Adolfo cordero

“Biodiversidade: Moito máis ca xenes…” 

8

Luns/Maio

Conferencia Bioblitz: ‘Biodiversidade: moito máis ca xenes e especies

No marco do primeiro bioblitz da Universidade de Vigo, a sede da Vicerreitoría acolle un relatorio a cargo de Adolfo Cordero, catedrático de Ecoloxía e Bioloxía Animal, titulado Biodiversidade, moito máis ca xenes e especies. O evento está aberto ao público en xeral, pero  inscribirse ata completar a capacidade da sala.

Promovida pola Unidade de Cultura Científica, UCC+i, esta actividade insírese no programa Ciencia de ida e volta, que se desenvolve co financiamento da Fecyt, e insírese no evento participativo de ciencia cidadá centrado na biodiversidade que se levará a cabo o 12 de maio nos campus de Vigo e Ourense.

​Ás 19:00 horas
Casa das Campás Pontevedra
Carta de amor

“Carta de amor” 

8

Luns/Maio

CARTA DE AMOR Kinuyo Tanaka, 1953, Xapón, 98 min., VOSG
Lingua orixinal: xaponés *Sesión en colaboración coa Filmoteca de Galicia.
Lanzado un ano despois da fin da ocupación americana do Xapón, o debut de Kinuyo Tanaka na dirección cinematográfica explora os conflitos persoais e sentimentais de Reikichi, un veterano repatriado que procura o seu amor perdido ao tempo que traduce cartas de amor de mulleres xaponesas aos soldados americanos dos que foran amantes.

Con guión do gran cineasta Keisuke Kinoshita, Tanaka, que se reservou un pequeno papel secundario, utiliza as convencións do melodrama para iluminar algúns dos problemas e conflitos cos que se atoparon as mulleres niponas logo da Segunda Guerra Mundial

Ás 20:30 horas
Teatro Principal, Pontevedra
Tribuna europea

“Tribuna Europea” 

9

Martes/Maio

Con motivo da celebración do Día de Europa, a Cátedra Jean Monnet Institucións Europes e Cidadáns, que dirixe o profesor da Facultade de Dirección e Xestión Pública Celso Cancela, promove na Casa das Campás o primeiro relatorio do seu ciclo Tribuna Europea. A conferencia corre a cargo do catedrático de Dereito Constitucional e profesor ad honorem da Universidade de Santiago de Compostela Antonio Pereira Menaut e leva por título A Unión Europea: entre o federalismo e o populismo.

A entrada é libre ata completar capacidade.

​Ás 11:00 horas
Casa das Campás Pontevedra
dia das letras

“Día das letras galegas” 

9

Martes/Maio

 Acto conmemorativo do Día das Letras Galegas

Conferencia de Xesús Alonso Montero 

Asisten: Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo, e Eva María Lantarón, vicerreitora do campus de Pontevedra

A Vicerreitoría do campus acolle un acto conmemorativo do Día das Letras Galegas, no que o catedrático de Lingua e Literatura e expresidente da Real Academia Galega Xesús Alonso Montero imparte a conferencia Francisco Fernández del Riego e o seu labor político-literario no exilio interior. O conferenciante será presentado pola profesora da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Ana Acuña e o acto completarase coas actuacións da Aula Permanente de Música Tradicional e do Coro do Campus de Pontevedra.

A entrada é libre ata completar capacidade.

​Ás 20:00 horas
Casa das Campás Pontevedra
Jeanne Dielman

“Jeanne Dielman 23,quai du commerce…” 

9

Martes/Maio

Jeanne Dielman, 23, quai du commerce, 1080 bruxelles Chantal Akerman, 1975, Bélxica, 193 min., VOSE
Lingua orixinal: francés

Delphine Seyrig dá vida á inmortal Jeanne Dielman, unha muller viúva a cargo do seu fillo, atrapada na escravitude do cotián. A súa vida segue unha orde inmutable: mentres o rapaz está na escola, ela ocúpase das tarefas domésticas pola mañá e exerce a prostitución pola tarde. Durante tres días asistimos ao seu ritual continuo e milimétrico de coidados e tarefas domésticas ata que un xesto desencadea un derrubamento, ou unha liberación…

Ás 20:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra
Javier Martínez

“Intelixencia artificial” 

10

Mércores/Maio

CONFERENCIA: intelixencia artificial. que é e para que serve?

