoiro con Lucia Yañez Senlleiras na biblioteca as 19:00, necesaria inscripción previa na páxina web da biblioteca 

Fernando Aramburu

“Fernando Aramburu” 

22

Luns/Novembro

Dialogo literario con Fernando Aramburu autor dos vencejos,  na sede de Afundacion.

Os vencejos publícase despois do rotundo éxito de Patria contando a historia de Toni, un profesor de instituto enfadado co mundo que decide poñer fin á súa vida. Meticuloso e sereno, ten elixida a data: dentro dun ano. Ata entón cada noite redactará, no piso que comparte coa súa cadela Pepa e unha biblioteca da que se vai desprendendo, unha crónica persoal, dura e descreída, pero non menos tenra e humorística.

«No me gusta la vida. La vida será todo lo bella que afirman algunos cantantes y poetas, pero a mí no me gusta. Que no me venga nadie con alabanzas al cielo del ocaso, a la música y a las rayas de los tigres. A la mierda toda esa decoración. La vida me parece un invento perverso, mal concebido y peor ejecutado. A mí me gustaría que Dios existiera para pedirle cuentas. Para decirle a la cara lo que es: un chapucero. Dios debe de ser un viejo verde que se dedica desde las alturas cósmicas a contemplar cómo las especies se aparean y rivalizan y se devoran las unas a las otras. La única disculpa de Dios es que no existe. Y aun así yo le niego la absolución.»

Inscríbete xa e consigue a túa entrada a cambio de alimentos! 

As 19:30 
Afundación

“Lobster Soup” 

22

Luns/Novembro

“Lobster Soup” de Pepe Andreu Ibarra e Rafa Molés Vilar 2020 97′

Lobster Soup, un documental dos directores e guionistas Pepe Andreu Ibarra e Rafa Molés Vilar, centrado no café Bryggian, “o alma da vila máis gris de Islandia”.

O café Bryggjan acolle a vellos pescadores, historias de mortos e músicos tolos. É a alma do pobo máis anodino de Islandia. Krilli prepara a sopa de lagosta. O seu irmán Alli senta cos vellos pescadores, o último boxeador da illa e o tradutor do Quixote ao islandés. Cada día atopan unha nova solución para os problemas do mundo. Algún turista perdido queda atrapado aquí. Por fin un lugar real na viaxe. Pero o seu éxito será a causa da súa extinción. Uns investidores tamén o descubriron. Queren comprar, ampliar e colgar un gran esqueleto de balea na parede.

20:00 horas

Casa das Campás

“Con el viento” 

22

Luns/Novembro

Con el viento de Meritxell Colell  . España 2018 108′, sesión en colaboración con filmoteca de Galicia.

  Mónica é unha bailarina e coreógrafa de 47 anos que vive en Buenos Aires, onde desde hai dous anos tenta realizar unha nova obra sen éxito. Naceu nun pequeno pobo ao norte de Burgos, onde agora xa só viven os seus pais e seis persoas máis, e ao que non volveu desde fai vinte anos. Unha chamada da súa irmá dicíndolle que o seu pai está moi grave empúxaa a volver. Pero cando chega, o seu pai está morto. Despois do funeral, a súa nai pídelle que quede con ela para vender a casa. Son case dúas descoñecidas que terán que aprender a coñecerse e a convivir.

As 20:30   VO

Teatro principal Pontevedra

Whale Rider” 

24

Mércores/Novembro

Fundación Cuña-Casasbellas

Whale Rider de Niki Caro 2002 105’ Nueva Zelanda

            Baixo o lema:  “Baixo o signo de Hefaistos, a forxa”, no marco da programación da Fundación Cuña-Casasbellas. Fabulario Novo-Hipofanías, para o XVII Brumario Poético-2021, terá lugar na Sala VerSus un novo Ciclo de poesía, arte, cine e socioloxía. O programa inclúe o ciclo cinematográfico homónimo, cuxa terceira sesión terá lugar este mércores, coa proxección do film: “Whale Rider”, de Niki Caro

Nun pequeno poboado da costa de Nova Zelandia, os aborígenes da tribo Whangara cren que proceden dun único devanceiro, cuxa existencia se remonta mil anos atrás. O seu nome é Paikea, e escapou da morte, tras envorcar a súa canoa, montando a lombos dunha balea. Segundo a tradición, o xefe dos Whangara, o ” Whale Rider”, o Paikea, ten que ser un primoxénito home. Pero Pai, unha nena de once anos, cre que está destinada a ser a máxima autoridade da tribo. Por iso, aínda que adora ao seu avó Koro, enfrontarase con el e con mil anos de tradición.

