
“Festival Folclórico”
31
Luns/Outubro
Festival folclórico
O luns 31 de outubro no teatro principal Festival folclórico da Agrupación folclórica Celme de Pontevedra e o grupo de Danzas de San Pedro de Gaíllos de Segovia
Ás 20:15horas
Teatro principal. Pontevedra

“Outubrofest”
31-1
Luns,Martes/Outubro-Novembro
Entre o venres 28 de outubro e o martes 1 de novembro, volverá á praza de España de Pontevedra o Outubrofest 2022. Despois do parón motivado pola pandemia da covid-19, esta nova edición regresa ao seu último escenario -nas primeiras edicións, fora na praza do Teucro- e ofrecerá o habitual menú a base de salchichas, codillo e cervexa. Este ano, ademais, traerá como novidade a opción de salchichas veganas e sen glute.
A programación comezará o 28 de outubro ás 12.00 horas do mediodía. Cada día, o horario será o mesmo, ininterrompido de 12:00 a 00:00 horas.
De 12:00 a 00:00 Horas
Praza de España de Pontevedra

“Un ollo de vidro”
2
Mércores/Novembro
O Museo de Pontevedra vai celebrar o Día de Defuntos de maneira especial, coa presenza de Quico Cadaval e Celso Fernández Sanmartín lendo de maneira libre ‘Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete’, obra de Castelao.
Será o vindeiro mércores 2 de novembro no Edificio Castelo, con entrada de balde ata completar aforo.
‘Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete’ é un texto publicado na colección Céltiga de novelas breves en 1922, hai por tanto xusto cen anos, na que un esqueleto exerce de narrador de historias breves xunto aos seus compañeiros de cemiterio.
Entrada de balde ata completar capacidade
Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do museo de Pontevedra

“O poder transformador da pintura mural”
2
Mércores/Novembro
Queremos convidarvos a asistir á master class ‘O poder transformador da pintura mural’, que será impartida polo artista nicaraguano Manuel Alaníz este mércores 2 de novembro ás 19 horas na Facultade de Belas Artes (Pontevedra). O conferenciante, que será presentado polo ilustrador Kiko da Silva, compartirá o seu traballo na Fundación de Apoyo al Arte Creador Infantil (Funarte), así como a súa experiencia como educador artístico en distintos países. As persoas asistentes levarán un ecoagasallo do proxecto #PeopleAndPlanet e tamén ofreceremos tradución simultánea ao inglés.
Ás 19:00 horas
Facultade de Belas Artes de Pontevedra

“Verano en A Toxa”
2
Mércores/Novembro
Presentación do libro “Verano en A Toxa” do patito editorial, de Mercedes Corbillón e a ilustradora Maru Godás.
Susana Pedreira entrevista a Mercedes Corbillón con motivo da publicación do libro Verano en A Toxa (Patito Editorial). A libreira e cofundadora de Cronopios Libros pon texto a este álbum ilustrado por Maru Godás dentro da colección Illadas, unha visión moi particular do patrimonio insular galego a través da ollada de dúas artistas.
O acto estará aberto ao público ata completar aforo e poderase participar con preguntas e comentarios despois da entrevista.
Ás 19:30 horas.
Librería Cronopios, Pontevedra

“Brumario poético”
2
Mércores/Novembro
Fundación Cuña-Casasbellas
Homenaxe a “Jorge J. Candán e Pilar Barros: 25 anos de cinema, fotografía, ciencia, defensa do medio ambiente mariño e a natureza”. Recital videográfico de Producións J.J. Candan, en torno ao mundo acuático e a danza das criaturas do océano.
A entrada a todos os actos é libre e gratuíta, ata completar aforo.
Ás 20:15 horas.
Teatro principal de Pontevedra

“Namórate de tí”
2,3
Mércores,Xoves/Novembro
Igualdade Pontevedra
Obradoiro de autoestima e empoderamento a través da fotografía
Aberto o prazo de inscrición para este interesante obradoiro gratuíto con Tegra Gomez Pino e Patricia Maquieira Franco
De 10:00 a 13:00 horas
Pontevedra

