“Desexando Amar” 

24

Luns/Maio

Desexando amar Wong Kar-Wai, 2000, 95 min.

 Hong Kong, 1962. Chow, redactor xefe dun xornal local, múdase coa súa muller a un edificio habitado principalmente por residentes de Shanghai. Alí coñece a Li-Zhen, unha moza que acaba de instalarse no mesmo edificio có seu home. Ela é secretaria dunha empresa de exportación e o seu home está continuamente de viaxe de negocios. Como a muller de Chow tamén está case sempre fóra da casa, Li-Zhen e Chow pasan cada vez máis tempo xuntos e fanse moi amigos. Un día, ambos descubrirán algo inesperado sobre as súas respectivas parellas

As 20:30 VOSE  

Teatro principal Pontevedra

“Un conto de tres irmáns” 

24

Luns/Maio

Un conto de tres irmás– Emin Alper  – 2019 – Turquía 108′

Céntrase nas relacións de tres irmás que viven xunto ao seu pai nunha aldea de Anatolia central, a principios dos oitenta do século pasado. As tres mozas son Reyhan de 20 anos, Nurhan de 16 e Havva de 13. Despois de ser enviadas á cidade para traballar como criadas en familias adoptivas, costume do lugar para tentar saír da pobreza e do illamento, todas elas ven obrigadas a regresar á casa paterna por diferentes motivos. 

As 20:00 VOSE  Auditoro Municipal da praza do Rei

Cineclube Lumière

“A rapaza da fábrica de mistos” 

25

Martes/Maio

A rapaza da fábrica de mistos Aki Kaurismaki 1990 Finlandia, 65 min.

Unha moza solitaria fai un traballo mecánico e rutineiro nunha fábrica de mistos. Cando chega a casa debe soportar ao seu perverso padrasto e a falta de agarimo da súa nai. Polas noites sae a bailar tentando divertirse e atopar parella, pero nunca ten sorte.

As 20:30 VOSE  

Teatro principal Pontevedra

“Voilà la femme” 

26

Mércores/Maio

Nova edición de VOILÀ LA FEMME, XXVIII edición 
Podedes disfrutar das obras de Nuria Argibay Pérez-Espiña, Lara Cores Piñeiro, Candela Eirea Orro, Laura López Ignacio e Sofía Pastor Herranz 
De martes a venres de 17:30 a 20:30 e sábados de 11:00 a 13:00 en Rúa do Forno, 42, baixo. Marín
do 26 de maio ao 18 de xuño

Ateneo Santa Cecilia

“Vikingland” 

26

Mércores/Maio

O programa Falamos e o Cineclube Pontevedra poñen en marcha durante este mes de maio a proxección de tres películas, cunha tertulia posterior, coa intención de promover espazos para socializar en lingua galega, relacionados con temáticas de cine.

Vikingland de Xurxo Chirro. 2011 España 99´

Transposición de ‘ Moby Dick’ a través de imaxes recollidas dun diario filmado dun mariño mercante galego, que traballa entre Dinamarca e Alemaña.

As sesións están abertas ao público en xeral, previa inscripción a través do correo electrónico falamos@pontevedra.gal no caso que non haxa resposta 24 horas antes, tamén se habilita o teléfono 646.908.177

As 20:00 VOSE  

Teatro principal Pontevedra

“A saída da encrucillada” 

27

Xoves/Maio

O Ateneo de Pontevedra fará a  presentación do libro “A saída da encrucillada”, de Xoán Hermida na Biblioteca Antonio Odriozola 

“Corazón de vaca e outras visceras” 

27

Xoves/Maio

Presentacion do libro Corazon de vaca e outras visceras de Andreia Costas presenta Celeste Garrido na librería Metáfora, rúa Charino nº 9

“Xela Arias, poeta nas marxes” 

28

Venres/Maio

Xela Arias, poeta nas marxes– Beatriz Pereira  –

No marco do programa de actividades impulsado pola Vicerreitoría do Campus de Pontevedra e con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas, a Casa das Campás acolle o día 28 ás 19 h. a proxección do documental “Xela Arias, poeta nas marxes” e o posterior debate coa súa directora, produtora e guionista Beatriz Pereira e o tamén guionista Daniel Chapela

As 19:00 Casa das Campás

Vicerreitoría do Campus de Pontevedra

“O Axolote” 

28

Venres/Maio

 A escritora Lara Dopazo visítanos para falar de ‘O axolote e outros contos de bestas e auga’, obra editada por Galaxia coa que gañou o Premio Illa Nova de Narrativa 2020. Estará acompañada na conversa pola escritora Ana Cabaleiro.

