
“Lis Latas”
28
Luns/Novembro
Ciclo ‘A revolución nos oficios tradicionais a través da innovación‘ Coa participación do construtor de gaitas Lis Latas
A sede da Vicerreitoría do campus acolle o ciclo A revolución nos oficios tradicionais mediante a innovación, unha serie de coloquios, completados coa realización de pezas en directo, que busca pór en valor diferentes oficios tradicionais e as súas transformacións. Promovido pola Vicerreitoría coa colaboración do Consello Social da Universidade, o ciclo conta nesta xornada coa participación do artesán e construtor de gaitas Lis Latas
Ás 17:00 horas
Casa das campás Pontevedra

“Polos vieiros do fabulador”
28
Luns/Novembro
Presentación do libro Polos vieiros do fabulador. Cunqueiro e Pontevedra (Ed. Galaxia) No acto participarán a presidenta da Deputación de Pontevedra Carmela Silva, a deputada de Cultura Victoria Alonso e Francisco Castro, director xeral de Galaxia.
Polos vieiros do fabulador é unha selección de traballos que o autor de Merlín e familia foi sementando por variadas publicacións, e onde, unhas veces de xeito tanxencial, outras específico, fai referencia a Pontevedra cidade, á provincia e as súas vilas, tradicións, gastronomía e paisaxes. Unha escolma que permite un achegamento á identidade dun territorio rebordado de literatura, mitos e lendas. Unha viaxe por Pontevedra, guiados pola pluma de Álvaro Cunqueiro.
Ás 19:00 horas
Librería Cronopios, Pontevedra
“Orfeo”
28
Luns/Novembro
“Orfeo” de Jean Cocteau
Orfeo de Jean cocteau 1950 112 min. Francia
Orfeo é un poeta obsesionado coa Morte (a Princesa) da cal se namora. Un día os esbirros da Morte matan a Eurídice, a esposa de Orfeo, e este decide seguila ata o Inframundo para rescatala.
Ás 20:30 horas.
Teatro principal Pontevedra

“Pan de Xamón”
29
Martes/Novembro
TALLER DE PANADERÍA NAVIDENA “PAN DE JAMÓN”
Non te perdas a oportunidade de coñecer os segredos para elaborar un pan de xamón da man do recoñecido panadeiro venezolano Ali Kanbar, que che dará un material didáctico dixital, e mesmo che asesorará vía WhatsApp.
*+ INFO EN:*Teléfono de ASOVEDRA: +34604016113
De 17:00 a 21:00 horas.
Sala Valdecorvos da Casa Azul.. Pontevedra

“El horizonte europeo”
29
Martes/Novembro
Ás 20:00 horas.
Espazo Nemonón. Pontevedra
“Outside noise”
29
Martes/Novembro
Outside noise de Ted Fent 61’ Alemania 2021
Tras residir un tempo en Nova York, Daniela e Mia reencóntranse en Berlín e Viena. Nas cidades europeas pasean por parques, van a festas, cociñan e falan sobre o futuro e os desafíos aos que se enfrontan elas e outros amigos.
Ás 20:30 horas.
Teatro Principal Pontevedra


“Milagres de Santiago”
30
Mércores/Novembro
Ás 19:30 horas.
Librería Metáfora. Pontevedra

“Desmontando a propaganda franquista”
30
Mércores/Novembro
Presentación de “Desmontando a propaganda franquista” un libro con vinte artigos de distintas autorías nos que se fai un repaso pola Pontevedra dos anos 50 a través da contextualización das fotografías tomadas pola propia Jefatura Provincial do Movemento e que agora analizan persoas expertas para contar quen era quen nos órganos locais e provincias da ditadura, e como funcionaba esta no período menos estudado da súa historia.
Todas as persoas que acudades recibiredes de balde un exemplar do libro.
Se tes interese en asistir, pregamos que te anotes enviando un correo a memoriahistorica@depo.es cos teus datos (nome completo e teléfono) indicando o acto ao que vas asistir.

