
“Praeterium ensemble”
30
Luns/Xaneiro
A Sociedade filarmónica de Pontevedra presenta “Praeterium ensemble”
Director: Pablo Suárez Calero
“Muerte y resurrección“
RICHARD STRAUSS: Metamorfosis (versión para septeto de cuerda)
SCHÖNBERG: La noche transfigurada, op. 4 (versión para septeto de cuerda)
Ás 20:30 horas
Teatro principal de Pontevedra

“A literatura Galega na actualidade”
31
Martes/Xaneiro
Charla – coloquio “A literatura Galega na actualidade” con Marilar Aleixandre e Rexina Vega
Deputación de Pontevedra
Entrada de balde ata completar aforo
Ás 19:00 horas
Deputación de Pontevedra

“Tecer comunidade desde o activismo LGTBQ+”
31
Martes/Xaneiro
Martes 31 ás 20:00 horas centro social a Pedreira rua serra 36
Avante LGBT+ Pontevedra@AvantePonte
Comezamos co programa ‘Referentes’! ‘Tecer comunidade desde o activismo LGBTQ+’, con Carlos Valcárcel, é a primeira de 3 palestras con figuras LGBT+ galegas actuais que queremos recoñecer. Para visibilizar a comunidade e a memoria histórica da nosa contorna. Non a perdas!
Entrada de balde ata completar aforo
Ás 20:00 horas
Centro social A Pedreira Rúa Serra 36 Pontevedra
“O río do ouro”
31
Martes/Xaneiro
O Río do ouro
Paulo Rocha, 1998, Portugal, 95 min.
Lingua orixinal: portugués / Subtitulado: galego
Ambientada nos anos 50, a rexión do Douro é unha vez máis o escenario dun drama de amores tráxicos. Todo transcorre ben na tranquila vida da aldea até que Carolina comeza a sospeitar unha relación entre António e a súa sobriña Melita. Decidida a vingarse, Carolina comeza unha relación co cigano visionario Zé do Ouro para que lle desvele o secreto pasado de Melita.
Un Certain Regard: Cannes 1998
Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra

“Vexo, vexo! que ves?”
1
Mércores/Febreiro
Afundación Pontevedra
Exposición VEXO, VEXO! QUE VES? Xogo, humor e metáforas na Colección de Arte Afundación, en Pontevedra
Convidámoste este mércores 1 de febreiro á visita guiada inaugural desta mostra, que se compón de trinta e catro pezas de autorías e soportes diversos: un gravado de Goya, debuxos de Castelao, esculturas de Xurxo Oro Claro, un óleo de Berta Cáccamo, a banda deseñada sobre a nosa Colección de Jacobo Fernández, fotografías de Helena Segura-Torrella e Daniel Canogar, entre outras obras. Todo, no Café Moderno de Pontevedra.
Inauguración ás 19:00 horas
Do 1 de febreiro ata o 8 de abril 2023
Café moderno de Pontevedra
“De tal pai tal fillo”
1
Mércores/Febreiro
Fundación Cuña-Casasbellas
Ciclo de poesía, cine, arte e investigación: “Familias en escena”
Proxección: De tal pai, tal fillo de Hirozaku Koreeda
Japón, 2013, 120 m, Doblada en español
Ryoata, un arquitecto obsesionado polo éxito profesional, vive felizmente coa súa muller e o seu fillo de seis anos; pero o seu mundo vén abaixo cando os responsables do hospital onde naceu o seu fillo comunícanlle que, debido a unha confusión, o neno foi cambiado por outro.
Ás 20:00 horas
Sala Versus rúa Gerardo Álvarez Limeses, nº 12, Pontevedra

“Hacia la sociedad de los cuidados”
2
Xoves/Febreiro
CONFERENCIA: “Hacia la sociedad de los cuidados” por Dª MATILDE FERNÁNDEZ SANZ.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 18:00 horas
Salón de actos do Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

“Símbolos do conflito”
2
Xoves/Febreiro
Inauguración da exposición ‘Símbolos do conflito” de Xulio Gil,
Inauguración día 2 ás 19:30 horas
Entrada libre ata completar capacidade
Do 2 de Febreiro 2023
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

“Escordadura sentimental”
3
Venres/Febreiro
Presentación do poemario “Escordadura sentimental” de Sergio Marey.
Enviar whatsaap tl. 667005584
[Me apunto]
Ás 19:00 horas
O Sanatorio Andrés Muruais 9, Pontevedra

