Unha viaxe de mármol

“Un viaje de mármol” 

27

Luns/Febreiro

No marco do ciclo de cinema documental Docs del Mes, a Vicerreitoría do campus acolle a proxección de Un viaje de mármol, un documental do director chinés Sean Chang que amosa como os bloques de mármore extraídos dunha canteira en Grecia viaxan en barco a China para seren convertidos en esculturas e columnas de estilo grego.

Entrada de balde ata completar capacidade

​Ás 20:00 horas
Casa das Campás, Pontevedra
Cesáreo Sánchez

“A árbore que dá as lágrimas de Shiva” 

28

Martes/Febreiro

Presentación do libro “A árbore que dá as lágrimas de Shiva” de Cesáreo Sánchez Iglesias.

Acompañarán ao autor a escritora Mirian Ferradáns e o presidente da A.C.Maiolongo, Xosé Abilleira

A entrada é libre ata completar capacidade.

​Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“Produtora executiva e directora, ¿Elección o necesidade?”

Conciliación na produción… 

28

Martes/Febreiro

A Deputación de Pontevedra, desde a Escola de Igualade María Vinyals en colaboración con Agapi, organiza unha mesa de debate, dedicada a analizar aspectos relacionados coa conciliación na produción audiovisual da man de voces tan destacadas coma Paula Cons, Jaione Camborda, Gael Herrera ou Adriana P. Villanueva.

Baixo o título “Conciliación na produción audiovisual, o reto silenciado pendente” abordaranse cuestións coma as dificultades á hora de conciliar a vida laboral e familiar, os retos aos que se enfrontan as mulleres embarazadas á hora de organizar a súa substitución no traballo, o papel da muller no sector audiovisual unha vez que é nai, a multitarefa ou a necesidade de ter que elixir entre os coidados ou asumir unha carga extra de traballo poucas veces recoñecida.

Esta actividade é de balde ata completar a capacidade. É necesaria a inscrición previa

Formulario de inscrición

​Ás 19:00 horas
Pazo provincial, Pontevedra
Domingos

“Unha democracia sen atallos…” 

28

Martes/Febreiro

O Ateneo de Pontevedra organiza, dentro do Seminario Permante de Filosofía, a conferencia “Unha democracia sen atallos é posible?, impartida polo doutor en Filosofía Domingos Antom Garcia Fernandes.

 Sinopse
Domingos Antom Garcia detalla que durante a conferencia “será feita uma tentativa de responder à questom sobre a possibilidade duma democracia liberal em que parece haver um conflito entre a liberdade individual e a vontade da maioria.

A entrada é libre ata completar capacidade.

​Ás 19:30 horas
Casa das Campás, Pontevedra
Pacifiction

“Pacifiction” 

28

Martes/Febreiro

PACIFICTION  Albert Serra, 2022, Francia, 165 min., VOSE  Lingua orixinal: francés

Na illa de Tahití, na Polinesia Francesa, o Alto Comisario da República, De Roller, representante do Estado francés, é un home calculador de maneiras impecables. Tanto nas recepcións oficiais como nos establecementos ilegais, non deixa de tomarlle o pulso a unha poboación local cuxa ira pode espertar en calquera momento. E máis aínda cando un rumor se instala: parece avistarse un submarino, cuxa presenza fantasmal podería anunciar que se retomaron os ensaios nucleares franceses. 
Festival de Cannes 2022: Sección Oficial
Premio Louis-Delluc 2022 ao Mellor Filme francés do ano
Prix Lumières da prensa internacional: Mellor Dirección, Mellor Actor (Benoît Magimel), Mellor Dirección de Fotografia (Artur Tort)
Premios Gaudí 2022: Mellor Filme en Lingua Non Catalá, Mellor Dirección De Fotografía, Mellor Dirección Artística

Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
Haute couture

“Haute coûture” 

1-3

Mércores e venres/Marzo

Ciclo de cinema e moda na EOI. Empezamos con francés para ir abrindo boca. Sodes todos e todas benvidos!

“Haute Coûture” de Sylvie Ohayon 2021. 100′ . Francés con subtítulos en francés. 