“Recital poético musical”
30
Mércores/Novembro
Homenaxe a Jorge Cuña
Hipofanías (reedición). Recital poético-musical. Laura García (guitarra y voz)
Andrés Martínez (teclado) y Violeta Mosquera (batería)
Recital poético-musical
A entrada a todos os actos é libre e gratuíta, ata completar aforo.
Ás 20:15 horas.
Teatro principal de Pontevedra

“Cris de Caldas”
30
Mércores/Novembro
“Contos de inverno” Coa participación da narradora Cris de Caldas.
A Vicerreitoría do campus e a Concellería de Promoción Económica e Universidades promoven Contos de inverno, un ciclo de contacontos dirixido a un público adulto que busca pór en valor a literatura de transmisión oral. Con entrada libre ata completar a capacidade da sala, o ciclo acolle nesta xornada o espectáculo Dona Emilia e a señora Carme: dúas mulleres de conto, da narradora Cris de Caldas.
Ás 20:30 horas
Casa das campás Pontevedra

“Teñamos a poesía en Paz”
30
Mércores/Novembro
O ciclo Teñamos a poesía en Paz acolle o encontro de Branca Trigo, Neves Soutelo e Samuel Merino. Compartirán con nós a súa poesía, o seu xeito de crear, as cousas que lles inspiran.
Presenta e coordina Silvia Penas Estévez.
A entrada é libre e gratuíta, ata completar aforo.
Ás 20:00 horas.
Libraría Paz Pontevedra
“Qiu Ju”
1
Xoves/Decembro
QIU JU UNA MUJER CHINA, de Zhang Yimou (1992, China)
Nun pequeno e remoto pobo do norte de China vive Qiu Ju xunto ao seu marido, quen espera con impaciencia o nacemento do seu primeiro fillo. Pero un día a súa felicidade vese alterada debido a un enfrontamento co xefe da comunidade na que están integrados
A entrada a todos os actos é libre e gratuíta, ata completar aforo.
Ás 20:00 horas.
Sala Versus de Pontevedra

“Creación e pensamento”
1,2
Xoves, Venres/Decembro
Conferencias e danzas para pór o foco na importancia da saúde mental nas II Xornadas de Creación e Pensamento promovidas pola Vicerreitoría do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo e a Concellería de Promoción Económica que terán lugar o 1 e 2 de decembro.
A entrada a todos os actos é libre e gratuíta, ata completar aforo.
Ás 17:30 horas.
Casa das campás, Pontevedra

“Nada que perder”
1
Xoves/Decembro
Susana Fortes presenta Nada que perder (Planeta). A xornalista Susana Pedreira entrevista á autora pontevedresa que falará da súa nova novela, unha impactante trama chea de tensión e misterio ambientada no Baixo Miño que percorre a paisaxe atlántica, as relacións entre pais e fillos, os anos oitenta e os segredos familiares.
Ás 19:00 horas
Librería Cronopios, Pontevedra

“Lavandeiras”
1
Xoves/Decembro
“Contos de inverno” Co espectáculo Lavandeiras, do dúo Rilo & Penadique, que integran a narradora e educadora Vero Rilo e a cantareira e gaiteira Sonsoles Penadique.
A Vicerreitoría do campus e a Concellería de Promoción Económica e Universidades promoven Contos de inverno, un ciclo de contacontos dirixido a un público adulto que busca pór en valor a literatura de transmisión oral. Con entrada libre ata completar a capacidade da sala, o ciclo acolle nesta xornada o espectáculo Lavandeiras ,do dúo Rilo & Penadique, que integran a narradora e educadora Vero Rilo e a cantareira e gaiteira Sonsoles Penadique.
Ás 20:30 horas
Casa das campás Pontevedra

“Tino Riveiro”
1
Xoves/Decembro
Tino Riveiro, exposición
Antón Sobral e Pilar Delmás comprácense en invitarlles á presentación da exposición “Dúas décadas de traxectoria creativa e pictórica” do artista vigués Tino Riveiro.
Inauguración o xoves 1 de decembro de 19:30 a 21:00 horas nas galerias Oliva local nº 5
Do 1 ao 31 de decembro 2022
Granero Delmás Pontevedra

