Seleccionar página

Semana galega da filosofía

5/9

Luns a Venres/ Abril

Teatro principal de Pontevedra

A aula Castelao de Filosofía presenta un ano máis unha nova edición da Semana Galega de Filosofía que terá lugar no Teatro Principal de Pontevedra do 5 ao 9 de abril de 2021, baixo a epígrafe de “Filosofía e Civilización Dixital“. A asistencia é aberta e gratuíta mais con aforo limitado e por estrita orde de chegada. Todas as conferencias serán retransmitidas en liña e as relatoras e os relatores só estarán de maneira presencial no teatro a mañá do luns e todas as tardes da semana, de 11:30 a 13:30 h. e de 18:00 a 20:00 h. O teatro permanecerá aberto para aquelas persoas que desexen asistir ás conferencias ben sexa retransmitidas na pantalla ou ben presenzas, con aforo limitado, de acordo co plan de continxencia fronte ao COVID-19 (que contén tamén entre outras medidas o uso de máscaras e xel desinfectante, o mantemento da distancia de seguridade e dunha correcta ventilación, a realización dun rexistro de participantes…). 

Luns de 11:30 a 13:30 h. Tardes de 18:00 a 20:00 h

Teatro Principal

«Máis alá do Finisterre: conexións culturais ibéricas no mundo Atlántico”

9 – 23

Venres| Abril

A análise da historia da arte hispánico a principios da Idade Moderna centrouse, principalmente, no papel das relacións culturais e sociais co mundo italiano, dándose unha visión nesgada da evolución estilística e conceptual do mesmo. Esta visión italocéntrica «agachou», en certa maneira, outro tipo de aproximacións que profundaban nos vínculos con territorios que a historiografía tradicional consideraba periféricos como Portugal, América e, en menor medida, os Países Baixos. Outras veces, cando se establecían estes novos marcos de estudo facíase desde unha visión colonial que tampouco axudaba a desentrañar as particularidades locais de cada territorio, que debían ser postas nun contexto moito máis global. Por e para iso exponse este curso, que ten como eixo fundamental as relacións atlánticas, cunha atención particular, aínda que non única, a Galicia. A idea que subxace na nosa proposta é a de ver outras maneiras de estudar as relacións citadas, a importancia recíproca dos contactos que se deron nos territorios bañados polo océano Atlántico, mostrando a riqueza cultural que se pode desprender deste novos enfoque. A través de estudos de caso, que engloban non só obras de arte ou arquitectura, senón tamén a arte efémera ou a festa, exporase ao estudante unha nova cartografía da arte medieval e moderno afastado dos tópicos que rodean devanditos períodos.
Horas lectivas: 15
Asistencia online en directo o en diferido, sin necesidad de ir al centro asociado
Prezo 30 Euros
Centro Asociado UNED Pontevedra
Rúa de Portugal 1
36162 Pontevedra Pontevedra
986851850 negociadodealumnos@pontevedra.uned.es

«Susana Sanches Aríns«

10

Sábado| Abril

O sábado 10 de abril a escritora Susana Sanches Aríns estará na Libraría Paz para un vermú entre libros acompañado da escritora Lorena Conde, será as 12:30 da mañá.

12:30 horas
Libraría Paz

«Búsqueda activa«

5

Venres| Marzo

Do 5 de marzo ao 15 de abril

Espacio Matrioska

«José Suárez. 1902-1972»

2

Martes| Marzo

 As imaxes de autor de José Suárez, un fotógrafo absolutamente singular dentro da fotografía galega, centrarán a próxima exposición temporal do Museo de Pontevedra. A mostra antolóxica “José Suárez. 1902-1972” poderá visitarse no Edificio Castelao desde o próximo 2 de marzo ata o 18 de abril e recollerá 150 fotografías nunha proposta expositiva dos comisarios Xosé Luís Suárez Canal e Manolo Sendón que achega ao público a obra dun dos máis vangardistas e orixinais fotógrafos galegos do século XX. A mostra percorre toda a traxectoria profesional do autor a través da exhibición dunha selección de 150 fotografías, máis un número importante de cartas, documentos, libros e catálogos que axudan a dar unha visión de conxunto da súa biografía profesional. Para a súa mellor comprensión, presentarase dividida en tres grandes seccións á súa vez subdivididas en series fototográficas ilustradas con pequenos textos de diversos autores ao redor do seu traballo.

Ata o 18 Abril

Museo de Pontevedra

«Galicia, de Nós a nós»

24

Mércores| Febreiro

Comisariada por Afonso Vázquez-Monxardín Fernández e Ana Acuña Trabazo, Galicia, de Nós a nós nace co espírito de servir como elemento que aglutine e reforce unha personalidade galega actual propia, ilustrada, universalista e aberta ás correntes de pensamento mundiais, como foi a emanada daquela iniciativa editorial nos anos vinte e trinta; ademais dar a coñecer en detalle unha revista que é un dos referentes imprescindibles da cultura galega do s. XX.

Galicia, de Nós a nós reúne máis de 300 pezas na mostra máis completa e ambiciosa sobre a Xeración Nós e convértese nunha das citas culturais imprescindibles. Exhibe obras procedentes de Francia, Alemaña e Portugal que poñen o foco nas conexións internacionais da revista e dos seus impulsores, abrindo unha vía para subliñar a dimensión de universalidade e apertura da cultura galega. Tamén para destacar o legado do grupo de intelectuais galeguistas que contribuíron decididamente nas primeiras décadas do século XX ao desenvolvemento, renovación e internacionalización da lingua e da cultura galega.

