Seleccionar página

«A miña noite con Maud» 

7

Luns/Xuño

A miña noite con Maud Éric Rohmer e 1969 Francia 110 min.

Jean-Louis, un enxeñeiro católico de trinta anos, descobre un día á saída de misa a Françoise, unha muller loura, e presente que algún día casará con ela, pero pérdea entre a multitude. Por outra banda, o seu vello amigo Vidal, marxista convencido, lévao a casa de Maud, unha bela divorciada.

As 20:30   VOSE

Teatro principal Pontevedra

«Unha nena» 

7

Luns/Xuño

Unha nena  Sébastien Lifshitz 2020 Francia e Dinamarca 85 min.

Iniciamos o noso ciclo de xuño «Xénero: identidades, orientacións e prexuízos», co filme «Unha nena».
Cando creza, será unha nena. Isto é algo co que Sasha leva soñando desde a súa nenez. Ademais de varias entrevistas cos pais, quen fala claramente de Sasha como a súa nena, a película mostra tamén a loita incansable da familia contra unha contorna hostil. Vemos a Sasha xogando, indo a clases de ballet e durante unha visita a un terapeuta especializado en identidades de xénero. Na escola, a Sasha non se lle permite vestir ‘como unha nena’, debe usar roupa ‘de nenos’. En varias ocasións Sasha non entende por que os adultos fano todo tan complicado, e non a deixan simplemente ser quen é e vestir o que lle apeteza.
*Contaremos coa presenza da a asociación Chrysallis de Vigo, para falar da a súa percepción das cousas e das súas preocupacións e liñas de traballo…
As 20:30   VOSE

 Auditorio Municipal do Concello, na praza do Rei.

«Un verán con Mónica» 

8

Martes/Xuño

Un verán con Mónica – Ingmar Bergman   – 1953-  Suecia 97′

Harry Lund, de 19 anos, traballa nun almacén de vidro e porcelana. Preto de aí traballa Mónica nun almacén de vexetais. Mónica é unha moza de 17 anos alegre e feliz. Ela empeza unha conversación con el ao velo nun café. Despois dun tempo namóranse. Os dous son hostigados no seu emprego pola súa idade. Mónica abandona a súa casa despois dunha discusión co seu pai e Harry deixa o seu traballo despois dunha discusión co seu xefe. Sen nada que os ate á cidade, toman o pequeno bote de Harry ao arquipélago para pasar unhas semanas a soas. 

As 20:30 VOSE  

Teatro principal

escola letras

«Escola de letras» 

9

Mércores/Xuño

Obradoiro de Poesía con Antonio García Teijeiro, da Escola de Letras da Deputación de Pontevedra e da Editorial Galaxia, celebrarase en Pontevedra os días 2 e 9 de xuño, no salón de actos do Edificio Administrativo da Deputación Provincial de Pontevedra (Avda. Montero Ríos, s/n),  en horario de 18 a 20 h.

Acompañando o docente, xunto a deputada de Cultura e Igualdade da Deputación de Pontevedra, Victoria Alonso Méndez, presentará o obradoiro Carlos Lema, director de edicións de Editorial Galaxia.

Todas e todos os asistentes ao obradoiro podarán gozar da oportunidade de aprender cun dos mellores poetas do noso país. García Teijeiro ensinará ao alumnado a súa visión e amor pola palabra, unha maneira fantástica de abrazar o mundo da escrita.

Antonio García Teijeiro naceu en Vigo en 1952. É profesor, escritor e crítico de literatura infantil. Obtivo o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en 2017. Galardoado co Premio Merlín por Na fogueira dos versos, entrou na lista de honra do Organización Internacional para o Libro Xuvenil (IBBY, polas súas siglas en inglés), e concedéuselle o Premio Pier Paolo Vergerio da Universidade de Padua (Italia), un dos máis prestixiosos de Europa. Co poemario Arredor do teu corpo gañou o Premio Illas Sisargas. Estes son só algúns dos moitos recoñecementos que atesoura. Algúns dos seus poemas foron musicados por grupos de Galicia e músicos coma Antón Seoane e Paco Ibáñez. Mantén unha intensa actividade na rede co seu blog Versos e Aloumiños. Na Editorial Galaxia publico libros como o recente Bicos e non balas, Lista de Honra OEPLI 2020, ilustrado por Bea Gregores, Petando nas portas de Dylan ou Raiolas de sol.