“Aquí está Carme”
3
Venres/Febreiro
Gala de presentación da curta “Aquí está Carme” coa actuación musical De Vacas.
Confirmar asistencia en protocolo@depo.es
Deputación de Pontevedra
Ás 19:00 horas
Deputación de Pontevedra

“Xoaniña de Deus”
3
Venres/Febreiro
Presentación do libro ” Xoaniña de Deus” de Alba Guzmán Falcón, esta é a súa primeira novela e virá acompañada do escritor Diego Giráldez e Sara Vila da editorial Xerais.
Xoaniña estase esquecendo da súa vida, de feito nin tan sequera lembra o seu nome ou a idade que ten. Ao redor dela tan só xira a soidade, o medo e uns invisibles fíos que a manteñen atada á realidade. Unhas desconcertantes tatuaxes gravadas na pel e un vello diario con tapas de coiro negro son o facho que alumea os seus pasos, as pegadas que lle permiten regresar ao pasado para percorrer un tortuoso camiño ata chegar a un inesperado final.
Ás 19:00 horas
Librería Nobel, Pontevedra

“Turquesas de fuego”
3
Venres/Febreiro
O venres 3 de febreiro ás 20:00 h, no Liceo Casino Pontevedra terá lugar a Presentación do novo libro “Turquesas de fuego” de Ana Julia Martínez. Na mesa, estarán: Carmen Gago Florenti (Escritora e Presidenta da Asociación Cultural de Pontevedra), Manuel Fuentes González (Escritor e Xurista), Ana Julia Martínez (Escritora) autora da obra
Acompañamento musical a cargo de: Pablo Rubén Fernández (Cantautor)
Entrada libre Aforo limitado
Ás 20:00 horas
Salón Nobre do Liceo Casino Pontevedra
“Vértice”
3
Venres/Febreiro
Teatro principal
Gustavo Almeida ven de publicar “”, o seu primeiro traballo discográfico en lingua galega.
Para esa ocasión tan especial, ademais da banda que o acompaña habitualmente, Gustavo Almeida contará coa participación dos seis artistas que gravaron con el duetos neste traballo: Teo Cardalda (Cómplices), Nastasia Zürcher, Silvia Penide, Sheila Patricia, Manoele de Felisa e Brais Morán.
Vértice é un disco-libro que conta, no apartado literario, con dúas historias que se entrelazan: O seu paso do fútbol á música e o proceso de produción do mesmo. Ademais dos prólogos das escritoras Baia Fernández e Fina Casalderrey e o cifrado de todas as cancións.
A entrada é libre ata completar aforo
Ás 21:00 horas
Teatro principal, Pontevedra

“O mellor da terra”
3,4,5
Venres a Domingo/Febreiro
III Feira de Alimentación de Produtos Naturais, Ecolóxicos e de Proximidade ‘O Mellor da Terra’ Praza de España
O evento, impulsado pola Concellería de Promoción Económica e a plataforma #PonteLovers, contará cuns 40 expositores
Entre os artigos delicatessen que se exporán inclúense unha ampla selección de produtos galegos ; como os patés de centola de Pepa A Loba unha selecta variedade de queixos de cabra, ovella e tetilla, mesmo algún italiano e francés (así como requeixo); as galletas Burriana; a bica de castaña de Amarelante; Doziños de Padrón; Aceites Embruxo; hidromel; as famosas Xacobleas; as conservas gourmet de El Abuelo Lelo, e diversas meles da zona. Aínda que a meirande parte dos produtores serán da nosa xeografía, tampouco faltará a oferta máis sibarita procedente doutros puntos de España, como unha das mellores cecinas de León ou as célebres anchoas de Santoña.
De 11:00 a 21:00 horas
Praza de España de Pontevedra

“Awen Cross”
4
Sábado/Febreiro
Sesión musical na Taberna Nasa

“Alexandra Carrera”
4
Sábado/Febreiro
Sesión musical no azucarillo, sábado 4 de febreiro ás 20:00 horas Rúa José Adrio Barreiro, 1, Pontevedra a cargo de Alexandra Carrera
“Coribantes”
4
Sábado/Febreiro
Teatro principal
Concerto solidario a cargo da banda de gaitas e baile Coribantes de Buchabade.
Os fondos que se recaden irán destinados á delegación pontevedresa da ONG Manos Unidas. O donativo previsto é de cinco euros por cada persoa que asista. Tamén se poderá colaborar ofrecendo donativos a través da fila cero.
As entradas poden recollerse na sede da delegación de Manos Unidas, situada na rúa Peregrina número 50 de Pontevedra. Tamén na sede de Coribantes, en Ponte Caldelas, chamando ao teléfono 666.134.849 ou no mesmo Teatro Principal, cando abra A billeteira dúas horas antes do concerto.
Ás 20:00 horas
Teatro principal, Pontevedra

