Viaje al cuarto de una madre” 

8

Luns/Novembro

Viaje al cuarto de una madre de Celia Rico. España 2018 91′

Leonor (Anna castillo) quere marchar da casa, pero non se atreve a dicirllo á súa nai. Estrela (Lola Dueñas) non quere que se vaia, pero tampouco é capaz de retela ao seu lado. Nai e filla terán que afrontar esa nova etapa da vida na que o seu mundo en común cambaléase.

Donostia 2018 (Premio da Xuventude)
BFI London Film Festival 2018 (Nomeado ao Premio Sutherland)

Sesión posible grazas á Filmoteca de Galicia

As 20:30   VO

Teatro principal Pontevedra

“Nunca, case nunca, as veces, sempre” 

9

Martes/Novembro

Nunca, case nunca, ás veces, sempre de Eliza Hittman. EE.UU 2020  101’

Autumn, unha apática e calada adolescente, traballa como caixeira nun supermercado rural de Pennsylvania. Véndose obrigada a soportar un embarazo accidental e sen alternativas viables para poder realizar un aborto no seu propio estado, ela e a súa prima Skylar reúnen algo de diñeiro e embárcanse nun autobús rumbo a Nova York. Coa dirección dunha clínica apuntada nun papel e sen un lugar no que pasar a noite, as dúas mozas penétranse nunha cidade que descoñecen.

As 20:30   VOSE

Teatro principal Pontevedra

Cécile McLorin

“Cécile Mclorin 

9

Martes/Novembro

O próximo 9 de novembro, os amantes do jazz teñen unha desas citas consideradas como imperdibles na cidade de Pontevedra. E é que, a partir das 21 horas, Cécile Mclorin actuará no Auditorio Afundación, un concerto cuxas entradas xa están á venda a través do portal de Ataquilla. com a un prezo de 18 ou 20 euros máis gastos de xestión. Aos seus 32 anos, Mclorin consolidouse como toda unha referencia do jazz a nivel mundial, de tal modo que «o seu sobrecogedora voz levouna a actuar nos principais auditorios e festivais de medio mundo, recibindo eloxios de medios tan importantes como o New York Times, The Guardian ou Pitchfork, que a nomean como «o máis grande que lle pasou ao jazz vocal nas últimas décadas», destacou a organización do concerto.

Venta de entradas

Socialismo en Europa

“Socialismo en Europa 2020” 

10

Mércores/Novembro

O Ateneo de Pontevedra organiza un diálogo arredor do ensaio Socialismo en Europa 2020. Unha ambiciosa proposta socialista, feminista e ecolóxica, de Xabier Pérez Davila, publicado por Edicións Laiovento.

Interveñen: Xaime Toxo (presidente do Ateneo de Pontevedra) e Xabier Pérez Davila

Da obra

O golpe de Estado que acabou coa experiencia socialista de Salvador Allende e a desintegración da URSS permitiron proclamar o fin da historia. Só existiría unha política económica posíbel, a neoliberal, e un único modo de produción, o capitalista. Contemplamos cincuenta anos de aumento da desigualdade até niveis extravagantes, precarización xeneralizada do traballo e caída da participación dos salarios no produto total. En resumo, intensificación da explotación e extracción compulsiva de máis-valía.
O capitalismo triunfante propón un presente e un futuro de mercantilización absoluta da sociedade e a vida humanas, desesperanza e cinismo. O capital móstrase incapaz de reconducir a crise ecolóxica e frear o aumento da temperatura global poñendo en perigo a existencia dunha sociedade humana civilizada. Silicon Valley utiliza as tecnoloxías da información, a comunicación e os datos para converter en mercadorías a subxectividade e os afectos, derrogando de facto o dereito á intimidade. A alianza entre capital e orde patriarcal impide avanzar na igualdade económica real da muller, que terma da tripla carga de traballo retribuído de mercado, doméstico e de coidados.
É tempo de reabrir un proxecto civilizador que poña o ser humano por diante da produción de mercadorías e máis-valía.