De 18 a 20 h.
Salón de actos da Deputación Provincial de Pontevedra

«Longa noite» 

10

Xoves/Xuño

Longa noite – Eloy Enciso – España-  2019-  93′

Anxo regresa a su pueblo natal en la zona rural de Galicia. Allí se encuentra con el rencor tanto de ganadores como de vencidos, quienes le ven en peligro de profundizar en memorias que creían haber olvidado.  

Ás 20:00 VO

Plaza do Rei Vigo

coidadora

«Coidadora» 

12

Sábado/Xuño

O vermú entre libros acolle a visita da escritora María Marco acompañada de Beli Martínez, produtora cinematográfica. A autora foi a gañadora do Premio Xerais de Novela 2020 coa obra ‘Coidadora
‘Coidadora’ será o eixo principal da conversa e del podemos ler na páxina de Xerais: »A través dun relato poliédrico, a personaxe principal conéctanos con intrahistorias, metahistorias, ideas ou conceptos que rematan nunha verdadeira baixada aos infernos de xeito catártico. «Coidadora» é unha obra ateigada de referencias, fragmentaria e resistente, capaz de dialogar cos problemas da sociedade actual, facéndonos partícipes da tensión e da angustia que provocan as tarefas dos coidados a persoas dependentes. A autora bota man de textos narrativos, líricos ou científicos para construír unha paisaxe literaria con distintos planos que dan lugar a unha obra singular, suxestiva e atrevida.»

Actividade de aforo limitado. Reservar praza en librariapaz@gmail.com

As 12:30 

Libraría Paz

Lérez

«Salóns do Lérez» 

12

Sábado/Xuño

As visitas guiadas a espazos naturais sempre son unha aposta segura en canto á oferta de actividades de lecer. Nestes momentos tan excepcionais cómpre aínda máis reformular a relación entre as persoas e a natureza, e que mellor forma de facelo que a través da actividade  «Bosques terapéuticos«, onde se mesturan natureza, exercicio, cultura, historia e saúde.

Os bosques terapéuticos baséanse na terapia de Shinrin Yoku ou ‘baño de bosque’, técnica orixinaria do Xapón e que consiste en internarse na natureza para relaxar a mente e reducir o nivel de tensión. Debe ser unha experiencia consciente, na que abrir os cinco sentidos, respirando fondo e camiñando, mentres conectamos co contorno a un ritmo sanador.

Preténdese que as persoas visitantes gocen dunha experiencia cultural terapéutica e enriquecedora.

As visitas guiadas están destinadas ao público xeral, que deberá desprazarse ata o lugar de encontro de comezo da ruta polos seus propios medios. Polas especiais características das rutas nas que se realizará algún tipo de dinámica relacionada cos bosques terapéuticos, as e os participantes, tanto persoas adultas coma nenas e nenos (cunha ou cun acompañante responsable), deberán gardar, en todo momento, as normas de silencio e de respecto ao grupo, á actividade e ao espazo, indicadas pola ou polo guía.

Cada unha das rutas terá un tema central deseñado especificamente para estas visitas, segundo as características e valores de cada espazo, sobre o que xirará toda a actividade, e contará cun enfoque participativo, no que as persoas poidan sentirse integradas na actividade desde o primeiro momento. Fomentarase o uso dos sentidos favorecendo, por exemplo, a percepción de diversas texturas ou cheiros na natureza, sempre coa premisa da conservación e do escrupuloso respecto ás medidas sanitarias actuais.

En cada unha das rutas haberá unha dinámica específica relacionada cos beneficios dos bosques terapéuticos adaptada aos contidos desenvolvidos na ruta e ao espazo no que ten lugar.

As visitas guiadas terán unha duración aproximada de 1 h 30 min – 2 h. O número máximo de persoas por ruta será de 15 para garantir a calidade da visita e respectar as medidas de seguridade pola alerta sanitaria. Manterase en todo momento a distancia física recomendada e tanto a ou o guía como as persoas participantes usarán máscara. Todas as visitas comezarán ás 10 h para favorecer a procura de tranquilidade e a conexión coa natureza.

Inscripción

Aloia

«Parque Natural Monte Aloia» 

13

Domingo/Xuño

As visitas guiadas a espazos naturais sempre son unha aposta segura en canto á oferta de actividades de lecer. Nestes momentos tan excepcionais cómpre aínda máis reformular a relación entre as persoas e a natureza, e que mellor forma de facelo que a través da actividade  «Bosques terapéuticos«, onde se mesturan natureza, exercicio, cultura, historia e saúde.

