Seleccionar página

«Película sorpresa» 

26

Luns/Abril

Película sorpresa  – 90′

Rematamos a programación de abril o vindeiro luns día 26, co noso filme sorpresa e co novo horario!!. Nesta ocasión temos un filme estadounidense cun actor en estado de gloria e con varios premios no seu haber por este traballo actoral. Fálase do paso do tempo: a frustración dos erros, gloria e fama derrubada. Unha reflexión sobre a mortalidade. Son 90 minutos. A cita é no Auditorio Municipal da praza do Rei, ás 20h. Como sempre, quince minutos para marchar e recuperar os cartos da cota pagada

As 20:00 VOSE  Auditoro Municipal da praza do Rei

Cineclube Lumière

«Conversas na UVigo» 

27

Martes/Abril

Conversas da UVigo

A produtora executiva de Bambú Producións, Teresa Fernández-Valdés, e a xornalista María Varela protagonizan unha nova sesión de Conversas na UVigo, un ciclo de coloquios de carácter informal entre persoeiros da cidade e xornalistas e columnistas do Diario de Pontevedra, que a Universidade de Vigo promove xunto con este xornal.

Dadas as limitacións de aforo ás que obriga á covid-19, o acceso á sala estará limitado a 15 asistentes con invitación. Será posible seguir a conversa, de xeito virtual, a través de Campus Remoto, no seguinte enlace, empregando o acceso para estudantado e o contrasinal Ky8fRT

As 19:00
Casa das Campás

«Outro país» 

27

Martes /Abril

Outro País Sérgio Tréfaut 2000 – 70’

Em 25 de Abril de 74 um golpe militar derrubou a mais antiga ditadura ocidental sem derramar uma gota de sangue. A descoberta da democracia e o desmantelar do último império colonial europeu projectaram Portugal para o primeiro plano da actualidade internacional. Durante a revolução dos cravos alguns dos maiores fotógrafos e documentaristas do mundo desembarcaram em Lisboa para recolher imagens: Glauber Rocha, Robert Kramer, Thomas Harlan, Pea Holmquist, Santiago Alvarez, Sebastião Salgado, Guy Le Querrec, Dominique Issermann, Jean Gaumy, etc. Quase todos sonhavam com um mundo diferente. Vinham de Maio de 68, do Vietname, do Chile e viviam a Revolução Portuguesa como um laboratório único de experiências. O que descobriram em Portugal? Quais eram os seus sonhos e expectativas? O que ficou do sonho da revolução? Um documentário que reúne arquivos históricos excepcionais.

As 20:30 VOSE  70′

Teatro Principal

«Match Point» 

27

Martes /Abril

Match Point Woody Alen 2005 –

Chris Wilton (Jonathan Rhys Meyers) é un ambicioso e novo profesor de tenis con escasos recursos económicos. Grazas á súa amizade con Tom Hewett ( Mattew Goode), consegue entrar na alta sociedade londiniense e namorar á súa irmá Chloe (Emily Mortimer). Tom, pola súa banda, sae con Nola Rice ( Johansson), unha atractiva americana, da que Chris se encapricha nada máis vela. O azar, a paixón e, sobre todo, a ambición levarán a Chris a cometer accións que determinarán a súa vida e a dos demais para sempre.

As 19:00 VOSE  

Auditorio Municipal do Concello de Vigo

«Un vrai bonhomme» 

28

Venres/Abril

Tom, un adolescente tímido e sensible, chega novo a un instituto. Para axudarlle a integrarse, decide escoitar os consellos de Léo, o seu irmán maior e un verdadeiro mestre. Léo está decidido a facer de Tom un tío enrolado, pero o seu omnipresencia vólvese rápido unha carga negativa.

En el auditorio municipal de Vigo

Gratuito hasta completar el aforo.