Esther atópase case ao final da súa carreira como xefa de costura no obradoiro Maison  Dior Avenue Montaigne. Un día, unha muller de 20 años, Jade, roúballe o bolso no metro. En vez de chamar a policía, decide facerse cargo de Jade.

Entrada de balde

Mércores ás 11:00 e venres ás 17:30 horas
Salón de actos da EOI Pontevedra
Antía Morgade

“O home que matou a Antía Morgade” 

1

Mércores/Marzo

Presentación na librería Cronopios do libro de Arantza PortabalesO home que matou a Antía Morgade”.

A autora estará acompañada pola xornalista Susana Pedreira de Onda cero quen conducirá a charla.

Santiago de Compostela, 2021: seis amigos acuden a unha cea de reencontro tras máis de dúas décadas sen verse. Durante o espectáculo de fogos artificiais previos á festividade do Apóstolo, un disparo a bocajarro acaba coa vida dun deles.

Ás 19:00 horas
Librería Cronopios de Pontevedra
Anni Albers

“Anni Albers” 

1

Mércores/Marzo

Destacadas mulleres creadoras do século XX converteranse en protagonistas do novo curso de ‘Avantaxado feminino‘ na súa segunda edición.  O acceso a estas sesións do curso é libre. No caso de que as persoas asistentes queiran dispoñer dun certificado de asistencia deberán inscribirse previamente en reservas.museo@depo.gal e acudir, polo menos, a sete das dez sesións previstas. Carolina Munáiz, responsable do curso, exerce como docente na Escola Superior de Deseño de Moda Formarche da Coruña, titulada en Ilustración pola EASD Pablo Picasso e con formación de primeiro ciclo da Escola de Canteiros de Pontevedra. Ademais, é pintora e profesora das materias de Historia da Indumentaria e de Historia da arte e da moda do século XX

Anni Albers (deseño textil)

De 19:00 a 20:30 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Lady bird

“Ladybird, Ladybird” 

1

Mércores/Marzo

  No marco da programación da Fundación Cuña-Casasbellas. Fabulario Novo-Hipofanías, para o ano 2023, terá lugar na Sala VerSus un novo Ciclo de poesía, arte, cine e socioloxía “Familias en escena”. O programa inclúe o ciclo cinematográfico homónimo, cuxa quinta sesión terá lugar este mércores, 1 de marzo, ás 20:00h, coa proxección do Film: Ladybird, Ladybird  Reino Unido, 1994 Ken Loach,  95’

Sinopse. Maggie ten catro fillos, todos de distintos pais e que, debido ao violento ambiente familiar, están a cargo dos servizos sociais británicos. Cando Maggie coñece a Jorge, un refuxiado hispanoamericano, albisca a posibilidade de refacer por fin o seu fogar. Con todo, o seu pasado segue atormentándoa. Unha vez involucrada na burocracia da asistencia social, resultaralle moi difícil conseguir a custodia dos seus fillos, pero Maggie non se dá por vencida. 

Ás 20:00 horas
En Sala VerSus, rúa Gerardo Álvarez Limeses, nº 12, Pontevedra
Ivo Sirakov

“Hipnosis” 

1

Mércores/Marzo

Exposición “Hipnosis”, de Ivo Sirakov

 Inauguración: mércores 1 de marzo de 2023, ás 20 horas, no Liceo Casino de Pontevedra (rúa de Manuel Quiroga, 21). Poderá visitarse durante o mes de marzo.

 Organiza: Liceo Casino de Pontevedra.

 Colabora: Ateneo de Pontevedra.