Os bosques terapéuticos baséanse na terapia de Shinrin Yoku ou ‘baño de bosque’, técnica orixinaria do Xapón e que consiste en internarse na natureza para relaxar a mente e reducir o nivel de tensión. Debe ser unha experiencia consciente, na que abrir os cinco sentidos, respirando fondo e camiñando, mentres conectamos co contorno a un ritmo sanador.

Preténdese que as persoas visitantes gocen dunha experiencia cultural terapéutica e enriquecedora.

As visitas guiadas están destinadas ao público xeral, que deberá desprazarse ata o lugar de encontro de comezo da ruta polos seus propios medios. Polas especiais características das rutas nas que se realizará algún tipo de dinámica relacionada cos bosques terapéuticos, as e os participantes, tanto persoas adultas coma nenas e nenos (cunha ou cun acompañante responsable), deberán gardar, en todo momento, as normas de silencio e de respecto ao grupo, á actividade e ao espazo, indicadas pola ou polo guía.

Cada unha das rutas terá un tema central deseñado especificamente para estas visitas, segundo as características e valores de cada espazo, sobre o que xirará toda a actividade, e contará cun enfoque participativo, no que as persoas poidan sentirse integradas na actividade desde o primeiro momento. Fomentarase o uso dos sentidos favorecendo, por exemplo, a percepción de diversas texturas ou cheiros na natureza, sempre coa premisa da conservación e do escrupuloso respecto ás medidas sanitarias actuais.

En cada unha das rutas haberá unha dinámica específica relacionada cos beneficios dos bosques terapéuticos adaptada aos contidos desenvolvidos na ruta e ao espazo no que ten lugar.

As visitas guiadas terán unha duración aproximada de 1 h 30 min – 2 h. O número máximo de persoas por ruta será de 15 para garantir a calidade da visita e respectar as medidas de seguridade pola alerta sanitaria. Manterase en todo momento a distancia física recomendada e tanto a ou o guía como as persoas participantes usarán máscara. Todas as visitas comezarán ás 10 h para favorecer a procura de tranquilidade e a conexión coa natureza.

Inscripción

virgen

«Visita guiada» 

13

Domingo/Xuño

Edificios Castelao e Sarmiento

Museo de Pontevedra A Virxe Branca é unha das pezas nas que nos detemos durante as visitas guiadas gratuítas que vos propoñemos todos os domingos e que inclúen tamén explicacións sobre o Tesouro de Caldas, a xeración doente, a louza de Sargadelos, os renovadores e Castelao. Se queres participar neste percorrido inscríbete en educación.museo@depo.es

Matamoro

«A mirada acesa”

4

Venres| Xuño

Inaguración da exposición « A mirada acesa«,  de Din Matamoro 

Para a súa primeira exposición no MARCO, Din Matamoro (Vigo, 1958) toma como punto de partida unha célebre premisa de Kandinsky: “O branco é o gran silencio cheo de cousas posibles”. Esta mostra reúne unha selección da súa obra dos últimos anos, centrada no estudo da cor, acompañada doutras pezas de épocas anteriores que, como todo o traballo deste artista, implica todo un ensaio sobre a percepción, os seus mecanismos e emocións. A intención é que a súa obra se vexa íntima, completa, que o espectador poida sentir a aparición e a aproximación lenta da cor na súa mirada, a enerxía interior que hai detrás da pel de cada pintura, gardando entre elas un espazo xeneroso.

Pinturas que se moven, que non se conxelan no tempo despois de seren pintadas, que conservan un latexo, unha enerxía que se despraza ante a ollada, sutilmente, como a luz cenital ao longo do día, ou a luz e as cores que se moven nas pantallas de cine. Se nos paramos a contemplar, a cor cambiará de intensidade e descubriremos o seu carácter intimo, certo misterio, a súa forza interior e, a un tempo, o tráxico cósmico no que o humano non é máis ca un eco, unha resonancia.

Do 4 de xuño ao 7 de novembro. 