As 20:00   VO

Fundación Cuña Casasbellas rúa Xerardo Álvarez Limeses 12

Comando igualdade

“Comando igualdade 

24

Mércores/Novembro

As escritoras Chis Oliveira e Priscila Retamozo presentan o seu novo libro ‘Comando Igualdade. A mocidade facendo a revolución feminista nas aulas!’ acompañadas do editor Isidro Dozo.

‘Comando Igualdade. A mocidade facendo a revolución feminista nas aulas!’ editado por Catro Ventos explica o porqué da formación deste colectivo vigués integrado por adolescentes que foi tomando forma nas aulas de Filosofía dun instituto, o debate social e transversal que busca xerar a mocidade que o conforma e a necesidade de que exista un Comando Igualdade non só en todos os centros de estudos, senón tamén en calquera recuncho da sociedade

Ás 19:30 

Libraría Paz

Alfonso Medela

“Alfonso Medela” 

24

Mércores/Novembro

 Organizado pola Vicerrectoría do Campus de Pontevedra en colaboración coa Concellería de Promoción Económica e Universidade, continuamos co ciclo de “Música para reCREAr” con Alfonso Medela Trío. O protagonista é o pianista Alfonso Medela, o contrabaixista Oscar Rodríguez e o batería LAR Legido. Natural do Carballiño, Medela é un pianista “recoñecido pola súa versatilidade no panorama jazzístico nacional, así como na música clásica”. Titulado superior en Piano Clásico e en Jazz e Música Moderna, foi en 2003 un dos finalistas do premio ao mellor pianista revelación Tete Montoliu e atesoura unha longa traxectoria como músico, profesor de piano e compositor, faceta na que destaca a súa “inspiración latina”, como sinalan desde a organización do ciclo. Non obstante, engaden, “cada concerto é diferente” de tal xeito que as súas pezas toman “diferentes notas de cor” en cada actuación.

20:30 horas

Teatro Principal

Costas do Alén

“As costas do Alén” 

25

Xoves/Novembro

Fundación Cuña-Casasbellas

A Fundación Cuña-Casasbellas. Fabulario Novo-Hipofanías ten a satisfacción de invitarlle á presentación de obra narrativa e poemas “AS COSTAS DO ALÉN, CRÓNICAS DUN TOXO ARNAL” do escritor Fernando Juan Morado e a ilustradora A Flaira 

 Interveñen: Fernando Juan Morado (escritor, textos) e A Flaira (ilustradora)

 O LIBRO

 AS COSTAS DO ALÉN – Cede, unha estudante no Santiago dos sesenta, experimenta unha vivencia mística na serra do Suído, onde se transmuta nun toxo no que pousa un corvo azul, o cal lle fai certas confidencias. Estas visións de Cede dan lugar a vinte e sete relatos e sete poemas e trinta e catro ilustracións. É un libro-catálogo de animais reais, ficticios, soñados, mixtos e plantados, que conforman o libro. Estes relatos, poemas e ilustracións falan do bosque que é o noso monte, a nosa casa no abandono e dos seus habitantes na diáspora de si mesmos. 

 OS AUTORES

 A Flaira – Nome artístico de María Rodríguez Rodríguez (Carral 1959), autora das ilustracións. Docente especializada na didáctica e aplicación das artes plásticas en educación infantil. Implicada na socialización do feito artístico, participa co colectivo “Arte na rúa” no 1996 na execución de proxectos muralísticos en Malpica. Así mesmo, motivada polo desastre do Prestige, deseña e realiza a performance “Area e petróleo en Nou Barris” con voluntários do Prestige. Realiza estadías e residencias creativas desde o 2014 no continente africano centradas especificante na plástica da figura feminina e no empoderamento diario da muller africana, feito que inspira e concreta artisticamente nos seus proxectos “Peixes Yoff” e “Redeiras”. Actualmente centra o seu traballo na experimentación e aplicacións artísticas sobre novos soportes e na creación pictórica dixital.

 Fernando Juan Morado (Cone) (Mondariz, 1968). Nos anos oitenta fai parte da asociación cultural Estántiga, onde colabora activamente no seu grupo de teatro e na revista Cesteiros. No 95 establece a súa residencia na Coruña. Traballa en Zara Loxística, onde colabora na posta en marcha da revista do centro de traballo e gaña un concurso de proxectos inclusivos xunto coa asociación COGAMI, o proxecto teatral “contos enfiados”, un taller de teatro que implica a usuarios de COGAMI e compañeiros de traballo, levando o espectáculo por teatros e auditorios de todo o país.