“O mundo dos probióticos”
1
Mércores/Decembro
Presentación do libro “o revolucionario mundo dos probióticos” de Olalla Otero no edificio azul benito corbal.
A microbiota é o conxunto de microorganismos que viven dentro do teu corpo e realizan funcións decisivas para a túa saúde. Probablemente coñeces a súa existencia, igual que a dos probióticos e os prebióticos, pero sabes realmente algo sobre eles?
Entrada de balde ata completar capacidade.
Ás 19:30 horas
Edificio azul Benito Corbal Pontevedra

“Zumba solidario”
1
Xoves/Decembro
De 19:00 a 21:00 horas
Pavillón Universitario

“Ay Carmela!”
1
Xoves/Decembro
¡AY CARMELA! 1 h 40 min
“Unha obra na que a soidade, o medo e a inxustiza van da man da añoranza, a complicidade, o amor e a memoria” Carmela volve unha e outra vez. Volve o seu recordo contra o esquecemento. Evocámola para que o seu espírito non se perda no cómodo mundo da indiferenza. Volve alertarnos, a gritarnos coa súa presenza que o ovo da serpe, que sempre estivo aí, está a romperse. “Pobre país que necesita heroes”. E nós collemos aire coa maior alegría e profundidade posibles para volver suspirar: !Ai, Carmela!.
DRAMATURGIA Y DIRECCIÓN: José Carlos Plaza
REPARTO: María Adánez, Pepón Nieto
Producciones Faraute Compañía Miguel Narros y Pentación
Ás 20:30 horas
Auditorio Sede Afundación Pontevedra

“Ás Alumnas”
1
Xoves/Decembro
Teatro Principal
Ás alumnas! ESPECTÁCULO TEATRAL:
As Alumnas DE CULTURACTIVA PRODUCIÓNS Esta obra teatral, dirixida por Fina Calleja e interpretada por Mónica Caamaño e Anabell Gago trata sobre a figura da pedagoga galega María Barbeito e sobre como o franquismo significou un enorme retroceso na educación do Estado, especialmente para as mulleres. A educación, peza fundamental no desenvolvemento e na liberdade das persoa é o eixo fundamental da obra. As dúas personaxes femininas representan dous casos concretos de mulleres no marco histórico anterior e posterior á Guerra Civil, que nos levan a tocar as transformacións sociais do momento.
Ás 21:00 horas
Teatro Principal de Pontevedra

“Mariví Villaverde”
2
Venres/Decembro
Homenaxe á falecida escritora Mariví Villaverde, no centenario do seu nacemento, que se cumpre hoxe. Proxectaremos unha pequena peza audiovisual que nos achega á súa biografía e nomeadamente á súa postura sobre a memoria, e tamén faremos entrega, totalmente de balde, dun exemplar do seu libro autobiográfico “Tres tempos e a esperanza” que levaba anos esgotado e que vén de reeditar o SPDB.
Se tes interese en asistir, pregamos que te anotes enviando un correo a memoriahistorica@depo.es cos teus datos (nome completo e teléfono) indicando o acto ao que vas asistir.
“As Mulleres”
2
Venres/Decembro
As Mulleres 1939 132′ Georges Cukor
A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de As Mulleres 1939 132’ Georges Cukor nunha nova sesión do ciclo de cinema …Ten un tesouro.
Un grupo de mulleres da clase alta pasa a maior parte do día entre salóns de beleza e tendas de roupa, sempre murmurando, con murmuracións e rumores. De súpeto, unha delas descobre que o seu marido vese ás agachadas cunha dependenta. Esta situación provoca un escándalo entre as súas amigas, producíndose diversas situacións de celos, envexas e rumores.
Ás 19:00 horas.
Vicerreitoria Casa das Campás Pontevedra