“Temos alternativa”
4,5
Sábado, Domingo/Febreiro
Xornadas “Temos Alternativa” da Coordinadora Eólica Así Non, o 4 e 5 de febreiro en Pontevedra.
Iván Rodríguez Lombardero, do SLG, contribuirá á alternativa!
Inscríbete ata o luns, 30 xaneiro no seguinte formulario

“Verso a verso”
4
Sábado/Febreiro
Charo López achéganos o seu “Verso a verso”, un fermoso recital co barítono Luis Santana e acompañado ao piano polo profesor Víctor Carbajo.
Lorca, Machado, Miguel Hernández… Obras de poesía como unha fotografía capaz de captar con palabras, nun instante, nun trazo de luz, as imaxes que enfoca. Só a poesía salva do esquecemento.
Duración: 75min
Podedes mercar xa as vosas entradas a un prezo xeral de 12€ e reducido de 4€ para estudantes, desmpregadxs e maiores de 65.

“Manuel Manquiña”
4
Sábado/Febreiro
O sábado 4 de febreiro ás 22:00 h na Sede Manuel Quiroga do Liceo Casino Pontevedra ven a desfrutar dunha noite de risas e música con Manuel Manquiña e Os Fabulosos Weekend
- Apertura de portas a las 21.00 h
- Pincho de benvida
- Monólogo de Manquiña
- Concerto
- Festa final DJ
Prezos: socios 10 € / Non socios 20 €
Venta de invitacións: Liceo Casino Pontevedra Rúa Manuel Quiroga
¡Prazas limitadas!
Ás 22:00 horas
Salón Nobre do Liceo Casino Pontevedra

“Supongo que estuve allí”
28
Sábado/Xaneiro
Fundación RAC Pontevedra
Exposición de fotografía de Jaime Olmedo na Fundación RAC.
Horarios de mércores a venres de 17:00 a 20:00 horas e sábados de 12:00 a 14:00 horas
Do 28 de xaneiro ao 18 de febreiro 2023
Fundación RAC Rúa Sarmiento 41, Pontevedra

“Patricia Otero”
13
Venres/Xaneiro
Palacete das Mendoza
EXPOSICION DE PATRICIA OTERO
Patricia Otero (Marín, 1980) é profesora de Pintura e Arteterapeuta. Especialista en Terapia Xestáltica e Psicoanalítica, desempeña o seu labor desde fai case vinte anos, o últimos dez desde o seu centro Céltica ArteCultura, na súa localidade natal
De lunes a viernes, de 9 a 20 h
Sábados, de 10 a 14 h y de 16 a 19 h
Domingos y festivos, de 10 a 14 h
Do 13 ao 29 de xaneiro 2023
Palacete das Mendoza Pontevedra

“A memoria do son”
15
Xoves/Decembro
Do 15 de decembro ao 27 de xaneiro de 2023
Facultade de Belas Artes, Pontevedra

“A cidade é a pegada”
15
Xoves/Decembro
A exposición, que reflexiona sobre o acontecemento de pertencer a Pontevedra empregando a infancia como fío condutor, conta con Alfredo Olmedo como comisario, os subcomisarios Eduardo Outeiro, Norberto Olmedo e Fernando Suárez, Milagros Bará, Alberto Reiriz e Vicente Pillado do estudio de arquitectura NAN, o arquiveiro municipal Rodrigo Silva e Patricia Dopico, responsable do diseño editorial.
Estará dividida nos espazos Personaxes, do que hoxe avanzamos unhas pinceladas, Infancia, Arquitectura e Río e será, “a produción máis importante a nivel expositivo que levou a cabo o Concello.