“O tradutor de sombras”
3
Xoves/Novembro
A escritora Moncha Fuentes presenta o seu novo libro ‘O tradutor de sombras‘ acompañada do xornalista cultural Ramón Rozas e de Sara Vila (responsabel de comunicación de Xerais).
‘O tradutor de sombras’ editada por Xerais é unha novela hipnótica que comeza en Ourense e remata en Vigo pouco antes do inicio da pandemia
Entrada de balde ata completar capacidade
Ás 19:30 horas.
Libraría Paz, Pontevedra

“Cigarreiras”
3
Xoves/Novembro
Teatro principal
Ponteatro “Cigarreiras” de Contraproduccións
Baseado na Tribuna de Emilia Pardo Bazán. Unha proposta dramatúrgica que, con sete actrices en escena, combina o ton dun drama individual e colectivo como A Tribuna, con outros máis frescos e lixeiros, mesmo cómicos por momentos, tan característicos da narrativa de Emilia Pardo Bazán. Bebendo aínda significativamente da citada novela, o texto constitúe un produto literario-dramático derivado pero independente. Un texto que aborda algúns personaxes (o de Pardo Bazán e o das cigarreiras), algunhas situacións e algunhas referencias históricas de marcado interese cultural. Figuras, situacións e referencias que dan lugar a temas que hoxe están totalmente vivos: a memoria colectiva, a perspectiva de xénero, a dialéctica dos modelos sociais e políticos… Temas que, xunto aos argumentos vivos e brillantes que achega a escritora e a súa novela, poden espertar o interese da sociedade actual, representada no teatro polo público. Reparto: Tamara Canosa, Susana Dans, Merce Castro, Isabel Naveira, Covadonga Berdiñas, Ana Santos e Ledicia Sola
Ás 21:00 horas
Teatro principal. Pontevedra
“Lawn dogs”
4
Venres/Novembro
“Lawn Dogs(1997), de John Duigan
A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de Lawn Dogs (1997), de John Duigan, nunha nova sesión do ciclo de cinema …Ten un tesouro. Promovido pola Vicerreitoría do campus e a Concellería de Promoción Económica e Universidades, o ciclo busca afondar en como se reflectiron as relacións da amizade ao longo da historia do cinema.
Ás 19:00 horas.
Vicerreitoria Casa das Campás Pontevedra

“La serpiente blanca”
4
Venres/Novembro
Fundación Cuña-Casasbellas
O grupo teatral “Degaro”, baixo a dirección de Ana Corzo, poñerá en escena o retablo poético “La Serpiente Blanca” de Miguel Ángel Cuña, en torno ao drama da inmigración.
A entrada a todos os actos é libre e gratuíta, ata completar aforo.
Ás 20:15 horas.
Teatro principal de Pontevedra

“Sombras atlánticas”
4
Venres/Novembro
Sombras atlánticas é a nova exposición de Anxo Cabada.
Un diálogo coas persoas creadoras da beleza do país: ese é o desafío que presenta ‘Sombras atlánticas. Retratos da arte galega’, unha exposición na que o fotógrafo Anxo Cabada Alvarez se centra nalgúns dos rostros da pintura e a escultura que marcaron o devir da arte en Galicia nos últimos 50 anos. A mostra inaugurarase o próximo venres 4 de novembro ás 19.00 h, e poderá visitarse ata o 15 de xaneiro no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ata o 15 de xaneiro
Museo de Pontevedra

“María Casares fronte ao espello”
4
Venres/Novembro
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 20:00 horas
Espacio Nemonón de Pontevedra

