“The woman who ran  ” 

25

Luns/Outubro

The woman who Ran  de Hong Sang-soo, 2020 71′ Corea del sur

Mentres o seu marido está nunha viaxe de negocios, Gamhee queda con tres mulleres nos arredores de Seúl. Primeiro visita a dúas amigas nas súas casas e despois atópase de casualidade a unha vella amiga nun cinema. Pero quen é a muller que foxe? De que foxe e por que? 

As 20:30   VOSE

Teatro principal Pontevedra

Black Panthers” 

26

Martes/Outubro

Black Panthers Agnès Varda Francia 1968 31′

Documental do ano 1968 que parte do arresto de Huey Newton, un dos fundadores de Panteras Negras, tras o suposto asasinato dun policía. O filme céntrase nas protestas que congregaron a máis de 5000 persoas, nas que se produciron durísimos enfrontamentos entre a policía e os manifestantes…

As 20:30   VOSE

Teatro principal Pontevedra

Salut les cubains” 

26

Martes/Outubro

Salut les cubains Agnès Varda Francia 1963 30′

Catro anos despois da chegada de Fidel Castro, Agnès trae de Cuba mil oitocentas fotos, coas que realizou un documental didáctico e divertido

As 21:00   VOSE

Teatro principal Pontevedra

No importa donde estés

“No me importa dónde estás lo que quiero es verte” 

26

Martes/Outubro

Luis Anguita Juega firma os seus libros o 26 de outubro a partir das 18:30 en Librería Baroja.

A máis recente novela de Luis Anguita Juega , “No me importa dónde estés, lo que quiero es verte'”.

As 18:30  

Librería Baroja

Pablo Rodríguez

“Os ollos das moscas” 

28

Xoves/Outubro

Pablo Rodríguez presenta su libro “Os ollos das moscas , estará acompañada por Nee Barros.

Eu matei o único rapaz que me quería.
Vin devoradas as estradas de Compostela
e onde non nos visen os ollos dos animais
pedinlle que baixase do coche.
Craveille un coitelo no peito e agochei o seu corpo.
Todo isto na noite máis escura.

Quen encontre o seu corpo que mo mande
porque eu fixen todo isto tan só como fixeron os demais.
Tan só para escribir un poema.

As 19:00  

Librería Metáfora

Lorca

Pontevedra, cidade Lorquiana” 

28/30

Xoves,Sábado/Outubro

Unha mesa redonda con Henrique Alvarellos e Ramón Rozas moderada por Mercedes Corbillón; unha lectura teatralizada por Marcelo Dobode, unha ruta pola cidade de Pontevedra e visitas escolares, serán as actividades que desenvolveremos a próxima semana para conmemorar o Día de Lorca en Galicia. Algunha delas precisará inscripción previa para participar. Mirade a imaxe!
As 19:30 – 13:00

Museo de Pontevedra

Taller de xoieria

Taller de Xoiería” 

28/30

Xoves/Sábado/Outubro

Cuaderna Maestra

Cuaderna maestra organiza un Taller de xoiería con cristais Swarovski

rúa cruz vermella 15 Pontevedra tl 615 436 902

Xoves de 17:00 a 20:00

Sábado de 17:00 a 20:00

Prezo 50 Euros material incluido

De 17:00 a 20:00  

Rúa Cruz Vermella 15

De mariño a poeta

De Mariño a Poeta” 

29

Venres/Outubro

O escritor Manel Monteagudo presenta o seu libro de poemas “De Mariño a Poeta”, da editorial Medulia, o vindeiro 29 de outubro no Sanatorio ás 19.00 horas (Rúa Andrés Muruais 9).
No acto, avalado polos responsables da Web devellabella, Ana Santos dirixirá o diálogo e as preguntas, ao que se sumará o recitado dalgúns dos seus poemas, feito no que poderá participar o público alí presente.
As 19:00

O sanatorio

concerto

Grupo Dous” 

30

Sábado/Outubro

Teatro principal

Desde a Vicerreitoria de Pontevedra presentamos o novo CICLO DE CONCERTOS que temos para ti. O 30 de outubro ás 20.30 no Teatro Principal de Pontevedra empezamos co grupo Dous. A entrada é de balde. Achégate.
Ás 20:30 

Teatro principal

reeconexion

Taller de “Reconexión” 

30

Sábado/Outubro

Baia Fernández
Reconexión

En Curantes (A Estrada), nun lugar rodeado de natureza e cunha enerxía que incita á calma e á reconexión, exploraremos, a través do movemento, o xogo e as artes o camiño cara a nosa esencia. Un convite a activar o propio potencial e expresarnos dende o que realmente somos.