«Voilà la femme» 

26

Mércores/Maio

Nova edición de VOILÀ LA FEMME, XXVIII edición 
Podedes disfrutar das obras de Nuria Argibay Pérez-Espiña, Lara Cores Piñeiro, Candela Eirea Orro, Laura López Ignacio e Sofía Pastor Herranz 
De martes a venres de 17:30 a 20:30 e sábados de 11:00 a 13:00 en Rúa do Forno, 42, baixo. Marín
do 26 de maio ao 18 de xuño

Ateneo Santa Cecilia

velasco

Mostra“Galicia-Baviera » 

28

Venres/Maio

Sala de exposicións do GRANERO DELMAS
DESCRIPCION DA MOSTRA

Entre Galicia y Baviera e en concreto entre Pontevedra e Passau hai unha relación de intercambio de mais de vinte anos.
Passau está no Camiño de Santiago e realizaronse tres mostras recentemente unha no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela, outra no Castelo de Neuburg en Passau, e a última en Marín no Museo Torres e no Ateneo Santa Cecilia.
A maioria dos artistas galegos da anterior mostra xunto con esta onde aparecen xa artistas alemáns, participaron nas tres mostras.

A mostra “Galicia-Baviera no espacio GRANERO DELMAS” é un magnifico exemplo desta paixón por viaxar que ten a arte dende terras de dous países irmáns e solidarios. Son moi necesarias mostras coma estas, onde se fan visibles grandes artistas galegos e bávaros cunha longa e prestixiosa traxectoria. Visibilidade tamén dunha fonda amizade de artistas que compartiron durante máis de vinte anos experiencias de colaboración en ambos países por medio da organización de mostras ou residencias de artistas como foron as que moitos galegos gozaron durante un mes nos veráns no Kulturmodell en Passau e que lles permitiu coñecer Salzburgo, Viena,Munich ou Praga,
cidades que se atopan preto de Passau e que encerran moita cultura e arte.

Artistas:

Manuel Hermida, Ilona Maier, Gerhard Mader, Marcelo Léonard Rodríguez, Hubert Huber, Miguel Pereira, Enrique Velasco Vieitez, Helga Mader

INAUGURACIÓN:
Venres 28 de maio ás 17 da tarde
Aforo limitado a seis personas por tramos de media hora.
Apuntarse no teléfono 619432721
Sala de exposicións do GRANERO DELMAS

Galerias Oliva 2 espacio 15

ata 30 de xuño

«Galicia de Nós a nós» 

20

Xoves/Maio

Exposición ‘Galicia, de Nós a nós’,  percorrido ao longo das tres salas nas que se distribúe trasladaravos desde os seus antecedentes ata a súa memoria hoxe en día, coñecendo aos protagonistas, a historia e os contidos dunha revista e un grupo humano que marcaron decisivamente a historia de Galicia.
Edificio Castelao, do 20 de maio ao 11 de xullo
Museo del Pontevedra
devellabella_suelo

«Exposición: Pedro Bueno»

12

Mércores| Maio

Centro cultural Marcos Valcárcel

Rua progreso 30 Ourense

O centro cultural Marcos Valcárcel reúne unha retrospectiva do pintor galego Pedro Bueno
O centro cultural Marcos Valcárcel acolle desde hoxe, 5 de maio,e ata o próximo 15 de agosto unha exposición do artista coruñés Pedro Bueno, que regresa a Ourense trinta anos despois da súa primeira exposición para mostrar unha retrospectiva dos últimos vinte anos de traballo e na que se inclúe unha ampla selección de cadros, cerámicas e obxectos persoais.
O artista recoñeceu “o complexo que foi escoller entre centos de pinturas, esculturas e outros traballos en diversas técnicas artísticas para resumir estes vinte anos”. Pedro Bueno amosou a súa satisfacción por expoñer de novo en Ourense no que cualificou como “unha xoia arquitectónica e un dos mellores centros de cultura de Galicia”, destacando entre as obras expostas unha colección sobre os sete pecados capitais, realizada entre os anos 2000 e 2002 pero que aínda se presentaron ao público por primeira vez 18 anos despois.
Ata o 15 Agosto 2021

CCMarcosValcárcel

devellabella_suelo

«Afonso X e Galiza»

7

Venres| Maio

Centro cultural Marcos Valcárcel

Rua progreso 30 Ourense

Cando coinciden o Ano Santo e o 800 aniversario do nacemento do “Rei Sabio”, abre as súas portas unha mostra centrada na figura do encargado de recompilar as Cantigas de Santa María, revolucionarias pola súa mestura do popular e o divino.

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle a exposición “Afonso X e Galicia”. Nela faise un percorrido por unha das figuras máis relevantes da cultura europea a través de documentos e testemuñas arqueolóxicas, literarias e musicais que amosan a súa pegada na cultura galega no medievo.