Cada día está máis de auxe este tipo de técnicas, pero sabemos que son? Para que son? Son tan disruptivas? Quitarannos o traballo? #Etc…. Nesta charla imos tentar dar as claves e respostas de todas estas preguntas. Javier Martínez licenciouse en 2006 en Matemáticas en Santiago e tras un paso de 2 anos por everis en Madrid, retornou á vida académica ata chegar a ser profesor titular de Universidade e publicar máis de 65 artigos JCR e diferentes relatorios en congresos e participacións en proxectos. Polo medio estivo a traballar en diversos centros e foi CEO dunha compañía de Intelixencia Artificial durante 3 anos. Na actualidade é Director de IA en NTT DATA.

Matrícula gratuíta

A entrada será de balde ata completar aforo.

De 18:00-20:00 horas
Salón de actos da UNED Pontevedra 
Escola de mulleres

“Escola de mulleres” 

10

Mércores/Maio

Susana Pedreira de OndaCero entrevista á autora Inma López Silva con motivo do lanzamento do seu libro Escola de Mulleres (Galaxia).
Escola de mulleres é unha novela sobre unha fuxida. A súa protagonista foxe da dor, da perda, dunha realidade incerta, da gaiola de ouro que os homes queren construír para pechala e admirala, da opresiva camisa de forza das convencións sociais. E para acadalo emprega a ironía e o seu propio corpo como armas, como camiño cara a unha redención que sospeita imposible. E así a súa pel e a súa mente convértense nun lenzo que, devagar, vaise esgazando polas unllas dos demais, sempre os demais, emerxendo baixo o estigma da loucura ou, quizais, da clarividencia.

A entrada é libre ata completar capacidade.

​Ás 19:00 horas
Librería Cronopios, Pontevedra
Nader y Simin

“Nader y Simín” 

10

Mércores/Maio

Novo Ciclo de poesía, arte, cine e socioloxía “Familias en escena”. O programa inclúe o ciclo cinematográfico homónimo, cuxa décima e última sesión do ciclo terá lugar este mércores, 10 de maio, ás 20:00h, coa proxección do Film: Nader y Simín, una separación  Direc.: Ashar Farhadi

Irán, 2011,  123’

 Sinopse. Nader (Peyman Moaadi) y Simin (Leila Hatami) son un matrimonio iraní con una hija. Simin quiere abandonar Irán en busca de una vida mejor, pero Nader desea quedarse para cuidar a su padre, que tiene Alzheimer. Ella le pide el divorcio y se muda a vivir con sus padres. Nader no tiene más remedio que contratar a una mujer que cuide a su padre. Una negligencia de la asistenta provoca un conflicto de grandes dimensiones. (FILMAFFINITY)

 A entrada a todos os actos é libre e gratuíta, ata completar aforo.

Ás 20:00 horas
Sala Versus, Pontevedra
Matria

“Matria” 

10

Mércores/Maio

Concello de Pontevedra

 Ramona, unha muller de corenta anos, vive sumida nun contexto laboral e persoal tenso e precario nun pobo da costa galega. Fai malabarismos con múltiples traballos para manterse a flote e proporcionar un futuro mellor a súa filla Estrela. Pero cando Estrela está preparada para tomar o seu propio camiño, Ramona dáse conta de que, por primeira vez, pode facer algo por si mesma.