O xurado do premio destacou que a obra é un conxunto de relatos orixinais, diversos e de grande altura estética e deixa que a lectora ou o lector constrúa a historia. Característica esta que destacan, pois deixa que a lectora ou o lector constrúa a historia, e por iso se suxiren e deixan intuír camiños coa intención de non demostrar, e si de mostrar vidas das que extraer lecturas. Destacan tamén o valioso de introducir ambientacións doutras latitudes alleas á galega, dende a americana ata as paisaxes orientais, e do poder do lendario e simbólico nos textos

Actividade de aforo limitado. Reservar praza en librariapaz@gmail.com

As 19:30 

Libraría Paz

“Feira do viño” 

28,29,30

Venres, sábado, domingo/Maio

Este ano, debido á pandemia, a principal novidade será a celebración da Feira do Viño do Ribeiro nun formato híbrido, na que se combinará un completo e variado programa de actividades presenciais con aforo reducido e controlado, as cales se darán a coñecer proximamente, e ás que se poderá acceder cunha aplicación da internet na que se terá toda a información, tanto das adegas e ” colleiteiros” participantes como da programación. Varias destas accións serán retransmitidas a través da aplicación para que calquera persoa, independentemente do lugar do mundo no que se atope, poida seguir e coñecer o que leva a cabo na feira.

Mostra“Galicia-Baviera ” 

28

Venres/Maio

Sala de exposicións do GRANERO DELMAS
DESCRIPCION DA MOSTRA

Entre Galicia y Baviera e en concreto entre Pontevedra e Passau hai unha relación de intercambio de mais de vinte anos.
Passau está no Camiño de Santiago e realizaronse tres mostras recentemente unha no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela, outra no Castelo de Neuburg en Passau, e a última en Marín no Museo Torres e no Ateneo Santa Cecilia.
A maioria dos artistas galegos da anterior mostra xunto con esta onde aparecen xa artistas alemáns, participaron nas tres mostras.

A mostra “Galicia-Baviera no espacio GRANERO DELMAS” é un magnifico exemplo desta paixón por viaxar que ten a arte dende terras de dous países irmáns e solidarios. Son moi necesarias mostras coma estas, onde se fan visibles grandes artistas galegos e bávaros cunha longa e prestixiosa traxectoria. Visibilidade tamén dunha fonda amizade de artistas que compartiron durante máis de vinte anos experiencias de colaboración en ambos países por medio da organización de mostras ou residencias de artistas como foron as que moitos galegos gozaron durante un mes nos veráns no Kulturmodell en Passau e que lles permitiu coñecer Salzburgo, Viena,Munich ou Praga,
cidades que se atopan preto de Passau e que encerran moita cultura e arte.

Artistas:

Manuel Hermida, Ilona Maier, Gerhard Mader, Marcelo Léonard Rodríguez, Hubert Huber, Miguel Pereira, Enrique Velasco Vieitez, Helga Mader

INAUGURACIÓN:
Venres 28 de maio ás 17 da tarde
Aforo limitado a seis personas por tramos de media hora.
Apuntarse no teléfono 619432721
Sala de exposicións do GRANERO DELMAS

Galerias Oliva 2 espacio 15

“Hombres que caminan solos” 

29

Sábado/Maio

O vermú entre libros acolle a visita do escritor José Ignacio Carnero que conversará do seu último libro ‘Hombres que caminan solos‘ coa xornalista Tensi Gesteira.

Actividade de aforo limitado. Reservar praza en librariapaz@gmail.com

O libro que centrará a conversa, editado por Penguin Random House, é unha luminosa novela que nos fala sobre a depresión e a fraxilidade masculina. O autor regresa de novo cunha historia na que combina memoria e ficción levándonos ás profundidades da depresión do protagonista cunha escrita honrada e valente.

José Ignacio Carnero (Bilbao, 1986) é licencia­do en Dereito Económico (Univ, de Deusto), exerce como avogado en Bar­celona. Ten publicado unha crónica de viaxes titulada La luz de Lisboa (Cuadernos Livingstone, 2016) e a novela ama (Caballo de Troya, 2019), coa que quedou finalista do Premio Euskadi de Literatura en español 2020. ‘Hombres que caminan solos’ é a súa segunda novela. 