«Error es bien”

29

Xoves| Abril

Este xoves 29 de Abril ás 20h  presentación O «Anuario» de Error es bien editorial 
Presentado por Nono Bandera, Juan Fernando Laiglesia González e Jorge Luis Bueno. Asistencia gratuíta previa reserva a través de  Facultade de Belas Artes

Por motivos Covid o aforo estará limitado a 34 persoas. Para inscribirse escribir a nonobancdera@gmail.com co voso nome e apelidos. Vai por orde de inscrición. Non o perdades!

«Exposición dos Maios”

1

Sábado| Maio

Museo Manuel Torres, en Marín

Exposición de maios que se poderá visitar no Museo Manuel Torres, en Marín, desde o 1 ao 8 de maio. Nesta mostra poderase contemplar a arte, a imaxinación e a tradición dos maios reinterpretados pola habilitade de Barreiro, que reproduce máis de vinte pequenos maios nun formato deseñado por ela mesma.

«Esta mostra ten por obxecto manter vivo o espírito dos maios, unha festa popular moi arraigada no noso municipio», indicaron desde el Ayuntamiento.

Do 1 ao 8 de Maio

Museo Torres de Marín

«Campo de sementes”

15

Xoves| Abril

A Facultade de Belas Artes de Pontevedra continúa celebrando o seu 30 aniversario coa colectiva «Campo de sementes» na Fundacion Rac Roson Arte Contemporaneo, onde participa o profesorado máis novo da facultade con docentes de longa carreira.
Artistas: Xoan Anleo, Mª Covadonga Barreiro, Natividad Bermejo, Marcos Covelo, Basilisa Fiestras, Elena Lapeña, Juan Carlos Meana, Marina Núñez, Juan Carlos Román, Javier Tudela.
Comisarios: Xosé M. Buxán Bran e Sara Donoso.
Lugar e datas: Fundación Rac. (C/ Padre Sarmiento, 41 Pontevedra) Do 15 de abril ao 14 de maio de 2021. De mércores a venres de 16.30 a 20.30 horas
Toda a info na web!!

De mércores a venres de 16:30 a 20:30

Fundación RAC

«4 Proxectos”

12

Luns| Abril

Mónica Alonso (A Fonsagrada, Lugo, 1970) centra a súa primeira mostra individual no MARCO nunha única peza, baixo o título A maxia do colibrí. 6 casos desesperados. Unha obra que naceu en 2015, durante a estadía da artista en México, e que precisou de todo este tempo para madurar, escribirse e reescribirse. Nese ano Alonso presentou en México a obra O colibrí vermello, que está no xerme deste proxecto, vencellado coas historias e rituais máxicos asociados ao colibrí nas culturas precolombinas, e moi en liña co interese da artista sobre as relacións entre ciencia e superstición.

Sobre o seu proxecto específico para o MARCO, sinala Rosendo Cid: “A partir do título albíscase a intención chave deste proxecto expositivo, desviándome do meramente descritivo para afondar no feito mesmo de todo acto creativo como mero ocorrer, como acontecemento, sendo consciente de todo aquilo que aconteza antes de que a peza estea completada pero que igualmente está implícito cando se finaliza.”

Salvador Cidrás (Moaña, 1965) e Juan Cidrás (Vigo, 1968) forman, dende 2015, un colectivo artístico que investiga o medio cerámico e téxtil dende unha perspectiva escultórica e pictórica, respectivamente. “O noso traballo céntrase na forma e o concepto de ‘aberrante’, aquilo que se aparta do que se considera normal, natural ou correcto, en oposición ao que se aferra –a convención– ou o que é formal. As pezas maniféstanse capaces de establecer relacións entre elas e mudar, xa sexa a través da forma, a cor ou a súa instalación no espazo.”

Mar Vicente (Lugo, 1979) propón un proxecto específico para os espazos do MARCO, en sintonía cun traballo que se caracteriza pola economía de elementos cromáticos e compositivos, e pola experimentación coa forma vencellada á transformación do soporte pictórico. O punto de partida é o cadrado, que a artista desenvolve cara a terceira dimensión. O cubo, como o seu volume máis directo, adopta actitudes non convencionais que, xunto á iluminación cambiante e o punto dende onde se observa, afectan á percepción dos volumes e dos espazos.

