Taller declamación

“O arte da declamación” 

0

Mes/Decembro

Fundación Cuña-Casasbellas

 O Grupo de Teatro Degaro, abre as súas portas a novos membros para participar en futuras representacións teatrais e crecer como formación.

Convocatoria para inicio do Taller: “O Arte da Declamación

 Tanto o Grupo de Teatro, como o Taller, estarán baixo a dirección de Ana Corzo, e terán lugar na sede da Fundación, na rúa Xerardo Álvarez Limeses, 12 – 36002 Pontevedra

FB anacorzo357

Fundación Cuña-Casasbellas. Rúa Xerardo Álvarez Limeses

“O fondo do aire é vermello ” 

7

Martes/Novembro

O fondo do aire é vermello Chris Marker Francia 180’ 1977

Neste documental Marker disecciona os movementos sociais que xurdiron en moitos países do mundo a finais da década de 1960, ademais de reflexionar, unha vez máis, sobre as imaxes e a memoria

As 20:30   VO

Teatro principal Pontevedra

Cupeiro

“Panxea ” 

9

Xoves/Decembro

Evento da Banda de Música de Pontevedra (BMP)  

Duración: 1 h 30 min Panxea

Artista convidado: @Abraham Cupeiro

En 1910, o meteorólogo e xeofísico alemán Alfred Wegener dectouse ao examinar un atlas que as siluetas dos continentes parecían casar unhas con outras. Foi a partires desa observación cando comezou o seu libro «A orixe dos continentes e dos océanos», onde sostiña que hai uns 300 millóns de anos o mundo estaba formado por un só continente, Panxea, que en grego significa «toda a terra».

Para a bioloxía esta teoría explica o parentesco entre especies de continentes separados por océanos. Para a xeoloxía xustifica a presenza de formatos xeolóxicos similares en continentes distintos.

A terra é o elemento no que habitamos os humanos, mais quizáis son os océanos os que marcan o clima, ás veces a orografía e tamén o carácter das súas xentes.

Con este concertos queremos volver unir de maneira metafórica a terra a través da música, pois é unha necesidade vital que nos unamos para frear a destrución do noso planeta.

19:30 horas

Pazo da Cultura

historias vestidas

“Historias vestidas” 

9

Xoves/Decembro

Exposición sobre moda con proxectos de novos deseñadores formados en Pontevedra. A mostra acolle traballos desenvolvimos como parte da súa formación, con marcado carácter experimental e narrativo. Creacións que contan historias a través das prendas: a selección de tecidos, as siluetas e os estampados conforman un relato a través dos significados que gardan. 

Na mostra pódense ver os proxectos recentemente premiados na última edición de Debut: Noemí Montenegro, premio SETGA ao deseño e a creatividade; Sabela Juncal, premio Digipress Epson á mellor aplicación en moda de técnicas de sublimación; Bibi Martín, premio Artesanía de Galicia – Xunta de Galicia á colección con valor artesanal.

Cinco dos 16 deseñadores participantes na mostra están cursando na actualidade o Mestrado Universitario en Diseño e Dirección Creativa en Moda. Os outros remataron recentemente os estudos e son os traballos fin de master e os traballos final de estudos do título propio de Esdemga os que presentan no Pazo da Cultura

A inauguración terá lugar o xoves 9 ás 20h e permanecerá visitable ata o 30 de xaneiro de martes a venres de 18 a 21h, sábados de 12 a º4h. e de 18 a 21h. e domingos de 12 a 14h. Os luns, pechada.