As 12:30 

Libraría Paz

“Una fractura en el corazón” 

29

Sábado/Maio

Fundación Cuña- Casasbellas

Presentación do libro de Adela Martínez MartíUna fractura en el corazón” a cargo de Isabel García Uría. Interveñen Ana Corzo e Adri de Vargas coa actuación de Arturo “Octopus” .

As 20:00

Fundación Cuña-Casasbellas

rúa Gerardo Alvarez Limeres nº 12

Galicia de Nós a nós” 

20

Xoves/Maio

Exposición ‘Galicia, de Nós a nós’,  percorrido ao longo das tres salas nas que se distribúe trasladaravos desde os seus antecedentes ata a súa memoria hoxe en día, coñecendo aos protagonistas, a historia e os contidos dunha revista e un grupo humano que marcaron decisivamente a historia de Galicia.
Edificio Castelao, do 20 de maio ao 11 de xullo
Museo del Pontevedra
devellabella_suelo

«Exposición: Pedro Bueno»

12

Mércores| Maio

Centro cultural Marcos Valcárcel

Rua progreso 30 Ourense

O centro cultural Marcos Valcárcel reúne unha retrospectiva do pintor galego Pedro Bueno
O centro cultural Marcos Valcárcel acolle desde hoxe, 5 de maio,e ata o próximo 15 de agosto unha exposición do artista coruñés Pedro Bueno, que regresa a Ourense trinta anos despois da súa primeira exposición para mostrar unha retrospectiva dos últimos vinte anos de traballo e na que se inclúe unha ampla selección de cadros, cerámicas e obxectos persoais.
O artista recoñeceu “o complexo que foi escoller entre centos de pinturas, esculturas e outros traballos en diversas técnicas artísticas para resumir estes vinte anos”. Pedro Bueno amosou a súa satisfacción por expoñer de novo en Ourense no que cualificou como “unha xoia arquitectónica e un dos mellores centros de cultura de Galicia”, destacando entre as obras expostas unha colección sobre os sete pecados capitais, realizada entre os anos 2000 e 2002 pero que aínda se presentaron ao público por primeira vez 18 anos despois.
Ata o 15 Agosto 2021

CCMarcosValcárcel

devellabella_suelo

«Afonso X e Galiza»

7

Venres| Maio

Centro cultural Marcos Valcárcel

Rua progreso 30 Ourense

Cando coinciden o Ano Santo e o 800 aniversario do nacemento do “Rei Sabio”, abre as súas portas unha mostra centrada na figura do encargado de recompilar as Cantigas de Santa María, revolucionarias pola súa mestura do popular e o divino.

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle a exposición “Afonso X e Galicia”. Nela faise un percorrido por unha das figuras máis relevantes da cultura europea a través de documentos e testemuñas arqueolóxicas, literarias e musicais que amosan a súa pegada na cultura galega no medievo.

E, sendo esta unha mostra moi vencellada á arte sonora, nas salas do centro cultural soa xa a música tradicional das frautas traveseiras e das violas. Nas súas vitrinas, expóñense diversos instrumentos medievais, coma a rota, de forma triangular, e neste caso reconstruída tomando como referencia o pórtico do Paraíso da catedral ourensá. Así mesmo, está presente o organistro, instrumento tamén medieval que se toca coa axuda dunha manivela, e que evolucionaría cara á zanfona coa contribución de cegos e mendigos. A mostra reivindica ao oído como sentido más necesario, ao ser vehículo para o entendemento do home.

Ata o 15 Agosto 2021

CCMarcosValcárcel

“A vida lenta

11

Xoves| Marzo

Sede Afundación de Vigo Calle Policarpo Sanz, 13, Vigo

Do 11 de marzo ata o 29 de maio

Sede Afundación de Vigo

«Papiromates. Matemáticas + Creatividade = Papiroflexia »

3

Mércores| Marzo

Esta exposición reúne pezas de papel realizadas mediante a técnica do origami para pór de manifesto a relación entre as matemáticas e a papiroflexia. Na realización destas pezas, de valor case escultórico, non se usaron pegamento nin tesoiras, tan só o pregado do papel.