“En tierra extraña”
4
Venres/Novembro
Sede Afundación Pontevedra
En tierra extraña de Juan Carlos Rubio
Juan Carlos Rubio penétranos nunha viaxe musical cunha mirada a tres artistas imprescindibles da nosa historia”. Concha Piquer desexa desde hai tempo coñecer a Federico García Lorca, o poeta máis solicitado do momento para pedir que lle escriba unha canción. A través da invitación do seu amigo, Rafael de León, Federico acéptaa pola gran admiración que sente pola voz da mellor cantante de España. A verdadeira razón dese encontro, é avisar a Federico de que a situación do país é irreversible e que o seu nome figura en varias listas negras. A “xente como el” debería fuxir ao estranxeiro canto antes, pola súa propia seguridade. Con todo, Federico pensa todo o contrario, asegurando que os ánimos se acougarán.
Ás 20:30 horas
Auditorio Sede Afundación Pontevedra

“Las vitalidades”
5
Sábado/Novembro
O ciclo Vermú entre libros recibe a visita da poeta e novelista Ángela Segovia que conversará coa escritora Rexina Vega do seu novo libro ‘Las vitalidades‘, a súa primeira novela editada por La Uña rota
Entrada de balde ata completar capacidade
Ás 12:30 horas.
Libraría Paz, Pontevedra

“Manel”
5
Sábado/Novembro
Pazo da Cultura Pontevedra
Manel, a revolución do pop catalá, volve a Galicia para celebrar o seu fin de xira. Tras alcanzar o número 1 da Lista Oficial de Ventas (física e streaming) con “Per la bona gent” (Ceràmiques Guzmán, 2019) e convertirse no único artista en logralo en catro ocasións consecutivas con discos cantados en catalán, MANEL iniciaron unha xira que quedaría fatalmente interrumpida pola pandemia. Lonxe de acomodarse, a banda regresou aos escenarios a mediados de 2020 co mellor show da súa carreira e aproveito para rematar tres cancións inéditas
Ás 20:30 horas
Pazo da Cultura Pontevedra

“Ponteandadas”
6
Domingo/Novembro
O CONCELO DE PONTEVEDRA organiza a última ruta PONTEANDADAS deste ano 2022 RUTA SOLIDARIA PARA O BANCO DE ALIMENTOS
Saida as 10,00 h – Ponte do Burgo
Ruta circular de 13km,
Dificultade media/baixa (a ruta discurrirá por parte do camino espiritual e Campaño)
pago de 2€ Seg. accidentes tanto por Bizum como na conta de naturgaliza club ES82 2080 3116 0330 4000 8694) Inscripcions:(nome apellidos-dni-fecha nacemeto e teléfono)
Inscripcions en: ponteandadas@gmail.com 625482636 Presencialmente na tenda de senderismo colaboradora Naturcamiña fronte da igresia da Peregrina en Pontevedra
ROGASE LEVAR UN PRUDUCTO NON PERECEIRO PARA ENTREGA A O BANCO DE ALIMENTOS
Ás 10:00 horas
Ponte do Burgo, Pontevedra

“Primum movens”
21
Luns/Outubro
A Fundación RAC (Rosón Arte Contemporáneo) acolle a exposición Primum Movens, do artista Marco Moreira. Comisariada pola investigadora do grupo dx5 Anne Heyvaert, esta exposición é froito dunha colaboración entre a Fundación RAC e a Facultade de Belas Artes dirixida a presentar os resultados artísticos dos proxectos desenvolvidos no doutoramento en Creación e Investigación en Arte Contemporánea.
A mostra reúne unha selección de obras realizadas durante a elaboración da tese de doutoramento de Moreira, titulada Máquinas de dibujar: el interactivo y la interactividad, dirixida por Heyvaert, e pode visitarse ata o 4 de novembro, de mércores a venres, en horario de 19.00 a 21.00 horas.
Entrada libre
Ata o 4 de Novembro
Fundación RAC, Pontevedra