“Luis Pastor”
2
Venres/Decembro
Teatro Principal
Luís Pastor EN CONCERTO CO ESPECTÁCULO “GRÁNDOLA DE MI QUERER” Luís Pastor é un dos cantautores máis salientables do estado. Destaca polas súas cancións de temática protesta, coas que xa enchía espazos cando aínda non era recoñecido e tocaba en igrexas do seu barrio, centros xuvenís ou reunións de amigos durante a época da dictadura. Grándola de mi querer é un espectáculo de de resonancias revolucionarias e libertarias en recordo á mítica canción “Grândola, Vila Morena” coa que se iniciou a revolución dos cravos. O espectáculo está cheo de sensibilidade e poesía.
Ás 21:00 horas
Teatro Principal de Pontevedra
“Un viaje hacia nosotros”
3
Sábado/Decembro
Teatro Principal Pontevedra
PROXECCIÓN DOCUMENTAL: “Un viaje hacia nosotros” de Pepe Viyuela
“Un viaje hacia nosotros” PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL DE PEPE VIYUELA Esta peza audiovisual narra unha viaxe que comeza coa memoria familiar do actor Pepe Viyuela, cando emprende unha investigación tras o rastro do seu avó Gervasio, integrante do exército republicano durante a Guerra Civil Española. Esta viaxe condúceo ao seu pasado e acaba por situalo dun modo renovado ante o presente. O documental mostra a realidade dos refuxiadoas españoisde 1939, que non difire moito da de millóns de persoas refuxiadas en todo o mundo. Por exemplo a do pobo saharuí nos campos de Arxelia, onde a filla de Viyuela actúa de voluntaria.
Ás 17:00 horas.
Teatro principal de Pontevedra

“Entre leiras e labores”
3
Sábado/Decembro
Presentación do libro “Entre leiras e labores” Antoloxía verbo-visual de autoras galegas.
Interveñen Afra Torrado, Ana Pillado, Enma Pedreira, Eva do Roxo e Lorena Conde (autoras incluidas na antoloxía) e Inma Doval Porto (Editora)
A entrada é libre e gratuíta, ata completar aforo.
Ás 12:00 horas.
Libraría Metáfora de Pontevedra

“Lagarta, lagarta!”
3
Sábado/Decembro
Elvira Ribeiro e Sofia Venzel presentan o seu novo álbum ilustrado, unha historia moi orixinal que se pode ler do dereito e do revés cunha estrutura narrativa atractiva e sorprendente para as crianzas. ‘Lagarta, lagarta!‘ está editado por Galaxia
A entrada é libre e gratuíta, ata completar aforo.
Ás 12:30 horas.
Libraría Paz Pontevedra

“(Des)Amor”
3
Sábado/Decembro
Presentación do libro (DES)AMOR. A tribo dos Corazóns Rotos, de Sabela Senn. (DES)AMOR. A Tribo dos Corazóns Rotos”. Este subtítulo fai referencia a unha comunidade creada en redes co fin de dar un desasosego a aquelas persoas que sufran desamor en calquera das súas vertentes. O libro alcanza xa a súa terceira edición en tan só un mes de posta á venda ao público. A presentación correrá a cargo de Olalla Arbones Porto , graduada en xornalismo.
A entrada é libre e gratuíta, ata completar aforo.
Ás 18:00 horas.
Salón Nobre do Liceo Casino Pontevedra

“Encerrona”
3
Sábado/Decembro
Teatro Principal
REPRESENTACIÓN TEATRAL: “Encerrona” de Pepe Viyuela Ás 21.00 h no Teatro Principal
Encerrona DE PEPE VIYUELA Na súa clásica Encerrona, Pepe Viyuela preséntanos unha reflexión sobre o cotián desde a perspectiva do pallaso. O protagonista vive a experiencia de quedar atrapado nas táboas: cando entra en escena, non sabe onde se está metendo. O personaxe enganado entra alí porque lle indicaron ese camiño, e atópase co público. El non vén actuar pero vese obrigado a iso. O terror ás miradas dese público lévao a querer escapar, a buscar unha saída. Pero alguén invisible impídelle escapar e obrígao a permanecer no escenario, enfrontándose a eses ollos que non se arredan del.
Ás 21:00 horas
Teatro Principal de Pontevedra

“Taller de roscas”
4
Domingo/Decembro
TALLER DE ROSCAS
O vindeiro domingo día 4 poderedes aprender 3 fantásticas receitas de roscas que ademais vos levaredes para casa.
Un taller da man de @xavidocente un experto no mundo das masas
Horario partido: 11:00-13:00; 17:00-19:00 Prezo: 47€
Lembra traer 2 bandexas de forno ou 3 tuppers amplos!
Este taller está enfocado para adultos, pero niñxs maiorciños ( a partir de 11 anos) poderían tamén vir, acompañadxs dun adulto. O prezo por Parella é de 60€ Se queredes apuntarvos agradecemos que nos avisedes canto antes!! Podedes escribirnos ao 604088854
De 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas
Camiño de Ferro, Nº4, 36003 Pontevedra

