Rizi” 

27

Luns/Setembro

Rizi de Tsai Ming- Liang, intencionadamente no fue subtitulada, por deseo expreso del director. 2020 127’

Kang vive só nunha casa grande. A través das ventás, mira cara ás árbores golpeadas polo vento e a choiva. Sente unha dor estraña de orixe descoñecida que apenas pode soportar e que afecta a todo o seu corpo. Non vive nun pequeno apartamento en Bangkok onde prepara pratos tradicionais do seu pobo natal. Cando Kang reúnese con Non nun cuarto de hotel, ambos os homes comparten a súa soidade.

As 20:30   VOSE

Teatro principal Pontevedra

la gente no existe

“La gente no existe” 

28

Martes/Setembro

Laura Ferrero presenta o seu último libro, ‘La gente no existe

Laura Ferrero retrata con elegancia, sabedoría e emoción o corazón dolorido dunha sociedade que segue tarareando a canción dun vello verán mentres acumula, como facturas sen pagar, expectativas non cumpridas e fracasos.

First Cow” 

28

Martes/Setembro

“First Cow”, de Kelly Reichardt, que fue subtitulada en gallego por Numax, con la colaboración de la Secretaría Xeral de Política Lingüística y de Avalon. 2019 121’ EEUU

Narra a historia dun cociñeiro (John Magaro) contratado por unha expedición de cazadores de peles, no estado de Oregón, na década de 1820. Tamén a dun misterioso inmigrante chinés ( Orion Le) que foxe duns homes que lle perseguen, e da crecente amizade entre ambos nun territorio hostil.

As 20:30   VOSE

Teatro principal Pontevedra

Abstinencia

“Abstinencia” 

30

Xoves/Setembro

Diante da casa das campás Pontevedra

Performance; ‘Abstinencia‘, de Andrea Dunia Díaz Casal e Xiana Santiago Couce

Exterior da Casa das Campás, Pontevedra

 ‘Abstinencia’, obra de estudantes de Belas Artes. Será o xoves 30 diante da Casa das Campás.

As 12:30 

Diante Casa das Campás

Kiko Dasilva

“Moncho e a Mancha”

30

Xoves/Setembro

O ilustrador pontevedrés Kiko da Silva firma exemplares de ‘Moncho e a mancha‘ con motivo da edición especial que celebra os 20 anos deste libro.

As 19:00 

Libraría Paz

Irmandiñas

“Irmandiñas”

30

Xoves/Setembro

A escritora e investigadora Aurora Marco presenta o seu libro ‘Irmandiñas‘ acompañada de María Xesús López Escudeiro (ensinante xubilada) e Afonso Ribas (editor). Actuación musical de Barahúnda.
‘Irmandiñas’ é o resultado dun traballo de investigación co que a autora nos descubre a estas mulleres que non foron unha excepción e a súa proxección pública foi abondo limitada se a comparamos coa dos compañeiros, mais o seu compromiso e actividades non foron en absoluto irrelevantes. No activismo inicial tras o nacemento das Irmandades, nos coros e agrupacións teatrais, na actividade intelectual no Seminario de Estudos Galegos, no desenvolvemento editorial galego, na actividade política, no espallamento do ideal galeguista e republicano, na defensa da lingua, na escrita… Alí estaban estas mulleres galegas cuxas traxectorias se recollen neste libro, para tentar cubrir un inxusto baleiro.
Editado por Laiovento foi a obra gañadora do Premio Follas Novas do Libro Galego 2021 – Ensaio e Investigación
As 20:00 

Libraría Paz

Brancardier

“Brancardier el Dietrólogo” 

30

Xoves/Setembro

Sala Nemonón Villa Pilar

Presentación e firma de exemplares de Manuel J. Núñez Fernández.
Manuel Jesús Núñez Fernández es doctor en Medicina, especialista en Medicina Interna y su trayectoria profesional está vinculada al Complejo Hospitalario Universitario de Pontevedra. Su trayectoria personal está vinculada a un pilar sólido sobre el que el fue creciendo: la familia.
Brancardier el dietrólogo (que recita poemas)’ es el título del primer libro que acaba de editar y que ya está a la venta en librerías. 
As 20:00 

Espacio Nemonón Villa Pilar

Gaiteiro

“Gaiteiraos” 

30

Xoves/Setembro

Claustro do edificio Sarmiento

Un total de 35 debuxos de recoñecidas gaiteiras e gaiteiros de Galicia compoñen a exposición Gaiteiraos, coa que o seu autor, César Lombera, pretende reivindicalos como un exemplo sobranceiro do noso patrimonio inmaterial. A mostra poderá visitarse no claustro do edificio Sarmiento desde o 30 de setembro ata o 28 de novembro.

Ata 28 Novembro

Museo de Pontevedra

sete espadelas

“II Pasarela de traxe tradicional” 

1

Venres/Outubro

II Pasarela de traxe tradicional de Pontevedra, organizado por sete espadelas

As 21:00  

Praza de España, Pontevedra

Santi Lopo

“Afinidades electivas ” 

2

Sábado/Outubro

A escritora valenciana Bárbara Blasco Grau e o autor e tradutor galego Santiago González Lopo serán os protagonistas do encontro que, dentro do programa Afinidades electivas, celebrarase na Librería Paz o próximo 2 de outubro. Esta iniciativa, que celebra a súa segunda edición, propón charlas literarias entre dous escritores e tradutores que desenvolvan o seu traballo nas diferentes linguas oficiais do Estado. O obxectivo é animar a cada un deles a referirse ao traballo e á obra do outro, buscando semellanzas, conexións e mesmo camiños diverxentes. Este programa do Ministerio de Cultura e Deporte ten ademais como finalidade impulsar a actividade en librerías independentes, así como apoiar a creación literaria en todas as linguas propias do Estado, poñendo en valor a pluralidade lingüística do país. Así, nel participan autores en castelán, catalán, galego, eúscaro, bable, valenciano e aragonés. A diversidade tamén está presente a través dos xéneros literarios nos que traballan: narrativa, poesía, ilustración e tradución.