“Interacción e forma”
21
Luns/Outubro
Palacete das Mendoza
“Interaccion e Forma” é o título dunha mostra dos artistas Fran Lareo e Ambel, que se encontra na sala de exposicións do Palacete dás Mendoza.
Fran Lareo, é escultor deseñador do pequeno formato. Desenvolve o seu traballo artístico en Brión (A Coruña) desde o ano 1999. A súa obra foi exposta en varios países europeos, en mostras individuais e colectivas.
Rafael Jiménez Ambel naceu en Huéscar, provincia de Granada, en 1958. Aos 10 anos foi vivir a Valencia. Na actualidade reside en Vigo, onde exerce como profesor, pintor e escultor.
Entrada libre
Ata o 6 de Novembro
Palacete das Mendoza Pontevedra

“O museo en camiño”
27
Xoves/Outubro
Do 27 de outubro ao 27 de novembro
Edificio Castelao do museo de Pontevedra

“We Must Take Action”
22
Xoves/Setembro
Ata o 20 de Novembro 2022
Claustro do Edificio Sarmiento, Museo de Pontevedra

“This is Pop!”
22
Xoves/Setembro
Afundación expón no Café Moderno de Pontevedra This is pop. Dás latas de Andy Warhol ás túas, unha recompilación de 63 producións de preto dunha trintena de artistas que abordan a arte pop desde as súas orixes nos anos cincuenta ata os nosos días. Deste xeito, nomes como os de Andy Warhol, Roy Lichtenstein, Robert Rauschenberg, ou Eduardo Paolozzi únense aos de Richard Hamilton, Peter Blake, Yayoi Kusama, Eduardo Arroyo, Rafael Canogar ou Damien Hirst, entre outros.
Ademais ten o seu punto solidario, ao convidarte a participar de #CulturaporAlimentos: traes produtos non perecedoiros e axudas os bancos de alimentos locais! As túas latas tamén contan!
Ata o 14 de Xaneiro 2023
Café Moderno. Pontevedra
Xa podes anotarte

“Smoke in the water”
10
Xoves/Novembro
Teatro principal
Ponteatro “Smoke on the Water” de Ibuprofeno teatro
Ritchie (Blackmore) vive ancorado no Rock and roll dos anos 70, ten unha tenda de colección de discos e vinilos. Janis (Joplin) non cantou en anos, está a estudar filosofía na universidade. A súa unión sobrevive tras case 25 anos de crise matrimonial permanente, formando un círculo vicioso enfermizo, un sistema de relacións e dependencias imposible de desfacer. Este absurdo ‘status quo’, en continua combustión, vese ameazado pola aparición de *Álex, un gigoló de ideoloxía vandálica e transgresora que se namora perdidamente de Janis, á vez que establece unha profunda amizade con Ritchie. A intervención de Joan Baez, unha empregada do banco que xestiona a hipoteca de Ritchie, cliente de *Álex, trae un final patéticamente feliz ao enredo amoroso-económico entre este grupo de seres humanos fracasados, torpes, perdedores, frustrados, desgastados e maltratados por vida, que provocan tenrura e compaixón. Dirixida e escrita por Santi Cortegoso, a repartición inclúe a Josito Porto e Belén Constenla, entre outros.
Ás 21:00 horas
Teatro principal. Pontevedra

“Gustavo Almeida”
11
Venres/Novembro
Ás 20:30 horas
Villa Pilar, Espacio Nemonón Pontevedra