Ás 20:30 horas
Teatro Principal, Pontevedra
andainas

“En marcha contra o cancro” 

11

Xoves/Maio

A cuarta edición da iniciativa Rutas Saludables volve a Pontevedra

A actividade é gratuíta e comezará o próximo día 23 de febreiro ten prazas limitadas e está dirixida a esa poboación que ten unha vida sedentaria e quere comezar a practicar hábitos de vida saudables

Divídese en 2 grupos os xoves: un ás 10.30 horas e outro ás 17.00 horas A duración prevista para esta actividade é de hora e media aproximadamente e será guiada sempre por un/unha voluntari@

Desenvolveranse pola cidade co obxectivo de combater o sedentarismo, xa que é o responsable do 6% de mortes en todo o mundo e incrementa o risco de padecer cancro de colon e de mama ata un 20-25%

Se queres inscribirte, chámanos ao noso teléfono 900 100 036 (gratuíto e 24h) ou presencialmente na nosa sede en Pontevedra (Eduardo Pondal, 64A, baixo) ata que se completen as prazas.

Xoves: ás 10.30 horas e ás 17.00 horas
Sede da Asociación Eduardo Pondal, 64A Pontevedra
exposición no museo

“Carmen Domínguez. De cor a cor” 

11

Xoves/Maio

Museo de Pontevedra

“A maternidade e a pintura son os piares fundamentais da miña vida; son dúas formas de creación moi distintas e moi iguais ao mesmo tempo”. Estas palabras de Carmen Domínguez son moi acaídas nunha xornada na que celebramos o Día da Nai e anunciamos a nosa próxima exposición: ‘Carmen Domínguez. De cor a cor’. Nela reivindicamos á artista pontevedresa e a súa busca infatigable da expresividade a través da forma e a cor. A mostra, comisariada polo seu fillo Kike Ortega, abre o xoves 11 de maio ás 19:30 e poderá visitarse ata o 3 de xullo.

A cita está tomada dunha entrevista no Diario de Pontevedra en 2011, recollida no catálogo da exposición por Ramón Rozas.

Do 11 de maio ao 3 de xullo
Museo de Pontevedra
Lola Montes

“Lola Montés” 

11

Xoves/Maio

 A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de Lola Montès (1955), de Max Ophüls nunha nova sesión do ciclo de cinema Expediente alquimiaIntegrado por doce proxeccións e inserido nas actividades da Semana da Creatividade, esta progrmación propón un achegamento ás múltiples canles polas que a creatividade se fai patente en películas de diferentes xéneros e épocas

A entrada é libre ata completar capacidade.

​Ás 19:00 horas
Casa das Campás Pontevedra
fantasmas coloniais

“Galicia e os fantasmas coloniais” 

11

Xoves/Maio

Museo de Pontevedra

O catedrático do Departamento de Español e Portugués da Universidade de Princeton en excedencia e actual director de Actividades Públicas do Museo Reina Sofía, Germán Labrador Méndez, imparte a conferencia ‘Galicia e os fantasmas coloniais. Unha conversa pendente sobre museos, memoria e democracia’.

Ás 20:00 horas
Convento de Santa Clara de Pontevedra
habelas, hainas

“Habelas hainas” 

11

Xoves/Maio

Concello de Pontevedra

Cómicas: Habelas Hainas

Esta proposta da Deputación de Pontevedra, coordinada pola actriz, xornalista e cómica viguesa Jazmín Abuín, nace da idea de rachar cos prexuízos que aínda hoxe moitas compañeiras de profesión seguen a sufrir, especialmente en Galicia, como mulleres no eido da comedia.

“Cómicas, habelas hainas!” é un proxecto que levará a comedia feita e protagonizada por mulleres por todas as comarcas da provincia de Pontevedra, cun espectáculo de comedia en vivo de pouco máis dunha hora, con diferentes artistas e temáticas, e cun formato áxil e dinámico no que o público terá a oportunidade de ver tres cómicas de recoñecido prestixio, acompañadas dunha presentadora.