20:00 horas

Pazo da Cultura

roteiros

“Roteiros ornitolóxicos”

10

Venres/Decembro

Roteiros ornitolóxicos

Dúas rutas buscan iniciar o estudantado e a cidadanía na observación de aves

Con inscrición gratuíta, levarán a percorrer os días 10 e 18 as zonas húmidas do Grove

Observar aves como cullereiros, garzas reais, mazaricos ou biluricos, nun percorrido polos diferentes puntos de observación ornitolóxica das zonas húmidas do Grove. Esta é a proposta, aberta tanto a comunidade universitaria como ao conxunto da cidadanía, que a Vicerreitoría do campus e a Concellería de Promoción Económica e Universidades impulsan para o venres 10 e o sábado 18 de decembro. Con inscrición gratuíta, en cada unha destas xornadas realizarase un percorrido polo complexo intermareal Umia-O Grove dirixida a iniciar na observación de aves a todas as persoas interesadas.

“Temos a fortuna de vivir nun sitio cunha gran riqueza ornitolóxica e queremos achegar o medio ambiente e os seus valores á cidadanía e, en particular, ao estudantado”, salienta o director do Campus Crea e Green Campus, Carlos Souto. Impulsadas ao abeiro dun convenio de colaboración entre Universidade e Concello e enmarcadas nas actividades de educación ambiental do programa Green Campus, estas rutas ornitolóxicas levaranse a cabo entre as 9.30 e as 13.30 horas, con saída da marquesiña situada fronte á Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. A actividade está aberta en cada unha das xornadas a un máximo de 50 persoas e as prazas cubriranse por orde de inscrición. Esta pode realizarse a través do correo electrónico oma.po@uvigo.es, debendo indicar na mensaxe a data escollida.

Un dos mellores espazos para a observación de aves

Estas rutas ornitolóxicas achegarán aos e ás participantes a posibilidade de percorrer, “cun guía experto que nos irá orientando e ensinando o nome das diferentes especies”, o que é “probablemente o mellor espazo de Galicia para observar aves de zonas húmidas”, como sinala Souto. En cada unha das xornadas, a ruta comprende o paso por diferentes puntos de observación do complexo, xunto coa visita ao Centro de Interpretación da Natureza do municipio, e o obxectivo é que poder observar “paxaros típicos de zonas húmidas”, como cullereiros, garzas, patos ou diferentes especies de aves limícolas, como os mazaricos ou os biluricos. Para iso, desde a organización porán a disposición dos asistentes telescopios e prismáticos, aínda que, como sinala Souto, “é recomendable que quen teña prismáticos os leve tamén, así como roupa cómoda e de abrigo e algo de comida e bebida”.

De 9:30 a 13:30 h

Facultade de CCSS

Clara Victoria

“Clara Victoria ” 

10

Venres/Decembro

Presentación do libro  Clara Victoria de Isaías Lafuente  que estará acompañado por Xabier Fortes  as 19:00 horas colabora Vicerreitoria do campus de Pontevedra

19:00 horas

Casa das campás

Desnortada

“Desnortada 

10

Venres/Decembro

A poeta Rosalía Fernández Rial presenta o seu novo libro acompañada da escritora Montse Pena Presas e do editor Miguel Anxo Fernán Vello.

Desnortada‘ (Espiral Maior) está composto por 54 poemas con fotografía de portada de Vari Caramés e tamén un cedé, gravado no estudio de Manolo Dourado, que contén 8 poemas con voz da propia Rosalía e composición musical e interpretación ao acordeón a cargo de María Álvarez

Ás 19:30 

Libraría Paz

microrrelato

“Poesía e microrrelato 

10

Venres/Decembro

POESÍA E MICRORRELATO PONTEVEDRA: 

Paula Ferreira, Carmen Quinteiro, Elena Lameiro, Edu Campos. Ao rematar terá lugar unha rolda de micro aberto (2 minutos cada unha)

Debido a limitación de aforo é obrigatorio consumir

Ás 20:00

O Diaño rúa Charino 33

etiqueta negra

“Etiqueta negra” 

10,11,12

Venres a Domingo/Decembro

Feira do gourmet galego Etiqueta Negra  volverá xuntar no Recinto Ferial as mellores e máis innovadoras propostas gastronómicas de productos ‘ delicatessen’.