“Gala solidaria”
4
Domingo/Decembro
Teatro Principal
Gala polo Sáhara DE PALLAS@S EN REBELDÍA
Nesta xornada de peche a prol da loita do pobo saharauí, as persoas asistentes poderán gozar de música, teatro e circo da man de artistas como a cantante Uxía; o grupo Dakidarría, que ofrecerá un concerto en formato íntimo; o cantante, compositor de rap e defensor dos dereitos humanos Yslem Hijo del Desierto e a actriz Isabel Risco. A gala estará presentada pola tamén actriz Andrea Bayer da compañía Baobab Teatro.
Ás 19:00 horas
Teatro Principal de Pontevedra

“Pontetapas”
24
Xoves/Novembro
Volve o Ponte de Tapas a Pontevedra.
Do xoves 24 de novembro ao domingo 4 de decembro
Varios locais da cidade de Pontevedra

“Silverio Rivas”
24
Xoves/Novembro
Inauguración da exposición ‘Silverio Rivas. Eloxio do silencio‘, na que traza un percorrido pola obra do escultor ponteareán, que, a piques de cumprir 80 anos, se mantén en activo como un dos grandes referentes da escultura galega contemporánea.
A exposición presenta arredor de 60 pezas de Silverio Rivas que cubren a súa produción artística desde os inicios na abstracción nos anos 70 do pasado século ata os seus traballos actuais, entre as estruturas xeométricas e a creación a partir de obxectos cotiáns atopados ao azar.
Inauguración día 24 ás 19:00 horas
Do 24 de Novembro ao 5 de Febreiro 2023
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

“Adentros”
18
Venres/Novembro
Palacete das Mendoza
Adentros. Exposición no Palacete das Mendoza ata o 11 de decembro. Obras pictóricas do pontevedrés Manolo Araúxo. «O motivo das súas obras son retratos daqueles polos que sinte un vínculo afectivo (ou, doutro xeito: persoas das que coñece e apreza as ialmas, aspirando a facelas visíbeis), asi coma bodegóns que involucran obxectos cotiás cos que comparte casa».
Do 18 de Novembro ao 11 de Decembro
Palacete das Mendoza de Pontevedra

“Barcos de pedra avións de madeira”
13
Domingo/Novembro
Carmen Hermo
“Barcos de pedra e avións de madeira” e a proposta da exposición de Carmen Hermo que poderemos visitar a partires deste domingo a hora do vermú no espazo Nemonón en Villa Pilar. Inauguración ás 13:00 horas
Do 13 de Novembro ao 9 de Decembro
Espacio Nemonón Pontevedra

“Fuego de lodo”
12
Sábado/Novembro
Exposición colectiva “Fuego de lodo” na RAC fundación comisariada por Nono Bandera expoñen Marcos Covelo, Chelo Matesanz e Mar Ramón Soriano
Do 12 novembro ao 2 de decembro
Do 12 de Novembro ao 2 de Decembro
Fundación RAC Pontevedra

“Exposición Pictórica:Mario Iglesias”
11
Venres/Novembro
Exposición pictórica de Mario Iglesias González. Esta exposición consta de obras realizadas desde 2015 ata a actualidade.
A principios de 2022, froito dun forte desexo de cambiar por completo de rexistro, prodúcese un cambio radical de temática e estilo, ata o punto de parecer obra doutro pintor. Por iso a mostra parecerá compartida, pero non o é, é a mesma obra, que, evolucionando cos anos cara a unha sorte de surrealismo fortemente narrativo, (como ilustracións de historias nunca contadas), de súpeto dá un salto cara atrás e tenta recupera a liberdade de trazo e a procura de expresividade dos primeiros tempos, só coa mirada de agora, corenta anos despois.
Mario Iglesias estudiou Belas Artes na Facultade de BBAA de Pontevedra, onde especializóuse en escultura e compaxina a súa dedicación as artes plásticas coa cinematografía e a docencia.
Do 11 ao 30 de novembro
Liceo Casino de Pontevedra