Do 12 de abril ao 12 de setembro. 

«Etérea”

16

Venres| Abril

Na exposición « Etérea«, Din Matamoro toma como punto de partida unha soada premisa de Kandinsky: “O branco é o gran silencio cheo de cousas posibles”. Esta mostra reúne unha selección da súa obra dos últimos anos, centrada no estudo da cor, acompañada doutras pezas de épocas anteriores que, como todo o traballo deste artista, implica todo un ensaio sobre a percepción, os seus mecanismos e emocións. A intención é que a súa obra véxase íntima, completa, que o espectador poida sentir a aparición e a aproximación lenta da cor na súa mirada, a enerxía interior que hai detrás da pel de cada pintura, gardando entre elas un espazo xeneroso. Pinturas que se moven, que non se conxelan no tempo despois de ser pintadas, que conservan un latexado, unha enerxía que se despraza #ante a mirada, sutilmente, como a luz cenital ao longo do día, ou a luz e as cores que se moven nas pantallas de cinema. Se nos paramos a contemplar, a cor cambiará de intensidade e descubriremos o seu carácter íntimo, certo misterio, a súa forza interior e, a un tempo, o tráxico cósmico no que o ser humano non é máis que un eco, unha resonancia.

Do 16 de abril ao 12 de setembro. 

«Tambo”

17

Sábado| Abril

Tambo: a illa soñada, a illa posible’, é o nome da iniciativa desenvolvida polo Concello de Poio e que se celebrará nos claustros do Mosteiro o próximo 17 de abril. Será unha xornada que virará ao redor do enclave que terá como atractivo principal unha exposición ideada polo arquitecto Sergio Portela que consta de 21 paneis informativos con detalles sobre as características e historia da illa. O proxecto achega tamén propostas para facer realidade no futuro un plan de usos para as diferentes construcións existentes en Tambo, poñendo en valor as súas riquezas ambientais e patrimoniais. A xornada contará tamén cunha mesa redonda, prevista para as 11 horas, nas que tamén tomarán parte o historiador Xosé Fortes, o profesor da facultade de Ciencias do Mar Mariano Lastra, o doutor en xeografía Gonzalo Méndez e, como representante da Asociación Irmandade Illa de Tambo, Claudio Quintillán. Pola tarde, a partir das 16.30, terá lugar outro coloquio no que se debaterá sobre os retos e oportunidades que presenta o lugar. Ambas as charlas serán retransmitidas por streaming e para seguilas só é preciso solicitar unha clave a través do correo electrónico participa@concellopoio.gal . «Ofrecer á cidadanía unha visión integral sobre a Illa de Tambo e vos seus grandes recursos desde ou punto de vista patrimonial, histórico e turístico», é o obxectivo desta xornada que fora programada para o último trimestre do ano 2020 pero que tivo que ser aprazada pola pandemia.

De 10:30 a 13:00 e de 16:30 a 19:00

Concello de Poio

«Al cantar brilla«

5

Venres| Marzo

Do 5 de marzo ao 27 de abril

Facultade Belas Artes

devellabella_suelo

«No chan/En el suelo»

19

Venres| Febreiro

Fundación Laxeiro

Policarpo Sanz 15 Vigo

«En el suelo» é unha exposición de Ignacio Pérez- Jofre na que o artista presenta diferentes obras sobre papel realizadas nas rúas de Vigo coa técnica de frottage, mediante a que transfire ao soporte as terras do lugar, que actúan como pigmento que rexistra as tramas dos diferentes deseños das beirarrúas da cidade de Vigo.