As 12:30 

Libraría Paz

Ribeira Sacra

“Ribeira Sacra” 

3

Domingo/Outubro

Ven a coñecer a Ribeira Sacra dua xeito diferente, esta vez no Tren. Transitaremos polas abruptas e empinadas laderas do Canón do Sil na zona de Amandi no medio de viñedos romanos en bancales. Unha experiencia sen igual
Exposición traxes

“Exposición de traxe tradicional” 

27

Luns/Setembro

“Mostra das pezas do Traxe Tradicional’, organizada por la Asociación do Traxe Tradicional de Pontevedra

Liceo Casino de Pontevedra, rúa Manuel Quiroga, 21 (entrada libre)

Organiza: Asociación Traxe Tradicional Pontevedra  

Entrada gratuita. Aforo limitado con medidas de prevención frente al Covid

Liceo Casino de Pontevedra, rúa Manuel Quiroga, 21 (entrada libre)

Ata o 30 de setembro

De 10:00 a 14:00  

Liceo Casino

exposición liceo

“Exposición de pintura” 

27

Luns/Setembro

Exposición de pintura da Asociación Artístico Cultural de Pontevedra

Liceo Casino de Pontevedra, rúa Manuel Quiroga, 21 (entrada libre)

Ata o 30 de setembro

De 10:00 a 14:00  

Liceo Casino

Galicia na miña pintura

“Galicia na miña pintura” 

17

Venres/Setembro

Palacete das Mendoza

Exposición de Rosa Crespo Galicia na miña pintura
De martes a domingos de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 os sábados de 15:00 a 19:00 e os domingos só por a mañá
Do 17 de setembro ao 3 de outubro
De 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 

Palacete das Mendoza

De Renoir a Sorolla

Mulleres. De Renoir a Sorolla” 

9

Luns/Agosto

A exposición ‘Mulleres. De Renoir a Sorolla’ podes visitala pola túa conta ou participar nas visitas guiadas que realizamos os xoves ás 18.00 h e os sábados ás 12:00 h. Iso si, terás que reservar praza porque son limitadas. Escribe a educacion.museo@depo.es

Ata 17 outubro

Museo de Pontevedra

Cuentos móviles

‘Pop- up. Libros móbiles e despregables” 

10

Martes/Agosto

Exposición ‘Pop- up. Libros móbiles e despregables

O alemán Lothar Meggendorfer foi un dos artífices do que se coñece como a época dourada dos libros despregables. No #edificioCastelao podedes ver unha das súas obras, un exemplar de ‘Le grand cirque international’, que estivo exposto na Biblioteca Nacional de España e do que tan só coñécese outra peza máis no mundo. Unha pequeña xoia de 1887.

Ata 12 outubro

Museo de Pontevedra

Borrón 4

“Borrón 4” 

17

Venres/Setembro

O Concello de Cambados organiza unha exposición no Pazo de Torrado, en homenaxe a Luís Fernández Silvoso. O dono de Borrón 4 foi un dos galeristas de arte contemporánea máis activos de Galicia. O seu labor profesional viuse tristemente truncada coa súa prematura morte, en outubro de 2011
Do 17 de setembro ao 7 de novembro
Matamoro

“A mirada acesa”

4

Venres| Xuño

Inaguración da exposición « A mirada acesa«,  de Din Matamoro 

Para a súa primeira exposición no MARCO, Din Matamoro (Vigo, 1958) toma como punto de partida unha célebre premisa de Kandinsky: “O branco é o gran silencio cheo de cousas posibles”. Esta mostra reúne unha selección da súa obra dos últimos anos, centrada no estudo da cor, acompañada doutras pezas de épocas anteriores que, como todo o traballo deste artista, implica todo un ensaio sobre a percepción, os seus mecanismos e emocións. A intención é que a súa obra se vexa íntima, completa, que o espectador poida sentir a aparición e a aproximación lenta da cor na súa mirada, a enerxía interior que hai detrás da pel de cada pintura, gardando entre elas un espazo xeneroso.

Pinturas que se moven, que non se conxelan no tempo despois de seren pintadas, que conservan un latexo, unha enerxía que se despraza ante a ollada, sutilmente, como a luz cenital ao longo do día, ou a luz e as cores que se moven nas pantallas de cine. Se nos paramos a contemplar, a cor cambiará de intensidade e descubriremos o seu carácter intimo, certo misterio, a súa forza interior e, a un tempo, o tráxico cósmico no que o humano non é máis ca un eco, unha resonancia.

Do 4 de xuño ao 7 de novembro. 

Curso cerámica

Taller de “pintura y cerámica” 

13

Luns/Setembro

Sala de exposicións do GRANERO DELMAS
Talleres de pintura e cerámica e moito máis

No granero Delmás, cursos de papel maché, escaparatismo, restauración de porcelana, restauración de mobles etc

Apuntarse no teléfono 619432721
Sala de exposicións do GRANERO DELMAS

Galerias Oliva 2 espacio 15

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