​Do 1 ao 31 de Marzo 2023
Liceo Casino, Pontevedra
andainas

“En marcha contra o cancro” 

2

Xoves/Marzo

A cuarta edición da iniciativa Rutas Saludables volve a Pontevedra

A actividade é gratuíta e comezará o próximo día 23 de febreiro ten prazas limitadas e está dirixida a esa poboación que ten unha vida sedentaria e quere comezar a practicar hábitos de vida saudables

Divídese en 2 grupos os xoves: un ás 10.30 horas e outro ás 17.00 horas A duración prevista para esta actividade é de hora e media aproximadamente e será guiada sempre por un/unha voluntari@

Desenvolveranse pola cidade co obxectivo de combater o sedentarismo, xa que é o responsable do 6% de mortes en todo o mundo e incrementa o risco de padecer cancro de colon e de mama ata un 20-25%

Se queres inscribirte, chámanos ao noso teléfono 900 100 036 (gratuíto e 24h) ou presencialmente na nosa sede en Pontevedra (Eduardo Pondal, 64A, baixo) ata que se completen as prazas.

Xoves: ás 10.30 horas e ás 17.00 horas
Sede da Asociación Eduardo Pondal, 64A Pontevedra
Ramón Nicolás

“Fdez del Riego. Vida e obra…”

2

Xoves/Marzo

 Ramón Nicolás presenta o seu novo libro ‘Francisco Fernández del Riego. Vida e obra dun obreiro do galeguismo’, editado por Xerais, acompañado de Anxo González Guerra e Sara Vila.

Unha biografía divulgativa sobre Francisco Fernández del Riego, autor das Letras Galegas 2023. Un libro para entender que sucedeu no galeguismo e na cultura galega do século XX.A historia dunha persoa honesta e comprometida.
Unha biografía divulgativa sobre Francisco Fernández del Riego, autor das Letras Galegas 2023. Un libro para entender que sucedeu no galeguismo e na cultura galega do século XX.A historia dunha persoa honesta e comprometida.

Ás 19:30 horas
Libraría Paz Pontevedra
Liceo casino

“O Pazo como inspiración literaria” 

2

Xoves/Marzo

O Liceo Casino de Pontevedra acolle a Silvia Rodriguez ColadasLola Fernández Pazos o 2 de marzo ás 19:30h. A vicepresidenta do Liceo Casino de Pontevedra, Maria Cervera e a responsable de Cultura, Mercedes Arbolí, encargaránse de moderar o coloquio.

​Ás 19:30 horas
Liceo Casino, Pontevedra
Mulleres en loita

“Mulleres en loita” 

2

Xoves/Marzo

O Gastroespazo do Mercado de Pontevedra ofrecerá durante todo o mes de marzo, con motivo da conmemoración do 8M, a exposición titulada ‘Mulleres en Loita’. 

Trátase dunha mostra organizada polo Grupo de Acción de Amnistía Internacional Pontevedra en colaboración coa concellería de Igualdade. A inauguración está prevista para o xoves 2 de marzo, ás 20.00 horas.

No acto inaugural participarán Margarita González, portavoz de Amnistía Internacional Galicia en cuestións de xénero; Pepa Vázquez, coordinadora do colectivo Boa Vida; e Seny Kébé, portavoz de Amnistía Internacional en temas de inmigración.

​Ás 20:00 horas
Gastroespazo do Mercado, Pontevedra
vox populi

“Vox populi” 

2

Xoves/Marzo

VOX POPULI é un espectáculo de gran formato. Unha ópera rock con música e letra orixinais, interpretada en directo por doce actrices, actores e músicos.
VOX POPULI fala sobre o continuo crecemento da extrema dereita en todo o mundo e a súa influencia negativa nun gran número de temas como: a inmigración, as liberdades e os dereitos sociais. Texto e dirección: José Prieto.

Reparto: María Costas, Paku Granxa, César Goldi, Paula Pier, Carlos Mosquera “Mos”, Bea García, Xoque Carbajal, Iria Sobrado, Celia González, Chechu Mosquera, Lorena Martín e Andrés Sandá.