            Escritor e cronista participa en distintos proxectos culturais; tamén idea o acto poético plantar un libro e escribir unha árbore, que se leva a cabo na praza maior da vila. 

20:00 horas

Sala VerSus r/ Xerardo Álvarez Limeses, nº 12 

comando comadres

“Comando Comadres” 

25

Xoves/Novembro

Teatro Principal

 Comando comadres é unha obra de teatro que chega a Pontevedra da man da compañía Matrioshka Teatro. Un espectáculo en clave de humor no que un grupo de activistas organizadas en diferentes comandos poñen en evidencia as múltiples manifestacións da violencia patriarcal e cuestionan a persistencia dos seus valores no pensamento hexemónico actual e na xestión dexenerativa dos recursos naturais.

A peza está composta por cinco comandos de temáticas diferentes:

MEIGAS: céntrase na demonización das mulleres que non encaixamos no modelo patriarcal.
SIÑAS: fálannos da invisibilización das mulleres de certa idade que xa non cumprimos as expectativas reprodutivas do patriarcado.

SACHO: afiánzase na sabedoría e na fortaleza das mulleres lonxe dos estereotipos de ser débiles ou vítimas. RETRANCA: expón con humor as falacias que durante séculos dixéronse das mulleres.

CATAPLASMA: reivindica o saber ancestral das mulleres en conexión coa terra e os ecosistemas salu- dables, o coñecemento e uso das plantas e os procesos de acompañamento e coidados.

21:00 horas

Teatro Principal

Contos de inverno

“Contos de Inverno” 

25/26

Xoves,Venres/Novembro

O inverno é o tempo máis propicio para os contos, polo que a Vicerreitoría do Campus de Pontevedra en colaboración coa Concellería de promoción económica e universidade pon en marcha estes “Contos de inverno”. Os días 25 e 26 de novembro, as voces de  María da Pontragha e Quico Cadaval tirarán dos fíos da narración oral para tecer historias do máis sorprendente. As diferentes sesións diríxense sobre todo a un público adulto e a entrada é de balde ata completar aforo.

20:00 horas

Casa das Campás

Baile

“Déixate levar 

27

Sábado/Novembro

A Escola PonteBaile xunto coa colaboración da Concellería de promoción económica e turismo do Concello de Pontevedra e Ou Mercado, organizan unha tarde de Baile e Diversión para todo o público que se queira achegar! Realizarase unha CLASE GRATUÍTA para todo o público asistente, tamén se realizarán EXHIBICIÓNS dos grupos de baile da escola PonteBaile e finalizaremos cun BAILE SOCIAL para practicar e pasalo ben todos xuntos! 

Ás 17:00 

O mercado 1º andar

sanatorio

“Expresión contemporánea 

27

Sábado/Novembro

O sábado tes unha cita no Sanatorio.

Expresión contemporánea, Brunch e música.

Limitado a 15 persoas

Reserva e infórmate no 611632895

Infórmate 611632895

O Sanatorio Andrés Muruais 7-9

culturgal

“Culturgal” 

27

Sábado/Novembro

Pazo da cultura

Baixo o lema “A cultura que toca” a 14ª Culturgal recupera a parte feiral tras a pandemia e desenvolverase do 26 ao 28 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. 

A programación completa  

O venres 26 a entrada será de balde e estaremos en horario de 17:30 a 21:00 h. (non haberá acceso ao recinto feiral, só á programación ao Espazo Foro e ao cinema).

O sábado 27 e o domingo 28, xa de 11:00 a 21:00 h. coas entradas xa dispoñibles en venda anticipada: Xeral 3€  Até 16 anos (incluídos) 2€  Menores de 3 anos gratis.