As 19:30  

Libraría Metáfora

Os mundos de agora

“Os mundos de agora” 

11

Xoves/Novembro

O xornalista e escritor Lois Oreiro presenta o seu libro ‘Os mundos de agora‘ acompañado da xornalista Irene Lourido.
‘Os mundos de agora’ editado por Galaxia é o primeiro título da nova colección Hoxeéhoxe. Nesta obra Lois Oreiro bota luz no termo transhumanismo, e aborda a cuestión de como as fronteiras entre o dixital e o humano se están a diluír.
As 20:00  

Libraría Paz

A festa do chivo

“La fiesta del Chivo” 

11

Xoves/Novembro

Auditorio Afundación Pontevedra

La fiesta del chivo. 1 h 35 min |

DIRECCIÓN Carlos Saura

ADAPTACIÓN Natalio Grueso

ELENCO Juan Echanove, Lucía Quintana, Eduardo Velasco, Gabriel Garbisu, Eugenio Villota, David Pinilla

Esta obra narra os últimos días do ditador Trujillo na República Dominicana. O autor sérvese para iso do personaxe de Urania Cabral, unha exitosa avogada que abandonou o país de maneira misteriosa, sendo unha nena. Tres décadas despois, regresa para visitar ao seu pai moribundo, o senador Agustín « Cerebrito» Cabral, un antigo alto cargo do Réxime que caeu en desgraza. Durante esa viaxe, desvelarase o secreto que a protagonista gardou celosamente desde a súa fuxida. A festa do Chibo é unha lección de vida que nos lembra que o valor e a dignidade son os únicos antídotos contra a maldade e a barbarie.
Precio 20 Euros
As 20:30

Afundación

Que non pare a música

Que non pare a música” 

12/14

Venres a domingo/Novembro

Recinto Feiral de Pontevedra

 Concertos que se van celebrar no recinto feiral de Pontevedra

Venres 12 as 21:00 horas Entradas

Dakidarría – Sondarúa – Boyanka kostova

Sábado 13 as 21:00 horas. Entradas

Carlos Sadness – La casa de los ingleses

Domingo 14 as 11:30 horas. Entradas 

Cora Velasco – Furious Monkey house

Domingo 14 as 18:30. Entradas

Baiuca

21:00 horas

Recinto Feiral de Pontevedra

O Cervo e a sombra

“O cervo e a sombra”

13

Sábado/Novembro

O vermú entre libros acolle a visita do escritor Diego Ameixeiras que conversará do seu último libro ‘O cervo e a sombra‘ coa xornalista Teresa Cuíñas.
‘O cervo e a sombra’ editado por Xerais fálanos de Mateo, dunha chama de esperanza para seguir vivindo e dunha lembranza bañada en sangue dos derradeiros días da súa vida. 
As 12:30  

Libraría Paz

taller de horquilla

“Taller de encaje de horquilla” 

13

Sábado/Novembro

Cuaderna Maestra

Taller de Encaje de Horquilla

Organiza: cuaderna maestra, rúa cruz Vermella 15 

Precio 35 Euros

Duración 3 horas

Dás 17.00 ás 20:00  

Rúa Cruz Vermella 15 Pontevedra

obradoiro de camisas

“Obradoiro de camisa tradicional” 

1/30

Luns/Novembro

Obradoiro de Confección de camisa tradicional

Organiza: Sete espadelas, rúa Javier Puig Llamas

Catro clases individualizadas ao mes

Información e inscripcións seteespadelas@gmail.com 

Mes de Novembro

Rúa Javier Puig (edificio da Xunta) Pontevedra

Roteiros Paveros

“Roteiros Paveros” 

13

Sábado/Novembro

Roteiros especial Samaín

Pontevedra:Misterios, Crimes e tradicións

Visita+petisco+sorpresas 12 euros

Prazas limitadas

As 18:00  

Pavero bar

Anedia

“Milla Anedia” 

13

Sábado/Novembro

CGTD

Anedia organiza a VIII Milla solidaria Anedia no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, Pontevedra

Organiza Anedia Galicia

Colaboran: Concello de Pontevedra, CGTD, Club Atletismo Rias Baixas, Federación Galega de Atletismo. información e inscripcións

As 10:00  

Centro Galego de Tecnificación Deportiva Pontevedra

andaina

“A vida é movernos” 