Mercar entradas 

​Ás 21:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
World Triathlon

“Izada da bandeira da World Triathlon” 

3

Venres/Marzo

Pontevedra celebrará os 200 días que faltan para a Gran Final das Series Mundiais de Triatlón cun concerto das Tanxugueiras.
A presentación estará dirixida por Rodrigo Vázquez —xornalista gañador do Mestre Mateo na categoría de mellor comunicador en lingua galega—. Ás 19 horas, Pablo Méndez ofrecerá unha performance preparada para a ocasión, para posteriormente, ás 19.30 horas, haberá un acto institucional coa participación da Xunta, a Deputación de Pontevedra e o Concello. Tamén se contará coa presenza de distintas personalidades deportivas como Susana Rodríguez Gacio, actual campioa do mundo de paratriatlón, Natalia Castro SantosPablo Dapena ou Mónica Flores Ferreiro
Este será o evento deportivo máis grande que se fixo nunca na cidade e que pode achegar até 15.000 persoas á Boa Vila.
​Ás 19:00 horas
Praza de España, Pontevedra
tricicle

“Tricicle” 

3

Venres/Marzo

Auditorio Sede Afundación

José Corbacho e Carles Sans «O coñecido humorista fala por primeira vez co público, sen perder a súa esencia gestual» Un estímulo de risa para todo o público asistente. Agora que Tricicle tómase un parón indefinido, Carles Sans, tras 40 anos de silencio, aproveita para falar dos acontecementos e anécdotas profesionais e persoais vividas durante este período. Confesións tan sorprendentes como como antes de convencer aos seus socios para formar unha empresa interesouse polas súas noivas, ou como superou a súa última colonoscopia mentres o doutor falaba de Tricicle. Un espectáculo baseado en feitos reais que fará rir a quen queira saber máis sobre Tricicle, que xa forma parte da memoria emotiva do noso país.

Mercar entradas 

​Ás 20:30 horas
Auditorio Sede Afundación , Pontevedra
Escalada en feminino

“Escalada en feminino”

4

Sábado/Marzo

O Club AROMON, con motivo do Día Internacional da Muller 2023, organiza as I XORNADAS DE ESCALADA EN FEMININO ofrece a posibilidade de practicar a escalada.

Sábado 4 de marzo

– Mañá: Rocódromo da Facultade de Ciencias da Educación e o Deporte. Campus Universitario de Pontevedra (Quendas: 10:30 a 12:00 / 12:00 a 13:30)

– Tarde: Rocódromo do Pavillón Multiusos A Xunqueira (Quendas: 16:30 a 18:00 / 18:00 a 19:30)

Inscrición

De 10:30 a 12:00 12:00 a 13:30/16:30 a 18:00/18:00 a 19:30 horas
Facultade de CCEE e do deporte e Pavillón da Xunqueira de Pontevedra
Roteiro

“Roteiro en Xeve”

4

Sábado/Marzo

Presentación do roteiro patrimonial da parroquia de Xeve

Novo roteiro circular de 5,7 quilómetros que percorre elementos de importancia patrimonial na parroquia de Santa María de Xeve.

O roteiro ofrece unha dificultade baixa e nos paneis informativos mostraranse datos sobre os elementos patrimoniais que se atopan durante o traxecto. O percorrido iníciase na igrexa de Santa María; pasa por Torre Vella; o pazo de Gondar; o cárcere de Gondar; o miradoiro da Pedreira; A Forca; a Casa da Audiencia; as pedras de Becerral; o Outeiro do Castro; o miradoiro de Outeiro Vello; o cruceiro de Regueiro; o muíño vello; a casa dos Monteagudos; a casa de Sancristana; a casa antiga do Concello e con volta á igrexa de Santa María.

Pola mañá
Igrexa de Santa María de Xeve
Teoria do fin

“Teoría do fin”

4

Sábado/Marzo

 O autor Antonio Seijas presenta o seu novo cómic “Teoría do fin” acompañado do xornalista cultural Ramón Rozas e do editor César Lorenzo

XXXVII PREMIO DE POESÍA CIDADE DE OURENSE Dámosche a benvida ao final do mundo que coñeces. Non á fin senón ao fin, porque a nova fase que virá terá o seu particular propósito, as súas propias arelas e soños. Antonio Seijas debuta como poeta con este libro no que amosa unha gran capacidade para crear imaxes e ambientes que superan a mirada cotiá sobre o que nos arrodea para nos propor un diálogo coa totalidade, co latexo da materia que se envolve nunha aperta lírica coas nosas emocións.