Presenta Bárbara Grandío

Cómicas Blanca Kovacs, Jazmín Abuin, Arantxa Treus.

Entrada libre ata completar capacidade

Ás 21:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra
la curva de la felicidad

“La curva de la felicidad” 

11

Xoves/Maio

La curva de la felicidad de Eduardo Galán e Pedro Gómez

«Unha comedia de humor que pon de manifesto a fraxilidade e vulnerabilidade do home de 50 cando rompe a parella». Na crise dos anos 50, o home é o sexo débil da parella: inseguro, indeciso e fráxil. Aínda que soñan con irse, teñen medo de vivir sós e volver sós a casa. Na súa ilusión, mesmo imaxinan que a súa madurez atrae ás mulleres novas. E isto sucédelle a Quino, un guionista de televisión, abandonado pola súa muller que lle presiona para que venda o piso. Isto prodúcelle unha enorme angustia porque significa a perda definitiva de Carmen… Tenta, en continua contradición, non comprala

Mercar entradas Ataquilla.com

Ás 20:30 horas
Sede Afundación, Pontevedra
Latitudes

“Latitudes” 

12

Venres/Maio

Concerto das letras galegas con Brais González (piano) e a colaboración de Nelson Quinteiro (voz, pedais de loop) 

A entrada será de balde ata completar aforo.

Ás 19:30 horas
Salón de actos da UNED Pontevedra 
Fase IV

“Phase IV” 

12

Venres/Maio

 A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de Phase IV (1974), de Saul Bass nunha nova sesión do ciclo de cinema Expediente alquimiaIntegrado por doce proxeccións e inserido nas actividades da Semana da Creatividade, esta progrmación propón un achegamento ás múltiples canles polas que a creatividade se fai patente en películas de diferentes xéneros e épocas

A entrada é libre ata completar capacidade.

​Ás 19:00 horas
Casa das Campás Pontevedra
danza 12 maio

“Día da Danza” 

12

Venres/Maio

O venres ás 20:00h na praza da ferrería pontevedra getting jiggy “a vida é movernos”, a concelleria deportes e saude de pontevedra celebraremos o “día internacional da danza 2023” temos preparado todo un espectáculo a pé de rúa …coreografías e animacións para movernos todos!! esperámosvos!! a que imos lear

Ás 20:00 horas
Praza da Ferrería, Pontevedra
solidaridad

“Os pousos do café” 

12

Venres/Maio

O vindeiro venres, *día 12 ás 20:30 horas no Espazo Gastronómico O Mercado* (Plaza de Abastos de Pontevedra) estreamos a curtametraxe *Os pousos do café*. Un traballo realizado por Solidariedade Internacional de Galicia en colaboración con AGARESO. Un acto único e especial para toda a familia “soli”.

*Ninguén pode faltar*, cada presenza é importante para darlle ao Comercio Xusto o protagonismo que merece.

Ás 20:30 horas
Mercado de Pontevedra
Miguel Lago

“Miguel Lago” 

12

Venres/Maio

Lago comedy club

Lago é un show sen artificios. Un cómico sobre unha alfombra, baixo un foco e cun micrófono cara a cara fronte ao público. A comedia de club, a comedia de bar e estrada chega ás táboas dos grandes escenarios por primeira vez. Pura caseta-up clásico. Xenuína comedia servida con liberdade, verdade e nudez que busca a quintaesencia do formato. E, por suposto, coa firma e a experiencia dunha icona do “One man Show”. Unha reivindicación dunha profesión necesaria, unha homenaxe a talentos únicos como Richard Prior, Jerry Seindfeld, Eddy Murphy ou Ricky Gervais… Unha viaxe onde Miguel entrega o aprendido nos seus máis de 20 anos de traxectoria cunha colección das rutinas máis acedas, desternillantes e atrevidas que se escoitaron nunca na butaca dun teatro.