Contaremos con Nacho quen nos ofrecerá a súa comida macrobiótica para acompañar este proceso dun xeito orgánico que favoreza e faga máis especial a experiencia.

Lugar: Curantes (A Estrada)

Horario: Inicio o sábado as 10 da mañá ata as 20:00

Información e reservas: info@baiafernandez.es ou no teléfono 674 447 564

Curantes A Estrada

info@baiafernandez.es

Roteiro Pavero

Roteiro Pavero” 

31

Domingo/Outubro

Velaquí a nosa programación de roteiros paveros de outubro 
24/10: Santa María e a súa contorna.
31/10: Pontevedra e os seus misterios.
Máis info e reservas en ➡ paseapontevedra@gmail.com 
Gloria Loizaga

“Gloria Loizaga” 

23

Sábado/Outubro

Granero Delmas

Biografías pintadas xorde como homenaxe ás persoas, ó corrente, ensalzando a beleza do cotiá. Os retratos máis fieis ó físico dan paso a outros onde se adiviñan as emocións alén dos xenes. Pinturas que apostan pola representación do misterio nunha orde de realidades distintas ás tanxibles. Esta mostra recolle os últimos traballos da artista.

Gloria Loizaga é licenciada en Belas Artes pola UCM completando a súa formación en Fine Arts na Parsons School of Design de Paris.

A exposición poderase visitar dende o 23 de outubre ata o 17 de novembro

Granero Delmas Galerias Oliva 2

Manuel Moldes

Vieiros na memoria

15

Venres/Outubro

Tiñamos moitas ganas de anunciar a apertura desta exposición, unha pequena mostra-homenaxe a Manuel Moldes que coincide co cambio de nome da sala de Sala X a Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes
Comisaria: Sara Donoso
Do 15 de outubro só 15 de decembro de 2021.
Peri Helio

“Migraciones” 

8

Venres/Outubro

Fundación Cuña-Casasbellas

A exposición ‘Migraciones. Un recorrido, a vista de pájaro, a través de distintas realidades’ de Peri Helio podes visitala pola túa conta de luns a sábado

Ata 30 de outubro

Ata 30 outubro

Fundación Cuña-Casasbellas

Dispositivos

“Dispositivos” 

8

Venres/Outubro

Espacio Nemonón

Tebo (Diego Estevo Ortiz) Barcelona 1982
Expón a súa Muestra individual en Espacio Nemonon, Pontevedra.

Uno de los padres de la arquitectura racionalista, Le Corbusier, titulaba un capítulo de Hacia una arquitectura como “Los ojos que no ven”, aludiendo a la aptitud natural del ser humano para no ver lo que tiene delante como lo que es. Nos habla de una especie de ceguera cultural o, como decía Saramago: “No nos hemos vuelto ciegos, en mi opinión lo somos; ciegos que, aunque ven, no ven”.

El artista es quien observa y, para describir lo que ve de la manera en que lo ve, debe inventar un nuevo léxico. Esta investigación plástica es la que ha ocupado a Tebo los últimos cinco años, resultando en esta muestra donde busca asentar, resumir, exponer y llevar a la siguiente fase dicho proceso de búsqueda.

Ata o 3 de Novembro

Espacio Nemonón Villa Pilar

Borrón 4

“Borrón 4” 

17

Venres/Setembro

O Concello de Cambados organiza unha exposición no Pazo de Torrado, en homenaxe a Luís Fernández Silvoso. O dono de Borrón 4 foi un dos galeristas de arte contemporánea máis activos de Galicia. O seu labor profesional viuse tristemente truncada coa súa prematura morte, en outubro de 2011
Do 17 de setembro ao 7 de novembro
A arte no cómic

“A arte no cómic” 

8

Venres/Outubro

A Sala de Exposicións do Pazo da Cultura acollerá a mostra de Fundación Telefónica: grandes obras da pintura universal vistas por máis de 70 historietistas e ilustradores contemporáneos, varios deles galegos como Brais Rodríguez, Cynthia Alfonso, ou Miguelanxo Prado. Entrada libre no horario de apertura da sala de martes a venres de 18 a 21h, sábados de 12 a 14 e de 18 a 21 e domingos de 12 a 14h.

Ata 10 de Novembro

Pazo da cultura Pontevedra

Gaiteiro

“Gaiteiraos” 

30

Xoves/Setembro

Claustro do edificio Sarmiento

Un total de 35 debuxos de recoñecidas gaiteiras e gaiteiros de Galicia compoñen a exposición Gaiteiraos, coa que o seu autor, César Lombera, pretende reivindicalos como un exemplo sobranceiro do noso patrimonio inmaterial. A mostra poderá visitarse no claustro do edificio Sarmiento desde o 30 de setembro ata o 28 de novembro.

Ata 28 Novembro

Museo de Pontevedra

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