O proxecto é o resultado da investigación na que a obra se constrúe a partir dos percorridos urbanos e que, neste caso, adoptan o recurso da pegada como proceso de construción da obra. Existe na obra, unha preocupación pola trama, abordada no seu aspecto práctico, como adoito deseñado para non escorregar; estético, con todas as connotacións estruturais e arquitectónicas implícitas nos deseños xeométricos; e poéticas, coa transformación dos motivos xeométricos do pavimento da cidade en metáfora da organización urbana, coa que o artista ofrece unha reflexión sobre a vida nas sociedades regulamentadas. Este modo de presentación acentúa o carácter urbano, de aspecto case industrial, dunha obra que transforma en motivo pictórico as diferentes tramas das beirarrúas da cidade, mediante un procedemento de reprodución da imaxe ausente de xesto, no que a representación icónica é substituída pola indexación, pola transferencia física de elementos da realidade. Aínda que Ignacio Pérez- Jofre defínese principalmente como pintor, a súa dilatada actividade artística comprende, ademais de obra pictórica, performance, acción, instalación, fotografía, e vídeo arte. 

Ata o 2 Maio

Fundación Laxeiro

devellabella_suelo

«Emilia Pardo Bazán»

9

Martes| Marzo

Museo de Pontevedra

sala do Edificio Castelao

Este ano dedicaremos o Día da Muller á escritora Emilia Pardo Bazán, a propósito da celebración do cen aniversario da súa morte, e por tratarse dun exemplo dunha muller defensora da igualdade que se soubo abrir camiño nun mundo dominado por homes, sendo hoxe unha figura imprescindible da cultura da España da Restauración.

Invitámosvos a coñecer algúns aspectos curiosos da súa biografía a través dunha selección de fondos artísticos, documentais, gráficos e bibliográficos do Museo, que se exporán na semana dedicada á esta celebración a partir do 9 de marzo. Esta pequena mostra situarase na sala do Edificio Castelao onde se atopa a obra do pintor coruñés Joaquín Vaamonde Cornide de quen foi mecenas.

Ademais, o departamento de Educación ofrece visitas comentadas para as que é necesaria inscrición e que estarán suxeitas ás medidas sanitarias vixentes (aforo máximo de 4 persoas máis o guía) que podería variar en función das posibles modificacións da normativa.

Visitas comentadas

  • Realizaránse todos o mércores ás 18 h ata o 12 de maio, día en que se cumpre o cen aniversario da súa morte

Inscrición

  • A través do correo electrónico: museo@depo.gal (a atención aos correos é de luns a venres de 8:30 a 14:30).
Ata o 12 Maio

Museo de Pontevedra

«A vida lenta«

11

Xoves| Marzo

Sede Afundación de Vigo Calle Policarpo Sanz, 13, Vigo

Do 11 de marzo ata o 29 de maio

Sede Afundación de Vigo

«Papiromates. Matemáticas + Creatividade = Papiroflexia »

3

Mércores| Marzo

Esta exposición reúne pezas de papel realizadas mediante a técnica do origami para pór de manifesto a relación entre as matemáticas e a papiroflexia. Na realización destas pezas, de valor case escultórico, non se usaron pegamento nin tesoiras, tan só o pregado do papel.

COMISARIO | JORGE PARDO

 Descubre que é o padrón de cicatrices e a súa importancia á hora de deseñar novos modelos, como o origami modular constrúe corpos xeométricos, ensamblando figuras de papel idénticas, ou como nas teselacións un mesmo motivo se repite numerosas veces, cubrindo un plano a través de centos de pregos. A exposición tamén repasa as achegas de algúns nomes propios relevantes no campo da papiroflexia coma o da pregadora galega Covadonga Blanco, papiroflecta, gran matemática, docente e divulgadora.

En colaboración con Escuela Museo Origami de Zaragoza (EMOZ).

Exposición con todas as medidas de seguridade pertinentes para que poidas volver gozar da arte e da cultura como o fixeches sempre.

HORARIO: LUNS a VENRES 17.30 a 20.30 e SÁBADOS 11.00 a 14.00 e 17.30 a 20.30 h

  • ENTRADA: Gratuíta
Ata o 29 de Maio

Afundación

máis artigos

Actividades do 14 ao 20 de xuño 2021

Do 7 ao 13 de Xuño

Actividades do 31 de maio ao 6 de xuño

Do 24 ao 30 de Maio 2021

Do 17 ao 23 de maio 2021

Do 10 ao 16 de maio 2021

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Español