Ás 12:30 horas
Libraría Paz Pontevedra
El barbero de Sevilla

“El barbero de Sevilla” 

5

Domingo/Marzo

Auditorio Sede Afundación

O BARBERO DE SEVILLA, G. Rossini Ópera en dous actos 

Tras 31 anos traballando coas compañías de Ópera dos Teatros Nacionais de Odessa, Kiev, Dombass, e Kishinau. Creamos no ano 2020 en tempos da pandemia nosa propia compañía A LGAM. Formada por artistas residentes en España e que colaboran regularmente cos teatros de ópera máis prestixiosos do noso país, “Teatro Real”, “Palau das Arts” de Valencia e “Teatro Liceu” de Barcelona, entre outros. Todos eles, xunto aos directores de orquestra, coro, escena e solistas invitados, forman un conxunto de primeiro nivel. Doutra banda O Teatro Nacional de Moldavia colabora con toda a parte técnica e de escenario. Renovamos a escena achegando proxeccións innovadoras, dando un toque de modernidade ás nosas producións. Queremos con todo isto atraer a un público máis novo, por iso, esa mestura de clásico e visual tan moderno hoxe en dia.

Mercar entradas 

​Ás 19:00 horas
Auditorio Sede Afundación , Pontevedra
Menchi Abril

“Menchu Abril”

17

Venres/Febreiro

Exposición de Menchu Abril. no Granero Delmás

Do 13 de marzo ao 13 de abril 

Horario de 9:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 horas

Do 13 de Febreiro ao 13 de Marzo 2023
Granero Delmás, Pontevedra
aire

“Aire Galería”

9

Xoves/Febreiro

A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes, emprazada na Facultade de Belas Artes, acolle a exposición Aire Galería, centrada na traxectoria deste espazo expositivo de Bilbao, que dá visibilidade ao labor artístico do alumnado e profesorado vinculado á Facultade de Belas Artes da Universidade do País Vasco (UPV/EHU).

Promovida coa colaboración desta universidade, nesta exposición preséntase unha selección das obras dos 64 artistas que formaron parte nas diferentes exposicións promovidas na Galería Aire e que integran a súa colección. A mostra pode visitarse ata o 7 de abril, en horario de 9.00 a 14.00 horas.

D 9 de febreiro ao 7 de abril 2023
Sala de exposicións Manuel Moldes, Belas Artes, Pontevedra
Xulio Gil

“Símbolos do conflito” 

2

Xoves/Febreiro

Exposición ‘Símbolos do conflito” de Xulio Gil,

Entrada libre ata completar capacidade

Do 2 de Febreiro ao 27 de Marzo 2023
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Vexo vexo

“Vexo, vexo! que ves?” 

1

Mércores/Febreiro

Exposición VEXO, VEXO! QUE VES? Xogo, humor e metáforas na Colección de Arte Afundación, en Pontevedra

Compónse de trinta e catro pezas de autorías e soportes diversos: un gravado de Goya, debuxos de Castelao, esculturas de Xurxo Oro Claro, un óleo de Berta Cáccamo, a banda deseñada sobre a nosa Colección de Jacobo Fernández, fotografías de Helena Segura-Torrella e Daniel Canogar, entre outras obras. Todo, no Café Moderno de Pontevedra.

Do 1 de febreiro ata o 8 de abril 2023
Café moderno de Pontevedra
A cidade é a pegada

“A cidade é a pegada” 

15

Xoves/Decembro

A exposición, que reflexiona sobre o acontecemento de pertencer a Pontevedra empregando a infancia como fío condutor, conta con Alfredo Olmedo como comisario, os subcomisarios Eduardo Outeiro, Norberto Olmedo e Fernando Suárez, Milagros Bará, Alberto Reiriz e Vicente Pillado do estudio de arquitectura NAN, o arquiveiro municipal Rodrigo Silva e Patricia Dopico, responsable do diseño editorial.

Estará dividida nos espazos Personaxes, do que hoxe avanzamos unhas pinceladas, Infancia, Arquitectura e Río e será, “a produción máis importante a nivel expositivo que levou a cabo o Concello.