Sábado 27 de novembro

11:30. Presentación da Guía de Igualdade “Donas no espello da LIXG“, elaborada por GALIX

12:15. Presentación do proxecto “Rodolfo e Priscila, editora indecisa” e dos primeiros dous títulos da editora. Con Carlos Meixide e Berta Dávila, editores, e Daniel Salgado, tradutor de A poesía como arte insurxente de Lawrence Ferlinghetti

12:45. Emilia Pardo Bazán. Unha mente poderosa. Editorial Bululú. Con María Canosa, autora, Bea Gregores, ilustradora, e Laura Sarasola de Caramuxo Teatro na pel de dona Emilia. ESPAZO LIBRO

13:15. A historia do cómic en Galicia, de Octavio Beares. Editorial Galaxia. Conversa do autor co editor Francisco Castro

13:45. Premios da Deputación da Coruña. Lecturas comentadas. Coa participación de Daniel Asorey, gañador ex-aequo do Premio González Garcés 2020, Xosé Ricardo Losada Vicente, gañador do Premio Torrente Ballester 2020 e Xosé A. Neira Cruz, premio Raíña Lupa 2020. Introduce o deputado de Cultura, Xurxo Couto e conduce o acto a xornalista Ana Cabaleiro

16:00. Contos Extraños presenta: “Un terror de auga fría“, de Xosé María Álvarez Cáccamo e, a continuación, a colección “A miña primeira novela de…”. 

17:00. Presentación do Caderno de viaxe con Eutropio Rodríguez e Isabel Patiño, editora, e de dous títulos da colección de poesía 10×15 con Amanda Plaza, Rosendo Cid, María Solar e Isabel Patiño. Tulipa Editora. 

17:45. Certame de Poesía Rosalía de Castro. Presentación do libro promovido pola Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cornellà co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística-Xunta de Galicia.   Con Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, Xulio Couxil, coordinador do volume, Oliver Fernández Expósito, presidente da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cornellà, e Armando Requeixo, crítico literario e membro do xurado do certame. 

18:30. Premios da Deputación da Coruña. Castelao ilustrado. Participan Begoña García-Alén González, gañadora do Premio Castelao, modalidade xeral, 2020, e Andrés Magán Zamorano. gañador do Premio Castelao, para público infantil e xuvenil, 2020.Introduce o deputado de Cultura, Xurxo Couto e conduce o acto a xornalista Ana Cabaleiro

19:00. Editorial Galaxia. Presentación de “Misarela“, de Rodrigo Costoya. Conversa con Francisco Castro e Valentín García, responsable de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Presentación da Colección Guión. Conversa arredor “Aura 1964“, de Ignacio Vilar, con Francisco Castro. Conversa do xornalista Ramón Rozas con Arantza Portabales arredor de “A vida secreta de Úrsula Bas.

20:00. Conversa do xornalista Ramón Rozas con Manuel Rivas con A nena lectora, Ledicia Costas con Golpes de luz e Diego Ameixeiras con O cervo e a sombra. Xerais

As 19:30  

Pazo da Cultura

culturgal

“Culturgal” 

28

Domingo/Novembro

Pazo da cultura

Domingo 28:

11:30.Reboiras. O camiño da rebeldía. Aira Editorial. Presentación do libro e conversa con César Lorenzo, editor, e Xosé Manuel Pereiro e Xurxo Martínez, autores

12:15. Catro Ventos Editora presenta: A lingua en 2050. Presentación do libro con Fernando Ramallo, coordinador, Conchi Cochón e Isidro Dozo, representante da editorial e presentador. Comando Igualdade. A mocidade facendo a revolución feminista nas aulas! Con Chis Oliveira e Priscilla Retamozo, coautoras, Ledicia Costas, autora do prólogo,e Isidro Dozo.

13:00. Conversa de Manuel Rivas e Susana Pedreira ao redor de O que fica fóra. Apiario.

13:45. Antela Editorial presenta: O Xigante de Allariz. Presentación en primicia do novo album ilustrado cos autores Miguel Ángel Alonso Diz, Xabier Domínguez, a ilustradora Tania Martins e a editora Alba de Evan. O país da choiva. Presentación en primicia do libro xuvenil con Miguel Ángel Alonso, autor, Xosé Tomás, ilustrador, Alba de Evan, editora, e Fran Alonso, autor do limiar.

16:15. Belagua Ediciones presenta: Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos, de Roberto Mera Covas, E  Galegas na ciencia coa autora Isabel Blanco e a ilustradora María Lapido. Presenta Edurne Baines, editora.

17:00. Conversas Xerais. Andrea Maceiras con A folla azul, Premio Merlín 2021, e Iria Misa con A cidade do átomo. Premio Agustín Fernández Paz 2021. Con Fran Alonso, editor.