Despois de estar na Cidade da Cultura, esta mostra chega a Ourense con algunhas novidades e aportacións da cidade que foi o gran xérmolo desta xeración, clave para entender a idea de Galicia.

«Al cantar brilla«

5

Venres| Marzo

Do 5 de marzo ao 27 de abril

Facultade Belas Artes

devellabella_suelo

«No chan/En el suelo»

19

Venres| Febreiro

Fundación Laxeiro

Policarpo Sanz 15 Vigo

«En el suelo» é unha exposición de Ignacio Pérez- Jofre na que o artista presenta diferentes obras sobre papel realizadas nas rúas de Vigo coa técnica de frottage, mediante a que transfire ao soporte as terras do lugar, que actúan como pigmento que rexistra as tramas dos diferentes deseños das beirarrúas da cidade de Vigo.

O proxecto é o resultado da investigación na que a obra se constrúe a partir dos percorridos urbanos e que, neste caso, adoptan o recurso da pegada como proceso de construción da obra. Existe na obra, unha preocupación pola trama, abordada no seu aspecto práctico, como adoito deseñado para non escorregar; estético, con todas as connotacións estruturais e arquitectónicas implícitas nos deseños xeométricos; e poéticas, coa transformación dos motivos xeométricos do pavimento da cidade en metáfora da organización urbana, coa que o artista ofrece unha reflexión sobre a vida nas sociedades regulamentadas. Este modo de presentación acentúa o carácter urbano, de aspecto case industrial, dunha obra que transforma en motivo pictórico as diferentes tramas das beirarrúas da cidade, mediante un procedemento de reprodución da imaxe ausente de xesto, no que a representación icónica é substituída pola indexación, pola transferencia física de elementos da realidade. Aínda que Ignacio Pérez- Jofre defínese principalmente como pintor, a súa dilatada actividade artística comprende, ademais de obra pictórica, performance, acción, instalación, fotografía, e vídeo arte. 

Ata o 2 Maio

Fundación Laxeiro

devellabella_suelo

«Emilia Pardo Bazán»

9

Martes| Marzo

Museo de Pontevedra

sala do Edificio Castelao

Este ano dedicaremos o Día da Muller á escritora Emilia Pardo Bazán, a propósito da celebración do cen aniversario da súa morte, e por tratarse dun exemplo dunha muller defensora da igualdade que se soubo abrir camiño nun mundo dominado por homes, sendo hoxe unha figura imprescindible da cultura da España da Restauración.

Invitámosvos a coñecer algúns aspectos curiosos da súa biografía a través dunha selección de fondos artísticos, documentais, gráficos e bibliográficos do Museo, que se exporán na semana dedicada á esta celebración a partir do 9 de marzo. Esta pequena mostra situarase na sala do Edificio Castelao onde se atopa a obra do pintor coruñés Joaquín Vaamonde Cornide de quen foi mecenas.

Ademais, o departamento de Educación ofrece visitas comentadas para as que é necesaria inscrición e que estarán suxeitas ás medidas sanitarias vixentes (aforo máximo de 4 persoas máis o guía) que podería variar en función das posibles modificacións da normativa.

Visitas comentadas

  • Realizaránse todos o mércores ás 18 h ata o 12 de maio, día en que se cumpre o cen aniversario da súa morte

Inscrición

  • A través do correo electrónico: museo@depo.gal (a atención aos correos é de luns a venres de 8:30 a 14:30).
Ata o 12 Maio

Museo de Pontevedra

«A vida lenta«

11

Xoves| Marzo

Sede Afundación de Vigo Calle Policarpo Sanz, 13, Vigo

Do 11 de marzo ata o 29 de maio

Sede Afundación de Vigo

«Papiromates. Matemáticas + Creatividade = Papiroflexia »

3

Mércores| Marzo

Esta exposición reúne pezas de papel realizadas mediante a técnica do origami para pór de manifesto a relación entre as matemáticas e a papiroflexia. Na realización destas pezas, de valor case escultórico, non se usaron pegamento nin tesoiras, tan só o pregado do papel.

COMISARIO | JORGE PARDO

 Descubre que é o padrón de cicatrices e a súa importancia á hora de deseñar novos modelos, como o origami modular constrúe corpos xeométricos, ensamblando figuras de papel idénticas, ou como nas teselacións un mesmo motivo se repite numerosas veces, cubrindo un plano a través de centos de pregos. A exposición tamén repasa as achegas de algúns nomes propios relevantes no campo da papiroflexia coma o da pregadora galega Covadonga Blanco, papiroflecta, gran matemática, docente e divulgadora.

En colaboración con Escuela Museo Origami de Zaragoza (EMOZ).

Exposición con todas as medidas de seguridade pertinentes para que poidas volver gozar da arte e da cultura como o fixeches sempre.

HORARIO: LUNS a VENRES 17.30 a 20.30 e SÁBADOS 11.00 a 14.00 e 17.30 a 20.30 h

  • ENTRADA: Gratuíta
Ata o 29 de Maio

Afundación

máis artigos

Do 17 ao 23 de maio 2021

Do 10 ao 16 de maio 2021

Do 3 ao 9 de maio 2021

Do 26 de abril ao 2 de maio

Do 19 ao 25 de abril 2021

Do 12 ao 18 de abril 2021

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Español