“Inventio”
11,12,13
Venres a Domingo/Novembro
Sede Afundación Pontevedra
Inventio, unha viaxe ao sensible
Inventio é un espectáculo familiar de gran formato no que conviven a comedia e o drama, a danza, o ilusionismo e as artes circenses. Inventio é unha viaxe sensorial, un camiño de regreso á sensibilidade a partir da tradición e a modernidade. Cunha atmosfera máxica e unha posta en escena futurista, Inventio recupera a paisaxe, os costumes, a música, a arte ou a arquitectura de Galicia nun espectáculo delicado e cegador, cun ritmo vertixinoso, nunha gran produción con ecos do cinema futurista de Stanley Kubrick, Ridley Scott ou Denis Villeneuve que non é senón “unha viaxe cara a todo iso que nos fai humanos: a nosa capacidade de sentir”.
Unha troupeformada por un ilusionista, seis bailaríns e sete artistas de circo comproban que xa non existe o Camiño de Santiago, xa ninguén o lembra. Non quedan peregrinos nin un camiño que percorrer xuntos. Tampouco a auga ou a choiva, o son das gaitas, o verde dos campos ou a pegada do mar na area. Nin un só rastro, nin un só recordo. Que foi todo aquilo? Onde quedaron a viaxe, a procura e o descubrimento? Onde foi a parar a sensibilidade?
inventio.gal
Día 11 ás 20:00 horas, Día 12 ás 17:00 e ás 20:30 horas, Día 13 ás 12:00 e ás 17:00 horas
Auditorio Sede Afundación Pontevedra

“Ateneo viaxeiro”
12
Sábado/Novembro
De 9:00 a 22:00 horas
Saída (Praza de Galicia, Pontevedra; fronte ao Hiperxel). Pontevedra

“IX Milla solidaria Anedia”
13
Domingo/Novembro
Xa está aberta a inscripción na IX Milla Solidaria de Anedia – Móvete pola diabetes!
Unha oportunidade de facer visible unha das doenzas máis invisibles que existen, a diabetes. De seguro que todos os que nos ledes tedes algunha persoa do voso entorno que convive coa diabetes. Así que ese domingo imos facela visible, contamos con todos vós!
Unha proba para todas as idades, con categorías menores Bob Esponja e Patrulla Canina para os máis peques da casa. Pero tamén retomamos a andaina final inclusiva apta para todas as personas que nos queirades acompañar nesa mañán de domingo.
Xa podes facer a túa inscripción
Ás 10:30 horas
Avda. de Montero Ríos en Pontevedra

“XI Encontro de conservación e restauración”
24,25
Xoves,venres/Novembro
Nas salas de reserva dos museos é onde comeza a conservación, e están en proceso de redefinición: novos deseños, centros que dan servizos a varias institucións, almacéns visitables… De todo isto falarase no Museo o 24 e 25 de novembro no XI Encontro de Conservación e Restauración, con representantes do Museo Reina Sofía, MARQ. Museo Arqueológico de Alicante, Gordailua, Museo de Málaga, Rijksdienst voor het Cultureel Erfgoed (Países Baixos), Centre de conservation et d’étude de Lorraine (Francia), MUHBA Museu d’història de Barcelona, Albayalde conservatio, EUN Group e Centre de Restauració de Béns Mobles de Catalunya CRBMC. Un encontro organizado polo Museo de Pontevedra e a Escola Superior de Conservación e Restauración de BBCC de Galicia.
Inscricións gratuítas abertas en https://encontrorestauracion.depo.gal.
Edificio Castelao do Museo Pontevedra

“Cultugal Danza”
25
Venres/Novembro
Noite de danza no culturgal. Credo de Nova Galicia Danza + A raiz de con Daniel Rodríguez.
A 15ª Culturgal celébrase en Pontevedra do 24 ao 27 de novembro.
Ás 21:00 horas
Pazo da cultura Pontevedra

“Cultugal Son”
26
Sábado/Novembro
A noite do sábado 26 de novembro, Culturgal vai de festival. Catro propostas rebordantes de enerxía e talento, ao vivo no escenario do Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra para celebrar os 15 anos da Culturgal. Antía Muíño, Néboa, Berto e Grande Amore toman a Feira como un furacán pechando un ano que, sen dúbida, é o seu ano. Electrónica, pop e tradición; a diversidade da música galega de hoxe nunha sesión única e singular. As entradas para #CulturgalSon15 sairán á venda o vindeiro 27 de outubro en cultur.gal a un prezo de 8 euros que inclúe, ademais do concerto, o acceso á Feira. A 15ª Culturgal celébrase en Pontevedra do 24 ao 27 de novembro.
Ás 20:00 horas
Pazo da cultura Pontevedra
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