Do 15 decembro ao 22 de marzo 2023
Pazo da cultura Pontevedra

Xa podes anotarte

Hamelin

“Hamelin” 

9

Xoves/Marzo

Ponteatro “Hamelin” de RedRum

*Érase unha vez unha fermosa cidade chamada Hamelín. A cidade estaba chea de ratas. Ata que alguén tocou unha música fermosa”. A versión aproximada do conto é máis crible e máis parecida ao mundo no que vivimos. No noso mundo, as nenas pagan primeiro. Pagan os vicios dos maiores e as súas mentiras. Nese sentido, o Hamelín que non sabe protexer ás súas nenas é como moitas cidades do noso mundo. Mayorga aborda o tema da pederastia con linguaxe e escenas cheas de elipses, onde se alude a cousas, onde o espectador debe poñer do seu parte para interpretar, para imaxinar, para encher os silencios.   Texto: Juan Mayorga Dirección e tradución: Alex Sampaio. Repartición: Machi Salgado, Mónica García, Fran Lareu, Belén Constenla, Roberto Leal, Guillermo Carbajo, Rubén Porto Duración 90 minutos.

Mercar entradas

Ás 21:00 horas
Teatro Principal , Pontevedra
Yo me bajo en la próxima

“Yo me bajo en la próxima, ¿y usted?” 

10

Venres/Marzo

Esta divertida comedia musical fai un percorrido polo noso pasado máis recente, a través da vida dunha parella divorciada que, pasados os 50, diríxense ao público para lembrar con, moito humor, as experiencias que os levaron ata o presente. A obra, escrita por Adolfo Marsillach, é unha proposta que convida a rir, cantar e sobre todo, a lembrar unha época da nosa vida, que xa é historia.

Mercar entradas

Ás 20:00 horas
Auditorio Sede Afundación , Pontevedra
baile standard

“Cpto España baile Standar” 

10-12

Venres a Domingo/Marzo

Durante os días 10, 11 e 12 de Marzo, celebrarase no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra, o CAMPIONATO DE ESPAÑA STANDARD 2023. Este evento está organizado desde o Concello de Pontevedra, a Federación Española de Baile Deportivo e a nosa escola PonteBaile.

Todo o día
Pavillón dos deportes , Pontevedra
As matinés

“Os Estanques e Anni B. Sweet” 

11

Sábado/Marzo

Anni B Sweet en As Matinés do Principal 

O novo tándem Os ESTANQUES e ANNI B SWEET publicou o seu primeiro álbum conxunto, baixo o título “Burbuja cómoda y elefante inesperado” (27/05/22), co tema “Caballitos de mar” como focus track. Composto por Anni B Sweet e Iñigo Bregel, e producido integramente polo propio Bregel, gravouse durante o ano pasado entre Madrid e as montañas fronteirizas de Lanestosa (Euskadi/Cantabria). Autoproducido ao 100%, editouse de forma independente con Inbopohonic Records e distribución de Altafonte. Todas as artes deste proxecto as firma Mario Feal.

Mercar entradas

Ás 13:00 horas
Teatro Principal , Pontevedra
Mulleres e inspiración

“Mulleres e inspiración” 

12

Sábado/Marzo

A Orquestra Sinfónica de Pontevedra protagonizará un concerto moi especial denominado “Mulleres e Inspiración” baixo a batuta de Renata Oliveira. Unha proposta de programa que reúne no seu eixo central a promoción da muller e as súas profesións relacionadas coa música. Dar visibilidade a unha profesión que sempre foi exercida por unha maioría masculina desde a antigüidade. Nel poderemos escoitar as melodías máis significativas de Amy Beach, un nena prodixio desde moi temperá idade, sendo a primeira muller estadounidense en compoñer e interpretar unha sinfonía. E como non, a tres talentosas compositoras do noso tempo e contorna, como son Sofía Oriana, Carme Rodríguez e Julia Dopico que tamén se encargarán de enlazar as súas melodías coa nosa querida Galicia, nas que unha frauta e unha bandurria serán as protagonistas. 

Mercar entradas

Ás 19:00 horas
Auditorio do pazo da Cultura, Pontevedra

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