Mercar entradas Ataquilla.com

Ás 20:30 horas
Sede Afundación, Pontevedra
Broken peach

“Broken Peach” 

12

Venres/Maio

Noite espectacular coa banda de Rock & Soul Broken Peach

  • 22:00 h Concerto
  • 23:00 h – dj

Precios: socios 10 € invitación non socios 20 €

Venta de invitaciones: Liceo Casino Pontevedra C/ Manuel Quiroga

Prazas limitadas!

A formación de Broken Peach consta de 4 voces, batería, bajo, guitarra/piano cunha nova forma de fusionar a música co espectáculo.

Unha das súas mellores bazas é a de ter unha estética tan elegante como extravagante que sitúan ao espectador en diferentes épocas e ambientes. Su eclecticismo musical viaxa desde o soul ata o rock, pasando polo gospel, funk, pop, etc.

Ás 20:00 horas
Liceo Casino, Pontevedra
Lois Pérez

“Lois Pérez e Alba Díaz” 

13

Sábado/Maio

O sábado 13 de maio viaxaremos de Lugo a Philadelphia da man de Lois Pérez Alba Díaz e Manuel Bragado Rodríguez

Ás 12:30 horas
Libraría Paz Pontevedra
Ménage à trois

“Ménage à trois” 

13

Sábado/Maio

MÉNAGE À TROIS, todo o que che gustaría saber sobre o sexo… e algunhas cositas máis”. Despois do éxito da comedia “A ansiedade non mata, pero fatiga”, o actor Rafa Blanca, a psicóloga Patri Psicóloga e o científico e divulgador Pere Estupinyà, únense nun novo espectáculo didáctico, divertido e picante: “Ménage à trois” As relacións sexuais son apaixonantes, divertidas, orgásmicas! pero tamén poden ser o maior conflito dunha parella. Onde nos deixamos á pobre libido ao longo dos anos? Como afectan o deixamento e a rutina á parella? Cantos mitos sexuais seguen condicionando as nosas relacións sexuais? Saben tocar ben o seu instrumento? Vostedes cren que saben de sexo? Pois hai moito máis. Rafa Blanca, Patri Psicóloga e Pere Estupinyà contaranlle todo, punto por punto, desde o humor, a ciencia, a divulgación e un poquiiiiiito de picardía.

Mercar entradas Ataquilla.com

Ás 20:30 horas
Sede Afundación, Pontevedra
andaina

“Andaina popular” 

14

Domingo/Maio

 Andaina popular 

Tomiño e O Rosal, cunha proposta de ruta de sendeirismo pola chamada Senda dos Pescadores, para facer despois o treito inverso en caiac polo río. Ambas rutas estarán guiadas e interpretadas, discorrendo por unha paraxe natural e cultural de moita beleza. A xornada ocupará o día completo, dende as dez da mañá ata as 19.30 horas. As inscricións estarán abertas dende o 8 de maio para maiores de 12 anos (imprescindible saber nadar).

O número de prazas dispoñibles é de 60, e cubriranse por estrita orde de chegada, a partir do vindeiro luns 8 de maio na web da Deputación.

Máis información

Anotarse desde o luns 8 de maio

Ás 10:00 horas
Alameda de Goián, Tomiño
Lindy hop

“Lindy Hop” 

14

Domingo/Maio

O domingo 14 de maio, contaremos cun ‘Novo taller de Lindy Hop‘ #Swing o baile de moda. Para todos os que non puideron gozar do primeiro ou para os que queiran repetir ‼

 Prezo: Socios 15 € – Non socios 25 € Prazas limitadas Prazo de inscrición ata o 12 de maio Non é necesario inscribirse en parella, poden anotarse individualmente

De 11:00 a 14:00 horas
Liceo Casino, Pontevedra
Rocío Jurado

“Rocío Jurado” 

14

Domingo/Maio

Esta obra, nacida no corazón de Rocío Carrasco, é un recoñecemento á inmensidade de Rocío Jurado que vive en tantas mulleres a través das súas cancións. A súa filla, a súa herdeira universal, é a creadora desta peza teatral na que se homenaxea o legado da mellor voz da historia contemporánea a través da música. Unha historia de mulleres que anhelan triunfar para cambiar o mundo, cantada por unha muller excepcional, unha artista integral, Anabel Donas, que desde pequena soñou a través de Rocío Jurado.