A quinta edición desta feira  celebrarase os días 10, 11 e 12 de decembro, de 11:00 a 21:00 horas, o domingo de 11:00 a 20:00 horas 

De 11:00 a 21:00 horas

Recinto Feiral Pontevedra

Ledicia Costas

“O que a marea esconde”/ Golpes de luz”

11

Sábado/Decembro

O noso Vermú entre libros acolle a visita das escritoras María Oruña e Ledicia Costas que conversarán coa xornalista Chus Gómez Dorrego.

‘Golpes de luz’ editado por Xerais e ‘O que a marea esconde’ editado por Aira levarán parte do protagonismo da conversa pois son as últimas obras publicadas polas escritoras. Agardamos tamén que Ledicia e María nos falen dos seus novos proxectos literarios e doutros temas mentras compartimos vermú.

Ás 18:00 

Libraría Paz

Nadal

‘O Ateneo faise Nadal no museo 

11

Sábado/Decembro

Ateneo de Pontevedra

Performance literario-musical:

Ateneo de Pontevedra organiza a performance O Ateneo faise Nadal no Museo, un recital de poesía, microrrelato e música, desenvolvido nun ambiente de reencontro e amizade, no que tomarán a palabra os escritores Elisabeth Oliveira, Carmen Quinteiro, Xaime Toxo e Antón Sobral, e no que soará a música de Alberto Vilas (pianista) e Sheila Patricia (cantautora).

O acto conta co apoio do programa Pontegal, promovido pola Deputación de Pontevedra para o fomento da cultura popular galega na provincia.

Presentación de Antoloxía do confinamento

No transcurso do acto presentarase o volume poético Antoloxía do confinamento, unha obra plural de múltiples poetas galegos e portugueses, coordinada online durante a pandemia polo Ateneo e financiada polo Concello de Pontevedra. No libro inclúense poemas de Claudio Rodríguez Fer, Emma Pedreira, Zetho Cunha Gonçalves, Xosé María Álvarez Cáccamo, Ana Luísa Amaral, Eva Veiga, João Luís Barreto Guimarães, Lucía Novas, Rosa Alice Branco, Lois Pérez, Filipa Leal, Eli Ríos, Jose Luiz Tavares, Silvia Penas, Renato Filipe Cardoso, Arancha Nogueira, João Melo, Carmen Quinteiro, José Emílio-Nelson, Andrea Nunes Brións, Alexei Bueno, Carlos Abeledo, Judite Fernandes, Rafael Loureiro, Olga Santos, Miriam Ferradáns, Manuela Bezerra, Xesús Franco, João Rios, Silvia García González, Aurelino Costa, Xaime Toxo, Marília Manuela de Bessa Teixeira, Francisco Fernández Naval, Manuel de Sousa e Sá, Antón Sobral e Elisabeth Oliveira.

A entrada é libre con acceso limitado por restricións Covid.

COLABORAN: Deputación e Museo de Pontevedra.

Ás 19:00 

Edificio Castelao

Autodefensa

“Taller de autodefensa 

11

Sábado/Decembro

Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller

𝗜𝗴𝘂𝗮𝗹𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗲 𝗼 𝗖𝗜𝗠 𝗮𝗯𝗿𝗲𝗻 𝗼 𝗽𝗿𝗮𝘇𝗼 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗶𝗻𝘀𝗰𝗿𝗶𝗯𝗶𝗿𝘀𝗲 𝗻𝗼 𝗢𝗯𝗿𝗮𝗱𝗼𝗶𝗿𝗼 𝗱𝗲 𝗔𝘂𝘁𝗼𝗱𝗲𝗳𝗲𝗻𝘀𝗮 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗠𝘂𝗹𝗹𝗲𝗿𝗲𝘀 𝗼𝗿𝗴𝗮𝗻𝗶𝘇𝗮𝗱𝗼 𝗰𝗼𝗻 𝗴𝗮𝗹𝗹𝗼 𝗱𝗼 25𝗡

A Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller (CIM) de Pontevedra xa teñen aberto o prazo para inscribirse no Obradoiro de Autodefensa para Mulleres ante situacións violentas, que se celebrará o sábado 11 de decembro na Sala Almofrei da Casa Azul (rúa Sor Lucía, 2). O taller, será impartido en dúas sesións, pola mañá e pola tarde, en horarios 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. Este taller, que conta coa colaboración da Federación Galega de Loita e da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), está destinado a mulleres a partir dos 16 anos (as menores precisarán dun permiso), que poderán inscribirse a través do número de teléfono do CIM (986 86 48 25) ou do enderezo electrónico igualdade@pontevedra.eu.

De 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas

Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller

Raul Cimas

“El lamentable circo de Raúl Cimas” 

11,12

Sábado, domingo/Decembro

11 e 12 decembro as 20:00 e o 12 as 22:00 El lamentable circo de Raúl Cimas y la orquestina del Pirata en Pontevedra.  Raúl Cimas celebra sus 20 años encima de los escenarios y lo hace con un espectáculo circense.  El humor surrealista del artista manchego se mezcla con la música de la orquestina del Pirata en un espectáculo….. lamentable 

As 20:00  o sábado e ás 22:00 o domingo

Sede Afundación – Pontevedra  

Durán

“Lembrando a Jose A. Durán” 

1

Mércores/Decembro

Celebramos o Día da Edición e o facemos lembrando a José Antonio Durán, un pontevedrés de corazón, historiador, investigador interdisciplinar e editor a través da súa editora Taller de Ediciones, e como el mesmo se definiría… un “contador silvestre nada asilvestrado de historias históricas”.

Mostra bibliográfica “Lembrando a José Antonio Durán”. Especial Día da Edición. Biblioteca Pública de Pontevedra. Espazo de actividades, planta baixa. 1-20 de decembro de 2021.

Biblioteca pública Pontevedra
Castelao

‘Castelao en Europa. A viaxe de 1921 

2

Xoves/Decembro

Inauguración de ‘Castelao en Europa. A viaxe de 1921’, unha mostra na que poderedes ver o ‘Diario’ orixinal no que o artista recolleu as impresións da súa estancia en Francia, Bélxica e Alemaña, onde puido estudar a tradición artística e as linguaxes das vangardas europeas contemporáneas. Reproducións de máis dun centenar dos debuxos contidos neste excepcional manuscrito, así como documentación, correspondencia e demais material relacionado con esta viaxe de gran impacto na súa evolución artística, conforman esta exposición comisariada pola responsable de Coleccións deste museo, Ángeles Tilve.
Entrada libre ata completar a capacidade
Ata o 23 de xaneiro
Ás 19:30 

 Edificio Castelao

Manuel Moldes

Vieiros na memoria

15

Venres/Outubro

Tiñamos moitas ganas de anunciar a apertura desta exposición, unha pequena mostra-homenaxe a Manuel Moldes que coincide co cambio de nome da sala de Sala X a Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes
Comisaria: Sara Donoso
Do 15 de outubro só 15 de decembro de 2021.
origami

“Origami” 

4

Xoves/Novembro

Edificio Castelao

A exposición ‘Origami. De papel a obra de arte’, que estará aberta desde o xoves ata o 23 de xaneiro no #edificioCastelao, propón un percorrido por todas as modalidades da papiroflexia partindo dos seus inicios tanto no mundo como en España, onde Miguel de Unamuno foi un dos seus máximos impulsores, e destacando o labor do grupo zaragozano fundado en 1944. Non vola perdades!
 Entrada libre ata completar a capacidade

Visitas guiadas todos os xoves ás 18:00 h. Sen inscrición previa 

Do 4 de Novembro ao 23 de Xaneiro

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