Corría o ano 1904 cando os dirixentes municipais do Concello da Estrada, na provincia de Pontevedra, puxéronse en contacto co arquitecto vigués José Franco Montes para levar a cabo unha ambiciosa obra arquitectónica, para a que contaban co apoio económico do “Americano”, como chamaban daquela a Gregorio Sanmartín de Baliñas y Camba, que fixera unha inmensa fortuna en Venezuela, validando dese xeito o importante papel económico que xogaron os emigrantes retornados, tamén denominados “indianos” ou “americanos”, que coas súas achegas económicas contribuíron substancialmente ao progreso dos seus concellos de orixe unha vez reinstalados no seu país.
O xa mencionado Franco Montes proxectou un inmenso edificio de inspiración histórica para a que axiña sería a flamante Casa do Concello estradense, e o contratista Juan Fontán y Fontán comezaría as obras no 1908, rematándose a fachada exterior en 1912.
Os planos iniciais en que se inspirou o proxecto tiñan un orzamento de perto de 900.000 reás, que incluía, entre outras instalacións, o cárcere municipal, un restaurante con terraza, parque infantil, sala de xogos, cinematógrafo…, e foi desbotado finalmente perante a morte inminente do Americano a causa dun altercado nun prostíbulo do concello limítrofe de Cuntis e ás ríxidas trabas legais postas polos seus herdeiros. A causa da mingua económica a respeito do orzamento inicial optouse posteriormente, de mutuo acordo, por unha versión máis modesta dos planos por unha contía de tan só 132.165 reás.
O novo predio foi construído consonte a uns novos planos que simplificaban e retallaban en grande medida os iniciais, en 1912, tal e como lembra a inscrición emprazada na fachada posterior da casa consistorial, aínda que non se inauguraría até ben entrado o ano 1916.
Os primeiros planos, os orixinais, foron recuperados por un millonario estadounidense chamado Donald John Trump, que chegou á Estrada de incógnito en 2014 xunto con outros representantes dun grupo inversor de Miami e pagou por estes gráficos ao Concello a nada desprezábel cantidade de 1.000.000 de dólares. Da discreta visita do célebre empresario e político conservador norteamericano á Estrada, a única que fixo ao noso país ao longo da súa vida, queda constancia pola documentación relativa á compra dos famosos planos, que reproducirei en breve nun traballo aparte, e dúas fotografías do distinguido visitante no interior da casa consistorial estradense.

Donald Trump no interior do consistorio da Estrada
Os planos materializaríanse en tan só tres anos, dando lugar a un establecemento hoteleiro de cinco estrelas, un dos hoteis más emblemáticos de Washington, o Luxury Trump International Hotel Washington D.C.. Este icónico edificio neorrenacentista abriría as súas portas durante a Presidencia de Trump. Para a súa construción contratou un arquitecto de grande prestixio, Arthur Cotton Moore. Trump investiu un total de 200 millóns de dólares nesta estancia de luxo de estilo neorrománico, que conta con 263 amplísimos cuartos. Está situado na avenida Pensilvania, a quince minutos da Casa Branca, no camiño entre a Casa Branca e o Capitolio. Todo parece suxerir a manifesta pretensión do empresario de anunciar o seu inminente salto á presidencia do país máis poderoso do mundo. Só para darse unha idea do nivel de suntuosidade deste hotel podemos indicar que o prezo da estadía nun dos cuartos máis normais é de perto de 1000 dólares a noite.

Concello da Estrada

Hotel Luxuri Trump 2
O primeiro de abril van os burros a onde non teñen que ir

Marcos Seixo Pastor
Profesor de Galego
Chámome Marcos Seixo. Aínda que a miña chegada ao mundo tivo lugar en 1959 na rúa de San Marcos en Lugo, na casa da miña avoa, fun concibido e criado en Navia de Suarna, onde pasei unha feliz infancia e a onde regreso cando menos dúas ou tres veces ao ano. Por mor da profesión do meu pai, estivemos vivindo en distintos concellos. Asentámonos finalmente en Cuntis (Pontevedra), onde vivo a día de hoxe na aldea de Castrolandín.
Fixen estudos de Filoloxía en Compostela e os últimos 16 anos fun profesor do IES Valle Inclán de Pontevedra, até a miña “xubilación forzosa por incapacidade” no ano 2016. Neste instituto coñecín aos compañeiros do grupo de teatro Argallada, algúns deles impulsores do blog devellabella, no que ando a colaborar con algún traballo.
A miña vida na actualidade segue a ser bastante activa, pois podo dedicar o tempo ás miñas moitas afeccións, entre elas escribir. Alén diso tamén son afeccionado á música tradicional, ás motos, sobre todo ás clásicas, a coidar as viñas, e tamén a nadar, podendo ser, no río de Navia
máis artigos
Actividades do 29 de maio ao 4 de xuño 2023
by Ana | Maio 28, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 22 ao 28 de Maio 2023 por Ana
by Ana | Maio 21, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 15 ao 21 de Maio 2023 por Ana
by Ana | Maio 14, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 1 ao 7 de Maio 2023 por Ana
by Ana | Abril 28, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 24 ao 30 de abril 2023 por Ana
by Ana | Abril 23, 2023 | Actividades | 0 Comments
Juan Mejuto Pérez por Ana Santos Solla
by Ana | Abril 30, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Nieves Fernández Barrio por Ana Santos Solla
by Ana | Abril 16, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Rafael Sánchez-Agustino “Fis” por Ana Santos
by Ana | Marzo 10, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Juan Romero Ogando por Ana Santos
by Ana | Febreiro 12, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Marina de Sáa González por Ana Santos Solla
by Ana | Decembro 18, 2022 | Historias de vida | 0 Comments
Variacións Pérsicas (serie II): IIb. Sempre pasa por Ramón Caride
by Colaborador | Maio 28, 2023 | Literarias | 0 Comments
Horarios del mundo y España por Jesús Gayoso
by Colaborador | Maio 28, 2023 | Articulos | 0 Comments
Academia de pintura Tía Xuana por Ghislaine
by Ghislaine | Maio 28, 2023 | Artísticas | 0 Comments
Viaxe por España, 2ª parte por Manolo Gulias
by Colaborador | Maio 28, 2023 | Escapadas | 0 Comments