Mercar entradas Ataquilla.com

Ás 19:00 horas
Sede Afundación, Pontevedra
Almas na gloria

“Almas na gloria: Don Paco” 

14

Domingo/Maio

Almas na Gloria: Don Paco”.

Cumpridos 13 anos do seu pasamento, a Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2023, a quen foi o creador desa efeméride, D. Francisco Fernández del Riego. Os amigos de D. Paco: Ramón Otero Pedrayo, Álvaro Cunqueiro, Ricardo Carballo Calero, Ramón Piñeiro, Enrique Peinador, Fermín Penzol e Manuel G. Román acompañan a D. Paco na súa apoteose de elevación ao retablo dos Galegos Ilustres.

Nos encontros rememoran: a súa mocidade universitaria no Seminario de Estudos Galegos, nas Irmandades da Fala e no Partido Galegista; o drama do golpe de estado; e o liderato de Don Paco na galeguización da Real Academia Galega, na creación de institucións tan importantes como a Editorial Galaxia. O Día das Letras Galegas e a Casa Galega da Cultura, así como a recuperación de Álvaro Cunqueiro para a Literatura Galega.

Feitos polos que é solemnemente laureado.

Ás 20:30 horas
S.C.D. Mourente, Pontevedra
pontealmorzo

“Ponte Almorzo” 

4-14

Xoves a Domingo/Maio

Pontealmorzo

 O evento gastronómico, organizado pola asociación de Hostaleiros Empresarios de Pontevedra (Hoempo) en colaboración coa Concellería de Promoción Económica no marco do proxecto Pontevedra Capital Gastro, desenvolverase entre os días 4 e 14 de maio coa participación de 16 establecementos da cidade

Os almorzos terán un custe fixo de 5 euros, poderán degustarse entre as 9:00 e as 12:00 horas, con ampliación dese horario en moitos dos establecementos participantes, e as votacións realizaranse de xeito electrónico a través dun código QR que os locais facilitarán (con puntuacións de 1 a 5)

De 09:00 e as 12:00 horas.
16 Cafeterías de de Pontevedra
Marina Coco's

“Marina Cocós” 

6

Sábado/Maio

Do 1 ao 15 de maio contaremos na nosa Sala de exposicións coa “Exposición Homenaje Póstumo a Marina Cocós‘ organizada por el Grupo Galeoska.

A inauguración terá lugar o día 6 de maio ás 19,30 horas.

​Do 1 ao 15 de Maio 2023
Liceo Casino, Pontevedra
emocións en perigo

“Emocións en perigo” 

3

Mércores/Maio

EMOCIÓNS EN PERIGO

O seu obxectivo principal é romper as barreiras que parecen erguerse entre os seres humanos e a natureza, a través de sorprendentes retratos de animais nos que a súa personalidade é a protagonista. O fotógrafo Tim Flach baséase en estudos científicos recentes que demostran que fomentar a empatía cos animais e enfatizar a emoción é o camiño máis curto cara á conciencia sostible.