COMISARIO | JORGE PARDO

 Descubre que é o padrón de cicatrices e a súa importancia á hora de deseñar novos modelos, como o origami modular constrúe corpos xeométricos, ensamblando figuras de papel idénticas, ou como nas teselacións un mesmo motivo se repite numerosas veces, cubrindo un plano a través de centos de pregos. A exposición tamén repasa as achegas de algúns nomes propios relevantes no campo da papiroflexia coma o da pregadora galega Covadonga Blanco, papiroflecta, gran matemática, docente e divulgadora.

En colaboración con Escuela Museo Origami de Zaragoza (EMOZ).

Exposición con todas as medidas de seguridade pertinentes para que poidas volver gozar da arte e da cultura como o fixeches sempre.

HORARIO: LUNS a VENRES 17.30 a 20.30 e SÁBADOS 11.00 a 14.00 e 17.30 a 20.30 h

  • ENTRADA: Gratuíta
Ata o 29 de Maio

Afundación

“4 Proxectos”

12

Luns| Abril

Mónica Alonso (A Fonsagrada, Lugo, 1970) centra a súa primeira mostra individual no MARCO nunha única peza, baixo o título A maxia do colibrí. 6 casos desesperados. Unha obra que naceu en 2015, durante a estadía da artista en México, e que precisou de todo este tempo para madurar, escribirse e reescribirse. Nese ano Alonso presentou en México a obra O colibrí vermello, que está no xerme deste proxecto, vencellado coas historias e rituais máxicos asociados ao colibrí nas culturas precolombinas, e moi en liña co interese da artista sobre as relacións entre ciencia e superstición.

Sobre o seu proxecto específico para o MARCO, sinala Rosendo Cid: “A partir do título albíscase a intención chave deste proxecto expositivo, desviándome do meramente descritivo para afondar no feito mesmo de todo acto creativo como mero ocorrer, como acontecemento, sendo consciente de todo aquilo que aconteza antes de que a peza estea completada pero que igualmente está implícito cando se finaliza.”

Salvador Cidrás (Moaña, 1965) e Juan Cidrás (Vigo, 1968) forman, dende 2015, un colectivo artístico que investiga o medio cerámico e téxtil dende unha perspectiva escultórica e pictórica, respectivamente. “O noso traballo céntrase na forma e o concepto de ‘aberrante’, aquilo que se aparta do que se considera normal, natural ou correcto, en oposición ao que se aferra –a convención– ou o que é formal. As pezas maniféstanse capaces de establecer relacións entre elas e mudar, xa sexa a través da forma, a cor ou a súa instalación no espazo.”

Mar Vicente (Lugo, 1979) propón un proxecto específico para os espazos do MARCO, en sintonía cun traballo que se caracteriza pola economía de elementos cromáticos e compositivos, e pola experimentación coa forma vencellada á transformación do soporte pictórico. O punto de partida é o cadrado, que a artista desenvolve cara a terceira dimensión. O cubo, como o seu volume máis directo, adopta actitudes non convencionais que, xunto á iluminación cambiante e o punto dende onde se observa, afectan á percepción dos volumes e dos espazos.

Do 12 de abril ao 12 de setembro. 

“Etérea”

16

Venres| Abril

Na exposición « Etérea«, Din Matamoro toma como punto de partida unha soada premisa de Kandinsky: “O branco é o gran silencio cheo de cousas posibles”. Esta mostra reúne unha selección da súa obra dos últimos anos, centrada no estudo da cor, acompañada doutras pezas de épocas anteriores que, como todo o traballo deste artista, implica todo un ensaio sobre a percepción, os seus mecanismos e emocións. A intención é que a súa obra véxase íntima, completa, que o espectador poida sentir a aparición e a aproximación lenta da cor na súa mirada, a enerxía interior que hai detrás da pel de cada pintura, gardando entre elas un espazo xeneroso. Pinturas que se moven, que non se conxelan no tempo despois de ser pintadas, que conservan un latexado, unha enerxía que se despraza #ante a mirada, sutilmente, como a luz cenital ao longo do día, ou a luz e as cores que se moven nas pantallas de cinema. Se nos paramos a contemplar, a cor cambiará de intensidade e descubriremos o seu carácter íntimo, certo misterio, a súa forza interior e, a un tempo, o tráxico cósmico no que o ser humano non é máis que un eco, unha resonancia.

Do 16 de abril ao 12 de setembro. 

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