San Silvestre

“San Silvestre ” 

31

Venres/Decembro

A XXXVIII Edición da San Silvestre de Pontevedra terá lugar na Xunqueira de Alba dende as 10:30h ata as 17:20h. Serán saídas cada 20 min de grupos de 150 persoas para cumprir os protocolos COVID.

inscripcións

Camiseta conmemorativa a cambio de alimentos non perecedeiros.

Saídas de 150 persoas cada 20 minutos dende 10.30 a 13.50 h e de 16:00 a 17.40 h.

Máscara obrigatoria

Inscricións ata o 26 de decembro

Recollida de dorsais 27/12 ao 30/12 de 10 a 13.30 e de 16.30 a 19.30 h. na Casa da Luz.

Premio ao mellor disfraz, aos participantes home e muller máis maior e máis novx.

De 10.30 a 13.50 h e de 16:00 a 17.40 h
Xunqueira de Alba
O instituto

Instituto de Pontevedra 1845-1963

18

Sábado/Decembro

Instituto de Pontevedra 1845-1963” é o título da exposición fotográfica que recolle 118 anos de historia académica na cidade a través de orlas, imaxes e outras fotografías das promocións de alumnos e os claustros de profesores neses anos. A exposición, patrocinada pola Deputación a través do Museo de Pontevedra, abriuse na galería de arte Musart, situada no número 28 da rúa Herreros e pódese visitar ata o próximo 17 de xaneiro de luns a xoves entre as 12.00 e as 14.00 horas pola mañá e de 18.00 a 20.00 horas pola tarde. Os venres, o horario é de 11.00 a 13.00.

Ata o 17 de xaneiro 2022

Galería de arte Musart Rúa Herreros nº 28

Tino Canicoba

O fin da memoria

18

Sábado/Decembro

Exposicion Tino Canicoba O Fin da memoria “
O artista logra representar na súas obras o sinificado que a vida cotiá esconde.
A exposición estará ata o 30 de Xaneiro.
Quedaredes gratamente sorprendidos pola historia e os personaxes que xiran o redor da exposicion.
Ata o 30 de xaneiro

Centro comercial Arousa

orografia

Orografía

18

Sábado/Decembro

Orografías” preséntase como unha proposta de relación artística co fin de crear un diálogo en común, propoñendo unha convivencia e relación plástica que desemboca na idea de territorio. Este concepto é concibido desde tres fronteiras e perspectivas diferentes que representa unha descrición física e emocional do lugar habitado, lembrado ou estrañado.
María Gar, Basilisa Fiestras, Alexandra R.Rey
Ata o 21 de xaneiro

Sala Apostrophe Vigo

casino

Exposición de pintura e fotografía

13

Luns/Decembro

Liceo Casino de Pontevedra

Do 13 de decembro ao 10 de xaneiro a Asociación Artístico Cultural de Pontevedra expoñerá as súas mostras de pintura e fotografía na Sala de Exposicións do noso local social.
Ata o 10 de xaneiro

Liceo Casino de Pontevedra

historias vestidas

“Historias vestidas” 

9

Xoves/Decembro

Exposición sobre moda con proxectos de novos deseñadores formados en Pontevedra. A mostra acolle traballos desenvolvimos como parte da súa formación, con marcado carácter experimental e narrativo. Creacións que contan historias a través das prendas: a selección de tecidos, as siluetas e os estampados conforman un relato a través dos significados que gardan. 

Na mostra pódense ver os proxectos recentemente premiados na última edición de Debut: Noemí Montenegro, premio SETGA ao deseño e a creatividade; Sabela Juncal, premio Digipress Epson á mellor aplicación en moda de técnicas de sublimación; Bibi Martín, premio Artesanía de Galicia – Xunta de Galicia á colección con valor artesanal.

Cinco dos 16 deseñadores participantes na mostra están cursando na actualidade o Mestrado Universitario en Diseño e Dirección Creativa en Moda. Os outros remataron recentemente os estudos e son os traballos fin de master e os traballos final de estudos do título propio de Esdemga os que presentan no Pazo da Cultura

A inauguración terá lugar o xoves 9 ás 20h e permanecerá visitable ata o 30 de xaneiro de martes a venres de 18 a 21h, sábados de 12 a º4h. e de 18 a 21h. e domingos de 12 a 14h. Os luns, pechada.

Ata o 30 de xaneiro 2022

Pazo da Cultura

Castelao

‘Castelao en Europa. A viaxe de 1921 

2

Xoves/Decembro

Inauguración de ‘Castelao en Europa. A viaxe de 1921’, unha mostra na que poderedes ver o ‘Diario’ orixinal no que o artista recolleu as impresións da súa estancia en Francia, Bélxica e Alemaña, onde puido estudar a tradición artística e as linguaxes das vangardas europeas contemporáneas. Reproducións de máis dun centenar dos debuxos contidos neste excepcional manuscrito, así como documentación, correspondencia e demais material relacionado con esta viaxe de gran impacto na súa evolución artística, conforman esta exposición comisariada pola responsable de Coleccións deste museo, Ángeles Tilve.
Entrada libre ata completar a capacidade
Ata o 23 de xaneiro
Ata o 23 de xaneiro 2022 

Edificio Castelao

Papiroflexia

“Origami” 

4

Xoves/Novembro

Edificio Castelao

A exposición ‘Origami. De papel a obra de arte’, que estará aberta desde o xoves ata o 23 de xaneiro no #edificioCastelao, propón un percorrido por todas as modalidades da papiroflexia partindo dos seus inicios tanto no mundo como en España, onde Miguel de Unamuno foi un dos seus máximos impulsores, e destacando o labor do grupo zaragozano fundado en 1944. Non vola perdades!
 Entrada libre ata completar a capacidade

Visitas guiadas todos os xoves ás 18:00 h. Sen inscrición previa 

Do 4 de Novembro ao 23 de Xaneiro

Ata o 23 de xaneiro 2022

Museo de Pontevedra

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