Do 3 de Maio ao 8 de xullo
Café Moderno, Pontevedra
museo exposición

“Había outra vez” 

22

Sábado/Abril

Belén Padrón, Itziar Ezquieta, Manolo Figueiras, Xosé Carlos Seoane

Catro artistas vinculados a Pontevedra mostran as súas pinturas, de diferentes inspiracións, estilos e técnicas, nunha exposición conxunta que busca vertebrar un discurso unificado e coherente a través dun diálogo cruzado altamente suxestivo.
Constelaria, Roxonomía, Fractalismo e Arqueografía son respectivamente as denominacións que cada un elixiu para os seus cadros. Son tamén o punto de partida dun relato inserido no catálogo, obra de Manuel Lourenzo González, que narra a enigmática viaxe dun mozo que se ve obrigado a camiñar por un escenario de rúas laberínticas en busca de sinais que lle proporcionen a clave para saír e recuperar a súa vida e o seu pasado; unha viaxe que proporciona desde a literatura, a modo de xogo, fíos que consolidan esa converxencia da obra artística plural. Ten como tema o xogo e homenaxea ao propio Manuel Lourenzo, autor do texto que serve de fío condutor da exposición.

Do 22/04/2023 ao 21/05/2023
Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra
Ruinas de san Domingos

“Ruínas de San Domingos” 

9

Martes/Maio

Achégase a primavera e con ela a reapertura das ruínas de San Domingos, o primeiro e máis antigo dos edificios que forman o noso Museo. Abrirá as portas o 1 de abril, xusto co comezo da Semana Santa.

De martes a sábado: de 10 h a 14 h e de 16 h a 19:30 h.

Domingos e festivos: de 11 h a 14 h

Entrada gratuíta

Dende o 1 de abril 2023
Avda Montero Ríos, Pontevedra
Gabarrón atlántico

“Gabarrón atlántico” 

16

Xoves/Marzo

Inauguración da exposición ‘Gabarrón Atlántico, Ronsel de saudade”, de Cristóbal Gabarrón, a exposición está comisariada por Antón Castro.

Xoves 16 de marzo ás 18:30 no edificio Castelao

Entrada libre ata completar capacidade

Do 16 de Marzo ao 14 de Maio
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

Xa podes anotarte

Del silencio a la emoción

“Del silencio a la emoción” 

18

Xoves/Maio

DEL SILENCIO A LA EMOCIÓN II – Camerata Arven – Letras galegas

Coincidindo co mes de celebración das Letras Galegas, a Camerata dedicará o seu terceiro programa a homenaxear a algunhas das personalidades de máis importantes da nosa literatura, levando as súas palabras á música en diversas pezas que, pola súa popularidade, xa forman parte da memoria e a tradición musical de Galicia. Entre peza e peza recitaranse poemas do escritor e político Francisco Fernández del Riego, homenaxeado do Día dás Letras Galegas 2023.

Esta actividade enmárcase no programa CULTURA POR ALIMENTOS, unha iniciativa de Afundación a favor de FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos).

Mercar entradas Ataquilla.com

Ás 20:30 horas
Sede Afundación, Pontevedra
Michael's Legacy

“Michael’s Legacy” 

20

Sábado/Maio

Michael’s Legacy, avalado polo Club de Fans de Michael Jackson en España como o mellor espectáculo musical totalmente en directo, sobre O Rey do Pop na actualidade, é unha homenaxe a Michael Jackson, creado pola compañía Jackson Dance Company. Michael’s Legacy é a primeira homenaxe a Michael Jackson que ofrece o concepto de espectáculo que tiña o rei do pop nas súas xiras, con voces e música en directo. Michael’s Legacy é un espectáculo apto para todas as idades, no cal se poderá gozar dunha escenografía moi coidada, con réplicas exactas das cancións orixinais e un toque especial dado pola compañía nas súas representacións, cun gran corpo de baile formado por 8 bailaríns, unha incrible banda de 4 músicos e voces en directo, que nos transmitirán á perfección as mensaxes que o rei do pop facíanos chegar en cada unha das súas actuacións, facéndoche vivir unha incrible historia coma se ti foses o protagonista.

Mercar entradas Ataquilla.com

Ás 21:00 horas
Sede Afundación, Pontevedra

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