13

Sábado/Novembro

Praza da Peregrina

Dia 13 sábado as 10:30 na Peregrina “A Vida é Movernos” e Asampo impulsan unha andaina inclusiva e unha chocolatada que terá lugar o día 13 3,7 km

Coa finalidade de promover unha sociedade máis inclusiva e un maior achegamento entre as entidades sociosanitarias e deportivas de Pontevedra, a Concellería de Deportes, Actividade Física e Saúde, a través do programa A Vida é Movernos, e a Asociación de Amigos da Pontevedrada (Asampo) impulsan unha andaina inclusiva e unha chocolatada que terán lugar o sábado 13 de novembro. A andaina, que cubrirá unha distancia de 3,7 kilómetros, sairá ás 10:30 horas desde a Praza da Peregrina, atravesando a ponte do Burgo (con fotografía de grupo neste punto), percorrendo a variante da Ruta Xacobea polo paseo peonil da Xunqueira e regresando por Ponte Magueiro, a ponte das Correntes, Arcebispo Malvar e a Praza de España, onde os participantes rematarán a xornada desfrutando cun chocolate quente con rosca (ata esgotar existencias).

 “Todos aqueles que queiran tomar parte nesta iniciativa  poderán inscribirse de balde chamando ao teléfono 639 56 42 61 ou escribindo ao email pabloformoso10@hotmail.es

De 10:00 a 13:00 horas  

Praza da Peregrina

origami

“Origami” 

4

Xoves/Novembro

Edificio Castelao

A exposición ‘Origami. De papel a obra de arte’, que estará aberta desde o xoves ata o 23 de xaneiro no #edificioCastelao, propón un percorrido por todas as modalidades da papiroflexia partindo dos seus inicios tanto no mundo como en España, onde Miguel de Unamuno foi un dos seus máximos impulsores, e destacando o labor do grupo zaragozano fundado en 1944. Non vola perdades!
 Inauguración, xoves, 4 de novembro, ás 19:30 h. Entrada libre ata completar a capacidade

Do 4 de Novembro ao 23 de Xaneiro

Gloria Loizaga

“Gloria Loizaga” 

23

Sábado/Outubro

Granero Delmas

Biografías pintadas xorde como homenaxe ás persoas, ó corrente, ensalzando a beleza do cotiá. Os retratos máis fieis ó físico dan paso a outros onde se adiviñan as emocións alén dos xenes. Pinturas que apostan pola representación do misterio nunha orde de realidades distintas ás tanxibles. Esta mostra recolle os últimos traballos da artista.

Gloria Loizaga é licenciada en Belas Artes pola UCM completando a súa formación en Fine Arts na Parsons School of Design de Paris.

A exposición poderase visitar dende o 23 de outubre ata o 17 de novembro

Granero Delmas Galerias Oliva 2

Manuel Moldes

Vieiros na memoria

15

Venres/Outubro

Tiñamos moitas ganas de anunciar a apertura desta exposición, unha pequena mostra-homenaxe a Manuel Moldes que coincide co cambio de nome da sala de Sala X a Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes
Comisaria: Sara Donoso
Do 15 de outubro só 15 de decembro de 2021.
A arte no cómic

“A arte no cómic” 

8

Venres/Outubro

A Sala de Exposicións do Pazo da Cultura acollerá a mostra de Fundación Telefónica: grandes obras da pintura universal vistas por máis de 70 historietistas e ilustradores contemporáneos, varios deles galegos como Brais Rodríguez, Cynthia Alfonso, ou Miguelanxo Prado. Entrada libre no horario de apertura da sala de martes a venres de 18 a 21h, sábados de 12 a 14 e de 18 a 21 e domingos de 12 a 14h.

Ata 10 de Novembro

Pazo da cultura Pontevedra

Gaiteiro

“Gaiteiraos” 

30

Xoves/Setembro

Claustro do edificio Sarmiento

Un total de 35 debuxos de recoñecidas gaiteiras e gaiteiros de Galicia compoñen a exposición Gaiteiraos, coa que o seu autor, César Lombera, pretende reivindicalos como un exemplo sobranceiro do noso patrimonio inmaterial. A mostra poderá visitarse no claustro do edificio Sarmiento desde o 30 de setembro ata o 28 de novembro.

Ata 28 Novembro

Museo de Pontevedra

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