E, sendo esta unha mostra moi vencellada á arte sonora, nas salas do centro cultural soa xa a música tradicional das frautas traveseiras e das violas. Nas súas vitrinas, expóñense diversos instrumentos medievais, coma a rota, de forma triangular, e neste caso reconstruída tomando como referencia o pórtico do Paraíso da catedral ourensá. Así mesmo, está presente o organistro, instrumento tamén medieval que se toca coa axuda dunha manivela, e que evolucionaría cara á zanfona coa contribución de cegos e mendigos. A mostra reivindica ao oído como sentido más necesario, ao ser vehículo para o entendemento do home.

Ata o 15 Agosto 2021

CCMarcosValcárcel

«4 Proxectos”

12

Luns| Abril

Mónica Alonso (A Fonsagrada, Lugo, 1970) centra a súa primeira mostra individual no MARCO nunha única peza, baixo o título A maxia do colibrí. 6 casos desesperados. Unha obra que naceu en 2015, durante a estadía da artista en México, e que precisou de todo este tempo para madurar, escribirse e reescribirse. Nese ano Alonso presentou en México a obra O colibrí vermello, que está no xerme deste proxecto, vencellado coas historias e rituais máxicos asociados ao colibrí nas culturas precolombinas, e moi en liña co interese da artista sobre as relacións entre ciencia e superstición.

Sobre o seu proxecto específico para o MARCO, sinala Rosendo Cid: “A partir do título albíscase a intención chave deste proxecto expositivo, desviándome do meramente descritivo para afondar no feito mesmo de todo acto creativo como mero ocorrer, como acontecemento, sendo consciente de todo aquilo que aconteza antes de que a peza estea completada pero que igualmente está implícito cando se finaliza.”

Salvador Cidrás (Moaña, 1965) e Juan Cidrás (Vigo, 1968) forman, dende 2015, un colectivo artístico que investiga o medio cerámico e téxtil dende unha perspectiva escultórica e pictórica, respectivamente. “O noso traballo céntrase na forma e o concepto de ‘aberrante’, aquilo que se aparta do que se considera normal, natural ou correcto, en oposición ao que se aferra –a convención– ou o que é formal. As pezas maniféstanse capaces de establecer relacións entre elas e mudar, xa sexa a través da forma, a cor ou a súa instalación no espazo.”

Mar Vicente (Lugo, 1979) propón un proxecto específico para os espazos do MARCO, en sintonía cun traballo que se caracteriza pola economía de elementos cromáticos e compositivos, e pola experimentación coa forma vencellada á transformación do soporte pictórico. O punto de partida é o cadrado, que a artista desenvolve cara a terceira dimensión. O cubo, como o seu volume máis directo, adopta actitudes non convencionais que, xunto á iluminación cambiante e o punto dende onde se observa, afectan á percepción dos volumes e dos espazos.

Do 12 de abril ao 12 de setembro. 

«Etérea”

16

Venres| Abril

Na exposición « Etérea«, Din Matamoro toma como punto de partida unha soada premisa de Kandinsky: “O branco é o gran silencio cheo de cousas posibles”. Esta mostra reúne unha selección da súa obra dos últimos anos, centrada no estudo da cor, acompañada doutras pezas de épocas anteriores que, como todo o traballo deste artista, implica todo un ensaio sobre a percepción, os seus mecanismos e emocións. A intención é que a súa obra véxase íntima, completa, que o espectador poida sentir a aparición e a aproximación lenta da cor na súa mirada, a enerxía interior que hai detrás da pel de cada pintura, gardando entre elas un espazo xeneroso. Pinturas que se moven, que non se conxelan no tempo despois de ser pintadas, que conservan un latexado, unha enerxía que se despraza #ante a mirada, sutilmente, como a luz cenital ao longo do día, ou a luz e as cores que se moven nas pantallas de cinema. Se nos paramos a contemplar, a cor cambiará de intensidade e descubriremos o seu carácter íntimo, certo misterio, a súa forza interior e, a un tempo, o tráxico cósmico no que o ser humano non é máis que un eco, unha resonancia.

Do 16 de abril ao 12 de setembro. 

máis artigos

Actividades do 14 ao 20 de xuño 2021

Actividades do 31 de maio ao 6 de xuño

Do 24 ao 30 de Maio 2021

Do 17 ao 23 de maio 2021

Do 10 ao 16 de maio 2021

Do 3 ao 9 de maio 2021

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Español