“Silverio Rivas”
24
Xoves/Novembro
Inauguración da exposición ‘Silverio Rivas. Eloxio do silencio‘, na que traza un percorrido pola obra do escultor ponteareán, que, a piques de cumprir 80 anos, se mantén en activo como un dos grandes referentes da escultura galega contemporánea.
A exposición presenta arredor de 60 pezas de Silverio Rivas que cubren a súa produción artística desde os inicios na abstracción nos anos 70 do pasado século ata os seus traballos actuais, entre as estruturas xeométricas e a creación a partir de obxectos cotiáns atopados ao azar.
Inauguración día 24 ás 19:00 horas
Do 24 de Novembro ao 5 de Febreiro 2023
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Xa podes anotarte

“Taller de bordado”
6
Luns/Febreiro
Taller de bordado impartido por Maritza Berttolini onde aprenderás varias puntadas de bordado e a forma de utilizalas, compartindo e socializando con xente coas tuas mesmas inquietudes.
Anótate no teléfono +34 625867764
Luns de 18:00 a 19:30 horas
Reclamo estudio rúa Riestra 19, 1º Dcha Pontevedra

“Curso de iniciación á escalada”
6,8,13
Luns,mércores/Febreiro
Curso de iniciación á escalada, os días 6, 8 e 13 de Febreiro (luns, mércores e luns)
Máximo 9 prazas!
*Idade mínima de participación 14 anos
Inclúe organización, monitores, seguros, material técnico e instalación.
Obxectivo.- Iniciarse na escalada con seguridade
Dúbidas no mail do club aromon@aromon.es
De 19:30 a 22:00 horas
Rocódromo Municipal Pavillón de A Xunqueira (Pontevedra)

“Emilie Flöge”
8
Mércores/Febreiro
Destacadas mulleres creadoras do século XX converteranse en protagonistas do novo curso de ‘Avantaxado feminino‘ na súa segunda edición. O acceso a estas sesións do curso é libre. No caso de que as persoas asistentes queiran dispoñer dun certificado de asistencia deberán inscribirse previamente en reservas.museo@depo.gal e acudir, polo menos, a sete das dez sesións previstas. Carolina Munáiz, responsable do curso, exerce como docente na Escola Superior de Deseño de Moda Formarche da Coruña, titulada en Ilustración pola EASD Pablo Picasso e con formación de primeiro ciclo da Escola de Canteiros de Pontevedra. Ademais, é pintora e profesora das materias de Historia da Indumentaria e de Historia da arte e da moda do século XX.
Emilie Flöge (moda)
De 19:00 a 20:30 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“Miss Docet”
9
Xoves/Febreiro
Teatro principal
A obra inaugural do 9 de febreiro é o novo proxecto teatral da Compañía Eléctrica, “Miss Docet“, con temática de memoria histórica. Ten como protagonista a Emilia Docet, a muller coñecida por ser a ‘miss España galeguista’, militante do Partido Galeguista, do que levaba unha insignia no peito cando se converteu en miss España. Recupera desde a escena a potencia dunha xeración de galegas que viu truncada a súa historia por un golpe de estado ilegal, e contribúe á loita para evitar que os seus nomes e os seus pasos desaparezan das nosas memorias.
Ás 21:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
“El cascanueces”
10
Venres/Febreiro
Afundación Pontevedra
El Cascanueces, Ballet Clásico Internacional
Durante a fantástica noite de Nadal que vive Marie, grazas á maxia de Drosselmeyer, no seu soño a protagonista presenciará a batalla dos malvados ratos e os soldaditos de chumbo, o seu xoguete Crebanoces converterase nun belo príncipe, e xuntos a través das terras nevadas aparecerán no Palacio Máxico, onde os seus xoguetes cobrarán vida e todos xuntos gozarán dunha festa inesquecible.
Ás 20:30 horas
Auditorio Sede Afundación, Pontevedra
“A liorta”
10
Venres/Febreiro
“A Liorta‘, teatro para conmemorar os 40 anos da Aula Castelao de Filosofía.
Representación de ‘A Liorta’, a cargo de Avelaíña Teatro
Neste espectáculo ofrécese o debate entre as dúas figuras máis destacadas da etapa de Ilustración: Voltaire e Rousseau. Mentres Voltaire ofrece unha visión desde o punto de vista da razón burguesa baixo a liña dos intereses do capital marcado polo liberalismo; Rousseau ofrece unha proposta desde o desexo de igualdade, o sentimento de liberdade e a esperanza de felicidade, sendo o promotor do socialismo e do romanticismo.
Entrada libre e gratuíta.
Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