“Sombras atlánticas”
4
Venres/Novembro
“Sombras atlánticas. Retratos da arte galega” é unha exosición de Anxo Cabada.
Un diálogo coas persoas creadoras da beleza do país: ese é o desafío que presenta ‘Sombras atlánticas. Retratos da arte galega’, unha exposición na que o fotógrafo Anxo Cabada Alvarez se centra nalgúns dos rostros da pintura e a escultura que marcaron o devir da arte en Galicia nos últimos 50 anos. A mostra inaugurarase o próximo venres 4 de novembro ás 19.00 h, e poderá visitarse ata o 15 de xaneiro no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
Entrada libre e de balde ata completar aforo
Ata o 15 de xaneiro 2023
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

“This is Pop!”
22
Xoves/Setembro
Afundación expón no Café Moderno de Pontevedra This is pop. Dás latas de Andy Warhol ás túas, unha recompilación de 63 producións de preto dunha trintena de artistas que abordan a arte pop desde as súas orixes nos anos cincuenta ata os nosos días. Deste xeito, nomes como os de Andy Warhol, Roy Lichtenstein, Robert Rauschenberg, ou Eduardo Paolozzi únense aos de Richard Hamilton, Peter Blake, Yayoi Kusama, Eduardo Arroyo, Rafael Canogar ou Damien Hirst, entre outros.
Ademais ten o seu punto solidario, ao convidarte a participar de #CulturaporAlimentos: traes produtos non perecedoiros e axudas os bancos de alimentos locais! As túas latas tamén contan!
Ata o 14 de Xaneiro 2023
Café Moderno. Pontevedra
Xa podes anotarte

“Adictos”
9
Venres/Decembro
Teatro ADICTOS
“Adictos somos todos………”
Adictos xorde da necesidade de abordar unha problemática que nos afecta a todos: ata que punto estamos sometidos pola tecnoloxía? somos realmente libres? que tipo de sociedade construímos? que panorama exponnos o futuro máis próximo? realmente merecémonos o cualificativo de “seres humanos”?
Ás 20:30 horas
Auditorio Sede Afundación Pontevedra

“Master Class fotografía”
10
Sábado/Decembro
Taller de fotografía – Fotografías espectaculares desde o teu móvil
Profesor: Xavier Reyes
Reservas 619 432 721
De 10:00 a 13:00 horas
Granero Delmás Pontevedra

“Recortes”
10
Sábado/Decembro
“Recortes, caneos e outras formas de driblar” Ainé produccións
Recortes, caneos e outras formas de driblar recrea un de tantos partidos de fútbol do século a través do comportamento de xogadores, adestradores, xornalistas, directivos, árbitros, seareiros e demais personaxes principais, secundarios ou figurantes que conforman o espectáculo futbolístico.
Interpretado por Xosé A. Touriñán, Manuel Cortés, Isabel Garrido, Christian Escuredo, Xoán Fórneas e Sergio Zearreta, Recortes é unha viaxe emocionante ao interior das paixóns futbolísticas a través do humor e a música.
Ás 21:00 horas
Auditorio Sede Afundación Pontevedra

“Novos cinemas”
13 a 18
Martes a Domingo/Decembro
Novos Cinemas – Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, presenta os primeiros contidos da programación, que terá lugar entre os próximos 13 e 18 de decembro.
O cineasta aragonés Raúl Capdevila inaugurará o festival, o martes 13 de decembro, estreando en Galicia a súa primeira longametraxe, Los saldos (2022), un documental de produción galega estreado mundialmente no prestixioso certame helvético Visions du Réel, no que colisionan os conceptos de granxa e macro-matadoiro.
O arxentino Santiago Fillol collerá a testemuña e pechará o certame, o domingo 18 de decembro, con Matadero (2022), unha obra intensa sobre a loita de clases durante a rodaxe dun documental na Pampa no 1974.
Varios horarios
Teatro principal de Pontevedra

“Taller de artesanía”
16
Viernes/Decembro
Taller de artesanía – Cor debuxo e caligrafía sobre coiro.
Profesor: Nelson Gómez Callejas
Reservas 619 432 721
De 10:30 a 14:00 horas
Granero Delmás Pontevedra
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