17:45. Cuarto de Inverno presenta: As mil vidas da colección infantil de Cuarto de Inverno. Coas autoras Lorena Conde e Arancha Nogueira ao redor dos libros As mil vidas de Doroteae A mestra corremundos.Os libros están a mirarse arredor da mesa” con Antonio García Teijeiro, autor de As palabras están a mirarse arredor da mesa. “O Gabinete de Curiosidades de Lady Stoner” con Emma Pedreira como Lady Stoner ao redor de Os libros que hai en min. Presenta Tamara Andrés.

18:30. “Vai lavar cabelos na fontana fría…As orixes da lírica hispánica” e “A ruta dos trobadores. Transitando polas vías da lírica hispánica”. OZOCOgz. Con Mariña Arbor Aldea, directora e coordinadora dos proxectos.

19:00. Conversas Xerais conducidas pola xornalista Teresa Cuíñas, con Ana Cabaleiro e Deixádenos remar, Santiago Lopo con A carteira e Manuel Gago con Nus.

20:00. Conversas Galaxia. “A normalidade do non común“. Conversa con Nee Barros ao redor de Identidade, coa xornalista Teresa Cuíñas. Presentación da Colección Teatro de Editorial Galaxia. Conversa ao redor do libro Fillos do sol, de Cándido Pazó, moderada por Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. “Unha Galaxia de premios”: Conversa con Xosé Monteagudo, autor de Eternity Premio Repsol, e con Alberto Lema, autor de Pazo de inverno, Premio García Barros, conducida polo editor Carlos Lema.

As 19:30  

Pazo da Cultura

andaina Violeta

“Andaina violeta” 

28

Domingo/Novembro

Praza de España

O programa municipal denominado ‘A Vida é Movernos’, que promove a concellería de Deportes, e a Asociación de Amigos dá Pontevedrada (Asampo) únense outra vez este próximo domingo 28 de novembro para organizar un roteiro reivindicativo contra a violencia machista, con motivo da semana do 25 N. O evento defínese como ‘ Andaina Violeta contra a violencia machista‘ e establécese un percorrido urbano cunha distancia dun quilómetro e 360 metros. Comezará ás 11.30 horas na Praza de España para, a continuación, proseguir por Michelena, Fernández Villaverde, Soportais, Praza dá Ferrería, Paseo de Antonio Odriozola, Laranxo, Praza dá Leña, Padre Sarmiento, Gregorio Fernández, Praza dá Pedreira, César Boente, Serra, Celso García de Régaa, Rúa dá Ponche, San Telmo, Praza do Peirao, Galera, Arcebispo Malvar, ata regresar á zona de saída.

As 11:30  

Praza de España

Julia Barreiro

“Cronopias” 

19

Venres/Novembro

Palacete das Mendoza

Cronopias é o título da exposición que este venres inaugura Julia Barreiro no palacete das Mendoza, o acto terá lugar as 18:30.

A exposición poderase visitar de luns a venres de 10 a 14 h e de 15 a 20 h

Sábados de 10 a 14 horas e de 17 a 19 horas

Domingos e festivos de 10 a 14 horas

Ata o 5 de decembro

19:30

Palacete das Mendoza

Gaiteiro

“Gaiteiraos” 

30

Xoves/Setembro

Claustro do edificio Sarmiento

Un total de 35 debuxos de recoñecidas gaiteiras e gaiteiros de Galicia compoñen a exposición Gaiteiraos, coa que o seu autor, César Lombera, pretende reivindicalos como un exemplo sobranceiro do noso patrimonio inmaterial. A mostra poderá visitarse no claustro do edificio Sarmiento desde o 30 de setembro ata o 28 de novembro.

Ata 28 Novembro

Museo de Pontevedra

Manuel Moldes

Vieiros na memoria

15

Venres/Outubro

Tiñamos moitas ganas de anunciar a apertura desta exposición, unha pequena mostra-homenaxe a Manuel Moldes que coincide co cambio de nome da sala de Sala X a Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes
Comisaria: Sara Donoso
Do 15 de outubro só 15 de decembro de 2021.
origami

“Origami” 

4

Xoves/Novembro

Edificio Castelao

A exposición ‘Origami. De papel a obra de arte’, que estará aberta desde o xoves ata o 23 de xaneiro no #edificioCastelao, propón un percorrido por todas as modalidades da papiroflexia partindo dos seus inicios tanto no mundo como en España, onde Miguel de Unamuno foi un dos seus máximos impulsores, e destacando o labor do grupo zaragozano fundado en 1944. Non vola perdades!
 Entrada libre ata completar a capacidade

Visitas guiadas todos os xoves ás 18:00 h. Sen inscrición previa 

Do 4 de Novembro ao 23 de Xaneiro

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